ud6

275 views
201 views

Published on

Published in: Education
0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
• Be the first to comment

• Be the first to like this

No Downloads
Views
Total views
275
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
5
Actions
Shares
0
Downloads
4
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

ud6

1. 1. Os servizos. O desenvolvemento do turismo 1. As actividades terciarias 2. O sector terciario no mundo de hoxe 3. Un exemplo de servizo social b á sico: a sanidade 4. O turismo 5. Os efectos do turismo 06
2. 2. Introduci ón

O sector terciario ou sector servizos inclúe a educación, a cultura, a sanidade, o comercio, o transporte, a banca, etc. Serve para mellorar a calidade de vida das persoas.

O sector terciario foi o último sector en desenvolverse, pero ao mesmo tempo, é o que na actualidade adquiriu maior importancia, sobre todo nos países ricos.

06
3. 3. 1. As actividades terciarias

1.1. Qu e é o sector terciario

1.2. A diversidade do sector servizos

1.3. Os servizos e os cambios sociais recentes

06
4. 4. 1.1. Qu e é o sector terciario

O sector terciario é o sector económico que inclúe as actividades que non producen bens materiais . Préstanlle servizos á poboación.

Nos países industrializados o sector terciario foi medrando en importancia, tanto polo número de traballadores que ocupa como pola riqueza que xera.

Na actualidade, é o sector económico predominante.

06
5. 5. 1.2. A diversidade do sector servizos

O sector terciario caracterízase pola gran diversidade de actividades que abrangue: sanidade, educación, turismo, comercio, transportes, etc.

A máxima expansión do sector terciario acadouse coa sociedade da información , que produciu o desenvolvemento técnico e científico, a mundialización da economía, etc . Fálase de revolución do terciario .

O conxunto das actividades relacionadas coa técnica e a ciencia forma parte do sector terciario superior ou cuaternario .

Hai un sector terciario banal dedicado a traballos que esixen pouca preparación e están mal remunerados: servizos de limpeza, venda ambulante, etc.

06
6. 6. 1.3. Os servizos e os cambios sociais recentes

Os servizos tamén se multiplican para lles dar resposta aos cambios sociais recentes .

O aumento da esperanza de vida fai necesarios unha serie de servizos relacionados co coidado das persoas maiores ou dependentes .

A incorporación da muller ao mundo laboral fai urxente a creación de escolas infantís e de servizos que faciliten o traballo doméstico.

A redución da xornada laboral e as vacacións pagas explican a oferta de actividades de lecer e a importancia do sector turístico.

06
7. 7. 2. O sector terciario no mundo de hoxe 2.1. Caracter ísticas

Na actualidade as actividades do sector terciario caracterízanse por :

Seren moi heteroxéneas , non soamente pola variedade de servizos que existen ou pola cualificación do persoal , senón tamén polo tamaño das empresas que os ofrecen.

Seren actividades intanxibles e inmateriais .

Seren actividades imposibles de almacenar .

Estaren situadas preto do consumidor .

Teren un nivel de mecanización relativamente baixo .

Seren actividades en expansión en todos os países do mundo.

Estaren desigualmente repartidas .

06
8. 8. 2. O sector terciario no mundo de hoxe 2.2. Clasificaci ón

Existen diversas formas de clasificar as actividades terciarias. Unha delas organízaas en catro grupos:

Os servizos sociais agrupan as actividades vinculadas á administración, á educación, á sanidade, etc.

Os servizos de distribución agrupan as actividades relacionadas coa circulación de persoas, bens e información.

Servizos ás empresas .

Os servizos ao consumidor están relacionados co comercio polo miúdo, a hostalaría, lecer, reparacións e instalacións, etc.

06
9. 9. Clasificaci ón das actividades terciarias 06
10. 10. 3. A sanidade 3.1. A mellora da esperanza de vida

Ao longo do século XX a poboación mundial aumentou de xeito considerable porque en moitos países baixou a mortalidade infantil e aumentou a esperanza de vida. Estes progresos debéronse a diversas razóns:

Unha mellor alimentación grazas aos progresos na agricultura.

As melloras na hixiene .

O descubrimento de remedios eficaces , como vacinas e antibióticos, para combater epidemias e doenzas.

06
11. 11. 3. A sanidade 3.2. A sanidade como servizo

A sanidade é un servizo social básico . Todas as persoas teñen dereito a recibir asistencia médica. Pero este dereito, polo xeral, unicamente o poden exercer os habitantes dos países desenvolvidos.

En moitos países o dereito á saúde garánteo o Estado . Unha parte dos impostos destínase a organizar o servizo de sanidade.

06
12. 12. 3. A sanidade 3.3. Sa ú de e riqueza

O nivel económico dun país determina, en gran medida, o número e a calidade dos seus servizos sanitarios.

Os países pobres carecen con frecuencia dos servizos sanitarios básicos e sofren os estragos de enfermidades transmisibles e infecciosas.

Os países ricos dispoñen, cada día máis, de avanzados medios científicos e tecnolóxicos para combater certas doenzas. Nestes países, así e todo, aumentan as enfermidades do estilo de vida derivadas de formas de vida pouco saudables.

06
13. 13. 4. O turismo 4.1. Causas do desenvolvemento do turismo

Unha das actividades do sector terciario que coñeceu un maior crecemento nos países ricos é o turismo . O crecemento débese a estes factores:

A xeneralización da semana laboral de cinco días , que dá lugar a unha longa fin de semana, e dun período de vacacións pagas ao ano , polo que aumenta o tempo de lecer.

A sociedade do benestar, ao cubrir as necesidades básicas e asegurarlles aos traballadores pensións de invalidez e de vellez , liberou os traballadores do aforro de previsión. Estes, como consecuencia, poden entrar na sociedade de consumo.

A xeneralización do uso do automóbil e a mellora da rede viaria.

06
14. 14. 4. O turismo 4.2. Os desprazamentos tur ísticos

Os centros emisores de turismo adoitan ser as grandes cidades ou áreas urbanas desde onde as fins de semana e, sobre todo, durante o verán, saen moitas persoas.

Os fluxos turísticos diríxense cara a núcleos receptores que, segundo a distancia, son de diversos tipos:

Núcleos turísticos próximos, situados nun raio de ata 200 quilómetros de distancia dos centros emisores .

Núcleos turísticos intermedios, situados nun raio de ata 2000 quilómetros dos centros emisores .

Núcleos turísticos afastados, situados a partir de 2000 quilómetros dos centros emisores .

06
15. 15. 4. O turismo 4.3. A importancia econ ómica do turismo

O turismo xera a creación e expansión de empresas e servizos : compañías aéreas, axencias de viaxes, cadeas hoteleiras, empresas de animación, etc .

Estas empresas, asemade, proporcionan numerosos e diversificados postos de traballo: camareiros, guías turísticos, comerciantes, etc .

Os turistas adoitan gastar os seus cartos nos lugares de destino: desprazamentos, aloxamento, actividades de lecer e diversión…, deixando beneficios no país.

Nos países pobres, o sector turístico adoita estar en mans de grandes empresas tour operadoras e de transportes internacionais, con sedes nos países desenvolvidos.

06
16. 16. 4. O turismo 4.4. Os efectos do turismo

Factores positivos do turismo. O turismo representa para un país ingresos elevados, crea moitos postos de traballo, dinamiza outros sectores económicos, permite o contacto con outras culturas e facilita a aprendizaxe de novas linguas.

Factores negativos do turismo. O turismo tamén contribúe ao aumento dos prezos, incrementa a especulación do solo, enriquece a grandes empresas e moitos dos traballadores que crea son de pouca cualificación e están mal remunerados.

O turismo tamén provoca grandes impactos ambientais: alteración da costa ao construír portos, contaminación da auga…

06
17. 17. O turismo no mundo 06