Nome e ApelidosNº
As capas da Terra e a litosfera.
Codia: é a parte máis superficial (a "pel" da Terra). É onde ...
1ºeso. tema 8. rochas e minerais
1ºeso. tema 8. rochas e minerais
1ºeso. tema 8. rochas e minerais
1ºeso. tema 8. rochas e minerais
1ºeso. tema 8. rochas e minerais
Upcoming SlideShare
Loading in …5

1ºeso. tema 8. rochas e minerais

704 views
622 views

Published on

1º eso
Ciencias Naturais
Apuntamentos sobre os minerais e as rochas

Published in: Education, Technology
0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
• Be the first to comment

• Be the first to like this

No Downloads
Views
Total views
704
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
29
Actions
Shares
0
Downloads
11
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

1ºeso. tema 8. rochas e minerais

1. 1. Nome e ApelidosNº
As capas da Terra e a litosfera.
Codia: é a parte máis superficial (a "pel" da Terra). É onde vivimos nós, polo que é a capa que mellor coñecemos. Supoñemos que é a máis heteroxénea a pesar do seu escaso grosor. Ten un grosor medio de 30 km, aínda que varía entre un mínimo de 5 (dorsais oceánicas) e un máximo de 70 km (grandes cordilleiras). O límite entre a codia e a seguinte capa: o manto, coñécese como descontinuidade de Mohorovicic.
Manto: chega desde a codia ata unha profundidade de 2.900 km. É unha capa sólida, aínda que entre os 200 e os 800 km presenta certa plasticidade. Esta zona máis plástica coñécese como astenosfera e é considerada o motor interno da Terra. O límite no manto
Núcleo Externo: abrangue desde o límite co manto ata os 5.100 km de profundidade. É de carácter metálico e moi denso. Está formado por ferro, níquel e xofre. Debido ás condicións de presión e temperatura nesta zona, o núcleo externo encóntrase en estado líquido.
Núcleo Interno: ocupa a esfera central da Terra. Está formado por ferro e níquel. A presión que soporta é moi grande e a temperatura pode superar os 6.000 ºC. Atópase en estado sólido. É a capa máis densa da Terra.
Importante!!: A codia e a parte máis externa do manto superior forman a litosfera, é dicir, a capa máis ríxida do noso planeta e atópase “aboiando” sobre a astenosfera que está formada por rochas parcialmente fundidas e por tanto en estado plástico ou semisólido.
A litosfera atópase dividida en placas.
A Codia terrestre.
Hai dous tipos de codia claramente diferentes: a codia oceánica e a codia continental.
Codia Oceánica (O 65 % da superficie terrestre):
Composición: Formada por rochas volcánicas (basaltos) na superficie e plutónicas (gabros) na profundidade.
Espesor: A súa espesura varía entre 5 e 10 km.
Antigüidade: Non supera os 180 millóns de anos de antigüidade.
A superficie é moi homoxénea (chaira abisal). Alterada só polas grandes cordilleiras oceánicas (dorsais oceánicas) e polas fosas mariñas.
Codia Continental (35 % da superficie terrestre):
Composición: formada por rochas de todo tipo. Nas zonas máis profundas predominan as rochas metamórficas.
Espesor: 10-70 km. Pode chegar a espesuras de 70 km nas zonas das Grandes Cordilleiras como no Himalaia.
Antigüidade: Nos continentes podemos encontrar rochas de ¡máis de 3.800 millóns de anos de antigüidade!
A superficie é heteroxénea: vales, montañas, mesetas...
Os elementos abundantes na codia terrestre
Na codia podemos encontrar calquera elemento químico, pero predominan unha serie de elementos que aparecen en maior proporción como vemos no cadro de abaixo no que figuran os elementos máis abundantes e a súas porcentaxes aproximadas en peso.
Osíxeno46,6 %Silicio27,7 %Aluminio8,1 %Ferro5,0 %Calcio3,6 %Sodio2,8 %Potasio2,6 %Magnesio2,1 %
Estes elementos condicionan os minerais que podemos encontrar con maior frecuencia. Entre estes, o denominado grupo dos silicatos (seixo, feldespato, mica, arxila...) son os máis abundantes con diferenza.
Minerais e rochas
Se empregamos a palabra "pedra", podémonos referir a dous tipos de materiais: minerais ou rochas. Polo que é bastante impreciso empregar este termo.
A ciencia que estuda as rochas chámase petroloxía e os científicos que as estudan son os xeólogos.
Mineral: denominamos así un material da codia terrestre caracterizado pola súa composición química e a súa estrutura interna (como están ordenados os seus átomos). Os minerais son os compoñentes das rochas (a rocha granito está formada por minerais diferentes: seixo, ortosa, plaxioclasa e un ou dous tipos de mica).
Rocha: é un agregado de un ou varios minerais e é o material formado como consecuencia dun proceso xeolóxico concreto: volcáns, sedimentación nos ríos, transformacións doutras rochas, etc. As rochas soen estar compostas por diferentes minerais sendo o caso das rochas compostas. Tamén hai rochas formadas por un único mineral (a rocha calcaria só está formada polo mineral calcita, por exemplo) e chámanse rochas simples, pero non son tan frecuentes.
Os minerais
Son corpos sólidos inorgánicos que teñen un ha orixe natural, unha composición química definida e na súa maioría, unha estrutura cristalina ( os átomos están ordenados no espazo). Se a ordenación pódese ver a simple vista recibe o nome de cristal.
A cristalización é un proceso lento e que require espazo para que se cheguen a formar os cristais.
Os minerais están formados por un ou mais elementos químicos. Hai minerais formados por un único elemento como o ouro, prata, cobre, platino, azufre, diamante ou grafito.
Propiedades dos minerais
Os minerais teñen unha características que nos axudan a diferenciar uns doutros. Estas propiedades serán químicas, físicas, ópticas ou mecánicas, pero non te preocupes; faremos unha selección das máis utilizadas para identificalos:
Solubilidade:formación dunha disolución en auga, coma o xeso.
Radioactividade: emisión de partículas atómicas, coma a uraninita.
Densidade: relación entre masa e volume. Un exemplo de mineral moi denso é a baritina.
Forma: poden ser exteriormente amorfos (sen forma) ou con forma poliédrica ("cristalizados"), coma a halita.
Magnetismo: cando poden ser atraídos por un imán, coma a magnetita. Algúns exemplares de magnetita, ademais, poden actuar como imán natural.
Dureza: resistencia a ser raiado por outro mineral. O diamante é o máis duro, mentres que o talco é o máis brando.
Fraxilidade: facilidade para partirse. Fíxate en que o diamante, sendo o máis duro, é un dos máis fráxil.
Exfoliación: se se separan en láminas, coma as micas.
Maleabilidade ou plasticidade : facilidade para moldearse ou dobrarse, coma o ouro nativo.
Cor: depende da luz que reflicte cada mineral. Hai algúns minerais que, presentando unha cor exteriormente, se os raspas cunha superficie branca ( por exemplo sobre unha porcelana branca), deixan unha raia dunha cor diferente. Por exemplo, a pirita adoita ser amarela, mentres que a raia é negra.Brillo: particular forma de reflectir a luz. Pode ser metálico, coma a galena; graxento, coma o talco; leitoso, coma os feldespatos; vítreo, coma o seixo.
Propagación da luz: poden ser opacos, coma a pirita ou a magnetita; translúcidos, coma a aragonita ou a fluorita, e transparentes coma algúns cristais de calcita ou de halita.
Hai moitos minerais que, a simple vista, se nos presentan coma opacos, pero se facemos un corte microscópico deles podemos observar que son translúcidos. Esta característica fai que a observación de minerais ao microscopio sexa, hoxe en día, unha das formas máis fiables para identificalos.
4.2. Rochas
AS rochas fórmanse no denominado Ciclo xeolóxico das rochas. En fundión da súa formación ou xénese temos rochas sedimentarias, metamórficas e ígneas
4.2.1.As rochas sedimentarias.
Chámaselle sedimentación á acumulación de materiais sobre a superficie terrestre. Cando estes materiais se compactan e cementan, dan lugar ás rochas sedimentarias.
Hai diferentes rochas sedimentarias segundo en función da súa xénese (a súa formación):
4.2.1.A.Rochas detríticas: cando un axente xeolóxico (ríos, glaciares, vento, mar) perde enerxía, os materiais que transporta caen pola gravidade e acaban sedimentando en concas de sedimentación. A estes materiais chámaselles sedimentos e cando se compactan forman as rochas detríticas e clasifícanse segundo o tamaño dos sedimentos que as forman:
Tamaño do sedimentoTipo de sedimentoRocha detrítica> 2 mmgravasConglomerado2 mm - 1/16 mmareasAreisca< 1/16 mmarxilasLutitas

4.2.1.B. Rochas químicas: a acumulación de material sobre a superficie sumado ao produto dunha reacción química. Segundo o tipo de reacción fórmanse varios tipos de rochas:
Carbonatadas, coma as calcarias.
Silíceas, , coma o sílex.
Evaporíticas, coma o xeso ou o sal xema.
4.2.1.C. Rochas orgánicas: ás veces somos os propios seres vivos os que formamos rochas grazas á acumulación dos nosos restos. Hai dous grupos de rochas formadas por restos de seres vivos, ambas, ademais, con gran interese económico:
Petróleo: fórmase pola acumulación de plancto mariño (seres microscópicos que flotan no mar) no fondo dos océanos durante millóns de anos.
Carbóns: formados por restos vexetais acumulados en zonas continentais.
Ademais do carbón e do petróleo, a maioría das rochas carbonatadas teñen a súa orixe nos seres vivos. O carbonato non se disolve na auga de mar, polo que os animais mariños teñen as súas cunchas, valvas, exoesqueletes, etc.. deste material. Cando morren, estas partes duras caen ao fondo e forman as rochas carbonatadas, como a calcaria.
Se observas unha rocha calcaria verás que adoita ter fósiles. Se a miras ao microscopio vense multitude deles.
Os atois e os arrecifes de coral son illas formadas, exclusivamente, por colonias de seres vivos (os corais son animais invertebrados que viven unidos uns aos outros por un esqueleto externo de carbonato cálcico).
4.2.2.Rochas magmáticas ou ígneas.
Cando un magma chega á superficie terrestre, solidifícase e forma unhas rochas denominadas rochas magmáticas ou ígneas.
As rochas magmáticas fórmanse cando arrefría e solidifica o magma. Hainas de dúas clases: rochas volcánicas e rochas plutónicas, segundo o magma arrefríe rápida ou lentamente.
4.2.2.A. Rochas volcánicas. Se o magma que se orixina na zona do manto da terra encontra unha fenda que comunica coa superficie polo xeral sairá rapidamente e de forma violenta. Isto é o que chamamos un volcán. Cando este magma chega á superficie arrefece rapidamente e solidifícase. Os minerais que compoñen estas rochas non se distinguen uns doutros. O resultado é unha rocha homoxénea á que denominamos rocha volcánica, como o basalto.
4.2.2.B. Rochas plutónicas. Se non encontra unha saída, vaise abrindo paso lentamente entre as rochas da codia. O seu arrefriamento é lento, polo que os seus minerais se forman completamente. O resultado é unha rocha composta por minerais observables a simple vista, coma o granito.
4.2.3. Rochas metamórficas
Se unha rocha calquera é sometida a grandes presións, a grandes temperaturas, ou a ambas, os seus minerais transfórmanse, creándose unha nova rocha. A esta rocha chamámoslle rocha metamórfica, sempre que a rocha orixinal non se chegase a fundir, porque nese caso teríase formado un magma e a rocha orixinada sería magmática.
As distintas rochas metamórficas dependen do grao de temperatura e/ou presión alcanzados durante o proceso de metamorfismo.
Son varios os procesos:
a) O enterramento por outras rochas ao acumulárense rochas sedimentarias unhas enriba doutras.
b) O efecto da calor desprendida por un magma que ascende lentamente sobre as rochas do seu contorno.
c) Forzas compresivas que rompen os materiais.
d) Choques entre os grandes bloques da codia (placas tectónicas) que orixinan o levantamento de cordilleiras.
Isto dá lugar ao que se coñece como series metamórficas. Por exemplo, se partimos dunha rocha sedimentaria, coma a arxila, esta pódese transformar en diversas rochas, cada vez de maior "grao de metamorfismo": Arxila - Lousa - Xisto - Gneis
Ás veces, a rocha orixinal ten unhas características tan marcadas que condicionan a rocha que se formará a partir dela, coma o caso das calcarias, que por metamorfismo dan lugar ao mármore.
Metálicos: ademais dos elementos nativos, coma o ouro, a prata, o mercurio, o cobre, etc., son importantes a pirita (ferro), a galena (chumbo), o cinabrio (mercurio), a bauxita (aluminio)...
Importancia dos minerais e as Rochas
Non metálicos: xofre nativo, grafito, sepiolita (absorbente), xeso (para a construción), halita (sal común, para os alimentos), nitratos (para os solos agrícolas)...
Enerxéticos: uraninita (principal fonte de uranio para a produción de enerxía).
Xemas: diamante, berilo, topacio, malaquita, granates, ágatas, turquesa...
Rochas de interese económico ou industrial: areíscas e conglomerados para a construción, margas (unha arxila calcaria) para a fabricación do cemento, calcarias e sílex (para o balastro, que é a capa de pedra solta sobre a que se apoian os raís do tren)...
Rochas ornamentais: ademais da mármore utilízanse outras rochas coma o granito, basalto, rochas metamórficas, calcarias, etc.
- Rochas enerxéticas: basicamente o carbón e o petróleo.
Actividades:
Cales son as capas que forman a Terra?
É o mesmo a litosfera que a codia?
Cal é a capa que está embaixo da litosfera?
Que materiais compoñen a parte sólida da Terra?
Como se chama a zona de transición entre a codias e o manto?
Fai un cadro comparativo das características das codias continental e oceánica. ( no caderno)
Que relación existe entre as rochas e minerais?
Como diferenciamos unha rocha simple dunha complexa? Pon exemplos delas.
Todas as rochas están formadas por minerais?
Todas as rochas son corpos sólidos?
Cal pensas que é o elemento máis abundante no carbón e no petróleo?
Poderíamos dicir que a auga é un mineral?
coral emprégase moito en xoiería. Podemos consideralo un mineral?
Que grupo de minerais son os máis abondosos na codia terrestre?
Investiga qué zonas mineiras do noso país adícanse na actualidade á extracción de ferro.
Que mineral constitúe as rochas calizas?Cita unha rocha metamórfica derivada da caliza.
Que criterio de clasificación emprega un xeólogo para clasificar as rochas?
Por que algunhas rochas chámanse sedimentarias?
Cita 3 exemplos de rochas sedimentarias
Que é o magma?
Como se forman as rochas ígneas? Como se clasifican?
Unha rocha é sometida a fortes presións e temperaturas, nun momento dado, os minerais que a compoñen se funden e logo arrefrían posteriormente orixinando outra rocha diferente. Que rocha formouse? Ígnea ou metamórfica?