o graal
Upcoming SlideShare
Loading in...5
×

Like this? Share it with your network

Share
  • Full Name Full Name Comment goes here.
    Are you sure you want to
    Your message goes here
    Be the first to comment
    Be the first to like this
No Downloads

Views

Total Views
594
On Slideshare
594
From Embeds
0
Number of Embeds
0

Actions

Shares
Downloads
11
Comments
0
Likes
0

Embeds 0

No embeds

Report content

Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
    No notes for slide

Transcript

  • 1.  
  • 2. Unha noite, estando o rei Artur e os seus cabaleiros sentados na Táboa Redonda despois de cear, oíron o retumbante bruído dun trono, cun estrondo tal, que parecía que fixera tremer a casa enteira. No medio da descarga, un raio repentino de luz deslizouse no cuarto, un lóstrego sete veces máis potente ca calquera chispa normal. Miraron uns para os outros, pensando que o seguinte parecía aínda máis fermoso có anterior, e fitábanos abraiados, convencidos de que chegara a hora do xuízo final.
  • 3. Mentres miraban, portadores invisibles transportaban a través da habitación unha copa envolta en seda branca. A isto seguiulle un recendo de dozura irresistible, e entón apareceron sobre da mesa todos os alimentos e bebidas que a cada un lle gustaba máis. En silencio, a copa movíase a través do cuarto, e logo desapareceu tan repentinamente como aparecera.
  • 4. Durante un momento todos permaneceron sentados nun silencio pasmado. Logo o rei deulle as grazas a Deus por enviarlles aquela visión.
  • 5. “ Abofé", dixo Sir Gawain, "que acabamos de asistir a unha visión de graza. Agora quero facer un voto. Mañá, e non máis tarde, partirei á procura do Graal. Ansío velo liberado da súa envoltura e seguirei buscándoo mentres sexa posible. E se non o doia atopado, saberei que son considerado indigno del.
  • 6. Ao oíren os outros cabaleiros o voto de Sir Gawain, erguéronse e fixeron a mesma promesa, pero Artur estaba moi aflixido. ¡A! de min! ", díxolle a Sir Gawain. " Houbeches de me matar co teu voto, xa que por mor túa vou perder a máis bela amizade e os mellores cabaleiros que nunca existiron. Cando partan de aquí, estou seguro de que moitos de nós nunca volveremos a atoparnos, porque algúns han morrer na busca. Ameivos tanto coma á miña propia vida, e magóame vervos marchar". As bágoas brotaron dos seus ollos, e toda a corte quedou preocupada.
  • 7. Todos e cada un dos cabaleiros debían ser puros e buscar o Graal sós.
  • 8.  
  • 9.  
  • 10.  
  • 11. Percival naceu catorce días despois do falecemento do seu pai. A súa nai abandona a corte e instálase no bosque, para que o seu fillo creza lonxe das armas. Mais o rapaz é un guerreiro nato e non tarda en prepararse arcos e frechas. Amais tamén é moi sensíbel e cando mata un ave coas súas frechas rebordan as súas bágoas.
  • 12. Un día pasan por alí tres cabaleiros a quen segue moi perto outro de resplandecente armadura. Perseguen o secuestrador de Imane e preguntan ao mozo se o viu. O rapaz, abraiado pola vista, pensa que son anxos. Os homes explícanlle que son cabaleiros de Artur e así coñece a súa existencia. A súa nai non dá impedido a súa marcha e, ao velo partir, morre de pena.
  • 13. Tras someterse a duros adestramentos e ter superado diversas probas, noméano cabaleiro da Táboa Redonda. Cumprido o seu soño abandona o castelo na procura de aventuras e... Do Graal.
  • 14. Perceval deixa que o cabalo siga o seu camiño e adéntrase no territorio de Brobarz. Alóxanse no castelo do Rei Pescador, quen está triste a causa da ferida que recibiu en Terra Santa. Unha pregunta caritativa abondaría, mais Perceval ten aínda un longo camiño que percorrer. Á mañá seguinte atopa o castelo baleiro, ármase coa espada que lle regalou o dono e marcha.
  • 15. Perceval é tentado polo demo travestido en forma de doncela.
  • 16. O Graal
  • 17.  
  • 18. Tres monxas presentan un mozo para que o ordene cabaleiro o mellor da Táboa Redonda: Lancelot . Este arma cabaleiro ao mozo sen saber que se trata do seu propio fillo, Galahad.
  • 19. Á mañá seguinte, Lancelot e os seus compañeiros descobren no Asento Perigoso unha nota. “Transcorridos 454 anos dende a Paixón, o día de Pentecostes o asento atopará o seu verdadeiro dono”. Aparece logo un ancián que acompaña un cabaleiro con armadura vermella. Informa que este é o Cabaleiro Desexado, que descende da casa do rei David e da liñaxe de Xosé de Arimatea. Grazas a el levantaranse todos os encantamentos da terra.
  • 20. Galahad ocupa o asento Perigoso sen que lle ocorra nada.
  • 21. Galahad atopa un cabaleiro branco que lle entrega un escudo branco cunha cruz vermella. Este pertencera ao rei Mordrain a quen ferira un anxo de Deus por pretender coñecer indignamente a verdade do Graal. Este trazou co seu sangue unha cruz sobre o escudo que estaba exclusivamente reservado para Galahad, quen curaría o rei Mordrain. Dise que, en posesión do seu escudo, Galahad estaba revestido de tal forza que nada se lle podía resistir; ao seu paso, rompía todo estrepitosamente cal raio, e nunca se ve cansado sex cal for o traballo de cabalería.
  • 22. Debido á súa natureza pura e libre de pecados, Galahad como personaxe parece ser inhumano. Derrota a cabaleiros rivais aparentemente sen esforzo, fala pouco cos seus pares, e conduce os seus compañeiros ata o graal cunha implacábel determinación.
  • 23. Galahad é o cabaleiro perfecto, non por ser o mellor cabaleiro (como era Lancelot nos textos de Chretien, senón por ser o mellor cristián, non posúe ningún pecado ou desexo sexual. Pasa toda a demanda a rezar ou xaxuar. Posúe unha beleza que se manifesta interna e externamente. Moitas das súas características son comúns coas de Cristo: cura leprosos, expulsa demos... Tamén presenta unha grande analoxía con Artur; isto vese claramente dende o momento en que debe extraer a espada da pedra. Por todo isto atopa o Graal e cura o rei Pescador.
  • 24. A Lancelot enganárano unha noite, introducindo no seu leito a filla do Rei Pescador, cando el cría xacer coa súa amada Xenevra.
  • 25.