• Share
  • Email
  • Embed
  • Like
  • Save
  • Private Content
Tipos de exames - Consellos para preparalos
 

Tipos de exames - Consellos para preparalos

on

  • 136 views

Seis tipos de exames e consellos para preparalos e conseguir os mellores resultados.

Seis tipos de exames e consellos para preparalos e conseguir os mellores resultados.

Statistics

Views

Total Views
136
Views on SlideShare
124
Embed Views
12

Actions

Likes
0
Downloads
0
Comments
0

1 Embed 12

http://193.146.210.101 12

Accessibility

Categories

Upload Details

Uploaded via as Adobe PDF

Usage Rights

© All Rights Reserved

Report content

Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
  • Full Name Full Name Comment goes here.
    Are you sure you want to
    Your message goes here
    Processing…
Post Comment
Edit your comment

    Tipos de exames - Consellos para preparalos Tipos de exames - Consellos para preparalos Presentation Transcript

    • Tipos de exames E consellos para preparalos
    • Índice • • • • • • • Páx. 03 - Test/Escolla múltiple Páx. 09 - Resposta curta/ensaio Páx. 13 - Resolución de problemas Páx. 17 - Laboratorio Páx. 21 - Con libro aberto ou para levar a casa Páx. 24 - Orais Páx. 28 - Referencias 2
    • Test/Escolla múltiple • Para cada cuestión, tres compoñentes cos que traballar: – O enunciado (unha pregunta, un problema ou unha frase incompleta) – A resposta correcta. – Respostas erradas que poden aparentar máis ou menos ser correctas. • Obxectivo: atopar a resposta correcta, isto é, a máis certa das alternativas que nos dean. • Imos ver unha serie de consellos para tratar con este tipo de exames: 3
    • Test/Escolla múltiple • Non só vas responder ben cando identificas de primeiras a resposta adecuada. Ás veces só unha das alternativas faise familiar. Pero noutras máis dunha resposta “sona” e hai que entender que é no que as diferenza. O estudo ten que ter sido detallado, le detidamente cada pregunta e ollo co que implican verbas do tipo “sempre”, “nunca”, etc... • Antes de ler as respostas tenta responder mentalmente á pregunta co que xa sabes. Se o enunciado non che parece claro ou non te lembras, entón pasa a ler as respostas. • Le ben tódalas alternativas e analízaas antes de tomar unha decisión. 4
    • Test/Escolla múltiple • Ollo coa xerga do que se estea a estudar, entende ben a terminoloxía para diferenciar o correcto do que “semella correcto”. • Ollo coas respostas que son afirmacións certas en si mesmas pero que non responden ao enunciado. • Se existen respostas coma “tódalas anteriores”, “ningunha das anteriores”, moito coidado, antes da escolla tense que ter claro se o resto de respostas son correctas ou incorrectas. • Coidado coas dobres negacións: “cal das seguintes non é certa?”, con respostas do estilo “non e certo que esta afirmación non sexa certa”... Se é preciso reformula en termos positivos o enunciado ou as respostas. 5
    • Test/Escolla múltiple • Se cadra a mellor estratexia e percorrer todo o test respondendo só ao que se sabe con certeza, para calmar a ansiedade e logo poder centrarse con máis calma nas cuestións nas que hai dúbidas. • Coñece de antemán o tempo que tes e o número de preguntas e xestiónao adecuadamente, tendo en conta que seguramente precises tempo para pasar as respostas a unha táboa e/ou repasar. • Adiviñar: depende do que resten as respostas incorrectas. De todos xeitos, tenta aumentar a probabilidade de acertar descartando algunha resposta. 6
    • Test/Escolla múltiple • Non te fíes habitualmente dos teus cambios de pensamento. Adoita acontecer que respostas correctas cámbianse por respostas incorrectas que ao revés. • Ninguén nace aprendido, as habilidades para resolver exames melloran sobre todo coa experiencia. Aprende dos erros. Se aínda non entendes por que unha resposta que deches era incorrecta, trata de encaixala nos teus apuntes. Se aínda non o ves claro, fala co profesor. 7
    • 8
    • Resposta curta/ensaio • Estuda ao teu profesor: por exemplo, pode ser que dous profesores de Historia, dando un mesmo tema, prefiran centrarse un na economía, outro na política, etc... Adoitan ser honestos, e aquilo ao que máis atención dedican na clase é o que logo se pregunta no exame. • Anticipa preguntas: confía na túa intelixencia. Pregúntate que tipo de preguntas poden facerse sobre o material que tes. Seguro que acertas algunha pregunta, e o exame resultará moito máis familiar. • Non te agobies: ata a quen se dedicou a quentar a cadeira na clase vaille soar de algo o que se pregunte. Se ti aínda por riba estudaches adecuadamente, estás preparado para facelo ben. 9
    • Resposta curta/ensaio • Controla o tempo: le toda a proba antes de comezar a escribir. Pode que haxa algunha pregunta máis “pesada” e que requira máis tempo. Se nun certo tempo non se rematan as preguntas curtas previas, hai que pasar á pregunta de máis valor e deixar as restantes para o final, por se sobrase tempo, para garantir unha boa nota. • Se podes escoller responder só a certas preguntas, perderás moito tempo se tentas resolver a tódalas alternativas primeiro. Valora cales escoller, faino e non rectifiques. • Fíxate no que che piden: “compara”, “resume” son peticións moi precisas, mentres que “razoa”, “debate” son máis abertas. 10
    • Resposta curta/ensaio • Un ensaio é o que é. Ten que ter un tema ou propósito claro e tense que premeditar unha argumentación para as afirmacións que se fan, coma por exemplo nun comentario de texto histórico/filosófico. Polo tanto parte do tempo tense que dedicar a organizar o tempo, facer un bosquexo. Por outro lado, se preciso, non fagas afirmacións xerais e baleiras, ou que recollan só detalles. • Perspectiva global: cando presentas diversos feitos relacionados, é moi importante que non te limites a presentalos, senón a extraer nexos e relacións causa-efecto entre eles. • Repaso: se rematas cedo, busca erros no que escribiches, de contido, ortográficos, etc... Se tes que engadir algo, pásao a limpo ou fai unha nota clara e lexible. 11
    • 12
    • Resolución de problemas • A clave neste tipo de exames, propios de materias baseadas en matemáticas e estatística, é a práctica durante a preparación. • Sendo a maioría de cuestións problemas a resolver, trata de facer tantos como poidas, e ben variados. • Non mires a solución ata intentar o problema pola túa conta. Se te atascas: – Fai lecturas adicionais. – Busca similitudes con outros problemas. – Pide axuda. • Estuda tódolos temas dispoñibles. 13
    • Resolución de problemas • Consegue recursos de distintas fontes e en distintos formatos. Fai o estudo máis interesante e completo. • Non memorices exames anteriores. Mesmo se o formato do exame mantense ano tras ano, as cuestións poden ter diferentes matices que analizar. Nalgunhas materias pódese levar o libro, un formulario, táboas, etc...: • A preparación ten que ser igual de intensa que se non se puidese levar nada. • Tes que recoñecer para cada cuestión as fórmulas que precisas. 14
    • Resolución de problemas • O tempo dispoñible só abonda para atopar fórmulas e referirse a elas, pero non é suficiente para estudar apartados da materia. • Calquera fonte da cal dispoña un alumno antes dun exame ten que ser traballada, e os apartados importantes localizados e etiquetados. • Se podes levar os teus propios contidos sen restricións, tenta anticipar algunhas preguntas do exame e levalas semi-resoltas. 15
    • 16
    • Laboratorio Estes exames avalían se aprendiches técnicas ensinadas nas prácticas ou se es quen de resolver problemas prácticos empregando coñecementos da teoría. Xorde dificultade ou nerviosismo cando se empregan medios pouco habituais ou hai fortes límites de tempo. • Non malgáste-lo tempo: – le primeiro o que tes que facer e vai lembrando o que tes que facer. – Presta atención ao entorno e ás dúbidas que se resolven en voz alta. – Nada máis rematar unha práctica, comproba que cumpriches o obxectivo e trata de lembrar os pasos sen seguir a especificación. – Se non a remataches, tenta volver noutra ocasión antes do exame. 17
    • Laboratorio • Preparando o estudio: – Antes do exame, trata de coñecer que tipo de cuestións poderán preguntarse, cal será a súa presentación e que tipo de erros poñen en risco a maior parte da nota. • Material de aprendizaxe: – Apuntamentos: para cada sesión de laboratorio ten notas que resuman tódala información relevante da mesma (a presentación, demostracións, ferramentas...). – Tarxetas que incorporen imaxes ou esquemas, para mellorar a habilidade de recoñecer estruturas e lembrar información con límite de tempo. – Táboas: contraste visual moi cómodo entre distintas combinacións dos elementos dunha proba. 18
    • Laboratorio • Poñendo a proba o coñecemento: buscar relacións entre as distintas informacións obtidas, e practicar con cuestións que tenten anticipar cales serán as do exame. 19
    • 20
    • Con libro aberto ou para levar a casa • Non che enganes, estás a ser avaliado puramente en entendemento, máis que en memorización ou lembrarse das cousas. • Aplicarás os coñecementos a novas situacións, analizarás e sintetizarás contidos e avaliarás o material do que dispós. • Non infravalores un exame de libro aberto: tes que preparalo e ser quen de chegar aos apartados que che interesan dos recursos rapidamente, para poder elaborar con tempo unha boa resposta. • Preparación: leva as clases ao día, elabora apuntes breves e concisos sobre conceptos clave, escolle ben o que levas e o que non ao exame, comenta coas túas palabras as referencias que empregas, e anticipa preguntas (non respostas). 21
    • Con libro aberto ou para levar a casa • Xa no exame: le as cuestións detidamente, emprega ben o tempo (tendo en conta o número de preguntas e a dificultade), e non sobrecargues as respostas, se conciso. • Fai citas cando: queres demostrar algo, empregar como razón de peso a autoridade da fonte, ou porque non poderías expresar mellor unha idea. Pero... Canto máis curtas mellor, pois poucas palabras fan referencia á cita completa e non da a sensación de que non es ti quen argumentas. 22
    • 23
    • Orais • Non só son unha boa forma para demostrar coñecemento e habilidades comunicativas, senón que son unha boa práctica para futuras entrevistas de traballo. • Poden ser máis formais ou menos, pero sempre manter un certo ton formal axuda a quedar ben en calquera ocasión. Escoita ben a pregunta e responde directamente. • Os exames formais adoitan seguir un guión de preguntas e as súas respostas avalíanse como correctas ou incorrectas. Se queres dar información complementaria, por cortesía pide permiso antes de facelo. 24
    • Orais • Preparación: – Pregúntalle ao profesor sobre o exame. – Estuda. – Debate con xente que sabe máis ou que xa fixo o exame sobre as mellores técnicas para responder. Practica só ou con compañeiros e analiza os teus xestos. – Ten claro o lugar, a data e a hora. – Se vas empregar dispositivos electrónicos, próbaos se é posible un certo tempo antes da presentación. 25
    • Orais • Durante o exame: – Semella e se profesional! – Chega cedo ao punto de encontro para prepararse e relaxarse. – O exame comeza nada máis chegar ao lugar, atento aos teus xestos e a como interactúas cos avaliadores. Se amable e atento, míraos aos ollos, sorrí, e se tes distractores ou nervios, non finxas que non están, podes mencionalos. – Estate concentrado, se intelixente coma oínte e coma falante. – Non divagues se non sabes a resposta. Simplemente pregunta se podes buscala ou tratar de resolvela dalgún xeito. – Mantén a compostura e a confianza se sentes que a entrevista non vai ben, pode ser que che estean poñendo a proba. – Non respondas con “si”, “no” soamente, argumenta. 26
    • Orais – Detecta sinais de ter que finalizar a intervención, coma que o avaliador mira o seu reloxo, non fai máis preguntas, etc... – Pregunta se hai algo máis do que falar. – Agradece a atención prestada. • Despois do exame: – Resume a túa actuación. – Tendo en conta os puntos fortes e débiles que detectes, trata de mellorar para ocasións próximas. – Se tes dúbidas sobre a túa actuación ou o material que che facilitou o avaliador, fala co mesmo pero sen faltarlle ao respeto. – Se estás de acordo coa avaliación que recibiches, notifícao a unha autoridade superior, como pode ser un departamento, escola, etc... 27
    • Referencias • • • • • • • http://learningcommons.sfu.ca/strategies/learning-studying/exam-types http://learningcommons.sfu.ca/sites/default/files/218/MCPsychology.pdf http://www.cws.illinois.edu/workshop/writers/tips/inclassessay/ http://www.csu.edu.au/division/studserv/my-studies/exam/before/types/maths http://www.lib.uoguelph.ca/assistance/learning_services/handouts/lab_exams.cfm http://www.studygs.net/tsttak7.htm http://www.studygs.net/oralexams.htm 28