SlideShare a Scribd company logo
1 of 6
Download to read offline
Rosalía de Castro - Wikipedia, a enciclopedia libre                         http://gl.wikipedia.org/wiki/Rosal%C3%ADa_de_Castro




         Rosalía de Castro
         Na Galipedia, a wikipedia en galego.
                                                                                 Rosalía de Castro de Murgía
                Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Castro.

         Rosalía de Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro
         (Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 1837 — Padrón, 15 de
         xullo de 1885) é unha das mellores escritoras en lingua galega e
         unha das principais responsábeis do Rexurdimento galego
         decimonónico. O 17 de maio, Día das Letras Galegas é feriado por
         causa de ser a data de edición da súa obra Cantares Gallegos.



          Índice
                 1 Biografía
                       1.1 Nacemento
                       1.2 Infancia
                       1.3 Formación
                       1.4 Familia
                       1.5 Obras                                                   Retrato de Rosalía de Castro
                       1.6 Últimos anos e morte                             Nacemento: 24 de febreiro de 1837
                 2 Obra                                                                  Padrón      Galicia
                       2.1 En galego                                        Falecemento: 15 de xullo de 1885
                       2.2 En castelán                                                   Padrón
                 3 Galería de imaxes                                        Descrición: Retrato de Rosalía de
                 4 Referencias                                                           Castro
                 5 Véxase tamén
                       5.1 Bibliografía
                       5.2 Ligazóns externas



         Biografía
         Nacemento

         Rosalía de Castro naceu o 24 de febreiro de 1837 en Camiño Novo, un
         arrabal de Santiago de Compostela, sendo bautizada o mesmo día cos
         nomes de María Rosalía Rita. No rexistro do Hospital Real de Santiago
         de Compostela figura como filla de pais descoñecidos. A súa acta de
         bautizo rezaba[1]:




                                                                                         Casa de Rosalía en Padrón




1 de 6                                                                                                            13/12/2008 23:14
Rosalía de Castro - Wikipedia, a enciclopedia libre                            http://gl.wikipedia.org/wiki/Rosal%C3%ADa_de_Castro




                   En veinte y cuatro de febrero de mil ochocientos treinta y seis, María Francisca Martínez,
                vecina de San Juan del Campo, fue madrina de una niña que bauticé solemnemente y puse los
                santos óleos, llamándole MARÍA ROSALÍA RITA, hija de padres incógnitos, cuya niña
                llevó la madrina, y va sin número por no haber pasado a la Inclusa; y/ para/ que así conste, lo
                firmo. José Vicente Varela y Montero


         A súa nai, María Teresa de la Cruz de Castro, fidalga da casa grande de Arretén vida a menos[2] pertencente
         á linaxe dos Castro, de orixe castelá, pero establecida en Galicia dende a Idade Media (foron condes de
         Lemos nunha das súas ramas[1]), contaba con trinta e dous anos cando naceu[2]. O seu pai, don José
         Martínez Viojo, nado o 7 de febreiro de 1798 e de profesión crego, acababa de cumprir os trinta e nove anos
         cando naceu, debido á súa condición, non puido recoñecer nin lexitimar á súa filla, encargando o seu
         coidado ás súas irmás, polo que parece que si se interesou pola súa manutención[2].

         Infancia

         Despois do seu nacemento, foron as súas tías paternas
         Teresa e máis María Josefa e non a súa nai, quen se fixeron
         cargo dela na súa casa (chamada a dos Castro) na                      Yo tuve una dulce madre,
                                                                               concediéramela el cielo,
         parroquia de San Xoán de Ortoño, Ames[2]. O máis                      más tierna que la ternura,
         probable é que a nai non se fixera cargo de Rosalía debido            más ángel que mi ángel bueno.
         á súa condición de solteira, e, máis aínda, polo feito de ser
         crego o pai de Rosalía.                                               En su regazo amoroso,
                                                                               soñaba... ¡sueño quimérico!
         Trala estancia coas súas tías, Rosalía volveu vivir coa súa           dejar esta ingrata vida
         nai. Malia non saberse con exactitude a data do reencontre            al blando son de sus rezos.
         da nai e da filla, atopáronse testemuños nos que se indica
         foi na súa nenez cando se produciu. Nun rexistro do
         concello de Padro coa data do 17 de setembro de 1842[3],                     Fragmento Madre, Dulce Madre
         consta que reside naquela localidade Teresa de Castro, coa
         súa filla Rosalía e máis unha criada chamada María
         Martínez. No rexistro, Teresa aparece co estado civil de solteira e coa idade de trinta e seis anos (dato
         erróneo, xa que, segundo a data de nacemento do Libro de Bautizados de Iria Flavia, a nai de Rosalía nacera
         o 24 de novembro de 1804; polo que, en realidade, Teresa estaba a piques de cumprires os trinta e oito anos)
         e Rosalía coa idade de cinco anos e sete meses. Ao non existires máis datos ou testemuños, semella que a
         data do rexistro de Padrón correspóndese coa data na que nai e filla voltaron vivir xuntas[2].

         Formación

         Non se sabe exactamente cando se trasladaron a Compostela, pero si que en 1850 vivían nai e filla nesa
         cidade. Ali comeza a formarse en torno á Sociedad Económica de Amigos del País. En Santiago recibe
         formación musical, artística e literaria; participou nas actividades do Liceo de la Juventud, lugar de encontro
         dos intelectuais comprometidos co movemento provincialista. As súas correntes ideolóxicas, que
         impregnarán a obra de Rosalía, eran o socialismo e o republicanismo[4]. No liceo coincidiría con Eduardo
         Pondal, Aurelio Aguirre e Paz Novoa.




2 de 6                                                                                                            13/12/2008 23:14
Rosalía de Castro - Wikipedia, a enciclopedia libre                          http://gl.wikipedia.org/wiki/Rosal%C3%ADa_de_Castro



         Familia

         En 1856 trasladouse a Madrid, onde viviu cunha curmá. Comezou a
         publicar e, en 1858 casou con Manuel Murguía, investigador, cronista e
         xornalista. A vida do matrimonio fíxose itinerante debido ós cargos
         funcionariais de Murguía. En 1859 regresaron a Galiza, onde naceu
         Alejandra, a súa primeira filla; en 1861, de novo en Madrid, publicou obras
         en galego e castelán. Logo duns anos en Madrid, trasladáronse a Lugo, e
         despois voltaron a Madrid, onde naceu Aura; as actividades do seu home
         leváronos por diferentes lugares: Simancas, A Coruña, Compostela,
         Lestrove (residindo no Pazo de Hermida), Estremadura, Alacante... e
         mentres foron nacendo máis fillos: Aura, nada en decembro de 1868
         (morreu en 1942). Gala e Ovidio, xemelgos, naceron en xullo de 1871 (Gala
         morreu en 1964 e Ovidio en 1900), Amara, nada en xullo de 1873 (morreu          Manuel Murguía, o marido da
         en 1921), Adriano Honorato Alejandro, nado en marzo de 1875, (morreu en         escritora, foi quen lle publicou
         novembro de 1876 debido a unha caída) e Valentina, nada morte en                       Cantares gallegos
         febreiro de 1877[2].

         Obras

                                                       Rosalía de Castro escribiu tanto en prosa coma en verso,
                                                       empregando o galego e o castelán. A súa obra estivo
                    Adiós, ríos; adios, fontes;        profundamente marcada pola circunstancias que rodearon a
                    adios, regatos pequenos;           súa vida: coma a súa orixe, os problemas económicos, a perda
                    adios, vista dos meus ollos:
                                                       dos seus fillos e a súa fráxil saúde.
                    non sei cando nos veremos.

                    Miña terra, miña terra,             En 1863 foi publicado en Vigo o seu primeiro grande libro,
                    terra donde me eu criei,            quot;Cantares Gallegosquot;, publicado polo seu marido, Manuel
                    hortiña que quero tanto,            Murguía, quen xestionou, sen o permiso da súa muller, a saída
                    figueiriñas que prantei,            do prelo dun poemario que fixa o comezo dunha nova xeira
                                                        para a poesía galega e que, sen dúbida, é a base de todo o
                                                        rexurdimento literario e non literario da literatura galega.
                        Fragmento Cantares gallegos Cantares gallegos constitúe o primeiro libro escrito en
                                                        galego nunha época na que a lingua galega estaba extinta
                                                        coma lingua escrita. Moitos poemas do seu libro son glosas de
         cantigas populares, nelas Rosalía denuncia a miseria, a pobreza e a emigración masiva a que estaban
         obrigados os galegos, sen deixar de verte-los seus sentimentos e vivencias persoais.

         O 17 de maio daquel mesmo ano, de Castro asina a dedicatoria da obra pra Fernán Caballero (Cecilia Böhl
         de Faber y Larrea), sendo adoptada esa data co gallo do seu centenario, como Día das Letras Galegas
         (1963).

         En 1880 a escritora publicou unha escolma de poemas á que
         chamaría Follas Novas. Nun comezo o poemario concebiuse
         como unha continuación de Cantares gallegos: O 40% dos                  En todo estás e ti es todo
         poemas de Follas novas teñen afinidade co texto publicado en            pra min e en min mesma moras,
                                                                                 nin me abandonarás nunca,
         1863, mentres que o resto das composicións presentan un
                                                                                 sombra que sempre me asombras.
         diferente espírito poético motivado polo afastamento da terra,
         as desgrazas familiares e as doenzas físicas e morais. Estamos,
         xa que logo, ante unha poética que afonda nos sentimentos, na
         saudade e que ten frecuentemente, por horizonte, a fronteira            Fragmento do poema Negra Sombra
         do propio ser.                                                          Follas Novas




3 de 6                                                                                                           13/12/2008 23:14
Rosalía de Castro - Wikipedia, a enciclopedia libre                                 http://gl.wikipedia.org/wiki/Rosal%C3%ADa_de_Castro


         En castelán publicaría La flor (1857), A mi madre (1863) e En las orillas del Sar (1884) e a novela El
         caballero de las botas azules (1867) todas elas encravadas no movemento romántico.

         Últimos anos e morte

                                                              Rosalía botou os derradeiros anos da súa vida en Padrón,
                                                              onde a familia alugara a casa da Matanza, que despois se
                    Co seu xordo e costante mormorio          convertería en casa-museo. A morte do seu fillo máis novo
                    atráime o oleaxen dese mar bravío,        aos dous anos por mor dun accidente e a súa enfermidade
                    cal atrái das serenas o cantar.
                                                              amargáronlle os derradeiros anos. Morreu de cancro en
                    «Neste meu leito misterioso e frio
                    -dime-, ven brandamente a descansar».     1885, aos corenta e oito anos na súa casa de Padrón -a cal é
                    El namorado está de min... ¡o deño!       hoxe un museo-. Rosalía foi soterrada no camposanto da
                    i eu namorada del.                        Adina. Anos máis tarde, en 1891, os seus restos foron
                    Pois saldremos co empeño,                 trasladados ó actual Panteón de Galegos Ilustres, na igrexa
                    que si el me chama sin parar, eu teño     de San Domingos de Bonaval, en Santiago de Compostela.
                    unhas ansias mortáis de apousar nel.
                                                              Derradeiros momentos
                                                              de Rosalía por González
                    Fragmento de Follas Novas                 Besada[2][5].


                                                                  Recibiu con fervor os
                               Santos Sacramentos, recitando en voz baixa as súas
                               predilectas oracións. Encargou aos seus fillos
                               queimasen os traballos literarios que, reunidos e
                               ordeados por ela mesma, deixara sen publicar,                   Imaxe do escritorio da casa de
                                                                                              Padrón onde Rosalía escribía os
                               dispuxo ser soterrada no cemiterio de Adina, e                          seus poemas
                               pedindo un ramo de pensamentos, a flor da súa
                               predileción, non ben foille achegada aos beizos sufriu
                               un afogo que foi o comezo da súa agonía. Delirante, e nubrada a vista, díxolle á súa
                               filla Alejandra: 'Abre esa fiestra, que quero ver o mar', e pechando os seus ollos pra
                               sempre, expirou.



         Obra
         En galego

                1863 (poesía) Cantares gallegos
                1880 (poesía) Follas novas
                1864 (prosa) Contos da miña terra I (posteriormente divulgado co nome de Conto gallego)

         En castelán

                1857 (poesía) La Flor
                1859 (prosa) La hija del mar
                1861 (prosa) Flavio
                1863 (poesía) A mi madre
                1863 (prosa) El cadiceño
                1866 (prosa) Ruinas
                1866 (prosa) Las literatas
                1867 (prosa) El caballero de las botas azules
                1881 (prosa) El primer loco


4 de 6                                                                                                                 13/12/2008 23:14
Rosalía de Castro - Wikipedia, a enciclopedia libre                                         http://gl.wikipedia.org/wiki/Rosal%C3%ADa_de_Castro


                1881 (prosa) El domingo de Ramos
                1881 (prosa) Padrón y las inundaciones
                1884 (poesía) En las orillas del Sar

         Galería de imaxes




           Estatua de Rosalía no         Rosalía no Paseo da           Detale de Rosalía no           Monumento a Rosalía
           Paseo da Ferradura en         Ferradura en Santiago         Parque Independencia           no Parque
           Santiago                                                    en Rosario, Arxentina          Independencia en
                                                                                                      Rosario, Arxentina




           Estatua de Rosalía de         Casa museo de Rosalía         Fotografía de Rosalía          Escultura de Rosalía en
           Castro, Praza Galicia,        en Padrón                     de Castro                      Ferrol
           Montevideo, Uruguai



         Referencias
             1. ↑ 1.0 1.1 Rosalía de Castro (1837-1885) (http://www.galespa.com.ar/rosaliadecastro.htm) .
             2. ↑ 2.0 2.1 2.2 2.3 2.4 2.5 2.6 Biografía cervantesvirtual.com (http://www.cervantesvirtual.com/bib_autor/rosaliadecastro
                /pcuartonivel.jsp?conten=autor)
             3. ↑ Dado a coñecer por Manuel Pérez Grueiro (Véxase Andrés Pociña / Aurora López, Rosalía de Castro Estudios sobre su vida y su
                obra, p. 24).
             4. ↑ 1963 Rosalía de Castro (http://17demaio.org/diasdasletras/ano.php?txt=ano_1963) .
             5. ↑ Traducción ao galego


         Véxase tamén
         Bibliografía

                Un importante documento para a biografía de Rosalía de Castro, Victoria Álvarez Ruiz de Ojeda.
                Grial 136, páx. 479-501, 1997.
                Sobre as orixes de Rosalía de Castro: a inclusa de Santiago de Compostela e o caso de Josefa
                Laureana de Castro , Victoria Álvarez Ruiz de Ojeda. A Trabe de Ouro, 39, 1999.


5 de 6                                                                                                                             13/12/2008 23:14
Rosalía de Castro - Wikipedia, a enciclopedia libre                             http://gl.wikipedia.org/wiki/Rosal%C3%ADa_de_Castro



         Ligazóns externas

                Fundación Rosalía de Castro (http://www.rosaliadecastro.org/) .
                galiciaparaelmundo.com (http://www1.galiciaparaelmundo.com/asp/museos/018cmrosaliacast.asp) ,
                ten unha páxina que fai referencia ó museo da Casa da Matanza.
                Muga (sistema galego de museos) (http://www.museosdegalicia.com
                /muga/plantilla.jsp?num_provincia=null&num_museo=5&num_clasi=null) , páxina sobre a Casa
                Museo Rosalía de Castro.
                Follas novas (http://www.realacademiagalega.org/RAGBibVir/GetPagesByWork.do?id=Fono%20%20
                %20%201&format=0) e Cantares gallegos (http://www.realacademiagalega.org/RAGBibVir
                /GetPagesByWork.do?id=CaGa%20%20%20%201&format=0) .

         Traído desde quot;http://gl.wikipedia.org/wiki/Rosal%C3%ADa_de_Castroquot;
         Categorías: Escritores en lingua galega | Escritores en lingua castelá | Día das Letras Galegas | Escritores de
         España | Escritores de Galicia | Escritores románticos | Poesía

                A última modificación desta páxina foi o 26 novembro 2008 ás 18:24.
                Todo o texto está dispoñíbel baixo os termos da Licenza de documentación libre GNU (véxase
                Copyrights para máis detalles).
                Wikipedia® é unha marca rexistrada da organización sen ánimo de lucro Wikimedia Foundation, Inc.




6 de 6                                                                                                             13/12/2008 23:14

More Related Content

What's hot

Manuel María
Manuel MaríaManuel María
Manuel MaríaXenza
 
Rosalia de Castro
Rosalia de CastroRosalia de Castro
Rosalia de CastroFiz
 
Nuevo presentación de microsoft power point
Nuevo presentación de microsoft power pointNuevo presentación de microsoft power point
Nuevo presentación de microsoft power pointDeni-sa
 
Boletín abril 2011
Boletín abril 2011Boletín abril 2011
Boletín abril 2011martafp
 
Rosalia 2013
Rosalia 2013Rosalia 2013
Rosalia 2013capranta
 
Os ecos da Rosalía
Os ecos da RosalíaOs ecos da Rosalía
Os ecos da RosalíaLoisperez
 
A literatura medieval
A literatura medievalA literatura medieval
A literatura medievalanagagon
 
Biografía de Rosalía de Castro
Biografía de Rosalía de CastroBiografía de Rosalía de Castro
Biografía de Rosalía de Castroceipvilaxoan
 
Rosalia de Castro
Rosalia de CastroRosalia de Castro
Rosalia de CastroDeni-sa
 
Rosalia de castro (pedro) copia
Rosalia de castro (pedro)   copia Rosalia de castro (pedro)   copia
Rosalia de castro (pedro) copia pedrito25fernandez
 
CASE UNHA LENDA: MARÍA DE LA CONCEPCIÓN JESUSA LUISA PETRA VICENTA DEL ARENAL...
CASE UNHA LENDA: MARÍA DE LA CONCEPCIÓN JESUSA LUISA PETRA VICENTA DEL ARENAL...CASE UNHA LENDA: MARÍA DE LA CONCEPCIÓN JESUSA LUISA PETRA VICENTA DEL ARENAL...
CASE UNHA LENDA: MARÍA DE LA CONCEPCIÓN JESUSA LUISA PETRA VICENTA DEL ARENAL...Xelvira
 
Curros EnríQuez
Curros EnríQuezCurros EnríQuez
Curros EnríQuezxanela
 
Literatura medieval
Literatura medieval Literatura medieval
Literatura medieval Marlou
 

What's hot (20)

Manuel María
Manuel MaríaManuel María
Manuel María
 
Rosalia de Castro
Rosalia de CastroRosalia de Castro
Rosalia de Castro
 
Rosalia13
Rosalia13Rosalia13
Rosalia13
 
Nuevo presentación de microsoft power point
Nuevo presentación de microsoft power pointNuevo presentación de microsoft power point
Nuevo presentación de microsoft power point
 
Boletín abril 2011
Boletín abril 2011Boletín abril 2011
Boletín abril 2011
 
Rosalía de Castro
Rosalía de CastroRosalía de Castro
Rosalía de Castro
 
Mulleres
MulleresMulleres
Mulleres
 
Rosalia 2013
Rosalia 2013Rosalia 2013
Rosalia 2013
 
Os ecos da Rosalía
Os ecos da RosalíaOs ecos da Rosalía
Os ecos da Rosalía
 
A literatura medieval
A literatura medievalA literatura medieval
A literatura medieval
 
Biografía de Rosalía de Castro
Biografía de Rosalía de CastroBiografía de Rosalía de Castro
Biografía de Rosalía de Castro
 
Rosalia de Castro
Rosalia de CastroRosalia de Castro
Rosalia de Castro
 
Rosalia de castro (pedro) copia
Rosalia de castro (pedro)   copia Rosalia de castro (pedro)   copia
Rosalia de castro (pedro) copia
 
CASE UNHA LENDA: MARÍA DE LA CONCEPCIÓN JESUSA LUISA PETRA VICENTA DEL ARENAL...
CASE UNHA LENDA: MARÍA DE LA CONCEPCIÓN JESUSA LUISA PETRA VICENTA DEL ARENAL...CASE UNHA LENDA: MARÍA DE LA CONCEPCIÓN JESUSA LUISA PETRA VICENTA DEL ARENAL...
CASE UNHA LENDA: MARÍA DE LA CONCEPCIÓN JESUSA LUISA PETRA VICENTA DEL ARENAL...
 
Curros EnríQuez
Curros EnríQuezCurros EnríQuez
Curros EnríQuez
 
Literatura medieval
Literatura medieval Literatura medieval
Literatura medieval
 
Resumen
ResumenResumen
Resumen
 
Francisco Pillado
Francisco PilladoFrancisco Pillado
Francisco Pillado
 
Letrasfinal
LetrasfinalLetrasfinal
Letrasfinal
 
Rosalia de Castro
Rosalia de CastroRosalia de Castro
Rosalia de Castro
 

Viewers also liked

Presentación asignatura cgc 2011
Presentación asignatura cgc   2011Presentación asignatura cgc   2011
Presentación asignatura cgc 2011Illich Gálvez
 
Une Autre vision de l'innovation, Juin 2013 ( Pôle de compétitivité Vitagora)
Une Autre vision de l'innovation, Juin 2013 ( Pôle de compétitivité Vitagora)Une Autre vision de l'innovation, Juin 2013 ( Pôle de compétitivité Vitagora)
Une Autre vision de l'innovation, Juin 2013 ( Pôle de compétitivité Vitagora)Obalys
 
Programa de la Feria Tlaxcala 2010
Programa de la Feria Tlaxcala 2010Programa de la Feria Tlaxcala 2010
Programa de la Feria Tlaxcala 2010renelc
 
Seguridad informática
Seguridad informáticaSeguridad informática
Seguridad informáticaelena valiente
 
Les Conséquences d'un impact météoritique
Les Conséquences d'un impact météoritiqueLes Conséquences d'un impact météoritique
Les Conséquences d'un impact météoritiqueSIFFRAY DANIEL
 
Les Activités Habituelles. Irene Poveda 2ºIC
Les Activités Habituelles. Irene Poveda 2ºICLes Activités Habituelles. Irene Poveda 2ºIC
Les Activités Habituelles. Irene Poveda 2ºICasola
 
5ºdomingo ordinario ciclo A
5ºdomingo ordinario ciclo A5ºdomingo ordinario ciclo A
5ºdomingo ordinario ciclo Aeducarconjesus
 
Propuesta Programa Cuadrienio 2010 13
Propuesta Programa Cuadrienio 2010 13Propuesta Programa Cuadrienio 2010 13
Propuesta Programa Cuadrienio 2010 13Luis Cortes
 
Nicolas Absalon - Analyse video et performances
Nicolas Absalon - Analyse video et performancesNicolas Absalon - Analyse video et performances
Nicolas Absalon - Analyse video et performancesCREPS de Montpellier
 
Conference EBG du 19 novembre 2013 : Presentation conjointe AT Internet Media...
Conference EBG du 19 novembre 2013 : Presentation conjointe AT Internet Media...Conference EBG du 19 novembre 2013 : Presentation conjointe AT Internet Media...
Conference EBG du 19 novembre 2013 : Presentation conjointe AT Internet Media...AT Internet
 
7. Druetz, recours aux soins des enfants fébriles
7. Druetz, recours aux soins des enfants fébriles7. Druetz, recours aux soins des enfants fébriles
7. Druetz, recours aux soins des enfants fébrilessantepub
 
Los Angeles : coup d'oeil rapide sur l'usage des photos
Los Angeles : coup d'oeil rapide sur l'usage des photosLos Angeles : coup d'oeil rapide sur l'usage des photos
Los Angeles : coup d'oeil rapide sur l'usage des photosMichel ARNAUD
 

Viewers also liked (20)

Etude eco
Etude ecoEtude eco
Etude eco
 
Silvia
SilviaSilvia
Silvia
 
Presentación asignatura cgc 2011
Presentación asignatura cgc   2011Presentación asignatura cgc   2011
Presentación asignatura cgc 2011
 
Ofertasempleoabril
OfertasempleoabrilOfertasempleoabril
Ofertasempleoabril
 
Une Autre vision de l'innovation, Juin 2013 ( Pôle de compétitivité Vitagora)
Une Autre vision de l'innovation, Juin 2013 ( Pôle de compétitivité Vitagora)Une Autre vision de l'innovation, Juin 2013 ( Pôle de compétitivité Vitagora)
Une Autre vision de l'innovation, Juin 2013 ( Pôle de compétitivité Vitagora)
 
Programa de la Feria Tlaxcala 2010
Programa de la Feria Tlaxcala 2010Programa de la Feria Tlaxcala 2010
Programa de la Feria Tlaxcala 2010
 
Seguridad informática
Seguridad informáticaSeguridad informática
Seguridad informática
 
Les Conséquences d'un impact météoritique
Les Conséquences d'un impact météoritiqueLes Conséquences d'un impact météoritique
Les Conséquences d'un impact météoritique
 
Les Activités Habituelles. Irene Poveda 2ºIC
Les Activités Habituelles. Irene Poveda 2ºICLes Activités Habituelles. Irene Poveda 2ºIC
Les Activités Habituelles. Irene Poveda 2ºIC
 
Livre de recettes
Livre de recettesLivre de recettes
Livre de recettes
 
5ºdomingo ordinario ciclo A
5ºdomingo ordinario ciclo A5ºdomingo ordinario ciclo A
5ºdomingo ordinario ciclo A
 
Depliant logement etudiant
Depliant logement etudiantDepliant logement etudiant
Depliant logement etudiant
 
Linux y unix
Linux y unixLinux y unix
Linux y unix
 
Ppt1
Ppt1Ppt1
Ppt1
 
Propuesta Programa Cuadrienio 2010 13
Propuesta Programa Cuadrienio 2010 13Propuesta Programa Cuadrienio 2010 13
Propuesta Programa Cuadrienio 2010 13
 
Nicolas Absalon - Analyse video et performances
Nicolas Absalon - Analyse video et performancesNicolas Absalon - Analyse video et performances
Nicolas Absalon - Analyse video et performances
 
Économie sociale et Logement Abordable
 Économie sociale et Logement Abordable Économie sociale et Logement Abordable
Économie sociale et Logement Abordable
 
Conference EBG du 19 novembre 2013 : Presentation conjointe AT Internet Media...
Conference EBG du 19 novembre 2013 : Presentation conjointe AT Internet Media...Conference EBG du 19 novembre 2013 : Presentation conjointe AT Internet Media...
Conference EBG du 19 novembre 2013 : Presentation conjointe AT Internet Media...
 
7. Druetz, recours aux soins des enfants fébriles
7. Druetz, recours aux soins des enfants fébriles7. Druetz, recours aux soins des enfants fébriles
7. Druetz, recours aux soins des enfants fébriles
 
Los Angeles : coup d'oeil rapide sur l'usage des photos
Los Angeles : coup d'oeil rapide sur l'usage des photosLos Angeles : coup d'oeil rapide sur l'usage des photos
Los Angeles : coup d'oeil rapide sur l'usage des photos
 

Similar to Rosaliadecastro (20)

Rosalía
RosalíaRosalía
Rosalía
 
Casa Museo Rosalía de Castro
Casa Museo Rosalía de CastroCasa Museo Rosalía de Castro
Casa Museo Rosalía de Castro
 
Rosalia de Castro
Rosalia de Castro Rosalia de Castro
Rosalia de Castro
 
Investigación sobre rosalía de castro
Investigación sobre rosalía de castroInvestigación sobre rosalía de castro
Investigación sobre rosalía de castro
 
Rosalía de castro
Rosalía de castroRosalía de castro
Rosalía de castro
 
Rosalía de castro Erick
Rosalía de castro ErickRosalía de castro Erick
Rosalía de castro Erick
 
Rosalía de Castro
Rosalía de CastroRosalía de Castro
Rosalía de Castro
 
Rosalia
RosaliaRosalia
Rosalia
 
Rosalia de castro
Rosalia de castroRosalia de castro
Rosalia de castro
 
Rosalía
RosalíaRosalía
Rosalía
 
Rosalía de Castro
Rosalía de CastroRosalía de Castro
Rosalía de Castro
 
Negra Sombra-Teresa e Ahinoa
Negra Sombra-Teresa e AhinoaNegra Sombra-Teresa e Ahinoa
Negra Sombra-Teresa e Ahinoa
 
Curros
CurrosCurros
Curros
 
Ramón Cabanillas
Ramón CabanillasRamón Cabanillas
Ramón Cabanillas
 
Rosalia 1
Rosalia 1Rosalia 1
Rosalia 1
 
Rosalía de castro
Rosalía de castroRosalía de castro
Rosalía de castro
 
Rosalía de castro yago gómez
Rosalía de castro   yago gómezRosalía de castro   yago gómez
Rosalía de castro yago gómez
 
Roteiro rosaliano en Compostela
Roteiro rosaliano en CompostelaRoteiro rosaliano en Compostela
Roteiro rosaliano en Compostela
 
Rosalía de castro
Rosalía de castroRosalía de castro
Rosalía de castro
 
Rosalía de castro 2
Rosalía de castro 2Rosalía de castro 2
Rosalía de castro 2
 

Rosaliadecastro

  • 1. Rosalía de Castro - Wikipedia, a enciclopedia libre http://gl.wikipedia.org/wiki/Rosal%C3%ADa_de_Castro Rosalía de Castro Na Galipedia, a wikipedia en galego. Rosalía de Castro de Murgía Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Castro. Rosalía de Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro (Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 1837 — Padrón, 15 de xullo de 1885) é unha das mellores escritoras en lingua galega e unha das principais responsábeis do Rexurdimento galego decimonónico. O 17 de maio, Día das Letras Galegas é feriado por causa de ser a data de edición da súa obra Cantares Gallegos. Índice 1 Biografía 1.1 Nacemento 1.2 Infancia 1.3 Formación 1.4 Familia 1.5 Obras Retrato de Rosalía de Castro 1.6 Últimos anos e morte Nacemento: 24 de febreiro de 1837 2 Obra Padrón Galicia 2.1 En galego Falecemento: 15 de xullo de 1885 2.2 En castelán Padrón 3 Galería de imaxes Descrición: Retrato de Rosalía de 4 Referencias Castro 5 Véxase tamén 5.1 Bibliografía 5.2 Ligazóns externas Biografía Nacemento Rosalía de Castro naceu o 24 de febreiro de 1837 en Camiño Novo, un arrabal de Santiago de Compostela, sendo bautizada o mesmo día cos nomes de María Rosalía Rita. No rexistro do Hospital Real de Santiago de Compostela figura como filla de pais descoñecidos. A súa acta de bautizo rezaba[1]: Casa de Rosalía en Padrón 1 de 6 13/12/2008 23:14
  • 2. Rosalía de Castro - Wikipedia, a enciclopedia libre http://gl.wikipedia.org/wiki/Rosal%C3%ADa_de_Castro En veinte y cuatro de febrero de mil ochocientos treinta y seis, María Francisca Martínez, vecina de San Juan del Campo, fue madrina de una niña que bauticé solemnemente y puse los santos óleos, llamándole MARÍA ROSALÍA RITA, hija de padres incógnitos, cuya niña llevó la madrina, y va sin número por no haber pasado a la Inclusa; y/ para/ que así conste, lo firmo. José Vicente Varela y Montero A súa nai, María Teresa de la Cruz de Castro, fidalga da casa grande de Arretén vida a menos[2] pertencente á linaxe dos Castro, de orixe castelá, pero establecida en Galicia dende a Idade Media (foron condes de Lemos nunha das súas ramas[1]), contaba con trinta e dous anos cando naceu[2]. O seu pai, don José Martínez Viojo, nado o 7 de febreiro de 1798 e de profesión crego, acababa de cumprir os trinta e nove anos cando naceu, debido á súa condición, non puido recoñecer nin lexitimar á súa filla, encargando o seu coidado ás súas irmás, polo que parece que si se interesou pola súa manutención[2]. Infancia Despois do seu nacemento, foron as súas tías paternas Teresa e máis María Josefa e non a súa nai, quen se fixeron cargo dela na súa casa (chamada a dos Castro) na Yo tuve una dulce madre, concediéramela el cielo, parroquia de San Xoán de Ortoño, Ames[2]. O máis más tierna que la ternura, probable é que a nai non se fixera cargo de Rosalía debido más ángel que mi ángel bueno. á súa condición de solteira, e, máis aínda, polo feito de ser crego o pai de Rosalía. En su regazo amoroso, soñaba... ¡sueño quimérico! Trala estancia coas súas tías, Rosalía volveu vivir coa súa dejar esta ingrata vida nai. Malia non saberse con exactitude a data do reencontre al blando son de sus rezos. da nai e da filla, atopáronse testemuños nos que se indica foi na súa nenez cando se produciu. Nun rexistro do concello de Padro coa data do 17 de setembro de 1842[3], Fragmento Madre, Dulce Madre consta que reside naquela localidade Teresa de Castro, coa súa filla Rosalía e máis unha criada chamada María Martínez. No rexistro, Teresa aparece co estado civil de solteira e coa idade de trinta e seis anos (dato erróneo, xa que, segundo a data de nacemento do Libro de Bautizados de Iria Flavia, a nai de Rosalía nacera o 24 de novembro de 1804; polo que, en realidade, Teresa estaba a piques de cumprires os trinta e oito anos) e Rosalía coa idade de cinco anos e sete meses. Ao non existires máis datos ou testemuños, semella que a data do rexistro de Padrón correspóndese coa data na que nai e filla voltaron vivir xuntas[2]. Formación Non se sabe exactamente cando se trasladaron a Compostela, pero si que en 1850 vivían nai e filla nesa cidade. Ali comeza a formarse en torno á Sociedad Económica de Amigos del País. En Santiago recibe formación musical, artística e literaria; participou nas actividades do Liceo de la Juventud, lugar de encontro dos intelectuais comprometidos co movemento provincialista. As súas correntes ideolóxicas, que impregnarán a obra de Rosalía, eran o socialismo e o republicanismo[4]. No liceo coincidiría con Eduardo Pondal, Aurelio Aguirre e Paz Novoa. 2 de 6 13/12/2008 23:14
  • 3. Rosalía de Castro - Wikipedia, a enciclopedia libre http://gl.wikipedia.org/wiki/Rosal%C3%ADa_de_Castro Familia En 1856 trasladouse a Madrid, onde viviu cunha curmá. Comezou a publicar e, en 1858 casou con Manuel Murguía, investigador, cronista e xornalista. A vida do matrimonio fíxose itinerante debido ós cargos funcionariais de Murguía. En 1859 regresaron a Galiza, onde naceu Alejandra, a súa primeira filla; en 1861, de novo en Madrid, publicou obras en galego e castelán. Logo duns anos en Madrid, trasladáronse a Lugo, e despois voltaron a Madrid, onde naceu Aura; as actividades do seu home leváronos por diferentes lugares: Simancas, A Coruña, Compostela, Lestrove (residindo no Pazo de Hermida), Estremadura, Alacante... e mentres foron nacendo máis fillos: Aura, nada en decembro de 1868 (morreu en 1942). Gala e Ovidio, xemelgos, naceron en xullo de 1871 (Gala morreu en 1964 e Ovidio en 1900), Amara, nada en xullo de 1873 (morreu Manuel Murguía, o marido da en 1921), Adriano Honorato Alejandro, nado en marzo de 1875, (morreu en escritora, foi quen lle publicou novembro de 1876 debido a unha caída) e Valentina, nada morte en Cantares gallegos febreiro de 1877[2]. Obras Rosalía de Castro escribiu tanto en prosa coma en verso, empregando o galego e o castelán. A súa obra estivo Adiós, ríos; adios, fontes; profundamente marcada pola circunstancias que rodearon a adios, regatos pequenos; súa vida: coma a súa orixe, os problemas económicos, a perda adios, vista dos meus ollos: dos seus fillos e a súa fráxil saúde. non sei cando nos veremos. Miña terra, miña terra, En 1863 foi publicado en Vigo o seu primeiro grande libro, terra donde me eu criei, quot;Cantares Gallegosquot;, publicado polo seu marido, Manuel hortiña que quero tanto, Murguía, quen xestionou, sen o permiso da súa muller, a saída figueiriñas que prantei, do prelo dun poemario que fixa o comezo dunha nova xeira para a poesía galega e que, sen dúbida, é a base de todo o rexurdimento literario e non literario da literatura galega. Fragmento Cantares gallegos Cantares gallegos constitúe o primeiro libro escrito en galego nunha época na que a lingua galega estaba extinta coma lingua escrita. Moitos poemas do seu libro son glosas de cantigas populares, nelas Rosalía denuncia a miseria, a pobreza e a emigración masiva a que estaban obrigados os galegos, sen deixar de verte-los seus sentimentos e vivencias persoais. O 17 de maio daquel mesmo ano, de Castro asina a dedicatoria da obra pra Fernán Caballero (Cecilia Böhl de Faber y Larrea), sendo adoptada esa data co gallo do seu centenario, como Día das Letras Galegas (1963). En 1880 a escritora publicou unha escolma de poemas á que chamaría Follas Novas. Nun comezo o poemario concebiuse como unha continuación de Cantares gallegos: O 40% dos En todo estás e ti es todo poemas de Follas novas teñen afinidade co texto publicado en pra min e en min mesma moras, nin me abandonarás nunca, 1863, mentres que o resto das composicións presentan un sombra que sempre me asombras. diferente espírito poético motivado polo afastamento da terra, as desgrazas familiares e as doenzas físicas e morais. Estamos, xa que logo, ante unha poética que afonda nos sentimentos, na saudade e que ten frecuentemente, por horizonte, a fronteira Fragmento do poema Negra Sombra do propio ser. Follas Novas 3 de 6 13/12/2008 23:14
  • 4. Rosalía de Castro - Wikipedia, a enciclopedia libre http://gl.wikipedia.org/wiki/Rosal%C3%ADa_de_Castro En castelán publicaría La flor (1857), A mi madre (1863) e En las orillas del Sar (1884) e a novela El caballero de las botas azules (1867) todas elas encravadas no movemento romántico. Últimos anos e morte Rosalía botou os derradeiros anos da súa vida en Padrón, onde a familia alugara a casa da Matanza, que despois se Co seu xordo e costante mormorio convertería en casa-museo. A morte do seu fillo máis novo atráime o oleaxen dese mar bravío, aos dous anos por mor dun accidente e a súa enfermidade cal atrái das serenas o cantar. amargáronlle os derradeiros anos. Morreu de cancro en «Neste meu leito misterioso e frio -dime-, ven brandamente a descansar». 1885, aos corenta e oito anos na súa casa de Padrón -a cal é El namorado está de min... ¡o deño! hoxe un museo-. Rosalía foi soterrada no camposanto da i eu namorada del. Adina. Anos máis tarde, en 1891, os seus restos foron Pois saldremos co empeño, trasladados ó actual Panteón de Galegos Ilustres, na igrexa que si el me chama sin parar, eu teño de San Domingos de Bonaval, en Santiago de Compostela. unhas ansias mortáis de apousar nel. Derradeiros momentos de Rosalía por González Fragmento de Follas Novas Besada[2][5]. Recibiu con fervor os Santos Sacramentos, recitando en voz baixa as súas predilectas oracións. Encargou aos seus fillos queimasen os traballos literarios que, reunidos e ordeados por ela mesma, deixara sen publicar, Imaxe do escritorio da casa de Padrón onde Rosalía escribía os dispuxo ser soterrada no cemiterio de Adina, e seus poemas pedindo un ramo de pensamentos, a flor da súa predileción, non ben foille achegada aos beizos sufriu un afogo que foi o comezo da súa agonía. Delirante, e nubrada a vista, díxolle á súa filla Alejandra: 'Abre esa fiestra, que quero ver o mar', e pechando os seus ollos pra sempre, expirou. Obra En galego 1863 (poesía) Cantares gallegos 1880 (poesía) Follas novas 1864 (prosa) Contos da miña terra I (posteriormente divulgado co nome de Conto gallego) En castelán 1857 (poesía) La Flor 1859 (prosa) La hija del mar 1861 (prosa) Flavio 1863 (poesía) A mi madre 1863 (prosa) El cadiceño 1866 (prosa) Ruinas 1866 (prosa) Las literatas 1867 (prosa) El caballero de las botas azules 1881 (prosa) El primer loco 4 de 6 13/12/2008 23:14
  • 5. Rosalía de Castro - Wikipedia, a enciclopedia libre http://gl.wikipedia.org/wiki/Rosal%C3%ADa_de_Castro 1881 (prosa) El domingo de Ramos 1881 (prosa) Padrón y las inundaciones 1884 (poesía) En las orillas del Sar Galería de imaxes Estatua de Rosalía no Rosalía no Paseo da Detale de Rosalía no Monumento a Rosalía Paseo da Ferradura en Ferradura en Santiago Parque Independencia no Parque Santiago en Rosario, Arxentina Independencia en Rosario, Arxentina Estatua de Rosalía de Casa museo de Rosalía Fotografía de Rosalía Escultura de Rosalía en Castro, Praza Galicia, en Padrón de Castro Ferrol Montevideo, Uruguai Referencias 1. ↑ 1.0 1.1 Rosalía de Castro (1837-1885) (http://www.galespa.com.ar/rosaliadecastro.htm) . 2. ↑ 2.0 2.1 2.2 2.3 2.4 2.5 2.6 Biografía cervantesvirtual.com (http://www.cervantesvirtual.com/bib_autor/rosaliadecastro /pcuartonivel.jsp?conten=autor) 3. ↑ Dado a coñecer por Manuel Pérez Grueiro (Véxase Andrés Pociña / Aurora López, Rosalía de Castro Estudios sobre su vida y su obra, p. 24). 4. ↑ 1963 Rosalía de Castro (http://17demaio.org/diasdasletras/ano.php?txt=ano_1963) . 5. ↑ Traducción ao galego Véxase tamén Bibliografía Un importante documento para a biografía de Rosalía de Castro, Victoria Álvarez Ruiz de Ojeda. Grial 136, páx. 479-501, 1997. Sobre as orixes de Rosalía de Castro: a inclusa de Santiago de Compostela e o caso de Josefa Laureana de Castro , Victoria Álvarez Ruiz de Ojeda. A Trabe de Ouro, 39, 1999. 5 de 6 13/12/2008 23:14
  • 6. Rosalía de Castro - Wikipedia, a enciclopedia libre http://gl.wikipedia.org/wiki/Rosal%C3%ADa_de_Castro Ligazóns externas Fundación Rosalía de Castro (http://www.rosaliadecastro.org/) . galiciaparaelmundo.com (http://www1.galiciaparaelmundo.com/asp/museos/018cmrosaliacast.asp) , ten unha páxina que fai referencia ó museo da Casa da Matanza. Muga (sistema galego de museos) (http://www.museosdegalicia.com /muga/plantilla.jsp?num_provincia=null&num_museo=5&num_clasi=null) , páxina sobre a Casa Museo Rosalía de Castro. Follas novas (http://www.realacademiagalega.org/RAGBibVir/GetPagesByWork.do?id=Fono%20%20 %20%201&format=0) e Cantares gallegos (http://www.realacademiagalega.org/RAGBibVir /GetPagesByWork.do?id=CaGa%20%20%20%201&format=0) . Traído desde quot;http://gl.wikipedia.org/wiki/Rosal%C3%ADa_de_Castroquot; Categorías: Escritores en lingua galega | Escritores en lingua castelá | Día das Letras Galegas | Escritores de España | Escritores de Galicia | Escritores románticos | Poesía A última modificación desta páxina foi o 26 novembro 2008 ás 18:24. Todo o texto está dispoñíbel baixo os termos da Licenza de documentación libre GNU (véxase Copyrights para máis detalles). Wikipedia® é unha marca rexistrada da organización sen ánimo de lucro Wikimedia Foundation, Inc. 6 de 6 13/12/2008 23:14