• Like
Exercicios
Upcoming SlideShare
Loading in...5
×
  • Full Name Full Name Comment goes here.
    Are you sure you want to
    Your message goes here
    Be the first to comment
    Be the first to like this
No Downloads

Views

Total Views
1,314
On Slideshare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
2

Actions

Shares
Downloads
18
Comments
0
Likes
0

Embeds 0

No embeds

Report content

Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
    No notes for slide

Transcript

  • 1. • Exercio1. Páx 193 • a)Modelos de caixa negra. Repasade o concepto (páxina 12: punto 1.5). • O ciclo da auga é un sistema de caixa pechada, o H20 cambia de fases e pode estar compartimentada en diferentes formas: vapor, xeo ou líquida, pero sempre mantendo un balance neto ao longo do tempo para o planeta Terra. • b)O xa tan consabido ciclo da auga: – Déixovos o esquema visto na clase: (Saber isto, paréceme de cultura xeral)
  • 2. • c)A precipitación variará dependendo do tipo de clima que estudemos, variando tamén ao longo do ano, xa que hai estacións máis abondosas en choiva ca outras . • A evapotranspiración dependerá en gran medida da presencia ou non de plantas, así como da súa abundancia e tipo. O clima influirá (no parámetro da Tª),a maior Tª, maior evapotranspiración. (Pensade o sofocante que é unha xungla e a enorme humidade ambiental presente). • A infitración aumenta coa vexetación (xa que favorece solos equilibrados), diminúe coa pendente (pois aumenta a escorrentía de augas superficiais)e a permeabilidade do solo (un solo arxiloso soeestar enchoupado en auga cando chove e non permite case filtrar). • A escorrentía aumenta ca pendente e a permeabilidade dos estratos do solo como xa se comentou antes. Aumentará tamén coas precipitacións, especialmente cos augaceiros torrenciais e dependera do tipo de clima.Diminúe co incremento en vexetación.
  • 3. • d) A auga como recurso ate moi pouco considerábase nos países Europeos como un ben ilimitado. Hoxe en día coa problemática do cambio global e a desertización que están sufrindo xa algunhas rexións mediterráneas considérase un ben escaso e preciado. Como recurso depende da cantidade que está dispoñible para o home na superficie terrestre. O balance hídrico acharémolo restándolle a evapotranspiración á precipitación. • O uso xeral que se lle dá principalmente son: agrícola, urbán e industrial. • e) Este aspecto xa está considerado, pois falamos del no tema anterior de riscos xeolóxicos.Aínda así resumiríamolo do seguinte xeito: • A sobreexplotación de acuíferos fai que as reservas subterráneas diminúan e que tanto escorrentía superficial como evaporación aumenten. Un problema engadido sería a salinización dos acuíferos preto das zona costeiras debido a sobreexplotación do mesmo (unha problemática que estase a dar agora en Menorca por exemplo). • O exceso de irrigación nos campos de cultivo favorece a diminución da infiltración debido á saturación dos solos e ao incrementa na evaporación. • A construción de embalses provoca diminución da auga de escorrentía augas abaixo da presa, (podendo afectar a microclimas). Na zona do embalse aumentará a evaporación xa que hai maior superficie exposta a radiación solar e non está protexida pola sombra dos bosques riparios. • Se asfaltamos impermeabilizamos o solo o que diminúe a infiltración e favorece a escorrentía superficial.
  • 4. Exercicio Nº2. Páxina 194. Ondas de radio. Raios X e gamma. Ultavioleta Visible Infravermellos
  • 5. • A.1 : A razón da baixada de presión radica en que conforme ascendemos en altitude os gases da atmosfera fanse cada vez máis escasos e diminúen a súa concentración. En capas altas da troposfera, a 10,000 m a presión é 1/5 da presión ao nivel do mar.
  • 6. • A.2: Na troposfera existe un gradiente vertical de Tª, polo cal cada 100m diminúe a Tª 0’65ºC (GVT). Tamén hai que recordar que a Terra quéntase dende abaixo cara arriba debido as ondas infravermellas que son as que quentan o aire. • A.3. As nubes que acadan maior altura teñen como límite superior a tropopausa. (Aínda que existen nubes noctilucientes nas capas baixas da estratosfera). • Acadan a maior altura en zonas ecuatoriais, xa que son as zonas que reciben maior E solar, e por tanto fórmanse masas de aire quente con moita humidade (debido a gran evaporación ) que poden ascender moito.
  • 7. • B. A ionosfera está cargada positivamente. Débese a que as ondas de raios X e gamma ionizan as moléculas de N2 e O2, convertíndoas en ións de carga (+) e (-), de ese modo a ionosfera cargarase de xeito (+) e a Terra de xeito (-). • Ten un papel importante na transmisión das emisións de radio xa que rebotan nesta capa, permitindo a comunicación entre puntos moi distantes. – Explicación pormenorizada: • A razón pola que certas ondas rebotan nunhas capas e noutras son absorbidas atopámola no feito de que a ionosfera compórtase como un plasma. (Un plasma é un gas ionizado (debido as ondas antes mencionadas) cun número suficientemente grande de partículas cargadas. Unha característica importante dos plasmas é que as partículas que o compoñen poden oscilar. Esta oscilación, que depende da concentración de iones e da súa masa, está caracterizada por unha determinada frecuencia, que se chama frecuencia de plasma). • Se queremos propagar a través da ionosfera unha onda de radio, soamente pode atravesala se a súa frecuencia é maior que a frecuencia do plasma. Se é menor, a onda reflíctese. Polo tanto, se queremos enviar sinais a un satélite, teremos que utilizar frecuencias relativamente altas, mentres que se queremos comunicarnos cunha estación de radio que se atope bastante lonxe, necesitaremos utilizar frecuencias máis baixas que a de plasma, para que as ondas poidan reflectirse na ionosfera e volver á terra.
  • 8. • Entre a ionosfera e a superficie terrestre xérase un condensador eléctrico (ionosfera (+) e Terra (-). Éste ten unha diferencia de potencial equivalente a 3.105 voltios • As treboadas cumplen unha laboura moi importante recargando o condensador terrestre.
  • 9. • C. As radiacións de onda corta fíltranse nas capas altas : Exosfera-Ionosfera. Afecta a Tª, posto que a absorción de este tipo de ondas polos gases presentes a incrementa salientablemente. • Os raios infravermellos e a luz visible consegue chegar a o solo da Terra. O ultravioleta se a capa de ozono é operativa (nas zonas polares existen buratos na capa de ozono)debe filtralos. • Se isto non fose así non poderían coñecerse as formas de vida actuais, xa que ao seren as radiacións de onda corta tan enerxéticas romperían as moléculas dos seres vivos.
  • 10. • Os meteoritos destrúense na mesosfera. Onde convértense en masas incandescentes debido ao rozamento coas partículas da capa, se disgregan e orixinan as coñecidas estrelas fugaces. • Fai 65 millóns de un anos un anaco de cometa ou de meteorito, duns 10 km de diámetro anos impactou sobre a superficie terrestre. Isto provocou o brusco cambio climático que como consecuencia (unha delas) a desaparición dos dinosaurios. Esta extinción, aconteceu entre os periodos Cretáceo e Terciario. De voltar a suceder, poderían alterarse novamente os ecosistemas terrestres e a vida sobre a Terra tal e como actualmente se coñece. http://www.xtec.es/recursos/astronom/craters/r3s.htm
  • 11. E. As auroras boreais fórmanse na Ionosfera nas zonas polares, producidas polo choque dos e- provintes da radiación solar contra as moléculas desta capa. Ampliación: Ocorren cando partículas cargadas (protóns e electróns) procedentes do Sol, son guiadas polo campo magnético da Terra e inciden na atmosfera preto dos polos. Cando esas partículas chocan cos átomos e moléculas de osíxeno e nitróxeno, que constitúen os compoñentes máis abundantes do aire, parte da enerxía da colisión excita eses átomos a niveis de enerxía tales que cando se desexcitan devolven esa enerxía en forma de luz visible
  • 12. • ExercicioNº3, páxina 194
  • 13. • O sistema superficie – atmosfera si que está en equilibio, pois 29%-29%= 0% • O sistema respecto ao espacio: • -30% (efecto albedo) + 66% (rad.onda longa atmosf) + 4% (rad. Onda longa terrest) =100%. Isto por tanto está equilibrado co 100% que vimos que obtiñamos nas entradas. • e) ¿Qué é o efecto albedo? • A reflexión da radiación solar ao incidir sobre o planeta. As superficies claras presentan maior albedo que as escuras: as nubes, o xeo e a neve son as superficies con maior albedo mentres que os bosques ou os océanos teñen un albedo inferior (Observar a figura inferior). A Terra ten un albedo de ao redor do 31,3% causado no seu maior parte polas nubes e os casquetes polares. • O albedo terrestre procede nun 22,5% das nubes e a difusión atmosférica, e un 8,8% da superficie terrestre. • A deforestación masiva afectaría ao albedo aumentando posto que as puperficies núas son máis claras comparativamente. Isto provocaría una diminución na Tª media terrestre xa que absorberíase menor radiación solar.
  • 14. Exercicio 4. páx 199. Altura GAS GVT Resultado 300 400 500 15 15 600 700 800 900 GAS= 1ºC/100m GVT=0,7ºC/100m Altura GAS GVT Resultado 300 400 500 15 15 600 700 800 900 GAS= 1ºC/100m GVT= 1,2ºC/100m
  • 15. Estabilidade atmosférica. GAS (0<GVT<1) Descende GVT Ascende GAS A masa de aire (GAS) ascenderá 900 ate os 500 m podendo haber condicións de inestabilidade aparecendo borrascas, a partir de esa altura teremos condicións de estabilidade e subsidencia. Os contaminantes ascenderán aye os 500 m favorecendo a dispersión atmosférica. 300 11 18
  • 16. Inestabilidade= GVT>GAS Exercicio Nº 4. A partir dos 500 m prodúcense ascensos de Ascende masas de aire (GAS) ate os 900 m. En superficie (ate GVT os 500 m) non hai Descende GAS movementos verticais GAS=1ºC, GVT=1,2ºC tendo un anticiclón que xenera un periodo de 900 estabilidade. Xa que os contaminantes non poden ascender dende a superficie, non haberá dispersión dos mesmos, o que pode acarrear unha acumulación perigosa dos mesmos. 300 11 18
  • 17. Exercicio Nº 5. • O GVT diminúe máis lentamente. É dicir que o GVT<GAS. • A masa de aire que ascende arrefíase máis rápido que a Tª exterior. Como consecuencia non poderá ascender máis. • Dase unha condición de estabilidade anticiclónica.
  • 18. • O aire exterior arrefríase máis rápido que a masa de aire interior, co cal pode ascender. • Polo tanto o GVT>GAS • Dase unha situación de inestabilidade atmosférica que pode orixinar unha borrasca.
  • 19. • Preto da superficie a GVT <0, se é negativa significa que hai unha inversión térmica. • Ascendendo en altura a GVT volta a ser positiva, situándose paralela á dereita do GAS, o que se traducirá nunha situación de estabilidade.
  • 20. • A inversión térmica vista no caso anterior xérase nunha altura maior. • Dende a superficie ate o punto onde se cortan as rectas , no tramo de inversión, teremos condicións de inestabilidade. • A partires do punto anteriormente citado darase estabilidade posto que xa non haberá máis movimentos ascendentes da masa de aire GAS.