Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Uxio sen efectos

550 views

Published on

  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

Uxio sen efectos

  1. 1. 17 de maio de 2010 Día das Letras Galegas
  2. 2. Ola, son o cuco Fuco e vou axudarche a que coñezas ao meu amigo Uxío Novoneyra .
  3. 3. Uxío era poeta e escribiu moitos poemas sobre a súa terra, o Courel e os animais que vivimos nela. Este é un poema que me adicou a min. CANTA O CUCO CALA E CANTA DOS CASTIÑEIROS DO VAL. PASA O TEMPO E NON DI NADA E VOLTA O CUCO A CANTAR.
  4. 4. Uxío naceu o 19 de xaneiro de 1930 en Parada de Moreda, unha aldea do Courel.
  5. 5. O Courel é unha zona montañosa da provincia de Lugo.
  6. 6. Os seus pais eran labregos. PACEN AS VACAS NA NABAREGA. TREME A PEQUENA QUE VAI COÉLAS. FEBREIRO CHOVE FEBREIRO XEA FEBREIRO NEVA NEVE LIXEIRA…
  7. 7. En Lugo estuda o bacharelato e en Madrid comeza os estudios universitarios. Anos máis tarde volve a Galicia, a Santiago de Compostela.
  8. 8. Uxío casou con Elva e tivo tres fillos cos que viviu en moitos lugares.
  9. 9. Pero onde máis lle gustaba vivir era no Courel, aínda que neste sitio durante o inverno vai moito, moito frío. CAI A NEVE CAI CAI FALOPIÑA A FALOPIÑA NIN O VENTO A ARREMUIÑA NIN A AUGA A DESFAI.
  10. 10. Traballou na radio e na televisión, pero o que máis lle gustaba era escribir, sobre todo poesía. Chegou a facer traducións de moitos idiomas, mesmo do chinés.
  11. 11. Uxío foi presidente da Asociación de Escritores en Linga Galega. Coñeceu a moitos escritores e escritoras como María Mariño, Ramón Piñeiro, Manuel María…
  12. 12. Este é outro dos seus poemas. CHEGA A HORA DE IRSE Á CAMA. O LUME XA NON DÁ FUME NIN CHAMA. TRAS TANTAS COUSAS CONTADAS VAN INDO ACABADAS AS GANAS DE FALAR. O OLLO DO LUME XUNTA NUNHA AS MIRADAS… QUEDA A BRASA DAS RAGOADAS AMONTOADA NO LAR.
  13. 13. Faleceu en Santiago de Compostela un 30 de outubro de 1999.

×