Uploaded on

 

  • Full Name Full Name Comment goes here.
    Are you sure you want to
    Your message goes here
    Be the first to comment
    Be the first to like this
No Downloads

Views

Total Views
876
On Slideshare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
0

Actions

Shares
Downloads
18
Comments
0
Likes
0

Embeds 0

No embeds

Report content

Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
    No notes for slide

Transcript

  • 1. As funcións sociais da lingua. Conflito e diglosia. Estereotipos e prexuízos lingüísticos: a súa repercusión nos usos.
  • 2. As funcións sociais da lingua. Lembra!!
  • 3. As funcións sociais dunha fingua son en realidade funcións xerais de relación social realizadas mediante a lingua, Entre as distintas maneiras en que unha lingua pode concretar a función comunicativa no seo dunha sociedade salientamos as seguintes: Función de identidade Función cultural Función institucional Función local Función laboral Función familiar
  • 4. Función de identidade A lingua opera como vehículo de articulación interior do pensamento propio.
  • 5. Función familiar A lingua fálase na casa, de portas adentro, cos pais, cos irmáns. Repárese en que a familia é o espazo da primeira socialización, aquela en que o individuo aprende parte das pautas que gobernarán a súa vida adulta, incluídas as lingüísticas. Entre nós , o galego sobreviviu como lingua familiar durante séculos. Fóra da casa, os adultos falaban galego só ás veces (dependendo do contexto e do interlocutor: diglosia) ou nunca.
  • 6. Función laboral A mudanza da lingua familiar no ámbito laboral acontece adoito en lugares onde existen varias linguas en contacto.
  • 7. Función local O idioma emprégase con normalidade nos contactos diarios entre persoas do mesmo contorno (amigas, veciñas, coñecidas). En Galicia, o cambio de lugar de residencia carrexou durante moito tempo unha mudanza de lingua, de xeito que cando os habitantes do rural marchaban á capital cambiaban o galego polo castelán. - De andar a servir se me esquenció de todo el jallego. - Vaites, vaites.
  • 8. Función institucional Un idioma cumpre a función institucional cando é empregado polos cidadáns para se comunicaren coas institucións políticas e administrativas. En determinados ámbitos (o xudicial, por exemplo), a presenza do galego segue a ser aínda cativa. Noutros, algúns persoeiros empregan o galego en público de maneira notoriamente artificial ("galego litúrxico").
  • 9. Función cultural A lingua cumpre esta función cando é empregada non só por aquelas persoas que a aprenderon orixinariamente como lingua inicial (L1) senón por cidadáns doutros países que a aprenderon voluntariamente como segunda lingua (L2). Parte da relevancia que o inglés mantén nos nosos días como lingua de cultura internacional apréciase na cantidade de individuos de lingua orixinaria non inglesa que se esforzan en aprendelo como L-2.
  • 10. O conflito lingüístico. Definición causas e consecuencias.
  • 11. O ser humano é un ser social que convive con outros membros no seo dunha sociedade. A sociedade humana existe porque as persoas que as conforman se relacionan entre si a través dun mesmo sistema de comunicación. Agora ben, non todos falamos a mesma lingua, pois os pobos somos diferentes.
  • 12.  
  • 13. A diversidade lingüística é tan grande que atopamos 3000 linguas diferentes
  • 14. Neve
      • Schnee (al)
      • Neu (cat)
      • Neige (fr)
      • Snow (ingl)
      • Neve (it)
      • Neve (pt)
      • Snö (sueco)
      • ninge (rom)
    Na linguaxe esquimó temos para esta palabra: aniu (neve no chan), kanevvluk (neve lixeira), murvaneq (neve suave e profunda), natquik (neve en remuíño), nevluk (neve pegañenta), qanis, quineq (neve sobre a auga), nutaryuk (neve fresca), etc. Na lingua kangiryuarmiut aínda é maior o número de palabras para a ‘neve caída’, ‘neve derretíndose’, ‘neve en po’, ‘neve caendo’, etc.
  • 15. A pluralidade lingüística do planeta non é maldición bíblica, senón signo de variedade humana e de progreso. Falar dunha única lingua como universal é un feito antihistórico.
  • 16. Situación lingüística mundial. Raramente coinciden as fronteiras lingüísticas coas políticas. Hai un número 30 veces maior de linguas ca de estados.
  • 17. A adopción dunha determinada lingua como idioma oficial implica unha decisión xurídico-política (usualmente de rango constitucional ) que reflicta toda unha serie de actitudes precedentes, de proxectos de actuación, etc... que sería irreal disociar do acto de autoridade. Como a lingua oficial lle compete ao Estado, os cambios de status das linguas oficiais teñen que ser relacionados cos cambios na organización política. O status oficial dunha lingua específica non está fixado permanentemente, senón exposto a flutuacións de acordo coas circunstancias sociopolíticas.
  • 18. A lingua oficial non é sempre a lingua do grupo ou grupos lingüísticos asentados no territorio do Estado. Os países do considerado Terceiro Mundo ofrecen moitos exemplos desta situación: o inglés na India, o francés no Líbano.
  • 19. Dúas linguas nunha sociedade. Ningún Estado nace multilingüe. Cando nos atopamos dúas linguas no seo dunha sociedade, estamos ante un feito antinatural, froito das vicisitudes históricas. Miquel Siguán explica isto aludindo a tres motivos: - os procesos de expansión e unificación política. - os movementos migratorios. - os contactos internacionais.
  • 20. A existencia de máis dunha comunidade idiomática no seo dos estados a miúdo presenta unha situación de desequilibrio e desigualdade non só numérica (maioría/minoría), senón tamén xurídica (prohibición, represión, eliminación/ promoción, protección, defensa), de status (oficial/particular) e de emprego. Esta realidade cristaliza nun conflito lingüístico .
  • 21.
    • No enfoque da realidade multilingüe caben dúas opcións:
      • eliminación directa ou indirectamente das linguas minorizadas en favor da que o Estado define coma “nacional” e “oficial”: uniformismo .
      • recoñecemento desas linguas a través do seu recoñecemento formal coma idiomas oficiais ou eventualmente nacionais. Cada comunidade debe manter, conservar e facer progresar a súa lingua, establecendo unha segunda para se comunicar con individuos doutra comunidade: ecoloxismo lingüístico .
  • 22. O ideal do equilibrio lingüístico consiste en que todas e cada unha das linguas desempeñen no seu territorio propio a totalidade das funcións posíbeis para calquera idioma.
  • 23. Substitución lingüística
  • 24. "...o alumno que chega á escola falando a lingua de maior prestixio , e na escola o sistema educativo imponlle a adquisición dunha nova lingua. Se nestas circunstancias o alumno se manifesta disposto a emprender a aprendizaxe dunha segunda lingua, esta non significará ningunha ameaza para o seu status lingüístico privilexiado , xa que fala a lingua prestixiosa e seguirá falándoa. A posibilidade dun fracaso na aprendizaxe da segunda lingua non lle producirá ningunha perda de prestixio. Nestas condicións a súa actitude diante das dúas linguas pode ser positiva e as aprendizaxes refórzanse mutuamente. Para estes alumnos o proceso de educación bilingües terá efectos aditivos .
  • 25. ... se nun primeiro momento a lingua cumpre funcións primordialmente afectivas , nun estado posterior troca a función da linguaxe, para enlazar directamente co desenvolvemento cognitivo . Se un neno chega á escola cun uso cognitivo da linguaxe aínda feble, e alí recibe a proposta dunha lingua distinta, e se coincide que o neno pertence a unha familia ou grupo social que minusvalora a súa propia lingua, e ademais non a utiliza en funcións cognitivas, nin tampouco na escola é estimulado a utilizar a súa lingua para funcións cognitivas, senón que a escola insta ó neno a utilizar coma única lingua para as funcións cognitivas a segunda, prodúcese entón unha fractura no desenvolvemento lingüístico, con resultados negativos para ambas as dúas linguas." Mackey/Siguán 1986.
  • 26.
    • CUESTIÓNS:
      • Busca no dicionario as palabras subliñadas no texto.
    • 2. ¿Que ambiente lingüístico describe o texto? Cita outros países ou comunidades onde tamén se produza esta situación.
    • 3. Extrae as ideas principais do texto.
    • 4. Fai unha valoración crítica destas ideas.
  • 27.  
  • 28.  
  • 29. Miguel Siguán propón chamar bilingüe ao individuo que é quen de empregar dúas ou máis linguas en calquera situación e con parecida facilidade e eficacia.
  • 30. individual territorial social bilingüismo
  • 31. Do punto de vista individual o bilingüismo é a capacidade que posúe un individuo para comunicarse coa mesma facilidade en dúas linguas. O problema xorde ao determinar o grao de dominio de ambas as dúas linguas atendendo tanto ao código oral coma escrito.
  • 32. Do punto de vista social falamos de bilingüismo cando no seo dunha comunidade se empregan dúas linguas diferentes como medio de comunicación, sendo condición indispensábel que unha parte importante dos individuos desa sociedade sexan bilingües . Se isto non se cumpre, estamos ante un fenómeno de colingüismo .
  • 33. Un exemplo disto é o caso belga. En Bélxica existen oficialmente varias comunidades lingüísticas: no norte, en Flandes, fálase flamengo, mentres que no sur, na Valónica, as linguas utilizadas son o valón e o francés. En Bélxica recoñécense catro rexións lingüísticas, cada unha cun territorio determinado. Tres delas son monolingües: a flamenga , a francesa (cos valóns falantes) e a xermana . Só na capital, Bruxelas, recoñecen o bilingüismo franco-flamengo; agora ben, a poboación non é maioritariamente bilingüe.
  • 34.  
  • 35. Tanto uns coma outros desenvolven a súa vida social nun dos sistemas sociais, con locais onde se atopan falantes dunha ou outra lingua, asociacións profesionais ou recreativas distintas, servizos públicos separados ou con ventás distintas segundo a lingua... e o que é máis significativo, con dous sistemas escolares distintos onde non ten éxito a promoción do idioma alleo.
  • 36. Cando nunha zona bilingüe a maioría dos falantes prefire utilizar unha lingua ou outra dependendo das situacións, prodúcese unha situación de diglosia . lingua A ou dominante é a que se emprega nas situacións máis formais lingua B ou dominada só se emprega, habitualmente, en situación coloquiais
  • 37. Hai diglosia sempre que entre as linguas non existe unha situación de equilibrio, o cal se manifesta, por exemplo, en que se opta por unha lingua para o uso familiar e outra para o ensino ou para usos máis formais. Tamén hai diglosia cando o emprego dunha das linguas implica menor consideración social.
  • 38. Hábitat Nivel cultural Nivel económico rural urbano Nos centros urbanos e nas capas sociais con status económico superior, aumenta o emprego do castelán. Esta tendencia, sen embargo, non ten exacta correspondencia se atendemos aos indicado­res culturais .
  • 39. O castelán preséntase como a lingua prestixiosa, a da cidade e das clases dominantes, dos usos formais e do futuro, do progreso
  • 40. o galego chega a identificarse co mundo rural ou mariñeiro, os espazos non urbanos, os usos non formais e a tradición, o pasado...
  • 41.
    • DIGLOSIA
    • O individuo pode tomar actitudes tales como as de:
      • aceptar que as dúas linguas teñen funcións sociais distintas.
      • intentar identificarse co grupo lingüístico preponderante e tratar de asumir esa lingua preponderante coma se fose a súa primeira lingua.
      • manterse fiel á súa primeira lingua
    • (Ambigüidade : actitudes mesturadas coas acabadas de mencionar.)
  • 42. A coexistencia entre as dúas linguas é tensa e inestábel. Grupo monóglata en lingua foránea Grupo diglósico Grupo monóglata en lingua propia Glotofaxia
  • 43.  
  • 44. Os procesos normalizadores dependen de: acción institucional da comunidade, materializada a través do poder político acción individual , derivada da vontade de ser das persoas que conforman a sociedade da accións colectiva non institucional daqueles individuos que se agrupan para levar a cabo o proceso normalizador
  • 45. Substitución lingüística Normalización lingüística desaparición do galego en beneficio do castelán A súa consideración como unha ferramenta comunicativa propia do noso país, manifestación do noso ser cultural, e o seu emprego xeneralizado libre de prexuízos.
  • 46. O obxectivo final dun estado multilingüe e democrático non é “promover o bilingüismo” senón garantir a utilización de dúas ou máis linguas na comunidade política asegurando o seu futuro . Garantir a utilización de dúas ou máis linguas asegurando o seu futuro. Asegurando o seu futuro
  • 47. A única alternativa posíbel para a supervivencia das linguas é a normalización lingüística , isto é, facer da lingua o vehículo normal de comunicación dunha sociedade. Cada lingua debe cumprir no seu territorio propio a totalidade de funcións posíbeis.
  • 48. Por outro lado, estudios sociolingüísticos sobre os niveis de coñecemento e uso do galego revelan que é entendido pola xeneralidade da poboación, que ademais é capaz de falalo; pero só posúen competencia escrita menos da metade dos falantes. O analfabetismo en galego é xeral entre os adultos aínda que, gracias á súa introdución no ensino, as novas xeracións están adquirindo destrezas de lecto-escritura no idioma propio.
  • 49. Estereotipos e prexuízos lingüísticos: a súa repercusión nos usos.
  • 50. Que son os prexuízos?
      • Son xuízos de valor sen base suficiente emitidos sobre unha lingua ou sobre os falantes dela co propósito de provocar o seu rexeitamento.
  • 51. Os prexuízos lingüísticos non son innatos No discurso Polas condutas
  • 52. Estes prexuízos son moi variados e atéstanse so formulacións diversas, aínda que teñen un fondo común que non é outro máis que o desprezo pola diferenza e o afán de asimilación
  • 53.  
  • 54.  
  • 55.  
  • 56. Prexuízos estéticos linguas suaves vs. ásperas (serán, en todo o caso, os falantes os que falen). Os chistes en galego son máis graciosos
  • 57. Prexuízos socioeconómicos _ Ese muchacho dicen que sabe muchísimo _ Sí; pero tiene un acento tan gallego!….
  • 58. "Un can de Turquía ouvea igual que un can de Dinamarca; un cabalo das Pampas arxentinas rincha igoal que un cabalo da Bretaña. ¿E sabedes por que? Porque os probes animaes aínda están no idioma universal...” (Castelao 1961: 43)
  • 59. Prexuízos socioculturais
  • 60.
    • o emprego do galego como un sinal de descortesía ou de falta de educación en determinados contextos:
      • O galego como desconsideración cara ás persoas descoñecidas (de asumirmos iso, estariamos reservando para o galego un papel totalmente subordinado como lingua inferior condenada á progresiva desaparición).
    • 2) Renuncia ao uso do galego por respecto ás persoas foráneas.
  • 61. O galego non serve para o rock / pop
  • 62. Prexuízos sociopolíticos
  • 63.
      • O galego, imposición dunha minoría política intolerante (tanto a Lei de normalización lingüística como o Plano xeral de normalización da lingua galega, por exemplo, foron aprobados por unanimidade no Parlamento galego).
      • A imposición do galego no sistema educativo (todas as materias teñen o mesmo grao de imposición; sería como falarmos en Inglaterra da imposición do inglés).
      • Como antes se impuxo o castelán, agora quérese da mesma forma impor o galego (moita xente foi ridiculizada, castigada e inclusive nalgún caso asasinada por falar ou defender o galego: deuse un só caso á inversa?).
  • 64.
      • Os nenos e nenas non gostan da materia de lingua galega (e gostan das outras materias?; aquelas crianzas que menosprezan o galego están a proxectar o desprezo das persoas maiores do seu contorno).
      • O castelán tamén é lingua propia da Galiza (que o castelán é tan galego como o galego resulta unha contradictio in terminis ; sería como dicir que o queixo de Castela é tan galego como o do país porque tamén o consomen persoas galegas).
  • 65.  
  • 66. Libro que hai que ler