Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Bases X edición "Carro de Prata" 2017

49 views

Published on

Bases do galardón "Carro de Prata" e formulario de presentación de candidatura (que debe ser enviado por mail a dirección: comunicacionascm@gmail.com).

Published in: Education
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

Bases X edición "Carro de Prata" 2017

  1. 1. BASES “X EDICIÓN: PREMIOS CARRO DE PRATA 2017” O premio Carro de Prata foi instaurado con carácter honorífico pola Asociación Sociocultural ASCM no ano 1997. Cunha periodicidade bienal, ten como finalidade recoñecer e galardoar a aquelas entidades ou persoas que se distinguiron polas suas accións a prol do colectivo de persoas con discapacidade dentro da comarca de Ferrolterra, tanto no campo da accesibilidade como no ocio e tempo libre, deporte, integración social, cultural, laboral, investigación, etc. 1. A Asociación Sociocultural ASCM quere premiar, con carácter exclusivamente honorífico, ás entidades tanto públicas como privadas, asociacións ou persoas, que se distinguiran polas súas accións a prol das persoas con discapacidade, ou ben que destacaran polo seu labor de apoio na integración social, cultural ou laboral deste colectivo. 2. O Premio Honorífico concédese á proposta de calquera persoa ou organismo. Aqueles que consideren que unha determinada entidade ou persoa física é merecedora deste premio por coñecer a súa destacada tarefa, poderán enviar a candidatura por email na dirección: comunicacionascm@gmail.com e efectuar a proposta correspondente, aportando a información que acredite os méritos para optar ao premio. A "ASCM" poderá, así mesmo, presentar as candidaturas que estime oportunas ao xurado para o seu estudio e consideración. 3. Os candidatos ó premio terán que ter desenvolvido o seu labor dentro do marco xeográfico da comarca de Ferrolterra. 4. O xurado, aínda por confirmar, estará composto por personalidades relevantes do sector, representantes dos medios de comunicación, un máximo de dous integrantes da ASCM e representantes políticos. 5. O xurado do premio analizará e valorará as actividades e logros acadados. No exercicio da súa función o xurado poderá pedir asesoramento e recadar a información complementaria que estime procedente. A actividade do xurado non será retribuída. En caso de empate, será o presidente da ASCM quen decida. 6. O prazo de admisión de propostas farase público aos medios de comunicación comarcais e rematará o mércores 1 de novembro de 2017.
  2. 2. 7. Unha vez cumprido o prazo de admisión de propostas, a información sobre os candidatos será enviada a través de correo electrónico ós membros do xurado. O premiado será elexido nunha reunión o día 14 de novembro na sede ferrolana da asociación. A proclamación do premiado terá lugar o día 26 de novembro durante a Gala Institucional 30ºAniversario. 8. As decisións do xurado referentes a todo o proceso de concesión serán inapelables.
  3. 3. PRESENTACIÓN CANDIDATURA “X EDICIÓN: PREMIOS CARRO DE PRATA 2017” PERSOA QUE PROPÓN A CANDIDATURA    Nome da entidade/persoa que propoñe a candidatura: ___________________________________    Teléfono de contacto: ____________________ Enderezo electrónico:____________________________      PERSOA  PROPOSTA PARA A DISTINCIÓN    Nome da entidade/persoa proposta para a distinción: ____________________________________    Ámbito: (marque a opción que corresponda)          Accesibilidade               Ocio                   Deporte                         Integración social                Cultural                           Laboral              Investigación                 Outro: _________________       Datos máis relevantes e méritos da entidade/persoa proposta: (pode continuar noutra folla se é necesario)                                    *A presentación desta candidatura supón a aceptación plena e incondicional das bases do galardón “Carro de plata”.  De  conformidade  ó  disposto  na  LO  15/1999  de  Datos  de  Carácter  Persoal,  informámoslle  que  os  datos  de  carácter  persoal  recollidos  neste  documento  forman  parte  dun  arquivo,  propiedade  da  ASOCIACIÓN  SOCIOCULTURAL  ASCM,  cuxa  finalidade  é  atender  a  xestión  solicitada.  Vostede  poderá  exercer  os  dereitos  de  acceso,  rectificación,  cancelación  u  oposición,  segundo  o  disposto na lei, poñéndose en contacto co noso Dpto. de Dereitos ARCO na Dirección: C/ San Roque y Ánimas Bloque 2, Baixos 18‐ 19, 15403 Ferrol (A Coruña). 

×