Uploaded on

MANUAL ARABOARD

MANUAL ARABOARD

More in: Education
  • Full Name Full Name Comment goes here.
    Are you sure you want to
    Your message goes here
    Be the first to comment
    Be the first to like this
No Downloads

Views

Total Views
71
On Slideshare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
3

Actions

Shares
Downloads
0
Comments
0
Likes
0

Embeds 0

No embeds

Report content

Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
    No notes for slide

Transcript

  • 1. GRUPO TIC CEE A BARCIA O curso pasado realizamos no noso centro un GT centrado nas posibilidades educativas que as Tablets nos ofrecían. Entre os diversos materiais que elaboramos está este manual sobre o Araboard. Esperamos que vos sexa de utilidade. MANUAL ARABOARD ELABORADO FONTES DE INFORMACIÓN: http://informaticaparaeducacionespecial.blogspot.com.es/ http://giga.cps.unizar.es/affectivelab/araboard.html http://www.catedu.es/arasaac/ ARABOARD UTILIDADES: – Comunicación alternativa e aumentativa (facilitar a comunicación funcional). – Taboleiros de rutinas sinxelas. – Taboleiros para anticipar a realización de tarefas previstas. REQUISITOS SISTEMA: – Pódese usar en ordenadores, smartphone ou tablet. – Dispoñible para Windows e Android. – Necesita o Player Adobe Air. ESTÁ COMPOSTO DE 2 FERRAMENTAS COMPLEMENTARIAS: – ARABOARD CONSTRUCTOR: Para crear e editar os taboleiros de comunicación. Usa pictos ARASAAC ou calquera imaxe ou son que teñamos almacenados no dispositivo. – ARABOARD PLAYER: Para executar os taboleiros de comunicación creados previamente polo Araboard construtor. CARACTERÍSTICAS XERAIS: – Sinxelo e intuitivo. – Podemos crear taboleiros dende 1 ata 32 celdas. – Comunicación directa mediante internet a los pictos e sons de ARASAAC (quedan gardado directamente no dispositivo).
  • 2. DESCARGA E INSTALACIÓN PARA WINDOWS – Ir a páxina: http://giga.cps.unizar.es/affectivelab/araboard.html – Descargamos o Araboard: – Ao darlle, entrarmos en Sourceforge (é un repositorio de software libres en internet). Nesta páxina pulsamos: – No noso ordenador ábrese a seguinte ventá: – Pulsamos gradar como e seleccionamos a carpeta onde quero gardalo: – Cando remate a descarga, abrimos a carpeta onde o aloxamos: – O arquivo está comprimido, temos de descomprimilo: No noso ordenador é: facer clic no botón dereito do rato e selecciono "Extraer aquí". – Cando remate de extraelos, fago dobre clic na seguinte carpeta
  • 3. E aparecen os seguintes arquivos. – Facemos dobre clic sobre cada un deles e instalámolos seguindo as indicacións (de un en un). – Se non temos instalado o Adobe Air, o sistema o instalará automaticamente. – As iconas aparecerán no noso escritorio: DESCARGA E INSTALACIÓN PARA ANDROID – Ir a aplicación Play Store. – No cadro de busca escribimos Araboard. – Instalamos as dúas aplicacións (se non temos o Adobe Air, pediranos que o instalemos). CONFIGURACIÓN DO TABOLEIRO (Araboard Constructor) – Abrimos o construtor e dámoslle a comezar.
  • 4. – Aparece: – Se colocamos o curso sobre "Nombre del Tablero", podemos poñerlle o nome que queiramos ao noso taboleiro. – COMO ENGADIR FILAS E COLUMNAS? Pulsando nas iconas filas e columnas.Indicando máis ou menos en función do número que queiramos. – COMO CONFIGURAR A COR DO FONDO E A COR DAS LETRAS? Pulsando nas iconas fondo e letra. Exemplo:
  • 5. – SELECCIONAR IDIOMA DE BUSCA: – A conexión de Araboard con ARASAAC permítenos descargar directamente os pictogramas e audios. CREAMOS E GARDAMOS O TABOLEIRO (Araboard Constructor) – Imos a casilla de busca e escribimos o nome do picto que queremos atopar (exemplo: beber). Facer a busca en minúscula e coas tiles cando os leven. – Teño que arrastrar o picto ata a casilla que eu queira (fago clic co botón esquerdo do rato e sen soltalo movo o picto ata a casilla).
  • 6. – Araboard ten unha comunicación directa a través de Internet (mediante unha API) ca páxina de ARASAAC. Así podemos buscar e descargar os pictogramas necesarios para facer o taboleiro. Cando rematemos o taboleiro xa non é necesario ter acceso a Internet (os sons e pictos quedan gardados automaticamente). – Cando buscamos un pictograma, xunto a el aparece unha icona de son. Se prememos nela podemos escoitar a locución que ten asociada e que se descargará xunto co picto. Se non ten locución asociada aparecerá tachada cunha aspa vermella. – Para eliminar un picto arrastrámolo ata Borrar – Se queremos editar o seu contido arrastrámolo ata Editar (parte inferior dereita). – Tamén podemos acceder a Edición de pictogramas facendo clic sobre calquera das casillas baleiras:
  • 7. Así poderemos introducir imaxes, fotos,debuxos, sons, cancións.... Examinar: podo acceder a calquera imaxe ou son gardado no noso dispositivo. Se fago clic na icona da cámara de fotos: pode sacar unha foto dende a cámara do ordenador, móbil ou Tablet. Para sacar a foto dámoslle a "Tomar Foto" e logo pulsamos sobre a icona da foto (xa que se non a cámara segue funcionando e fai que a aplicación vaia máis lenta). Se fago clic na icona do micro pode gravar un son para esa foto.
  • 8. Quedaría así: – Cando rematemos o Taboleiro, temos que gardalo: Imos a "Guardar Tablero"
  • 9. – Indicamos onde o queremos gardar (en Examinar seleccionamos onde o queremos gardar) e a continuación dámoslle a "Guardar Tablero". MODIFICAR UN TABOLEIRO CREADO: Abrimos o Araboard Contructor → Cargar tablero → Seleccionamos o taboleiro que queremos modificar En Android, a opción de Cargar Tableiro aparece ao abrir o Araboard Constructor. IMPRIMIR UN TABOLEIRO Dámoslle a "Imprimir Tablero". A continuación facemos clic en "Generar un tablero imprimible".
  • 10. Indicamos en Examinar onde queremos que se garde o documento. E por último "Guardar PDF del Tablero". Buscamos a carpeta onde o gardamos e xa o podemos imprimir. USAMOS O ARABOARD PLAYER Abrimos o Araboard Player.
  • 11. Facemos clic en "comenzar" Facemos clic en "Cargar Tablero" e buscamos o taboleiro que imos usar. Abrimos o taboleiro e xa podemos traballar con el. Na versión para Android e máis sinxelo: ao entrar no AraBoard Player xa aparece a opción de Cargar Taboleiro.
  • 12. PASAR TABOLEIROS DO PC Á TABLET OU SMARTPHONE E VICEVERSA Se temos instalado no noso PC o Araboard e temos unha Tablet Android, podemos transferir os nosos taboleiros dende o PC á Tablet e viceversa. – Conectamos Tablet ao PC cun cable USB. – Abrimos o explorador de Windows. – Cando apareza o Tablet na árbore de directorios, pulsamos sobre ela e abrirase o directorio raíz. Con coidado (para non eliminar nada) desprazámonos polo directorio raíz buscando a carpeta "MIS_TABLEROS" (onde Araboard garda os Taboleiros en Android). – Busco no noso ordenador a carpeta cos taboleiros que quero mandar a Tablet, copio a carpeta e incorpóraa á Tablet. MOITO COIDADO DE NON TOCAR NINGÚN ARQUIVO DO DIRECTORIO DA TABLET OU DO SMARTPHONE. Pódese realizar á inversa.