Web 2.0 en galego

5,544 views

Published on

Recolleita dos servizos da web 2.0 en galego

Published in: Education, Technology
0 Comments
2 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

No Downloads
Views
Total views
5,544
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
3,832
Actions
Shares
0
Downloads
12
Comments
0
Likes
2
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

Web 2.0 en galego

  1. 1. web 2.0 en galego
  2. 2. 1. Espazos e aplicacións de noso Contamos con ferramentas para a creación, o manexo e o intercambio de contidos creadas pola propia comunidade internauta galega. Algunhas delas móstranse a seguir.
  3. 3. 1. Espazos e aplicacións de noso Blogaliza é unha potente plataforma para a creación de blogues, totalmente gratuíta, baseada en wordpress e con engadidos para podcast, integración de widgets, etc. Ademais, ofrece ferramentas de rede social e funciona como un portal de novas. Conta con máis de 6000 usuarios rexistrados. acceso a blogaliza
  4. 4. 1. Espazos e aplicacións de noso A blogoteca é unha plataforma para a creación de blogues dirixida expresamente a usuarios con coñecementos técnicos básicos. Ofrece tamén galería de fotos (fotoblogoteca) incorporada á bitácora e inclúe publicidade discreta. Supera xa os 2000 blogues e 15000 imaxes. acceso a blogoteca
  5. 5. 1. Espazos e aplicacións de noso Cabozo é unha rede social baseda en tecnoloxía aberta que permite compartir novas, imaxes, vídeos ou eventos, crear grupos públicos ou privados, facer intercambios en salas de leria (chats), agregar, etc. Ademais, calquera usuario pode propoñer novas utilidades. acceso a cabozo
  6. 6. 1. Espazos e aplicacións de noso Chuza constitúe un sitio de novas da web enviadas polos usuarios no que é a propia comunidade quen as valora, as comenta e decide cos seus votos se pasan a ser publicalas na páxina principal. Dispón tamén de microblogue (Chíos) e mais de sala de leria con acceso á actividade interna (Fedello). Ten máis de 5100 usuarios. acceso a chuza e GalizaRebelde
  7. 7. 1. Espazos e aplicacións de noso Cotovía é un sistema de conversión texto-voz desenvolvido polo Grupo de Tratamento do Sinal da Universidade de Vigo. Cun manexo moi sinxelo (só temos que escribir ou pegar o noso texto e configurar a conversión a voz), obtemos un mp3 descargábel. acceso a cotovía
  8. 8. 1. Espazos e aplicacións de noso Escoitar é unha comunidade que emprega as APIs de Google Maps para a xeolocalización do son, entendido como patrimonio cultural inmaterial. Podemos participar como visitantes para propor contidos, escribir artigos e intervir nos foros. acceso a escoitar.org
  9. 9. 1. Espazos e aplicacións de noso eTIqueTAL é un proxecto que pretende aplicar as tendencias da Web Semántica aos servizos online de contacto persoal. Por medio dun auto-etiquetado, os usuarios desta rede descríbense a si mesmos e poden encontrar persoas afíns. Conta con 600 usuarios. acceso a eTIqueTAL
  10. 10. 1. Espazos e aplicacións de noso Lareta vén a ser un servizo de micro-blogging baseado en ferramentas de código aberto. Pode integrarse en Twitter, con quen comparte a limitación a 140 caracteres das mensaxes enviadas e as posibilidades de subscrición a outros usuarios. acceso a lareta
  11. 11. 2. Espazos e aplicacións galeguizados Dispoñemos tamén dun bo número de ferramentas da web con versión en galego á hora de manexalas e presentar contidos. Nalgúns casos localízanse nunha url derivada, pero noutros cumprirá escoller na pestana da opción de lingua ou xa se activará se temos o navegador configurado para navegar en galego
  12. 12. 2. Espazos e aplicacións galeguizados Facebook é unha das redes sociais xeneralistas máis empregadas. A súa política de privacidade é moi cuestionada, pois fica coa propiedade exclusiva e perpetua de toda a información. Ten máis de 300 millóns de membros. acceso a facebook
  13. 13. 2. Espazos e aplicacións galeguizados CKeditor ofrece un completo editor en liña (tamén descargábel) con acceso ao código HTML e con interface multilingüe. Resulta útil empregado como complemento aos editores dos blogues. acceso a CKeditor
  14. 14. 2. Espazos e aplicacións galeguizados Boa parte dos servizos do buscador Google (web, imaxes, mapas, traslate...) ofrécense tamén en galego. acceso a Google Web acceso a Google Maps
  15. 15. 2. Espazos e aplicacións galeguizados Imo é unha das mellores opcións para andar de leria por msn, gtalk, yahoo ou aim sen necesidade de instalar nada no computador. Funcionalidades semellantes ten meebo , tamén en galego. acceso a imo e a meebo
  16. 16. 2. Espazos e aplicacións galeguizados Ipernity combina as ferramentas dunha rede social coa creación doada dunha páxina personalizada. Estética coidada e facilidade para o intercambio de todo tipo de arquivos. acceso a ipernity
  17. 17. 2. Espazos e aplicacións galeguizados ipoki permite compartir a nosa posición xeográfica en tempo real en mapas e servizos da web, así como localizar amizades. acceso a ipoki
  18. 18. 2. Espazos e aplicacións galeguizados Netvibes é o escritorio virtual personalizábel por excelencia. Funciona con pestanas ou módulos que agregan contidos de diferentes sitios a través de miniaplicacións. acceso a netvibes
  19. 19. 2. Espazos e aplicacións galeguizados Ning posibilita crear e administrar a nosa propia rede social, con todas as ferramentas necesarias: páxina, blogue, mensaxería, chat, grupos, foro... Só retira a publicidade nos usos educativos . [Non temos aínda tradución completa e non se ofrece automaticamente] acceso a ning
  20. 20. 2. Espazos e aplicacións galeguizados Nireblog é unha plataforma multiusuario para a creación de blogues. acceso a nireblog
  21. 21. 2. Espazos e aplicacións galeguizados Nirudia permite crear fotologs con imaxes etiquetadas, acompañadas de anotacións e xeolocalizadas no mapa. acceso a nirudia
  22. 22. 2. Espazos e aplicacións galeguizados Planetaki agrega a través de rss todos os nosos sitios web preferidos para acceder aos seus últimos contidos desde unha única páxina. acceso a planetaki
  23. 23. 2. Espazos e aplicacións galeguizados t.a.w. é unha ferramenta para a análise da accesibilidade de sitios web. acceso a t.a.w.
  24. 24. 2. Espazos e aplicacións galeguizados Wordpress é un sistema de creación de contido que constitúe unha das plataformas para a xestión de blogues máis empregada no mundo. acceso a wordpress
  25. 25. + Espazos con ampla presenza do galego Sitios e aplicacións como Youtube, Slideshare, Slideboom (con estas presentacións ), Blogspot, Flickr, Twitter, Tuenti , etc. contan cun elevado número de usuarios que crean contidos en galego , aínda que estes espazos non ofrezan a opción de manexo na nosa lingua. Tal opción está a ser reclamada e é probábel que se incorpore en breve , cando menos nos proxectos de tradución xa iniciados . En todo caso, sempre podemos escoller a lingua (galego)portuguesa .
  26. 26. + Programas en galego A web tamén nos fornece de programas libres para descargar e configurar no noso computador. Poden descargarse multitude deles en galego (sistemas operativos, navegación, ofimática, etc.) desde: Software libre en galego (mancomún) O galego nas novas tecnoloxías Software (CiberIrmandades da Fala)
  27. 27. web 2.0 en galego ENDL do IES da Pobra do Caramiñal … en todas as redes, coa lingua...

×