Galego hoxe

Loading...

Flash Player 9 (or above) is needed to view presentations.
We have detected that you do not have it on your computer. To install it, go here.

0 comments

Post a comment

    Post a comment
    Embed Video
    Edit your comment Cancel

    2 Favorites & 2 Groups

    Galego hoxe - Presentation Transcript

    1. A LINGUA GALEG NA SOCIEDADE ACTUAL
    2. A lingua galega na sociedade actual
      • Realidade marcada por unha situación de conflito lingüístico.
      • Forzas castelanizadoras (1) vs. forzas normalizadoras (2)
        • - (1) Medios de comunicación, prexuízos lingüísticos, inercia...
        • - (2) Conxunto de medidas normalizadoras (transversais) institucionais apoidas no Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega de 2005
        • - (2) Traballo de normalización e prestixio da lingua galega levado a cabo por iniciativas non institucionais
        • - (2) Desenvolvidas en ámbitos sociais diferentes
    3. A lingua galega na sociedade actual
      • O galego nas institucións
      • Estatuto de Autonomía e Lei de Normalización Lingüística
        • - Galego lingua cooficial con usos oficiais, gobernamentais e institucionais.
        • - Desde 1980 Secretaría Xeral de Política Lingüística (hoxe Secretaría Xeral de Política Lingüística). Actuacións:
              • - Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega
                      • - Campañas publicitarias: “En galego tes todo por dicir”, “E logo!”, etc.
                      • - Cursos de formación: Certificado Europeo en Lingua Galega (Celga), implantado en 2007
                      • - Asesoramento lingüístico e tradución de textos
    4. A lingua galega na sociedade actual
      • O galego nas institucións
        • - Deputacións e concellos
        • os seus respectivos servizos de normalización levan a cabo un labor semellante ao da SXPL a menor escala.
        • - Outros organismos públicos
        • Real Academia Galega, Consello da Cultura Galega (a través do Arquivo de Documentación Sociolingüística), Consello da Xuventude de Galicia ou o Instituto da Lingua Galega
        • Debemos sinalar o ámbito xurídico como espazo pouco normalizado
      • (+) o galego adquire prestixio como lingua de usos cultos
      • (-) moitos cidadáns vén a lingua institucional como “artificial” e non se identifican con ela
      • (-) o galego é utilizado, en moitas ocasións, a nivel público e escrito, mais non na fala, nas interaccións entre cargos e funcionarios.
    5. A lingua galega na sociedade actual
      • O galego no ensino
      • Foi (é?) un dos principais axentes castelanizadores
      • No pasado:
        • - Por primeira vez o galego foi usado no ensino durante a II República
        • - 1970 Lei General de Enseñanza (presenza anecdótica)
        • - 1979 Decreto de Bilingüísmo
        • - 1983 (pola Lei de Normalización Lingüística): materia obrigatoria.
        • - 1988 materia de Lingua e literatura galega. Outras materias en galego
      • (+) Aumenta a competencia lingüística do alumnado
      • (-) Segue a diminuír a competencia comunicativa e o uso real da lingua
    6. A lingua galega na sociedade actual
      • O galego no ensino
        • - No presente:
      • 2007 novo decreto para regular a presenza do galego no ensino (seguindo o Plan Xeral de 2005)
        • pretende que o galego estea presente nun mínimo do 50% das materias e recolle a obrigatoriedade de todos os centros de contar cun PLC (Proxecto Lingüístico de Centro). Numerosos detractores a pesar de ser o galego lingua oficial no ensino.
      • Ensino universitario: o uso do galego non chega a un terzo da comunidade universitaria
    7. A lingua galega na sociedade actual
      • O galego no ámbito cultural
      • Música
      • prexuízo que vencella a música en galego co estilo folk
      • Outros estilos musicais (minoritaria nun mercado musical moi globalizado): música tradicional (Carlos Núñez, Milladoiro, Luar na Lubre, A Roda, Berrogüeto...); hip-hop (Dios k te krew, Galegoz...), heavy-metal (Zënzar), pop (The Homens, Loretta Martin ou Nadadora), rock (Os Diplomáticos, A Banda de Poi, etc.); electrónica (Proxecto Mourenste) ou grupos que fusionan diferentes estilos (Lamantubá, Saffari Orquestra, etc.).
        • Organinzación e presenza destacable na internet (Plataforma a regueifa , convocatorias como A polo ghit , etc.) ou na radio (por exemplo “Aberto por reformas”, “Lume na palleira”, etc.)
    8. A lingua galega na sociedade actual
      • O galego no ámbito cultural
      • Audiovisual
      • - CGAI , Centro Galego de Artes da Imaxe (1991)
      • - Consorcio Audiovisual de Galicia : órgano da Xunta para a promoción do audiovisual galego (2001).
      • - Axencia Audiovisual Galega : dependente da Consellaría de Cultura e Deporte. Acaba de poñer en marcha flocos.tv para o visionado en rede de producións galegas de ficción e documental (2006).
      • - AVG “o soportal do audiovisual galego” do Consello da Cultura Galega
        • A produción de ficción: adoita vincularse ao labor da Televisión de Galicia, que produce series que chegan a un público moito máis numeroso que o cinema ( Mareas Vivas, As leis de Celavella, Libro de Familia ou, máis recentemente, Padre Casares e Os Atlánticos ).
        • A produción de documentais: merecen ser mencionadas series como Historias de Galicia e documentais como Linguas cruzadas ou Castelao e os irmáns da liberdade.
    9. A lingua galega na sociedade actual
      • O galego no ámbito cultural
      • Audiovisual: cinema
      • O galego está a dar pequenos pasos neste ámbito, aínda que seguen a ser escasas as películas na nosa lingua.
      • Ano clave 1989 na historia do cine galego : Sempre Xonxa de Chano Piñeiro , Urxa de Carlos López Piñeiro e Alfredo G. Pinal e Continental de Xavier Villaverde
      • Nos últimos anos son coñecidos títulos como O lapis do carpinteiro, Trece badaladas, Que me queres amor? ou Fisterra .
      • - Agapi (Asociación galega de produtoras independentes): asocia 35 empresas relevantes do sector audiovisual galego.
      • Especialmente coñecida nos últimos tempos é Filmax, ( O bosque animado ou O soño dunha noite de San Xoán )
    10. A lingua galega na sociedade actual
      • O galego no ámbito cultural
      • Teatro
      • Este sector parece plenamente normalizado grazas ao labor de numerosas compañías alén do Centro Dramático Galego (compañía pública creada en 1986)
      • Os numerosos premios e a multitude de autores demostran a súa vitalidade (aínda que segue a depender das axudas gobernamentais)
      • - Instituto galego das artes escénicas e musicais (1989) hoxe AGADIC (Axencia Galega das Industrias Culturais)
      • - ESAD (Escola Superior de Arte Dramática, 2004)
    11. A lingua galega na sociedade actual
      • O galego no ámbito cultural
      • Banda deseñada
      • É un sector cunha historia breve pero intensa, cunha produción de grande calidade.
      • - Autores : Siro, Kiko da Silva, Das Pastoras, Miguelanxo Prado, etc.
      • - Publicacións : Golfiño, DB, Retranca, Gallaecia, Barsowia , etc.
      • - Convocatorias: Certame de Ourense, Feira do Cómic da Coruña.
      • - Banda Deseñada (o soportal da banda deseñada galega do Consello da Cultura Galega)
    12. A lingua galega na sociedade actual
      • O galego no ámbito cultural
      • Sector editorial
      • Aparece como o segundo dos ámbitos máis normalizados
      • Os títulos publicados por ano superan con creces o millar de obras (mais séguese a observar unha certa dependencia do mundo do ensino)
      • Editoriais: ademais das históricas (Galaxia e Ediciós do Castro), na década dos 70 aparece a grande editorial galega, Edicións Xerais, a que seguen outras como Do Cumio, Ir Indo, A Nosa Terra, Laiovento, Espiral Maior, Sotelo Blanco etc.
      • A diversificación de empresas editoriais trouxo consigo unha diversificación dos temas e dos xéneros. Así, á narrativa, ao teatro e á poesía, únense as diferentes disciplinas científicas ou as traducións doutras linguas (destacable neste eido o labor da editora Rinoceronte).
    13. A lingua galega na sociedade actual
      • O galego nos medios de comunicación
      • Prensa escrita
      • Durante a ditadura franquista a prensa escrita en galego diminuíu drasticamente respecto do s. XIX e, sobre todo, primeiro terzo do XX.
      • A día de hoxe, só contamos con dous xornais de tiraxe diaria monolingües en galego: Galicia Hoxe e o xornal gratuíto De luns a venres.
      • No resto de xornais galegos (incluído o novo Xornal Galicia) a presenza do galego é mínima (fica restrinxido ás páxinas de cultura, ás opinións sobre a política galega e ás informacións locais  uso diglósico da lingua na prensa)
      • Prensa non diaria: multitude de xornais e de revistas monolingües en galego. Entre os semanarios destaca o histórico A Nosa Terra (que en 2007 cumpriu cen anos), mais hai outros títulos como: A Peneira, O Miñor, O Norte, Novas da Galiza etc. e revistas como: Tempos Novos, Encrucillada, Revista Galega de Educación, Grial, A Trabe de Ouro, Festa da Palabra Silenciada, A Xanela etc. Por outro lado, existen xornais e revistas de índole comarcal que teñen o galego como vehículo de expresión.
    14. A lingua galega na sociedade actual
      • O galego nos medios de comunicación
      • Radio
      • Primeira emisora de radio “Unión Radio Galicia” (1933): en galego “O vello dos contos”.
      • - 1986: CRTVG (Compañía de Radio Televisión de Galicia) que inclúe:
        • Radio Galega que emite unicamente en galego
        • Son Galicia Radio (música galega)
        • Radio Galega Música (músicas de todo o mundo)
      • - Ademais, existen cadeas de tipo local que utilizan o galego de maneira exclusiva ou maioritaria
      • - Nas emisoras de radio de carácter estatal, a presenza do galego redúcese á mínima expresión ou é inexistente.
    15. A lingua galega na sociedade actual
      • O galego nos medios de comunicación
      • Televisión
      • Televisión de Galicia (da CRTVG), ampliada por unha segunda canle coa chegada da televisión dixital terrestre.
      • Cadeas locais: a presenza do galego non chega na maioría dos casos ao 50% (a pesar da lexislación vixente)
      • Cadeas públicas estatais: espazos informativos en galego nas desconexións territoriais (unha hora ao día)
      • Televisións privadas e vía satélite: ausencia de galego
      • Tanto a radio como a televisión públicas deberían ter como misión establecer un modelo culto de lingua, mais esta misión non se cumpre e teñen sido criticadas pola súa mala calidade lingüística, así como polos estereotipos e modelos culturais que transmiten dos galegos como colectivo (por exemplo: os Tonechos).
    16. A lingua galega na sociedade actual
      • O galego nos medios de comunicación
      • Internet
      • Presenza destacábel do galeo (aínda que non se pode comparar coa doutras linguas)
      • Á parte das numerosas páxinas institucionais en lingua galega, o galego está presente nas páxinas de asociacións, de medios de comunicación virtuais, de organizacións culturais, plataformas pola defensa da lingua, páxinas musicais, servidores, dicionarios en rede, software libre, buscadores ou blogs.
      • - mancomun.org (Centro de referencia e servizos de software libre) creada pola Consellaría de Innovación e Industria para a localización, tradución e desenvolvemento de software libre en galego.
    17. A lingua galega na sociedade actual
      • O galego na economía e na empresa
      • Neste ámbito os prexuízos están moi latentes: considérase o castelán como a lingua dos altos cargos laborais e o galego a lingua dos traballadores menos cualificados.
      • Na administración e na atención ao público o galego ten cada vez máis presenza nas relacións verbais cliente-empregado e na documentación que a administración lle ofrece aos seus posíbeis usuarios (follas de reclamación, solicitudes...)
      • Pero no ámbito privado, a maioría das empresas e das multinacionais galegas (Inditex ou Pescanova) amósanse, en xeral, totalmente desvinculadas da nosa realidade lingüística.
      • Campañas que pretenden a normalización do galego nas empresas, implementadas, sobre todo, desde a Mesa pola Normalización Lingüística , a Fundación Galicia Empresa ou a CEG (Confederación galega de empresarios).
    18. A lingua galega na sociedade actual
      • O galego nas xeracións máis novas
      • Ruptura da transmisión xeracional: que os pais non lles transmitan aos seus fillos a lingua en que eles foron educados é o problema máis grave para a normalización e a pervivencia da lingua. Ten a ver cos prexuízos lingüísticos e está a provocar que, a pesar de todos os esforzos institucionais, os usos lingüísticos decrezan nas xeración máis novas.
      • Aprécianse notábeis diferenzas segundo o contexto social e segundo o espazo en que se sitúen os rapaces: o grupo no que se deu unha substitución lingüística case total é o formado por rapaces urbáns, mentres os adolescentes do mundo vilego e rural amosan unha maior resistencia á perda da lingua.
    19. A lingua galega na sociedade actual
      • O galego nas xeracións máis novas
      • Podedes atopar datos de uso en todos os ámbitos tratados (e moitos máis) no Observatorio da Lingua Galega
    SlideShare Zeitgeist 2009

    + xemmaxemma Nominate

    custom

    352 views, 2 favs, 0 embeds more stats

    More info about this document

    © All Rights Reserved

    Go to text version

    • Total Views 352
      • 352 on SlideShare
      • 0 from embeds
    • Comments 0
    • Favorites 2
    • Downloads 17
    Most viewed embeds

    more

    All embeds

    less

    Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
    Flag as inappropriate

    Select your reason for flagging this presentation as inappropriate. If needed, use the feedback form to let us know more details.

    Cancel
    File a copyright complaint
    Having problems? Go to our helpdesk?

    Categories

    Groups / Events