Your SlideShare is downloading. ×
A escola na rede
Upcoming SlideShare
Loading in...5
×

Thanks for flagging this SlideShare!

Oops! An error has occurred.

×
Saving this for later? Get the SlideShare app to save on your phone or tablet. Read anywhere, anytime – even offline.
Text the download link to your phone
Standard text messaging rates apply

A escola na rede

1,005

Published on

Unha introducción ao traballo colaborativo

Unha introducción ao traballo colaborativo

Published in: Technology
0 Comments
1 Like
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

No Downloads
Views
Total Views
1,005
On Slideshare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
6
Actions
Shares
0
Downloads
7
Comments
0
Likes
1
Embeds 0
No embeds

Report content
Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
No notes for slide
  • Transcript

    • 1. A escola na rede: “ tecendo redes”
    • 2. Para comezar
      • "Imaxinen o impacto de millóns de mozos con ideas frescas e rebordantes de enerxía -armados coas ferramentas máis poderosas da historia- incorporándose á poboación activa. Esta ondada non fixo máis que comezar".
      • (Juan Luis Cebrián) .
    • 3. O discurso dominante
      • O discurso dominante en torno ás Novas Tecnoloxías afirma o seu carácter imparable. A súa utilización está a provocar cambios socias que inciden na mellora do conxunto da sociedade e como consecuencia na calidade de vida dos cidadáns.
      • É tan poderoso o impacto das N.T. que se afirma que estamos entrando nunha nova era na civilización humana: A chamada sociedade da información ou Sociedade do Coñecemento?
    • 4. ¡Ollo co discurso dominante!
      • O discurso dominante en torno ás Novas Tecnoloxías non pode impedirnos a análise crítica destes procesos de innovación comezados, así como dos seus efectos sociais e culturais.
      • As N.T. teñen efectos importantes na formación política das persoas, na conformación e transmisión de ideas e valores e no desenvovemento de actitudes cara os demais.
    • 5. A necesaria alfabetización ESCOLA Contorno Mundo - Investigación Educación para os Medios
    • 6. Educación Para os Medios: Alfabetización Pedagoxía dos medios Pedagoxía con medios Educación para os Medios Alfabetización Profesorado Alumnado
    • 7. Contidos da Alfabetización AV
      • Neste sentido os contidos da alfabetización en T.C.I. a incluir no curriculum da formación do profesorado deberán contemplar
      • Conxunto de coñecementos e destrezas sobre os equipos así como das ferramentas de creación, que lle permitan deseñar mensaxes audiovisuais e multimedia.
    • 8. Contidos da Alfabetización AV
      • Conxunto de coñecementos que posibiliten a un suxeito deseñar mensaxes, estructuralos e soportalos en imaxes para poder ser transmitidos.
      • Informacións e destrezas cognitivas que posibilitan a unha persoa identificar as mensaxes que están soportadas en imaxes.
    • 9. Contidos da Alfabetización AV
      • Conxunto de coñecementos e habilidades que lle permitan buscar, seleccionar, comprender e recrear a inxente cantidade de información que recibe.
    • 10. Así é unha persoa alfabetizada
      • Persoa crítica frente aos medios e frente á súa propia realidade.
      • Receptora participativa capaz de dar resposta ás mensaxes que recibe.
      • Creadora e emisora das súas propias mensaxes audiovisuais.
    • 11. Isto permítelle ...
      • Unha mellor comunicación con outras persoas.
      • Coñecer con maior profundidade o seu contorno.
      • Adaptarse mellor á unha sociedade cambiante
    • 12. Eixes do traballo cos medios na escola
      • Comunicación
      • Expresión
      A imaxe é…
      • Creación
      A imaxe é… A imaxe é…
    • 13. A rede
      • O paradigma das NT son as redes informáticas.
      • Os ordenadores interconectados aumentan enormemente as súas potencialidades.
      • Ábrese a porta ao acceso remoto a información e recursos, á publicación e á difusión da información e favorece o desenvolvemento de comunicacións inmediatas entre as persoas o que posibilita o desenvolvemento do traballo colaborativo .
    • 14. A rede de redes
      • O Valor da Información
      • Internet, a Rede , é básicamente un medio de c omunicación e unha inmensa fonte de información:
    • 15. Internet: Medio de Comunicación
      • Aínda que a Internet é un servicio universal, moverse por ela é verdadeiramente sinxelo. Permite o intercambio de mensaxes individuais ou grupais dun xeito moi versatil, rápido e económico.
    • 16. Internet: Fonte de Información
      • A través da Rede podemos acceder a datos sobre os temas máis diversos, independientemente de donde se atope a información. A enorme cantidade de información existente na rede convirte a esta na maior enciclopedia que nos podamos imaxinar
    • 17. As Posibilidades da Internet
      • Un xeito de explica-las posibilidades da Internet como medio de comunicación é conceptualizala como un conxunto de ferramentas e de espacios nos que comunidades de seres humanos con intereses comúns interactúan e intercambian información
    • 18. A Internet como espacio educativo
      • Espacios para a comunicación,
      • Espacios para a interacción e a actividade social,
      • Espacios para a información, a distribución e a procura de información en formatos dixitais,
      • Espacios para a educación e a formación
    • 19. Funcións educativas da rede
      • Proporcionar información de todo tipo
      • Facilita-la obtención de materiais educativos off-line
      • Posibilita-la comunicación con outras persoas
      • Facilita-la realización aprendizaxes en-liña
      • Facilita-la realización de xestións administrativas e comerciais de todo tipo
      • Actuar como medio publicitario...
      • Entreter e motivar.
    • 20. Aplicacións Educativas da rede
      • Internet dende a perspectiva docente
      • Internet dende a perspectiva discente:
        • Formación como consumidores de ... (igual que coa tv)
        • Formación como usuarios de ...
        • Formación como productores de ...
      • Internet dende a perspectiva do proceso de Ensino -Aprendizaxe:
        • As características Hipermedia da información na rede, fan - tanto para o profesorado como para o alumnado- que como material resulte:
          • Rápido
          • Motivador
          • Flexible, adaptable,...
    • 21. E nós ¿que?
      • Exemplifiquemos en tres os xeitos de achegarse un centro educativo á rede:
        • De xeito individual
        • Como Centro – Presencia Institucional
        • Como Grupo de Profesor@s
        • Con proxecto de intervención
          • “ Construindo a nosa presencia na Internet”
    • 22. Lanzadeira
      • A "lanzadeira" é a agulla coa que as nosas mulleres e os nosos homes do mar tecen as súas redes.
      • O proxecto que presentamos pretende, do mesmo xeito, ser o instrumento co que tezamos unha nova rede na que teñan cabida as nosas necesidades, os nosos anceios e os nosos soños, as nosas reflexións,…
    • 23. Lanzadeira.net
      • Unha rede cómplice doutras irmás, aberta ao mundo e con ansias de medrar; unha rede deseñada para a comunicación, para a expresión e o desenvolvemento creativo; unha rede na que o intercambio de experiencias, o acceso á información e á dispoñibilidade de recursos terán lugar dende unha perspectiva solidaria; unha rede, en definitiva, que contribúa a tecer a educación nun novo mundo.
    • 24. Aventuras na WEB
      • Unha Webquest é unha actividade enfocada á investigación, na que a información usada polos alumnos é, na súa maior parte, descargada da Rede. As WebQuest deséñanse para rendabilizar o tempo do alumno, centrando a actividade no uso da información, mais que na súa procura, e para apoiar a reflexión do alumno nos niveis de análise, síntese e avaliación
    • 25. Deseñar unha webquest
      • Adaptado de BuildingBlocks de Bernie Dodge
      • Segundo o seu autor, deseñar un Webquest non é moi diferente de elaborar calquera clase de unidade didáctica. O enunciado da actividade debe orientar aos alumnos, dándolles unha tarefa factíble e interesante, ofertándolles os recursos e as orientacións necesarias, describindo como serán avaliados, e finalmente resumindo e “xeralizando" a lección.
    • 26. Deseñar unha webquest
      • Consta das seguintes partes:
      • Introducción
        • Ten dous obxectivos:
          • Orientar ao alumno sobre o que se vai atopar.
          • Incrementar o seu interese pola actividade facendo que semelle atractiva, importante para futuras tarefas, divertida....
    • 27. Deseñar unha webquest
      • Tarefa
        • Neste apartado proporciónase ao alumno unha descrición do que terá que ter feito ao finalizar o exercicio. Pode ser un conxunto de páxinas Web, unha presentación con Power Point, ou tal vez unha presentación verbal na que poda ser capaz de explicar un tema específico.
    • 28. Deseñar unha webquest
      • Proceso.
        • Neste apartado suxírense os pasos que os alumnos deben seguir para completar a tarefa, e que poden incluír estratexias para dividir a tarefas en subtarefas, descrición dos papeis ou perspectivas que os estudiantes deben adoptar,...O profesor pode tamén engadir orientacións sobre a aprendizaxe, ou sobre procesos de dinámica de grupos tales como a forma de levar unha sesión de chuvia de ideas ("brainstorming"). A descrición do proceso debería ser breve e clara.
    • 29. Deseñar unha webquest
      • Recursos.
        • Nesta sección proporciónanse unha lista de páxinas Web,que o profesor localizou previamente, e que axudarán aos alumnos a realizar a tarefa; a preselección deste tipo de recursos permite que os alumnos se centren no tema, en lugar de navegar pola rede "sen rumbo". Para o autor é importante que se teña en conta que os recursos non teñen porqué estar restrinxidos ao Web.
    • 30. Deseñar unha webquest
      • Avaliación.
        • Dependendo do nivel dos alumnos e do tipo de actividade farase unha descrición sobre que se vai avaliar e de como se fará.
        • Cobra importancia nesta sección a elaboración de rúbricas que posibilitan que o alumno coñeza en todo momento como cando e en base a que sera avaliado
    • 31. Deseñar unha webquest
      • Conclusión
        • Esta sección proporciona a oportunidade de resumir a experiencia, animar á reflexión sobre o proceso e xeralizar o que se aprendeu. Non é unha parte crítica de todo o conxunto, pero proporciona un punto final á actividade. Pode ser interesante, nesta sección, suxerir preguntas que un profesor podería facer nunha discusión aberta con toda a clase.
    • 32. Navegar pola información
      • Ó longo da historia o home estivo estreitamente vinculado ó mar; a humanidade foi en todo tempo navegante por tódolos mares, dende tódalas costas e con todo tipo de embarcacións.
      • Pero ó chegar ós nosos días parece que os avances tecnolóxicos empequeneceran os mares, que a historia xa non vai polo mar e que os homes deixaran de ser un pobo de navegantes.
      • O home síntese nestes últimos anos arrastrado pola magnitude da riada, incapaz de facerse con tal caudal e aproveitar tanta auga, tanta información que se lle escapa.
    • 33. Navegar pola Información
      • Pasouse da carencia ó exceso,da seca ó dioivo.
      • O home atópase á beira dun impresionante mar, non de auga, senón de información.
      • E por eses mares de información debe aprender a navegar, a construír embarcacións cada vez máis mariñeiras e a trazar as súas cartas de navegación.
      • Navegar supón poder percorrer a información dende puntos de partida distintos. Facer travesías máis ou menos longas pola información, pero sempre tendo - o navegante - a posibilidade de decidir o rumbo.
      Antonio Rodríguez de las Heras
    • 34. Graciñas pola vosa atención

    ×