Oie
Upcoming SlideShare
Loading in...5
×
 

Oie

on

  • 501 views

 

Statistics

Views

Total Views
501
Views on SlideShare
501
Embed Views
0

Actions

Likes
0
Downloads
0
Comments
0

0 Embeds 0

No embeds

Accessibility

Categories

Upload Details

Uploaded via as Microsoft Word

Usage Rights

© All Rights Reserved

Report content

Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
  • Full Name Full Name Comment goes here.
    Are you sure you want to
    Your message goes here
    Processing…
Post Comment
Edit your comment

Oie Oie Document Transcript

  • OBRADOIRO DE INICIATIVAS EMPRENDEDORASDesde o marco legal, a Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, deEducación, sinala entre as competencias básicas que deberán alcanzaros alumnos e alumnas, a competencia en autonomía e iniciativapersoal, recollida no Real Decreto 1631/2006, de 29 de decembro, poloque se establecen as ensinanzas mínimas correspondentes á EducaciónSecundaria Obrigatoria. Esta competencia refírese á posibilidade de queo alumnado poida optar con criterio propio e levar adiante as iniciativasnecesarias para desenvolver a opción elixida e facerse responsable dela,tanto no ámbito persoal como no social ou laboral. Por outra parte, enGalicia contamos coa materia optativa Obradoiro de IniciativasEmprendedoras, regulado polo Decreto 133/2007.Emprender refírese á toma de decisións con algún risco, aodesenvolvemento de actitudes de cooperación e de traballo en equipo, enun sentido máis restrinxido, emprender refírese á creación deempresas. Hoxe en día, é preciso promover a cultura emprendedora desde asescolas, xa que constitúe unha gran oportunidade para desenvolver noalumnado aspectos importantes como a toma de decisións, acreatividade, o traballo en equipo... ao tempo que os achegamos árealidade do mundo laboral.
  • OBXECTIVOS XERAIS1. Comprender o concepto de empresa.2. Recoñecer á persoa emprendedora valorando a súa función como axente xerador de riqueza e motor económico.3. Apreciar o asociacionismo como fonte de dinamización social, e como un medio de sumar esforzos e compartir ideais.4. Identificar as características xerais e persoais que deben posuír as persoas emprendedoras.5. Recoñecer as súas propias capacidades e intereses á hora de tomar decisións sobre estratexias persoais de formación e inserción laboral.6. Coñecer estratexias de xeración e maduración de ideas emprendedoras.7. Determinar, respectando o medio, os aspectos xerais e os elementos necesarios para levar a cabo un proxecto emprendedor.8. Potenciar o traballo en equipo, a negociación, a resolución de conflitos e a planificación a través de actividades.9. Desenvolver no alumnado a iniciativa persoal, a creatividade e a autoestima.10. Buscar, seleccionar, e utilizar interpretar a información, de forma crítica e responsable de acordo co fin perseguido e comunicala de forma organizada e intelixible aos demais.11. Empregar as novas tecnoloxías da información e a comunicación como ferramentas de traballo eficaces.12. Potenciar o uso de idiomas estranxeiros como medio de comunicación necesario no mundo globalizado actual.
  • COMPETENCIAS BÁSICAS1. Competencia en comunicación lingüística  Coñecer diferentes medios de comunicación.  Adquirir un vocabulario específico.  Potenciar a adquisición de linguas estranxeiras.2. Competencia matemática  Coñecer as principais regras dos cálculos matemáticos: diferenza entre ingresos e gastos, orzamentos,…  Coñecer e usar distintos métodos científicos e matemáticos para facer cálculos.  Desenvolver a capacidade abstracta para a aplicación do método científico.3. Competencia no coñecemento e na interación co mundo físico  Desenvolver a idea da sustentabilidade e a reciclaxe.  Utilizar procedementos baseados na observación e experimentación directa.  Aplicar procedementos para o estudo e descrición do contorno.  Respectar o medio ambiente.4. Tratamento da información e competencia dixital  Analizar a imaxe como vehículo de mensaxes (publicidade).  Fomentar o uso dos medios tecnolóxicos.  Coñecer e manexar medios tecnolóxicos concretos. View slide
  • 5. Competencia social e cidadá  Adquirir e utilizar as habilidades sociais.  Traballar en equipo cooperando e respectando aos demais.  Respecto polos espazos comúns e uso axeitado dos mesmos.6. Competencia cultural e artística  Coñecer, diferenciar, valorar e respectar as diferentes manifestacións culturais.7. Competencia para aprender a aprender  Aplicar os coñecementos aprendidos en situacións similares ou diferentes.  Observar co fin de adquirir información suficiente e notable.  Aceptar os propios erros e aprender deles.8. Autonomía e iniciativa persoal  Favorecer a creatividade e a orixinalidade na busca de solucións, levando a cabo diferentes enfoques.  Desenvolver estratexias de planificación tendo presente diferentes posibilidades. View slide
  • CONTIDOSTema 1. O emprendedor e a xeración de ideas emprendedoras. * A importancia da motivación por emprender: importancia económica e social do emprendedor. * As habilidades do emprendedor. Calidades persoais. Habilidades sociais. Habilidades de dirección. * Fontes de ideas. Como atopar ideas. * Xeración e maduración das ideas para un proxecto emprendedor. A valoración da idea xerada.Tema 2. Planificar para emprender. * A necesidade e a conveniencia de planificar. Importancia e utilidade dos plans. * Elaboración do plan emprendedor. * A concreción da idea. * A presentación das persoas promotoras do proxecto. * A forma xurídica elixida. * Características do produto ofrecido. * A quen vai dirixido. * A difusión do proxecto. * Como se vai desenvolver. * Os recursos humanos necesarios. * O financiamento necesario. * A previsión dos resultados.
  • Tema 3. A posta en marcha: a execución do proxecto. * Formas xurídicas de empresa. As empresas de economía social: as cooperativas. As asociacións. * Os trámites de constitución e as obrigas ante as diferentes administracións: mercantís, fiscais, sociais... * As relacións co mundo laboral: selección de persoal, carta de presentación, currículo, entrevista de traballo. * As axudas aos proxectos emprendedores. * A memoria do proxecto. * Conclusión do proxecto emprendedor: control do proxecto, avaliación e propostas de mellora. MATERIAIS E RECURSOSEste curso usarase un libro de texto……………………………………. daeditorial……………. como guía flexible da materia.Ademais, dado o enfoque práctico da materia, utilizaremos a cotíotamén como material didáctico ou curricular noticias de periódicos erevistas, especializadas ou non, ou recompilados en Internet poloalumnado, segundo as dispoñibilidades do centro, relacionados comundo emprendedor. Polo tanto, será fundamental a participación doalumnado no desenvolvemento das clases.
  • METODOLOXÍAA metodoloxía que seguiremos basearase na aprendizaxe significativado noso alumnado. Teremos en conta que na aula conflúen un grupo dealumnos e alumnas con motivacións e intereses distintos polo que seráunha metodoloxía tamén individualizada.Tendo en conta o carácter práctico, as clases basearanse nasexplicacións do profesor dos contidos anteriormente sinalados,respondendo ás dúbidas que en todo momento expoñan os alumnos.Para iso, partiremos dos coñecementos previos dos alumnos para queconecten estes cos novos contidos que vaian adquirir, faremos isto através dunha serie de preguntas (rebumbio de ideas) que sirvan parapoñer de manifesto estes coñecementos previos.. Neste punto ten moitaimportancia a avaliación inicial. É importante que vaian recoñecendo autilidade do aprendido. O profesor será o guía para que o alumno sigaestratexias de aprendizaxe autónoma e sexa quen de aprender aaprender.Intentaremos favorecer a interdisciplinariedade, pois é importante que oalumno aprenda a relacionar entre si os coñecementos que adquirenesta materia e os aplique a outros campos. Ademais, a través dotraballo en equipo, atenderemos á diversidade tendo en conta osdistintos ritmos de aprendizaxe e os distintos intereses e motivacións.As clases serán participativas por parte do alumnado e prácticas.Nalgunhas actividades dividiremos a clase en grupos e esta distribuciónposibilitará moitas actitudes positivas como a integración dentro dogrupo de alumnos con problemas, respecto polas opinións dos demais,toma de decisións conxuntas, colaboración, reparto de roles...O alumnado terá que ir elaborando por si mesmo uns apuntes coscontidos máis importantes.
  • ATENCIÓN Á DIVERSIDADEO grupo é unha entidade que trataremos flexiblemente na medida en que todossomos distintos pero todos formamos parte dun grupo social. Pero ademais, ogrupo está formado por individualidades con necesidades particulares quepoden precisar respostas específicas en determinados momentos.Este curso non hai ningún alumno que presente, a priori, dificultades físicas ninpsíquicas para superar esta materia. En todo caso, poida que apareza algúnalumno con problemas de conduta que pode chegar a presentar atrasoescolar. Nestes casos adaptamos a tarefa escolar ás súas característicaspersoais, dividindo as tarefas en subtarefas sinxelas e curtas,proporcionándolles descansos periódicos e dándolles apoio e reforzo candopasen dunha tarefa a outra, coa finalidade de ir prolongando o tempo deatención a unha actividade. Como normas xerais na aula facemos que oalumnado con problemas estea sentado en fronte da mesa do profesor parapoder prestarlle máis atención; ademais procuramos que na súa mesa só esteao material imprescindible para realizar a tarefa escolar e, sempre que sexaposible, facemos un traballo cooperativo entre o alumnado como estratexiapreventiva das condutas conflitivas.
  • TEMPORALIZACIÓNOs contidos correspondentes a toda a materia agrúpanse nas seguintesunidades de traballo: Unidade 1.- Introdución: o obxectivo e xustificación desta materia. Unidade 2.- As habilidades do emprendedor. Calidades persoais. Habilidades sociais e de dirección. Unidade 3.- A idea. Fontes de ideas. Unidade 4.- A valoración da idea: o plan emprendedor ou plan de negocio. Unidade 5.- O plan de produción e os custos. Unidade 6.- O plan comercial: produto, prezo, comunicación e distribución. Unidade 7.- Os recursos necesarios: materiais e recursos humanos. Unidade 8.- Estudio económico- financeiro: a viabilidade do proxecto. Unidade 9.- A posta en marcha: • A forma xurídica da empresa (especial atención ás empresas de economía social) • Trámites para iniciar a actividade. Unidade 10.- Control do plan e propostas de mellora.
  • Tendo en conta as datas previstas de avaliacións trimestrais aprobadasno claustro de inicio do curso 2008/2009, estas unidades impartiransetendo en conta a seguinte temporalización:1ª avaliación: Unidades 1 a 4.2ª avaliación: Unidades 5 a 7.3ª avaliación: Unidades 8 a 10. AVALIACIÓNA avaliación será continua, entendendo por tal que se efectuará aolongo de todo o proceso de ensino-aprendizaxe. Realizarase unhaavaliación inicial para ter en conta os coñecementos previos do alumno,un seguimento do proceso de aprendizaxe e, por último, unhaavaliación final. TRATAMENTO DE PENDENTESSerán avaliados a través de traballo trimestrais, a xeito de un portrimestre, que o alumnado debe entregar no prazo indicado, e debegardar unhas normas mínimas de corrección, limpeza, e adecuación ótema proposto. Con eles pode superar a materia. De non ser así, deberápresentarse ao exame extraordinario de maio.
  • CRITERIOS DE AVALIACIÓNO alumnado terá que ser capaz de: • Recoñecer a importancia do espírito emprendedor e valorar a súa achega á comunidade como xeradora de riqueza. • Describir as características básicas do emprendedor, diferenciando as calidades persoais, as habilidades sociais e as habilidades directivas. • Descubrir e identificar as capacidades e potencialidades propias e as características do contorno socio-laboral, para establecer obxectivos persoais e profesionais de futuro. • Precisar diversos procedementos para a xeración de ideas emprendedoras, así como distintos métodos para seleccionalas e facelas madurar. • Identificar a importancia da planificación dos proxectos emprendedores, coñecer os elementos fundamentais que a integran e desenvolver proxectos e iniciativas persoais e profesionais.. • Coñecer os trazos básicos das principais formas xurídicas de empresa e valorar especialmente os tipos de empresas de economía social. Os alumnos e alumnas deben demostrar que recoñecen a importancia da forma xurídica dunha empresa e da súa elección, en que se diferencian unhas doutras incidindo especialmente no relativo ás diferenzas en materia de responsabilidade e de obrigas contraídas. Incidirase nas causas da especial valoración das empresas de economía social. • Describir os principais trámites de constitución e cubrir algúns dos documentos relacionados, facendo especial fincapé nos
  • dereitos e obrigas laborais e fiscais. Verifícase que os alumnos e as alumnas coñecen os procedementos e documentos básicos de constitución e xestión dunha empresa ou asociación, incidindo na súa familiarización cos impresos e documentos relacionados co mundo laboral e fiscal (carta de presentación, currículo, instancia, nómina...). • Valorar a importancia dos procesos de avaliación e das reflexións finais tras a execución dos proxectos, tomando conciencia da necesidade de control que todo proxecto implica. • Utilizar as novas tecnoloxías da información e da comunicación como ferramentas de uso habitual e transmitir mensaxes escritas ou orais básicas nunha lingua estranxeira. INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓNComo xa sinalamos, os contidos correspondentes á materia deObradoiro de iniciativas emprendedoras repartiranse ó longo das tresavaliacións trimestrais.Ó finalizar cada trimestre realizarase unha proba escrita que acadarátódolos contidos impartidos durante ese trimestre. Tamén, poderánrealizarse outras probas periódicas (controis por escrito, traballosindividuais ou en grupo, debates, problemas e cuestións expostas poloprofesor) que terán tamén carácter obrigatorio para tódolos alumnos.Por suposto, tamén se terá en conta o interese amosado pola materia eactividades realizadas, así como aspectos básicos como puntualidade easistencia e orde e claridade nos apuntes confeccionados polos alumnos.
  • CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN Cada alumno será cualificado ó finalizar cada trimestreatendendo ós criterios e instrumentos antes sinalados cunha notanumérica de 0 a 10. Considérase aprobada ou superada a materia seobtén unha cualificación de 5 ou superior. ACTIVIDADES DE RECUPERACIÓN E REFORZOOs alumnos que non aproben unha avaliación ou trimestre terán querealizar as probas de recuperación ou reforzo que o profesor estableza(exame escrito, traballo, etc.).Os alumnos que non aproben a materia no mes de xuño, posto que nonacadaron os obxectivos mínimos establecidos, terán que superar no mesde setembro unha proba escrita que versará sobre todos os contidosimpartidos ó longo do curso e/ou traballo.Cando o suspenso do alumno se debe a non realizar unha actividade outraballo establecido como obrigatorio será necesario para poder superara materia a súa realización ou presentación segundo as indicacións doprofesor no mes de xuño ou setembro segundo o caso.Tanto no caso de alumnos con dificultades especiais no aprendizaxecomo alumnos que non acaden os obxectivos mínimos e teñan querealizar probas de recuperación se poñerá á súa disposición máismaterial de traballo (esquemas conceptuais, máis exercicios oucuestións, resolución de exames, etc.)
  • TEMAS TRANSVERSAISEducación para a igualdade sexual, para a paz, do consumidor, moral ecívica, para a saúde, ambiental... serán temas que se terán en conta áhora de dar as clases. Ademais nas actividades en grupo traballaremosa cooperación, a igualdade sexual, a integración de minorías, aeducación para a convivencia... e con elas aprenderán a dialogar,cooperar, valorar a obra allea e a poñer en común distintos puntos devista.• Educación para o consumo: a través da análise de publicidade e dos métodos que utilizan para convencer.• Igualdade sexual: valorando a igualdade de oportunidades no mundo laboral, equiparación de soldo... e rexeitando condutas como o acoso sexual.• Educación moral e cívica: a través da convivencia e a cooperación nos distintos grupos e a coidado do centro e o contorno.• Educación para a paz: a través da concienciación dos valores e motivación que achegan as ONG e empresas solidarias; tamén observando o custo que supoñen, tanto social como económico, os conflitos.• Educación para a saúde: coa potenciación dos hábitos saudables tanto a nivel persoal como empresarial, facendo fincapé en como os malos hábitos repercuten na saúde das persoas e da sociedade.• Educación ambiental: a través de exercicios nos que observen os efectos contaminantes de certas empresas e potenciando a reciclaxe, sobre todo de papel, desde o propio centro educativo.
  • CONTIDOS MÍNIMOSEn todo caso o alumno para ter superada a materia terá que: • Citar e explicar brevemente as funcións básicas do director- emprendedor, así como as capacidades coas que debe contar. • Asociar os conceptos de idea, necesidade e oportunidade de negocio. • Coñecer e explicar brevemente as distintas partes ou cuestións que compoñen todo plan de negocio ou plan emprendedor. • Explicar en que consiste a función de produción dunha empresa. • Coñecer os conceptos de custos de produción, custos fixos e variables, custo medio e marxinal, así como resolver problemas relacionados co seu cálculo. • Saber o concepto de marketing-mix e recoñecer os seus catro compoñentes. • Identificar atributos e compoñentes do produto e as distintas fases do ciclo de vida do produto. • Distinguir diferentes políticas ou estratexias á hora de fixar o prezo dun produto. • Coñecer os diferentes instrumentos de comunicación da empresa (publicidade, promoción, relacións públicas e forza de ventas). • Saber en que consiste a política de distribución dunha empresa. • Valorar a importancia dos recursos humanos dunha empresa, selección, contratación e formación e promoción.
  • • Identificar as modalidades básicas de contratos de traballo, dereitos e obrigas dos traballadores. • Coñecer os conceptos de beneficios e rendibilidade, así como resolver problemas relacionados co seu cálculo. • Coñecer as principais formas xurídicas de empresa e as súas características máis diferenciadoras. • Saber identificar os trámites máis comúns para poder iniciar a actividade. • Amosar interese e actitude positiva e participativa no desenrolo das clases. AVALIACIÓN DA PROGRAMACIÓNA avaliación desta programación farase nas reunións do departamento.Nelas verase a marcha do curso e a consecución dos obxectivospropostos (avaliación inicial). A medida que se vaian detectandodesaxustes, valoraranse as causas que os motivan, posibilitando destexeito realizar unha programación didáctica o máis realista posible.Ademais antes de cada avaliación procederase a analizar con máisdetalle cada un dos aspectos da mesma (avaliación continua). Asconclusións que ás se vaian chegando, recolleranse nas sucesivas actasde reunión de departamento e detallaranse ademais na memoria definal de curso (avaliación final).
  • Pontecesures, 4 de outubro de 2009