Your SlideShare is downloading. ×
cabanillas
cabanillas
cabanillas
cabanillas
cabanillas
cabanillas
cabanillas
cabanillas
cabanillas
cabanillas
cabanillas
cabanillas
cabanillas
cabanillas
cabanillas
cabanillas
cabanillas
cabanillas
cabanillas
cabanillas
cabanillas
cabanillas
cabanillas
cabanillas
cabanillas
cabanillas
cabanillas
cabanillas
cabanillas
cabanillas
cabanillas
cabanillas
cabanillas
cabanillas
cabanillas
cabanillas
cabanillas
cabanillas
cabanillas
cabanillas
cabanillas
cabanillas
cabanillas
cabanillas
cabanillas
cabanillas
cabanillas
cabanillas
cabanillas
cabanillas
cabanillas
cabanillas
cabanillas
cabanillas
cabanillas
cabanillas
cabanillas
cabanillas
cabanillas
cabanillas
cabanillas
Upcoming SlideShare
Loading in...5
×

Thanks for flagging this SlideShare!

Oops! An error has occurred.

×
Saving this for later? Get the SlideShare app to save on your phone or tablet. Read anywhere, anytime – even offline.
Text the download link to your phone
Standard text messaging rates apply

cabanillas

863

Published on

0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total Views
863
On Slideshare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
0
Actions
Shares
0
Downloads
6
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

Report content
Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
No notes for slide

Transcript

  • 1. Ramón Cabanillas Enríquez é considerado como a síntese e superación do Rexurdimento, herdeiro do máis elevado da tradición decimonónica e ao mesmo tempo actualizador da poesía galega. Con el incorpora, certamente de forma serodia, os elementos básicos das estéticas post-simbolistas europeas interseculares.
  • 2. encadramos a Ramón Cabanillas na xeración das Irmandades, aínda que por idade lle corresponda dentro dela o rango de "irmán maior“; sen embargo a súa peripecia biográfica e intelectual asimilase á dos máis novos e conflúe con eles plenamente tras a constitución das Irmandades da Fala.
  • 3. Coma eles, Cabanillas inicia o seu labor literario na segunda década do século e alcanza especial fecundidade nos anos 20, no período de plena eclosión cultural do galeguismo de preguerra. Participan ombro con ombro nas mesmas empresas galeguizadoras, desde o Seminario de Estudos Galegos ao Partido Galeguista, ademais de colaborar nas principais publicacións alentadas desde as Irmandades ( A Nosa Terra, Rexurdimento, Nós, etc.).
  • 4. De feito, os homes das Irmandades -preferentemente prosistas- fixeron del un estandarte, ao cualificalo como 'Poeta da Raza ", sucesor lexítimo de Rosalía, Pondal e Curros. No discurso pronunciado no acto de fundación da Irmandade de Amigos da Fala de Compostela, o malogrado Lois Porteiro Garea define con toda precisión o elevado papel que lle foi encomendado: Cabanillas é o cardiaco que vén á remover (supricando, mallando, escarnecendo) a nosa apatía, a espertamos do sono mortal. Hémolo poñer por cabeza d'este movimento, que si precisa moito estudio e moito sacrificio, ten as súas raíces n-o corazón onde nacen os versos fortes e altivos, y-os pianos y-amorosos de Cabanillas que todos manan da mesma fonte. Estas sacudidas levan sempre diante un vate, un profeta, un rebelde (un tolo din as xentes porque predica ós que dormen) que loitando ca disgracia, ca cólera dos podrosos qu'embisten n'el com'o mar n-os baixos, co sono dos medianos qu'o abandonan, e c'a pobreza d'os probes que non s'atreven, va¡ pola terra asovallada aturuxando.
  • 5.  
  • 6. Ramón Cabanillas Enriquez nace o 3 de San Xoán de 1876 na pequena vila feudal de Fefiñáns , pertencente daquela á freiguesía de San Adrián de Vilariño e hoxe anexada á vila de Cambados (Pontevedra). Asiste á escola na súa primeira infancia, a unha escola aldeá que podemos imaxinar hoxe en día lendo a saudosa evocación que fai dela en Vento mareiro (1915):
  • 7. ¡Con que vida de milagre rexurde a visión daquela casa de escola, asentada no adro, a carón da igrexa! ¡Ou paredes! ¡Ou baranda da escala longa e estreita do patín! ¡Ou ventaniñas claras, ridoras, abertas sobre da horta do antigo convento! ¡Como se espella na alma, como arrecende o recordo, esa roseira sempre florida que loce máis rosas canto máis vella!
  • 8. Á idade de nove ou dez anos, e quizabes sentindo xa a chamada do Seminario, vai a pasantía de Latín nunha parroquia veciña. En carta dirixida a don Ricardo Carballo, o poeta retrata con sinxeleza e tenrura a figura do profesor: Tratei de deprender Latín, ós nove ou dez anos, cun santo abade, moi enfermiño e falangueiro, que me daba máis mazás que leccións, na lindeira parroquia de Corbillón.
  • 9. 0 certo é que en 1889 reside xa no seminario de San Martiño Pinario, en Compostela, onde non se destaca precisamente polo seu amor ao estudio . Na referida carta pódese ler: Entre o 89 e o 93 paseei os claustros de San Martiño Pinario, de onde saín cun revoltixo na cachola, de Historia, Retórica e Matemáticas. De Latín, Grego e Filosofia, nada, nin polo forro; catro vaguedades penduradas dun fío.
  • 10. En 1893 deixa o Seminario e incorpórase ao traballo burocrático, como oficial de contabilidade , na casa do Concello de Cambados. Alí comparte o seu lecer entre as tascas mariñeiras e a lectura: Nese tempo divertinme nas tascas, entre mariñeiros, e facendo, ás veces, coplas de rexoubeo. Lin todo o que atopaba por diante , porque sempre fun un lector sen acougo, anque sen método, selección, escolla, ficheiros nin nada que se lle pareza. E... case¡. Pero esto pertence ao meu ser íntimo, cheo de felicidade e santidade.
  • 11. Temos, pois, a don Ramón no seu Cambados, burócrata e casado, feliz no traballo e na familia. Pero, para saber que era aquelo de América , embarca para Cuba en setembro de 1910, deixando na casa a muller, coa que vai manter constante correspondencia, e os fillos, dos que se va¡ lembrar sempre, facendo da súa crianza obxecto de preferente preocupación, máis coma faceta moral ca material. Ver os fillos, para ben criados, Amantes do seu chan, traballadores, Sin rebaixarse nunca ante os señores Nin erguerse xamais ante os coitados.
  • 12. Reside na Habana evai gañar o pan en traballos burocráticos: primeiro como contable de comercio e despois como administrador do Teatro Nacional, que daquela era propiedade do Centro Galego. Por cartas dirixidas a Manuel Sánchez Peña -datadas entre outono de 1910 e xuño de 1915- temos amplas noticias, referentes á súa actividade intelectual, burocrática, galeguista e persoal, que foi moi intensa neses cinco anos. Os extrañáis de que no escribo; no os extrañéis. Estoy metido en una vida que no me deja tiempo para nada .
  • 13. O seu contacto coa intelectualidade galeguista emigrante é intenso nestes anos: Nicolás Rivero, Xosé Castro «Chané», Xosé Fontenla Leal, Adelardo Novo (amigos todos eles de Manuel Curros Enríquez, morto na Habana dous anos antes da chegada de Cabanillas), e os asiduos do café «La Puerta del Sol», compoñentes da bohemia literaria e artística dos galegos residentes en Cuba: Antón Villar Ponte, Roberto Blanco Torres, Xulio Sigüenza, Virxilio Blanco... Alí coñeceu tamén a Basilio Álvarez que o gañou para a causa agrarista.
  • 14. En 1913 publica No desterro , prologado por Basilio Álvarez, o famoso cura de Beiro, líder de Acción Gallega, con quen Ramón Cabanillas mantivo sempre unha fonda amizade e mais unha comunión ideolóxica no referente á loita anticaciquil.
  • 15. En 1915, ano da publicación de Vento mareiro volve a Cambados, renunciando a un propósito inicial de visitar os Estados Unidos - 1911: «Estuve a dos dedos de irme a Filadelfia, en los Estados Unidos El puñetero inglés que no me entra!»- ,
  • 16. Es inverosímil y ridículo -escribe o 24 de xuño de 1915 a Manuel Sánchez Peña-, pero es verdad: estoy disgustadísimo viendo acercarse el día de dejar a Cuba. Nada me liga a esta tierra, absolutamente nada, y, sin embargo, me ha puesto imposible la seguridad de abandonarla. Perdí el humor para escribir y no tengo serenidad para explicarte mi estado de ánimo.
  • 17. Reintégrase á burocracia local, á apacibilidade da vida familiar e á actividade política, en estreita relación coas Irmandades da Fala e co seu fundador Antán Villar Ponte. O compromiso co proxecto das Irmandades da Fala levouno a colaborar asiduamente en A Nosa Terra , converténdose na voz lírica do movemento. Foi aclamado como Poeta da Raza e utilizou os seus poemas ao servicio da construción nacional, abandonando os ecos intimistas presentes na súa primeira poesía.
  • 18. 0 día 31 de agosto de 1920, festa de San Ramón, é recibido na Real Academia Galega para ocupar a vacante que se producira coa morte de don Xosé Salgado Rodríguez. O seu discurso levaba como título A saudade nos poetas gallegos .
  • 19. 0 26 de maio de 1929 le o seu discurso de ingreso na Real Academia Española , para a que fora designado xunto con Cotarelo Valledor, en cumprimento dunha disposición do Goberno de Primo de Rivera que asignaba dous postos na devandita Institución para cada unha das culturas españolas con entidade lingüística propia: a galega, a catalana e a vasca. Ó discurso, que leva como título Un somero recuerdo de la vida y obra de Eduardo Pondal , responde Juan Armada y Losada, marqués de Figueroa.
  • 20. Fixa a súa residencia en Madrid para asistir ás sesións da Academia e, a partir deste momento, a súa vai ser unha permanente peregrinaxe: Madrid, Valencia, Cambados, Baracaldo, Samos... na que o poeta se vai ver obrigado a perder a estabilidade da súa vida ideal, familiar e mais aldeá, para someterse a outras imposicións do seu rango de poeta universalmente recoñecido. A ti miña muller, arca pechada, Que no seu fondo garimoso encerra O que me queda santo sobre a terra, Van estes versos de visión dourada. Eles diranche que, ó través da vida, Sempre, sempre miña alma soñadora Pideulle a Dios que na postrera hora Cerre os meus ollos esa man querida.
  • 21. Sofre a pobreza : La deportación de mi hermano -escribe a Valentín Paz Andrade o 22 de maio do 39- le impidió resolverme una situación económica urgentísima: la del abono de mi costosa operación quirúrgica. Recurriendo a todos los medios he podido reunir una parte de la cantidad que debo entregar mañana, y como mis más cercanos amigos están en situación idéntica o alejados, te ruego con verdadera necesidad me mandes seiscientas cincuenta pesetas, que te satisfaré en el plazo máximo de dos meses, pues tengo un trabajo a realizar que me permitirá cumplir la devolución en ese plazo.
  • 22. Tendo a pobreza por digna compañeira e limpa a conciencia de mundano lixo, chégalle a morte en Cambados, na casa dunha súa filla, o 9 de novembro de 1959. É amortallado co hábito de San Francisco e enterrado en Cambados, aínda que posteriormente os seus restos foron trasladados a Santiago e depositados na igrexa conventual de Santo Domingo, na mesma capela cós de Rosalía de Castro e Alfredo Brañas.
  • 23.  
  • 24. Escribiu fundamentalmente poesía lírica e poesía narrativa , pero tamén publicou teatro e esporadicamente textos ensaísticos como o seu discurso de entrada na RAG A saudade nos poetas galegos (1920) ou o prólogo á Antífona da cantiga.
  • 25.
    • Poesía lírica:
      • No desterro (1913)
      • Vento Mareiro (1915)
      • Da Terra asoballada (1917)
      • A rosa de cen follas (1927)
      • Antífona da cantiga (1950) (antoloxía de cantos e coplas populares)
      • Da miña zanfona (1954)
      • Versos de alleas terras e tempos idos (1955)
      • Samos (1958)
  • 26.
    • Poesía narrativa:
      • Na noite estrelecida (1926)
      • O bendito San Amaro (1925): bioggrafía deste santo galego.
      • Camiños no tempo (1949): recompilación da súa poesía narrativa.
  • 27.
    • Teatro:
      • A man de Santiña (1921) (teatro)
      • O Mariscal (1926) (teatro)
  • 28. Cabanillas supera o risco de converterse nun epígono máis do Rexurdimento mercé á incorporación ao galego dos rexistros que caracterizan a modernidade poética . Desde o punto de vista estritamente literario, a estética de Ramón Cabanillas constitúe unha síntese peculiar dos seguintes elementos básicos: Tradición clásica greco-latina Mestres do Rexurdimento Tradición Folclórica galega Romanticismo e Simbolismo e postsimbolismo
  • 29.
      • A tradición clásica greco-latina , coa que entra en contacto na súa mocidade de seminarista, máis preocupado polas lecturas de Horacio e Ovidio que pola Biblia e os Pais da Igrexa. Unha boa síntese desta orientación achámola en Versos de alleas terras e tempos ¡dos (Paráfrasis galegas) (1955), onde adapta até unha ducia de autores clásicos. 0 peso da tradición culta é especialmente perceptible en Samos (1958).
  • 30.
      • A tradición folclórica galega , da que foi tamén escolmador con Antífona da cantiga (1951), posteriormente reeditado como Cancioneiro Popular Galego.
      • Os " mestres maiores " do Rexurdimento, Rosalía, Pondal e Curros, cos que sucesivamente foi emparentado polos seus coetáneos e aos que, efectivamente, foi buscar inspiración en distintos lances da súa obra.
  • 31.
      • O romanticismo tardío -Heinrich Heine está presente con Rosalía na inspiración de A rosa de cen follas (1927)- e de maneira especial os movementos simbolistas e post-simbolistas da segunda metade do século.
    Verlaine e Rimbaud
  • 32. A etapa de formación de Cabanillas coincide coa eclosión do modernismo . Sen embargo, a literatura galega mantense en liñas xerais á marxe das propostas rubendarianas. Do modernismo hispano Cabanillas adopta as roupaxes externas : a versatilidade métrica e rítmica, con versos alexandrinos ou sonetos de arte menor; un lixeiro exotismo con princesas, pierrots, mandaríns chineses, xardíns amenos, etc.; e o gusto polo sensual, os ambientes lánguidos, a musicalidade, o preciosismo verbal e os efectos coloristas.
  • 33. Sen embargo, outros trazos de igual relevo alonxan ao cambadés da estética puramente modernista: o gusto polo folclore popular, o léxico rural, a anécdota narrativa... A maiores, Cabanillas asume para a súa obra un marcado ideal ético e unha finalidade concienciadora que pouco teñen que ver co esteticismo vougo e as teorías da art pour l'art.
  • 34. Tras incorporarse ao proxecto cultural das Irmandades da Fala, Cabanillas toma contacto tamén co saudosismo portugués. Como as Irmandades para Galiza, os saudosistas propuñan para Portugal un programa de rexeneración baseado na recuperación das raíces nacionais que coidaban ameazadas.
  • 35. O rescate da memoria colectiva era entendido como unha forza capaz de mobilizar as enerxías dos dous pobos na procura dun futuro mellor. 0 punto de confluencia de pasado e futuro era o sentimento de saudade, elevado desde o rango de nostalxia ao de forza histórica. É por iso que é tan importante o mentemento da memoria histórica.
  • 36. A saudade é un camiño de perfección ao través da alma galega: ese camiño escomenzou co primeiro galego que conquireu a plenitude do sentimento racial e morrerá c-o derradeiro galego que alente sobre a Terra. A saudade é a lembranza do Pasado arnostrándonos o que levamos dentro de nós por herdo dos nosos pais, dos nosos abós e da Terra de que somos feitos e, ao tempo, é a Espranza no Porvir que nos pendura d-unha arela docísima, d-un deseio nunca satisfeito de conquerimento do Alén, de acercamento á Divinidade.
  • 37. O saudosismo terá unha influencia decisiva na obra dos anos 20, onde apreciamos un crecente interese polos temas históricos, unha tendencia mítica e certo misticismo entre cristián e panteísta. Todos estes elementos, unidos a un profundo coñecemento da tradición decimonónica e da poesía popular , dan lugar a unha obra rica e plural. Cabanillas incorpora aos seus textos rexistros e temáticas descoñecidos na poesía galega -temática relixiosa e bucólica, o mito artúrico...- ao tempo que renova os modelos habituais mediante un novo tratamento en que se combina sensualismo, plasticidade e un perfecto dominio do ritmo e da linguaxe.
  • 38. Evolución literaria 1910-1915: Etapa de formación ou pregaleguista 1915-1920: Etapa galeguista 1920-1930: Etapa mítico-saudosista 1939-1949: Etapa de posguerra (segunda madurez)
  • 39. a) Etapa deformación ou pregaleguista (1910-1915) Coñece a Basilio Álvarez e impresionado pola súa oratoria asume o ideario agrarista e convértese en portavoz literario do movemento. Nos anos da emigración cubana Cabanillas escribe os seus dous primeiros libros, No desterro. Visión gallegas (1913) e Vento mareiro (1915)
  • 40. No formal , apreciamos neles a asimilación da tradición poética do Rexurdimento, así como a incorporación dos achados métricos e estilísticos do modernismo rubendariano. Editadas na Habana son as iniciadoras dunha nova corrente estética que se consolidará como propia e que combina a evocación descritiva nostálxica dun emigrante co poeta anticaciquil e cívico que reclama dende o primeiro momento o necesario camiño da galeguización definitiva.
  • 41. Canto á temática , os poemas desta época expresan a nostalxia do desterrado que a través da lembranza reconstrúe a presencia dos lugares nativos, as paisaxes familiares, os amores infantís, a nai, a esposa, etc. Noutros casos, a poesía faise narrativa e incluso humorística ao describimos un Pierrot labrego ou arremedar de forma obscena a lenda do paxaro de Armenteira. A emigración, que o poeta coñece agora por experiencia persoal, non provoca a máis mínima crítica social: tan só no poema inicial de No desterro , "Camiño adiante", se nos presenta como decisión liberadora do labrego que marcha canso de sufrir a humillación e a inxustiza.
  • 42. A par desta poesía descritiva ou narrativa, encontramos tamén un reducido número de poemas -catro entre cincuenta en No desterro ; oito en Vento mareir o- que mostran a voz dun poeta civil , empeñado en denunciar con versos rabiosos e incendiarios os males do foro, a miseria dos labregos e as ansias de redención que atravesan o campo galego. Poemas como "A Basilio Álvarez", "Acción gallega", "A un cacique", "Lume no pazo", etc., convértense en auténticas proclamas anticaciquis e antiseñoriais e marcan nos anos seguintes o perfil literario do autor.
  • 43. b) Etapa galeguista (1916-1920): O seu ingreso definitivo nas Irmandades da Fala vai supor unha evolución temática acompañada dun compromiso co país. Convértese nun grande poeta cívico asumindo o rol de concienciador do pobo.
  • 44. A esta época corresponde a obra Da terra asoballada (1917) así como un bo número de poemas que pasan a engrosar a segunda edición de Vento mareiro (1921). Aínda que Cabanillas non renega dos poemas de crítica antiseñorial, nesta etapa abandona os tintes sanguinarios e vingativos da fase agrarista para adoptar unha actitude didáctica , de cara a lograr unha aproximación paulatina do pobo ao galeguismo.
  • 45. Cabanillas prefire agora louvar nos seus poemas os persoeiros representativos do galeguismo histórico (Rosalía, Pondal, Brañas ... ) ou contemporáneo (Lois Porteiro), ao tempo que chama os galegos a recuperaren o seu orgullo nacional cunha intencionalidade redignificadora na liña dalgúns poetas do Rexurdimento.
  • 46. Galiza pasa a ser o suxeito colectivo dos seus poemas, entendida como un conxunto de grupos sociais heteroxéneos pero igualmente asoballados. Por moito que siga identificando a esencia do país coa súa base campesiña, o fidalgo xa non é só unha figura corrupta e sanguinaria e preséntasenos tamén en ocasións como paradigma de honestidade e amor á terra. Ao mesmo tempo, a poesía de Cabanillas imprégnase de múltiples ideoloxemas que caracterizan o discurso político das Irmandades: o papel central do idioma na conformación da nacionalidade, o celtismo, o modelo irlandés, Portugal como prolongación cultural de Galiza, etc.
  • 47. O labor de restauración social inclúe tamén o tratamento do teatro , ata o de agora esquecido. Desde o ideario das Irmandades apostábase pola creación e fundación do “ Conservatorio Nazonal de Arte Galego ”. A contribución de Cabanillas está na peza A man de santiña (1921). Por primeira vez personaxes galegos pertencentes a niveis elevados comunicábanse en galego.
  • 48. c) Etapa mítico-saudosista (1921-1930): Esta etapa relaciónase co seu achegamento ao Grupo Nós e ao saudosismo portugués. Caracterízase pola aposta no camiño da reconstrucción do pasado , desde a Idade media, tempo esencial no que se explican as orixes do noso pobo. Cabanillas pretende achegarse a unha verdade intrahistórica que mostre aos lectores as grandes leccións do pasado como única maneira de facérense donos do seu futuro.
  • 49.
    • Centra os momentos da "historia mítica" en catro, que considera claves na constitución da nacionalidade:
      • a época celta , que aborda a través de personaxes e actitudes de marcado selo pondaliano;
      • a Alta Idade Media , mitificada na apropiación das lendas artúricas;
      • o período de esplendor medieval (secúlo XII) dominado polas loitas entre Xelmírez e dona Urraca e a perda do reino con Afonso VII;
      • e por último a crise do século XV en que as loitas irmandiñas, a dominación castelá e o sometimento da nobreza significan o fracaso das aspracións nacionais de Galiza.
  • 50. A nova materia trae consigo un novo tratamento formal : a linguaxe poética é máis rica e conceptuosa; son máis frecuentes as referencias eruditas; créase un sistema pechado de símbolos aos que só pode ter acceso un lector medianamente culto... No tocante á versificación , bota man de metros cultos antes inusuais na súa obra, como o alexandrino, se ben alterna o seu uso con romances e outras estrofas populares.
  • 51. Paralelamente a esta corrente mítico-saudosista, Cabanillas escrebe unha outra poesía de carácter relixioso e milagreiro, entre a que destacamos a lenda en verso 0 bendito San Amaro (1925), xunto con outros textos que teñen como figura central o Apóstolo Santiago, símbolo que nesta altura tenta recuperar o galeguismo.
  • 52. Mais a proba que confirma a variedade de rexistros caracterizadores de Ramón Cabanillas é a publicación do poemario A rosa de cen follas. Breviario dan amor (1927), cuxo título é tomado dun verso de Rosalía de Castro; agora o poeta renunciará á poesía combativa e costumista para cantar o amor con evidentes influencias de clásicos como Rosalía, Bécquer ou Heine, tal e como o poeta anuncia no limiar: "Estas páxinas descoridas, dun inxenuo e soave romanticismo, son as follas murchas dunha rosa de mocedade. Malia que a tristeza da Rula do Sar me apreixara o corazón, o Bécquer das anduriñas o cinguira de brétemas, e Heine, o que oiéu as sonatas do violín da Morle, batera nel como nunha bigornia de ferreiro, naceron nos días lumiosos en que a vida é unha cantiga nos beizos e un feixe de rosas na man"
  • 53. d) Etapa de posguerra (segunda madurez) (1939-1959): A partir de 1931 aproximadamente Cabanillas enmudece como poeta. Salvo poemas circunstanciais en tempos da República e un par de romances aparecidos durante a guerra en revistas da resistencia antifascista, o poeta pasa máis dunha década sen escribir nin publicar. Sen embargo, cando xa sobrepasa os setenta anos e parece que a súa obra non vai ter continuidade, nos anos corenta inicia unha segunda madurez creadora.
  • 54. A esta resurrección non é allea a situación de penuria e persecución que atravesa a lingua : Cabanillas, membro da Real Academia Española, católico fervente e de ideas conservadoras, está a salvo das desconfianzas e censuras do réxime e volve a xogar, como xa fixera tres décadas atrás, un papel simbólico de primeira magnitude na recuperación cultural de posguerra.
  • 55. Publica: Antífona da cantiga (1950), recompilación de cántigas populares. É o primeiro libro que publica a editorial Galaxia. Versos de alleas terras e tempos idos (1955) Onde traduce e adapta poemas gregos e latinos, así como do inglés ou do alemán. Da miña zanfona (1954) libro con ecos machadianos en que o poeta, o,"home bo", estende a súa ollada sobre o mundo para se referir con voz amarga e ton moralizante, á tristeza, á mocidade perdida, á vida e á morte.
  • 56. Samos (1958). Misticismo relixioso e contemplativo na descrición da quietude da vida comunitaria no mosteiro de Samos. É un poemario de paz e comuñón coa natureza nun locus amoenus que restableza o seu equilibrio interno. Canta aos elementos da arquitectura do mosteiro, os distintos momentos da vida monástica e a paisaxe que rodea o lugar en versos de resonancias panteístas.
  • 57. Recursos estilísticos Algúns dos recursos máis empregados son sinestesias, simbolismo, hipérbato, etc. Unha das características máis salientables de Ramón Cabanillas é a «vontade de estilo », isto é, a vontade de conseguir a perfección estilística nas súas composicións, polo que dun mesmo poema ten varias versións publicadas en sucesivas edicións. Estas responden ou ben a unha finalidade puramente estética para acadar a altura literaria que merece o poema ou ben motivadas por cuestións puramente ideolóxicas e/ou políticas.
  • 58. Lingua Da mesma maneira que amosou unha clara vontade de estilo, tamén podemos falar de «vontade de lingua» para referírmonos á preocupación que tivo para escribir nun galego literario, afastado do oral, consciente de que escribe nun idioma carente de normas.
  • 59. Se comparamos diferentes edicións da súa obra observamos que, a diferenza das primeiras edicións (anteriores a 1920), nas posteriores: • Rexeita castelanismos como ponzoñenta, aléxase, sangre, cuaxan, carcaxada, axena, nadie e escribe, na definitiva versión, formas galegas como pezoñenta, alónxase, sangue, callan, gargaliada, allea ou ninguén. • Reduce o emprego de formas dialectais propias da fala, como o seseo, que xa nas primeiras edicións era escaso. Así, substitúe lus, crus, vos ou rapas por luz, cruz, voz, rapaz.
  • 60.
      • Rexeita vulgarismos como mistereosa, patreo, mamorias, últemas, propeo, historea, y-alma, delor e substitúeos por misteriosa, patrio, memorías, últimas, propio, historia, alma, dolor.
      • Modifica léxico, principalmente cando substitúe a palabra desexo (que aparecía na primeira edición de No desterro (1913): «eu tiña un deseio») 1 - pola palabra arela («Eu tiña unha arela») da 2 a edición de 1926.
  • 61. Con todo é frecuente nel o emprego de hiperenxebrismos como outo, soma, rízonte, adourar (alto, sombra, horizonte, adorar). Así mesmo tivo unha forte preocupación por elevar a consideración social galego . Proba disto é que o considerou apto para a tradución de poemas e modernos en Versos de alleas terras , e que o dignificou en A man de Santiña ao nos presentar personaxes de clases altas (fidalgos e señoritas nadas) na cidade falando o noso idioma, coa finalidade de impulsar a concia galeguista nestes ámbitos urbanos e nestes estamentos sociais, algo inusitado na época.

×