Tema 2 de 3º eso

2,120 views
1,833 views

Published on

0 Comments
3 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

No Downloads
Views
Total views
2,120
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
1,259
Actions
Shares
0
Downloads
10
Comments
0
Likes
3
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

Tema 2 de 3º eso

  1. 1. A LITERATURA NA IDADE MEDIA
  2. 2. As linguas do Estado Español Agás o eusquera, as linguas peninsulares son linguas románicas, romances ou neolatinas, é dicir, teñen a súa orixe no latín vulgar dos conquistadores romanos, ao que hai que sumar a contribución doutros pobos.
  3. 3. Durante a chamada “Reconquista”, o idioma que nace na Gallaecia vai estendéndose cara ao sur e recibe o nome de galego-portugués.
  4. 4. Afonso VI usurpa o trono dos seus irmáns Sancho, rei de León, e García, rei de Galiza, e divide o antigo reino en dous condados entre as súas irmás Teresa e Urraca. A batalla de San Mamede (1129) coroa a Afonso Henriques como I Rei de Portugal.
  5. 5. Do latín vulgar ao galego-portugués O galegoportugués: Lingua de reis, lingua do pobo.
  6. 6. Do monolingüismo á substitución lingüística: factores sociopolíticos.
  7. 7. COMO A GUERRA CONTRA OS MOUROS XA ESTABA MOI AO SUR, A PAZ DEIXABA Á NOBREZA MOITO TEMPO PARA O LECER. NO S. XI, A TRAVÉS DOS PEREGRINOS DO CAMIÑO DE SANTIAGO, CHEGOU DENDE PROVENZA, NA ACTUAL OCCITANIA, A MODA DE POETIZAR SOBRE O AMOR CORTÉS. Os primeiros textos galego-portugueses conservados: a cantiga “Ora faz esto senhor de Navarra” (1198) e o documento “Noticia do Torto” (1211) e o Foro do bo burgo de Castro Caldelas (1228
  8. 8. O feudalismo presenta unha sociedade moi xerarquizada na que a nobreza señorial e eclesiástica posuía o poder mentres que o pobo debía pagarlles un FORO por cultivar as súas terras. Os artesáns e os comerciantes que vivían nos burgos opúñanse a estes privilexios.
  9. 9. Supoñemos que xa dende o século XII se facían reunións poéticas nos pazos e castelos galegos, porén as CANTIGAS EN GALEGOPORTUGUÉS máis antigas datan do século XIII.
  10. 10. OS DOUS PERÍODOS EN QUE SE DIVIDE A LITERATURA MEDIEVAL GALEGO-PORTUGUESA, COMÚN AOS DOUS PAÍSES POR POSUÍREN DAQUELA A MESMA LINGUA, …
  11. 11. …NOMÉANSE IDADE DE OURO (S. XIII E PRIMEIRA METADE DO S. XIV) E DE DECADENCIA (SEGUNDA METADE DO S. XIV E MAIS TODO O S. XV).
  12. 12. Que é a lírica galego-portuguesa? • Chamamos lírica galego-portuguesa a un conxunto dunhas 1.685 cancións de temática profana e unhas 420 de tema relixioso, escritas en galego-portugués, por uns douscentos trobadores, nun período que vai desde as fins do século XII ata mediados do XIV.
  13. 13. Orixe da lírica galego-portuguesa • A orixe da lírica galego-portuguesa é discutida, pero a lóxica apunta a que as razóns estean na combinación de varias teses. Influencia folclórica –todos os pobos do mundo cantan antes de escribir-, influencia eclesiástica -o canto ten importancia en todas as relixións-, influencia árabe -sabido é que a música árabe estaba moi desenvolvida, e mesmo ela é a que fai agromar á carxas ou jarchas escritas na fala mozárabe uns cen anos antes, etc.
  14. 14. NO S. XI, A TRAVÉS DOS PEREGRINOS DO CAMIÑO DE SANTIAGO, CHEGOU DENDE PROVENZA, NO ACTUAL SUR DE FRANCIA, A MODA DE POETIZAR SOBRE O AMOR CORTÉS.
  15. 15. Orixe da lírica galego-portuguesa • O que si está claro é a influencia chegada de Provenza -a costa mediterránea de Francia-. O trobadorismo provenzal está non só na orixe da moda de escribir cancións daquela "modernas" -provenzalitantes- senón tamén de recoller composicións anteriores e escribir conforme aos patróns máis tradicionais.
  16. 16. Ilustración de Antón García Patiño sobre a cantiga “Levantou-s’a belida”, de Don Dinis.
  17. 17. O espectáculo Trobador Segrel Menestrel Xograr Soldadeira
  18. 18. Os TROBADORES eran os nobres que compoñías a letra e a música das cantigas.
  19. 19. Os SEGREIS eran compositores que xurdiron a carón dos xogradores, baixa nobreza vida a menos que vivía da xenerosidade allea coa súa arte. Denominábanse a si mesmos trobadores, pero os poetas aristocráticos negábanlles tal título. Viaxaban con frecuencia e mesmo cambiaban de corte en función de problemas políticos. Nunha determinada altura cronolóxica aparece o vocábulo «segrel» para designar aquel poeta que compón cantigas agardando algún beneficio con este labor.
  20. 20. Os xogrARES PROCEDÍAN DO POBO BAIXO E INTERPRETABAN AS CANTIGAS, CHEGANDO INCLUSO ALGÚN DELES A COMPOÑER.
  21. 21. Os músicos denominábanse MENESTREIS, a quen podían acompañar bailando …
  22. 22. … as SOLDADEIRAS, mulleres que ían cos soldados ás numerosas guerras que houbo nesta época. Moi famosa foi MARÍA A BALTEIRA, satirizada nas cantigas.
  23. 23. Como se facían os manuscritos medievais • Trátase dunha animación interactiva que a Universidade de Cambridge dispón a través do Fitzwilliam Museum. • Este recurso amósanos “como se facían os libros manuscritos medievais. A animación está baseada nunha páxina dun antigo libro do século XIV realizado para un bispo francés, Reynaud de Bar e que se coñece como o Pontifical de Metz”. http://www.fitzmuseum.cam.ac.uk/pharos/images/swf /manuscript/manuscript_5a.html
  24. 24. As cantigas atópanse en pergamiños recompilados en CÓDICES, unha especie de libros como o DA VATICANA, A BIBLIOTECA NACIONAL DE LISBOA OU AS CANTIGAS DE SANTA MARÍA que se gardan no Escorial.
  25. 25. Os Cancioneiros • CANCIONEIRO DA AJUDA: consérvase en Lisboa e está datado a fins do século XIII ou comezos do XIV; 310 cantigas case todas de amor. • CANCIONEIRO DA BIBLIOTECA NACIONAL: consérvase en Lisboa. Códice copiado en Italia no século XVI sobre un orixinal hoxe perdido. Contén arredor de 1700 composicións de todos os xéneros. • CANCIONEIRO DA VATICANA: na Biblioteca do Vaticano. Copia realizada no século XVI. 1200 composicións. • PERGAMIÑO VINDEL: Folla do século XIII que contén sete cantigas de amigo de Martín Codax. Teñen a correspondente transcrición musical. • PERGAMIÑO SHARRER: letra e música de seis cantigas de D. Dinís. Gárdase en Lisboa e data de finais do s. XIII.
  26. 26. PERGAMIÑO SHARRER
  27. 27. PERGAMIÑO VINDEL
  28. 28. Pergameu do códice da Biblioteca Nacional de Lisboa
  29. 29. Escoitamos Grupo de música antiga MARTÍN CODAX: http://www.martincodax.org/ http://www.youtube.com/watch?feature=player _embedded&v=GTC5Q93eOSs
  30. 30. Escoitamos En SON DE POETAS podemos escoitar moitas das nosas cantigas, ademais ofrece información moi completa sobre o/a poeta, o tema musical, o grupo ou solista, etc. http://sondepoetas.blogspot.com.es
  31. 31. AS CANTIGAS PODEN DIVIDIRSE EN TRES XÉNEROS MAIORES: CANTIGA DE AMOR, DE AMIGO E DE ESCARNIO E MALDICIR.
  32. 32. XÉNEROS Cantiga de amor Cantiga de amigo Cantiga de escarnio e maldicir
  33. 33. Os xéneros menores son aqueles menos cultivados.
  34. 34. Xéneros menores Pastorela Lais Cantiga Pranto Tenzón de seguir
  35. 35. Algúns dos máis de cen trobadores coñecidos foron Afonso X o Sabio, o seu neto e rei portugués Don Dinís, Airas Nunes, Paio Gomes Chariño...; entre os xograres destacan Fernando Esquío, Codax, Pero Meogo, Mendiño... , todos do s. XIII. AFONSO X
  36. 36. WEB de consulta • Unha excelente noticia: esta web na que se integran textos, nalgúns casos manuscritos e mesmo música, deste corpus que constitúe a lírica medieval galego-portuguesa. Un magnífico recurso para a lectura en rede do que é un dos nosos grandes patrimonios literarios. http://cantigas.fcsh.unl.pt/index.asp
  37. 37. A LINGUA Unha época de monolingüismo
  38. 38. Sistema fonolóxico do galego medieval: as vogais nasais farĩa lũa ch o corõa b es bõa cão
  39. 39. Sistema fonolóxico do galego medieval: hiatos vocálicos maa irmãa tea a moa bõa casaes pee españoes cães mao irmão es ceo o avoo bõo razões
  40. 40. Sistema fonolóxico do galego medieval: as consoantes MODO P U N T O labial D E A R T I C U L A C I Ó N dental xordo oclusivo sonoro xordo sonoro pee ben tal alveolar de nasal xordo xordo nos golpeado teño para vibrante sonoro terra africado continuo lateral cen fee fava V O Z velar fazer chão son casa levar caixa hoje palla xordo sonoro con me sonoro palatal E gran
  41. 41. Sistema fonolóxico do galego medieval: pares de consoantes b v ts ben, caber, ambos, cabra vai, fava, dever, levava, arvore, livro cen, cinco, cabeça, justiça, Paaço (luz) dz s doze, sempre, luzes, passar, juizo, levasse, beleza, levas (luz, dez) z casa, cousa, mesa, pesar š ž xadrez, gente, caixa, fogir, ja, peixe, hoje, roxo queijo, juiz
  42. 42. Morfoloxía e fonoloxía do galego medieval: plural e feminino de nomes razon, coraçon razões, corações cão, pão cães, pães mão, verão, chão, irmão irmão, chão, verão mãos, verãos, chãos, irmãos irmãa, chãa, mañãa, maçãa
  43. 43. Morfoloxía • Invariabilidade de xénero nos nomes finalizados en –or: meu senhor, minha senhor. • Pronome «te» para CD ou para CI. • Participios de verbos da 2ª en «-udo»: palavra perduda. • Formas compostas con «aver»: que ll’avia prometido. • Formas átonas no posesivo feminino: «mia/mha/ma/ta/sa»: en esta ta cadeira.
  44. 44. Sintaxe • Utilización de posesivos sen artigo: porque tarda meu amigo sem min? • Anteposición do pronome átono: vos direi en quanto lh’oi • Emprego de formas partitivas: quer’eu mostrar dos miragres que ela fez • Concordancia en tempos compostos do participio e o CD. • Emprego de dupla negación: nem madre nem parente nom a…
  45. 45. Léxico Provenzalismos • Assaz (bastante), trobar, cobra... Galicismos • Sage (sabio,prudente), maison (casa)... Arcaísmos • Vegada (vez), fillar (aceptar), eire (onte), cras (mañá), chus (máis)...

×