Proxectos e dinamización

Loading...

Flash Player 9 (or above) is needed to view presentations.
We have detected that you do not have it on your computer. To install it, go here.

0 comments

Post a comment

    Post a comment
    Embed Video
    Edit your comment Cancel

    Favorites, Groups & Events

    Proxectos e dinamización - Presentation Transcript

    1. Contribución do traballo por proxectos á dinamización na aula de lingua e literatura.
    2. Acceso ao wiki: http://facerfalar.wikispaces.com
    3. Constantes do traballo por proxectos
      • secuenciación de tarefas para obter un produto determinado (texto, espectáculo...)
      • elaboración ou confrontación inicial por parte do alumnado
      • realización dunha serie de actividades posibilitadoras, con prácticas reflexivas e/ou creativas planificadas
      • disposición de recursos (documentos, baterías...)
      • traballo en grupo, con estratexias activas e participativas
      • avaliación inicial, continua e final
      • posta en común
      • tarefa final explicativa ou de aplicación a novas situacións
      • Porén, non hai un modelo estrutural único
    4. Estrutura padrón dos proxectos
    5. Proxecto de produción . Esixir pola lingua. A carta de reclamación .
      • Presentación . Centramos a finalidade do proxecto (facer unha reclamación escrita en defensa dos dereitos lingüísticos) e decídese en gran grupo, dentro dun abano sociolingüístico, o tema a tratar. Barállanse diferentes circunstancias e posibilidades de uso da carta de reclamación, máis ou menos próximas ao alumnado, lendo algúns exemplos reais.
      • Produción inicial . Situados nun contexto determinado, preséntase unha simulación na que diferentes colectivos sociais reaccionan diante dunha acción contraria aos dereitos lingüísticos. Reflexiónase sobre os dereitos negados e sobre o cambio que cumpriría producir no destinatario (unha institución, unha empresa, un comercio...), para posteriormente elaborar unha carta de reclamación asumindo o papel activo dalgún dos colectivos sociais. Os textos resultantes orientarán a liña de traballo, mais non serán corrixidos (aínda). Fórmanse grupos para realizar as actividades seguintes.
    6. Proxecto de produción . Esixir pola lingua. A carta de reclamación .
      • Obradoiro 1 . A exposición e a argumentación a través de cartas. Serán clasificadas diferentes cartas encadrábeis nun deses tipos textuais e recóllense as diferenzas principais.
      • Obradoiro 2. As reclamacións escritas. Trabállanse diferentes circunstancias lesivas para os nosos dereitos e as opcións posíbeis de actuación verbal escrita (carta á dirección dun xornal, queixa, etc.). Revísanse textos correspondentes ás distintas posibilidades e extráense, por contraste, as características da carta de reclamación (estrutura...).
      • Obradoiro 3 . Reconstrución de situacións de comunicación que subxacen en varias cartas de reclamación de dereitos lingüísticos. Valoración das reclamacións unha vez revisada a lexislación básica en que se apoian ou poderían apoiarse.
      • Obradoiro 4 . A solicitude argumentada. Á hora de requirir unha solución a un conflito deste tipo, hai que utilizar poucos argumentos, pero ben sólidos. Cada grupo creará unha batería de argumentos posíbeis e planificará a súa sucesión (organización) e articulación segundo contextos. A seguir, farase un contraste oral, en gran grupo, de liñas argumentativas, procurando eventuais contraargumentos e a súa refutación.
    7. Proxecto de produción . Esixir pola lingua. A carta de reclamación .
      • Revisión e reescrita da produción inicial, seguindo unha guía que atenda os diferentes aspectos (a adecuación á situación de comunicación, a estrutura, as estratexias argumentativas, etc.).
      • Nova produción individual . Partindo dunha situación real (experiencial, da prensa...), redactarán unha nova carta de reclamación. Planificarase, textualizarase con apoio de, cando menos, conectores de implicación persoal, causa e consecuencia, conclusión, etc. e será revisada antes de ler ou entregar a versión final.
    8. Coordinadas compartidas
      • Mellora das actitudes lingüísticas con traballo lúdico-afectivo.
      • Reflexión en acción sobre os prexuízos lingüísticos.
      • Potenciación da oralidade con tratamento sistemático.
      • Atención a todo o abano de situacións comunicativas e rexistros da lingua.
      • Ámbito educativo: centro
      • aulas materia de lingua
    9. Por que traballar por proxectos?
      • 1. Razóns en relación co marco curricular e as melloras competenciais:
      • Primacía da metodoloxía baseada no descubrimento, sobre procesos e en contextos complexos.
      • Interacción organizada en contextos de cooperación.
      • Transmisión de recursos e incorporación da avaliación formativa para a construción da aprendizaxe.
      • Secuenciación de actividades para poder afrontar as dificultades e realizar un uso reflexivo da lingua.
      • Adaptación ás necesidades, intereses e problemas do alumnado.
    10. Por que traballar por proxectos?
      • 2. Razóns en relación co tratamento das actitudes.
      • Integración e articulación de dinámicas socioafectivas.
      • Traballo do modelado ao establecérense conexións directas cos diferentes ámbitos creativos e de uso da lingua.
      • Potenciación das actitudes positivas coa aprendizaxe autorregulada, reflexiva e en interacción.
      • Garantía de incorporación da análise reflexiva ás vivenciacións, posibilitando a tomada de decisións conscientes en relación co uso da lingua e o plurilingüísmo.
      • Obtención de datos sociolingüísticos específicos que orientan o labor.
    11. CUESTIÓNS QUE CÓMPRE ATENDER Á HORA DE DESEÑAR UN PROXECTO 1. Creación dun marco significativo: tema de traballo e obxectivos . 1.1 Escolla de contidos de interese a partir de temas clave, problemas reais xeradores ou preguntas do propio alumnado, sempre en conexión co currículo. 1.2. Especificación dos obxectivos comunicativos ou de investigación (que é o que se vai aprender) e mais da tarefa final (que é o que se quere producir exactamente) en función destes. 2. Planificación do proceso . 2.1. Secuenciación de tarefas que permitan realizar con certas garantías a produción que se persegue. 2.2. Especificación dos compoñentes necesarios para a realización das tarefas (espazos, agrupamentos, posíbel distribución de roles, instrumentos...) e elaboración ou localización dos recursos, como as (distintas) fontes de información, guías, modelos, fichas, etc. 2.3. Temporalización: establecemento dun calendario de traballo. Duración prevista e orde das tarefas. 3. Avaliación . Incorporación da avaliación ao proceso: como ofrecer a axuda pedagóxica continua para atender o proceso fomentando asemade a autonomía, como provocar a autoavaliación, que criterios son os máis relevantes, etc. .

    + luciano fernándezluciano fernández, 3 years ago

    custom

    787 views, 0 favs, 0 embeds more stats

    Presentación do marco que fundamenta as propostas more

    More info about this document

    © All Rights Reserved

    Go to text version

    • Total Views 787
      • 787 on SlideShare
      • 0 from embeds
    • Comments 0
    • Favorites 0
    • Downloads 14
    Most viewed embeds

    more

    All embeds

    less

    Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
    Flag as inappropriate

    Select your reason for flagging this presentation as inappropriate. If needed, use the feedback form to let us know more details.

    Cancel
    File a copyright complaint
    Having problems? Go to our helpdesk?

    Categories