A lírica medieval
Upcoming SlideShare
Loading in...5
×

Like this? Share it with your network

Share
  • Full Name Full Name Comment goes here.
    Are you sure you want to
    Your message goes here
    Be the first to comment
    Be the first to like this
No Downloads

Views

Total Views
936
On Slideshare
728
From Embeds
208
Number of Embeds
6

Actions

Shares
Downloads
9
Comments
0
Likes
0

Embeds 208

http://trafegandoronseis5.blogspot.com.es 119
http://trafegandoronseis7.blogspot.com.es 69
http://trafegandoronseis7.blogspot.com 11
http://www.trafegandoronseis7.blogspot.com.es 7
http://trafegandoronseis5.blogspot.pt 1
http://www.trafegandoronseis5.blogspot.com.es 1

Report content

Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
    No notes for slide

Transcript

  • 1. UNIDADE 13A LÍRICA MEDIEVAL
  • 2. Durante os séculos XIII, XIV e XV, ao remate da Idade Media, o sistema feudal -no que anobreza e a Igrexa tiñan a riqueza e o poder- seguía vixente na Galiza e Portugal.
  • 3. GALIZA E A LINGUA GALEGA NA IDADE MEDIA O feudalismo presenta unha sociedade moi xerarquizada na que a nobreza señorial e eclesiástica posuía o poder mentres que o pobo debía pagarlles un FORO por cultivar as súas terras. Os artesáns e os comerciantes que vivián nos burgos opúñanse a estes privilexios.
  • 4. O pobo debía pagarlle á nobreza un FORO por cultivar as súas terras. Este imposto, do quetamén se beneficiaba a igrexa, permitía a esta aristocracia vivir na opulencia.
  • 5. O poder da Igrexa: Compostela, centro da cultura cristiá europea, o Camiño de Santiago. A nobreza eclesiástica Brasóns das casas nobiliares dos Traba e os CastroOs mosteiros cirtensienses, os foros, a estrutura parroquial.
  • 6. COMO A GUERRA CONTRA OSMOUROS XA ESTABA MOI AO SUR, A PAZ DEIXABA Á NOBREZA MOITO TEMPO PARA O LECER.
  • 7. OS DOUS PERÍODOS EN QUE SE DIVIDE A LITERATURA MEDIEVAL GALEGO-PORTUGUESA, COMÚN AOS DOUS PAÍSES POR POSUÍREN DAQUELA A MESMA LINGUA, …
  • 8. …NOMÉANSE IDADE DEOURO (S. XIII E PRIMEIRA METADE DO S. XIV) E DE DECADENCIA (SEGUNDAMETADE DO S. XIV E MAIS TODO O S. XV).
  • 9. Supoñemos que xa dende o século XII se facíanreunións poéticas nos pazose castelos galegos, porén as CANTIGAS EN GALEGO- PORTUGUÉS máis antigas datan do século XIII.
  • 10. Que é a lírica galego-portuguesa?• Chamamos lírica galego-portuguesa a un conxunto dunhas 1.685 cancións de temática profana e unhas 420 de tema relixioso, escritas no idioma máis occidental da península, o galego-portugués, antes da súa separación en dúas linguas distintas, por uns douscentos trobadores, nun período que vai desde as fins do século XII ata mediados do XIV.
  • 11. Orixe da lírica galego-portuguesa• A orixe da lírica galego-portuguesa é discutida, pero a lóxica apunta a que as razóns estean na combinación de varias teses. Influencia folclórica –todos os pobos do mundo cantan antes de escribir-, influencia eclesiástica -o canto ten importancia en todas as relixións-, influencia árabe -sabido é que a música árabe estaba moi desenvolvida, e mesmo ela é a que fai agromar á carxas ou jarchas escritas na fala mozárabe uns cen anos antes, etc.
  • 12. Orixe da lírica galego-portuguesa• O que si está claro é que se colleron corpo como escritas é por influencia chegada de Provenza -a costa mediterránea de Francia-. O trobadorismo provenzal está pois non só na orixe da moda de escribir cancións daquela "modernas" -provenzalitantes- senón tamén de recoller composicións anteriores e escribir conforme aos patróns máis tradicionais.
  • 13. Ilustración de Antón García Patiño sobre a cantiga“Levantou-s’a belida”, de Don Dinis.
  • 14. O espectáculoTrobador Segrel Xograr Menestrel Soldadeira
  • 15. Os TROBADORES eran os nobres quecompoñías a letra e a música das cantigas.
  • 16. Os SEGREIS eran compositores quexurdiron a carón dos xogradores,baixa nobreza vida a menos que vivíada xenerosidade allea coa súa arte.Denominábanse a si mesmostrobadores, pero os poetasaristocráticos negábanlles tal título.Viaxaban con frecuencia e mesmocambiaban de corte en función deproblemas políticos.Nunha determinada alturacronolóxica aparece o vocábulo«segrel» para designar aquel poetaque compón cantigas agardandoalgún beneficio con este labor.
  • 17. Os xogrARES PROCEDÍAN DO POBO BAIXO EINTERPRETABAN ASCANTIGAS, CHEGAND O INCLUSO ALGÚNDELES A COMPOÑER.
  • 18. Os músicos denominábanseMENESTREIS, a quen podían acompañar bailando …
  • 19. … asSOLDADEIRAS, muller es que ían cos soldados ás numerosas guerras que houbo nestaépoca. Moi famosa foi MARÍA ABALTEIRA, satirizada nas cantigas.
  • 20. Como se facían os manuscritos medievais• Trátase dunha animación interactiva que a Universidade de Cambridge dispón a través do Fitzwilliam Museum.• Este recurso amósanos “como se facían os libros manuscritos medievais. A animación está baseada nunha páxina dun antigo libro do século XIV realizado para un bispo francés, Reynaud de Bar e que se coñece como o Pontifical de Metz”.http://www.fitzmuseum.cam.ac.uk/pharos/images/swf/manuscript/manuscript_5a.html
  • 21. As cantigas atópanse en pergamiñosrecompilados en CÓDICES, unha especie de libros como o DA VATICANA, ABIBLIOTECA NACIONAL DE LISBOAOU AS CANTIGAS DE SANTA MARÍA que se gardan no Escorial.
  • 22. Os Cancioneiros• CANCIONEIRO DA AJUDA: consérvase en Lisboa e está datado a fins do século XIII ou comezos do XIV; 310 cantigas case todas de amor.• CANCIONEIRO DA BIBLIOTECA NACIONAL: consérvase en Lisboa. Códice copiado en Italia no século XVI sobre un orixinal hoxe perdido. Contén arredor de 1700 composicións de todos os xéneros.• CANCIONEIRO DA VATICANA: na Biblioteca do Vaticano. Copia realizada no século XVI. 1200 composicións.• PERGAMIÑO VINDEL: Folla do século XIII que contén sete cantigas de amigo de Martín Codax. Teñen a correspondente transcrición musical.• PERGAMIÑO SHARRER: letra e música de seis cantigas de D. Dinís. Gárdase en Lisboa e data de finais do s. XIII.
  • 23. PERGAMIÑO SHARRER
  • 24. PERGAMIÑO VINDEL
  • 25. Pergameu do códice daBiblioteca Nacional de Lisboa
  • 26. EscoitamosGrupo de música antiga MARTÍN CODAX: http://www.martincodax.org/http://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=GTC5Q93eOSs
  • 27. EscoitamosEn SON DE POETAS podemos escoitar moitas dasnosas cantigas, ademais ofrece información moicompleta sobre o/a poeta, o tema musical, ogrupo ou solista, etc. http://sondepoetas.blogspot.com.es
  • 28. Información extraO segredo do Libro de Kells é un dos máis fermososmanuscritos medievais que se conservan.Podemos ver o filme animado El secreto del libro deKells (The Secret of Kells) de coprodución irlandesa-francesa-belga realizada pola empresa deanimación irlandesa Cartoon Salon, dirixida porTomm Moore e Nora Twomey, estreada o 8 defebreiro de 2009 no Festival Internacional de Cinede Berlín. El 2 de febreiro de 2010, foi nominadaaos Premios Óscar dentro da categoría de mellorpelícula de animación do ano 2009http://www.youtube.com/watch?v=c53GsY1utiA&feature=fvwrel
  • 29. AS CANTIGAS PODENDIVIDIRSE EN TRES XÉNEROS MAIORES: CANTIGA DE AMOR, DE AMIGO E DE ESCARNIO E MALDICIR.
  • 30. XÉNEROS Cantiga de amor Cantiga de amigoCantiga de escarnio e maldicir
  • 31. Os xénerosmenoresson aquelesmenoscultivados.
  • 32. A TENZÓN consiste nun diálogo entre dous trobadores ou xograres.
  • 33. A PASTORELA tiña como protagonistaunha “pastor” aquen loa unhavoz masculina, pretendendo namorala.
  • 34. O PRANTO éunha elexía polaperda de alguén ou mesmo de algo.
  • 35. Tamén hai cantigas en que a voz poética se queixa da chegada do día, momento da separación dos amantes: coñécense como ALBAS ou ALBORADAS.
  • 36. Xéneros menores Pastorela CantigaLais Pranto de Tenzón seguir
  • 37. Algúns dos máis de cen trobadores coñecidos foron Afonso X o Sabio, o seu neto e rei portugués DonDinís, Airas Nunes, Paio Gomes Chariño...; entre os xograres destacan Fernando Esquío, Codax, Pero Meogo, Mendiño... , todos do s. XIII. AFONSO X
  • 38. WEB de consulta• Unha excelente noticia: esta web na que se integran textos, nalgúns casos manuscritos e mesmo música, deste corpus que constitúe a lírica medieval galego-portuguesa. Un magnífico recurso para a lectura en rede do que é un dos nosos grandes patrimonios literarios. http://cantigas.fcsh.unl.pt/index.asp
  • 39. A LINGUAUnha época de monolingüismo
  • 40. Durante a chamada “Reconquista”, o idioma que nace na Gallaeciavai estendéndose caa ao sul e recibe o nome de galego-portugués.
  • 41. Afonso VI usurpa o trono dos seus irmáns Sancho, rei de León, e García, rei de Galiza, e divideo antigo reino en dous condados entre as súas irmáns Teresa e Urraca. A batalla de SanMamede (1129) coroa a Afonso Henriques como I Rei de Portugal.
  • 42. Do latín vulgar ao galego-portuguésLingua dereis, lingu a do pobo.
  • 43. Do monolingüismo á substituciónlingüística: factores sociopolíticos.
  • 44. A substitución da nobreza galega (as guerras dinásticas)... e as Revoltas Irmandiñas (1461-1467).Castelo de Narahío (Neda)
  • 45. Sistema fonolóxico do galego medieval: as vogais oraisassi tua cèdo bòca cégo nóva mal
  • 46. Sistema fonolóxico do galego medieval: as vogais nasaisfarĩa lũa ch o corõa b es bõa cão
  • 47. Sistema fonolóxico do galego medieval: hiatos vocálicosmaa irmãa casaes cães mao irmãotea a pee es ceo omoa bõa españoes razões avoo bõo
  • 48. Sistema fonolóxico do galego medieval: as consoantesMODO P U N T O D E A R T I C U L A C I Ó N E V O Z labial dental alveolar palatal velar xordo sonoro xordo sonoro xordo sonoro xordo sonoro xordo sonorooclusivo pee ben tal de con gran nasal me nos teñogolpeado paravibrante terraafricado cen fazer chãocontinuo fee fava son casa caixa hoje lateral levar palla
  • 49. Sistema fonolóxico do galego medieval: pares de consoantes b v ts dz s z š ž ben, vai, cen, doze, sempre, casa, xadrez, gente, caber, fava, cinco, luzes, passar, cousa, caixa, fogir, ja,ambos, dever, cabeça, juizo, levasse, mesa, peixe, hoje, cabra levava, justiça, beleza, levas pesar roxo queijo, arvore, Paaço (luz, juiz livro (luz) dez)
  • 50. Morfoloxía e fonoloxía do galegomedieval: plural e feminino de nomes razon, coraçon razões, corações cão, pão cães, pães mão, verão, mãos, verãos, chão, irmão chãos, irmãos irmão, chão, irmãa, chãa, verão mañãa, maçãa
  • 51. Morfoloxía• Invariabilidade de xénero nos nomes finalizados en –or: meu senhor, minha senhor.• Pronome «te» para CD ou para CI.• Participios de verbos da 2ª en «-udo»: palavra perduda.• Formas compostas con «aver»: que ll’avia prometido.• Formas átonas no posesivo feminino: «mia/mha/ma/ta/sa»: en esta ta cadeira.
  • 52. Sintaxe• Utilización de posesivos sen artigo: porque tarda meu amigo sem min?• Anteposición do pronome átono: vos direi en quanto lh’oi• Emprego de formas partitivas: quer’eu mostrar dos miragres que ela fez• Concordancia en tempos compostos do participio e o CD.• Emprego de dupla negación: nem madre nem parente nom a…
  • 53. LéxicoProvenzalismos • Assaz (bastante), trobar, cobra... • Sage (sabio,prudente), maison Galicismos (casa)... • Vegada (vez), fillar (aceptar), eire Arcaísmos (onte), cras (mañá), chus (máis)...
  • 54. Neotrobadorismo• A descuberta das cantigas medievais galego- portuguesas nas primeiras décadas do século XX deu orixe á corrente do neotrobadorismo, representada por Álvaro Cunqueiro e Álvarez Blázquez.• Do primeiro , “No niño novo do vento”, que se popularizou a través da música. En Son de Poetas fornécennos varias versións musicais deste poema, dende a xa clásica de Luís Emilio Batallán á rockeira da banda do Morrazo Astarot, incluída no disco O sentir dunha terra (2000), pasando por Amacio Prada, os Milladoiro e Xoel López.
  • 55. Neotrovadorismo (I)Os espárragos son diuréticosE ti es o amor da miña vidaE ti es o amor da miña vidaNeotrovadorismo (II)(Cantiga de amigo, escarnio e maldicir)Antes eras un colegapero agorame cago en tu puta madreme cago en tu puta madreNeotrovadorismo (IV)Ondas do mar de Vigose vistes meu amigo:que marchei. Colectivo Ronseltz, Unicornio de cenorias que cabalgas os sábados (1994).
  • 56. Contrabando de amigo (Fragmento)Sentada estou na illa de San Simónesperando, meu amigo, ai, que volvas do Gran Sole pola ponte de Rande van e veñen sen pararmoitos coches, meu amigo, que non veñen do GranSol.Mentiches meu amigo, mentiches meu amormentira meu amigo, ti non fuches ó Gran solcontrabando de tabaco e de drogas de drogaramor de batea o que ti me queres dar.Antón Reixa, viva galicia beibe (1994).Este poema de Reixa foi composto para o disco Ondas do mar de Vigo (1989), de NaLúa.