Rosalía de castro, 3º ESO

2,811 views

Published on

Published in: Education
0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total views
2,811
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
1,633
Actions
Shares
0
Downloads
11
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

Rosalía de castro, 3º ESO

  1. 1. ROSALÍA DE CASTRO 3º ESO
  2. 2. Rosalía de Castro (1837-1885) é a figura máis importante e universal da Literatura Galega. Porén, despois da súa morte teceuse conscientemente unha imaxe distorsionada da nosa escritora: unha “santiña”, unha “chorona”, unha coitada aldeá non moi culta que escribía porque lle mandaba ou lle ditaba o home, Manuel Murguía. A realidade fala de todo o contrario, dunha muller culta, con criterios propios e contestataria; consciente de ser muller, de ser galega e de ser escritora e querer vivir da súa profesión
  3. 3. FEMINISTA  A reivindicación dos dereitos da muller, nunha sociedade na que a marxinación e a desigualdade eran a norma vixente, esténdese conscientemente por toda a súa obra. Foi unha precursora do movemento feminista.
  4. 4. NACIONALISTA  Rosalía é consciente de que escribe nun país secularmente prostrado e marxinado. Por iso a súa defensa da identidade galega e da escrita en galego (nun momento en que crían que escribir noutra lingua que non fose a castelá atentaba contra a unidade de España) lévana a figurar ideoloxicamente no Provincialismo primeiro e no Rexionalismo máis tarde.
  5. 5. COMPROMETIDA  Denuncia as inxustizas e abusos cometidos con Galiza e cos galegos, especialmente no caso da emigración.  Rosalía identifícase cos problemas, sufrimentos e aspiracións das clases populares galegas, especialmente coas “viúvas de vivos”.  Defende os valores sociais e morais do pobo galego fronte aos novos valores burgueses centrados no individualismo, a hipocrisía e o poder do diñeiro.
  6. 6. A súa obra POESÍA PROSA 1857 Castelán La flor (Romanticismo) 1858 Castelán Lieders 1859 Castelán La hija del mar (novela) 1862 Galego Poemas(Album de la Caridad) Castelán 1863 Flavio (novela) Castelán A mi madre (Romanticismo) Galego Cantares Gallegos 1864 Galego Conto galego 1866 Castelán Las literatas, El cadiceño, Ruinas (novela) 1867 Castelán El caballero de las botas azules (novela) 1880 Galego 1881 Castelán 1884 Castelán Follas Novas El primer loco (novela), El domingo de ramos, Padrón y las inundaciones, Costumbres gallegas. En las orillas del Sar
  7. 7. CANTARES GALLEGOS (1863)  36 poemas.  Bebe da lírica tradicional e popular.  Reivindica a validez do noso idioma para todo tipo de poesía.  Denuncia a explotación e o desprezo que sofren os labregos, as mulleres e os emigrantes galegos.  Combate a negativa imaxe que se tiña de Galiza.
  8. 8. TEMÁTICA COSTUMISTA. Poemas que refliten a idiosincrasia do pobo galego afastándose de tópicos ridiculizadores. 2. SOCIAL. Poemas de denuncia social: contra a emigración… Refliten a ideoloxía galeguista 3. INTIMISTA. Poemas introspectivos, de saudade e de soidade. Anticipan os poemas de Follas Novas 1.
  9. 9. FOLLAS NOVAS (1880)   • • • • • Partes: Vaguedás Do íntimo! Varia Da terra As viúvas dos vivos e as viúvas dos mortos Temática: Poesía social Poesía intimista Relixiosidade O sentido da escritura As sombras
  10. 10. POESÍA SOCIAL - A poesía social de Follas Novas está recollida nas dúas últimas partes do poemario. Na primeira delas, os poemas recordan o estilo e o ton de Cantares Gallegos. Na segunda, os poemas xiran en torno á emigración, (cunha visión universal, que nos permite entender coas súas palabras os fenómenos migratorios de hoxe). Nas dúas, Rosalía quere deixar clara a súa plena identificación co pobo galego.
  11. 11. POESÍA INTIMISTA - A poesía intimista de Follas Novas abrangue os dous primeiros libros, Vaguedás e Do íntimo. No primeiro a autora reflexiona sobre o seu propio labor de poeta e sobre a súa propia obra. No segundo plasma as súas reflexións filosóficas: a perda das ilusións, a insolidariedade humana, o paso do tempo, o desamor, o atormentado espírito humano, as intransixencias da igrexa católica, a lexitimidade da violencia como arma contra a inxustiza, a morte como liberación…
  12. 12. INTIMISMO - Na segunda parte desta obra, Do íntimo, Rosalía fai unha viaxe dolorosa ás súas entrañas: un proceso de autocoñecemento da propia identidade. O que atopa é a soidade, o descubrimento de que a condición do ser humano é estar só no universo e nada pode aliviar ese desamparo, de aí a agonía existencial. En segundo lugar descobre a saudade, a tristura que xorde da soidade existencial e que a afoga até ter nostalxia da dor e sentir cansazo de estar triste. O terceiro descubrimento é a dor : vivir significa sufrir. o que si a angustia é o sentido da propia existencia: o silencio de Deus perante as inxustizas e as crueldades que sofren os desprotexidos. Isto provoca nela, primeiro, unha fe oscilante e, despois, a ausencia total de fe.
  13. 13. AS SOMBRAS  En todo o poemario aparece unha obsesiva presenza da sombra / sombras, símbolos da poética rosaliana.  A sombra como dor universal, mesmo como conciencia da morte, e as sombras como símbolo dun pasado tormentoso, dos remorsos.
  14. 14. A PROSA  Produción conformada polos prólogos dos seus dous poemarios e por Conto Gallego, publicado postumamente en 1923. Nel afonda na escasa consideración de que gozaba a muller na sociedade rural da época.
  15. 15. A LINGUA  Utiliza unha lingua coloquial e espontánea con sintaxe e léxico sinxelos.  Escribe como fala, con vulgarismos, castelanismos e dialectalismos propios da área compostelá.  Bota man de recursos propios da literatura popular baseados no contraste e na repetición.

×