2. Na terminoloxía lingüística hispánica circulan desde o ano 1977 (Vallverdú) os termos normalización e normativación . O primeiro refírese á "extensión social da lingua"; o segundo á "escolla e formulación da norma".
3. En sentido estricto a planificación lingüística en Galicia é moi recente, e non porque non houbese planificadores senón porque as propostas individuais carecían da socialización necesaria. Con todo, iniciativas e camiños cara á constitución "espontánea" dun estándar literario galego hainas desde o comezo mesmo da renacencia literaria galega, hai máis de 150 anos .
4. A falta de normalización motivou que este movemento espontáneo fose moi lento e que aínda non estivese concluído cando a finais da década de 1970 Galicia recupera parte dos seus dereitos, e entre eles, tamén en parte, os lingüísticos. A falta de alfabetización e outros medios de socialización da lingua fixeron máis lenta aínda a aparición dun estándar coloquial, supradialectal e depurado.
5. A mediados do século XIX , aínda que xa con antecedentes importantes entre os ilustrados do séc. XVIII (Fr. Martín Sarmiento 1695-1772), e con algúns "precursores" máis inmediatos, prodúcese un Rexurdimento . Dura ata principios deste século e é impulsado tamén aquí por elites aculturadas na outra lingua, que non estaban de acordo co tipo de nación que lles inculcaban e lograron, por saber ou por reflexión, identificarse co máis esencial da súa terra
6. Un feito destacable nesta época é a fundación dunha Academia (1905), longamente desexada por moitos, que ansiaban un código que acabase coa anarquía lingüística. A situación subalterna en que vivira o galego durante séculos creara entre os falantes a mala conciencia de que falaban incorrectamente o seu propio idioma
7. Fóra destas elites a presencia do galego en ambientes que non fosen o rural ou suburbano, era escaso. Por outro lado, paradoxalmente os renacentistas escribían nunha lingua que era falada maioritariamente por analfabetos , lingüisticamente tan alienados coma os mesmos que renunciaran a falala. Aqueles renacentistas tiñan logo que cumprir tamén a misión de concienciar a unha poboación que infravaloraba a súa propia lingua.
8. É só despois de 1916, coa fundación das Irmandades da fala , unha liga parecida á Liga Gaélica de Irlanda (1893), cando comeza a saír o galego fóra dos lindeiros do literario. Daquela comeza a dar os primeiros pasos para o proselitismo político. Escríbense en galego os primeiros ensaios e as primeiras obras de carácter científico de tipo local. É tamén nesta época cando comeza a haber publicacións periódicas ( A Nosa Terra ) de alcance máis ambicioso cás do século pasado.
9.
10. O labor desta xeración e o da posterior (a do grupo para-universitario do Seminario de Estudos Galegos , mozos aínda cando comezou a guerra), foi frustrado polo triunfo de Franco, que anulou completamente o galeguismo, reducindo os seus homes ó exilio ou ó silencio.
11. A recuperación posterior ó franquismo comezou ó principio dos 50. Despois do ingreso de España na UNESCO as medidas represivas contra o galego atenuáronse. Isto permitiu que algúns galeguistas sobreviventes da guerra acometesen a empresa de transmitirlle á xente nova o ideario do vello galeguismo, fundado principalmente na defensa idiomática e outras tarefas de carácter cultural.
12. Nos anos 60 madurece a primeira xeración de galegos que non viviu o trauma da guerra civil. Florece o asociacionismo cultural e comeza outra vez a organización do galeguismo a través dos partidos políticos. Debemos engadir un feito de notable interese: a creación dunha sección de estudios filolóxicos na Universidade de Santiago no ano 1963, da que proceden case tódolos que na actualidade participan na modernización do galego, calquera que sexa o seu punto de vista.
13. Neste marco que acabamos de trazar insérese a cuestión da codificación lingüística.
14. As formas elaboradas do estándar chégase porque, por unha parte, hai unha tendencia espontánea a saír do particularismo xeográfico integrándose nunha entidade común superior; e por outra, pola acción reformadora dos expertos e pola acción exemplarizante dalgúns creadores singulares. Isto ocorre de modo inevitable no momento en que se fai o esforzo, por pequeno que sexa, de poñer unha lingua por escrito .
15.
16. Todos estes tanteos individuais na procura dunha norma sobreviviron sen freo nin controversia ata a década de 1970. A partir de aquela o galego comezou a ser materia de ensino . Máis ou menos polas mesmas datas (finais dos Setenta) abríronselle ó galego as posibilidades de ser lingua da administración ó pasar a ser lingua cooficial . É dicir, vólvese unha lingua con misións novas. Entón estaba claro que para a normalización (status planning) do galego a anarquía normativa, ou a multiplicidade de normas, era un obstáculo moi notable. Realmente é inconcebible unha normalización se non hai unha norma única.
17.
18. Ningunha proposta ortográfica triunfou nin deu lugar sequera a querelas que repercutisen máis aló de pequenos cenáculos. O problema das contraccións ao/ó , a acentuación, a apostrofación, a guionización, a representación de [ò], ou [h] son discutidas polemicamente en tódalas normativas. No plano da gramática a converxencia espontánea cara a formas unificadas foi máis lenta e a penas se deron disputas por escollas morfolóxicas como se deran polas escollas gráficas.
19. Os partidarios de cada opción formularon lingüisticamente as súas propostas en gramáticas e normas ortográficas e morfolóxicas.
20. Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego , propostas pola Real Academia Galega e o Instituto da Lingua Galega en 1982, adoptadas despois como oficiais polo goberno galego. Como criterio principal tenderon a busca-la pureza idiomática, limpando o galego de trazos alienantes (préstamos innecesarios do castelán) e procurando non caer nos abusos propios da hiperidentificación.
23. No camiño da rehabilitación do idioma, da súa normalización para todos os ámbitos da vida cotiá do país, o galego topou cunha serie de atrancos derivados da parcial castelanización do léxico, da reducción da lingua a ámbitos rurais e coloquiais, e da diversidade de formas existentes no galego falado.
24. neste camiño da rehabilitación do léxico houbo e hai interferencias e inconvenientes xerados polo propio idioma ou provocados polo contacto con idiomas alleos.