Successfully reported this slideshow.
Your SlideShare is downloading. ×

Atroitacontinua25anosde troitaarmada

Ad
Ad
Ad
Ad
Ad
Ad
Ad
Ad
Ad
Ad
Ad
5
A Troita Armada
Compostela, 2020
4
A Troita Continúa
No 25 aniversario da Troita Armada
© A Troita Armada, 2020
© Dos textos: as autoras, 2020
Edita A Troi...
7
Este libro está nas túas mans grazas á xenerosa contribución
pecuniaria das seguintes espléndidas persoas:
Ramón López F...
Advertisement
Advertisement
Advertisement
Advertisement
Advertisement
Advertisement
Advertisement
Advertisement
Advertisement
Advertisement
Upcoming SlideShare
Vazquez pintor
Vazquez pintor
Loading in …3
×

Check these out next

1 of 151 Ad

More Related Content

Similar to Atroitacontinua25anosde troitaarmada (20)

Advertisement

Atroitacontinua25anosde troitaarmada

  1. 1. 5 A Troita Armada Compostela, 2020
  2. 2. 4 A Troita Continúa No 25 aniversario da Troita Armada © A Troita Armada, 2020 © Dos textos: as autoras, 2020 Edita A Troita Armada, sociedade cultural e gastronómica Rúa do Pombal, 18. 15705 Santiago de Compostela h p://www.atroita.org/ info@atroita.org Edición a cargo de Pepe Sendón Recollida de textos e fotos: Quico Lourenzo Deseño do logotipo da Troita Armada: Toño Lado Liñares Deseño, diagramación e impresión: Sacauntos Cooperativa www.sacauntos.com ISBN: 978-84-949691-9-5 Depósito Legal: C 387-2020 Este libro está baixo a licenza Creative Commons BY-SA 3.0. Isto signi ca que és libre de partillar e adaptar os seus contidos, coas seguintes condicións: 1) Atribución: debes dar crédito da autoria orixinal do material, indicar a sua disponibilidade baixo desta licenza, e informar de que cam‐ bios foron feitos sobre o material orixinal. 2) PartillarIgual: se remisturas, transfor‐ mas ou doutra forma te baseas neste material, debes distribuir o traballo derivado baixo esta mesma licenza. Podes ler o texto completo da licenza en: h ps://creativecommons.org/licenses/by-sa/3.0/ Actividade subvencionada pola Deputación da Coruña.
  3. 3. 7 Este libro está nas túas mans grazas á xenerosa contribución pecuniaria das seguintes espléndidas persoas: Ramón López Facal María Luisa Iglesias Álvarez Ramón Faraldo Pardo Manuel Lourenzo Penela Ánxeles Faraldo Vallés Iris Amado Louro Eva López Soto Júlio Fontaíña Antía de la Serra Fuentes Xosé Constenla Vega Jose Maestro Castiñeiras Maria José Bóveda Fernández Xosé Ignacio Vilaseco Vázquez Afonso Sánchez Regueiro Francisco Constenla Acasuso Nerea Couselo Fernández Sonia López Soto Marisa Álvarez Garea Paco Manrique González Rodríguez Sara Vieites Juanatey Tana Yáñez Martínez Quico Lourenzo Penela Berta Barcia Ana Cancela Alonso Natalia Cadiñanos Pérez Paulo Rendo Martínez Pilar Bermejo Díaz Begoña Cortés Ferro Isabel Queijo Rodríguez Merche Pintos Barreiro Bieito Iglesias Arauxo José Clavero César Lema Pérez Pilar Ibeas Rollán Fernando Vidal Collazo Pepa Faraldo Vallés Manolo Eiras Abeijón Eladio Cordal Pernas Concha Fernández Fernández Susana Salgueiro Vázquez Cibrán Santamarina Ríos
  4. 4. 9 ÍNDICE Un día de maio 11 A Troita é cervexa ou vermú? 15 Que mougaban os avós de Feixoo? 21 Coser e cantar? 25 Alimentade os bichos! 27 25 discos galegos para compartir 31 Ambar gris 37 A historia de Compostela dende os viños 41 Gastronomía e teito de petróleo 53 O movemento Slow Food 65 Instrucións para comer centola 67 O queixo de Epicuro 75 Aforismos 81 Corme 1936 83 A madalena de Proust 97 Cronoloxía de 25 anos da Troita Armada 101 Duas modestas propostas 163
  5. 5. 11 NUNDÍADEMAIO M aio de 1994. A cerimonia de inauguración do local da Troita Armada chega ao cumio co corte da ta inaugural que franquea o paso. Están presentes a totalidade das “autoridades” convidadas e numerosa concorrencia entusias‐ ta. Un atlético corredor baixa as escaleiras ao ritmo da música olímpica cunha can‐ dea acesa para transmitir o seu lume a uns fogóns que recollen a testemuña. Con‐ vértense nese intre en custodios do lume. Unha testemuña que xa cumpre 25 anos de historia ininterrompida. A historia destes fogóns e a historia da Troita Armada xuntaron forza en Pombal 18, mais cada un tiña a súa historia na mochila. Os fo‐ góns traballaran na exposición universal de Sevilla do ano 1992 antes de seren con‐ ducidos a uns almacéns do Bierzo. Mais este non foi o remate, senón o inicio, da súa auténtica historia. Un comando da Troita Armada rescatounos para revelar o sen‐ tido da súa existencia. O autentico espazo “universal” ao que estaban destinados es‐ tes fogóns non era en Sevilla, senón no Pombal 18, lugar onde se xuntan todas as culturas do mundo. Nese día de maio, o lume olímpico transmutado nos fogóns quentou unhas du‐ cias de troitas de río que se inmolaron nesta cerimonia, armadas con guindillas. Flo‐ taba no ambiente a necesidade de construír unha “nova orde mundial social-gas‐ tronómica,” e concretaba unha re exión sobre a emerxente globalización que guiou dende o comezo os pasos que se irían dando: “Globalización, ou a arte de pensar que unha soa lingua pode máis que milleiros delas, ou que un pensamento único, repetido coma nun calidoscopio, é máis forte que centos de culturas, ideas e alter‐ nativas. Se isto é certo, que é a globalización? Que a gastronomía galega e a de to‐ das as culturas do mundo se espallen polo orbe e podamos degustar brazo de sul‐ tán de Brunei en Muros, serpe de Cimbabue no Cebreiro ou caldeirada de raia en Ulan Bator? Ou é máis ben que podamos comer hamburguesas e pizzas en todos os recunchos do planeta?” Semella que A Troita Armada e a súa carta fundacional se inclinan pola primeira. Idealismo? Non tanto, posto que concentramos toda a materia gastronómica de Galiza e do mundo nun punto do universo, habitualmen‐ te en Pombal 18, pero tamén en calquera outra parte do cosmos. Mais toda vontade universal necesita un brazo executor para materializarse. E este brazo collera forza nun corpo xa curtido de experiencias cheas de aventuras e coñecementos. As viaxes en Itaca, que merecen ser contadas noutro libro, guiaron o seu destino. Dende a asociación Itaca decidírase materializar este desexo, que co‐ 25 anos de Troita Armada
  6. 6. 12 lle forma na constitución da asociación A Troita Armada, e o seu manifesto funda‐ cional: “A Troita pretende, mediante a insubmisión a este marco alienante que fai da comida un rancho, e do individuo un recruta, impor o protagonismo da socie‐ dade civil. As súas armas son o garfo e a culler para construír unha nova orde so‐ cial-gastronómica.” Desta volta as sereas acompañaron na viaxe, e incluso se puxeron á fronte en momentos especiais. Aí estaban na Difuntaza alumeando as procesións de quen es‐ tamos aquí, xuntos cos que veñen de alá, nos meses de novembro. Ou cando, con cabeza ergueita e xesto decidido, empuñaron a súa fouce de ouro para guiarnos no empeño contra da marea negra e a cadea de senvergonzas que a crearon. Alí estaba a serea na nosa vontade e súa imaxe nas nosas camisetas, pegatas e revistas, com‐ partidas coa xente de Itaca. A Troita é preexistente, a súa necesidade xa estaba aí antes de consumarse nese día de maio e seguirá latente se algunha vez desfalecen os brazos que a sosteñen. Mais nestes 25 anos en que A Troita colleu corpo, impacta a fortaleza do seu desti‐ no. A súa actividade materialízase cada cuadrimestre, cando ininterrompidamente dende o inicio da súa actividade, unha xuntanza de socias decide as actividades pe‐ riódicas. Podemos facer unha revisión da inmensa actividade en que temos partici‐ pado durante esta época os chamados a esta viaxe: Rotas de viños: démoslle varias voltas á cidade a través dos viños dos seus barrios. A descuberta de bares tradicionais e modernos, o ambiente das tascas e dos sitios “exquisitos,” dende unha cidade que tivo unha marca diferencial en cada barrio, e concellos anexionados, ao longo da súa historia. Bebemos a nosa historia dende a culturadosbarrios,edesecoñecementoteñensaído,incluso,algunhaspublicacións. Saídas a feiras gastronómicas: coñecendo a pé de feira a xeografía do país (e arredo‐ res), asociada case sempre a algún evento gastronómico: o viño de Amandi, de Chantada, do Ribeiro, o botelo da Fonsagrada, as fabas de Ponteceso, o cocido de Lalín e maragato, o ourizo de Cervo, o marisco de O Grove, a castaña de O Cou‐ rel, a lagosta de A Garda, o carneiro ao espeto de Moraña, o pan de Ousá e o quei‐ xo de Friol… estes son algúns do sitios onde deixamos a nosa pegada. Difuntaza: no día de Santos xuntamos as nosas forzas coas dos que xa van alá, nunha ilustre procesión fóra das coordenadas habituais do espazo/tempo. A “escritu‐ ra automática” alumea un manifesto que guía esta santa compaña, na que perco‐ rremos os viños da noite en busca dunha nova “alba de gloria.” Vide-o-venres: A Troita Armada ten a sorte de contar coa xenerosidade dun mon‐ tón de amizades que se teñen ofrecido a compartir connosco as súas inquedan‐ zas, coñecementos ou propostas, e sempre os venres. Arredor dun mantel man‐ temos agradábeis conversas de moi diversas temáticas: noite de estrelas, o vol‐ framio á “luz do negro,” a memoria histórica, a Troika e a política europea, as Ir‐ mandades da fala, a gastronomía galega, o Prestige, a existencia de deus, Portugal, A Troita Continúa
  7. 7. 13 o futuro das caixas de aforros (RIP), montes en mancomún, renda básica uni‐ versal, consumo responsábel, soberanía alimentar, re exoloxía podal, as fuxidas polo mar, ioga, a xudicialización da política, o ouro de Ourense, a Terra… Xantares e ceas: o elemento gastronómico adoita intervir en calquera das activida‐ des da Troita Armada, mais hai ocasións en que a actividade ten como centro a propia convocatoria gastronómica. Dende a nosa mesa témoslle dado varias vol‐ tas ao mundo e as súas cousas: dende os xantares mexicano, senegalés, vasco, hawaiano, castrexo ou medieval, da comida tipo voda ao congreso de podolo‐ xía, da cea tipo cómic ao encontro druídico, a globalización, a psicodelia, a eu‐ caristía, a nouvelle cuisine ou o cocido, todo é do noso interese. A comer polos ollos: as boas películas gastronómicas tiveron o seu espazo no local da Troita Armada: O festín de Babe e, A cociñeira do presidente, La grande bouffe, Como auga para chocolate, Dinner Rush, Unha viaxe de cen metros... Noites do polbo: a noite do 24 de xullo a patria faise polbo no local da Troita. Xun‐ támonos en irmandade arredor dun polbo… á feira, a mugardesa, ao esparavel, pero sempre polbo! E no medio da cea, un descanso para ver os fogos. Troitalevín: Un espazo que foi collendo importancia na medida en que ía medran‐ do a familia: actividades no local como Están tolos estes romanos ou Melodías animadas e saídas ao exterior como ao castro de Baroña, aos parques naturais, os petróglifos de Boiro, a Atapuerca, á Casa do Queixo, Os Peares, Allariz, Pena Corneira, Montederramo, Pena da Moura, Illa de San Simón, Casa do Patrón en Lalín, A casa das rodas en San Xoán de Río... Asemblea anual e Xornadas pola causa: como non podía ser doutra maneira, as per‐ soas activistas xúntanse anualmente no día máis democrático do ano para cele‐ brar a asemblea cuns acordos que serán selados por unha cea democrática. E ca‐ da vez que o local, ou a intendencia, o necesitan, as activistas convócanse para xuntar forzas para a causa. Entre todas as persoas activistas foise enchendo de contido a esencia da Troita Ar‐ mada nestes 25 anos. Sabemos que é moito o que se ten aproveitado e sabemos que é moito máis o que queda por explorar, por este motivo… A Troita continúa! QUICO LOURENZO 25 anos de Troita Armada
  8. 8. 15 ATROITAÉCERVEXAOUVERMÚ? Así, sabio como te volviches, con tanta experiencia, entenderás xa o que signi can as Itacas. Kava s R emedando aquela reivindicación clásica da acracia compostelá dos anos 80: “que se de na la U, Galiza es colonia o champú?,” A Troita… será cervexa ou será vermú? Nos inicios tamén A Troita tivo os seus problemas existenciais. Había dúas visións diferentes de entender á nosa ilustre sociedade cultural gas‐ tronómica. Aínda que as dúas visións estaban presentes na de nición inicial, o pe‐ so con que se vía cada unha das patas sempre era discutíbel e a tensión entre socie‐ dade gastronómica e sociedade cultural saltaba sempre nas mesas e nas asembleas. O debate non era insubstancial, máis fómonos decantando por ser unha entidade cultural, aberta a quen quixera entrar e que tiña o elemento gastronómico como centro do seu interese. Pouco a pouco fomos construíndo o noso modelo para re‐ solver as contradicións e ao nal, como diría un clásico da nosa terra, non se sabe quen, pero gañamos. Nunca fomos moi dados na Troita a escravizarnos polos enun‐ ciados e considerabamos que o noso enunciado xa podía satisfacer todas as preten‐ sións, salvando, iso si, unha cuestión clave de identidade: a nosa apertura á incor‐ poración de quen quixera participar e sempre formando parte dunha comunidade á que queriamos contribuír. A partires de aí… xa iriamos facendo. Despois de to‐ do, nunha asociación na que tanto podiamos botar horas nunha asemblea inter‐ minábel discutindo sobre a mellor maneira de ter limpos os trapos da cociña como organizar unha cea debate sobre a existencia do mesmo deus, non cumpría limitar‐ se demasiado. Todo podía ser, e non sobraba nada nin ninguén. Esta vontade acti‐ vista é unha das características básicas das forzas que estabamos elaborando esta masa: tratábase de alimentar a fame dunha república de cidadanía libre, máis que de poñer a mesa para unha sociedade de “papeantes” con tempo libre de sobra. Tiña‐ mos fame de coñecemento e tamén de colaborar na mellora social dende a nosa li‐ berdade. Mais sabemos que a sacralización desta palabra acostuma esconder varias trampas de egoísmo e insolidariedade. J. L. Sampedro ilustraba o concepto de liber‐ dade coa metáfora dunha cometa, que pode voar porque está atada. A corda que ofrece resistencia ao vento é a igualdade e a fraternidade, só con ela é posíbel a li‐ berdade. Ese compromiso coa construción dunha liberdade enraizada na comuni‐ dade está no alicerce da Troita como asociación cidadá. 25 anos de Troita Armada
  9. 9. 16 Mais a vontade asociativa da Troita xorde do seu nacemento na asociación xu‐ venil e cultural Itaca. Ela mesma xa traía unha historia de activismo dende un mo‐ vemento scout que no seu momento era unha das poucas oportunidades que per‐ mitía a ditadura, reformulada en asociación cidadá cando a democracia xa permi‐ tía unha expresión máis libre das identidades, e o seu traslado ao Pombal 18. Na asociación Itaca xa houbera moitos debates sobre o asociacionismo, que seguiron madurando e trasladáronse á Troita. A asociación Itaca leva hoxe en día 38 anos ininterrompidos de implantación no tecido cidadán de Compostela, cunha histo‐ ria que merecerá ser contada noutro momento. Mais agora compre dicir que a his‐ toria da propia cidade constrúese contando coa historia das agrupacións da cida‐ danía e a pesares de todos os atrancos, que foron moitos, hai asociacións que se‐ guen vivas porque son necesarias e achegan importantes recursos para a constru‐ ción dunha cidadanía que quere protagonizar a súa vida. Hai varias asociacións que xa son institucións da cidade, e Itaca é unha delas. Asociacións diversas e plurais que deben existir para perfeccionar calquera sociedade democrática. A construción das identidades individuais elabórase dentro dun marco social que as condiciona, aínda que non as determine fatalmente. En calquera sociedade haberá contradi‐ cións, con identidades diferentes, con intereses contrapostos, e faise necesario con‐ ciliar cada expresión singular na construción dun espazo de convivencia común. Mais o propio marco de relacións non é unha foto xa e a conciencia das persoas e a súa unión con outras tamén pode transformalo. Na Troita participabamos dese modelo en que as asociacións son parte importante na construción das conciencias individuais e colectivas, e tamén na mellora dos marcos para o ben común. 25 anos de Troita ensináronnos que esta vontade de elaboración de proxectos dende o com‐ promiso, a liberdade e a diversidade, ten que estar no alicerce dunha asociación ci‐ dadá, e só aquelas que a posúan terán a capacidade de permanecer ano tras ano, pois seguirán mantendo a súa utilidade social máis alá da satisfacción temporal que pui‐ deran ter dado ás persoas participantes (o que xa non sería pouco tampouco). A educaciónparaacidadaníanonsósedebefacernasescolas,comprepracticalatamén. Diciamos que A Troita enténdese dende Itaca, e por iso compre falar un pouco máis da súa historia. Como parte dun elemento importante na construción da ci‐ dadanía compostelá, Itaca demostrara a súa utilidade, entre outras cousas, pola súa capacidade de resistencia ante as adversidades. Foron moitas e non imos detallalas aquí, mais unha que compre salientar é a falta de apoio dende as institucións do go‐ berno municipal, cando non a oposición directa, excepto nalgunha moi contada ocasión nos inicios, e con algún concelleiro moi singular que pouco durou. Itaca, como outras asociacións, non só non recibiron apoios municipais, senón que moi‐ tas veces tiveron en fronte unha institución pechada en si mesma. Temos resistido sen depender de subvencións; cos nosos propios medios reformamos tamén un lo‐ cal que estaba sen as mínimas condicións de uso… e o propio concello, creou a súa rede de centros socioculturais sen contar co tecido asociativo que xa existía en ca‐ da barrio. Itaca, nos anos 90, ofrecéralle ao concello a municipalización dun servi‐ zo de ludoteca que naqueles anos sería pioneiro en Galiza, e este rexeitouno por in‐ terese puramente partidario do grupo político no goberno, que entendía que tiña A Troita Continúa
  10. 10. 17 que controlalo todo. A xente de Itaca fora a única representación galega que hou‐ bera no segundo encontro estatal de ludotecas, celebrado en Vitoria, e ofrecía ex‐ periencia, voluntariado e un local, mais ao concello non lle interesou porque se tra‐ taba dunha asociación libre e independente. Itaca montou igualmente a ludoteca con escasos medios, mais a cidade perdeu unha ocasión de ter un servizo de cali‐ dade, de vangarda naquel momento. Peor foi para outras asociacións, que non re‐ sistiron a competencia de centros socioculturais que se instalaban no seu territorio enfrontados con elas. Menciono esta experiencia porque con ela exemplifícase ou‐ tra das características que debe ter unha asociación cidadá para poder considerar‐ se como tal: a independencia. As sociedades sempre conteñen tensións dialécticas, cousas novas nacen, outras desaparecen ou transfórmanse… nestas tensións sem‐ pre está en cuestión a apertura das institucións democráticas do poder político ca‐ ra a participación cidadá na propia xestión da comunidade. Poucas veces se abren, e moitas veces enténdese que as asociacións somos incómodas precisamente por formarmos parte dunha sociedade que se expresa con liberdade. A comunidade ta‐ mén se ten que crear dende si mesma con entidades complementarias doutras ins‐ titucións, ás veces como contrapeso e moitas veces incluso enfrontadas abertamen‐ te con elas. Esta dialéctica é propia da pluralidade e diversidade que diciamos de‐ fender. Moitas veces o cambio da hexemonía de determinadas formulacións vén da man dun movemento asociativo que nace mesmo enfrontado coas institucións dun poder político defensor da hexemonía decadente. Sempre terán que xurdir novos movementos sociais, porque a sociedade sempre estará en movemento. As vangar‐ das sempre serán minoritarias inicialmente, incluso aínda que respondan a unha demanda crecente. Mais tamén pode haber expresións minoritarias que teñen o de‐ reito a seren respectadas igualmente aínda que nunca deixen de selo e mentres elas tamén sexan respectuosas. Por experiencia propia podemos falar de movementos contestatarios coma o de oposición ao servizo militar obrigatorio, no que A Troita Armada e Itaca tiveron im‐ plicación polo seu apoio expreso á insubmisión e o número de insubmisos, e au‐ toinculpados que acolleron no seu momento en colaboración co colectivo Rom‐ pan las. Xunto con moitas outras asociacións constituímos unha rede cada vez máis mesta contra dun recrutamento forzoso que acabou caendo. Este é un exemplo, mais a experiencia feminista, a defensa doutras identidades sexuais, o movemento cidadá contra do cambio climático, ou a favor da Renda Básica Universal, tamén son exemplos de avances dende expresións sociais non vinculadas institucional‐ mente ao poder político dominante. Como, por suposto, foron no seu momento as asociacións que defenderan a democracia no noso país nos anos da ditadura, e que tantos sacri cios supuxeron. Queremos de nirmos como asociación para contribuír ao enriquecemento do debate social, mais é certo que o feito de ser unha asociación cidadá non quere di‐ cir, por si mesmo, ser transmisora de todas as virtudes. Efectivamente poden exis‐ tir asociacións excluentes ou que trasladen discursos de odio, poden xuntarse co‐ lectivos humanos para patear aos seareiros dun club deportivo rival, ou mallar na xente diferente por calquera motivo; non toda sociedade civil ten que ser boa, ta‐ 25 anos de Troita Armada
  11. 11. 18 mén existe a chamada “mala sociedade civil”. Por isto partimos da base de que o aso‐ ciacionismo cívico ten que xurdir da asunción duns principios respectuosos para poder ser caracterizado como tal. Sen entrar en debates académicos, tal vez habería que identi car a outro tipo de agrupamentos como “incivís.” A propia lei non per‐ mite a legalización de asociacións cun funcionamento antidemocrático, pero tal vez habería que ir máis alá. En calquera caso, e aínda dentro do respecto entre as per‐ soas, cómpre entender que a democracia non é ausencia de con ito, ou universali‐ dade dunha visión “negociada,” lonxe diso, a democracia ten que ser un lugar de en‐ contro das diferenzas. Por isto os principios do asociacionismo teñen que funda‐ mentarse no respecto, a tolerancia, a participación e a diversidade. E seguir defen‐ dendo espazos dende os que expresarse. Na Troita tivemos non hai moito unha interesante mesa redonda sobre a politi‐ zación da xustiza. Observamos unha tendencia crecente a limitar o sustento da de‐ mocracia no “dereito” que ela mesma xera, e esquécese a consideración da demo‐ cracia coma un espazo de debate permanente dende o que asegurar a convivencia das diferenzas. Por este motivo hai unha crecente tendencia ao uso do “dereito” das maiorías por xudicializar a política para impoñerse, en lugar de politizar a socieda‐ de para buscar entre todas ese espazo de convivencia. Demandamos un forte aso‐ ciacionismo cívico que queira participar máis alá dos establecidos momentos de participación ritual. Mais volvendo á historia da creación da Troita, chegamos a un momento en que a Asociación Itaca seguía consolidando o seu proxecto e medrando como organiza‐ ción en construción permanente acordando ampliar o alcance do seu proxecto de animación sociocultural máis alá do espazo xuvenil e infantil. Xorde o programa pa‐ ra xente universitaria Coñece o teu país, que logo converteríase na asociación Carri‐ canta, e por outra parte, falase de facer un programa para xente máis adulta que es‐ taría na base da nosa Troita. Inicialmente o programa respondía ao interese por atra‐ er ao local a pais e nais da rapazada que estaba no entorno da asociación, xunto con outras amizades que se puideran xuntar; para isto considerouse que o elemento gas‐ tronómico podería ser o centro de interese aglutinante. O certo é que xuntáronse moitas máis amizades das esperadas, e o proxecto para adultos acabou collendo for‐ ma propia de asociación independente. Así xorde A Troita Armada. Posteriormente incluso tería o seu propio programa para familias, Troitalevín, mais creado dende a outra parte da familia. Cómpre dicir que a consolidación da Troita en torno ao pro‐ xecto de Itaca non só nutriu o proxecto en canto expansión humana senón tamén económica, pois a incorporación de xente “con nómina” permitiu establecer un sis‐ tema de cotas “xenerosas” que garantiu para o futuro a propia existencia material do proxecto. Sabendo de onde viña a Troita, está claro que o camiño a construír forma‐ ría parte do tecido asociativo, asumiamos o noso nacemento dentro dunha defensa do asociacionismo que xa non era nova e, sendo as formas unha cuestión menor, non queriamos ser unha sociedade gastronómica “clásica”, por entendernos. 25 anos despois A Troita segue aí, sen tregua, e isto diciamos que é un xeito de validar a necesidade da nosa existencia. Calquera que coñeza algo dunha asociación sabe do traballo e tempo que leva, simplemente, manterse, polo que se afundiría na A Troita Continúa
  12. 12. 19 nada de non ser útil. Máis 25 anos, ininterrompidos, de Troita déronnos para irmos re exionando e comprendendo o sentido da nosa vida, mentres a iamos construín‐ do. Cada asociación é unha pequena democracia que quere facer máis grande a de‐ mocracia. Dicía Leonardo Boff, con Boaventura de Souza Santos, que “a democra‐ cia debe ser sen n” e engade que a temos que ver coma un “proxecto aberto, sem‐ pre en construción, que comeza nas relacións dentro da familia, da escola, da co‐ munidade, das asociacións, nos movementos, nas igrexas e culmina na organización do estado”, e contempla a democracia coma unha mesa que, aínda asentada nun chan rme, necesita igualmente catro patas que para el son: a participación, a igual‐ dade, a diversidade e, como non podía ser menos tratándose dun teólogo da libera‐ ción, a comuñón. Este último apartado, máis alá do signi cado relixioso que cada quen quixera entender, “fai referencia ao elemento subxectivo das persoas, á súa ca‐ pacidade de comunicación coa súa interioridade e coa subxectividade dos outros; portador de valores como a solidariedade, compaixón, protección dos máis vul‐ nerábeis e dialogo coa natureza e a divindade. Aquí aparece a espiritualidade como unha dimensión da conciencia que nos fai sentirnos parte dun todo, e como ese conxunto de valores intanxíbeis que dan sentido á nosa vida persoa e social, e ta‐ mén a todo o universo.” A Troita di que quere establecer unha “nova orde mundial social gastronómica” ou que a globalización é que “todas as culturas do mundo convivan en Pombal 18.” Organiza as súas actividades en programacións abertas nas que todas podemos par‐ ticipar ou intégrase dentro das re exións e debates que preocupan na súa comuni‐ dade social. Dende o momento en que, máis alá de simples enunciados, todo iso forma parte da nosa maneira de ser, xa estamos participando, dende a libre expre‐ sión da nosa subxectividade e conciencia, na construción da Troita como unha de‐ mocracia perfecta, dende a igualdade, a colaboración, a diversidade, e en “comuñón” ou, se preferimos, “en irmandade.” Este é outro elemento clave que fai dunha aso‐ ciación como A Troita algo necesario: máis alá da súa contribución á mellora co‐ munitaria, supón tamén un enriquecemento vital para as persoas participantes, pre‐ cisamente pola posibilidade de construír algo en común dende a individualidade, o respecto, e a retroalimentación. Máis alá do mero consumo da cultura ou do tem‐ po libre, é máis grati cante construír cultura no tempo libre, ou culturas diversas do tempo libre. E facelo en común. Son demasiadas as cousas que xusti can que unha asociación viva moitos anos e que tanta xente continuemos participando. Cando o camiño está cheo de aventu‐ ras e coñecementos, sempre hai que desexar que nunca remate… e cada quen que tome o queira, cervexa, vermú ou que lle bote un viño ou unha auguiña, o caso é quedar para verse. QUICO LOURENZO 25 anos de Troita Armada
  13. 13. 21 QUEMOUGABANOSAVÓSDEFEIXOO? Notas sobre a memoria sabedeira 1 Dúas voces antes de Alberto Núñez Feixoo, había cortizos protexidos ás veces debaixo dos cabaceiros (hórreos). Tales colmeas chamábanse así por estaren feitas de cortiza, de casca de sobreiro, ou mesmo hospedadas nun tronco de ár‐ bore co ámago furado. Aos nenos dábanlle a rillar como lambetada un anaco de fa‐ vo (por confusión denominado no dialecto local “faba do mel”), de maneira que os devanceiros do presidente da Xunta protagonizaban unha escena pintada por Lu‐ cas Cranach o Vello: véxase o cadro conservado na romana galería Borghese onde aparecen Venus e o Amor portando il favo di miele. 2 Os meniños tamén eran obsequiados cun cartolo (panciño pequeno) de cen‐ teo en cada cocedura, ou ben cunha bica rapeira feita coa masa sobrante arre‐ pañada no fondo da artesa onde amasaban pas co lévedo ou formento, sete por fornada, un por día pra unha familia media. Non ten nada a ver a citada rapeira coa propia bica, que viña sendo unha torta de millo sen levedar, pousada na pedra quen‐ te da lareira e tapada cun testo de pote pra que cocese mellor. Esta bica comíase mi‐ gallada no leite mazado (o soro que caba despois de extraer a manteiga) ou ben servía de pan co compango das sardiñas asadas no mes de sanxoán. 3 O almorzo mudaba canda a sazón do ano. Polo inverno beberían leite con un‐ to, unha bomba enerxética pra defender o corpiño de xiadas e invernías e gri‐ pes delirantes. Derretíase unto na tixola pra logo mesturar esa gordura no lei‐ te fervido, formando destarte unha tona amarela que daba gana de trousar. En épo‐ cas de tempo máis suave comíanse papas de millo remexidas cun pelo (pau descas‐ cado). De por parte da fariña milla levaban leite, auga nunha versión máis pobre ou enxagoos, isto é, os restos lácteos que caban na auga ao lavar a canada de munxir. Se a xente da casa era comellona, incluían tropezós en forma de mariñas (patacas) cocidas. Os que traballaban desde a mañá ben en tempo, saían da casa forti cados cunha copa de augardente enviada co n de “desorballar”. Máis tarde, por volta da media mañá, mastigaban a parva ou taco das once: xamón, chourizo, algo que tive‐ se conta, que mantivese as forzas soerguidas. 25 anos de Troita Armada
  14. 14. 22 4 As novas alarmistas sobre a muda climática declinan que as aves se están a extinguir, como inantes se extinguiron os dinosaurios, ancestros dos paxaros actuais. Disque polos pesticidas, pero, no caso da Terra do Búbal que com‐ prende Os Peares, son os regueiros conversos en cloacas desde que hai váteres nas casas que verten esterco e deterxentes. A calquera animal que beba neses ribeiros envenenados hao partir unha chispa. Curiosamente, había moita máis avifauna en tempos dos avós do Alberto, malia que aqueles primitivos comían paxariños. Sobre todo os raparigos eran amigos de consumir fritadas de pardaus (aniñaban nos ca‐ baceiros e, na época da cría, en cada hórreo podían apañar un caldeiro de paxariños) ou de cotrolíos, estes últimos fáciles de apillar porque fan o niño no chao. Cháman‐ se cotrolíos ou cotrolas as aves noutras partes coñecidas como lavercas ou cotovías. Trátase dunha onomatopeia, pois o seu rechouchío soa máis ou menos como co- to-ví ou co-tro-lí, cando revoan sobre as restrebas na tardiña, entre lusco e fusco. O lme baseado nun romance de Harper Lee distribuído en España co título de Ma‐ tar un ruiseñor, nos cinemas lusitanos intitulárono Matar uma cotovia, aínda que o paxarolo orixinal do sul dos Estados Unidos non era nin unha cousa nin outra. Viña sendo un mockingbird, un sisonte en lingua nauatle da familia uto-asteca. O tradu‐ tor portugués era urbanita e ocorréuselle usar cotovia como exemplo de ave que sería especialmente cruel sacri car, no entanto os seus compatriotas, igual que os avós galegos de Feixoo, mataron e comeron cotovías sen dó durante séculos sen nunca extinguilas, porque defecaban de campo e limpaban o traseiro cunha couva no canto de contaminar os regueiros e charquelas onde os paxariños bebían. 5 Continuando polo rego de Portugal e do ambientalismo, vou ao caso de que os comedores da universidade de Coimbra xa non serven postas de vitela, suprimi‐ ron a carne de vaca da dieta estudantil pra loitar contra a mutación climática en curso. Con independencia de se consideramos ou non os atos do gando vacún tan pe‐ rigosos prá supervivencia do planeta como os tubos de escape dos carros, o certo é que os avós de Feixoo pouca vitela micaban porque vendían os becerros e só pola festa pa‐ tronal se permitían probar unhas costeletas. Ben é certo que nas feiras non perdoaban a faldra, vitela ao caldeiro cocida con unto e sen aceite nin pemento (este aderezo co‐ rrespóndese coa receita de Navia de Suarna, chamada “carne á maragata”). Pouco po‐ lo se cataba inantes das granxas de Uteco, aínda que era de curral e de cualidade supre‐ ma, e do gando ovellún había noticia no verao, cando se acostumaba sacri car un ca‐ rruxo (año) pra asalo no forno. A mor parte do ano a dieta cárnica saía do saleiro do porco. Na mata había un ciclo de comidas especí cas: gadeira (fígado encebolado) no mesmo día de sacri car o cebote; frebas de raxo espetadas nun pau e asadas nas bra‐ sas ou envoltas nunha verza ao asalas no remol: e lloas de sangue nas sobremesas ou roxós de entrada. O porco constituía a base dos cocidos festivos e do caldo de a cotío, combinado coas verduras epocais: caldo de grelos de nabo, de nabizas, de xudías, de grelas de couva, charouveas ou limpo (sen verde no inverno caroal en caso de que fal‐ tase a verdura totalmente, incluso a máis resistente que era a verza ou couva). Por últi‐ mo, en certas casas de cazadores, entraban coellos do monte, lebres, perdices, pombas cazadas á espera, parrulos bravos, paspallaos ou galiñola (perdiz chocha). A Troita Continúa
  15. 15. 23 6 Contradicindo o tópico miserabilista, o discurso colonial sobre a Galiza que vén des‐ de o Século de Ouro e chega a Fraga Iribarne (Hasta que yo llegué, los gallegos comían un caldito y gracias), o pobo galego foi no século XX un dos mellor mantidos. Gra‐ zas precisamente ao atraso minifundista, o feito case único na historia de que os servos medievais acabasen facéndose coas terras traballadas pola súa estirpe desde a noite dos tempos (tal apoderamento labrego produciuse aquí en 1927 coa redención dos foros). Aínda que os máis dos nosos vellos evocan as fames pasadas (interiorizando o discurso dos amos), a falar a verdade os galaicos non langrearon coa fame dos madrileños ou bar‐ celonís da posguerra civil nin pasaron a larota, laceira ou fame negra de parisinos, berli‐ neses ou romanos durante a segunda guerra mundial. Aquí, a semiautarquía rural comeu bastante ben todo o ano, especialmente na primavera e verao ao olleceren os tarreos de le‐ gumes e as árbores fruteiras. Os vellos de Feixoo paparon xudías ou chícharos ou fabas castellanas con patacas e un rustrido de torriscos, algún prato vegano (patacas con prebe de tomate), pementos, ovos fritidos en manteiga de leite, etc. Tamén non se privaron de mazás (bicudas, campaneiras, de pel de sapo…), de peras verdeñás e de pé de pombo, de cereixas marouvelas, follares, negrelas e ambroesas, de fatós, ameixas e claudias, de cas‐ tañas, noces e abelás, de uvas e freces (morangos) silvestres, de morogos (bagas de érbe‐ do), amoras e outras moitas cousas sabedeiras que lle deron ocasión de mover os padaos. Certamente consumían unha dieta baixa en gordura (a carne dicía pouca aínda que se matasen varias cebas pra todo o ano) e sobre todo en azúcar: a repostería limitábase a unhas torradas polo antroido e chulas por semana santa. Polo devandito era difícil encon‐ trar barrigás, a maior parte das barrigas aparecían falidas coa excepción dalgún alcaide ou cacique, pero non porque se pasase mal senón porque se facía moito exercicio de Deus Noso Señoriño. O presidente Núñez forma xa parte da humanidade super ua e dedíca‐ se a ornear nos debates ou mitins e a parabenizar cun chío en twi er a Ana Pontón polo seu embarazo, no entanto os seus devanceiros rendaban o millo, rozaban o toxo, cavaban as cepas de brancellao e mencía, arrincaban o esterco das cortes, segaban o centeo e a her‐ ba, en de nitiva practicaban desportos extremadamente necesarios pra sobrevivir. 7 Sabemos por Ovidio que Proserpina foi raptada por Plutón e que non pudo escapar dese reino plutónico inferior pra regresar ao Olimpo porque violou a prohibición de comer prescrita polas Parcas. A deusa deixouse tentar e rompeu a abstinencia mas‐ tigando sete graos de romá (granada). A comida ata moito e marca o noso destino. Estou convicto de que Alberto Núñez Feixoo xantou cocidito madrileño, cando estivo destina‐ do alá onda o urso e o érbedo como director de Correos, e aqueles garavanzos que engu‐ liu chaman por el desde a vila e corte como os graos granadinos que retiveron a Proserpi‐ na. Sempre quixo voltar a Madrid, aínda que o case paisano Julio Iglesias (Papuchi era do Souto de Vilarrubín, na Peroxa) foi o primeiro en darlle o parabén cando saíu presidente autonómico, cada día ao barbearse Alberto emula a outro cantor, ao brasileiro Roberto Carlos saudoso e cursidoso: Quantas veces eu pensei voltar e dizer que o meu amor na‐ da mudou. Chama á sede de Génova con protestos de amor polos garavanzos (bicos en portugués) pero o PP aznarista virou basto e cuartelario e cantaruxa animaladas: Eu plan‐ tei garavanzos na regaña do cu, nunca vin garavanzos con tanta mala salú. BIEITO IGLESIAS 25 anos de Troita Armada
  16. 16. 25 COSERECANTAR? L o dicho, en entredicho. Poñamos as frases feitas en dúbida. Coser e cantar? Rara é a vez que asociamos a emisión de melodías de viva voz co movemento da agu‐ lla en ada. No hiperacelerado mundo de hoxe, a costura pasou a ser tarefa bre‐ ve. Feita sen Tempo. Dar catro puntadas rápidas ao botón desa camisa que leva unha semana no respaldo da cadeira, esperando vez. Nada que ver co mundo demorado das máquinas á cabeza, enriba do mulido. Chegaba a costureira pola mañá a unha casa, armaba a máquina na luz da xanela e traballaba arreo. Pero non deixaba de can‐ taruxar en todo o día. Despois, a costureira xa non viña. Había que ir á costureira. E foron as nais as que asumiron ese traballo na casa, outro máis. Non era diario. Pe‐ ro chegaba unha tarde que mamá sentaba co cesto dos calcetíns para zurcir. Calce‐ tíns zurcidos, acórdaste? E a agulla seguía movéndose ao son da música. Coser e cantar seguía vixente. Podía ser unha canción tradicional ou unha copla de Concha Piquer. Pero o ronsel (agora si, agora non) de fío non avanzaba sen canto de arrolo. Esa música acabou hai tempo. Deixou de oírse no momento en que o señor Orte‐ ga caeu na conta de que podía gobernar un imperio. Construíronllo as netas das costureiras de mulido e máquina á cabeza. Estaban por todos lados. En cada lugar había un baixo cheo de máquinas industriais, e un grupiño de costureiras que bo‐ taba moitas horas cada día. Traballando por catro pesos. Galicia foi asolagada polo ruído estresante das máquinas de coser accionadas por costureiras estresadas. Nin cantareas nin cantaruxadas. Esaxero. Estou indo ó fácil. Botarlle a culpa ós ricos. Eles non poden ter a culpa de todo. No n do coser e cantar tamén terían algo que ver os novos usos musicais: o radio-K7, os corenta principales, a discoteca en cada cabeceira de comarca... Coser e cantar. As frases feitas non viven para sempre. Cambian coa sociedade. Tócanos a nós adaptalas a eses cambios. Dende a experiencia da Troita Armada, podemos dicir que nada promove máis a cantarea que ter a barriga chea. Comer e cantar. As boas cantareas sempre saen na sobremesa. Co prato doce diante, empe‐ zamos a cantaruxar. Non digamos despois dunha comida abundante. Lembro moi‐ tas veces aquel día. Nos noventa. Veu cociñar e gozar con nós un amigo nado en Touro, criado en Asturies, traballador no Bierzo. Preparou fabes con ameixas. Nun‐ ca tal oiramos. Estabamos empezando. Aquela combinación mare e monti licuou as nosas bocas, e non puidemos parar. Collemos unha farta que durou máis dun día enteiro. Ai, amiga! Pero cando os bandullos estiveron cheos, aquelo foi moito. Em‐ 25 anos de Troita Armada
  17. 17. 26 pezamos regalando os oídos do noso amigo coas cancións que el case esquecera, as que non volvera visitar dende a infancia. A emoción foi tirando dos decibelios pa‐ ra arriba. As gorxas xa non chegaban. O ancestral empezou por encher os ocos que deixaban as voces, e acabou por sepultalas. A descarga de percusión sobre as mesas tornouse desbocada. As pezas de louza saltaban, había que salvalas en pleno voo. Algún taboleiro aínda conserva as marcas daquel día. Ou doutro daqueles días. Fo‐ ron moitas as sobremesas de descarga telúrica sobre as mesas. Unha enerxía que a física teórica aínda non é quen de explicar. Como é posible que a forza da gravida‐ de deixe de actuar sobre pocillos e cuncas? O curioso fenómeno duraba só un ins‐ tante. Ao momento, G volvía exercer o seu poder atractivo, esnaquizando cuncas e pocillos no chan. Comer e cantar non son causa e consecuencia. A cantarea non só xorde coa ba‐ rriga chea. A orde pode ser inversa. Ás veces, a cantarea peta á porta antes de que se presenten prato, garfo e culler. A simple perspectiva de encher a andorga abon‐ da para poñer a vibrar as cordas vogais. Demóstrase en mil rondas de viños antes de comer ou cear. Un par de cuncas e xa empecen os primeiros cánticos. Cando a ronda remata con cea, aquelo é un sindiós. O camareiro ten que ser moi experimen‐ tado para conseguir entender que queremos comer, entre os berros dunha punta da mesa, contestados pola outra punta a xeito de regueifa (a xeito de pelea de gallos, que diría a nova xeración). O binomio comer-cantar segue. Non fai falta remontarse á nosa historia gutural e gastronómica. Hai só catro días, Pedro propuxo unha nova xuntanza de Cantarea21. A proposta non era só musical. “Hai tempo que non xuntamos a cantarea, que vos pa‐ receircomeruncocidoaoMosqueiro?”Arespostafoia rmativaepolifónica.Sounha nota disonante: “Que rollo, xa parecemos unha sociedade gastronómica…” Os nosos corpos xa pasan do medio século. Empezan a dar problemas de fontanería. As dietas empezan a facer estragos. Estamos nunha idade moi mala. FERNANDO VIDAL A Troita Continúa
  18. 18. 27 ALIMENTADEOSBICHOS! E ntre as investigacións e avances no ámbito da alimentación e nutrición acon‐ tecidos nos últimos 25 anos, o descubrimento da microbiota seguramente se‐ xa dos máis importantes polas súas indubidábeis repercusións na saúde das persoas. Se o profesor Tim Spector do Kings College de Londres vos falase dunhas criaturas que comparten comida e hábitos, viaxan canda vós, saben o que vos gus‐ ta e desagrada e, ademais de todo isto, protéxenvos, seguramente pensarades que estaba a falar dos vosos prezados cans ou gatos. Nada máis lonxe da realidade! Hai billóns de seres diminutos que nos acompañan e que na práctica funcionan como un órgano máis no noso corpo. Este grupo de microorganismos recibe o no‐ me de microbiota e vai conter máis de tres millóns de xenes diferentes. Este con‐ xunto de xenes da microbiota vai recibir o nome de microbioma. Para facerse unha idea, o conxunto das células dunha persoa só contén 23.000 xenes, así que gañan de vez. Ata mediados dos anos 90, existía un paradigma que establecía que a maior par‐ te dos nosos uídos corporais (o sangue, o leite materno, os ouriños...) eran estéri‐ les, é dicir sen microorganismos. Porén este dogma foise esvaecendo a medida que sefoicoñecendoquecaseningunhapartedonosocorpoestalibredestesanimaliños. A maioría dos microorganismos que conviven con nós atopámolos no intestino groso, ese anaco do intestino anterior ao recto, onde se vai absorber a maior parte da auga presente nos alimentos. Aquí atopamos uns 100 billóns de microorganis‐ mos que desempeñan un papel fundamental no metabolismo dos nutrientes, o que signi ca que deles vai depender que sexamos quen de absorber correctamente os nutrientes presentes nos alimentos. Ademais, axudan a sintetizar vitaminas como algunhas do complexo B e a vitamina K, metabolizan os ácidos biliares e o coleste‐ rol, e por se isto parecese pouco, tamén manteñen o noso sistema inmunitario en forma e producen hormonas e neurotransmisores. Entre os microorganismos que forman parte da microbiota destacan as bacte‐ rias. Existe unha grande diversidade de especies, pero a maioría vaise agrupar en ca‐ tro grandes grupos, con nomes tan insólitos como Firmicutes, Bacteroidetes, Acti‐ nobacteria e Proteobacterias. Os dous primeiros son os máis numerosos, cun 92% do total de bacterias. Todas as bacterias están constantemente alimentándose no in‐ testino, reproducíndose e morrendo. A composición da poboación de bacterias vai ser diferente en cada persoa e dependerá principalmente do que se come, pero tamén do lugar onde se vive, as persoas ou animais coas que se ten contacto, e incluso se o 25 anos de Troita Armada
  19. 19. 28 nacemento foi por parto natural ou por cesárea, ou do tipo de lactancia. De feito, o primeiro contacto con estes microorganismos prodúcese no momento do nacemen‐ to co paso polo canal do parto da nosa nai, co contacto coa súa pel e co aleitamento. Cando se mencionan os prebióticos, ao que se fai referencia é o alimento que precisa a microbiota, é dicir, a súa comida (dos bichos). Segundo o tipo de alimen‐ tación que lle proporcionemos, a nosa microbiota vai ter maior ou menor saúde ou incluso poden deixar de estar presentes algúns tipos de microorganismos. Se que‐ remos ter contenta a nosa ora intestinal, temos que coñecer os seus gustos, que son ben sinxelos: encántanlles os alimentos de orixe vexetal: verduras, froitas, legu‐ mes, froitos secos... e que a comida ultraprocesada non lles mola tanto. A explica‐ ción vai estar na diferenza fundamental entre as células do reino animal e as do rei‐ no vexetal: a parede de celulosa que arrodea á membrana plasmática da célula ve‐ xetal. Esta parede de celulosa, indixerible polo noso organismo (a diferenza dos her‐ bívoros), vai ser unha delicatessen para que a nosa microbiota se poña as botas… A bra presente na nosa dieta será por tanto o alimento principal das nosas bacte‐ rias favoritas que a cambio transformarán unha parte en ácidos graxos de cadea cor‐ ta que si poderemos usar como enerxía. Ademais de outras funcións que se lle atri‐ búen a estas graxas, como reducir a in amación e os niveis de insulina, e regular o colesterol. O que pasa coa comida ultraprocesada é que son alimentos xeralmente cun alto contido en graxas saturadas e carbohidratos simples (azucres simples e fa‐ riñas re nadas). Estes nutrientes son absorbidos rapidamente na primeira parte do intestino, co cal non chegarán ao colon e non poderán alimentar aos microorganis‐ mos alí presentes. Sábese que este tipo de comida pode facer diminuír a poboación de bacteroidetes nun só día. En xeral, as distintas poboacións de bacterias están adaptadas a determinados tipos de nutrientes. Polo que, comendo determinados alimentos podemos cambiar a composición da ora en cuestión de días, e do mes‐ mo modo, deixando de comer determinados alimentos. As diferenzas entre os ti‐ pos de especies que compoñen a microbiota poderían explicar parte das conexións entre as nosas dietas e a nosa saúde. Incluso poderían xusti car algúns dos incon‐ sistentes resultados das investigacións sobre alimentación entre distintas persoas ou poboacionais. Por exemplo, dependendo dos microorganismos existentes a ni‐ vel individual unhas persoas poderían responder a dietas baixas en graxas, mentres que a outras iríanlles ben dietas con maior contido graxo; ou algunhas persoas poderían consumir cantidade de hidratos de carbono sen problemas e outras extra‐ erían maior cantidade de enerxía da mesma cantidade. En xeral, sábese que unha ora diversa é máis saudable. Para conseguila o que se necesita é consumir unha dieta máis diversa, algo que non acontece actualmen‐ te. Existe unha preocupante proporción crecente de dietas de tipo restritivo, nas cales se limita o consumo a uns poucos tipos de alimentos. Este tipo de restricións conduce a unha redución da diversidade na nosa microbiota. Hai 15 mil anos os nosos antepasados consumían regularmente arredor de 150 alimentos diferentes por semana. Actualmente, a maioría das persoas consume menos de 20 tipos de alimentos e algúns deles, se non a maioría, están re nados arti cialmente. Cal‐ cúlase que o 75% da comida que consumimos provén só de 12 plantas (con tri‐ A Troita Continúa
  20. 20. 29 go, millo e soia á cabeza) e só 5 especies animais. Así que xa sabedes, a diversidade, neste eido, tamén é un valor. Para rematar este artigo, algúns comentarios sobre outro aspecto tamén relevan‐ te e que xorde nos últimos anos arredor das recomendacións sobre alimentación, que vai ser a inclusión do concepto de sostibilidade nas mesmas. Organismos co‐ mo a FAO ou a OMS, máis recentemente, recollen o termo de dietas sostibles e pre‐ conizan que unha dieta saudable é aquela que se produce e consume de xeito sos‐ tible. A produción de alimentos actual ten un importante impacto no medio am‐ biente -representa un 20-30% das emisións de gases de efecto invernadoiro e dous terzos do uso de auga, ademais de ser unha das causas da deforestación e contribuír á perda de biodiversidade- e o cambio climático e outros cambios ambientais ame‐ azan a capacidade dos sistemas alimentarios de proporcionar dietas saudables pa‐ ra todas as persoas nun futuro que non podería ser moi lonxano. A produción de 1 kg de carne de terneira require 15.000 litros de auga, dato que contrasta altamente cos 1.000 litros necesarios para producir 1 kg de lentellas. Polo tanto, unha dieta san con baixo impacto ambiental sería a que inclúe unha grande variedade de alimen‐ tos, con énfase nos de orixe vexetal (froitas, verduras, grans e legumes) que prefe‐ rentemente deben ser producidos localmente e preparados na casa. Podería incluír peixes ou mariscos (producidos de forma sostible), cantidades moderadas de leite e produtos lácteos e cantidades modestas de graxas e aceites, principalmente de fon‐ tes vexetais. A carne ten unha presenza limitada (sen ser imprescindible o seu con‐ sumo), especialmente carne vermella e produtos cárnicos procesados. O consumo de alimentos procesados ricos en graxa, azucre ou sal tamén debe ser limitado ao máximo. Seguir estas recomendacións non só fará máis habitable o planeta, senón que ta‐ mén fará máis felices e diversos os bichiños que nos acompañan e protexen dende hai varios miles anos. PEPA FA LDO 25 anos de Troita Armada PARA SABERMÁIS TimSpector. edietmyth. erealsciencebehindwhatweeat.Weidenfeld&Nicolson,2015 www.fao.com GLOSARIO ALIMENTO: Comidas ou bebidas que as persoas e os animais toman para subsistir NUTRIENTE: Compoñente dos alimentos
  21. 21. 31 25ANOSDETROITAARMADA E25DISCOSGALEGOSPARACOMPARTIR P ídenme un texto para celebrar os 25 anos da Troita Armada. Por diversos moti‐ vos ando un pouco desvinculado dela nos últimos tempos, pero para min a Troi‐ ta foi moi importante, así que, como negarme? O caso é que non sabía moi ben de que escribir, mais como a case todas as socias da Troita lles gusta moito a música, pareceume boa idea comentar con elas 25 discos para celebrar este tempo que levamos xuntas. Por falar acerca de que foi o que me gustou moito, se cadra descubrirvos algún disco e, se os comentamos nalgún momento, para que digades que vos pareceron ou o que consideredes. Por suposto que non é un canon nin unha historia da música gale‐ ga, nin nada que se lle pareza. Para nada! Son só 25 discos que me levan acompañan‐ do estes anos e que quero compartir con vós, cos meus compañeiros da Troita Arma‐ da. Os únicos criterios que seguín son que están editados en formato físico nos últimos 25 anos, cantados maioritaria ou exclusivamente en galego, e dos que teño copia, o cal exclúe un montonazo de discos que me parecen extraordinarios pero que, desgracia‐ damente,non teño.Outros tampoucoaparecen porquexa gura algún membroda ban‐ da con outro proxecto (casos da Psicofónica de Conxo / Narf ou Dios que te crew / García MC, por exemplo) pero tamén poderían gurar. Por desgraza, quedáronme moitos fóra. Cando iniciei a lista pensei que 25 serían su cientes. Comprobei que non. Familia Caamagno, Esposa, Chicharrón, Xoana, e Homens, Musel, Sechu y los in‐ visibles, Espiño, Safari Orquestra, Eladio y los seres queridos... a lista dos que que ta‐ mén poderían estar é inmensa... quedan para os seguintes vintecinco anos, compañei‐ ras! Teñen maior peso os discos dos últimos anos, dende o 2007 a hoxe. A verdade é que me parece que o nivel dos discos editados aumentou moitísimo co tempo e tamén é certo que compro máis música ultimamente. Desculpade, porque pode que haxa al‐ gún erro nos anos de edición e nas discográ cas, xa que moitos son coeditados ou au‐ toeditados e non sempre é fácil poñer a referencia. A lista non segue ningunha orde. Fun ós CD e ós vinilos que teño na casa, empecei a fedellar... e isto foi o que saíu. DASKAPITAL Ruído negro (Autoeditado. Lp 12”. 2011) Creo que a idea de Das Kapital xorde pa‐ ra un concerto homenaxe a Lois Pereiro que se xo na antiga (e que tanto botamos de menos) sala NASA en Compostela. En todo caso, os afortunados que estivemos nesa homenaxe e que si puidemos ver ó trío compostelán co seu estupendo cantan‐ te á fronte, O Leo, poderosísimo, quedamos abraiados... Kraut rock á galega? Non o sei, en todo caso, unha estupenda proposta que desgraciadamente durou dema‐ siado pouco. Edición preciosa, por certo, con portada negra. 25 anos de Troita Armada
  22. 22. 32 GUADI GALEGO O mundo está parado (Altafonte. Lp 12”. 2017) Calquera dos tres discos que leva sa‐ cados Guadi en solitario son extraordinarios. Os seus traballos anteriores tamén, claro (Espido, Berrogüeto, ACadaCanto...) Escollo este marabilloso vinilo da artis‐ ta que hoxe por hoxe vexo con maior capacidade para atraer a todo tipo de públi‐ cos, capaz de encher un teatro ou tocar en calquera festival. Vímola o ano pasado no Principal, en Compostela. Está nun momento boísimo! OH! AYATOLLAH! Volve a canción protesta (Tremendo. Lp 12”. 2018) Unha das sorpresas máis agrada‐ bles dos últimos anos. Humor, moito humor, e estupendo pop é o que propoñen estes mozos e mozas, penso de Ourense e da Mariña, aínda que con sede en Com‐ postela. Produce Hevi o disco. Se seguen nesta liña, van ser moi grandes. GARCÍA MC Abaixo e de pé (Ouvirmos. CD-ep. 2012) Podería traer toda a producción de Dios ke te crew, polo grandes que foron, e por como digni caron o hip-hop en galego fei‐ to dende as vilas, neste caso Ordes. Traio o estupendo ep do que fora membro, Gar‐ cía. Cinco cancións para bailar e pensar e unha estupenda portada. Galicia e Améri‐ ca unidos pola música. ATRÁSTIGRE Fainos saír (Triunvirato. Lp 12”. 2017) Atrás Tigre para min son unha das grandes noticias do pop en galego. Moi bos músicos, a voz de Pedro Solla é preciosa e, so‐ bre todo, teñen unhas letras fantásticas, pura poesía. O seu debut en vinilo (tiñan unha case e antes) está moi guai. Mágoa que nos teñan un pouco abandonados. Mozas, queremos máis! OSAMIGOSDOSMÚSICOS Idem (Gran Derby. Lp 12”. 2016) Para min a banda que mellor recolle a herdanza do son americano.Vinos coa súa primeira formación nomíticoCachán en Compostela e ipei.Non era nada habitualun grupocantandoen galegoecon esas referencias. Cola‐ boran en máis discos (por exemplonun magní coCD dehomenaxea Magín Blanco) eteñen algún CD-ep editado,perogústameespecialmenteestediscopoloquesigni ‐ cou.Ademais ten un deseñomoichulo.Amin gústanmemoitoestetipodebandas,nas quepracticamentetodos os membros cantan,dánllemoita variedadeá proposta.Eta‐ mén quería comentar unha debilidade persoal, Dani Alonso, (Blood Filloas, O Neno Ellio ...) un dos guitarristas ecantantes,para min,unha das voces máis emocionantes queescoitei.Nodiscocanta entreoutras,As pantasmas...unha preciosidade. A Troita Continúa
  23. 23. 33 ATAQUE ESCAMPE Disco vermello (Discos da Máquina. CD. 2014) Para min a gran banda da última década. Penso que este era o seu cuarto CD. Calquera dos anteriores podería gu‐ rar nesta lista (así como gravacións posteriores), pero escollo este porque me pare‐ ce que está un punto por riba do resto. Último disco co cantante co que se iniciou a banda, Alex. Humor particularísimo e letras de altísimo nivel. Ademais, ten un de‐ seño grá co do disco caralludo. Aínda hoxe, varios anos despois, ségueme parecen‐ do unha obra mestra, sen dúbida. XABIERDÍAZ Coplas para Icía (Salitre. CD. 2007) Para min, Xabier Díaz é o grande cantante ga‐ lego dos últimos anos. Ultimamente ten moito éxito de público e crítica, e iso é unha estupenda noticia, ver alguén con tanto talento encher auditorios, pero a min emocióname moito “Coplas para Icía.” En formato trío, con Pedro Lamas e Suso Iglesias, paixón e voz. O meu favorito de toda a súa obra, incluíndo obras mestras que ten con Berrogüeto, Espido, ACadaCanto... Moi, moi grande Xavier Díaz! NARF Tótem (Falcatruada. CD. 2007) Éme moi difícil falar de Fran. Fóisenos demasiado pronto. Fran Pérez foi (é) outro dos grandísimos talentos da música galega. Escollo para esta escolma Tótem, porque foi un disco que escoitei moito cando saíu. Aínda que de Aran podería escoller todo. Escoitei tamén moito no seu tempo os dous dis‐ cos da Psicofónica de Conxo, que sempre me pareceron moi avanzados. Tocou con moita mestría moitos paus, e sempre era elegantísimo en directo. CAXADE A dança das moscas (Discos da Máquina. CD. 2014) A irrupción de Caxade hai uns anos foi, para min, unha das mellores noticias da música galega. Cunha formación orixinalísima (percusión, trompeta, bombardino, acordeón e a marabillosa voz de Alonso Caxade) asinaron un dos mellores discos dos últimos tempos. Presentación en directo moi chula tamén. EMILIOJOSÉ Agricultura livre (Foehn. CD triple. 2016) Como era aquilo de queres caldo? Pois toma dúas tazas... Aquí transmutado en tres. Nada máis e nada menos que un CD triple do talento de Quins. Emilio José, o grande heterodoxo do pop galego, atréve‐ se con todo, pop, afrobeat, hip hop... inabarcable e xenial. OSDIPLOMÁTICOSDE MONTE ALTO Avante toda! (Fonomusic. CD. 1994) Para min a obra mestra destes vintecinco anos. O quinteto de Monte Alto en estado de gracia, coa súa formación máis estable. Pro‐ ducido por Kaki Arkarazo, teno todo... é divertidísimo, bailable, cunhas letras xe‐ 25 anos de Troita Armada
  24. 24. 34 niais. Mesturou todo, dende o pop-rock máis clásico, ó punk ou ás rancheras. Eu sígoo escoitando e non lle atopo un só pero. Ademais, para min, xúntase que foi ta‐ mén a mellor banda en directo deste período, e defenderon sempre este disco con moita dignidade. Eles cantando explicáronnos a moitos, por se nos esquecera, de onde viñamos e quen eramos... maxistrais... Sen dúbida, o meu favorito. MALANDRÓMEDA Idem (Temazo.org. single 7”. 2008) Que dicir de Hevi? Para min a gran gura da música popular galega dos últimos anos. O MC galego é moito máis que un extra‐ ordinario cantante. Letrista, produtor e cunha personalidade que arrasa. Os seus discos teñen un nivel incrible, pero é que probablemente eu nunca vin a ninguén que me guste tanto en directo, boísimo!!!! Podería meter toda a súa discografía, pe‐ ro non cabe... así que polo cariño que lle teño meto o primeiro disco que lle com‐ prei, o single de 7” do mesmo nome e que inclúe o seu famoso Festa Malandrómi‐ ca. Ademais viña con unhas gafas para ver en tres dimensións a portada... moi chu‐ lo... obxecto de culto, pero vamos, con Malandrómeda metería, sen dubidalo, todo o que ten editado... Moi grande. FLUZO Idem (Autoeditado. Lp 10”. 2010) Para min un disco moi, moi adiantado ó seu tem‐ po, e iso que é relativamente recente. Novamente o xenio de Hevi, neste caso co seu amigo Javi Álvarez, outro talentazo, asinan unha obra mestra. Todo é boísimo nes‐ te disco, dende a suxerentísima portada ás letras ou a música deste par de xenios. Impresionante, é unha mágoa que non teña máis continuidade. Música galega de altísimo nivel para o século 21, si señor. THOMASDYLAN Chove (Verso libre . Lp 10”. 2016) Penso que pode ser o menos coñecido de toda a lista. Pero creo tamén que inmerecidamente. Disco de hip hop dunha enorme sen‐ sibilidade, a min cativoume dende a primeira escoita. Deseño tamén moi chulo, con libro de fotos no interior. Penso que está un pouco parado e é unha mágoa, porque o seu proxecto debería ter máis percorrido. GALICIANBIZARRE III. (Autoeditado. Lp 12”. 2019) Non se pode deixar de lado todo o movemento xurdido “fóra” da industria chamémoslle o cial. Todo o que se ten xerado por cen‐ tros como o Liceo Mutante en Pontevedra ou a Nave 1839 na Coruña, ou colecti‐ vos como A Seara, asociacións como Desconcerto, movementos como a Metamo‐ vida, festivais como o de A Melona en Compostela ou de Saumede, en Ourense. Neste contexto de autoxestión e dende o underground incluiría eu os tres discos de Galician Bizarre. Todo o que se coce no subsolo musical galego está aí. Escollo o úl‐ timo, o terceiro, precioso vinilo, porque inclúe moitas das miñas bandas favoritas: Esposa, Oh Ayatollah, Pantis, Atrás Tigre... A Troita Continúa
  25. 25. 35 CARAPAUS Déixao andar (Autoeditado. CD. 2017) Infelizmente, non lle presto toda a atención que merece á música tradicional, aínda que si me gusta moito e procuro ir a con‐ certos sempre que podo. Non teño moitos discos, pero este si me fai moita ilusión. É da banda na que toca o grandísimo amigo da Troita Oli Xiráldez. Paseino en gran‐ de sempre que os puiden ver, a última vez na Capitol en Santiago. CINTA ADHESIVA Idem (Audoeditado. CD. 2017) Nos últimos anos as propostas que xuntan poesía e música proliferaron en todo o país. A min a de Silvia Penas, Cinta Adhesiva, é pro‐ bablemente a que máis me impresionou. Ten moi bos textos, unha música moi axei‐ tada, e a súa presentación en directo é espectacular. A CARICIA DA SERPE O sorriso do diaño (Wonderland. CD. 2007) Spoken word á galega? Pode. A propos‐ ta de Lino Braxe foi, que eu saiba, única no seu momento. Poesía, música e humor, moitísimo humor. Acompañan Miguel Ladrón de Guevara, XL Saqués e Rómulo Sanjurjo (que penso que estivo en todas as formacións dos Diplomáticos de Mon‐ te Alto). Lamentablemente, como outras moitas, tampouco tivo continuidade. SU GARRIDOPOMBO Quedo a vivir aquí (M. CD. 2018). Vina en directo hai un ano, e gustoume moito. Defende a súa proposta cunha voz moi chula e guitarra. Penso que tamén ten pro‐ xectos paralelos, un deles Son Trío. Mestura música tradicional galega con pop, mú‐ sica sudamericana... unha auténtica batedora musical de altísimo nivel. CARMENREY Meu (Audia. CD. 2007) Nun xénero que non goza de moitos seguidores, como é o nu-soul ou o jazz vocal, e ademais facelo en galego, o mérito de Carmen Rey é enor‐ me. Escollo este disco, o primeiro que tiven dela. Un descubrimento! Fai bolos con regularidade e tamén ten/tiña un cuarteto de jazz vocal, E-jazz, que está moi ben. LORETTA MARTIN Idem (Falcatruada. CD-single. 2005) Ou como durante unha década a banda de Brais Morán e Pablo Sanz logrou facer bailar a Galicia co seu funk. Escollo o pri‐ meiro CD que sacaron, un single de tres cancións, xa que naquela época vinos moi‐ tas veces e sempre me resultaron moi frescos. VV.AA. Manifesto Dobarrista (A regueifa. Doble CD. 2007) Grande parte do indie galego rendéndolle merecidísima homenaxe a outro dos grandes, Andrés Dobarro. Como todos os discos homenaxe, sempre hai temas que gustan máis, pero en xeral a min paréceme boísimo e feito con moito cariño polos participantes. 25 anos de Troita Armada
  26. 26. 36 PANTIS Pranto (Prenom.CD.2016) RubénDomínguez nonsóéunrapaz encantador,senón que ademais ten moitísimo talento. Membro dos extintos Telephone Rouges, e de Chicharrón, o seu proxecto persoal é Pantis. Electrónica de primeirísimo nivel can‐ tada en galego, por suposto. Como todo o que edita Prenom, a carátula do CD é moi chula, e o directo que ten é espectacular. Un animal no escenario. Superreco‐ mendadísimo non, o seguinte. DÚASCURIOSIDADES Remato non con un, senón con dous CD, máis que nada porque para min sáense do que presumiblemente guraría nunha lista deste tipo. Por un lado, por ser do ou‐ tro lado do Eo, de Vegadeo, o Conjunto os Folkazáns, Haiga. Vinos hai varios anos nas Crechas e namoreime da súa proposta musical. Recórdame moito ó que facían aquí Marful, unha reivindicación do baile de principios e mediados do século XX. Aquel día xeron bailar a todo o mundo e o disco está moi guai. E por outra banda, outra das miñas afeccións, ademais da música, é o fútbol, e a revista Bravú, en 1997, sacou un CD co título de Selección xa! reivindicando a selección galega de fútbol. Nel cantan con algunha das bandas da época Nacho (Compos), Michel (Celta) e os meus queridísimos Fran e José Ramón, do Dépor. Cantan Lume de biqueira cos Diplomáticos. Pode que o de cantar “no fuese lo suyo,” pero quedou moi simpáti‐ co e fíxome moita ilusión volver a escoitalos tantos anos despois mentres prepara‐ ba a lista, lembrar o novos e ilusos que eramos entón… e o pouco que cambiaron as cousas... ou non? EMILIO BARREIRO A Troita Continúa
  27. 27. 37 ÁMBARGRIS V ou aproveitar este epígrafe para matar dous paxaros dun tiro e xuntar aquí dúas guras que sería crime esquecer en calquera celebración cultural-gastronómica: Alexandre Dumas e Anthelme Brillat-Savarin.O primeiro,prolí co titán das letras, asegurou no nal dos seus días: “Quero fechar a miña obra literaria de 500 volumes cunhaobradeculinaria.”Contalpropósito,noveránde1869,xavello,doenteedebilitado, partiu, a consello médico, para a aldea de Roscoff, no litoral da Bretaña, levando consigo todo o material recollido ao longo da súa vida: chas, anotacións cientí cas, crónicas, relatos de caza, lembranzas gastronómicas das súas viaxes, máis de tres mil receitas... De volta a París,en 1870envioulleaoeditor oseu caóticoexigantescocompendio,quenon podería ver a luz antes da súa morte en decembro daquel mesmo ano. O que logo sería o Grand Dictionnaire de Cuisine de Alexandre Dumas, tería diversas edicións ao longo dos séculos e sería unha das mellores obras do xénero ao lado de La Physiologie du goût deBrillat-Savarin,outraobrainclasi cábeleenciclopédica,moidistinta,taménotraballo deamordetodaunhavida.Oseuautorpasou25anosescribíndoa(tantoscomocumpre a Troita) e autoeditouna anonimamente en 1825, poucos meses antes de morrer, para sorpresa das súas amizades, que nunca puideran sospeitar o celmoso menú que aquela mente fora deseñando en segredo. NaletraAdodicionario,navoz‘ámbargris’(esamisteriosasecrecióndointestino dos cachalotes), Dumas cédelle a palabra a Brillat-Savarin, que en poucos parágrafos mestura información e mito, humor e seriedade, ironía e candidez nunha receita metódica e exacta, mais que tamén podería ser doutra maneira, demostrando que atrás do aparente rigor da Fisioloxía do gusto, o que realmente hai é unha celebración da vida, mandamento único de quen se considere un auténtico gourmand. E velaí vai o que deixou escrito: É bo que todo o mundo saiba que se por un lado, usado como perfume, o ámbar gris pode ser nocivo para quen ten os nervios delicados, tomado internamente é un soberano tónico e estimulante. Os nosos devanceiros usárono arreo na súa cociña e non foron a peor. O Marechal de Richelieu, de memoria gloriosa, rillaba constantemente pastillas feitas de ámbar gris. E no meu caso, naqueles días en que sinto a carga dos anos, cando penso con di cultade e me vexo oprimido por algún poder descoñecido, apaño un anaco de ámbar gris do grandor dun garavanzo, esmágoo ben con azucre e béboo nunha cunca grande de chocolate. Sentoume sempre de marabilla. Con este tónico a vida faise máis doada, os pensamentosprogresanconfacilidadeenonsu odoinsomnioqueinevitabelmenteseguiría de tomar unha cunca de café para acadar os mesmos resultados. 25 anos de Troita Armada
  28. 28. 38 Un día fun visitar un dos meus mellores amigos, Monsieur Rubat. Dixéranme que andaba doente e, abofé, atopeino a carón da lareira, en bata de casa e nunha actitude de total depresión. O seu aspecto asustoume. Tiña a cara pálida, os ollos cun brillo pouco natural e o seu labio inferior caía inerte deixando á vista a mandíbula. O efecto era horríbel. Inquirín ansioso pola causa daquel cambio repentino. El dubidou, mais logo das miñas presións, confesou avergoñado: “Meu amigo, xa sabes que a miña muller é celosa e que esa manía dela xa me angustiou máis veces. Leva varios días cun rauto tremendo e nomeuintentodedemostrarquenonperdeunadadomeuafectoequenonhoubodiversión do tributo conxugal, véxome nesta condición.” “Entón esqueciches,” díxenlle eu, “que xa tes corenta e cinco anos e que os celos son unha doenza sen remedio. Non coñeces o verso furens quid femina possit?” (‘Aquilo do que é capaz unha muller furiosa.’ Virxilio. N.d.t.) E aínda dixen outras cousas pouco galantes, porque estaba anoxado. “A ver,” continuei, “o teu pulso é feble, irregular, lento. Que vas facer?” “O médico acaba de marchar,” dixo el. “Di que é unha febre nerviosa e ordenou sangrarme. Vai mandar un cirurxián.” “Un cirurxián!” bramei. “Líbrate del ou estás morto! Escorréntao como se fose un asasino e dille que agora tomo eu conta de ti en corpo e alma. Entón o teu médico non sabe a causa da túa doenza?” “Madía leva, non! A falsa vergoña impediume unha confesión completa con el.” “Xa. Pois tes que pedirlle que volva. Vou preparar unha apócema acaída para a túa condición. Entrementres, bebe isto.” Deille un vaso de auga saturado con azucre, que bebeu coa seguridade dun Alexandre e a con anza dun carboeiro. E entón marchei a correr para a casa e preparei a beberaxe quepoderedesatoparnasecciónVarietés(parte2ªdaFisioloxía)xuntocosvariosmétodos que usei para acelerar o proceso pois, en casos coma este, unhas poucas horas poden causar danos irreparábeis. Volvín axiña coa miña apócema e xa o achei mellor. A cor ía volvendo ás meixelas, os ollos brillaban menos; porén, o labio seguía a pingar coma unha horríbel deformidade. Logo reapareceu o doutor. Conteille o que eu xera e o paciente confesou. O sobrancello doutoral mostrou de primeiras un aspecto severo. Pero logo, ollándonos cun aquel irónico, díxolle ao meu amigo: “Comprenderá vostede que non certase cunha doenza que non casa nin coa súa idade nin coa súa condición, e foi demasiado modesto ocultando a causa, algo queohonra.Perodeborecriminalopormeexporaunerroquepoderíaserfatal.Senembargo,” continuou, “o meu colega deulle boa recomendación. Tome a súa sopa e se, como creo, a febre vai remitindo, almorce mañá unha cunca de chocolate con dúas xemas de ovo dentro.” E con estas palabras recolleu chapeu e bastón e deixounos alí moi tentados de chancear a conta del. De alí a un pouco deille ao meu paciente unha boa cunca do meu elixir. Bebeuna avidamente e quería máis, pero insistín en que agardase dúas horas e deille outra antes de marchar. No día seguinte xa non tiña febre e ía estando ben. Almorzou o que lle fora instruído, continuou coa apócema, e no día seguinte xa era quen de atender as ocupacións decotío. Pero o labio rebelde non volveu ao sitio até despois do terceiro día. Pouco tardou en coñecerse o acontecido e houbo moita murmuración entre as mulleres. Algunhas admiraban o meu amigo, as máis tiñan pena del, mais, para todas elas, a gloria levouna o profesor de gastronomía. A Troita Continúa
  29. 29. 39 Velaquí a receita do elixir, pois sería mágoa non deixala para a posteridade: Xunta6cebolasgrandes,3cenoriaseunhapresadepirixel.Pica todo no e dóurao nun bo taco de manteiga esca. Vaille botando: 4 culleradas de azucre. 2 culleradas de ámbar gris esmagado. 1 torrada de pan. 3 litros de auga. Ferve 45 minutos engadindo auga para que nunca baixe de 3 litros. Mentresistosevaifacendo,mata,depenicaelavaungalovelloque mazarás, carne e óso, nun morteiro cun mazo de ferro. Fai talladas dun kilo de boa carne de vitela. Mestura as carnes e bótalles sal e pementa a gusto. Méteas nunha pota a lume vivo e remexe, botándolle manteiga de cando en vez para que non agarre, até que se quente e se vaia dourando completamente. Engade o caldo de vagar, remexendo. Con todo ben mesturado, férveo con alegría 45 minutos, corrixindo de novo a auga para manter sempre a mesma cantidade de líquido. Rematada a operación, terás unha apócema de efecto asegurado, sempre que o paciente, malia estar exhausto por unha causa como a mencionada, conserve o seu estómago en estado funcional. Dáslle ao paciente 1 cunca cada 3 horas o primeiro día até que se deite. Os días seguintes, só 1 cunca pola mañá e outra pola noite até que se acabe. Entrementres, vas mantendo o paciente cunha dieta lixeira pero nutritiva: coxas de polo, peixe, oitas dóces e compotas. Rara vez é necesario facer unha segunda remesa. Por volta do cuarto día o paciente poderá retomar os seus labores habituais e, de ser posíbel, deberá intentar ter máis tino no futuro. Deixando fóra o ámbargris e o azucre,este mesmo método pode valerpara improvisar unha moi sabedora sopa digna da mesa dun connoisseur. O galo vello pódese trocar por 4perdicesea vitela pola perna duncarneiro.Apreparaciónnonserá destoutro xeito menos deliciosa ou e caz. O método de picar a carne e refogala antes de botarlle auga pode ser útil cando se anda con présa. Baséase no feito de que as carnes preparadas así poden acadarunhatemperaturamaiorqueasfervidasenauga.Vénmoiaxeitocandounnecesita caldo de carne e non pode pasar 5 ou 6 horas agardando por el, algo que adoita acontecer, especialmente na aldea. Naturalmente, quen use este método desexará a gloria para o profesor. PEPE SENDÓN 25 anos de Troita Armada
  30. 30. 41 AHISTORIADECOMPOSTELA DENDEOSVIÑOSDOSSEUSBARRIOS D ende que aquel lugar da Gallaecia emprazado á beira da Vía XIX que comu‐ nicaba Braga con Astorga, por onde se instalou o achado do Bispo Teodemi‐ ro, impulsado dende o Rei Afonso II, como Santiago apóstolo... foise cons‐ truíndo Compostela coma un lugar de aluvión e tránsito de xentes. Máis alá do em‐ puxe de Xelmírez, a importancia dos irmandiños, da capitalidade dunha das sete provincias e cidade destacada do Reino de Galiza, da súa tradición universitaria e cultural... a importancia que foron tendo as xentes que moitas veces quedaban in‐ cluso fóra das murallas medievais foi determinante do que hoxe somos. Tanto é así que algún barrio tan importante coma San Pedro aínda é lembrado coma o barrio de “Fóra de Portas.” Historia de moitos que por aquí pasaron e quedaron. Esta é a visión que presentamos nesta publicación da sociedade cultural e gastronómica “A Troita Armada.” A visión de Compostela dende a diversidade dos que a fomos cons‐ truíndo. A visión do tempo coma uns viaxeiros que, a modiño, nos achegamos a no‐ vas descubertas. A ruta duns camiñantes que empregamos coma transporte un va‐ lioso produto da terra, felizmente elaborado pola cultura humana: o viño. Coa Troi‐ ta Armada e as nosas máis de 60 rutas de viños polos barrios de Compostela, des‐ cubrimos a importancia da xente do Val de Amaía ou A Barcala dende o Carme de Abaixo, ou xentes do Xallas dende Vista Alegre, de Arzúa e Melide dende San Pe‐ dro e San Lázaro, da Ulla dende O Castiñeiriño e A Pontepedriña... e de todos eles e todas elas no que hoxe xa é a comarca de Compostela. Sae a edición desta publi‐ cación (este texto veu a luz en formato de caderno ilustrado editado por A Troita Armada no ano 2005) no ano de Ánxel Casal, o noso editor e alcalde que, tamén viaxeiro, gobernou Compostela ata que o terror sanguinario nolo roubou. Sirva co‐ ma homenaxe para ele para todas as persoas boas e xenerosas ás que a barbarie levou. RÚA DE SANPEDRO Xa o Calixtino, ao enumerar as igrexas con que contaba Compostela no século XII fala da de san Pedro, que é abadía de monxes, sita xunto ao camiño francés. Refíre‐ se a san Pedro de Fóra, mosteiro do século IX que no XV se incorporou a san Mar‐ tiño empezando a súa decadencia. Derruído en 1839, as súas pedras serviron para enlousar a Quintana así como a calzada que vai da Porta Faxeira á Alameda. A ac‐ tual capela carece de todo interese dende o punto de vista artístico. Situado no ex‐ 25 anos de Troita Armada
  31. 31. 42 trarradio, fóra das murallas, ao seu arredor medrou o arrabalde de san Pedro, que de‐ beu a súa ventura á situación estratéxica que lle permitía albergar os peregrinos e ven‐ derlle as cunchas. Ao longo dos séculos XIV e XV sumáronselle outras moitas tendas, entre elas tafonas que a día de hoxe seguen a tradición. Cando a principios do XVII nos visitou o cardeal Xerónimo del Hoyo, deixou escrito que ao pé do mosteiro esta‐ ba a mellor fonte da cidade. Xunto coas Hortas era a arteria principal de entrada á ci‐ dade, tanto de persoas como de mercadorías, achándose a cotío moi concorrida de xente, carros e bestas. Como as rúas non estaban empedradas, o continuo trá co e as riadas causadas pola chuvia, deixaban as casas cos cementos ao descuberto “y en mu‐ chas partes ha menester subir a ellas dos o tres gradas y están muy peligrosas para se caer” (informe do Concello de 1542). Hoxe, cando non hai obras, está empedrada e seguen proliferando tendas do máis variado, pero os que fomos criados nesta rúa bo‐ tamos de menos o cabalo de Félix Vilas agardando que lle enchesen o carro de tixo‐ los e cemento para repartir polas obras; o Co olengo do padre Alegre, ao que sempre acudía algunha alma piadosa a depositar esmola pola rañura da porta; a panadería de Felisa, onde podía mercarse pan bregado e cornechos para os nenos; as chocolateiras María Lemos e Pepa a Pandela, que nos endozaban as merendas; Raquel a do ultra‐ marinos, un local enorme e mal alumeado. Tampouco se escoitan os lamentos dos porcos, asasinados nos baixos dalgunha casa para mantenza dos donos ou a súa ven‐ da ao público. Desapareceu tamén a escola de dona Mercedes, que no primeiro piso do número 44 (enriba do estanco) trataba de meter algo de instrución nas duras ca‐ bezas dos seus pupilos, unha lexión de rapaces entre os seis e os catorce anos. Segue sendo unha rúa onde se practican as obras de misericordia: nos moitos mesóns e ta‐ bernas dan de comer ao famento e de beber ao sedento, anque algúns clásicos como O Portal de Belén ou o Mosquito pasasen a mellor vida. BELVÍS Conta a tradición que os frades dominicos instaláronse en Compostela en 1219 co‐ incidindo cos visita de san Domingos, aínda que non existe documentación da pre‐ senza do santo. A fundación do convento das freiras dominicas empezou en 1305 can‐ do a piadosa Teresa González doou as súas pertenzas en Carnota para a edi cación dun mosteiro onde os pais mendicantes quixesen, e escolleron Belvís, lugar distante medio quilómetro de Santiago, no que habitaba o Arcediano don Nuno, quen tiña na entrada da casa unha imaxe da Virxe. En 1309 dona Constanza Fernández, viúva de Mariño, cedeu a Bonaval a metade dunha casa “ad construendum monasterium in Be‐ luis.” As obras do novo convento empezaron a bo ritmo e tres anos despois estaba to‐ do disposto para acoller ás voluntarias, pero non se presentou ningunha, de modo que o Provincial escribiulle a sor Velasquita, monxa de Zamora, que chegou acompañada de dúas hermanas. De gran axuda foi a achega feita por Juana Estévez e a súa lla Te‐ resa de todos os bens que tiñan no Bierzo. En 1340, grazas ás doazóns do bispo de León, Juan Ocampo, compostelán e antigo cóengo da nosa catedral, levantouse a igre‐ xa e consagrárona, xunto co convento, a Santa María. A imaxe de pedra da casa de don Nuno colocouse á entrada e alá foron indo os veciños a acender candeas. Eran tantos os devotos que as freiras decidiron meter á Virxe dentro da igrexa, pero ela gustaba de A Troita Continúa
  32. 32. 43 estar fóra, e así como a levaban para dentro saía cara o portal. En vista do prodixio, no ano 1639, edi couse co produto das esmolas unha capela para acubillala. Debaixo das escaleiras remanecía unha fonte de augas milagreiras que os labregos recollían en bo‐ tellas o día de san Pedro Mártir para, xa na casa e cunha póla de oliveira, asperxir ao gando. As trazas da reedi cación do mosteiro foron dadas en 1700 por frei Gabriel de las Casas e custeadas en 210.500 reais polo arcebispo Monroy. O retábulo maior é obra do mestre compostelán Alonso González e a nova igrexa débese a Casas Novoa. Durante anos, os composteláns máis larpeiros encargábanlle ás freiras tortas e pasteis para endozar as festas. Hoxe téñense que contentar con pastas e madalenas para mo‐ llar no café. Tamén resultaba moi concorrido o forno de Felisa, que tiña o despacho do pan na Rúa de San Pedro. As vésperas de días sinalados era un continuo ir e vir de mulleres levando empanadas e doces a cocer, mesmo había mandadeiras como Ma‐ rina, encargada de transportar as larpeiradas feitas por señoritas que non querían re‐ baixarse a cargar coas empanadeiras. SANLÁZARO Dende moi cedo, e dada a avalancha de peregrinos, Compostela preocupouse de ter hospitais onde acollelos e curalos. Con este propósito o arcebispo Xelmírez fundou un, con camposanto anexo, na Acibechería, nal do Camiño Francés, que se sostiña cos do‐ nativos dos propios peregrinos e parte das ofrendas da catedral. Ardeu en 1484, sendo levantado de novo por Fonseca, que lle engadiu unha portada tardorrománica. Cando os Reis Católicos construíron o Hospital Real, destruíuse o anterior, reutilizándose os restos –aínda hoxe recoñecibles– para edi car o muro de san Martiño Pinario. Do ve‐ llo hospital só queda en pé a vella portada, que Fernández Lechuga incorporou a me‐ diados do século XVII ao colexio de san Xerome. Espallados pola cidade, outros cen‐ tros asistenciais axudaban a mitigar as doenzas: Os de Xerusalén, Santa Cristina, Carre‐ tas (presentes hoxe no nomenclátur), san Andrés na Rúa do Vilar, san Miguel nas Ca‐ sas Reais ou san Roque, todos sitos intramuros. O terror ao contaxio da lepra levou a arredar os lazaretos das xentes. En Compostela, a caridade de catro almas pías -o cóen‐ goPedroPardo,opriordoSar,oricohomeAlfonsoAnayaeasúadonaAdosindaMenén‐ dez- posibilitaron a súa creación, en 1149, no barrio das Cabanas, antiga denominación deste lugar polas casas ruíns nas que moraban os pobres leprosos, desterrados a perpe‐ tuidade pois nin mortos podían abandonalo ao contar con cemiterio propio. Coas es‐ molas que os devotos deixaban edi couse a actual capela, rematada en 1947, que pasou a ser parroquia no ano 1969 separada da do Sar. Como lazareto atendeu enfermos ata o ano 1966. O nome Lázaro é de orixe aramea e vén signi car axuda de Deus. No Evan‐ xeo aparece na parábola do pobre cheo de feridas que senta debaixo da mesa do rico Epulón para aproveitar as migallas; pero por confusión identi couse co amigo de Xesús, irmán de Marta e María, razón pola que os lazaretos femininos estaban baixo a advoca‐ ción de santa Marta. A romaría celébrase o domingo de Paixón, quinto da Coresma. Cando esta era terra de labregos, moitos eran os que concorrían pedíndolle a sanación de feridas difíciles e poñendo os animais baixo a súa protección, de aí a doazón das uñas do porco, para que a carne chegase sa á salgadeira. Convertido o lazareto en Consellería de Agricultura, segue viva a tradición dos composteláns de ir comer as uñas. 25 anos de Troita Armada
  33. 33. 44 SAR O nacemento deste arrabaldo, como tantas cousas desta cidade, hai que relaciona‐ lo co bispo Diego Xelmírez, o primeiro grande urbanista de Compostela. Durante o seu señorío, que abrangue de 1100 a 1140, moitas foron as obras por el proxecta‐ das. Como non era o que se di un home modesto, encargou a tres persoas da súa con anza (Munio Alfonso, tesoureiro da catedral; o francés Hugo, arcediano e cóen‐ go e o mestre Xiraldo, de igual orixe que o anterior), a redacción dun rexistro para lembrar os seus feitos, obra coñecida dende o século XVIII co nome de Historia Compostellana, que ningún santiagués debería deixar de ler, xa que, por riba de re‐ sultar un relato de aventuras apaixonante, permite coñecer as orixes da nosa cida‐ de. A última edición ata o momento, Akal 1994, débese a Emma Falque Rey. Mu‐ nio Alfonso foi recompensado por Xelmírez co bispado de Mondoñedo, pero en 1134, farto dos abusos dos señores da zona, regresa a Compostela onde merca unha herdade nas marxes do Sar para entregarse á meditación xunto a outros santos va‐ róns baixo a regra de san Agostiño. Emprende entón as obras dunha igrexa que, a súa morte, o 26 de xuño de 1136, estaba sen rematar, de modo que lla encomenda ao seu bispo Xelmírez, quen levou a cabo a consagración o 1 de setembro do mes‐ mo ano coa asistencia dos prelados de Braga e León. As obras continuaron duran‐ te algún tempo, o que explica a existencia de motivos vencellados ao obradoiro do mestre Mateo. Foi este lugar de retiro escollido por moitos cóengos sen perder por iso os seus privilexios. Dotada como parroquia, o seu territorio estendíase da Vía Francorum (rúa de san Pedro) á Vía pro ad Velegiam, na estrada de Pontevea. En 1548 pasa a ser colexiata. A fábrica de tres naves e tres ábsidas padeceu de sempre defectos de construción debidos á pantanosidade do terreo onde asenta e que de‐ ron lugar á inclinación que a fai tan singular. En 1500 abríronse as naves e en 1732, houbo que so cala e reedi cala de novo. Os muros laterais exteriores, apoiados en botareus, foron reforzados no século XVIII con arcobotantes. A última interven‐ ción levouna a cabo o arquitecto Ferrant en 1935. No ano 1895 recibiu a declara‐ ción de Monumento Nacional. No interior pódense contemplar interesantes laudas e sepulcros con xacentes. O máis antigo, encostado ao muro sur, corresponde ao bispo Bernardo II, quen mudou a mitra polo retiro, falecendo no Sar en 1240. Can‐ do en 1711 se abriu a sepultura, o corpo e as vestiduras atopábanse incorruptas. In‐ teresante é o seu claustro do século XIII, que conserva partes románicas. ENSANCHE No percorrido feito en 1706 polo cardeal del Hoyo encontra unha cidade cercada por boa muralla con oito portas, algún edi cio de boa cantería, casas antigas mal traçadas, rúas afeadas por soportais, outras pésimamente empedradas con lastras desiguais e mal postas. Pouco mudara Compostela cando en 1780 se aproban polo Real e Supremo Consello da S.M. Carlos III as Ordenanzas de Policía Urbana de Santiago, redactadas por Miguel Ferro Caaveiro e corrixidas polo arquitecto maior do Reino Ventura Rodríguez, que estarán en vigor ata 1908, data na que se aproban novas ordenanzas municipais. Nese momento pódese dicir que convivían dúas ci‐ dades: a monumental, cos seus magní cos edi cios pétreos rodeados de amplos es‐ A Troita Continúa
  34. 34. 45 pazos, e a ocupada polos veciños que habitan casas de pallabarro, en rúas estreitas e malcheirosas, sen luz, alcantarillado nin pavimento. A estes desafíos enfróntase o Concello coas Ordenanzas na man. Tendencia urbanística propia do XIX é a desa‐ parición das murallas que circundaban as urbes. A súa nula utilidade xunto coa ne‐ cesidade de expansión conduce a desfacerse dese cinto constrinxidor. En Santiago, a partir de 1835, prodúcese a caída das portas excepto a de Mazarelos, unida a un forte impulso gobernamental para a construción de vías de comunicación. Os pla‐ nos de 1860 e 1864 clasi can as estradas, determinan competencias e obrigas do Es‐ tado fronte aos concellos. A desaparición da muralla vai facilitar, na segunda meta‐ de do XIX, o trazado de estradas xerais que comunican Santiago coas catro provin‐ cias. Ata o Estatuto de Calvo Sotelo de 1924 non aparecen na lexislación de Réxime Local normas relativas á tutela de valores Históricos-Artísticos. Nese ano, o Regula‐ mento de Obras, Servizos e Bens Municipais sinala no artigo 104 o respecto aos tra‐ zados dos edi cios con estes valores nos proxectos de ensanche, extensión ou refor‐ ma interior das poboacións. Estas novas normas construtivas van pre gurar a ten‐ dencia de abrir as cidades. As Leis de Ensanche de 1864 e 1878 serán os marcos que permitan tales cambios. A mentalidade ensanchista re íctese en xornais como El Eco de Santiago, pero estas ansias limitaranse ao espazo histórico, de xeito que non pode falarse dun ensanche ata anos despois. Ábrense rúas extramuros, cunha tipoloxía edi‐ licia baseada nos modelos do casco monumental, que actúa de zona de respecto. Su‐ primidos murallas e soportais, imposto un novo trazado lineal e o achafamento nas esquinas, o seguinte paso será o derrubo de mazás enteiras para crear espazos máis amplos, a apertura de novas prazas e a construción de escalinatas para salvar desni‐ veis. O aumento de edi cios no século XIX foi espectacular, pasándose de 3.931 in‐ mobles en 1800 a 6.314 en 1886. O 2 de novembro de 1898 o Concello acomete un plan de ensanche en terreos ubicados ao Sur, aprobado o 14 de novembro de 1900. En 1926 consígnanse 1.000.000 de pesetas para facer fronte a posibles expropiacións. O B.O de 8 de setembro de 1931 publica a aprobación do plano, cun orzamento de 1.624.350 pesetas para urbanización e 1.795.377 destinadas a expropiacións. Des‐ pois dalgún intento nos tempos da II República, será a partir de 1946 cando se aco‐ meta de nitivamente o Ensanche compostelán. SENRA Emblemática rúa sita extramurallas da que temos noticias dende tempos antigos, debe o seu nome ao seu carácter agrícola (senra en galego é terra de cultivo). Can‐ do a nais do XIX empeza a febre de mellora das comunicacións, emprendéronse aquí as primeiras obras, rematadas en 1842. Ata que en 1972 o impulso do trá co obrigou a construción dunha estación de autobuses, a Senra acollía as diversas em‐ presas de viaxeiros encargadas de transportar xente por toda Galicia, entre elas o Castromil, co seu emblemático edi cio, concibido nun principio como café Qui‐ qui, un dos máis elegantes cos que contou a cidade. Encargado en 1922 polo vigués Muguín ao arquitecto González Villar, moi in uenciado polo modernismo, que de‐ cide utilizar por vez primeira en Galicia o cemento armado para a totalidade da cons‐ trución. En 1929 foi mercado pola familia Castromil e derrubado, nun sensentido, 25 anos de Troita Armada
  35. 35. 46 en 1975. Non foi esta a única desfeita levada a cabo nesta rúa. En 1913 derruíuse a antiga Casa da Inquisición, proxectada por Casas Novoa en 1729 para, no seu solar, ubicar primeiro o garaxe La Unión, posteriormente o teatro Royalti e, en 1926, un hotel de luxo do que carecía a cidade (o Hospital dos Reis Católicos pasou a ser Pa‐ rador en 1953). A idea partiu dun grupo de xente constituída en sociedade que lle encarga os planos ao arquitecto vigués Cominges Tapias. Inaugurado en 1930, o Ho‐ tel Compostela foi por antonomasia o máis importante, como se re icte no libro de visitantes: Eva Perón, Eduardo de Inglaterra, etc. e tamén, durante moitos anos, o lu‐ gar escollido polos composteláns para celebrar a súa voda. Outro hotel de primeira categoría instalado nos números 8-10 desta rúa foi o Argentino, aberto por Francis‐ co Rey en 1909 e rexentado logo polo seu llo Gumersindo. Dotado de 27 cuartos exteriores, entre os seus servizos contaba cun coche de 12 prazas encargado de re‐ coller aos viaxeiros que chegaban por tren á estación de Cornes. No ano 1947 ven‐ deuse á familia Domínguez, que o mantivo aberto ata 1977. O hotel tiña unha sucur‐ sal na esquina con Fonterrabía que posteriormente funcionou como café-cantante e no que, ante o numeroso público, diversas cupletistas acompañadas polo violinista Ángel Estévez e o pianista Ángel Brage, degrañaban o mellor do seu repertorio. FRANCO Este vicus ancorum é, xunto á rúa da Raíña, un dos topónimos máis antigos do Locus Sancti Iacobi e parece ter relación cos cambeadores e hosteleiros que nela se instalaron, moitos deles franceses que desde moi cedo chegaron a través de Padrón seguindo a vía romana de Iria. O primeiro compostelán coñecido é Bretenaldo Franco, citado nun do‐ cumento do ano 995 de doazón de bens do bispo Sisnando II e os seus pais a favor do mosteiro de Sobrado, entre os que gura unha corte “in suburbio patronis nostri Beati Iacobi apostoli, loco predicto Compostelle,” que o galo edi cara coas súas mans. É pro‐ bable que a vinda deste estranxeiro coincidise co privilexio de Ordoño II do ano 915 no que, a máis de ampliar o xiro ata doce millas arredor da igrexa de Santiago, convertía o anterior, de tres millas, nun arrabaldo da cidade e establecía que calquera que nel per‐ manecese corenta días sen ser reclamado como servo tornaríase home ceibe. No que respecta á Raíña,a pesar da crenza popular dequedebea súa toponimia á visita en1325 da raíña Santa Isabel de Portugal, o certo é que moito antes xa se coñecía esta denomi‐ nación. No Tumbo C guran dous documentos, un datado o 25 de maio de 1166 no que Guillerme Peres vende ao cóengo Diego Peres un quiñón nunha vivenda de Fonte Regina. Outra carta de venda de 12 de xuño de 1235, fálanos da transacción dunha ca‐ sa en Fonte Regina, “sita inter alliam domum quae fuit Martini, et ex alie parte congus‐ tram qua itur advillare et ad Fonte Franci”. O máis probable é que a tal raíña fose Urra‐ ca, propietaria de varias moradas, entre elas unha terrea na rúa do Vilar, que doou a San‐ tiago. Por estas rúas seguen hoxe pululando veciños e peregrinos na procura do confor‐ to corporal, aínda que se boten a faltar personaxes como o egmático Alfredo, o do 42, sempre coa xerra de plástico na man para encher ducias de tazas ao longo do día; ou Carmen la del Bombero e as súas famosísimas tortillas. Por certo que no actual estable‐ cemento, que nada ten que ver coa fundadora, campa un letreiro no que gura o ano 1929 como data de apertura, nxindo unha saga coa n de atraer incautos. A Troita Continúa
  36. 36. 47 PELAMIOS Un dos o cios tradicionais de Compostela foi o dos zapateiros. Xa a Compostellana recolle un decreto dado polo arcebispo Xelmírez sobre os prezos das mercadorías pos‐ tas á venda en Praterías, entre os que guran borceguíns de pel de cabra por dezaoito soldos ou boas botas por dous soldos, prohibindo a venda de peles aos barcos que arribaban ás nosas costas. A fabricación de calzado ía unida ás tenerías ou pelamios, artesanías mal consideradas pero moi lucrativas, coincidindo por veces nunha mes‐ ma persoa ambos o cios, se ben na maioría dos casos tratábase de desempeños inde‐ pendentes. Eran numerosos os que se dedicaban ao o cio intramuros, co conseguin‐ te problema hixiénico, posto que as pías, por ende de causar moito fedor, regaban as hortas onde se cultivaban verduras e os “pelos de los bois e de los otros animales que morían de suyo o de rabia o de pestilencia, se hallaban pegados en las coles e verças e rábanos e en todas las otras hortalizas” causando doenzas, mortes e pestes, como si‐ nala o Concello en 1503, para decretar acto continuo a prohibición de pelamios den‐ tro da cidade, obrigando a situalos onde non xesen dano nin puidesen regar horta, baixo multa de dez mil maravedís. Non é difícil dilucidar de onde lle vén o nome ao barriodos Pelamios.Esta industria docurtidochegou a ser a máis importantena Com‐ postela do século XIX, dominada polo vasco Juan Harguindey Broussain, que funda en Picaños a primeira fábrica. Posteriormente merca La Guadalupe, situada en Vite. O seu llo, de igual nome, amplía as posesións mercando a do Carme de Abaixo e, en 1893, a de Lavacolla. A prosperidade do negocio permitiulle adquirir en 1905, por 87.500 pesetas de entón, o pazo que o Conde de Ramiranes tiña no número 44 da Rúa Nova construído no solar onde se asentara o Estudio Viejo, berce da universida‐ de e posteriormente o Colexio dos Irlandeses. Harguindey e o conde eran vellos ami‐ gos pois, xunto con outros lántropos, fundaran en 1891 a popular Cociña Económi‐ ca. Co novo século os curtidos deixaron de ser rendibles e a familia foise desprenden‐ do das fábricas, conservando unicamente a de Guadalupe, expropiada en 1960 can‐ doseconstruíuopolígonodeVite.Pertodoregatoqueatravesaobarrio,entrePelamios e Vista Alegre, levantouse arredor de 1500 a capela da Virxe da Fonte, que debe o no‐ me ao manancial que alí bota. Ata a Desamortización de 1835 pertenceu ao mostei‐ ro de san Martiño Pinario e hoxe á parroquia de san Xoán Evaxelista. En 1880 Fer‐ nández Sánchez e Freire Barreiro deixaron escrito: “A roupa que branquea nas silvas, as hortas e milleirais do val e á vista da cidade… dan alegría a aqueles sitios e razón ao nome do barrio.” CARME DE ABAIXO As portas das murallas servían de entrada e comunicación con diversas poboacións, máis alá estendíanse rueiros, un dos elementos históricos que constitúen o carácter de Compostela e potencian a ligazón cidade-campo aínda visible na actualidade. Un bo exemplo pode ser este barrio con gurado arredor dunha capela, un muíño e unha ponte. Os séculos XVII e XVIII foron especialmente ricos na formación de confrarías constituídas baixo diversas advocacións. En 1749 créase a da Nosa Seño‐ ra do Carmo e, ao ano seguinte, empezan as obras da capela, na ponte do Arcebis‐ po, con trazas de Fernández Sarela, que contan co apoio entusiasta da veciñanza po‐ 25 anos de Troita Armada

×