O galego a finais do século XX e comezos do XXI: características lingüísticas fundamentais. Contexto histórico e situación...
O galego a finais do século XX e comezos do XXI: 161-163
No ano 1975 morre Franco e tres anos máis tarde as Cortes democráticas aproban a  Constitución  actualmente en vigor. Esta...
 
Este paso adiante non significou a proclamación dun réxime de igualdade para todas as linguas do estado, senón unha xerarq...
Constitución Española  de 1978 Estatuto de Autonomía de Galiza  de 1980 Lei de Normalización Lingüística  (1983) Art. 3 1....
Competencia e usos lingüísticos 164-167
Na sociedade, as disposicións legais non se vehiculan a través dun Plano de Normalización Lingüística, imprescindible para...
<ul><li>Pero estes datos matízanse tendo presentes outras variantes: </li></ul><ul><ul><li>a medida que baixamos a escala ...
 
Uso do galego en rapaces de 5-9 anos de núcleos urbanos,vilegos e rurais A Coruña  Falan galego  A Coruña  Noia  Dumbría S...
 
O galego é a lingua materna de preto de 1,8 millóns de europeos Comisión Europea estima que o galego é a lingua materna du...
 
Ámbitos de uso 167-176
 
Hoxe o funcionamento administrativo de institucións como a Xunta de Galicia ou o Parlamento Galego desenvólvese habitualme...
Os opositores que opten a unha praza pública dependente da Xunta de Galiza xa non terán a obrigatoriedade de facer polo me...
 
As institucións representativas da administración local son os Concellos e as Deputacións Provinciais.  Polo seu número e ...
Non se coñece cál é a situación no que se refire ós usos orais (lingua empregada nos plenos, nas comisións ou mesmo nas re...
 
A súa reincorporación a estes usos, malia a cooficialidade que se lle recoñece legalmente, está a ser lenta e con resultad...
Le¡ de Normalización Lingüística (1983) Artigo 7 1.No ámbito territorial de Galicia, os cidadáns poderán utilizar calquera...
En 1990 constitúese a  comisión para a Normalización Lingüística na Xustiza , integrada por maxistrados do Tribunal Superi...
 
A actividade pública dos líderes políticos e sindicais de Galicia desenvólvese hoxe fundamentalmente en galego. Isto, que ...
Sen embargo, o grao de coherencia é moi distinto duns grupos a outros -e tamén dunhas persoas a outras dentro dun mesmo gr...
 
 
Artigo 7º.-Educación infantil. 1. Na etapa de educación infantil, o profesorado  usará na clase a lingua materna predomina...
Artigo 8º.-Educación primaria. Impartiranse obrigatoriamente en galego as áreas de  matemáticas ,  coñecemento do medio na...
Artigo 9º.-Educación secundaria obrigatoria. 1. Na educación secundaria obrigatoria impartiranse en galego as seguintes ma...
2.1.27. Na educación secundaria obrigatoria garantir que, como mínimo, o alumnado reciba o 50% da súa docencia en galego. ...
Artigo 10º.-Bacharelato. No bacharelato, o alumnado recibirá, polo menos, o cincuenta por cento da súa docencia en galego,...
En bacharelato: No primeiro nivel :  filosofía , como materia común e unha das  materias específicas de cada modalidade  (...
Esta mesma regulamentación concédelles ós centros de ensino a posibilidade de aumentar o número de materias impartidas en ...
No curso 1990-91 comezaron a funcionar nalgúns centros de ensino non universitario os  Equipos de Normalización e Dinamiza...
Outras institucións oficiais como as universidades galegas, a  Real Academia Galega  ou o  Consello da Cultura Galega  des...
Pero a acción institucional é moi limitada, por iso a súa incidencia normalizadora é ben cativa. Para compensar estas care...
Mesa pola Normalización Lingüística , é unha plataforma independente, plural e partidaria que ten como único obxectivo a p...
 
ProLingua é unha plataforma creada por persoas de moi diversa ideoloxía e profesión que ten como obxectivos exclusivos a p...
 
Movemento de renovación pedagóxica pioneiro de Galiza e  Asociación Socio-Pedagóxica Galega , a AS-PG, está integrada por ...
 
As manifestacións relacionadas coa creación, o pensamento, a investigación ou calquera outro acontecemento relacionado coa...
Hoxe pódese afirmar que existe xa un mercado para o libro en galego, favorecido sen dúbida polo sistema educativo e polo a...
Sen embargo, o castelán segue a ser claramente dominante; non tanto na creación cultural que se produce en Galicia, como n...
Ciberirmandade da Fala , Somos un fato de xente que, preocupados polo devenir da nosa lingua e cultura, pretendemos espall...
Neste século XXI temos que ten en conta o uso do galego na internet. É unha nova arma moi interesante para a xente que est...
En galego na galega
O poder social dos medios de comunicación é un dos fenómenos definitorios da nosa civilización.  Os xornais, a radio ou a ...
Prensa:
Revistas:
 
 
O CGAI, Centro Galego de Artes da Imaxe é un organismo da Xunta de Galicia, dedicado á conservación, documentación e difus...
 
Título galego : Mar adentro   Título orixinal: Mar adentro   Tipo :  Longametraxe   Xénero :  Drama   Modo : Coproducción ...
 
Polo que se refire ó mundo da empresa, aínda habendo importantes diferenzas duns sectores a outros, ha¡ que dicir que se s...
Fundación Galicia-Empresa , a Fundación Galicia Empresa nace da pluralidade sectorial, política e ideolóxica; sen outra de...
Nos oficios relixiosos A Igrexa Católica permite o seu emprego nas misas, pero a súa xerarquía, case toda foránea, prescin...
Upcoming SlideShare
Loading in …5
×

finssec XX

844 views

Published on

0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total views
844
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
9
Actions
Shares
0
Downloads
21
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

finssec XX

  1. 1. O galego a finais do século XX e comezos do XXI: características lingüísticas fundamentais. Contexto histórico e situación sociolingüística.
  2. 2. O galego a finais do século XX e comezos do XXI: 161-163
  3. 3. No ano 1975 morre Franco e tres anos máis tarde as Cortes democráticas aproban a Constitución actualmente en vigor. Establécese nela a cooficialidade de galego e castelán en Galicia. O recoñecemento oficial prodúcese no ano 1981, no Estatuto De Autonomía , que establece que “a lingua propia de Galicia é o galego” e que “ninguén poderás ser discriminado por causa da lingua”.
  4. 5. Este paso adiante non significou a proclamación dun réxime de igualdade para todas as linguas do estado, senón unha xerarquización entre o castelán e “as outras linguas españolas”, dado que o rango de oficialidade non se entende da mesma maneira para todas elas.
  5. 6. Constitución Española de 1978 Estatuto de Autonomía de Galiza de 1980 Lei de Normalización Lingüística (1983) Art. 3 1. O castelán é a lingua española oficial do Estado. Todos os españois teñen o deber de a coñecer e o dereito de a usar. 2. As outras linguas españolas serán tamén oficiais nas respectivas Comunidades Autónomas de acordo cos seus Estatutos. 3. A riqueza das diferentes modalidades lingüísticas de España é un patrimonio cultural que será obxecto de especial respecto e protección . Art. 5 1. A lingua propia de Galicia é o galego. 2. Os idiomas galego e castelán son oficiais de Galicia e todos teñen o dereito de os coñecer e os usar. 3. Os poderes públicos de Galicia garantirán o uso normal dos dous idiomas e potenciarán o emprego do galego en todos os planos da vida pública, cultural e informativa, e disporán os medios para facilitar o seu coñecemento. 4. Ninguén poderá ser discriminado por causa da lingua. Art. 6 Os cidadán teñen o dereito ó uso do galego nas súas relacións coa administración pública. Art. 10 Os topónimos de Galicia terán como única forma oficial a galega. Art. 14 As autoridades educativas garantirán que, ao remate dos ciclos en que o ensino é obrigatorio, os alumnos o coñezan en igualdade co castelán. Art 18 O galego será a lingua usual nas emisoras de radio e televisión sometidas á competencia da Comunidade Autónoma.
  6. 7. Competencia e usos lingüísticos 164-167
  7. 8. Na sociedade, as disposicións legais non se vehiculan a través dun Plano de Normalización Lingüística, imprescindible para estudar as posibles solucións á situación actual. Diferentes estudos sociolingüísticos constatan que os niveis de coñecemento do idioma son de preto do 99% no referente a capacidade para entendelo e que o 86% da nosa poboación sabe falalo. Pero os niveis de competencia escrita baixan a preto do 50% se se trata de saber ler en galego e preto do 30% de escribilo.
  8. 9. <ul><li>Pero estes datos matízanse tendo presentes outras variantes: </li></ul><ul><ul><li>a medida que baixamos a escala da idade, descende o uso do galego; </li></ul></ul><ul><ul><li>nos medios urbanos, a porcentaxe de uso diminúe en beneficio do castelán; </li></ul></ul><ul><ul><li>o nivel de estudos está en proporción inversa ao uso do galego: as persoas sen estudos son na súa maioría galego-falantes. </li></ul></ul><ul><ul><li>A ruptura da transmisión xeracional </li></ul></ul>
  9. 11. Uso do galego en rapaces de 5-9 anos de núcleos urbanos,vilegos e rurais A Coruña Falan galego A Coruña Noia Dumbría Sempre 5 ’14% 55 ’25% 96 ’04% Ás veces 67 ’56% 38 ’76% 3 ’96% Nunca 27 ’28% 5 ’97% Lugo Falan galego Lugo Monforte Meira Sempre 22 ’60% 29 ’80% 100% Ás veces 61 ’45% 53 ’91% Nunca 15 ’94% 16 ’28% Ourense Falan galego Ourense O Carballiño Cortegada Sempre 17 ’39% 40 ’74% 94 ’00% Ás veces 64 ’50% 50 ’61% 6 ’00% Nunca 18 ’09% 8 ’64% Pontevedra Falan galego Vigo Sanxenxo Vila de Cruces Sempre 6 ’29% 45’72% 91 ’32% Ás veces 70 ’31% 37 ’84% 6 ’39% Nunca 23 ’38% 16 ’42% 2 ’28%
  10. 13. O galego é a lingua materna de preto de 1,8 millóns de europeos Comisión Europea estima que o galego é a lingua materna dun cinco por cento dos habitantes de España maiores de 15 anos, é dicir, 1.794.000 persoas, o que o converte no terceiro idioma do país tras o castelán e o catalán e, probablemente, na lingua cooficial española máis falada nunha mesma comunidade autónoma. Por primeira vez na historia da Unión Europea, o galego aparece no estudo Os europeos e as súas linguas, un eurobarómetro que a Comisión realiza periodicamente sobre a situación idiomática da Unión e que foi presentado onte en Bruxelas na súa última edición. Na anterior, publicada no mes de setembro do ano pasado, o Executivo comunitario recolleu o castelán, o catalán e o éuscaro, pero obviou ao galego, un erro que, como prometeu entón tras as queixas oficiais de varias institución, incluída a Real Academia Galega, vén de arranxar desta vez.
  11. 15. Ámbitos de uso 167-176
  12. 17. Hoxe o funcionamento administrativo de institucións como a Xunta de Galicia ou o Parlamento Galego desenvólvese habitualmente en lingua galega, e, con algunhas excepcións, isto é o que sucede tamén nas Delegacións Provinciais das distintas Consellerías. Sen embargo, este importante nivel de normalización conseguido na dimensión máis externa dos formularios, dos comunicados e disposicións oficiais, e, en xeral, das relacións escritas e públicas cos administrados, non se corresponde co uso oral, no que as interaccións son maioritariamente en castelán. Desta maneira, estase a dar o paradoxo de que, ó mesmo tempo que o galego recupera territorios formais de uso, está a perder os que lle eran máis propios: os da oralidade máis informal e espontánea.
  13. 18. Os opositores que opten a unha praza pública dependente da Xunta de Galiza xa non terán a obrigatoriedade de facer polo menos unha proba en galego. Así, poderán elixir se desexan realizar os exames en galego ou en castelán. Unha vez superadas as probas teóricas, e segundo recolle a reforma da Lei de Función Pública autorizada esta mañá polo Consello da Xunta, os aspirantes deberán acreditar o coñecemento do galego ben a través dun título acreditativo (Celga) ou ben a través doutra proba específica. O alcance desta proba, segundo explicou hoxe o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, dependerá das bases que se aproben para cada convocatoria específica. &quot;Serán as bases de cada convocatoria as que determinen o carácter e a valoración deste exame de galego&quot;, afirmou.
  14. 20. As institucións representativas da administración local son os Concellos e as Deputacións Provinciais. Polo seu número e dispersión xeográfica, neste caso é moito máis difícil facer consideracións tan homoxéneas.
  15. 21. Non se coñece cál é a situación no que se refire ós usos orais (lingua empregada nos plenos, nas comisións ou mesmo nas relacións persoais cos administrados); é fácil imaxinar que as situacións serán moi diversas. Polo que se refire á documentación oficial (convocatorias, bandos, resolucións, anuncios, etc.), obsérvase que en moitos casos o galego é a lingua habitual; pero, en bastantes, esta función segue a estar reservada para o castelán. Estas diferenzas dependen con frecuencia da adscrición ideolóxica do grupo político que goberna, pero tamén de que dispoñan ou non dun Gabinete de Normalización, ou, simplemente, da ubicación territorial.
  16. 23. A súa reincorporación a estes usos, malia a cooficialidade que se lle recoñece legalmente, está a ser lenta e con resultados bastante cativos: indiquemos, como exemplos, que non dispuxemos ata o ano 1989 dunha tradución ó galego dos Códigos Civil e Penal, e que a inmensa maioría dos procesos xudiciais aínda hoxe se desenvolven en castelán. A situación, no que se refire ós documentos notariais ou do rexistro da propiedade, é bastante semellante.
  17. 24. Le¡ de Normalización Lingüística (1983) Artigo 7 1.No ámbito territorial de Galicia, os cidadáns poderán utilizar calquera das dúas linguas oficiais nas relacións coa Administración de Xustiza. 3.A Xunta de Galicia promoverá a progresiva normalización do uso do galego na Administración de Xustiza. Artigo 8 Os documentos públicos outorgados en Galicia poderanse redactar en galego ou castelán (...)
  18. 25. En 1990 constitúese a comisión para a Normalización Lingüística na Xustiza , integrada por maxistrados do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e polos directores xerais de Política Lingüística e de Xustiza e Relacións coas corporacións locais. Esta Comisión, constituída para a coordinación e mellora dos usos lingüísticos, ten como fin fundamental conseguir unha competencia real no uso do galego en toda a administración xudicial galega, favorecendo con medidas puntuais un correcto uso do idioma.
  19. 27. A actividade pública dos líderes políticos e sindicais de Galicia desenvólvese hoxe fundamentalmente en galego. Isto, que empezou por ser unha práctica militante de minorías nacionalistas nas décadas de 1960 e 1970, foi asumido progresivamente polos demais ideoloxías.
  20. 28. Sen embargo, o grao de coherencia é moi distinto duns grupos a outros -e tamén dunhas persoas a outras dentro dun mesmo grupo-, sendo moi frecuente nestes sectores o coñecido como uso litúrxico ou ritualizado do galego, que consiste en recorrer a este idioma para a (re)presentación pública, mentres que é o castelán o que funciona como verdadeira lingua de instalación e relación.
  21. 31. Artigo 7º.-Educación infantil. 1. Na etapa de educación infantil, o profesorado usará na clase a lingua materna predominante entre o alumnado , terá en conta a lingua do contorno e coidará de que o alumnado adquira, de forma oral e escrita, o coñecemento da outra lingua oficial de Galicia, dentro dos límites propios da correspondente etapa ou ciclo. No caso de contornos castelán falantes, a utilización nesta etapa da lingua galega como lingua de comunicación e ensinanza será, como mínimo, igual á da lingua castelá . Fomentarase a adquisición pogresiva da lectura e da escritura en galego, no sentido de que este se convirta no idioma base da aprendizaxe, de xeito que o alumnado obteña unha competencia que lle permita comunicarse normalmente en galego co alumnado e o profesorado.
  22. 32. Artigo 8º.-Educación primaria. Impartiranse obrigatoriamente en galego as áreas de matemáticas , coñecemento do medio natural, social e cultural e educación para a cidadanía e dereitos humanos , garantindo a competencia lingüística propia do nivel nas dúas linguas oficiais da comunidade autónoma.
  23. 33. Artigo 9º.-Educación secundaria obrigatoria. 1. Na educación secundaria obrigatoria impartiranse en galego as seguintes materias: ciencias da natureza , ciencias sociais, xeografía e historia , matemáticas e educación para a cidadanía . Cando a materia de ciencias da natureza se desdobre en bioloxía e xeoloxía, por un lado, e física e química, por outro, ambas as dúas materias impartiranse en galego. 3. A educación secundaria obrigatoria proporcionaralle a todo o alumnado unha boa competencia nas dúas linguas oficiais que repercuta de forma positiva no seu uso.
  24. 34. 2.1.27. Na educación secundaria obrigatoria garantir que, como mínimo, o alumnado reciba o 50% da súa docencia en galego. Dentro das posibilidades de cada centro, tenderase a que entre as materias que se impartan nese idioma figuren as matemáticas e a tecnoloxía, á parte das que xa están legalmente establecidas.
  25. 35. Artigo 10º.-Bacharelato. No bacharelato, o alumnado recibirá, polo menos, o cincuenta por cento da súa docencia en galego, nos termos establecidos para esta etapa no Plan xeral de normalización da lingua galega aprobado polo Parlamento de Galicia o 21 de setembro de 2004 que se inclúe como anexo a este decreto para alcanzar a competencia lingüística propia do nivel en ambas as dúas linguas.
  26. 36. En bacharelato: No primeiro nivel : filosofía , como materia común e unha das materias específicas de cada modalidade (tecnoloxía industrial, bioloxía e xeoloxía, historia do mundo contemporáneo, debuxo técnico). No segundo nivel : historia , como materia común e algunha das materias específicas de cada modalidade (debuxo técnico e tecnoloxía industrial, ciencias da terra e debuxo técnico, xeografía, historia da arte e historia da filosofía, historia da arte).
  27. 37. Esta mesma regulamentación concédelles ós centros de ensino a posibilidade de aumentar o número de materias impartidas en galego por riba das que obrigatoriamente se deben impartir nesta lingua, mantendo sempre un equilibrio entre as dúas linguas oficiais.
  28. 38. No curso 1990-91 comezaron a funcionar nalgúns centros de ensino non universitario os Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (ENL), co obxectivo de coordinar a elaboración e posta en práctica dun plan xeral para o uso do idioma galego e doutro específico para a docencia nesta lingua, tal como establecían as disposicións legais. Hoxe existen na gran maioría de centros de Educación Primaria e Secundaria, se ben a súa actividade e incidencia na situación lingüística escolar é moi variable.
  29. 39. Outras institucións oficiais como as universidades galegas, a Real Academia Galega ou o Consello da Cultura Galega desenvolven iniciativas en favor da nosa lingua.
  30. 40. Pero a acción institucional é moi limitada, por iso a súa incidencia normalizadora é ben cativa. Para compensar estas carencias, a sociedade civil creou unha serie de colectivos como a Mesa pola Normalización Lingüística , a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística , a Asociación de Músicos en Lingua Galega , ou mesmo a Fundación Galicia-Empresa , -entre outros e sen esquecer a numerosas entidades socioculturais e asociacións- que buscan impulsar o uso do galego en todos os contextos da comunicación.
  31. 41. Mesa pola Normalización Lingüística , é unha plataforma independente, plural e partidaria que ten como único obxectivo a promoción do uso do galego en todos os ámbitos da vida social propios de calquera idioma. O seu papel é o de emprender iniciativas que sensibilicen a poboación e que abran novas vías de uso do noso idioma en distintos ámbitos, así como denunciar todo tipo de agresións e discriminacións que poida sufrir a lingua galega e asegurar que se respecte o seu uso individual e colectivo.
  32. 43. ProLingua é unha plataforma creada por persoas de moi diversa ideoloxía e profesión que ten como obxectivos exclusivos a promoción do galego como lingua propia de Galicia (e das comarcas estremeiras) e a consecución da súa oficialidade real, que pasa por unha presenza normal en ámbitos dos que se mantén practicamente excluída, como a empresa, a xustiza e outros servizos públicos e privados, especialmente os medios de comunicación.
  33. 45. Movemento de renovación pedagóxica pioneiro de Galiza e Asociación Socio-Pedagóxica Galega , a AS-PG, está integrada por máis de mil asociados e asociadas de todo o país, vencellados directa ou indirectamente cos ensinos Primario, Secundario e Universitario.
  34. 47. As manifestacións relacionadas coa creación, o pensamento, a investigación ou calquera outro acontecemento relacionado coa maneira de ser e de vivir unha determinada comunidade. Incluiriamos, polo tanto, baixo este concepto, as producións literarias, teatrais, ensaísticas, de indagación científica, etc.
  35. 48. Hoxe pódese afirmar que existe xa un mercado para o libro en galego, favorecido sen dúbida polo sistema educativo e polo aumento considerable no número de persoas capaces de ler na nosa lingua. E, nalgún sector concreto, como o da literatura infantil e xuvenil, así como en certos autores consagrados, estase a dar un fenómeno absolutamente novo que representa un cambio cualitativo na historia da nosa lingua: a súa tradución a outras linguas do Estado e do estranxeiro. www.filix.org : aquí podes consultar as traducións da nosa literatura infantil-xuvenil.
  36. 49. Sen embargo, o castelán segue a ser claramente dominante; non tanto na creación cultural que se produce en Galicia, como na producida fóra pero que consumimos aquí. Se en galego se publicaron no ano 1998 en España 1.231 libros, en castelán apareceron 46.880. Unha simple visita a unha librería ou a consulta dos ficheiros dunha biblioteca permiten ver a desproporción entre a oferta nunha e na outra lingua. O castelán é, ademais, o idioma no que nos chegan a gran maioría dos libros escritos orixinariamente en inglés, francés, alemán, etc. O número de traducións ó galego é mínimo, comparado coas que se fan ó castelán e, ademais, concéntrase no sector da creación literaria e do material pedagóxico. En ámbitos científicos como a medicina, a física, a química, ou a informática, a presenza do galego é case nula.
  37. 50. Ciberirmandade da Fala , Somos un fato de xente que, preocupados polo devenir da nosa lingua e cultura, pretendemos espallalas utilizando as redes informáticas. Non somos asociación legalmente constituída e rexistrada; somos un conxunto de individuos organizados cun obxectivo común: a nosa lingua.
  38. 51. Neste século XXI temos que ten en conta o uso do galego na internet. É unha nova arma moi interesante para a xente que está fóra. Hai moitos foros, chats, blogs [1] nos que é frecuente o galego. [1] http://xacias.blogspot.com/ , http://recunchodosvenres.blogspot.com/ , http://pendellos.blogspot.com/.
  39. 52. En galego na galega
  40. 53. O poder social dos medios de comunicación é un dos fenómenos definitorios da nosa civilización. Os xornais, a radio ou a televisión ocupan unha parte importante das experiencias lingüísticas diarias da nosa sociedade actual.. Constitúen, por iso, un poderoso instrumento de transmisión de modelos lingüísticos e culturais. A súa influencia, que é evidentemente máis decisiva aínda no caso de linguas non normalizadas, no futuro da lingua galega é obxectivamente moi importante.
  41. 54. Prensa:
  42. 55. Revistas:
  43. 58. O CGAI, Centro Galego de Artes da Imaxe é un organismo da Xunta de Galicia, dedicado á conservación, documentación e difusión da imaxe en todos os sentidos.
  44. 60. Título galego : Mar adentro Título orixinal: Mar adentro Tipo : Longametraxe Xénero : Drama Modo : Coproducción Realizada a cor Duración : 110min Orixe : España Ano : 2004 Idioma : Castelán, galego e catalán Subtitulado : Dobrado : Galego (todos os diálogos, na ed.DVD)
  45. 62. Polo que se refire ó mundo da empresa, aínda habendo importantes diferenzas duns sectores a outros, ha¡ que dicir que se segue desenvolvendo moi maioritariamente en castelán.
  46. 63. Fundación Galicia-Empresa , a Fundación Galicia Empresa nace da pluralidade sectorial, política e ideolóxica; sen outra definición que a de promover o uso da nosa lingua e a nosa cultura. Ten por obxecto a promoción, vertebración e divulgación da empresa galega como entidade específica, caracterizada pola súa vinculación á realidade socio-económica e cultural de Galicia.
  47. 64. Nos oficios relixiosos A Igrexa Católica permite o seu emprego nas misas, pero a súa xerarquía, case toda foránea, prescinde practicamente dela. Hoxe, por exemplo, o número de misas que se celebran en galego non supera o 10 ou o 15%, sendo precisamente no ámbito rural onde o castelán é máis dominante. Trátase dunha práctica lingüística aínda máis sorprendente se pensamos que a inmensa maioría dos cregos galegos (por riba do 80%) declaran seren galegofalantes habituais, o cal demostra que o seu comportamento diglósico responde a unha formación lingüisticamente condicionada e á presión da institución á que representan.

×