Your SlideShare is downloading. ×
Apuntes lingua
Apuntes lingua
Apuntes lingua
Apuntes lingua
Apuntes lingua
Apuntes lingua
Apuntes lingua
Apuntes lingua
Apuntes lingua
Apuntes lingua
Apuntes lingua
Apuntes lingua
Apuntes lingua
Apuntes lingua
Apuntes lingua
Upcoming SlideShare
Loading in...5
×

Thanks for flagging this SlideShare!

Oops! An error has occurred.

×
Saving this for later? Get the SlideShare app to save on your phone or tablet. Read anywhere, anytime – even offline.
Text the download link to your phone
Standard text messaging rates apply

Apuntes lingua

3,312

Published on

Conceptos básicos de sociolingüística

Conceptos básicos de sociolingüística

Published in: Education
2 Comments
2 Likes
Statistics
Notes
No Downloads
Views
Total Views
3,312
On Slideshare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
3
Actions
Shares
0
Downloads
48
Comments
2
Likes
2
Embeds 0
No embeds

Report content
Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
No notes for slide

Transcript

  • 1. 1.- O conflito lingüístico. Definición causas e consecuencias. O ser humano é un ser social que convive con outros membros no seo dunhasociedade. A sociedade humana existe porque as persoas que as conforman se relacionanentre si a través dun mesmo sistema de comunicación. Agora ben, non todos falamos amesma lingua, pois os pobos somos diferentes. A diversidade lingüística é tan grande queatopamos 3000 linguas diferentes (ou 5000 para algúns estudosos menos estritos). Ofalante dunha lingua interpreta de maneira diferente o falante doutra realidade. Así, porexemplo, o pobo esquimó ten máis dunha ducia de termos para designar unha realidade quenós coñecemos cun só vocábulo: “neve”. A pluralidade lingüística do planeta non é maldición bíblica, senón signo de variedadehumana e de progreso. Falar dunha única lingua como universal é un feito antihistórico. Situación lingüística mundial. Raramente coinciden as fronteiras lingüísticas coas políticas. Hai un número 30veces maior de linguas ca de estados. A maior parte dos países do mundo enfróntanseactualmente con situacións de linguas en contacto e de conflito cultural. A realidademultilingüe está presente a escala mundial, condicionando numerosos problemas de ordesocial, económica e política. A adopción dunha determinada lingua como idioma oficial implica unha decisiónxurídico-política (usualmente de rango constitucional) que reflicta toda unha serie deactitudes precedentes, de proxectos de actuación, etc... que sería irreal disociar do actode autoridade. Como a lingua oficial lle compete ao Estado, os cambios de status das linguasoficiais teñen que ser relacionados cos cambios na organización política. O status oficialdunha lingua específica non está fixado permanentemente, senón exposto a flutuacións deacordo coas circunstancias sociopolíticas. O multilingüismo é, con frecuencia, o final dun longo proceso de decisións dunsistema de reequilibrio de poder. A lingua oficial non é sempre a lingua do grupo ou grupos lingüísticos asentados noterritorio do Estado. Os países do considerado Terceiro Mundo ofrecen moitos exemplosdesta situación: o inglés na India, o francés no Líbano.LINGUAS NACIONAIS E/OU OFICIAISNacional sen recoñecemento político. Nacional e oficialNacional recoñecida, oficial. Oficial, non nacional. A existencia de máis dunha comunidade idiomática no seo dos estados a miúdopresenta unha situación de desequilibrio e desigualdade non só numérica (maioría/minoría),senón tamén xurídica (prohibición, represión, eliminación/ promoción, protección, defensa),de status (oficial/particular) e de emprego. Esta realidade cristaliza nun conflitolingüístico. As linguas non oficiais (minorizadas) sofren a competencia doutra asumida poloEstado coma oficial. No enfoque da realidade multilingüe caben dúas opcións: - eliminación directa ou indirectamente das linguas minorizadas en favor da que o Estado define coma “nacional” e “oficial”: uniformismo. - recoñecemento desas linguas a través do seu recoñecemento formal coma idiomas oficiais ou eventualmente nacionais. Cada comunidade debe manter, conservar e facer progresar a súa lingua, establecendo unha segunda para se comunicar con individuos doutra comunidade: ecoloxismo lingüístico.Departamento de Lingua 1 Lama das Quendas
  • 2. O ideal do equilibrio lingüístico consiste en que todas e cada unha das linguasdesempeñen no seu territorio propio a totalidade das funcións posíbeis para calqueraidioma. Dúas linguas nunha sociedade. Como xa dixen, ningún Estado nace multilingüe. Cando nos atopamos dúas linguas noseo dunha sociedade, estamos ante un feito antinatural, froito das vicisitudes históricas.Miquel Siguán explica isto aludindo a tres motivos: - os procesos de expansión e unificación política. - os movementos migratorios. - os contactos internacionais. Dos tres, o máis importante e frecuente é o primeiro. Estes acostuman ir unidos aoaniquilamento das culturas e das linguas diferentes ás da sociedade que se expande.Normalmente abranguen un longo período de tempo, dentro dun marco xurídico imposto, ecunha introdución lenta da lingua e da cultura dos dominadores. Esta superposición acaba en moitos casos coa desaparición da lingua autóctona: ocaso do latín en Gallaecia. Esta situación é definida como substitución lingüística. Bisavós (monolingües L1) Avós (pseudobilingües) Fillos Netos (bilingües) (monolingües L2) Noutros casos as dúas linguas conviven dentro da mesma comunidade, aínda que conusos distintos: unha convértese en DOMINANTE (tamén chamada lingua A ou lingua decultura) e ocupa os ámbitos socialmente relevantes (escrita, cultura...) e a outra convérteseen lingua DOMINADA (tamén chamada lingua B, lingua minorizada ou idioma cuberto) e oseu uso fica progresivamente restrinxido a ámbitos orais, coloquiais, etc. Neste casofalamos de convivencia diglósica e prodúcese un conflito entre as dúas linguas No caso dacomunidade lingüística galega a convivencia diglósica vénse producindo desde o século XV: ocastelán é a lingua dominante e o galego é a dominada. Algo semellante sucede nas demaiscomunidades españolas con dúas linguas. O CONFLITO LINGÜÍSTICO non é máis que o reflexo das tensiónssociolingüísticas que se producen entre as dúas linguas desde o momento en que a linguadominada pretende recuperar os ámbitos dos que foi desposuída pola dominante. A resolución do conflito é imprevisible. Será a lealdade lingüística dos falantes asícomo a implicación no proceso dos poderes públicos e das institucións culturais eeconómicas as que provocarán que se resolva: ou coa substitución lingüística da Lingua Bpola Lingua A, ou coa plena normalización lingüística, isto é, coa recuperación pola primeirados ámbitos de uso que lle foron arrebatados pola segunda. Tamén hai que supón que sepode dar un bilingüismo harmónico entre as dúas linguas, unha convivencia pacífica.Departamento de Lingua 2 Lama das Quendas
  • 3. Exercicios"...o alumno que chega á escola falando a lingua de maior prestixio, e na escola o sistemaeducativo imponlle a adquisición dunha nova lingua. Se nestas circunstancias o alumno semanifesta disposto a emprender a aprendizaxe dunha segunda lingua, esta non significaráningunha ameaza para o seu status lingüístico privilexiado, xa que fala a lingua prestixiosa eseguirá falándoa. A posibilidade dun fracaso na aprendizaxe da segunda lingua non lleproducirá ningunha perda de prestixio. Nestas condicións a súa actitude diante das dúaslinguas pode ser positiva e as aprendizaxes refórzanse mutuamente. Para estes alumnos oproceso de educación bilingües terá efectos aditivos. ... se nun primeiro momento a lingua cumpre funcións primordialmente afectivas, nunestado posterior troca a función da linguaxe, para enlazar directamente codesenvolvemento cognitivo. Se un neno chega á escola cun uso cognitivo da linguaxe aínda feble, e alí recibe aproposta dunha lingua distinta, e se coincide que o neno pertence a unha familia ou gruposocial que minusvalora a súa propia lingua, e ademais non a utiliza en funcións cognitivas, nintampouco na escola é estimulado a utilizar a súa lingua para funcións cognitivas, senón que aescola insta ó neno a utilizar coma única lingua para as funcións cognitivas a segunda,prodúcese entón unha fractura no desenvolvemento lingüístico, con resultados negativospara ambas as dúas linguas." Mackey/Siguán 1986.CUESTIÓNS:1. Busca no dicionario as palabras subliñadas no texto.2. ¿Que ambiente lingüístico describe o texto? Cita outros países ou comunidades ondetamén se produza esta situación.3. Extrae as ideas principais do texto.4. Fai unha valoración crítica destas ideas.O galego como lingua útil. Tense dito mil veces, cen mil veces, millóns de veces, que o idioma galego non é unidioma útil, o que é certo nun determinado sentido da utilidade. Nos que así pensan subxaceeste esquema, estas tres premisas:a) O galego non serve fóra das fronteiras do noso pequeno país; por conseguinte, o castelán(e aínda máis o inglés) é de maior utilidade.b) O galego, secularmente idioma non escalafonal, é unha lingua que non produce diñeiro;sen embargo o castelán (e aínda máis o inglés) chaman polo diñeiro: teñen maior utilidade.c) O galego ten sido (dito dun xeito moi impreciso) a lingua da xente non distinguida e/ounon poderosa; polo tanto o outro idioma da polémica, o castelán, ten máis utilidade. ¿Para que -pregúntanse moitos pais, moitas nais- o ensino dunha lingua así? Desdeunha filosofía tan vulgar, tan inmoral da utilidade teñen toda a razón do mundo. Agora ben,eses pais e esas nais deberían esixiren nos nosos institutos a disciplina "como asaltarbancos e caixas de aforro con éxito", saber moito máis útil có castelán e o inglés xuntos.Quizais os asustase tanta coherencia. Desde outra "moral" pódese pensar que o galego é unidioma útil, entrañablemente útil. ¿Haberá maior utilidade espiritual que entendérmonos na voz natural e cálida damaioría dunha comunidade?¿Haberá utilidade máis gratificante cá de non subestimar eferir a ninguén porque fale a súa lingua histórica?¿Haberá utilidade máis humana có feitoDepartamento de Lingua 3 Lama das Quendas
  • 4. de enfrontármonos coa construción do futuro sen rexeitarmos ou acomplexarmos, arealidade presente? Xesús Alonso Montero, Lingua e administración.CUESTIÓNS:1. Que "utilidade" ten para ti o galego? e o español? e o inglés?2. Por que di o texto que o castelán e o inglés "chaman polo diñeiro"?3. En que idioma realizas ti cada unha das funcións da lingua? por que usas ese idioma? Cresque o galego é valido para todas estas funcións? Xustifícao. "En certa ocasión, pedindo café para os amigos no salón social dun hotel, fixensentirse á camareira absolutamente embarazada ó dirixirme a ela en gaélico. Sentíaseinsegura sobre se responder ou non en gaélico e, finalmente, saíu disparada a cumprir o meuencargo cunha breve frase en inglés. Un intercambio semellante tivo lugar nunha cafeteríadesta mesma illa: eu usando o gaélico todo o tempo, e a camareira usando persistentementeo inglés nas súas respostas. Ningún tipo de persuasión foi capaz de incitala a comunicar afactura ou contar en voz alta o troco en gaélico. Simplemente alí non podía facelo." Kenneth MacKinnon (1978), Gaelic in Scotland, 1971.1. Comenta a actitude da camareira e a do cliente (autor do texto), definindo o fenómenolingüístico que se constata no relato.2. Segundo a información do fragmento, cal pode ser o prestixio e cales as funciónsdesempeñadas polo gaélico e o inglés? "Prohibíchedes o galego nas escolas para producir no esprito dos nosos rapaces uncomplexo de inferioridade, facéndolles crer que falar galego era falar mal, e falar castelánera falar ben. Espulsáchedes o galego das eirexas, facendo que os representantes deCristo esplicaran o Evanxeo no idioma oficial, que o povo non falaba nin comprendía ben.Refugáchedes o galego ante os Tribunais de Xustiza e chegáchedes a castelanizarbarbaramente as toponimias galegas. ¿E de que vos valeu? Porque dispóis de máis de catroséculos de política asimilista, exercida con toda riqueza de astucias e violencia, o nosoidioma está vivo. Sodes, pois, uns imperialistas fracasados".Castelao, Sempre en Galicia, Ed, Akal, Madrid.CUESTIÓNS:1. Que inxustizas denuncia Castelao no texto?2. Que ton emprega no seu discurso? Por que cres que usa este e non outro calquera?3. Por que di no texto "política asimilista, exercida con toda riqueza de astucias e violencia?4. Que quere dicir ó final do texto coas verbas "imperialistas fracasados"? J. Aparicio, actual ministro de Prensa e propaganda do réxime falanxista, no xornal"El Pueblo" de Madrid: "A los gallegos hay que traerlos a Madrid, y meterlos en un campo de concentraciónpara inculcarles una reeducación de su sentido político, y cambiarles su alma gallega:"Departamento de Lingua 4 Lama das Quendas
  • 5. 2.- Lingua minorizada e lingua minoritaria. definición. Semellanzas ediferenzas. No mundo hai case vinte veces máis linguas que estados. A maior parte deles teñenque enfrontarse aos problemas orixinados pola convivencia no seu territorio de variaslinguas. Habitualmente establécese unha relación de desequilibrio entre elas: unha daslinguas -dominante- vaise impoñendo sobre a outra - dominada-, ocupando progresivamenteos seus ámbitos de uso. Deste xeito, a esta última impídeselle desenvolverse con normali-dade, limitando as súas posibilidades nos diferentes espazos comunicativos eempobrecéndoa por falta de cultivo, e en moitos casos só aquela recibe o recoñecementooficial como idioma estatal. É o que se coñece como minorización lingüística: un procesopolo que a lingua propia dun territorio vai perdendo protagonismo na vida da comunidade,cedendo funcións e ámbitos de uso a favor doutra lingua máis poderosa coa que está encontacto. Convértense así en minorizadas a linguas que se ben son minoritarias no conxuntoestatal son maioritarias no seu territorio lingüístico-cultural. Esta tensión de intentarampliar funcións no seo da sociedade ou evitar ser desprazada nalgunha delas provoca aaparición do chamado conflito lingüístico. As etiquetas minoritaria e maioritaria só son aplicábeis en termos numéricos a unhalingua sempre que se compare con outra nun territorio administrativo dado. O español éunha lingua minoritaria en Europa ou Estados Unidos ou en Galicia, pero maioritaria enEspaña. Unha lingua autóctona é minoritaria no seu territorio cando a porcentaxe depoboación que a usa é baixa, ben sexa pola chegada de poboación foránea, ben por abandonodo idioma por parte do grupo étnico-histórico que sempre a empregou. E, á súa vez, unhalingua é maioritaria cando a porcentaxe que a usa é máis elevada. Unha lingua é minorizada cando os seus usos sociais están supeditados aos usosdoutra lingua (dominante), normalmente foránea, cando fronte a esta última está nunhasituación de desvantaxe ou desequilibrio. Unha lingua é maiorizada cando ten uns usossociais plenos e as súas funcións sociais están garantidas e normalizadas. Así, podemos atopar linguas minoritarias que están minorizadas, por terenrestrinxidos os seus usos; pero tamén linguas minoritarias normalizadas, que son oinstrumento habitual de comunicación entre os seus falantes. E unha mesma lingua pode terun status diferente en función do territorio: o francés é unha lingua minorizada no Canadápero non en Francia, claro; o alemán tamén o é nos vales alpinos de Italia ou en Rusia, peronon en Alemaña ou Austria. Vexamos algúns exemplos: - Linguas maioritarias maiorizadas: francés en Francia, alemán en Suíza, flamenco en Flandres, etc. - Linguas maioritarias minorizadas: galego en Galiza, frisón en Frisia (Holanda), sardo en Sardeña (Italia), etc. - Linguas minoritarias minorizadas: é a tipoloxía máis común por ser produto da falta de coincidencia entre fronteira lingüística e fronteira político- administrativa. É o caso do galego en Asturias, León, Cáceres; do portugués en España; do grego en Italia e Albania; etc. Agora ben, as linguas minoritarias son en realidade tan minoritarias? Ás veces asestatísticas confunden grupo étnico con grupo lingüístico. Os grupos étnico-lingüísticosmaioritarios tenden a apropiarse de falantes doutras orixes, mentres os minoritarios eminorizados sofren deserción dos falantes cara os maioritarios e maiorizados. A maioríados falantes das linguas non estatais son bilingües/diglósicos entre lingua propia/linguaDepartamento de Lingua 5 Lama das Quendas
  • 6. estatal. As linguas minorizadas e minoritarias son tan faladas coma agochadas pola súacomunidade. Por iso, as estatísticas menten, ben porque as fan os estados para verificar ograo de homoxeneización nacional na única lingua oficial do Estado, ben porque a fan sen uncoñecemento profundo das comunidades lingüísticas. Unha das manifestacións dunha situación de minorización lingüística é a chamadainterposición ou mediatización, que consiste en que as relacións entre os falantes da linguaminorizada e os doutras comunidades externas se establecen a través do idiomahexemónico, obrigando aos falantes da minorizada a seren bilingües. E ante o perigo dedesaparición da riqueza que aporta a diversidade lingüística, o ecolingüismo defende o equi-librio lingüístico, protexendo as linguas en perigo, de modo que cada comunidade conserve asúa propia lingua e coñeza unha segunda exclusivamente para as relacións con outrasidiomaticamente diferentes. Linguas nacionais e nacionalismos lingüísticos. Os estados non son lingüisticamente homoxéneos. No mundo dáse unha grandevariedade de lexislacións e situacións lingüísticas. Non é o mesmo a férrea represión queexerce a democrática Grecia có respecto e consideración igualitaria que aplica Suíza ássúas catro linguas nacionais. Hai todo un abano de tratamentos diferentes a situacións moisemellantes. As normas, declaracións e acordos internacionais son ineficaces por non serenvinculantes. Decatémonos de que, agás no caso da illa de Islandia, en ningunha outra situaciónvan coincidir unha fronteira lingüística cunha fronteira administrativa. A política eeconomía dos poderosos impuxéronse historicamente sobre as linguas e nacións naturais.Por iso non vale aplicar o adxectivo “estatal” ás linguas: o catalán non é só unha linguaespañola, tamén o é francesa, andorrana e italiana. As linguas son do pobo que as creou e asmantén vivas e non coñece pasaportes nin alfándegas. Hai estados que lles aplican ás súaslinguas estatutos territoriais, sen teren en conta a non coincidencia entre territoriopolítico e lingüístico. Outros estados aplican un estatuto persoal. A persoa pode empregar alingua que queira en calquera parte do territorio estatal. Isto acontece en Finlandia cofinlandés e o sueco (pero non co saami). O problema que presenta este modelo é que resultaantieconómico. En Europa, ante a magnitude do problema, o Consello de Europa aprobou en 1992unha Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias. Nela recoñécese a pluralidadelingüística como unha riqueza cultural e declárase que é responsabilidade dos poderespúblicos a defensa dos idiomas minorizados. Pretende comprometer aos estados napromoción destas linguas con medidas que rematen coa discriminación.Artigo 121. No ámbito público, todo o mundo ten dereito a desenvolver tódalas actividades na súaslingua, se é a lingua propia de onde reside.Artigo 291. Toda persoa ten dereito a recibi-la educación na lingua propia do territorio onde reside. No estado español, existen tres linguas minorizadas que a Constitución democráticarecoñeceu legalmente como cooficiais nos seus respectivos territorios. Pero os esforzosnormalizadores dos gobernos autónomos aprobando leis de normalización lingüística seguensendo fonte de conflitos políticos que buscan perpetuar a discriminación que favorece alingua maioritaria. Podemos establecer varias distincións en canto ao comportamento dosEstados fronte á diversidade lingüística:Departamento de Lingua 6 Lama das Quendas
  • 7. - Monolingüismo estatal real: é o caso de Islandia, onde o islandés é a única lingua falada pola totalidade da poboación. - Monolingüismo estatal irreal: é o caso de Francia, Grecia, Letonia, Lituania, Estonia. Dentro das súas fronteiras hai falantes doutras linguas pero o Estado ignóraas e impón o monolingüismo na única lingua oficial.1 - Plurilingüismo estatal: pode ser oficial igualitario; en todo o Estado son cooficiais e válidas para todos os usos varias linguas. É o caso de Irlanda e Iugoslavia. Estatal oficial territorial; existe unha lingua nacional oficial en todo o Estado e, nalgúns territorios concretos, a lingua autóctona é cooficial. É o caso de España. Pode ser que coexistan varias linguas nacionais oficiais cada unha nun territorio do Estado. É o caso de Bélxica, onde a única lingua oficial de Flandres é o flamenco e a única lingua de Valonia é o francés. Os contactos das linguas. Os intercambios e contactos lingüísticos equilibrados, en pé de igualdade, nonafectaría en principio á vitalidade das linguas en cadanseus territorios. O problema comezacos contactos en desigualdade, cando teñen lugar desequilibrios e falla de reciprocidade.Neste caso podémonos atopar perante de situacións de asimilación, hibridación e, co pasodo tempo, substitución dunha por outra. As asimilacións proveñen de históricas imposicións militares, de desprazamentosmasivos de poboación, do uso exclusivo da lingua dominante na ciencia, administración,economía, igrexa, etc.; do uso dominante da lingua estatal nos núcleos urbanos; e do podercultural, político e/ou ideolóxico exercido pola sociedade que emprega a lingua dominante. Mais o proceso de minorización non é un camiño sen retorno. A recuperación daslinguas menores pasa primeiramente pola lealdade familiar, pola continuidade datransmisión xeracional, pola esixencia da lingua vehicular escolar, por medidas dediscriminación correctiva e, sobre todo, pola conciencia e vontade dos e das falantes. Amoitas destas linguas fáltalles conquistar prestixio, pois uso aínda teñen. Para modificaresta situación cómpre un mínimo de poder político, unha mínima autonomía e vontade ecapacidade de xestión e decisión para poñer en práctica medidas de equilibrio ediscriminación positiva.ENTREVISTA CON ALBERT HOFFMAN Suíza está constituída por 24 cantóns, unidades altamente autónomas. En Suíza hai tres zonas culturais: a alemá, a italiana e a francesa. Cada parte,dentro do posible, ten a súa liberdade e a súa identidade. Esta distribución do poder enpequenas unidades étnicas paréceme a base de toda posibilidade de convivencia enliberdade. Se unha parte tenta dominar a outra, como vemos agora en Iugoslavia, créase unconflito; pero se cada grupo é respectado dentro dunha Constitución que lle permite a súapropia cultura, as súas propias ideas e toda a liberdade posible, daquela poden vivir xuntos.Desta forma temos este sistema político de pequenas unidades autónomas, o que é moiimportante. Un mínimo de centralismo e un máximo de Particularismo: esta é a esencia dafórmula suíza. 0 nacionalismo ten moitos aspectos. 0 nacionalismo pode significar un amor polo teupaís. Unha nación é un grupo de xente coa mesma lingua e a mesma cultura; (... ) E eu creoque todo ser humano precisa estar "na casa" nalgunha parte: a súa nación, no mellor sentidodo termo. Dentro do seu corpo étnico, xente coa mesma lingua, as mesmas crenzas, o1 Era o caso de Portugal ata que recoñeceu a existencia do mirandés.Departamento de Lingua 7 Lama das Quendas
  • 8. mesmo ambiente. Isto dá un sentido de felicidade e protección. Isto é o lado positivo donacionalismo. Con todo, se o teu nacionalismo consiste na dominación ... vexamos, unhanación é o que xa existe; non é algo artificial que te propós construír. (... )Adaptación da entrevista con Albert Hoffman (investigador, químico que descubra o LSD)publicada en BABELIA, revista de cultura, El País, o 11 de xullo de 1992.TEXTO: "En certa ocasión, pedindo café para os amigos no salón social dun hotel, fixensentirse á camareira absolutamente embarazada ó dirixirme a ela en gaélico. Sentíaseinsegura sobre se responder ou non en gaélico e, finalmente, saíu disparada a cumprir o meuencargo cunha breve frase en inglés. Un intercambio semellante tivo lugar nunha cafeteríadesta mesma illa: eu usando o gaélico todo o tempo, e a camareira usando persistentementeo inglés nas súas respostas. Ningún tipo de persuasión foi capaz de incitala a comunicar afactura ou contar en voz alta o troco en gaélico. Simplemente alí non podía facelo." Kenneth MacKinnon (1978), Gaelic in Scotland, 1971.1. Comenta a actitude da camareira e a do cliente (autor do texto), definindo o fenómenolingüístico que se constata no relato.2. Segundo a información do fragmento, ¿cal pode ser o prestixio e cales as funciónsdesempeñadas polo gaélico e o inglés?3. ¿Coñeces algún outro contexto lingüístico (próximo a ti) onde se produza un fenómenosemellante? Explica a súa situación.TEXTO : "...o alumno que chega á escola falando a lingua de maior prestixio, e na escola osistema educativo imponlle a adquisición dunha nova lingua. Se nestas circunstancias oalumno se manifesta disposto a emprender a aprendizaxe dunha segunda lingua, esta nonsignificará ningunha ameaza para o seu status lingüístico privilexiado, xa que fala a linguaprestixiosa e seguirá falándoa. A posibilidade dun fracaso na aprendizaxe da segunda linguanon lle producirá ningunha perda de prestixio. Nestas condicións a súa actitude diante dasdúas linguas pode ser positiva e as aprendizaxes refórzanse mutuamente. Para estesalumnos o proceso de educación bilingües terá efectos aditivos. ... se nun primeiro momento a lingua cumpre funcións primordialmente afectivas, nunestado posterior troca a función da linguaxe, para enlazar directamente codesenvolvemento cognitivo. Se un neno chega á escola cun uso cognitivo da linguaxe aínda feble, e alí recibe aproposta dunha lingua distinta, e se coincide que o neno pertence a unha familia ou gruposocial que minusvalora a súa propia lingua, e ademais non a utiliza en funcións cognitivas, nintampouco na escola é estimulado a utilizar a súa lingua para funcións cognitivas, senón que aescola insta ó neno a utilizar coma única lingua para as funcións cognitivas a segunda,prodúcese entón unha fractura no desenvolvemento lingüístico, con resultados negativospara ambas as dúas linguas." Mackey/Siguán 1986.1. Busca no dicionario as palabras marcadas no texto.2. ¿Que ambiente lingüístico describe o texto? Cita outros países ou comunidades ondetamén se produza esta situación.3. Extrae as ideas principais do texto.Departamento de Lingua 8 Lama das Quendas
  • 9. 3.- Bilingüismo e diglosia. Definición, causas e consecuencias. O contacto de linguas, a existencia de dous ou máis sistemas lingüísticos nun mesmoterritorio, ten repercusións sociais, culturais e psicolóxicas, xa que incide tanto no planosocial como no plano individual. O bilingüismo, ou coexistencia de dúas ou máis linguas,considerado individualmente é un elemento enriquecedor, mais dentro dunha colectividadeou nación é adoito xerme de conflitos e tensións, o que coñecemos como conflito lingüístico,que cómpre superar. As distintas linguas pode estar repartidas de moi diversas maneiras: - A división pode ser territorial: segundo as zonas fálase unha lingua ou outra. Nesta situación, cada falante e cada comunidade ten unha soa lingua de instalación propia, pero a necesidade de convivencia e o intercambio comunicativo obrígaos a coñecer outra ou outras linguas de relación. - A división pode ser social: uns grupos sociais -definidos pola clase, a etnia, a relixión...- empregan unha lingua distinta doutros. Cada un deles está instalado nunha lingua e recorre a unha lingua de relación, que polo xeral é a do grupo dominante e máis prestixiado. Ademais, pode haber individuos ou grupos de individuos que procuren cambiar de lingua, tendendo a usar a dos mellor situados para evidenciar o seu ascenso na escala social. - A división pode ser funcional: unha lingua ten unha función alta (ensino, documentos, liturxia, medios de comunicación...) e outra unha función baixa (conversa familiar ou coloquial, uso cotián...). Este reparto desigual e xerárquico das funcións sociais é o que a sociolingüística denomina diglosia. Unha das variedades das linguas en contacto é o bilingüismo. Con este nomedefínese a situación dun individuo ou dunha poboación que empregan dúas linguas senespecial aptitude cara unha ou outra. Cómpre distinguirmos dúas dimensións: individual esocial ou colectivo. - Do punto de vista individual o bilingüismo é a capacidade que posúe un individuopara comunicarse coa mesma facilidade en dúas linguas. O problema xorde ao determinar ograo de dominio de ambas as dúas linguas atendendo tanto ao código oral coma escrito. - Do punto de vista social falamos de bilingüismo cando no seo dunha comunidade seempregan dúas linguas diferentes como medio de comunicación, sendo condiciónindispensábel que unha parte importante dos individuos desa sociedade sexan bilingües. Seisto non se cumpre, estamos ante un fenómeno de colingüismo. Un exemplo disto é o casobelga. En Bélxica existen oficialmente varias comunidades lingüísticas: no norte, enFlandes, fálase flamengo, mentres que no sur, na Valónica, as linguas utilizadas son o valón eo francés. Hoxe recoñécense catro rexións lingüísticas, cada unha cun territoriodeterminado. Tres delas son monolingües: a flamenga, a francesa (cos valóns falantes) e axermana. Só na capital, Bruxelas, recoñecen o bilingüismo franco-flamengo; agora ben, apoboación non é maioritariamente bilingüe. Tanto uns coma outros desenvolven a súa vidasocial nun dos sistemas sociais, con locais onde se atopan falantes dunha ou outra lingua,asociacións profesionais ou recreativas distintas, servizos públicos separados ou con ventásdistintas segundo a lingua... e o que é máis significativo, con dous sistemas escolaresdistintos onde non ten éxito a promoción do idioma alleo. No fenómeno do bilingüismo o primario non reside na dimensión individual, senón noproceso histórico que puxo en contacto as dúas linguas, e nos factores sociais, políticos eeconómicos que determinan o desenvolvemento dese contacto.Departamento de Lingua 9 Lama das Quendas
  • 10. O outro fenómeno que se produce cando se atopan dúas linguas en contacto é adiglosia. Denominamos así o feito de que no interior dunha sociedade dúas linguas cumpranfuncións diferentes, sendo empregadas en situacións e contextos distintos. Unha delas (ade maior prestixio: lingua A ou dominante) é a que se emprega nas situacións máis formais,mentres que a outra (a de menos prestixio: lingua B ou dominada) só se emprega,habitualmente, en situación coloquiais. A coexistencia entre as dúas linguas é tensa einestábel. Nesta situación hai tres grupos posíbeis: grupo monóglota en lingua foránea,grupo diglósico e grupo monóglota na lingua propia. Se non se mudan as tendencias, assituacións diglósicas camiñan cara o que Calvet denomina glotofaxia. A única alternativa posíbel para a supervivencia das linguas é a normalizaciónlingüística, isto é, facer da lingua o vehículo normal de comunicación dunha sociedade. Cadalingua debe cumprir no seu territorio propio a totalidade de funcións posíbeis. Os procesosnormalizadores dependen da acción institucional da comunidade, materializada a través dopoder político, da accións colectiva non institucional daqueles individuos que se agrupanpara levar a cabo o proceso normalizador, e da acción individual, derivada da vontade de serdas persoas que conforman a sociedade. O obxectivo final dun estado multilingüe e democrático non é “promover obilingüismo” senón garantir a utilización de dúas ou máis linguas na comunidade políticaasegurando o seu futuro. En Galiza, a distribución social do galego e o castelán non é homoxénea ninuniforme. O castelán preséntase como a lingua prestixiosa, a da cidade e das clasesdominantes, dos usos formais e do futuro, do progreso; mentres que o galego chega aidentificarse co mundo rural ou mariñeiro, os espazos non urbanos, os usos non formais e atradición, o pasado... Esta situación caracterízase pola súa inestabilidade, tanto no tempo(pode mudar segundo as circunstancias históricas) como na organización social: hai sectoresda nosa sociedade que teñen interiorizada a diglosia pero outros manteñen a conciencialingüística de posuírmos unha lingua propia, coa mesma dignidade e posibilidades quecalquera idioma. Existen, pois, colectivos e ámbitos de uso superadores desta situacióndiglósica, deste uso condicionado das linguas, aínda que non dan contrarrestado astendencias desgaleguizadoras. Por outro lado, estudios sociolingüísticos sobre os niveis de coñecemento e uso dogalego revelan que é entendido pola xeneralidade da poboación, que ademais é capaz defalalo; pero só posúen competencia escrita menos da metade dos falantes. O analfabetismoen galego é xeral entre os adultos aínda que, gracias á súa introdución no ensino, as novasxeracións están adquirindo destrezas de lecto-escritura no idioma propio. Pero as porcentaxes de uso varían en función de diversos factores socioculturais: ohábitat rural ou urbano e os niveis cultural e económico. Nos centros urbanos e nas capassociais con status económico superior, aumenta o emprego do castelán. Esta tendencia, senembargo, non ten exacta correspondencia se atendemos aos indicadores culturais. Nesta conxuntura, só existen dúas posibles saídas: a substitución lingüística, adesaparición do galego en beneficio do castelán, ou a normalización, a súa consideracióncomo unha ferramenta comunicativa propia do noso país, manifestación do noso ser cultural,e o seu emprego xeneralizado libre de prexuízos. O proceso de normalización lingüística pode avanzar se se inverte a tendencia aempregar o castelán mesmo tendo competencia activa en galego. O poder político, coniniciativas de planificación lingüística, e os medios de comunicación de masas poden xogarun papel decisivo. En todo caso, a conciencia da sociedade galega de que o idioma é o nososinal de identidade será determinante no futuro.Departamento de Lingua 10 Lama das Quendas
  • 11. TEXTO:"Prohibíchedes o galego nas escolas para producir no esprito dos nosos rapaces uncomplexo de inferioridade, facéndolles crer que falar galego era falar mal, e falar castelánera falar ben. Espulsáchedes o galego das eirexas, facendo que os representantes deCristo esplicaran o Evanxeo no idioma oficial, que o povo non falaba nin comprendía ben.Refugáchedes o galego ante os Tribunais de Xustiza e chegáchedes a castelanizarbarbaramente as toponimias galegas. ¿E de que vos valeu? Porque dispóis de máis de catroséculos de política asimilista, exercida con toda riqueza de astucias e violencia, o nosoidioma está vivo. Sodes, pois, uns imperialistas fracasados". Castelao, Sempre en Galicia, Ed, Akal, Madrid.CUESTIÓNS:1. ¿Que inxustizas denuncia Castelao no texto?2. ¿Que ton emprega no seu discurso?¿Por que cres que usa este e non outro calquera?3. ¿Por que di no texto "política asimilista, exercida con toda riqueza de astucias eviolencia?4. ¿Que quere dicir ó final do texto coas verbas "imperialistas fracasados"?TEXTO:“O galego coma obxecto metalingüístico” É así que, na política oficial, o que se pretende é converter o galego nunha peza dametalingüística. O idioma non tería valor en por si, ao non se lle conceder validade social,necesariedade de uso, presentabilidade pública, senón que a súa única valencia sería a doseu estudo ou mención sentimental e, por suposto, a de referente preciso para a rede deprodutos culturais consentidos e patrocinados (sempre que pasen a “proba do nove”: noncompetiren ou desprazaren o reino do español). A iso responde a asignaturización do galego,non acompañada da necesaria galeguización do resto das materias; a iso respondeigualmente a política de exportación do galego, cando, intramuros, no seu propio país,continúa a ser unha criatura raquítica. Lembramos a propaganda que acompañaba, hai algúns anos, o anuncio da publicacióndun dicionario trilingüe, español/inglés/galego. Rezaba así: “Los tres son importantes: elprimero por ser nuestro idioma oficial y por su importancia en el mundo. El segundo se haceimprescindible para la vida moderna, representando en la sociedad y en el trabajo el idiomauniversal. El tercero representa la identidad y las raíces de nuestro pueblo, haciéndose hoydía imprescindible para enriquecer nuestra cultura y mantener viva nuestra Historia”. Axerarquía na utilidade: o real e práctico versus o ideal, arqueolóxico, prescindíbel e inútil,aocabo. O mao, para semellantes propostas, é existirmos organizacións e persoas galegas quequeremos –e así o facemos valer- que o alego sirva para a vida práctica, o traballo, a“sociedade”, a vida moderna e, por suposto, para a cultura integrada e funcional, non para ainmobilizada e con maiúsculas... Pilar García Negro, 19931. Fai unha crítica fundamentada das ideas expostas no texto.Departamento de Lingua 11 Lama das Quendas
  • 12. 4.- Identificación das linguas, territorio que ocupan e marco legal no que se desenvolven España é un dos estados lingüisticamente máis complexos da Unión Europea. Ademais das catro linguas máis coñecidas (o galego, o castelán, o catalán e o éuscaro), existen outras falas ou variedades con personalidade bastante diferenciada, como o bable ou o aranés. A poboación que vive nos territorios nos que as linguas minorizadas son actualmente oficiais representa máis do 40% do total do Estado. Este pluringüismo é unha manifestación da diversidade cultural, que historicamente non foi entendido como enriquecedora, desde un afán uniformizador negador da pluralidade das culturas que compoñen o estado e, por iso, fonte de conflitos. As circunstancias histórico-políticas converteron o castelán en lingua dominante, excluíndo de calquera uso público as outras linguas, ignorando os seus dereitos ou catalogándoas pexorativamente como dialectos. O catalán é unha lingua falada por uns 7,5 millóns de persoas e compréndena máis de 10,5 millóns en España, Francia (no Rosellón), Andorra e Italia (l’Alguer, onde é cooficial co sardo). Destes territorios só é lingua oficial no Principado de Andorra (cuns 35.000 falantes), mentres que en Cataluña, Valencia e Baleares é cooficial co castelán. Ademais fálase na Franxa de Ponent, actualmente na comunidade de Aragón, formada polas comarcas de Ribagorça, Llitera, Baix Cinca e Matarranya, onde non é oficial, malia que desde 1990 gañou certo recoñecemento na lexislación autonómica. Unha pequena rexión de Murcia, coñecida como o Carxe, onde o catalán non é oficial. Unha denominación que intenta englobar a todas esas áreas é a de Países cataláns (Països catalans), popularizada por Joan Fuster no seu libro Nosaltres els valencians. El coneixement del català a Catalunya (2001) Segons les dades del cens lingüístic de lany 2001, el 94,48% dels residents a Catalunya entén el català. El cens lingüístic del 2001 ha estat elaborat a partir dels resultats referits a la població de 2 i més anys, amb un total de 6.215.281 censats, amb desglossaments per grups dedat, per procedències, per comarques i per municipis. Podeu consultar-ne els principals resultats: Xifres absolutes PercentatgeLentén 5.872.202 94,5 %El sap parlar 4.630.640 74,5 %El sap llegir 4.621.404 74,4 %El sap escriure 3.093.223 49,8 %Total població major de 2 anys 6.215.281Font: IDESCAT, Cens lingüístic de 2001 Ao ser Cataluña unha comunidade cunha inmigración importante, a inmersión lingüística e a integración dos inmigrantes é un dos principais retos para o seu futuro. O valenciano é unha das versións estandarizadas do diasistema catalán-valenciano- balear. É cooficial nas tres provincias da Comunidade valenciana. A condición do valenciá é causa dun encarnizado debate político: algúns valencianos defenden a súa condición de lingua diferenciada do catalán, mentres que os cataláns e Departamento de Lingua 12 Lama das Quendas
  • 13. outros valencianos insisten en que é un dialecto do tronco común do catalán. En calqueracaso, ninguén discute que se denomine "valenciá" na Comunidade Valenciana, o que étradicional desde o século XV. Sen embargo, a filiación do valenciano á lingua catalá non se discute en ningúnámbito académico, nin da Comunidade Valenciana nin da lingüística internacional. Lo certo é que na lei 4/1983, do 23 de novembro, de uso e ensino do valenciano,declárase que "o valenciano e o castelán son linguas cooficiais na comunidade valenciana"pero en ningún caso explica especificamente que sexa unha lingua diferente do catalán. O Aranés. Está recoñecido polo Estatut catalán. Oaranés, é unha variante do gascón, dialecto do occitano oficial noVall d’Arán, Lleida, Comunidade Autónoma de Cataluña. Calcúlaseque unhas 5000 persoas falan aranés e unhas 7.000 son quen deentendelo. Dispón dunha normativa oficial que, aínda que busca aconservación do particular, non rompe coa unidade do conxunto. O aranés é idioma oficial no Vall de Arán (cunhas peculiaridades históricas queestán recoñecidas no Estatuto de Autonomía de Cataluña de 1979). É lingua de aprendizaxeobrigatoria e a lingua de uso do Conselh Generau dAran.1. L’aranès, varietat de la llengua occitana i pròpia d’Aran, és oficial a la Vall d’Aran. Tambého són el català i el castellà, d’acord amb l’article 3 de l’Estatut d’Autonomia de Catalunya.2. D’acord amb l’article 3.4 de l’Estatut d’Autonomia de Catalunya, l’aranès ha d’ésserobjecte d’ensenyament i d’especial respecte i protecció, i se n’ha de garantir l’ús tant en elsistema educatiu com en l’activitat de l’Administració de la Generalitat i els mitjansdepenents de la Corporació Catalana de Ràdio i Televisió en el territori de la Vall d’Aran.3. La Generalitat i les institucions d’Aran han d’adoptar les mesures necessàries per agarantir el coneixement i l’ús normal de l’aranès i per a impulsar-ne la normalització.4. La Generalitat i les institucions d’Aran han de vetllar per la conservació, la promoció i ladifusió de la cultura aranesa. O aranès é a lingua de aprendizaxe dos escolares de 3 a 7 anos e a lingua vehicularen todos os centros de educación infantil e primaria no Vall d’Arán. Hai poucas ediciónsnesta lingua entre as que destaca unha publicación semanal dentro de lAvui. O Balear é unha variación do catalán falado nas Illes Balears. Distínguense asvariacións do Mallorquí, en Mallorca, Ibicenco (Eivissenc) nas Illas Pitiusas formadas porIbiza e Formentera e o Menorquí. O éuscaro é a lingua autóctona de Euskalherría (Euskadi, Nafarroa e Iparralde -País Vasco francés con preto de 90.000 falantes). Das catro linguas, é a que conta conmenos falantes, e mesmo o seu uso é minoritario na propia sociedade vasca. A falta deparentesco con outras linguas europeas provoca unha dificultade engadida para a súanormalización, aínda que as políticas de inmersión lingüística do goberno autónomo estánconseguindo a súa recuperación entre a xente nova. Tras un período prolongado de declive estivo a piques de desaparecer, mais nadécada dos 50 e principios dos 60 empeza recuperarse. Coa chegada da democracia, aConstitución de 1978 e o Estatuto de Guernica recoñece na súa cooficialidade no PaísDepartamento de Lingua 13 Lama das Quendas
  • 14. Vasco, onde pouco a pouco volveu á vida pública. Así mesmo, a súa cooficialidade nas zonaseuskalduns de Navarra está recoñecida polo “Amelloramento” do Foro de 1982. O euskara batua ("euskera unificado") foi creado a partir do ano 1968 polanecesidade de unificar os diferentes dialectos cun mesmo conxunto de normas lingüísticas,dada a dificultade de entenderse en éuscaro entre xentes que falaban diferentesdialectos. No Congreso de Arantzazu (Arantzazuko Biltzarra) celebrado en 1968 econvocado por Euskaltzaindia, establecéronse as liñas do que sería o euskera batúa,versión oficial do idioma, sendo empregado no ensino, administración pública, medios decomunicación e na maior parte da producción escrita. O galego (sobre 2.200.00 falantes) é recoñecido como lingua propia de Galicia poloEstatuto de Autonomía do ano 1981. Posteriormente, no ano 1983, o Parlamento galego, aproposta da Xunta, aproba a Lei de Normalización Lingüística, na que se declara que ogalego será a lingua de todos os Organismos autonómicos, que deberán comprometerse enacadar a súa Normalización. Non só se fala galego en Galicia senón tamén en dezaoito concellos, pertencentes aAsturias, León e Zamora. Actualmente estanse a desenvolver programas para que nalgúnsdeses concellos se poida impartir o galego como materia optativa en certos niveis do ensino.Tres concello de Cáceres conservan unha variedade de galego procedente da linguamedieval. Xalimegu o a fala, falado no val do Xálima, en Ellas, Valverde do Fresno e SanMartín de Trevello, situadas na provincia de Cáceres, na zona de Estremadura. O astur-leonés recoñecido polo Estatuto asturiano, mais non é cooficial.Eonaviego, fala de tránsito do asturiano co galego oriental. Leonés (Llïonés), León,Zamora, Salamanca e Montañés o pasiegu, en Cantabria O aragonés tamén chamado fabla. O mesmo có anterior non ten carácter decooficial. Recluído nos vales próximos aos Perineos. Silbo gomero, na Gomera. É unha lingua non oral que coñecen os habitantes destailla. A situación das linguas no Estado Español experimentou mudanzas notábeis ao ritmodas transformacións políticas. A Constitución Española de 1978, os Estatutos de Autonomíae as Leis de Normalización Lingüística promulgadas nas comunidades con lingua propiasupuxeron o recoñecemento oficial das mesmas (a través da fórmula da cooficialidade). O castelán é considerada a lingua oficial do Estado, lingua que toda a cidadanía teno deber de coñecer e o dereito de usar. A continuación, recoñécese que as demais linguasespañolas serán tamén oficiais nas comunidades autónomas en que se falen, de acordo coque se estipule nos respectivos estatutos de autonomía. Finalmente, establécese que asdiferentes «modalidades lingüísticas» representan un patrimonio cultural que deberá serobxecto de «especial respecto e protección». Aínda que o cambio con respecto á etapa franquista resulta cualitativamente moiimportante, cómpren avances normalizadores que impidan o unilingüismo. A Constituciónespañola de 1978 deixou abertos diferentes interrogantes sobre o modelo lingüístico doEstado, que posteriormente o Tribunal Constitucional, a través de distintas sentenzas, foiconcretando. Un dos principais desafíos para a diversidade lingüística en España é o de modificarcalquera tipo de consideración negativa ante esa realidade plurilingüe e pluricultural queconforma o noso mosaico sociolingüístico actual. A sensibilización da sociedade españolaDepartamento de Lingua 14 Lama das Quendas
  • 15. cara á diversidade de linguas, vista non como unha limitación senón como unha oportunidadee una riqueza desde calquera punto de vista, debe conducirnos a valorar na súa medida aexistencia de linguas e culturas diversas, e a apreciar o coñecemento e uso de talesvariedades. As linguas propias que serecoñecen nos seus respectivos estatutosson as seguintes: galego, catalán (enCataluña), catalán (nas Illas Baleares),valenciano, éuscaro (no País Vasco) eéuscaro (en Navarra). Outras linguastiveron menos fortuna no seurecoñecemento estatutario: o asturiano eo aragonés non foron consideradas linguaspropias no momento de redactaren os estatutos de autonomía e quedaron sumidas nunproceso de institucionalización moito máis precario. E, no caso do aranés, recoñécese a súaoficialidade no Estatuto de autonomía de Cataluña. Unha das consecuencias do escenario lingüístico constitucional e dodesenvolvemento do estado das autonomías foi a intensa xestión lingüística levada a cabona maior parte das comunidades con lingua propia, mediante un conxunto de políticaslingüísticas aplicadas para manter e revitalizar o patrimonio lingüístico e culturalrespectivo. En Galicia, Cataluña, País Vasco, Navarra, Comunidade Valenciana, Illas Balearese, en menor medida, Asturias e Aragón, levouse a cabo unha intervención planificada sobreas linguas propias. A intensidade da xestión lingüística non foi uniforme e podemosdistinguir entre comunidades con políticas lingüísticas de intensidade alta, media e baixa. O artigo 3º da Constitución establece:1.O castelán é a lingua española oficial no Estado. Todos os españois teñen o deber de acoñecer e o dereito de a usar.2. As outras linguas españolas serán tamén oficiais nas respectivas ComunidadesAutónomas de acordo cos seus Estatutos.3. A riqueza das distintas modalidades lingüísticas de España é un patrimonio cultural queserá obxecto de especial respecto e protección. Considérase este artigo como un xerme de discriminación das linguas non estataispolas seguintes razóns:. Establécese un pluringüismo non igualitario, pois só se codifican os dereitos e deberes doscidadáns e cidadás con relación ao castelán, mentres que para as outras linguas só se cita odereito de as usar.. Disponse unha territorialización impura, na que os castelán-falantes poden reclamar osseus dereitos en calquera lugar do Estado, mentres que os falantes das outras linguas só ospoden facer efectivos dentro dos estritos límites da Comunidade Autónoma.. Négase o dereito colectivo das comunidades con lingua diferente á oficial, pois para aslinguas diferentes do castelán só hai dereitos individuais.Departamento de Lingua 15 Lama das Quendas

×