Implicacións didácticas do currículo de lingua galega e literatura

Loading...

Flash Player 9 (or above) is needed to view presentations.
We have detected that you do not have it on your computer. To install it, go here.

0 comments

Post a comment

    Post a comment
    Embed Video
    Edit your comment Cancel

    1 Favorite

    Implicacións didácticas do currículo de lingua galega e literatura - Presentation Transcript

    1. NOVO CURRÍCULO DE LINGUA GALEGA E LITERATURA DE SECUNDARIA. IMPLICACIÓNS E PROPOSTAS DIDÁCTICAS.
        • Un ensino baseado en competencias
        • As competencias
        • As competencias básicas
        • Contribución da área
        • Grandes liñas do borrador do currículo
        • Estrutura. A gradación da aprendizaxe
        • Contidos centrados nas habilidades ou destrezas
        • Criterios de avaliación
        • Implicacións e propostas didácticas
        • Proxectos interdisciplinarios
        • Metodoloxía de proxectos ou tarefas integradoras
        • Algunhas posibilidades
    2. NOVO CURRÍCULO DE LINGUA GALEGA E LITERATURA DE SECUNDARIA. IMPLICACIÓNS E PROPOSTAS DIDÁCTICAS.
        • Construción do currículo
    3. As competencias
        • información
        • + comprensión= saber
        • + comprensión do marco lóxico= coñecemento
        • + relación co contexto real= capacidade
        • + condicións para modificar a realidade= habilidade + emprego de actitudes e valores para dialogar coa realidade complexa empregando as habilidades= competencia .
        • CAPACIDADE : posibilidade de actuar (ex. capacidade de realizar plans e proxectos)
        • COMPETENCIA : actuación idónea (ex. autonomía e iniciativa persoal)
      LGL: implicacións e propostas didácticas
    4. As competencias
        • Orixes e intencións de fondo
        • Organismos internacionais
        • Consello de Europa
        • COMPETENCIAS
        • Razóns económicas para a modelación do cidadán/traballador hábil (flexíbel, polivalente)
        • “ Subordinación da educación ao racionalismo utilitarista do mercado” OLGAÍSES CABRAL MAUÉS
      LGL: implicacións e propostas didácticas
    5. As competencias
        • CONTIDOS
      LGL: implicacións e propostas didácticas DESENVOLVEMENTO DAS COMPETENCIAS saber saber ser saber facer saber convivir
    6. As competencias
        • Que son?
        • Mobilización conxunta de habilidades (cognitivas, procedementais e actitudinais) para resolver con pertinencia e eficacia unha serie de situacións da vida real.
        • No marco escolar: resposta efectiva a demandas complexas a través de tarefas de aplicación integrada de contidos.
      LGL: implicacións e propostas didácticas
    7. As competencias
        • Que tipos de competencias hai?
      • CLAVE : as que permiten conseguir outras
      • TRANSVERSAIS : as necesarias en todas as disciplinas
      • ESPECÍFICAS : as dunha disciplina particular
      • BÁSICAS : as necesarias no contexto social para a formación de cidadáns autónomos; son as que debe garantir o sistema educativo
      LGL: implicacións e propostas didácticas
    8. Con que finalidades se inclúen no currículo? [Adaptado de CECD Canarias] As competencias básicas LGL: implicacións e propostas didácticas Formais Integrar as diferentes aprendizaxes Permitirlle ao alumnado Orientar o ensino Informais e non formais Poñelas en relación con diferentes contidos Usalas en situacións e contextos necesarios Permitindo identificar contidos e criterios de avaliación básicos Axudando a tomar decisións no proceso de ensino-aprendizaxe Integrar as súas aprendizaxes C o m p e t e n c i a s B á s i c a s
    9. As competencias básicas
        • Que supoñen no ensino?
      • - Deben existir situacións reais ou simuladas que esixan operacións mentais complexas que permitan realizar accións adaptadas á situación
      • - Cada área contribúe ao desenvolvemento da maioría das competencias . Cada competencia desenvólvese como resultado do traballo en distintas áreas/materias
      • - Tamén atinxen á organización dos centros ( medidas organizativas e funcionais ): a participación activa do alumnado na vida do centro, a organización e funcionamento da biblioteca escolar, a disposición de recursos...
      LGL: implicacións e propostas didácticas
    10. As competencias básicas Potencialidades -Entender que darlle relevancia social ao que se ensina promove a participación na construción do saber e na sociedade -Impeler ao traballo interdisciplinario -Encarreirar a adaptación ao suxeito da aprendizaxe -Implicar o uso de metodoloxías activas (resolución de problemas...) LGL: implicacións e propostas didácticas Perigos -Entendelas como un saber facer utilitario e desvencellado da reflexión crítica -Identificar áreas con competencias -Avaliar o proceso cos resultados -Arrombar os contidos conceptuais ou consideralos só instrumentos
    11. As competencias básicas
        • Cales son as competencias básicas?
        • 1. C. en comunicación lingüística
        • 2. C. matemática
        • 3. Coñecemento e interacción co mundo físico
        • 4. Tratamento da información e competencia dixital
        • 5. C. social e cidadá
        • 6. C. cultural e artística
        • 7. C. para aprender a aprender
        • 8. Autonomía e iniciativa persoal
      LGL: implicacións e propostas didácticas
    12. As competencias básicas. Contribución da área LGL: implicacións e propostas didácticas Competencia en comunicación lingüística (coñecemento reflexivo, habilidades e actitudes) Competencia Lingüística Competencia Socio-Lingüística Competencia Discursiva ou Textual Competencia Estratéxica Competencia Semiolóxica Competencia Literaria
    13. As competencias básicas. Contribución da área
        • Contribución ao coñecemento e interacción co mundo físico
      • .: Comprensión da realidade por medio do traballo de textos expositivo-argumentativos
      • .: Aprehensión da nosa visión do mundo recollida nas estruturas léxico-semánticas
      • ...
      LGL: implicacións e propostas didácticas
    14. As competencias básicas. Contribución da área
        • Contribución ao tratamento da información e competencia dixital
      • .: Selección, análise critica, organización, relación e síntese da información
      • .: Emprego das ferramentas e recursos das novas tecnoloxías de xeito activo e crítico
      • .: Realización de intercambios comunicativos coas diversas linguaxes dos medios e tecnoloxías de difusión social
      • ...
      LGL: implicacións e propostas didácticas
    15. As competencias básicas. Contribución da área
        • Contribución á competencia social e cidadá
        • .: Aproximación crítica á realidade co traballo de diferentes tipos de texto e situacións de comunicación
        • .: Comunicación coas institucións, colectivos sociais...
        • .: Desenvolvemento de destrezas dialóxicas que preparan para compartir e respectar
        • .: Comprensión da historia social da lingua e da realidade sociolingüística
        • .: Achegamento aos múltiplos mundos que converxen no texto creativo, entre eles o do período literario e o seu contexto histórico
      LGL: implicacións e propostas didácticas
    16. As competencias básicas. Contribución da área
        • Contribución á competencia cultural e artística
        • .: L ectura, análise e comentario de obras literarias en relación co contexto histórico-social, as correntes estéticas, as convencións, técnicas e recursos da linguaxe artística nos seus diferentes xéneros e en relación con outras artes
        • .: Obradoiros de creación de textos con intención estética
        • .: Comprensión da diversidade lingüística como riqueza cultural
      LGL: implicacións e propostas didácticas
    17. As competencias básicas. Contribución da área
        • Contribución á competencia para aprender a aprender
        • Estruturación do pensamento e control da aprendizaxe ao traballar:
        • .: a lectura comprensiva
        • .: a composición de resumos e esquemas
        • .: a composición de exposicións e conclusións sobre tarefas
        • .: a interpretación das informacións lingüísticas dos dicionarios
        • ...
      LGL: implicacións e propostas didácticas
    18. As competencias básicas. Contribución da área
        • Contribución á autonomía e iniciativa persoal
      • .: Contacto activo e continuo con distintos espazos de comunicación
      • .: Uso progresivamente autónomo dos medios e recursos lingüísticos
      • .: Estratexias lingüísticas para a análise de problemas, elaboración de plans e toma de decisións
      LGL: implicacións e propostas didácticas
    19. As competencias básicas Conclusións (implicacións) en relación coas CCBB 1. Predominio dunha metodoloxía baseada no descubrimento -organizar o traballo sobre procesos (de procura, creación...) -deseñar tarefas sobre contextos de realidade complexos -integrar a aprendizaxe na vida cotiá -atender os procesos e ofrecer os recursos necesarios ... 2. Construción dunha cultura de cooperación na aula -coidar a organización da aula -favorecer a interacción ... 3. Fomento e práctica da interdisciplinariedade LGL: implicacións e propostas didácticas
    20. Grandes liñas do borrador do currículo Estrutura Introdución. Contribución da área ao desenvolvemento das competencias básicas Obxectivos Cursos Cinco bloques de contidos Criterios de avaliación específicos LGL: implicacións e propostas didácticas
    21. Grandes liñas do borrador do currículo Comunicación oral Comunicación escrita Funcionamento da lingua Lingua e sociedade Educación literaria LGL: implicacións e propostas didácticas -habilidades de escoita e lectura -produción de textos de distintos ámbitos, tipos e xéneros -reflexión sobre a lingua no marco discursivo-textual -comprensión dos condicionamentos sociolingüísticos e da realidade plurilingüe -lectura por xéneros recoñecendo (a evolución d)as convencións formais -(re)creación de textos literarios Bloques de contidos
    22. Grandes liñas do borrador do currículo A gradación da aprendizaxe. Un exemplo LGL: implicacións e propostas didácticas EDUCACIÓN LITERARIA, 1º ESO Selección guiada e lectura orientada de obras adecuadas á idade que estimulen o hábito e pracer lector ao tempo que amplían o coñecemento do mundo. Lectura expresiva e comprensiva e mais audición de poemas recitados ou cantados, captando o uso dos recursos estilísticos principais do nivel semántico e os que conforman o ritmo poético. Creación de textos de intención literaria partindo dos trazos formais dos traballados na aula e das posibilidades lúdico-estéticas da lingua. Aproveitamento guiado dos fondos e recursos que ofrecen as bibliotecas, incluídas as virtuais. EDUCACIÓN LITERARIA, 4º ESO Selección e lectura autónoma de obras fundamentais da literatura galega desde comezos do século XX ata a actualidade adecuadas á idade . Lectura expresiva e comprensiva e mais audición de textos poéticos recitados ou cantados das distintas etapas da literatura galega desde o 1900 , entendendo e apreciando os recursos empregados, sobre todo os que manifestan as innovacións dos principais movementos, grupos ou autores/as . Creación de textos de intención literaria partindo das características dos traballados na aula. Aproveitamento practicamente autónomo dos fondos e recursos que ofrecen as bibliotecas, incluídas as virtuais.
    23. Grandes liñas do borrador do currículo Contidos centrados nas habilidades ou destrezas LGL: implicacións e propostas didácticas Indución, a partir de usos contextualizados, da estrutura das palabras flexivas, especialmente substantivo e verbo, e recoñecemento dos seus aspectos morfolóxicos máis precisos para a mellora da comprensión e produción textuais. Coñecemento xeral da situación das linguas minorizadas e das internacionais, con manexo e interpretación de mapas, táboas, textos e información dos medios e tecnoloxías da comunicación, valorando positivamente o plurilingüismo como expresión da riqueza cultural da humanidade. Consciencia da necesidade e das potencialidades de enriquecemento persoal e colectivo do uso normalizado da lingua galega, afirmando o plurilingüismo.
    24. Grandes liñas do borrador do currículo Criterios de avaliación con orientacións LGL: implicacións e propostas didácticas Participar de maneira activa na creación de textos de intención estética tomando como modelo os lidos e comprendendo os recursos a empregar; explicar as relacións das obras co contexto histórico e literario en que aparecen e os autores máis relevantes, realizando un traballo de información e de síntese ou de resolución de problemas. Este criterio comprobará se se comprende o fenómeno literario como una actividade comunicativa estética nun contexto histórico determinado. Avaliarase a implicación en obradoiros literarios de (re)creación a partir dos textos lidos na aula e, asemade, a realización, en soporte papel ou dixital, dun traballo persoal de síntese e tratamento da información obtida sobre períodos, movementos, autores ou obras ou a participación nun labor colectivo de resolución de problemas no campo literario.
    25. Implicacións e propostas didácticas Bases psicopedagóxicas para o desenvolvemento das competencias [] Dewey, Bruner, Ausubel, Vygostky... [] Socioconstrutivismo, Método de proxectos, Interaccionismo sociodiscursivo... Enfoque metodolóxico procesual Papel do profesorado: deseñar, aplicar e regular situacións de aprendizaxe con sentido para o alumnado. Ser un recurso permanente: desbloquear, cuestionar e reorientar, axudar a reflexionar... LGL: implicacións e propostas didácticas
    26. Implicacións e propostas didácticas LGL: implicacións e propostas didácticas Proxectos interdisciplinarios Facilitan a comprensión significativa de temas curriculares que precisan a relación de contidos de varias disciplinas. Centros de interese A partir de Temas transversais Necesidades naturais e sociais ... Implican localizar e seleccionar obxectivos e contidos, temporalizar en común, consensuar a avaliación, etc.
    27. Implicacións e propostas didácticas LGL: implicacións e propostas didácticas Metodoloxía de proxectos 1: as secuencias didácticas Características: · Adáptase ás capacidades e dificultades do alumnado. · Ten obxectivos concretos e compartidos co alumnado · Incorpora e soe integrar as catro capacidades ou habilidades lingüísticas. · Organízase a partir dun xénero textual ou dun tipo discursivo. · Manéxase un corpus textual auténtico. · Tres grandes etapas: borrador, obradoiros sobre dimensións textuais problemáticas e produción final para a posta en práctica das habilidades. · Propón instrumentos para resolver os problemas (por ex., facilitando recursos lingüísticos para a textualización, como baterías de unidades) e para sistematizar os coñecementos. Guíase a planificación e a análise da produción. · Sempre se aborda a revisión dos textos. O alumnado toma o seu propio texto como obxecto de traballo. · Inclúe actividades diversas e diferentes modos de traballo. · Integra os distintos tipos de avaliación, priorizando a formativa. · Soen durar de 6 a 12 horas de clase.
    28. Implicacións e propostas didácticas LGL: implicacións e propostas didácticas Metodoloxía de proxectos 1: as secuencias didácticas Esquema secuencial típico: 1. Presentación do contido do proxecto, da proposta e do xénero, con achegamento a algúns modelos. Cóntase cos intereses, experiencia e nivel do alumnado. Céntrase ben a tarefa final en relación cos obxectivos e establécense os criterios e procedementos de avaliación. 2. Produción inicial, sen apoios. 3. Módulos ou obradoiros de aprendizaxe, con tarefas comunicativas e posibilitadoras (abordar a situación comunicativa, recoñecer tipo discursivo, extraer características, clasificar elementos constitutivos, establecer criterios de escolla e aplicalos...) 4. Revisión da produción inicial e reescrita / nova intervención oral. 5. Nova produción individual (para comprobar a funcionalidade dos contidos traballados)
    29. Implicacións e propostas didácticas LGL: implicacións e propostas didácticas Metodoloxía de proxectos 2: a Aprendizaxe por proxectos Ten moitas das características das SD, mais: :.Esixe facer unha pesquisa, resolver problemas ou seleccionar e integrar información ante un desafío. :.Diferentes tarefas de relación para xestionar, ás veces partindo dunha hipótese a contrastar :.Oriéntase a unha produción no sentido amplo (unha publicación, un espectáculo, unha exposición...) e péchase cun informe. :.Créase un contexto social para o traballo en grupo, asumindo o alumnado roles como o reporteiro, o organizador... Planéanse, impleméntanse e avalíanse proxectos con aplicación posíbel no mundo real máis alá da aula. :.Desenvólvese durante un tempo moi variábel, pode durar varios meses.
    30. Implicacións e propostas didácticas
        • Proxectos: estrutura padrón
      LGL: implicacións e propostas didácticas
    31. Implicacións e propostas didácticas LGL: implicacións e propostas didácticas
    32. Implicacións e propostas didácticas
        • Exemplo de integración de actividades:
        • Actividades-tipo : Exposición + Texto modelo + Actividade + Proposta de
        • teórico-práctica para análise dinámica creación
        • Adaptación a proxecto : Obxectivo - Produción inicial - Obradoiros - Nova produción
      LGL: implicacións e propostas didácticas
    33. Implicacións e propostas didácticas Que contidos se van estudar e integrados de que xeito? Que obxectivo lle pode dar sentido a todo o proceso? Como facer a presentación do proxecto (enunciado, propósitos, roles...) para involucrar o alumnado? Como formular os problemas ou tarefas? Como problematizar un tema para que se converta en desafío atraente? Como coñecer as curiosidades e intereses do alumnado sobre o tema? Como detectar os coñecementos e concepcións previas do alumnado? Que habilidades se deben desenvolver? Que contidos deben ser descubertos investigando e cales hai que expoñer e achegar? Que instrumentos fan falta para a recollida e tratamento da información? Que actividades son imprescindíbeis para facer avanzar o proxecto? Como ordenalas? Que recursos e tempo se necesitan? Que guía se precisa para o manexo dos materiais? Como dinalizar e mellorar as interaccións? Como facer o seguimento do proceso? LGL: implicacións e propostas didácticas
    34. Implicacións e propostas didácticas Os proxectos ou tarefas prográmanse atendendo: Elección dunha área ou contido de interese -> Especificación dos obxectivos (de comunicación/investigación) -> Planificación da tarefa final en función dos obxectivos -> Especificación das compoñentes necesarias para a realización da tarefa (distribución de roles, recursos...) -> Planificación do proceso secuenciando tarefas -> Incorporación da avaliación ao proceso -> Temporalización LGL: implicacións e propostas didácticas
    35. Implicacións e propostas didácticas Unha consideración final. Non se trata de rebaixar o nivel de contidos. Ensinar a escribir apropiadamente ten máis valor ca ensinar os paradigmas gramaticais. Formar un lector crítico é máis difícil ca ensinar os datos biográficos dos literatos. Alén diso, todo proxecto debe estar acompañado dunha sistematización da aprendizaxe. LGL: implicacións e propostas didácticas
    36. Implicacións e propostas didácticas Unha posibilidade en esquema Proxecto de produción . Esixir pola lingua. A carta de reclamación . *Presentación. Centramos a finalidade do proxecto (facer unha reclamación escrita en defensa dos dereitos lingüísticos) e decídese en gran grupo, dentro dun abano sociolingüístico, o tema a tratar. Barállanse diferentes circunstancias e posibilidades de uso da carta de reclamación, máis ou menos próximas ao alumnado, lendo algúns exemplos reais. *Produción inicial. Situados nun contexto determinado, preséntase unha simulación na que diferentes colectivos sociais reaccionan diante dunha acción contraria aos dereitos lingüísticos. Reflexiónase sobre os dereitos negados e sobre o cambio que cumpriría producir no destinatario (unha institución, unha empresa, un comercio...), para posteriormente elaborar unha carta de reclamación asumindo o papel activo dalgún dos colectivos sociais. Os textos resultantes orientarán a liña de traballo, mais non serán corrixidos (aínda). Fórmanse grupos para realizar as actividades seguintes. *Obradoiro 1. A exposición e a argumentación a través de cartas. Serán clasificadas diferentes cartas encadrábeis nun deses tipos textuais e recóllense as diferenzas principais. *Obradoiro 2. As reclamacións escritas. Trabállanse diferentes circunstancias lesivas para os nosos dereitos e as opcións posíbeis de actuación verbal escrita (carta á dirección dun xornal, queixa, etc.). Revísanse textos correspondentes ás distintas posibilidades e extráense, por contraste, as características da carta de reclamación (estrutura...). *Obradoiro 3. Reconstrución de situacións de comunicación que subxacen en varias cartas de reclamación de dereitos lingüísticos. Valoración das reclamacións unha vez revisada a lexislación básica en que se apoian ou poderían apoiarse. *Obradoiro 4. A solicitude argumentada. Á hora de requirir unha solución a un conflito deste tipo, hai que utilizar poucos argumentos, pero ben sólidos. Cada grupo creará unha batería de argumentos posíbeis e planificará a súa sucesión (organización) e articulación segundo contextos. A seguir, farase un contraste oral, en gran grupo, de liñas argumentativas, procurando eventuais contraargumentos e a súa refutación. *Revisión e reescrita da produción inicial, seguindo unha guía que atenda os diferentes aspectos (a adecuación á situación de comunicación, a estrutura, as estratexias argumentativas, etc.). *Nova produción individual. Partindo dunha situación real (experiencial, da prensa...), redactarán unha nova carta de reclamación. Planificarase, textualizarase con apoio de, cando menos, conectores de implicación persoal, causa e consecuencia, conclusión, etc. e será revisada antes de ler ou entregar a versión final. LGL: implicacións e propostas didácticas
    37. Implicacións e propostas didácticas Escolma de documentos e recursos na rede. a) Competencias básicas e currículo Borrador do currículo: http://www.cig-ensino.com/descargas/00776.pdf Reflexión de Joan Mateu sobre as competencias: http://phobos.xtec.cat/xarxacb/inici/doc/mateo_joan_confe.pdf Análise de fondo da pedagoxía das competencias de Olgaíses Cabral Maué: http://www.scielo.br/scielo.php?pid=S0100-15742003000100005&script=sci_arttext&tlng=pt O traballo das competencias no contexto brasileiro: http://novaescola.abril.com.br/ed/135_set00/html/repcapa.htm b) Traballo por proxectos Decálogo de Joaquim Dolz e Auguste Pasquier: http://www.luciaakemi.com.br/htpc/index.php Presentación de Traballando con proxectos, de Selma Garrido: http://www.c7s.com.br/simposio/III/palestras/Palestra_trabalhando_com_projetos_Selma_Garrido_Pimenta.ppt Fundamentos da aprendizaxe baseada en proxectos e na resolución de problemas: http://www.prof2000.pt/users/j.pinto/Novos_Encontros_no_Secundario/encontros.html Reseñas-propostas de secuencias didácticas: http://www.propostesdellengua.info/ Presentación de varias secuencias didácticas (no ensino primario), de Ana María de Mattos Guimarães: http://www3.unisul.br/paginas/ensino/pos/linguagem/0603/01.htm Secuencia didáctica completa (en francés): http://fapsesrvnt2.unige.ch/Fapse/grafe.nsf/f1a1f471b798972dc1256d4800430c03/3d9eaad2e4eee1a4c125716a00589026/$FILE/ExposeEcritmaitre.pdf Luciano Fernández. http://ligamabitacora.blogspot.com LGL: implicacións e propostas didácticas

    + luciano fernándezluciano fernández, 3 years ago

    custom

    4958 views, 1 favs, 2 embeds more stats

    Partindo dunha aproximación ás competencias bási more

    More info about this document

    © All Rights Reserved

    Go to text version

    • Total Views 4958
      • 4932 on SlideShare
      • 26 from embeds
    • Comments 0
    • Favorites 1
    • Downloads 104
    Most viewed embeds
    • 18 views on http://remexernalingua.blogspot.com
    • 8 views on http://linguaprende.wordpress.com

    more

    All embeds
    • 18 views on http://remexernalingua.blogspot.com
    • 8 views on http://linguaprende.wordpress.com

    less

    Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
    Flag as inappropriate

    Select your reason for flagging this presentation as inappropriate. If needed, use the feedback form to let us know more details.

    Cancel
    File a copyright complaint
    Having problems? Go to our helpdesk?

    Categories