A cantiga de amigo

8,075 views
8,011 views

Published on

0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total views
8,075
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
21
Actions
Shares
0
Downloads
64
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

A cantiga de amigo

  1. 1. A cantiga de amigo
  2. 2. As CANTIGAS DE AMIGO teñen orixe autóctona pois proveñen da literatura oral galega de creación feminina.
  3. 3. Nelas a voz poética é unha DONCELA do pobobaixo que expresa a súa COITA DE AMOR polo seu AMIGO ou amante, sempre ausente, en situacións como a guerra…
  4. 4. … no servizo ao rei ou de camiño para se citar coa doncela.
  5. 5. A voz poética feminina podedirixirse á nai, que se converte na CONFIDENTE dosamores da súa filla co amigo, ante a que toma diversas actitudes:
  6. 6. … prohibición, aviso, permisividade,desconfianza e mesmo ciumes.
  7. 7. A situación desenvólvese sempre nun MARCONATURAL e preciso: O MAR , A FRAGA , UNHA FONTE… , adiferenza da abstracción das cantigas de amor.
  8. 8. Así, hai Cantigas de amigoBAILADAS, nas que a muller expresa a ledicia do amor convidando ao baile.
  9. 9. As de ROMARÍA son aquelas nas que o encontro amoroso se produce nun SANTUARIO,lugar de reunión dos amantes.
  10. 10. Nas MARIÑAS OUBARCAROLAS avoz poética da muller toma oMAR ou as súas ONDAS comoconfidentes dosseus amores co amigo.
  11. 11. AS SETE CANTIGAS DE MARTÍN CODAX QUE APARECEN NOPERGAMEU VINDEL SON CLARAS MOSTRAS DESTE SUBXÉNERO.
  12. 12. OS RECURSOS FORMAIS DA CANTIGA DEAMIGO TEÑEN ORIXE POPULAR, POLO QUEA REPETICIÓN DE VERSOS CONSTITÚE A SÚA FORMA BÁSICA.
  13. 13. O PARALELISMO é o recursopropio das cantigas de amigo,dáse entre versos situados no mesmo lugar de diferentes cobras, repetindo o significado
  14. 14. O PARALELISMO MESMO PODÍAFACERSE MUDANDO SÓ A ÚLTIMA PALABRA DUN VERSO
  15. 15. Ai eu, coitada, como vivo en grancuidadopor meu amigo, que hei alongado!Muito me tardao meu amigo na Guarda!Ai eu, coitada, como vivo en grandesejopor meu amigo, que tarda e nonvejo!Muito me tarda
  16. 16. Ai eu, coitada, como vivo en grancuidadopor meu amigo, que hei alongado!Muito me tardao meu amigo na Guarda!Ai eu, coitada, como vivo en grandesejopor meu amigo, que tarda e nonvejo!Muito me tarda
  17. 17. O LEIXAPRÉN FACÍASE DEIXANDO E TOMANDO PARES DE VERSOS. OS SEGUNDOS VERSOSPARALELÍSTICOS DO PRIMEIRO PAR DE COBRAS APARECÍAN COMO PRIMEIROS DO PAR SEGUINTE.
  18. 18. Ondas do mar de Vigo, Se vistes meu amigo,e, ai Deus, se verrá cedo! o por que eu Ondas do mar sospiro e, ai Deus, se verrá Se levado, meu vistes cedo!e, ai amado, verrá Deus, se cedo! por que hei gran cuidado e, ai Deus, se verrá (Martim Codax) cedo!
  19. 19. O REFRÁN é a repetición dun ou varios versos ao final ou nocorpo de cada cobra. Pode terun número de sílabas diferenteao resto do versos da cantiga. APARECÍA CORRENTEMENTE NESTE XÉNERO BASEADO NA LITERATURA ORAL. e, ai Deus, se verrá* cedo! *virá
  20. 20. PORÉN, A MESTURA DE XÉNEROS ERA USUAL:MOITAS CANTIGAS DE AMOR POSÚEN PARALELISMO E REFRÁN, E INCLUSO LEIXAPRÉN, PROPIOS DA CANTIGA DE AMIGO.
  21. 21. A dona que eu am’ e tenho por senhoramostráde-mi-a Deus, se vos en prazer for, se non, dáde-mi a morte.A dona que tenho por lume destes olhos meuse por que choran sempr’, amostráde-mi- a, Deus, se non, dáde-mi a morte. Nesta cantiga de amor aparecen o paralelismo e o refrán
  22. 22. Normas métricas da poesía medieval• METRO: cóntase ata a última sílaba acentuada.• RITMO: aséntase na monótona repetición paralelística e no equilibrio do isosilabismo (igual número de sílabas en cada verso). Se hai algún metro non regularizado, a irregularidade sería corrixida pola melodía musical. Os trobadores modulaban os ritmos das súas composicións a través dos encabalgamentos.
  23. 23. Normas métricas da poesía medieval• RIMA: os versos poden ser MACHOS OU FEMIAS:.- MACHOS: os versos que rematan en palabraaguda..- FEMIAS: os versos que rematan en palabragrave.
  24. 24. Dende un punto de vista FORMAL• As cantigas poden ser:.- de REFRÁN: están constituídasnormalmentepor un número de catro versosco seguinte esquema rimático:«abbaCC»..- de MESTRÍA: non levan refrán.
  25. 25. Simboloxía nas cantigas de amigo (I)• 1.- Simboloxía DOS OBXECTOS: O seu valor simbólico está en relación coa idea de fidelidade e pertenza ao ser amado. As DOAS eran prendas de intercambio entre as parellas, con frecuencia a entrega dunha destas prendas significa unha promesa doutra entrega de tipo máis persoal, é unha proba de lazo sentimental entre os namorados. A CINTA OU CORDÓN DA CAMISA son símbolos estreitamente vinculados á posesión carnal.
  26. 26. Simboloxía nas cantigas de amigo (II)• 2.- Simboloxía da NATUREZA:.- A AUGA: o río, a fonte, o lago, o mar… sonlugares de encontro dos namorados. Coa augaasócianse elementos que teñen un clarosignificado erótico.O mar pode ser responsable da separación dosnamorados, ou as ondas poden ser portadorasde novas do amigo.
  27. 27. Simboloxía nas cantigas de amigo (III)Coa fonte van ligadas unha serie de imaxes dereferencia sexual como o lavado de cabelos, arotura do brial, etc. Co concepto de lavarcabelos, «garcetas» ou camisas únese un rito oupreludio do encontro amoroso..- Os CABELOS aportan información do estado daamiga. As doncelas levaban o cabelo longo. Ascasadas ou prometidas recollido ou curto. Ocabelo ten unha grande atracción erótica.
  28. 28. Simboloxía nas cantigas de amigo (IV).- O VENTO E A BRISA: con eles pode expresarse ainconstancia ou poden aparecer asociados coasondas ás que lles infunden a enerxía da que carecenpara ir dun lugar a outro..- A FLORA: A presenza das flores vai unida á alegríade amar e a súa ausencia coa tristura que envolve áamiga cando o amigo está ausente. As árboresteñen unha importante carga erótica ademais de irasociada a súa presenza coa existencia dun lugarpracenteiro.
  29. 29. Simboloxía nas cantigas de amigo (V).- A FAUNA: O cervo é utilizado como termo decomparación co amigo ou como metáfora, comosímbolo da potencia viril masculina ou comoreferente da axitación sentimental. Aparecenormalmente asociado con outros temas declaro contido simbólico como lavar cabelos.Os paxaros constitúen o marco que anuncia aprimavera.

×