Networking profesional

789 views
709 views

Published on

redes sociais e networking profesional

0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total views
789
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
2
Actions
Shares
0
Downloads
7
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

Networking profesional

  1. 1. networking profesional
  2. 2. De que imos falar? • Redes Socias • Recapitulación da clase anterior • Networking Profesional
  3. 3. Que coñecemos das Redes Socias? • Social Media ou Web 2.0. • Principais Redes Sociais galegas. – Chuza, Latrica, Cabozo, Galego Lab. • Principais Redes Sociais. – Facebook, Twitter, Delicious, Xing, LinkedIN • A interrelación das Redes Sociais. – Blogs, feeds… • Profesións en auxe coas Redes Sociais. – Employer branding, Social Media Manager, community manager,…
  4. 4. Que coñecemos das Redes Sociais?
  5. 5. Networking Personal EXERCICIO: Ir ao buscador Google e escribir entre comiñas: A: nunha pestaña: “nome apelido1 apelido2” B: outra pestaña: “apelido1 apelido2 nome” Que información atopades sobre vós mesmos?
  6. 6. Networking Personal Que é Networking? O ‘networking’, defínese como o proceso voluntario polo cal, a través de intermediarios, un individuo ponse en contacto con outros que dispón de información ou de poder de decisión no concernente a un posto de traballo. É suficiente afondar nos traballos especializados en recursos humanos para convencerse da importancia do networking, da explotación e do mantemento dunha rede de contactos profesionais; esta rede é, en efecto, un aspecto esencial da procura de emprego, pois os anuncios só corresponden á parte visible do iceberg de postos vacantes.
  7. 7. Networking Personal Que é Networking? Nun contexto de penuria, as empresas, cada vez máis, ofrecen aos seus empregados unha prima de captación si aportan un contacto fructuoso para un perfil interesante. Sácalle partido a túa rede de contactos!
  8. 8. Networking Personal As claves do 'networking' profesional @rosauralastruey 1) Actuar con xenerosidade 2) Pensar estratéxicamente 3) Darse tempo 4) Convertelo nunha filosofía de vida 5) Ser proactivo
  9. 9. Networking Personal As claves do 'networking' profesional @rosauralastruey 6) Atopar o equilibrio perfecto 7) Dominar o arte da comunicación (verbal e non verbal). 8) Dispor dunha boa axenda de actividades 9) Aumentar o valor da nosa web 10)Reforzar con tecnoloxía
  10. 10. Networking Personal 1.- Actuar con xenerosidade Comece cando se comece, hai que facelo sempre "sementando“ e sen agardar nada a cambio, ou como os networkers din: "dar para recibir". Actuar por puro interese e amais baixo un punto de vista individual é unha estratexia posible, pero nada recomendable. Hai que lembrar que o mundo é moi pequeno -un pano :)- e aínda que este comportamento poida parecer que funciona, á larga verase que é totalmente contraproducente.
  11. 11. Networking Personal 2.- Pensar estratéxicamente Facer contactos é, ou parece, unha tarefa moi doada. Parece tan sinxelo como facer un clic co rato do noso ordenador. Pero facelo de xeito metódico e produtivo é bastante diferente. O traballo de rede sempre debe rexirse por un fio conductor chamado "estratexia" que, amais, debe ser persoal e intransferible. A creación desta estratexia debe basearse en: a) saber que teño (análise), b) preguntarse para que o quero (reflexión) c) planificar como o vou facer (obxectivos).
  12. 12. Networking Personal 3.- Darse tempo Hai que ter claro que os resultados non van ser inmediatos. Ou, cando menos, aqueles que se obtén a curto prazo (que, evidentemente, tamén os hai) só son a punta do iceberg dos que permiten que a rede empece a "funcionar soa". E cando pasa iso? Moi fácil, cando son os outros os que falan de ti e do bos que son os teus servizos ou cualidades profesionais. Iso só se consegue demostrando "o que se vale" e obtendo a confianza dos demais, que por certo, costa moito gañar e moi pouco perder.
  13. 13. Networking Personal 4.- Convertelo nunha filosofía de vida O bo network nunca pode prantexarse isto como unha actividade de carácter "extraescolar". Ao igual que as boas ideas non ten horario fixo, os bos contactos poden xurdir no momento ou situación menos pensada. Polo tanto, debe formar parte de nosa vida diaria. E para iso, o máis importante é entender que se require este "cambio de chip".
  14. 14. Networking Personal 5.- Ser proactivo Aínda que a algunhas persoas lles poida costar máis que a outras, é moi importante "deixar a timidez na casa". Se o que se coñece como "flor de parede", isto é, querer observar máis que ser observado non é unha postura atractiva nin produtiva. No traballo de rede hai que buscar, investir, localizar, explicar, coñecer, contactar e navegar. É dicir, crear e provocar continuamente novas situacións de network.
  15. 15. Networking Personal 6.- Atopar o equilibrio perfecto Non esquezamos que as redes de contactos ten un elemento básico: as persoas. Polo tanto, nunca se pode perder o contacto persoal, que amais é innato á persoa humana. É máis, o contacto virtual mellora exponencialmente tras un contacto presencial. Polo tanto, nin se pode facer todo o traballo de xeito virtual nin tampouco de maneira presencial. Hai que buscar e atopar o equilibrio perfecto.
  16. 16. Networking Personal 7.- Dominar o arte da comunicación (verbal e non verbal). Unha cosa que debemos ter clara é que os "demáis" non están aí para escoitarnos eternamente. É máis, a veces non fai nin falla. Os dez primeiros segundos de establecemento de contacto son suficientes para crearse "a impresión" que logo o rexirá todo. Hai que aprender a controlar tódolos aspectos comunicativos que nos rodean. A nivel verbal, por suposto, con presentacións concisas, diferentes e orixinais. E a nivel non verbal, a controlar todos aqueles aspectos que sen lugar a dubida inflúen.
  17. 17. Networking Personal 8.- Dispor dunha boa axenda de actividades Os eventos presenciais son unha fonte inestimable de obtención de novos contactos. Hai que ter claro que non se pode asistir a todos.E de feito, tampouco sería produtivo. Ter unha boa e completa axenda, con periodicidade mensual si se pode, que recolla as citas que mellor encaixen coa estratexia é realmente imprescindible para un correcto networking. Amais, unha boa axenda non se debe limitar aos eventos de network puro, senón que debe tamén contemplar eventos temáticos e sectoriais, así como outros que nos permitan mellorar as nosas habilidades comunicativas e personales.
  18. 18. Networking Personal 9.- Aumentar o valor da nosa web Sexa cal sexa o seu tamaño, hai que potenciar esa riqueza. E para facelo, o mellor é esforzarse en presentar os nosos contactos a terceiros. Estes non se poden ver unicamente como un tesouro persoal. Deste xeito, todos saímos gañando.
  19. 19. Networking Personal 10.- Reforzar con tecnoloxía Internet e as ferramentas tecnolóxicas que actualmente están a nosa disposición axúdanos a xestionar mellor o noso traballo de rede. Desde directorios profesionais virtuais a plataformas on- line específicas de network propias da Web 2.0, a súa utilización non só nos aforra tempo senón que sobre todo nos aporta posibilidades antes inexistentes. Iso si, estas ferramentas sempre deben ser vistas como un reforzo ou complemento e non como un substituto do contacto presencial.
  20. 20. Networking Personal Conclusión: os aspectos fundamentais para facer un bo networking son: -Coñecer as redes sociais máis utilizadas no ámbito territorial ou profesional ao que nos diriximos. -A intercomunicación entre as diferentes redes -Ter unha estratexia establecida

×