ESTATUTO REAL (1834) Carta outorgada breve, incompleta e flexible Extremado moderantismo Soberanía compartida pola Coroa e...
 
CONSTITUCIÓN DE 1837 Constitución de extensión  intermedia, flexible Soberanía nacional División de poderes Confesionalida...
CONSTITUCIÓN DE 1845 Constitución de extensión  intermedia, flexible Soberanía compartida División de poderes Confesionali...
Proxecto de  CONSTITUCIÓN DE 1852 Sistema político encamiñado a potenciar aínda máis o  poder da Coroa División de poderes...
CONSTITUCIÓN NON NATA DE 1856 Constitución que reflectía o ideario progresista Soberanía nacional División de poderes Prot...
Ano Total de electores  segundo censo electoral % da poboación española 20 maio 1834 16026 0,15 24 maio 1836 65000 0,7 20 ...
Art. 1º.— O Capitán Xeneral don Baldomero Espartero recomendaralle con interese ao Goberno o cumprimento da súa oferta de ...
Rexencia de Espartero (1840-43) Decreto de liberalización da importación de tecidos de algodón Revolta de Barcelona, sofoc...
Art. 1.— A relixión católica, apostólica e romana, que con exclusión de calquera outro culto  continúa sendo a única da na...
« Señora: os xenerais, brigadieres, coroneis e demais xefes que subscriben, fieis súbditos da V. M., chegan aos pés do tro...
« Vou defender as ideas democráticas, se é que desexades oílas. Estas ideas non pertencen nin aos partidos nin aos homes, ...
REVOLUCIÓN  GLORIOSA (1868) Causas económicas Causas políticas Efectos da  crise financeira  de 1866 Malas colleitas  de 1...
 
CONSTITUCIÓN DE 1869 Constitución de orixe popular Soberanía nacional División de poderes Ampla Declaración de  Dereitos B...
« Dous anos longos hai que cingo a Coroa de España, e España vive en constante loita, vendo cada día máis lonxana a era da...
PROXECTO DE  CONSTITUCIÓN (1873) Constitución federal Soberanía nacional División de poderes e poder de relación do Presid...
O SEXENIO EN VIÑETAS Caricatura na  revista  La Flaca   (1869). O ministro da  Gobernación,  Olózaga, busca pretendentes a...
O SEXENIO EN VIÑETAS Caricatura na revista  La Flaca . Os carlistas, unionistas e alfonsinos reteñen Á figura alegórica du...
O SEXENIO EN VIÑETAS Caricatura na  revista  La Flaca   (1870).  Representación dos carlistas como  ovellas guiadas por un...
O SEXENIO EN VIÑETAS Caricatura na  revista  La Flaca   (1873) sobre a I República.  Pi i Margall vese  desbordado polo  f...
O SEXENIO EN VIÑETAS Amence a Revolución Gloriosa, con Topete Alzando a bandeira, Flanqueado por Prim Desde a fragata  « Z...
Upcoming SlideShare
Loading in...5
×

A España liberal (1833-1874)

2,657

Published on

Published in: Education, Technology, Sports
0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total Views
2,657
On Slideshare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
9
Actions
Shares
0
Downloads
38
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

A España liberal (1833-1874)

  1. 4. ESTATUTO REAL (1834) Carta outorgada breve, incompleta e flexible Extremado moderantismo Soberanía compartida pola Coroa e as Cortes Cortes bicamerais (Estamento de Próceres e Procuradores) Cortes sen iniciativa lexislativa, só con dereito de petición e facultade de aprobar as novas contribucións Corpo electoral moi reducido (0,15% da poboación), cun nivel de renda mínimo esixido aos electores (12.000 reais) A Coroa segue a ser a principal institución política, mais deixando de ser absoluta Outros elementos definidores do sistema político Decreto de Javier de Burgos (1833) Novas leis sobre xurisdición ordinaria, sobre o Tribunal Supremo e as Audiencias Nova organización agrícola (desde 1836), alentando os principios de liberdade de propiedade, de explotación e de comercio
  2. 6. CONSTITUCIÓN DE 1837 Constitución de extensión intermedia, flexible Soberanía nacional División de poderes Confesionalidade do Estado e tolerancia relixiosa Cortes bicamerais: Congreso e Senado Corpo electoral ampliado ata o 2,2% da poboación A Coroa comparte a iniciativa lexislativa, sanciona as Leis e ten veto absoluto. Ten o dereito de disolución das Cortes e nomear e separar aos ministros. Na práctica seguiuse un réxime de dobre confianza O goberno afianza o seu carácter de órgano constitucional Lei Xeral de Desamortización (1837) Cos gobernos moderados (finais de 1837 ata mediados de 1840), restrínxese o sistema con diversas leis de imprenta e suspensión do proceso desamortizador, así como os proxectos de lei encamiñados a reducir a participación electoral De novo no poder (1840-1843), os progresistas impulsaron as leis de desamortización e aprobaron o arancel de 1841 (certa liberdade de comercio)
  3. 7. CONSTITUCIÓN DE 1845 Constitución de extensión intermedia, flexible Soberanía compartida División de poderes Confesionalidade do Estado e unidade relixiosa Bicameralismo: Congreso electivo e Senado con membros nomeados pola Coroa, con carácter vitalicio Corpo electoral reducido, pola lei electoral de 1846, a 97.000 individuos, menos da metade dos que votaban en 1840 A Coroa controla a Cámara Alta. Nas leis que configuraban a nova Administración, correspondían á monarca amplas atribucións de control mediante os nomeamentos A centralización preside a obra reformadora do Estado Centralización dos Estudos universitarios Polo Plan de Estudos De Gil de Zárate (1845) Reforma da Facenda de Mon (1845) Código Penal (1848), e proxecto de Código Civil (1851), que acabará sendo promulgado en 1888 Concordato coa Santa Se (1851) Conversión de Navarra en provincia (lei paccionada de 1841) e reformas no réxime foral vasco
  4. 8. Proxecto de CONSTITUCIÓN DE 1852 Sistema político encamiñado a potenciar aínda máis o poder da Coroa División de poderes Confesionalidade do Estado e unidade relixiosa Bicameralismo: Congreso electivo -máis reducido- e Senado con membros hereditarios, natos e vitalicios Corpo electoral reducido A Coroa aproba o reglamento as Cortes. O rei pode lexislar en casos urxentes sen Cortes
  5. 9. CONSTITUCIÓN NON NATA DE 1856 Constitución que reflectía o ideario progresista Soberanía nacional División de poderes Protección da relixión católica, e liberdade de conciencia Bicameralismo: Congreso e Senado electivos A institución monárquica aparecía desgastada. A dinastía foi criticada no proceso de elaboración da Constitución; a crítica apunta a que a Coroa sería un obstáculo para a renovación política A Constitución non chegou a ser promulgada O'Donnell enfróntase a Espartero e desprázao finalmente, fundando a Unión Liberal
  6. 10. Ano Total de electores segundo censo electoral % da poboación española 20 maio 1834 16026 0,15 24 maio 1836 65000 0,7 20 xullo 1837 257984 2,2 18 marzo 1846 100000 0,8 18 xullo 1865 418217 2,67 9 novembro 1868 4000000 24 11 marzo 1873 4550000 27 Fonte: Javier Paredes, Historia contemporánea de España (s. XIX)
  7. 11. Art. 1º.— O Capitán Xeneral don Baldomero Espartero recomendaralle con interese ao Goberno o cumprimento da súa oferta de se comprometer formalmente a propoñer ás Cortes a concesión ou modificación dos Fueros. Art. 2º.— Serán recoñecidos os empregos, graos e condecoracións dos xenerais, xefes e oficiais e demais individuos dependentes do exército ó mando do tenente xeneral don Rafael Maroto (…) quedando en liberdade de continuar servindo e defendendo a Constitución de 1837 , o trono de Isabel II e a rexencia da súa augusta nai, ou ben retirarse ás súas casas os que non queiran seguir coas armas na man. Art. 8º.— Poñeranse a disposición do capitán xeneral do Baldomero Espartero os parques de artillería, maestranzas, depósitos de armas, de vestiarios e víveres que estean baixo a dominación do tenente xeneral Rafael Maroto. Vergara, 31 de agosto de 1839 —Asinan o Duque da Vitoria e mais Rafael Maroto— 1ª Guerra Carlista (1833-1840)
  8. 12. Rexencia de Espartero (1840-43) Decreto de liberalización da importación de tecidos de algodón Revolta de Barcelona, sofocada co bombardeo da cidade Intentos de modificar o sistema foral navarro e vasco 1843: Pronunciamento moderado de Narváez
  9. 13. Art. 1.— A relixión católica, apostólica e romana, que con exclusión de calquera outro culto continúa sendo a única da nación española , conservarase sempre nos dominios da S. M. Católica con todos os dereitos e prerrogativas de que deben gozar segundo a lei de Deus e o disposto polos sagrados Canons. Art. 2.— En consecuencia a instrución nas Universidades, Colexios, Seminarios e Escolas públicas ou privadas de calquera clase, será en todo conforme á doutrina da mesma relixión católica ; e a este fin non se poñerá impedimento algún aos bispos e demais prelados diocesanos encargados polo seu ministerio de velar pola pureza da doutrina da fe e dos costumes, e sobre a educación relixiosa da xuventude no exercicio deste cargo, aínda nas escolas públicas. Art. 3.— Tampouco se poñerá impedimento algún aos devanditos prelados nin aos demais sagrados ministros no exercicio das súas funcións, nin os molestará ninguén baixo ningún pretexto en canto se refira ao cumprimento dos deberes do seu cargo; antes ben coidarán todas as autoridades do reino de gardarlle e de que se lles garde respecto e consideración (…) principalmente cando haxan de opoñerse á malignidade dos homes que intenten perverter os ánimos dos fieis e corromper os costumes, ou cando houbese de impedirse a publicación, introducción ou circulación de libros malos e nocivos. Concordato entre o Goberno Español e a Santa Se de 16 de Marzo de 1851 CONCORDATO COA SANTA SE OS MODERADOS NO PODER (1845-54)
  10. 14. « Señora: os xenerais, brigadieres, coroneis e demais xefes que subscriben, fieis súbditos da V. M., chegan aos pés do trono e con profunda veneración expoñen: que defenderon sempre o augusto trono da V. M. a custo do seu sangue, e ven hoxe con dor que os vosos ministros responsables, exentos de moralidade e de espírito de xustiza, aldraxan as leis e aniquilan unha nación moi empobrecida, creando ao mesmo tempo co exemplo dos seus actos unha funesta escola de corrupción para todas as clases do Estado. Hai tempo, Señora, que os pobos xemen baixo a máis dura administración, sen que se respecte polos conselleiros responsables da V. M. un só articulo da Constitución; lonxe disto, vense perseguindo con crueldade aos homes que maiores servizos prestaron á causa da V. M. e as leis só por ter emitido o seu voto con lealdade e franqueza nos corpos colexisladores. A prensa, esta institución encargada de discutir os actos administrativos e derramar a luz en todas as clases, atópase encadeada, e os seus máis ilustres representantes afogan a súa voz no desterro uns, e os outros, protexidos por algunha man amiga, viven ocultos e cheos de privacións, para liberarse da bárbara persecución que estes homes improvisados resolveron contra todos. Os gastos públicos, que tantas bágoas e tanto suor custan ó infeliz contribuínte, auméntase cada día (…).Máis non para aquí, Señora, a rapacidade e desbordamento dos ministros responsables; levan aínda máis alá a venalidade e a ambición. Non concederon ningunha liña de ferrocarril algo importante sen que percibisen antes algunha crecida subvención (…) Manifesto de Alcalá de Henares, asinado por militares como O'Donell, Dulce, etc.. e coñecido como Vicalvarada; 1854 VICALVARADA BIENIO PROGRESISTA (1854-56)
  11. 15. « Vou defender as ideas democráticas, se é que desexades oílas. Estas ideas non pertencen nin aos partidos nin aos homes, pertencen á humanidade. Baseadas na razón son, como a verdade, absolutas, e como as leis de Deus, universais. Por iso a persecución non pode afogalas, nin a espada do tirano vencelas; pois antes de que o tempo despregase as alas, foron escritas en libros máis inmensos que o espazo pola man mesma do Eterno. Así os homes que se perden no océano da vida, os poetas que adoran o eternamente belo, … non fan máis que botalas en ondas de luz sobre a mente do pobo. »   Discurso de Castelar (setembro 1854) Emilio Castelar publicou en « La democracia » o artigo "El rasgo" , o 22 de febreiro de 1865, denunciando que os terreos comprendidos entre a fachada traseira do que hoxe é o Museo do Prado e o valado do Retiro formaban parte do Patrimonio Nacional e non do Patrimonio Real, pois Isabel II procedera como se fose pertenza súa ao venderse o grande solar para edificar sobre el. 2º PERÍODO MODERADO (1856-1868) Destitución da súa cátedra de Castelar Noite de San Daniel (1865)
  12. 16. REVOLUCIÓN GLORIOSA (1868) Causas económicas Causas políticas Efectos da crise financeira de 1866 Malas colleitas de 1867 e 1868 Esgotamento do réxime moderado Biolóxico: mortes de O'Donnell e Narváez Corrupción
  13. 18. CONSTITUCIÓN DE 1869 Constitución de orixe popular Soberanía nacional División de poderes Ampla Declaración de Dereitos Bicameralismo: Congreso e Senado -este último elixido por sufraxio universal indirecto e con aceso restrinxido. Cámaras elixidas por 3 anos Sufraxio universal masculino No Rei reside o poder executivo, exercido por medio dos seus ministros. Trátase dunha monarquía constitucional Asasinato de Prim Actividades de loita organizadas polos inimigos do réxime: Carlistas (1872-76); loita de Cuba pola independencia; os sectores canovistas preparan o regreso do fillo de Isabel II Renuncia de Amadeo I (2 / 2 / 1873) Monarquía de Amadeo de Saboia (1871-1873)
  14. 19. « Dous anos longos hai que cingo a Coroa de España, e España vive en constante loita, vendo cada día máis lonxana a era da paz e a ventura que tan ardentemente desexo. Se fosen estranxeiros os inimigos da súa dicha, entón, á fronte destes soldados, tan valentes como sofridos, sería o primeiro en combatelos; pero todos os que coa espada, coa pluma, coa palabra, agravan e perpetúan os males da Nación son españois; todos invocan ao doce nome da patria, todos pelexan e axítanse polo seu ben; e entre o fragor do combate, entre o confuso, atroador e contraditorio clamor dos partidos, entre tantas e tan opostas manifestacións da opinión pública, é imposible atinar cal é a verdadeira, e máis imposible aínda achar remedio para tamaños males. Busqueino ávidamente dentro da lei e non o atopei. Fóra da lei non ha de buscalo quen prometeu observala. […] Estas son, señores deputados, as razóns que me moven a devolver á Nación e no seu nome a vós, a Coroa que me ofreceu o voto nacional, facendo dela renuncia por min, polos meus fillos e sucesores. » Pazo de Madrid, 2 de febreiro de 1873 AMADEO I RENUNCIA Á COROA  
  15. 20. PROXECTO DE CONSTITUCIÓN (1873) Constitución federal Soberanía nacional División de poderes e poder de relación do Presidente da República Ampla Declaración de Dereitos e separación Igrexa / Estado Estado central superposto aos Estados membros, como República Federal. Habería unha Constitución para o Estado federal e outras tantas, unha por cada Estado. Sufraxio universal masculino Distribución de competencias entre Estado central e outros Estados PRIMEIRA REPÚBLICA (1873-74) Parlamento bicameral: Congreso e Senado Tribunal Federal Estourido da insurreción cantonalista (1873) Golpe de Estado do xeneral Pavía (3 de xaneiro de 1874) Goberno de Serrano Pronunciamento de Martínez Campos (29 decembro 1874)
  16. 21. O SEXENIO EN VIÑETAS Caricatura na revista La Flaca (1869). O ministro da Gobernación, Olózaga, busca pretendentes ao trono de España, entre os que se distinguen Isabel II, o pequeno Alfonso XII, o pretendente carlista (Carlos VII) e o duque de Montpensier. O mono anima a Portugal, pois a dinastía deste país era a preferida polo ministro.
  17. 22. O SEXENIO EN VIÑETAS Caricatura na revista La Flaca . Os carlistas, unionistas e alfonsinos reteñen Á figura alegórica dunha escrava que Representa á illa de Cuba; mentres, os Elementos republicanos e radicais (Ruiz Zorrilla, Salmerón con gorro frixio) Ofrécenlle a liberdade. Na práctica, Durante a I República, só se aboliu a Escravitude en Porto Rico.
  18. 23. O SEXENIO EN VIÑETAS Caricatura na revista La Flaca (1870). Representación dos carlistas como ovellas guiadas por un clero fanático, que ten a Carlos VII nun altar.
  19. 24. O SEXENIO EN VIÑETAS Caricatura na revista La Flaca (1873) sobre a I República. Pi i Margall vese desbordado polo federalismo, representado con pequenas figuras infantís ataviadas cos distintos traxes rexionais, mentres Castelar tenta poñer orde instruindo aos alumnos.
  20. 25. O SEXENIO EN VIÑETAS Amence a Revolución Gloriosa, con Topete Alzando a bandeira, Flanqueado por Prim Desde a fragata « Zaragoza », e por Serrano, vencedor en Alcolea Os asinantes do manifesto crearán un goberno provisional Que dará a luz a peseta e a Constitución de 1869 Rexencia de Serrano Amadeo I de Saboia, monarca democrático Proclamación da I República (11/2/1873) Figueras levanta a Bandeira da República federal Pi i Margall contempla a escena desde a súa República « PI-ROTÉCNICA » Salmerón esgrime a filosofía do krausismo desde a súa « República filosófica » Castelar fai alarde, « por lo fino » da súa elocuencia, precipitándose cara ao abismo Pavía, como un Pavo real, aparece No Congreso e os Deputados Abandoan o Hemiciclo polos Teitos, mentres Sagasta se escapa... Martínez Campos restaura o escudo da monarquía borbónica
  1. A particular slide catching your eye?

    Clipping is a handy way to collect important slides you want to go back to later.

×