1ºeso. t.2. Os 3 estados da materia
Upcoming SlideShare
Loading in...5
×
 

1ºeso. t.2. Os 3 estados da materia

on

  • 1,069 views

1º ESO

1º ESO
Ciencias da Natureza.
Apuntamento por Xacobo de Toro para o alumnado do CPI COnde de Fenosa

Statistics

Views

Total Views
1,069
Views on SlideShare
738
Embed Views
331

Actions

Likes
0
Downloads
8
Comments
0

7 Embeds 331

http://cienciasnarede-1eso.blogspot.com 183
http://cienciasnarede-1eso.blogspot.com.es 127
http://compartindociencia.blogspot.com.es 10
http://www.cienciasnarede-1eso.blogspot.com 6
http://compartindociencia.blogspot.com 3
http://www.cienciasnarede-1eso.blogspot.com.es 1
http://translate.googleusercontent.com 1
More...

Accessibility

Categories

Upload Details

Uploaded via as Microsoft Word

Usage Rights

CC Attribution-ShareAlike LicenseCC Attribution-ShareAlike License

Report content

Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
  • Full Name Full Name Comment goes here.
    Are you sure you want to
    Your message goes here
    Processing…
Post Comment
Edit your comment

1ºeso. t.2. Os 3 estados da materia 1ºeso. t.2. Os 3 estados da materia Document Transcript

  • Tema 2. Os 3 estados da materiaDebes de subliñar a lapis o máis importante e poñer palabras claves e anotacións á dereita do textoDebes facer un esquema coas palabras clave marcadas e débelo presentar antes do exame.Elaborado por Xacobo de Toro e revisado por Luisa CorredoiraNome e Apelidos: Nº 1. Os 3 estados da materia. A materia na natureza preséntase de diferentes formas que son distintos estados nos quepodemos atopar a materia. Os 3 estados son: sólido, líquido, gasoso. Un exemplo é o ciclo da auga (H2O) que pode amosar 3 estados diferentes no planetaTerra. Na actividade “pensa e deduce” do libro, a pedra sólida mantén a forma, o volume e amasaaínda que a cambiemos de recipiente.O líquido cambia de forma cando o cambiamos derecipiente.O gas tende a ocupar todo o volume que pode e cambia a forma e o volume cando ocambiamos de recipiente. 2. Os 3 estados da materia. Os gases como o O2 (osíxeno) ou o CO2 (dióxido de carbono) permanecen en estadogasoso. Porén, a maioría dos minerais teñen estado sólido, aínda que ollo ¡hai algún en estadolíquido!, como é o caso de mercurio. Os sólidos caracterízanse por ter forma, masa e volume constantes.Os líquidos teñen aforma e o volume constantes pero a súa forma é variable. Os gases non teñen forma nin volumefixos, pero a súa masa si é constante. É característico dos gases a gran variación de volume queexperimentan cando cambian as condicións de temperatura e presión. 3. A materia está formada por partículas e teoría científica das partículas. Toda a materia está formada por partículas moi pequenas en continuo movemento. Estaspartículas son as moléculas e os átomos. As partículas son tan pequenas que non as poderiamosver nin co microscopio máis potente. Dependendo do grao de unión e da orde que teñan no espazoestas partículas determinarán os tres estados posibles da materia: sólido, líquido e gasoso. A teoría cinética das partículas comprende dúas leis fundamentais: A materia está formada por partículas. As partículas atópanse en continuo movemento. 4. A teoría cinética e os tres estados da materia. Tal e como explicamos no punto anterior dependendo da agrupación ou do unidas queestean unhas partículas ás outras temos diferentes graos de agregación ou estados da materia.
  • 4.1.Os sólidos están formados por partículas que están moi firmemente unidas entre si. Amasa, a forma e o volume son constantes. As partículas só poden moverse vibrando ou oscilandoarredor de posicións fixas. Ao aumentar a temperatura aumenta a vibración das partículas. As partículas dispóñense de forma ordenada, cunha regularidade espacial xeométrica, quedá lugar a redes cristalinas que, se son visibles a simple vista, forman cristais. Ex: sal de mesa. Os sólidos cuxas partículas non están ordenadas en redes cristalinas teñen unha estruturaamorfa ou vítrea. Ex: plásticos ou vidros. 4.2.Os líquidos están formados por unhas forzas de atracción menores que nos sólidos istopermítelles trasladarse con liberdade, xa que podendesprazarse unhas sobre as outras en grupos ecambiar de posición. Todo isto explica que non teñan forma fixa e adopten a forma do recipienteque os contén.Teñen volume e masa constante. Ao aumentar a temperatura aumenta a mobilidadedas partículas (a súa enerxía). 4.3.Os gases están formados por partículas que son moi pequenasque se moven de formadesordenada, con choques entre elas e contra as paredes do recipiente que oscontén ocupando todoo espazo dispoñible.Non teñen nin forma fixanin volume fixo. Isto explica: A expansión: prodúcese cando aumenta a distancia entre as súas partículaspara ocupar un volume maior. A compresión: é debida a diminución da distancia entre as súaspartículas para ocupar un volume menor. Se aumenta a temperatura as partículas móvense máis áprésa e chocan con máis enerxía contra as paredes do recipiente, polo que aumenta a presión. Os gases difúndense con facilidade polo que as súas partículas se dispersan e desprazanunhas sobre as outras, mesturándose moi rápido. Nota: repasa as animacións postas en clase dos estados da materia e que tedes no blog(etiqueta “animacións”). http://concurso.cnice.mec.es/cnice2005/93_iniciacion_interactiva_materia/curso/materiales/estados/cambios.htm 5. A temperatura e os estados da materia. A dilatación é o aumento de volume que experimentan os sólidos, líquidos e gases candose eleva a súa temperatura debido a que as partículas que os constitúen adquiren unha mobilidademaior e distáncianse entre si. A contracción é a diminución do volume que experimentan os sólidos, líquidos e gasescando descende a súa temperatura debido a que as partículas que os constitúen diminúen a súamobilidade e por conseguinte, a distancia entre elas. Os sólidos e os líquidos teñen un volume fixo cando a temperatura é constante pero se a Tªascende prodúcese dilatación: o volume aumenta xa que as partículas vibran máis e distáncianse,sen chegar a separarse. Se a Tª descende ocorre xustamente o contrario, a contracción e o volumediminúe debido a que a mobilidade das partículas é menor e a distancia entre elas redúcese. Os gases están formados por partículas en continuo movemento que chocan contra asparedes do recipiente que os contén. Os impactos exercen unha forza sobre a superficie dasparedes chamada presión. Os gases tamén experimentan fenómenos de compresión e dilatación. Se as paredes dorecipiente que contén un gas son flexibles ou elásticas e poden cambiar de volume, poderemos ver
  • estes fenómenos doadamente. Se as parades do recipiente son ríxidas, cando aumenta a Tª taménaumenta a presión exercida polo gas, posto que as partículas se moven máis á présa e chocandoentre elas e coas paredes con maior frecuencia e forza. 6. Cambios de estado. Un cambio de estado é unha modificación do estado de agregación da materia, é dicir, nadisposición das partículas que a constitúen, non no seu tipo (a substancia segue sendo a mesma).Ex: O xeo, a auga e o vapor de auga seguen sendo H2O, pero en diferentes estados. O paso de sólido a líquido denomínase fusión. A temperatura á que un sólido se funde epasa ao estado líquido chámase punto de fusión. O punto de fusión é diferente para cadasubstancia e cada substancia ten o seu propio punto de fusión. O P.Fda auga é de 0ºC, no que oxeo se converte en auga. O paso do estado líquido ao estado gasoso denomínase vaporización. Se a vaporización seproduce en toda a masa do líquido falamos de ebulición: toda a masa de líquido ten enerxía paraconverterse en gas e "escapa”; pero se se produce a calquera temperatura, lentamente e nasuperficie do líquido, recibe o nome de evaporación. A temperatura á que unha substancia ferve epasa de estado líquido a gasoso (vapor) denomínase punto de ebulición, e é diferente para cadasubstancia. No caso da auga, o punto de ebulición é de 100ºC O paso do estado gasoso ao estado líquido denomínase condensación ou licuación. Atemperatura á que un gas se condensa é a mesma que a temperatura de ebulición do líquido. Unexemplo son as pingas de auga sobre o espello do cuarto de baño cando te duchas, xa que o vaporde auga arrefría sobre os espello e se condensa. O paso de líquido a sólido denomínase solidificación. A temperatura á que un líquido sesolidifica é a mesma que a temperatura á cal ese líquido solidificado se funde. No caso da auga opunto de solidificación é de 0ºC. O paso do estado sólido ao gasoso, e viceversa, denomínase sublimación. Os cambios de estado reciben diferentes nomes, dependendo dos estados inicial e final. Oestado no que se presenta unha substancia depende das condicións nas que se atope, é dicir, nonexisten substancias sólidas, líquidas ou gasosas por natureza. Repasa atentamente os cambios de estado da animación posta en clase e os cambios deestado da auga.6.1. O volume, a masa e a densidade nos cambios de estado. O volume que ocupa unha substancia en estado gasoso é maior ca o que ocupa en estadolíquido, e este, a súa vez, é maior ca o que ocupa en estado sólido. A densidade que ten unha substancia en estado gasoso é menor ca en estado líquido, e esta,á súa vez é menor ca a que ten en estado sólido.