Your SlideShare is downloading. ×
Restauración e Caciquismo
Upcoming SlideShare
Loading in...5
×

Thanks for flagging this SlideShare!

Oops! An error has occurred.

×
Saving this for later? Get the SlideShare app to save on your phone or tablet. Read anywhere, anytime – even offline.
Text the download link to your phone
Standard text messaging rates apply

Restauración e Caciquismo

1,282
views

Published on

Published in: Education

0 Comments
1 Like
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

No Downloads
Views
Total Views
1,282
On Slideshare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
1
Actions
Shares
0
Downloads
70
Comments
0
Likes
1
Embeds 0
No embeds

Report content
Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
No notes for slide
  • Transcript

    • 1. RESTAURACIÓN e CACIQUISMO
    • 2. C O M E Z O R E I N A D O RESTAURACIÓN BORBÓNICA INICIO DE 1874 GOLPE DE ESTADO DE PAVÍA “ DICTADURA” DO XENERAL SERRANO AFIANZAMENTO DOS ALFONSINOS PAPEL ESENCIAL DE CÁNOVAS: PRETENDE RESTAURACIÓN PACÍFICA 1 DECEMBRO 1874 MANIFESTO DE SANDHURST 29 DECEMBRO 1874 PRONUNCIAMENTO EN SAGUNTO DE XENERAIS MONÁRQUICOS ALFONSO XII, REI
    • 3. No cadro Martínez Campos restaura a Afonso XII. Martínez Campos coa oposición de Cánovas del Castillo deu un golpe de estado en Sagunto que terminou definitivamente coa I República. Cánovas preferise a ocupación pacífica do trono e así o preparou co Manifesto de Shandurst, un escrito que o político madrileño preparou ao rei, onde se presentaba como un rei democrático, pero herdeiro de todas as tradicións e costumes españois. É dicir, estaba formulando o principio da Constitución interna.
    • 4. P R I M E I R A S M E D I D A S NOMEAMENTO DE NOVAS AUTORIDADES RESTABLECEMENTO RELACIÓNS COA IGREXA REPRESIÓN DA OPOSICIÓN FIN DA GUERRA CARLISTA - 1876 FIN DA GUERRA DE CUBA – 1878
    • 5. PERIODO 1875-1885: PRINCIPAIS ACONTECEMENTOS Xaneiro 1875 Alfonso XII entra en Madrid e é recoñecido como rei no ámbito internacional 1875-1880 Gobernos conservadores de Cánovas e Martínez Campos Febreiro de 1876 Fin da III Guerra Carlista. Alfonso XII é dirixe as operacións do exército Xuño de 1876 Apróbase unha nova Constitución 1878 Lei electoral canovista que volve ao sufraxio restrinxido Febreiro 1878 Paz de Zanjón: Fin da insurrección independista cubana (Guerra dos 10 anos) 1880 1881-1884 Creación del Partido Liberal Fusionista (Sagasta) Primeiros gobernos Liberais (Sagasta e Posada Herrera) Abril 1884-Novembro 1885 Novo goberno de Cánovas Novembro 1885 Morre Alfonso XII
    • 6. PERIODO 1885-1902: PRINCIPAIS ACONTECEMENTOS 1885 Pacto do Pardo Morte de Afonso XII e regencia de María Cristina 1886 Nace o futuro Alfonso XIII 1885-1890 1887 1890 Goberno “longo” de Sagasta Liberdades de cátedra, asociación e prensa, suprimindo censura Sufraxio Universal Masculino (maiores 25 anos) 1890 Goberno de Cánova 1892 Goberno de Sagasta 1895 Iníciase a guerra de Cuba 1897 Asasinato de Cánovas 1898 Desastre colonial 1899 Goberno conservador de Silvela
    • 7. OS PROTAGONISTAS Antonio Cánovas del Castillo Praxedes Mateo Sagasta La regente María Cristina y sus hijos General Martínez Campos
    • 8. No ano 1876 conseguiuse finalizar a terceira guerra carlista que se había estado librando no País Vasco, Navarra, Cataluña e o Maestrazgo. Esta guerra tivo un gran custo humano un financeiro e supuxo a abolición dos foros vascos e Navarros A pacificación militar de España foi unha necesidade para poder implantar ou sistema monárquico
    • 9. En 1878 asinouse a Paz de Zanjón que puxo fin á insurrección Cubana, concedendo a Cuba a súa Autonomía administrativa.
    • 10. O SISTEMA CANOVISTA e a Constitución de 1876
    • 11. As bases do sistema canovista
      • Monarquía como forma de Estado, fora de toda discusión e por riba das leis e incluso da constitución
      • Constitución de 1876. Marco constitucional baseado no consenso. O sistema debía ser válido para os antigos moderados unionistas, progresistas e demócratas
      • Bipartidismo
      • Alonxamento dos militares da vida política .
    • 12.  
    • 13. A MONARQUÍA Para nosoutros endexamais, por ningún camiño, se pode chegar, por medio da legalidade á supresión da monarquía, a causa é que non hai legalidade sen a monarquía, a causa é que sen a monarquía pode haber feitos, pode haber forza, pode haber batallas, pero non hai nin pode haber legalidade. E é que para tocar a Constitución do Estado, expresión destes conceptos anteriores, sempre se precisa nun ou noutro momento, aínda que sexa nun só momento decisivo, sempre se precisa a sanción real. ¿Quen fala, quen pode falar, quen pode sospeitar que sexa posible esa pretendida evolución legal? ¿Quen conta endexamais có suicidio entre as solucións naturais e legais referentes á vida humana? Nin as Cortes é posible que voten a súa supresión nin é posible que acorde a súa supresión o monarca e de aquí que as Cortes e o Rei, que están antes que a Constitución, xa que a Constitución se fai entre o Rei e as Cortes, están tamén sobre a Constitución; porque a Constitución non pode tocar nin ás Cortes nin ó Rei ( ... ). Discurso de Antonio Cánovas no Congreso dos Deputados (1886)
    • 14. Constitución de 1876
      • Soberanía compartida
      • Ampla declaración de dereitos e deberes
      • Sistema bicameral
        • Cámara Alta. Está composta por tres tipos de senadores: por dereito propio, por designación real e elixidos por os maiores contribuíntes
        • Congreso. Os deputados serán elixidos por sufraxio directo, pero non se fixa o sistema de votación, polo que será o partido no poder o que decida, a través da lei electoral, se o sufraxio debe ser censatario ou universal .
      • O poder executivo exérceo a Coroa a través dos ministros. O Rei elixe libremente ó Xefe do Goberno.
      • (...)
    • 15. Soberanía compartida
    • 16. (…) Constitución de 1876
      • Reafirmase a unidade de códigos, ó quedaren suprimidos os foros vascos.
      • Concellos e Deputacións quedan baixo control gobernamental.
      • Cuestión relixiosa. Foi unha vez máis un tema polémico. Finalmente recoñécese a confesionalidade católica e a garantía do sostemento do culto e o clero. Se establecía unha ambigua liberdade de crenzas.
      • En conxunto predomina o talante conservador, anque se intenta establecer un sistema suficientemente flexible como para permitir o acordo dos grupos políticos
      • (…)
      • Art.3. Quedan igualmente obrigadas (…) as provincias de Bisacaia, Guipúscoa e Álava a pagaren , na proporción que lles corresponda e con destino ós gastos públicos, as contribucións, as rendas e os impostos ordinarios e extraordinarios que se consignen nos orzamentos xerais do Estado. (…)
      • Decreto de abolición dos Foros Vascos (21 de xullo de 1876)
    • 17. En resumen os aspectos esenciais da CONSTITUCIÓN DE 1876 son Soberanía compartida Poder Lexislativo depositado nunhas Cortes bicamerais Afirmación da coroa como eixo do Estado Catolicidade oficial do Estado , Completa lista de dereitos e liberdades ,
    • 18. O verdadeiro inventor e impulsor da Restauración foi Antonio Cánovas del Castillo . Puntilloso nas formas quixo crear un sistema democrático ao estilo inglés, aínda que o fondo importase menos. Turnó o goberno có partido liberal, progresista ou fusionista. Ao partido conservador e ao liberal coñecíaselles co nome de partidos dinásticos. Este bipartidismo, do mesmo xeito que o protagonismo civil, foron posibles grazas ao instrumento que engrasaba todo o sistema; o Caciquismo. Na caricatura vemos a Cánovas ensinando a “ler” (o sistema) ao líder do partido liberal, Sagasta.
    • 19. Bipartidismo
      • Partido Liberal-Conservador
      • Orixe : atopábase no grupo de alfonsinos creado durante o Sexenio Democrático, integrando a moderados e unionistas, ós que se sumaron progresistas e católicos.
      • Ideoloxía: Liberalismo conservador. O seu programa baseábase na defensa da orde social, da Monarquía, da propiedade, e da unidade da Patria.
      • Base social: Grandes propietarios agrarios e alta burguesía industrial e financeira.
      • Líder: Antonio Cánovas del Castillo
    • 20. Antonio Cánovas del Castillo (Málaga,1828 - Mondragón (Guipúzcoa, 1897) Foi unha das figuras máis influentes da política española da segunda metade do século XIX e considerado por moitos como un dos políticos máis brillantes na historia de España. Compaxinou os estudos de dereito coa súa afección pola historia e en 1854 publicou a súa obra Historia da decadencia española. Ao mesmo tempo iniciaba a súa carreira política e uníase a Leopoldo O‘Donnell, artífice da revolución do 54 proclamada co "Manifesto de Manzanares", escrito polo propio Cánovas. Membro da Unión Liberal, en 1854 foi elixido Deputado por Málaga para as Constituíntes e, á caída de O’Donnell, Gobernador Civil de Cádiz Foi ministro de Gobernación en 1864 e de Ultramar en 1865 durante o reinado de Isabel II antes de proclamarse a Primeira República Española. Tras a Revolución de 1868 e fin da monarquía borbónica encárgase de preparar a volta do que sería Afonso XII fillo de Isabel II. En 1874 tras o pronunciamiento en Sagunto do xeneral Martínez Campos e a proclamación de Afonso XII como rei, encárgase de idear o sistema da Restauración, sendo o redactor do manifesto de Sandhurst, en 1874. Propón un sistema bipartidista onde as fraudes electorais xornais, apoiados no caciquismo facían posible a alternancia no poder, como medio de disipar tensións. Así accedeu sete veces ao cargo de presidente do consello de ministros de Afonso XII.
    • 21. Bipartidismo (2)
      • Partido liberal-Fusionista
      • Orixe: Ten a súa orixe no partido constitucional formado durante o reinado de Amadeo I polos unionistas de esquerda e os progresistas de Sagasta. A fusión de todas as tendencias acordouse o 2 de maio de 1880. Máis tarde, uníronse algúns republicanos.
      • Ideoloxía: Moi semellante á dos conservadores. Abandonou a defensa da soberanía nacional e aceptou a dinastía borbónica. Non renunciou á reivindicación do sufraxio universal
      • Base social: Sobre todo alto funcionariado e clases medias
      • Líder: Práxedes Mateo Sagasta.
    • 22. Práxedes Mateo Sagasta Xunto co conservador Antonio Cánovas del Castillo, o liberal Práxedes Mateo Sagasta exerceu unha das maiores influencias políticas durante o último cuarto do século XIX español. Desde 1870 ata 1902, accedeu á xefatura do goberno en nove ocasións. Este retrato ao óleo, de 1877, atópase no Congreso dos Deputados (Madrid, España).
    • 23.  
    • 24. AS IDEAS CONSERVADORAS
    • 25. AS IDEAS PROGRESISTAS
    • 26. ALONXAMENTO DOS MILITARES DA VIDA POLÍTICA
      • Estableceuse a supremacía do poder civil sobre o militar
      • Otorgóuselle ó exército autonomía e absoluta liberdade na xestión dos seus asuntos internos
      • Potenciouse a identificación do rei como símbolo e cabeza visible do exército
      • En todo caso o exército foi utilizado como instrumento de presión sobre a vida civil.
    • 27. Ao mesmo tempo, preparou minuciosamente a aceptación da restauración borbónica no plano internacional. Esta tarefa centrouse en cinco focos: - O Papa, terreo abonado. Partidario de solucionar o preito dinástico, entre isabelinos e carlistas, dos Borbóns españois. - Francia, incómoda co réxime republicano español, ao que non recoñeceu. Ademais alí vivía exiliada Isabel II. - Austria e ao seu capital, Viena, foi enviado o mozo Afonso para estudar no colexio Theresianum e gañarse as simpatías do imperio austro-húngaro. - Inglaterra, onde posteriormente, seguirá os seus estudos na academia militar de Sandhurst. Prusia: o seu chanceler Bismarck era o árbitro da política europea . Política internacional
    • 28. PRÁCTICA POLÍTICA: o caciquismo e a manipulación electoral
      • Caciquismo: O cacique é a persoa que domina e controla os principais resortes de poder nun núcleo de poboación concreto. Os procedementos máis utilizados na práctica do caciquismo foron:
      • Encadrado: O Ministerio de Gobernación adxudicaba escanos a partidarios ou adversarios en función dos acordos que se pactaban nla cúspide dos partidos.
    • 29. O caciquismo consolidouse en España durante a Restauración (1874-1923). Os caciques encargábanse de controlar os votos de todas as persoas con capacidade de voto da súa localidade, o cal era a base da alternancia política que a Restauración demandaba. Os caciques son persoas con poder económico, que contan cun séquito (xentes que traballan para el) formado por grupos armados, capaces de intimidar aos seus conveciños que saben que se as cousas non transcorren segundo os desexos do cacique poden sufrir danos físicos. O Caciquismo
    • 30. O fenómeno era propio dunha sociedade maioritariamente rural, subdesarrollada e analfabeta, na que se daba unha forte dicotomía entre o campo e a cidade .
    • 31. Distinguiremos tres tipos de políticos: o cunero, o notable e o cacique propiamente dito. O cunero ou encasillado era un político de procedencia urbana -xeralmente- que era presentado por un distrito co que non tiña relación algunha -nin antes, nin logo da elección-. O notable era un personaxe que tiña moita influencia na provincia, normalmente posuía o cargo de gobernador civil ou similares. O cacique era case sempre un político profesional, moi coñecido e denominado con apelativos ou motes populares. Nota esencial era a ausencia de motivación ideolóxica algunha e a conversión da política no reino do favor, a recomendación e o "enchufismo". O feito de que en Andalucía o caciquismo coñecese a súa máxima expresión hai que explicalo polo dominio do latifundio extremo que mantiña á maior parte da poboación no illamento, o analfabetismo, a miseria e o medo. En Galicia, polo contrario, o minifundismo e a estructura social campesiña, facilitan o labor dos caciques, grandes conseguidores de favores.
    • 32. O caciquismo leva emparellado a existencia dun líder local que fai de intermediario entre a administración central e "a súa localidade". Á primeira recrútalle os votos solicitados; á segunda outórgalle os favores necesarios e sempre á facción que lle é fiel. O cacique sempre está asociado cunha concentración de poder na súa localidade e xeralmente cun abuso deste poder, chegando á adulteración dos resultados electorais se era necesario. Esta concentración e abuso de poder é o que fai que na actualidade sexa tan utilizado politicamente este termo.
    • 33. Romero Robledo, á dereita, con Romanones e García Berdoy A poboación buscaba no cacique local, ou provincial, ao intermediario que lograse resolver as súas demandas, que se interesase polos problemas da que moitas veces era a súa localidade natal, e que lles protexese coa súa influencia na capital, ou en Madrid, dos requirimentos do Estado liberal en materia de quintas, impostos ou leis. A pirámide caciquil arrincaba desde os concellos, cuxos concelleiros e alcaldes eran o primeiro chanzo para as demandas cidadás e para os favores políticos. A continuación ían o cacique, o deputado provincial, o gobernador civil e o ministro da Gobernación, este último coa decisiva atribución de poder suspender á corporación municipal nas súas funcións en caso de grave incumprimento destas.
    • 34. A política de Alcolea respondía perfectamente ao estado de inercia e de confianza do pobo. Era unha política de caciquismo, unha loita entre dous bandos contrarios, que se chamaban o dos Ratos e o dos Mouchos; os Ratos eran liberais e os Mouchos conservadores. Naquel momento dominaban os Mouchos. O Moucho principal era o Alcalde, un home delgado, vestido de negro, moi clerical, cacique de formas suaves, que, suavemente, ía levándose todo o que podía do municipio. O Cacique liberal do partido dos Ratos era Don Juan, un tipo bárbaro e despótico, corpulento e forzudo, cunhas mans de xigante; home que cando entraba a mandar trataba ao pobo en conquistador. Este gran rato non disimulaba como o moucho; quedaba con todo o que podía, sen tomarse o traballo de ocultar decorosamente os seus roubos. Alcolea afíxose aos Mouchos e os Ratos, e considerábaos necesarios. Aqueles bandidos eran os sostenes da sociedade; repartíanse o botín; tiñan uns para outros un tabú especial, como o dos polinesios (…) A árbore da ciencia. Pío Baroja.
    • 35. O encadramento Pasa a escena no despacho do Ministro de Gobernación. O Ministro non está só; acompáñao un oficial da súa confianza. Este destino, en tempo de eleccións, ven ser outra das metamorfoses do comisionado de premas. Ten diante súa un grande estado en papel bristol, e de acordo co xefe, o oficial vai facendo diferentes signos na marxe e nos marxes de observacións. (...) – ¿Pois que, temos xa arranxados os trescentos corenta e nove distritos? – Si, señor, témolos todos, aínda que eu desconfío do xefe político de (...) – Non teña vostede coidado, son boa todos, e como saben o que lles vai nisto, xa verán de andar listos. Pero o caso é que eu non quero gañar todos os distritos; cómpre deixarmos algúns para a oposición, porque, se non hai claroscuro na Cámara, todo o levará o diaño e morreremos de plétora, que non sería a primeira vez ( ... ). – ¿Cantos deputados de oposición quere vostede que veñan ó Congreso? – Doce ou catorce dos menos coñecidos e tres ou catro notabilidades desas, a elección das cales non se pode combater sen grandes infraccións de lei. – Pois nese caso, no distrito de..., hai que deixar que triúnfe o candidato da oposición (...). FLORES, A.: A sociedade de 1850.
    • 36. En síntese, a mecánica do proceso era a seguinte: Cando os máximos dirixentes dos partidos chegaban ao acordo dun cambio de goberno, o rei encargaba a formación de goberno ao líder do partido contrario, disolvíanse as Cortes e convocábanse eleccións.
    • 37. Entón, o ministro de Gobernación realizaba o encadrado, é dicir, decidía os deputados que debían ser elixidos por cada distrito (xeralmente, en proporción de 1/3 a favor do partido que debía gañar). O gobernador civil de cada provincia, posto de acordo cos caciques comarcais e municipais, manipulaba as eleccións, ben comprando os votos, facendo promesas ou recorrendo á coacción.
    • 38. Sagasta preparando as eleccións e os encasillados co seu ministro da Gobernación e 'gran elector', Venancio González, que lle informa que xa pode varrer os 'coellos' conservadores .
    • 39.  
    • 40. Nesta España, loxicamente, a influencia dos caciques excedía o marco electoral e era palpable continuamente, especialmente no medio rural, onde as primeiras presións adoitaban ser suficientes para asegurar os resultados. O caciquismo era, en fin, unha forma de vinculación persoal e, podiamos dicir que case “feudal”. En resumo, un mundo infestado de favores e recomendacións, influencias e prebendas, que convertía ás eleccións nunha pura ficción. As provincias e os municipios non recibían bens de Madrid a non ser a través do cacique: votos e submisión a cambio de favores. Nas grandes cidades o control era máis difícil, sobre todo tras a implantación do sufraxio universal e nelas, vanse consolidando os partidos de oposición ao sistema: nacionalistas, republicanos e socialistas.
    • 41. Fraude electoral masiva
      • Pucherazo: Era unha fraude electoral á que se recorría no caso de que non funcionase o acordo entre partidos. Se utilizaba a coacción, a fraude na confección de listas electorais, falseamento del número de votos emitidos, colocación das urnas en lugares inaccesibles, utilización de electores falecidos, etc.
    • 42. Mesa electoral a finais do S. XIX
    • 43.  
    • 44. Se esas medidas non daban o resultado previsto recorríase á fraude electoral, é dicir a contabilizar votos falsos ou de persoas falecidas (lázaros).
    • 45. Xa que logo, simúlase unha contenda política pero, en realidade, trátase dunha farsa. Ao contrario de como correspondería a un sistema democrático, non son as eleccións quen deciden que partido ha de gobernar, senón os partidos quen deciden quen vai gañar as eleccións, fabricando unha maioría cómoda para o partido vencedor e unha minoría suficiente para o perdedor. O sistema do “encadramento” daba lugar á imposición de deputados “cuneros” (non residentes no distrito) que podo ou nada se preocupaban da realidade socioeconómica dos seus representados.
    • 46. PROCESO DO FRAUDE ELECTORAL 1.- Prodúcese o cambio de goberno. Disólvense as Cortes e convócanse eleccións 2.- O Ministro de Gobernación procede ao “encadramento” 3.- Os gobernadores civís daban instrucións aos caciques locais 4.-Estes manipulan as eleccións Comprando os votos, facendo promesas ou recorrendo á coacción . Recurrindo ao pucheirazo
    • 47. Aparecen os mortos, os métodos violentos, as forzas de orde pública, as forzas fácticas, etc... todos encabezados por Sagasta e pola orixe deste tipo de prácticas; o sufraxio universal. No fondo é unha crítica a como o carácter democrático que pode representar o sufraxio universal é burlado e ninguneado.
    • 48. A Sagasta -con boas relacións persoais coa Rexente- hai que atribuírlle as xestións para que se lexislasen medidas tan importantes como o dereito á liberdade de expresión (1881), a lei de prensa (1883), a liberdade de reunión (1881) e a de asociación sindical (1887). A reforma máis notoria foi a introdución do sufraxio universal en 1890. Sagasta como manipulador electoral. Caricatura da revista “La Flaca”. A caricatura non fai realmente xustiza ao papel que Sagasta e os seus partidarios desempeñaron na "modernización" do sistema canovista.
    • 49. “ O partido da Porra” (La Carcajada)
    • 50. Cánovas e Sagasta intercambian os papeis de cociñeiro e comensal, mentres España é, sempre, a “ilustre fregona ”
    • 51. O turnismo, pois, estaba dirixido pola oligarquía formada polos dirixentes políticos de ambos os partidos, estreitamente relacionados cos terratenientes e a burguesía adiñeirada, a cuxo servizo atopar os caciques, que empregaban o seu gran poder económico nas comarcas ou pobos para dominar, politicamente, aos habitantes das súas respectivas zonas de influencia. Aínda que o caciquismo deuse en toda España, foi en Andalucía onde tivo maior arraigamento, e andaluz era Romero Robledo, ministro da gobernación con Cánovas que foi o gran amañador de eleccións.
    • 52. En conclusión, é preciso recoñecer que o sistema de “quenda pacífica dos partidos dinásticos” ideado por Antonio Cánovas del Castillo conseguiu a desexada estabilidade política e manter a ficción dun bo funcionamento do sistema parlamentario, pero o prezo foi o caciquismo, sistema mediante o cal, baixo a aparencia das institucións parlamentarias, a oligarquía dominante mantiña ao país suxeito e controlado.
    • 53. La política de Alcolea respondía perfectamente al estado de inercia y de confianza del pueblo. Era una política de caciquismo , una lucha entre dos bandos contrarios, que se llamaban el de los Ratones y el de los Mochuelos; los Ratones eran liberales y los Mochuelos conservadores . En aquel momento dominaban los Mochuelos. El Mochuelo principal era el Alcalde, un hombre delgado, vestido de negro, muy clerical, cacique de formas suaves , que, suavemente, iba llevándose todo lo que podía del municipio . El Cacique liberal del partido de los Ratones era Don Juan, un tipo bárbaro y despótico, corpulento y forzudo, con unas manos de gigante ; hombre que cuando entraba a mandar trataba al pueblo en conquistador. Este gran ratón no disimulaba como el mochuelo; se quedaba con todo lo que podía , sin tomarse el trabajo de ocultar decorosamente sus robos. Alcolea se había acostumbrado a los Mochuelos y los Ratones , y los consideraba necesarios . Aquellos bandidos eran los sostenes de la sociedad; se repartían el botín ; tenían unos para otros un tabú especial, como el de los polinesios (…) Localización figurada Concepto Básico: Idea central Caracterización e identificación Destas ideoloxías Descripción, Pódense sacar conclusións? Contraste Coincidencia dos protagonistas Sacamos conclusiones? Xuício moral á sociedade Aborregamiento Corrupción
    • 54. EVOLUCIÓN POLÍTICA
      • A quenda dinástica funcionou con regularidade ata o 1898 e sobreviviu con moitas dificultades ata 1923
      • A morte prematura de Alfonso XII (1885) propiciou o Pacto do Pardo, que permitiu asegurar a continuidade do Sistema
    • 55.  
    • 56. Fora quedaban outros partidos como os carlistas ou os republicanos que conseguían un número de escanos moi escaso. Mediante a quenda de conservadores e liberais, referendado no Pacto do Pardo en 1885 , conseguiuse que ningún dos dous grandes partidos se sentira excluído, renunciando ás tradicionais conspiracións. Sen dúbida, esta foi unha das claves da estabilidade do sistema.
    • 57. As forzas da oposición: Carlismo, Republicanismo, Anarquismo, Socialismo e Nacionalismo
    • 58. 1. O Carlismo
      • Podemos diferenciar dos etapas :
        • Ata 1890. Moitos dos efectivos carlistas permaneceron no exilio e practicaron unha política de retraemento. Produciuse a escisión dos integristas, partidarios de non participar na vida política e defensores da intransixencia católica.
        • A partir de 1890. Triunfaron os neocatólicos, partidarios de adaptarse á nova situación e participar no sistema. Actuaron a través do partido Unión Católica
      • O liberalismo é pecado, xa sexa considerado na orde das doutrinas, xa na orde dos feitos. Na orde das doutrinas e pecado grave contra a fe, porque o conxunto das doutrinas súas e herexía, aínda que non o sexa se cadra nalgunha que nutra das súas afirmacións ou negacións ¡lladas. Na orde dos feitos é pecado contra os diversos mandamentos da le¡ de Deus e da súa igrexa, porque de todos é infracción. ( ... ) Procedamos por partes na demostración. 0 liberalismo nega os dogmas da fe cristiá canelo afirma ou supón a independencia absoluta da razón individual no individuo, e da razón social ou criterio público, na sociedade. ( ... ) Nega a xurisdición absoluta de Deus sobre os individuos ou as sociedades, e como consecuencia disto a xurisdición delegada que sobre todos e cada un dos fieis recibiu de Deus a cabeza visible da Igrexa.
      • Na orde dos feitos ( ... ) o liberalismo e todo inmoralidade, porque no seu proceso histórico cometen e sancionou como lícita a infracción de todos os mandamentos, desde o que manda o culto dun só Deus, ata o que prescribe o pagamento de dereitos tempo¬rais á Igrexa ( ... ).
      • Polos dous conceptos o liberalismo é pecado moda¡. SARDÁ SALVANY, F.: 0 liberalismo é pecado, 1887.
    • 59. 2. O Republicanismo
      • Despois do fracaso da I República, o republicanismo tardou moito en constituír unha alternativa de poder. Cada un dos líderes republicanos do Sexenio acaudillou o seu propio partido
        • Partido Federal, Pi y Margall
        • Partido Progresista, Ruiz Zorilla
        • Partido Posibilista, Castelar
        • Partido Centralista, Salmerón
        • En 1903 produciuse a unificación coa aparición da Unión Republicana. Máis tarde xurdiron outros movemientos como o lerrouximo e o blasquismo.
    • 60. Entre 1883 y 1886 hubo algunos intentos de pronunciamiento militar de carácter republicano que fueron duramente reprimidos.
    • 61. 3. O Anarquismo
      • Organizouse en 1881 a través da Federación de Traballadores da Rexión Española. A estratexia política centrouse en tres tipos de accións:
        • Acción violenta
        • Acción sindical
        • Producción cultural
    • 62. 4. O Socialismo
      • En 1897 fundouse, en Madrid, o Partido Socialista Obreiro Español (PSOE).
      • En 1888 creouse, en Barcelona, o sindicato socialista Unión Xeneral de Traballadores (UXT). Unha das súas primeiras iniciativas foi a celebración, a partir de 1890, da Festa do 1º de Maio.
    • 63. 5. Os Rexionalismos e Nacionalismos
      • Un dos fenómenos máis salientables da Restauración foi a emerxencia de movementos de carácter nacionalista e rexionalista en diversas zonas de España, como Cataluña, País Vasco, Galicia … A xestación destes nacionalismos débese comprender como unha reacción fronte as pretensións uniformadoras do sistema político e administrativo adoptado polo liberalismo e a súa pretensión de impoñer unha cultura oficial castelanizada, que ignoraba a existencia doutras linguas e culturas
    • 64. O Catalanismo
        • Cara o ano 1830, dentro do contexto cultural do Romanticismo, xurdiu un ámplo movemento cultural e literario coñecido como Renaixença
        • A finais do seculo XIX sufriu importantes transformacións:
          • Década de 1880. Valentí Almirall promoveu a presentación do “Memorial de Greuges”
          • En 1891 creouse a Unió Catalanista, que deu a coñecer as Bases de Manresa.
          • En 1901 Apareceu a Lliga Rexionalista, cuxas principais figuras foron Francesc Cambó e Enric Prat de la Riba
      Francesc Cambó
    • 65. O Nacionalismo Vasco
      • Sabino Arana funda o PNV en 1894, caracterizado por:
      • Antiliberal e tradicionalista
      • Etnicista
      • Ultracatólico
      • “ El bizkaino es inteligente y hábil para toda clase de trabajos; el español es corto de inteligencia y carece de maña para los trabajos más sencillos. Preguntádselo a cualquier contratista de obras y sabréis que un bizkaino hace en igual tiempo tanto como tres maketos juntos”.
    • 66. O Galeguismo
        • Nos anos oitenta estivo apoiado esencialmente polos propietarios agrarios e os comerciantes. Dúas tendencias:
            • Tradicionalista: Representada por Alfredo Brañas, con planteamentos antiliberais. Mitificaba a sociedade tradicional
            • Liberal-democrática: Encabezada por Manuel Martínez Murguía.
    • 67. A CRISE DO SISTEMA
      • A crise agraria:
      • Malas colleitas (1879-82): prezos altos
      • Importacións (Rusia, EE.UU): descenso de prezos
      • Inquedanza social, protestas
      • Demanada de medidas proteccionistas
      • Reducción de salarios: axitación social, movilización do campesiñado
      • Crise da vide: a filoxera
    • 68. A volta ó proteccionismo
      • A oligarquía presiona e Cánovas impón medidas proteccionistas
      • Europa camiña na mesma dirección
      • Suben os prezos, impulsados pola falta de competencia
      • Aumentan os custos de producción e diminúe a renda dispoñible
    • 69. A crise do 1898
    • 70.
      • A finais do S.XIX, o sistema da Restauración viuse sacudido por unha forte crise, provocada po- la guerra colonial e a perda dos últimos restos do imperio ultramarino. Paralelamente , España viuse envolta nunha crise interna , froito do que os coetáneos denominaron o “Desastre” que, acabou reorientando as liñas da política española.
    • 71.
      • Maduración do movemento independentista baixo o liderado de Antonio Maceo e José Martí
      • Pese ó disposto na paz de Zanjón en 1878, o goberno preferiu ir retrasando a concesión do réxime de autogoberno e eludiu ol control real sobre os abusos que sufrían os traballadores indíxenas. Os gobernos deixáronse presionar polos grupos con intereses coloniais
      Inma Rubio CAUSAS
    • 72.
      • Respaldo estadounidense. O apoio foi continuo, có respaldo da opinión pública e das compañías azucareiras. Primeiro foi un apoio diplomático, para converterse despois en material.
      • A situación agravouse coa aprobación dunha lei arancelaria que prohibía ós cubanos o comercio libre con EEUU.
      • En 1894 houbo un intento por parte do goberno liberal de sacar adiante un proxecto de autonomía, pero chegaba tarde.
      CAUSAS
    • 73.
      • O 24 de febrero de 1895 iniciouse unha nova guerra en Cuba, có chamado “Berro de Baire”
      O ESTOUPIDO DA GUERRA
    • 74.
      • Política de mediación: Inicialmente o goberno liberal intentou unha solución pactada, enviando a Martínez Campos, pero este fracasou
      • Guerra de desgaste: O novo goberno conservador enviou ó xeneral Weyler:
        • Recuperou todo o territorio e enviou ós insurrectos ás montañas.
        • Dividiu o territorio por liñas fortificadas e concentrou á poboación civil en compartimentos
        • Comezou así unha feroz guerra de desgaste que se prolongou ó longo de 1896 y 1897.
        • As baixas aumentaron, máis por enfermedades que por mortes no fronte.
        • O consenso liberal-conservador rompiuse. Cánovas foi asasinado en agosto de 1897 .
      ETAPAS
    • 75.
      • Novo proxecto de autonomía: Goberno propio, cámara de representantes e os mesmos dereitos que os peninsulares. O goberno liberal enviou ó xeneral Blanco, que puxo en marcha o novo proxecto.
      • Intervención de EEUU. O incidente que propiciou a intervención foi a explosión do acorazado Maine
      • Sen se ocupar do pasado máis que para aprecia-lo momento actual e sacar partido dos gloriosos triunfos obtidos polas nosas armas, coida chegado o momento de realizar por completo as promesas feitas no último discurso da Coroa do ano 1896, dotando a entrámbalas Illas Antillas dunha personalidade administrativa e económica que, facendo expedita a intervención total do país nos seus negocios peculiares, manteña e fortifique os dereitos da soberanía, ó mesmo tempo que sancione de xeito definitivo a autonomía colonial .
      • ( ... )
      • Proclama do goberno liberal anunciando a súa intención de proceder a unha reforma en Cuba (1897
      ETAPAS
    • 76.
        • EEUU levou a cabo unha investigación e atribuíu toda a responsabilidade a España.
        • Washington propuxo primeiro a compra da illa por 300 millóns de dólares e ante unha posible negativa lanzou un ultimato que ameazaba coa guerra (20 de abril) si en tres días España non renunciaba á soberanía. A guerra era inevitable.
        • O desenvolvemento das operacións foi rápido e contundente. A flota do almirante Cervera, tras permanecer sitiada en Santiago, foi derrotada o 3 de Xullo e o día 17 rendíase a cidade .
      • O Senado e a Cámara dos Estados Unidos reunidos no Congreso acordan:
      • Primeiro : Que o pobo de Cuba debe ser libre e independente.
      • Segundo : Que é deber dos Estados Unidos esixir, e polo presente escrito o seu goberno esixe, que o goberno español renuncie inmediatamente á súa autoridade e ó goberno de Cuba e que retire as súas forzas terrestres e navais da illa .
      • Terceiro : Que se lle autorice ó presidente dos Estados Unidos, que se lle encargue e se lle ordene que utilice tódalas forzas militares e navais dos Estados Unidos e chame ó servicio activo ás milicias dos diferentes Estados da Unión no número que considere oportuno para levar a efecto as medidas aquí dispostas. (...)
      • Ultimato enviado polo Congreso dos EUA a España (18 de abril de 1899)
      ETAPAS
    • 77. As consecuencias do 98
      • Parecería traballo pueril, ante a magnitude aterradora da catástrofe, enumerar unha por unha as novidades que hai que introducir na gobernación do Estado para cura-los males que a Patria padece e evitar que se repitan (…)
      • Hai que eleva-la cultura do país convertendo a ensinanza de bachareis e doutores en educación de homes formados para as loitas da vida e de cidadáns útiles para a Patria. Hai que organiza-los Tribunais de modo que entre eles e a conciencias popular se restableza aquela confianza que os desaforos da política lles arrebatara. Hai que restaura-la Facenda fundándoa en prácticas de sinceridade, traendo a tributar tódalas manifestacións de riqueza, facendo efectivo o principio de proporcionalidade nas cargas (…). E hai, sobre todo, que purifica-la nosa Administración , e destruír sen compaixón e sen descanso ese afrontoso caciquismo (…).
      • Necesidade imperiosa é que a vida económica do país se desenvolva sen os atrancos dunha centralización que levanta entre nosoutros xa alarmantes protestas. Estará cego o que non vexa que case todas as rexións de España, en particular as que avantaxan pola súa cultura, pola súa laboriosidade e pola súa riqueza, mirando quizais máis os efectos que as causas, atribúen á índole mesma e á organización do Poder Central os malos resultados da política seguida ate aquí (...). Baixo poderes vigorosos que manteñan a unidade política, refreando enerxicamente ata a máis breve tendencia a disgregacións criminais e imposibles, eu non vexo inconveniente , se non máis ben vantaxe, en chegar a unha ampla descentralización administrativa (…)
      • Manifesto do Xeneral Polavieja, 1 de setembro de 1898.
    • 78. O Rexeneracionismo "Escola e despensa e pechar con sete chaves o sartego do CID"
    • 79. Moito se acordaba do que dicía Fermín Ibarra, dos descubrimentos fáciles (…) ¿Por qué non había experimentadores en España cando a experimentación para dar froito non esixía máis que dedicarse a ela? Sen dúbida faltaban laboratorios, talleres para seguir o proceso evolutivo de unha rama da ciencia ; sobraba tamén un pouco de sol, un pouco de ignorancia e bastante de protección do Santo Padre , que, xeralmente, é útil para a alma pero moi prexudicial para e ciencia e a industria (…) El árbol de la ciencia. Pío Baroja. Medios materiais Condicións físicas Ensino escaso e Sociedade condicionada Pola Igrexa
    • 80. Moitas veces a Hurtado lle parecía Alcolea unha cidade en estado de sitio. O sitiador era a moral, a moral católica. Alí non había nada que non estivera almacenado e recollido: as mulleres, nas súas casas; os cartos, nas carpetas; o viño, nas tinaxas” (…) A causa : análise (contraria á racionalidade e ó avance social) As consecuencias : atraso, costumbrismo, (…)
    • 81. Conclusións a modo de redacción
      • Contexto : A crise do 98 cuestiona o fracaso colectivo da Nación Española que pasa de ser o maior imperio da historia a un país afundido na crise e de terceira división no conxunto dos Pobos influentes.
      • Análise : Localización: xeográfica, temporal. Xerarquización das ideas (principais, secundarias), caracterización dos personaxes (individuais, colectivos, explicación dos principais conceptos, (…)
      • Comentario : elaborar un relato coherente que relacione os documentos, referíndose expresamente a cada un deles. Claridade, corrección sintáctica e ortográfica, precisión léxica (…)