O termo beatbox (que, a partir do inglés, significa literalmente caixa de batida ) refírese á percusión vocal do hip - hop . Consiste na arte de reproducir sons de batería coa voz , boca e cavidade nasal . Tamén envolve o canto , imitacións vocais de efectos de DJs , simulando os altavoces, cordas e outros instrumentos musicais , e tamén doutros sons.
COMO NACEU O BEATBOX
O Beatbox, naceu canda a cultura do hip hop nos Estados Unidos. Este estilo empezouse a empregar cando comezaron a saír as primeiras bases de hip hop: dado que as bases custaban moitos cartos, mentres os emsis soltaban rimas e versos libres, outro facía beatbox para darlle ritmo aos versos.
TÉCNICAS
As técnicas que se empregan son tres pasos imprescindibles para poder facer beatbox:
1. O bombo faise co sonido do “p” sen pronuncialo plenamente.
2. A caixa faise coas letras “pf” facendo unha pequena variación do sonido.
3. O charli faise cun “t”, pero a súa pronunciación ten unha pouca axilidade coa boca.
VÍDEO
Agora, podemos ver un vídeo de demostración.
Unha figura do beatbox: GENDE
Carlos Gende , músico de Cerceda, deixándose levar polo rap comezou a escribir algunhas letras que posiblemente nunca verán a luz. Máis tarde descubriu o beatbox, o cal o enganchou ata agora e xunto co reggae-ragga forma parte do seu repertorio musical actual.
Válido para amenizar vodas e banquetes e tamén obradoiros de hip hop e xunto con Nitram (dos grupos Presencia Zero e Machina).
Gañador do primeiro posto de 321click.org coa versión do himno galego.
0 comments
Post a comment