Your SlideShare is downloading. ×
Podcast para o desenvolvemento da competencia en comunicación lingüística
Upcoming SlideShare
Loading in...5
×

Thanks for flagging this SlideShare!

Oops! An error has occurred.

×
Saving this for later? Get the SlideShare app to save on your phone or tablet. Read anywhere, anytime – even offline.
Text the download link to your phone
Standard text messaging rates apply

Podcast para o desenvolvemento da competencia en comunicación lingüística

703

Published on

Indicadores da competencia a ter en conta, posibilidades e usos didácticos do podcast e mais vía para a súa elaboración doada

Indicadores da competencia a ter en conta, posibilidades e usos didácticos do podcast e mais vía para a súa elaboración doada

Published in: Education, Technology, Business
0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total Views
703
On Slideshare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
5
Actions
Shares
0
Downloads
3
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

Report content
Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
No notes for slide

Transcript

  • 1. Podcast para o desenvolvemento da competencia en comunicación lingüística
  • 2. Podcast? Se o podcast é a publicación de audio na rede con estes engadidos: + reprodución na propia web + opción de descarga para escoitar no computador sen necesidade de conexión a internet ou en dispositivos portátiles, como un mp4 + opción de subscrición ás novas producións do autor E se o podcast permite, polo tanto, promover e difundir as producións orais do alumnado, crear verdadeiros programas de radio en internet ou repetir e revisar doadamente as intervencións => Daquela, é claro que constitúe unha ferramenta especialmente útil para responder ás necesidades de desenvolvemento no ensino da competencia en comunicación lingüística, nomeadamente das destrezas orais. Presentamos a continuación os aspectos competencias a ter en conta, as posibilidades e usos didácticos do podcast ao respecto e mais unha vía para elaboralos sen complicacións.
  • 3. Competencia comunicativa: a práctica oral Se o desenvolvemento de competencias esixe a mobilización conxunta de habilidades para resolver tarefas en situacións reais ou simuladas, é evidente que a mellora da oralidade (compoñente fundamental da comunicación lingüística e que é a que nos interesa a nós agora) esixe, nas áreas todas: a participación do alumnado na construción do coñecemento, cunha ampla interacción oral na aula (planificación e regulación de tarefas, debates...) o uso de fontes de información orais na abordaxe de proxectos, secuencias didácticas ou tarefas de produción a realización e planificación de intervencións orais na comunicación das aprendizaxes derivadas deses traballos a revisión da adecuación e corrección desas intervencións
  • 4. Competencia comunicativa: a práctica oral Dimensións e indicadores principais que se poden traballar co uso do podcast na aula en todas as materias e ámbitos Escoitar Cómpre desenvolver a e scoita e comprensión de mensaxes orais en distintos contextos de comunicación e a adopción dunha actitude respectuosa e de cooperación · Identificar a información relevante · Comprender globalmente os textos, a finalidade comunicativa e as ideas principais · Captar os aspectos sonoros (entoación...) para a comprensión axeitada · Identificar relacións entre o texto e outras situacións e contidos · Diferenciar feitos de opinións e realizar unha valoración persoal · Identificar e superar os usos discriminatorios e prexuizosos · Comparar eficazmente información obtida en diferentes fontes
  • 5. Competencia comunicativa: a práctica oral Dimensións e indicadores principais que se poden traballar co uso do podcast na aula en todas as materias e ámbitos Falar e conversar Será preciso progresar na e xpresión oral adecuada, coherente e correcta en diversos contextos de comunicación, cun uso da lingua como vehículo eficaz de comunicación e aprendizaxe, así como na participación regulada e axeitada en situacións de comunicación compartida · Expresarse con ritmo, pronuncia e entoación adecuados e mais con corrección lingüística · Elaborar un guión previo ás intervencións orais · Desenvolver organizadamente o discurso · Iniciar e pechar as conversas construtivamente · Usar un vocabulario adecuado, preciso e suficientemente amplo · Respectar as normas e convencións da interacción oral · Comprender as opinións e puntos de vista dos interlocutores · Expoñer e argumentar a propia opinión
  • 6. Competencia comunicativa: a práctica oral Dimensións e indicadores principais que se poden traballar co uso do podcast na aula en todas as materias e ámbitos Ler Podemos traballar a lectura axeitada nunha gran variedade de situacións comunicativas · Ler de maneira expresiva, utilizando os elementos sonoros precisos para apoiar a comprensión
  • 7. Aproximación aos usos educativos do podcast Neste vídeo do profesor Eziquiel Menta
  • 8. Posibilidades didácticas do podcast en relación coa C. en comunicación lingüística Pódeselle tirar partido ao podcast para incidir nas competencias comunicativas fundamentalmente nestes tres contextos: 1. No acceso ás fontes de información e a modelos orais 2. Na comunicación de coñecementos (describir, explicar, demostrar, argumentar...) e producións creativas: adaptacións, transformacións, creacións guiadas, etc. 3. Na revisión da oralidade como medio de comunicación na aula, para a exploración e perfeccionamento autónomo das producións orais propias Preséntanse a continuación algunhas propostas para cada contexto.
  • 9. Usos didácticos do podcast 1. No acceso ás fontes de información e a modelos orais 1.1. Recolleita e aproveitamento de situacións educativas ou de interese educativo: charlas celebradas nas actividades extraescolares, debates públicos, producións dos medios de comunicación... 1.2. Recompilación comentada de saberes ao redor dun tema recollidos entre informantes do contorno, especialistas, etc. dentro de proxectos de traballo ou non. 1.3. Seguimento de instrucións, exposicións de contidos básicos ou complementarios, desafíos, etc. realizados polo/a profe. Exemplos: 11 de setembro , Guerra e posguerra , Problema
  • 10. Usos didácticos do podcast 2. Na comunicación de coñecementos e producións creativas 2.1. Exposicións orais de traballos da materia (proxectos de investigación, resolución de problemas, exemplificacións, sínteses, análises críticas, clases impartidas polo alumnado...). 2.2. Presentación dos procesos seguidos no desempeño de tarefas. 2.3. Elaboración de diferentes xéneros e tipos textuais en relación cos contidos da materia, como descricións de elementos, textos instrutivos e audioguías (para, por exemplo, complementar a realización de prácticas)... 2.4. Creación de xogos de recoñecemento ou resolución: dos elementos ou realidades que se describen, dun erro científico, etc. Exemplos: A agricultura , Nirvana , Presión hidrostática
  • 11. Usos didácticos do podcast 2. Na comunicación de coñecementos e producións creativas 2.5. Realización dun mapa sonoro, localizando nun espazo xeográfico un conxunto de audios que ilustran o acontecido nunha viaxe de estudos, as características de determinados sitios... 2.6. Transmisión e comentario de novas de actualidade sobre a materia, entrevistas a persoas de interese, reportaxes, etc., podendo constituír unha radio temática. 2.7. Recomendacións e reseñas de lecturas, filmes ou sitios web de interese para a aprendizaxe. Exemplos: Programas especiais Radio Turonio O diaño dos números
  • 12. Usos didácticos do podcast 3. Na revisión da oralidade como medio de comunicación na aula 3.1. Manexo das interaccións da aula (diálogos, debates...) para mellorar a presentación das ideas, a atención ás normas de intercambio comunicativo, a precisión léxica, a comprensión do punto de vista alleo, etc. E, evidentemente, na fase de revisión das tarefas de comunicación de coñecementos e de creación, tamén se deberan atender estas cuestións.
  • 13. Poden consultarse máis exemplos de uso didáctico do podcast en, por exemplo: Proxecto Grimm , Podgalego , Educastur Na área das linguas, é evidente que as posibilidades didácticas do podcast para o desenvolvemento da competencia en comunicación lingüística son máis amplas. Algunhas das especificidades na materia de lingua galega e literatura intentamos recollelas nestoutra presentación paralela . [ Outros usos do podcast (transmisión de actuacións musicais, etc) non se atenden aquí] Máis posibilidades didácticas
  • 14. Pasos e ferramentas máis prácticas para a creación dun podcast GRAVACIÓN Cunha gravadora dixital (ou mediante o computador -con micro- en aplicacións da rede como snapvine ). Se o precisamos, teremos en conta unhas pautas para a elaboración do guión . EDICIÓN Se queremos recortar, fusionar ou realizar outras manipulacións (engadir música de fondo , etc.) nos audios, podemos usar o software libre Audacity , ben intuitivo. PUBLICACIÓN E DIFUSIÓN Aloxaremos o mp3 nun servizo online que ofreza automaticamente reprodutor e opcións de descarga e subscrición, como box.net . Unha boa gravación pode evitar editar. / Audacity tamén ten función gravar.
  • 15. Máis opcións de publicación Seguindo o proceso básico anterior, os nosos arquivos mp3 xa se poden oír na rede e calquera pode descargalos para o computador ou dispositivos portátiles, así como subscribirse ás nosas novas producións. Se dispoñemos dun blogue, incrustaremos o reprodutor pegando no HTML do editor o código Embed Pero tamén nos pode interesar: Máis, en Obradoiro Podcast Opcións Ferramentas posíbeis Presentar un conxunto de podcast nun reprodutor múltiple box.net, bigcontact Dispoñer dun espazo específico para todos os podcast, dun audioblogue blogaliza, clickcaster, bigcontact Acompañar os audios con imaxes sincronizadas, nun podcast enriquecido showbeyond Xeolocalizar as producións woices, wayfaring
  • 16. Crédito da imaxe: http://www.flickr.com/photos/gaelx/1241210709/ Luciano Fernández Remexer Na Lingua

×