Your SlideShare is downloading. ×
  • Like
Manuel Curros Enríquez, 3º ESO
Upcoming SlideShare
Loading in...5
×

Thanks for flagging this SlideShare!

Oops! An error has occurred.

×

Now you can save presentations on your phone or tablet

Available for both IPhone and Android

Text the download link to your phone

Standard text messaging rates apply

Manuel Curros Enríquez, 3º ESO

  • 304 views
Published

 

  • Full Name Full Name Comment goes here.
    Are you sure you want to
    Your message goes here
    Be the first to comment
    Be the first to like this
No Downloads

Views

Total Views
304
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
2

Actions

Shares
Downloads
1
Comments
0
Likes
0

Embeds 0

No embeds

Report content

Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
    No notes for slide

Transcript

  • 1. 3º ESO
  • 2. Manuel Curros Enríquez pasa por ser, xunto con Rosalía de Castro e Eduardo Pondal, o gran referente do “Rexurdimento” da literatura galega de finais do século XIX.
  • 3.  Considera que a poesía debe estar ao servizo da sociedade, comprometida cos máis desfavorecidos.  Autor de dous libros: Aires da miña terra, publicado en 1880, e O Divino Sainete, publicado en 1888.  O seu primeiro poema, «Cántiga» foi escrito con tan só 18 anos.  En 1877 gaña o certame poético convocado en Ourense con «A virxe do cristal», «Unha voda en Einibó» e «O gaiteiro de Penalta»
  • 4. O libro ten unha estrutura encadrada: ábrese cun poema de ton xustificatorio, a "Introdución" e féchase cunha esperanzada "Encomenda".
  • 5.  Aínda que cre na poesía social e a maior parte dos poemas pertencen a esta temática, hai ademais outras temáticas: . Temática costumista: os tres poemas cos que gañou o certame están incluídos neste libro. . Temática intimista: poemas que se deben a sentimentos provocados por diferentes circunstancias como o nacemento dun fillo, a morte doutro ou a da súa nai, a anguria ou a soidade.
  • 6. a) Cívica:  Nela o poeta adopta un punto de vista crítico. Preocúpase, de xeito altruísta, pola sociedade en que vive e trata de combater as inxustizas que se cometen coas clases populares.  Presenta as seguintes características xerais:  – Defensa dun programa de benestar, progreso e liberdade para todos os individuos, fronte ao fanatismo relixioso, o escurantismo, a opresión e a ignorancia reinantes.  – Critícase o abuso de poder da Igrexa, facendo sátira da figura-cumio (o Papa).  – Considéranse negativos para o pobo outros poderes como a monarquía, a Xustiza e a burocracia administrativa en xeral.  – Proponse liberar o agro de todos os males que o abafan: o inxusto reparto da terra, os trabucos e impostos en xeral, as levas para o servizo militar e as guerras, a escaseza de produtos de primeira necesidade (o sal), as supersticións...
  • 7. b) Poesía costumista — Un costume. Recrea "Unha voda en Einibó", unha voda popular en tres romances: o noivado, a cerimonia e o xantar. — Un tipo. Neste caso trátase dun gaiteiro (influencias rosalianas). — Unha lenda tradicional. Curros elixe a coñecida en Celanova como da Virxe do Cristal. A peripecia reside no milagre realizado pola Virxe para salvar a honra dunha rapaza namorada. Trátase dun poema longo de máis de mil cen versos.
  • 8.  c) Poesía intimista Poemas que se deben a sentimentos provocados por diferentes circunstancias como o nacemento dun fillo, a morte doutro ou a da súa nai, a anguria ou a soidade. • ―Ben chegado‖ • ―¡Ai!‖ • ―Na morte da miña nai‖ • ―A Rosalía‖ • ―Tempro deserto‖ • ―Sola‖
  • 9.  Acompañado polo poeta Francisco Añón, fai un percorrido crítico, desde o seu punto de vista ideolóxico, polos sete vagóns que conteñen sete pecados capitais.  PREGUIZA – ENVEXA – GULA – IRA – LUXURIA – AVARICIA – SOBERBIA  Está concibida como unha réplica de A divina comedia de Dante. Curros sitúa a acción nun tren que se dirixe a Roma.
  • 10.  É unha obra de agudo contido crítico e satírico. Curros critica o negocio das peregrinacións e satiriza a diversas personalidades e institucións da vida galega.  Tres obxectivos básicos: . Facer unha crítica ás institucións de goberno e aos sectores reaccionarios da sociedade en xeral e á Igrexa católica en particular. . Expresar unha defensa do Rexurdimento e das súas principais figuras e reivindicar a existencia da Literatura Galega. . Satirizar determinados inimigos persoais, ideolóxicos e literarios.
  • 11.  Curros baseou o seu galego literario na fala popular, resultando en liñas xerais máis enxebre, depurado de castelanismos e rico que o de Rosalía, aínda que menos elaborado e culturizante que o de Pondal.  A súa poesía ten unha intención claramente didáctica e moralizante e a súa linguaxe procura ante todo sinxeleza, autenticidade e eficacia comunicativa.  Válese con frecuencia de recursos como a anáfora e o paralelismo.