• Share
  • Email
  • Embed
  • Like
  • Save
  • Private Content
2º Cancioneiro CEIP Espiñeira-Aldán
 

2º Cancioneiro CEIP Espiñeira-Aldán

on

  • 527 views

 

Statistics

Views

Total Views
527
Views on SlideShare
527
Embed Views
0

Actions

Likes
0
Downloads
2
Comments
0

0 Embeds 0

No embeds

Accessibility

Categories

Upload Details

Uploaded via as Adobe PDF

Usage Rights

© All Rights Reserved

Report content

Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
  • Full Name Full Name Comment goes here.
    Are you sure you want to
    Your message goes here
    Processing…
Post Comment
Edit your comment

    2º Cancioneiro CEIP Espiñeira-Aldán 2º Cancioneiro CEIP Espiñeira-Aldán Document Transcript

    • 2.º CANCIONEIROC.E.I.P. ESPIÑEIRA-- -ALDÁN CURSO2011-2012
    • Cancioneiro Curso 2011-2012 Espiñeira-Aldán ÍNDICEPresentación ............................................................................. ..31. “Para que”— CD Pista 1 — .................................................. ..32. “O tren”— CD Pista 2 —...................................................... ..43. “Os números”— CD Pista 3 — ............................................ ..44. “Gaivota”— CD Pista 4 — ................................................... ..55. “Os instrumentos” — CD Pista 5 — .................................... ..56. “Parabéns para ti” — CD Pista 6 — ..................................... ..67. “As partes do corpo” — CD Pista 7 — ................................. ..68. “Amiguiños todos” — CD Pista 8 — ................................... ..79. “A pulga na palla” — CD Pista 9 — ..................................... ..810. “Os nosos Reis de Aldán” — CD Pista 10 — ....................... ..911. “O xogo da carrasquiña” — CD Pista 11 — ......................... 1012. “O meu burriño” — CD Pista 12 — .................................... 1113. “O noso Maio de Aldán” — CD Pista 13 —......................... 1214. “Fago unha roda grande” — CD Pista 14 — ....................... 1315. “Tamaños” — CD Pista 15 —.............................................. 1316. “A saia da Carolina” — CD Pista 16 — ................................ 1417. “O vello mentireiro” — CD Pista 17 — ............................... 1518. “Alalá da noite” — CD Pista 18 — ...................................... 1619. “O gato”— CD Pista 19 — .................................................. 1720. “Ollos verdes””— CD Pista 20 — ........................................ 1821. “Ven bailar Carmiña”— CD Pista 21 — ............................... 18 2
    • Cancioneiro Curso 2011-2012 Espiñeira-Aldán PRESENTACIÓNDespois de avaliar como moi positiva a actividade do pasado curso, acordamos continuar afon-dando neste proxecto que chamamos Ao galego cantando (e danzando) con alegría, con bo hu-mor, con amor.... Entre outros, temos como obxectivo fomentar a oralidade de moitos xeitos,destacando a busca e posterior aprendizaxe de coplas, cantigas, recitados, xogos orais… xaque queremos contribuír no que poidamos a que este marabilloso patrimonio cultural, que ademaispode enchernos de ledicia, non vaia a menos ou remate por desaparecer.Queremos agradecer o labor desenvolvido neste campo por moitas persoas. Recollendo propos-tas, moitas das cantigas, non todas, son asimilables por todos os compoñentes da comunidadeescolar, especialmente dos máis novos. Lembrámonos e falamos coa xente de “Preescolar naCasa” para poder incluír algunhas coplas sinxelas que tiñan recollido. O que vai despois dalgúnstítulos son simplemente ideas de cómo facer. Seguimos agradecendo propostas para completar,adaptar, corrixir… Os debuxos realizados pola comunidade escolar son sinxelos coa idea de quecada membro do alumnado poida colorealos como máis lle guste, despois de coñecer o que di aletra da canción. Incluímos tamén algunhas cantigas do libro+cd+dvd “Na punta do pé” de Pesde-lan (ed. Kalandraka), pois este é o que escolleron para traballar, entre outras razóns pola boa expli-cación das danzas no seu dvd, un numeroso grupo de profesores de música da comarca, e temosproxectada unha festa para a lingua no mes de maio onde queremos que todo o alumnado dosdistintos centros cante e baile algunha destas cancións segundo as súas idades.Comprobado que podemos pasalo ben aprendendo cantigas, soltándonos e mellorando a oralidade,se o tempo e as forzas para traballar acompañan, temos en mente seguir afondando neste proxecto,coas modificacións que fose necesario introducir despois da correspondente avaliación. Que vossiga sendo de proveito! PARA QUEMentres cantamos, imos facendo os diversos xestos que indica a canción.Para que teño as dúas mans, Para que serven os meus pés,dúas mans, dúas mans. os meus pés, os meus pés.Para que teño as dúas mans, Para que serven os meus pés,dúas mans. os meus pés.As dúas mans para petar, Os meus pés son para saltar,e pintar e xogar. e correr e xogar.As dúas mans para petar Os meus pés son para saltar,e xogar. e xogar. 3
    • Cancioneiro Curso 2011-2012 Espiñeira-Aldán O TRENA nosa experiencia ensínanos que ao alumnado de E.I. e 1.º ciclo de E.P. encántallemoverse como un tren xogando con esta cantiga, aínda que ao principio haxa queter coidado que non estean achegados, sobre todo, cando van ir cara atrás comonos indica a letra. Deixámoslle tempo mentres observemos que seguen gozando.O tren chu cu chu cu chu cu,o tren chu cu chu cu chu.O tren chu cu chu cu chu cu,o tren chu cu chu cu chu.Cara adiante… cara atrás...Este tren toliño vai.Cara adiante… cara atrás...Corre e corre sen parar.O tren chu cu chu cu chu cu, …(podemos repetir varias veces mentres com-probemos que lles gusta. Co alumnado deE.P. podemos xogar ademais cara á dereita,esquerda...) OS NÚMEROSOs nenos e as nenas andan mentres cantan, cando rematan a estrofa contan un. Lo- go volven empezar contando dous, tres, catro, cinco, seis, sete, oito... Andando, andando, andando, andando sen parar, conto ata un e volvo a empezar. ¡UN! Andando, andando, andando, andando sen parar, conto ata dous e volvo a empezar. ¡UN, DOUS! Andando, andando, andando, andando sen parar, conto ata tres e volvo a empezar. ¡UN, DOUS, TRES!... 4
    • Cancioneiro Curso 2011-2012 Espiñeira-Aldán GAIVOTA (Tradicional desta zona: Nenas e nenos do centro)-Gavota, gavota,que levas no bocho?-Sardiñas asadas.-Quen chas asou?-María Coucou.Pasou polo ríoe non se mollou.-Arau, arau,cabeza de pau,-Tisón, tisón,para o Salgueirón. OS INSTRUMENTOSMentres cantamos, imitamos os movementos facendo que tocamos os distintos ins-trumentos que van saíndo. Pódemos completar máis estrofas con outros diferentes.Mirade como toca Mirade como tocao meu violín, a miña guitarra,ñigu ñigu ñi, ram ram ram,ñigu ñigu ñi, ram ram ram,mirade como toca. mirade como toca.Mirade como toca Mirade como tocaa miña gaita, o meu bombo,tiru liru li, bum bum bum,tiru liru li, bum bum bum,mirade como toca. mirade como toca. ...Mirade como tocaa miña trompeta,tara tara tá,tara tara tá,mirade como toca. 5
    • Cancioneiro Curso 2011-2012 Espiñeira-Aldán PARABÉNS PARA TI Para cantarlle o día do seu aniversario á persoa que cumpre anos.Parabéns para tinesta data querida,moitas felicidades,moitos anos de vida.Saudámoste a tinesta data querida,moitas felicidades,moitos anos de vida. AS PARTES DO CORPOPara aprender as distintas partes do noso corpo, desde a área de coñecemento domedio ou educación física, imos facendo o que nos indica a letra da cantiga. Soecantarse a modo de eco, aínda que, como sempre, podemos axeitala á nosa maneira.Podémola continuar dicindo cada participante unha nova parte, ben atentos á quedin os demais para non repetir, ou tamén, o monitor pode seguila cantando aquelaspartes que quere repasar: os distintos órganos dos sentidos, músculos, ósos, articu-lacións...Eu movo a cabeza, (bis)eu toco a cintura, (bis)logo bato as manse o final os pés.Eu toco o pescozo, (bis)e tamén os brazos (bis),logo bato as manse o final os pés.Eu toco as orellas, (bis)e tamén os ollos (bis),logo bato as manse ao final os pés.... 6
    • Cancioneiro Curso 2011-2012 Espiñeira-Aldán AMIGUIÑOS TODOSComezamos todos en roda, andando en círculo. Os anacos de texto destacados indi-can diversos movementos: en “os nenos de aquí” xuntámonos e logo volvemos paraatrás á roda grande. No resto facemos xestos de acordo co que cantamos. Todo istopódense variar se se estima conveniente. Con letra de X. Neira Vilas, pode servir-nos para distintas celebracións: dereitos humanos (dereitos do neno), día da paz...Amiguiños todos,amiguiños xa,os nenos de aquíe os nenos de alá.Os nenos do mundotodos a cantara unha mesma voz,collidos da man.Amiguiños todos,amiguiños xa,os nenos de aquíe os nenos de alá.Roda de sorrisosdende mar a mar,corazóns abertos,ollos de amigar.Amiguiños todos,amiguiños xa,os nenos de aquíe os nenos de alá. 7
    • Cancioneiro Curso 2011-2012 Espiñeira-Aldán A PULGA NA PALLAComo di o retrouso“Imos todos aprender os oficios a facer”, dun xeito moi lúdicopasándoo moi ben mentres aprendemos, cantamos, dramatizamos...A pulga na palla Agora, “mi vida”,quíxose casar, roupiña xa temos,faltáballe o pan, fáltannos gaiteiros,onde o foi buscar?... onde os buscaremos?...Saíu o raposo E saíu o grilodetrás do toxeiro. ai!, do seu grileiro.Chamádeme a min, Chamádeme a min,que eu son panadeiro. que eu serei gaiteiro.Imos todos aprender Imos todos aprenderos oficios a facer. os oficios a facer.Agora, “mi vida”, Agora, “mi vida”,panciño xa temos, gaiteiro xa temos,fáltanos a roupa, Fáltannos danzantesonde atoparemos?... onde os buscaremos?...Saíu, ai!, a araña E saíu o sapo,da súa arañeira. por moi abundante.Chamádeme a min, Chamádeme a min,que eu son tecedeira. que eu serei danzante.Imos todos aprender Imos todos aprenderos oficios a facer. os oficios a facer. 8
    • Cancioneiro Curso 2011-2012 Espiñeira-Aldán OS NOSOS REIS DE ALDÁN (Tradicional de Aldán, recuperada e interpretada pola comunidade escolar)Bando 1: Bando 2:Boas entradas de Reis De Oriente saen tres Reisteñan vosas señorías por unha estrela guiadostoda a xente da casa entran por Xerusaléne a de máis compañía. (bis) e a voces van preguntando. (bis)Vivan todos os señores No parto polo que obrouque viven neste palacio o divino ” espírito” santoque xa naceu o meniño mandaredes dar os reisnoso remedio e amparo. (bis) os do sombreiro encarnado. (bis) Remate:A honra deste misterioseñora de o aguinaldo. (bis)Se nos ha dar a esmolaseñora ama desta casase nos ha dar a esmolamándea pola rapaza. (bis)Mándenos señora mandeque temos moito que andartodo o reino de Galiciae máis o de Portugal. (bis) 9
    • Cancioneiro Curso 2011-2012 Espiñeira-Aldán O XOGO DA CARRASQUIÑAAs instrucións podemos atopalas ou incluso ver toda a danza no li-bro+cd+dvd “Na punta do pé” de PESDELAN, editorial Kalandraka.Basicamente consiste en ir facendo o que nos vai indicando a letra dacanción. Pode servir para o día da paz...O xogo da carrasquiñaé un xogo así ao lado. (Bis)Baixar os ollos en terratodo o mundo fica admirado.(Bis)Oh! Matilda sacode a saia,oh! Matilda levanta o dedo. (Bis)Dáme un beixo, Mariquiña,que eu che darei un abrazo. (Bis)Ai, que vida é a nosadar beixiños, dar abrazos! (Bis) 10
    • Cancioneiro Curso 2011-2012 Espiñeira-Aldán O MEU BURRIÑOCantamos e xogamos movéndonos a distintos ritmos: trotando, correndo…- máisamodo, máis rápido, sprint ao final… nas clases de psicomotricidade, educación físi-ca... - ¡Corre meu burriño; - ¡Corre meu burriño, non galopes, voa! nos cascos pon ás!Arre, corre, ¡A ver se lle ganas ¡Se queres, ao ventomeu burro trotón, ao vento que zoa! deixarás atrás...!meu burriño manso,meu burriño bon! - ¡Arre, meu burriño! - ¡Arre, meu burriño! (retrouso) non sexas preguiceiro! ¡Corre máis deprisa! ¡A ver se lle ganas ¡Que se perde o vento ao vento lixeiro...! xa verás que risa...! 11
    • Cancioneiro Curso 2011-2012 Espiñeira-Aldán O NOSO MAIO DE ALDÁN(Tradicional de Aldán, recuperada e ampliada pola comunidade escolar. Interpreta- da polo alumnado do centro)Eiquí vén o Maio, Eiquí vén o Maiovestido de xestas, pola Costa da Vela,pra lle dar as grazas eiquí vén o Maioa señora Teresa. camiño de Compostela.Eiquí vén o Maio, Eiquí vén o Maiovestido de flores pola pescadería,pra lle dar as grazas eiquí vén o Maioa señora Dolores. camiño da Romaría.Eiquí vén o Maio, Eiquí vén o Maiopor riba dos tellados, polos muros da eira,eiquí vén o Maio eiquí vén o Maiode roubar os espantallos. do colexio de Espiñeira.Eiquí vén o Maio,por riba das testas,eiquí vén o Maio,vestido de xestas. 12
    • Cancioneiro Curso 2011-2012 Espiñeira-Aldán FAGO UNHA RODA GRANDEXiramos todos en roda. En “marear” imitamos o mareo. Na 2ª. estrofa cantamosmovéndonos libremente, “facendo recados”. A un sinal volvemos facer a roda e co-mezamos de novo.Fago unha roda Eu vou facer recados,grande e paseo moi contento,que xira, xira, xira. non empuxo aos outrosFago unha roda nenosgrande e deixo pasar o vento.que xira de arredor.Fago unha roda Fago unha roda…grande, (repítese o retrouso)dou voltas e máisvoltas.Esta roda grande (todo ata aquí é oxa me empeza a marear. retrouso) TAMAÑOSMentres recitamos ou cantamos, imitamos con xestos as dimensións. Antes ou des-pois, podemos buscar cousas que respondan ás 8 preguntas que aparecen no texto.Se ves un cabalo Se ves unha mesaé moi grande, moi grande, é moi ancha, moi ancha,se ves un cempés se ves un papel¡Que pequeno é! ¡Que estreitiño é!¿Quen saberá dicirme ¿Quen saberá dicirmeque cousa é que cousa émáis grande que un cabalo? máis ancha que unha mesa?máis pequena que un cempés? máis estreita que un papel?Se ves un carballo Se ves unha agullaé moi alto, moi alto, é moi curta, moi curta,se ves un caravel se ves un cordel¡Que baixiño é! ¡Ai, que longo é!¿Quen saberá dicirme ¿Quen saberá dicirmeque cousa é que cousa émáis alta que un carballo? máis curta que unha agulla?máis baixa que un caravel? máis longa que un cordel? 13
    • Cancioneiro Curso 2011-2012 Espiñeira-Aldán A SAIA DA CAROLINA (Tradicional)A saia da Carolina No curro da Carolinaten un lagarto pintado; non entra carro pechado,cando a Carolina baila, namais entra a Carolinao lagarto dálle ó rabo. co seu cocho polo rabo.-Bailaches Carolina? -Bailaches Carolina?-Bailei, si señor. -Bailei, si señor.-Dime con quen bailaches. -Dime con quen bailaches.-Bailei co meu amor (tres veces) -Bailei co meu amor.-Bailaches Carolina?-Bailei, si señor. Co teu amor, Carolina, non volvas a bailar,A Carolina é unha tola porque che levanta a saiaque todo o fai ó revés, e é moi mala de baixar. (tres veces, a últimaíspese pola cabeza cada vez máis baixiño)e vístese polos pés.-Bailaches Carolina?-Bailei no cuartel.-Dime con quen bailaches.-Bailei co coronel (tres veces)-Bailaches Carolina?-Bailei, no cuartel.O señor cura non bailaporque ten unha coroa.Baile, señor cura, baile,que Deus todo llo perdoa.-Bailaches Carolina?-Bailei, abofé.-Dime con quen bailaches.-Bailei co meu Xosé (tres veces)-Bailaches Carolina?-Bailei, abofé. 14
    • Cancioneiro Curso 2011-2012 Espiñeira-Aldán O VELLO MENTIREIROSe soubera que ti viñas, Maruxiña, Maruxiña,meu amor, a este serán, na túa casa o que cheiramandaba varrer a casa ou é cravo ou é rosacun ramiño de azafrán. ou é flor da laranxeira.E o demo do vello E o demo do vello…é un mentireiro,que me dixo onte Vou a dar a despedidaque había gaiteiro. na volta dunha rosquilla.Que había gaiteiro Todos os que están mirandoque había serán caian de pernas para arriba.e o demo do velloé un mentirán. (retrouso) E o demo do vello… 15
    • Cancioneiro Curso 2011-2012 Espiñeira-Aldán ALALÁ DA NOITEMúsica: Quico Comesaña e Esta canción foi composta por Quico Come-Xabier Díaz saña e Xabier Díaz, con letra do escritor eLetra: Manuel Rivas membro da Real Academia Galega ManuelEu non sabía que había Rivas.tanta alegría nas bágoas A Academia das Artes e as Ciencias da Mú-nin neve nas bidueiras sica fixo públicos os ganadores da 15.ª Edi- ción dos Premios da Música, nos que Berro-nin esperanza nas mágoas. güetto obtivo o Premio á Mellor Canción en Galego pola súa canción Alalá da Noite, in-Eu de noite iría de noite, cluída no seu último disco Kosmogonías. É a primeira ocasión na que Berrogüetto recibeno medio do temporal. este premio, sendo finalistas en 2001 e 2006Ir de día á luz do día polos discos Hepta e 10.0, respectivamente.dáme medo, miña nai. Tras facerse público o fallo da Academia, o grupo Berrogüetto mostrou a súa enormeNo fondo do teu ollare satisfacción por este recoñecemento e por telo compartido cun compañeiro de viaxeunha gamela abanea. como Manuel Rivas.Quen se poidera afogare A canción premiada abre o disco Kosmogo-na ardora dunha misteira. nías, o seu último traballo de estudio. A me- lodía está composta por Quico Comesaña eO que eu soño é verdade Xabier Díaz mentres que a letra foi enviada ao grupo polo propio Manuel Rivas trascomo o silencio é un falare. asistir este a un concerto moi especial (porSe roubei o teu retrato ser o primeiro da formación con Xabier Dí-foi pra aprender a mirare. az) no Teatro Rosalía de Castro na Coruña. O poema Alalá, daquela inédito está incluído agora na obra de M. Rivas “A desaparición da neve”. 16
    • Cancioneiro Curso 2011-2012 Espiñeira-Aldán O GATOEsta canción está baseada nun feito real sucedido hai anos nesta zona. A letra dacantiga, aínda que non coincide con outras xa editadas, foi recollida así e, segundopuidemos constatar entrevistando á xente maior de por aquí, é a orixinal, a primei-ra que se empezou a cantar .Vai o gato metido nun saco, Aquel gato era un artista,vai o gato pra terra da Laxe, actuaba na Lontreira,vai o gato metido nun saco, agora éche un bañista,ai gatiño xa non volve máis. na praia de Castiñeiras.Xuntáronse catro un día, Vai o gato metido nun saco…os mellores deste barrio,colleron ao gato a tiro Que ben lles parecería,e metérono nun saco. a calquera deses catro, que lle caese o pelo,Vai o gato metido nun saco… como lle caeu ao gato. Vai o gato metido nun saco... 17
    • Cancioneiro Curso 2011-2012 Espiñeira-Aldán OLLOS VERDES (Tradicional)Na beira, na beira, na beira do mar,hai unha lanchiña pra ir a navegar,pra ir a navegar, pra ir a navegar,na beira, na beira, na beira do mar. (retrouso)Ollos verdes son traidores,azules son mentireiros,os negros e acastañados,os negros e acastañados,son firmes e verdadeiros.os negros e acastañados,son firmes e verdadeiros.Na beira, na beira, na beira do mar... (retrouso) VEN BAILAR CARMIÑA (Tradicional)Ven bailar Carmiña,Carmiña, Carmela,con zapato baixoe media de seda,e media de sedae media calada,ven bailar Carmiña,miña namorada.(retrouso)Os zapatos piden medias,as medias piden zapatos,as rapaciñas bonitaspiden rapaciños guapos.Ven bailar Carmiña,… (retrouso) 18
    • Cancioneiro Curso 2011-2012 Espiñeira-Aldán 19
    • CEIP da ESPIÑEIRA-ALDÁNEquipo de Dinamización da Lingua GalegaÁrea de MúsicaPáxina web:http://www.edu.xunta.es/centros/ceipespinheiraaldan/