Concello de Carballo :)

604
-1

Published on

0 Comments
1 Like
Statistics
Notes
• Be the first to comment

No Downloads
Views
Total Views
604
On Slideshare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
0
Actions
Shares
0
Downloads
3
Comments
0
Likes
1
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

Concello de Carballo :)

1. 1. Carballo…
2. 2.

Situada na comarca de Bergantiños, Carballo componse de 31.002 habitantes e máis de 186,09km ² de superficie. Bañada polo Mar Cantábrico, é coñecida pola fertilidade das súas terras e feiras. Pero o que sen duda chama máis a atención é que hai case un 98% de galegofalantes en todo o territorio comprendido. Actualmente está gobernado por Evencio Ferrero Rodríguez (Bloque Nacionalista Galego). A súa capital é Carballo, e está recoñecido como cidade. Está formada por 18 parroquias e 314 lugares coñecidos.

3. 3.

Carballo está cheo de castros, túmulos megalíticos, pazos e casas señoriais, ou abondosas mostras de arquitectura relixiosa. Tamén merece unha especial mención a arquitectura popular do municipio, onde os que se encontran casas, cruceiros, fontes ou muíños integradas na paisaxe.

4. 4. Que visitar ?

1 ) Espazo natural de Razo – Baldaio.

Está formado por 1.ooo hectáreas de superficie protexida. O maior atractivo da zona é a praia de Razo, con 5.5 km. que fan que sexa un dos areais máis grandes de toda Galicia. Este espazo está habitado por unha gran diversidade de prantas e especies, e por unha extraordinaria flora, unido ós areais, dunas, marismas ou cantís qe alí se encontran. A zona situada entre a marisma e a lagoa poderemos avistar mazaricos, agullas, biluricos, píllaras, pilros ou pilriños. Tamén se poden practicar diversos deportes como o surf en mar aberto ou o windsurf na marisma. Os apaixonados do

parapente descenden suavemente pola aba dun monte Neme,

preto do pequeno porto pesqueiro de Razo.

5. 5.

2) A Férveda de Entrecruces.

Na parroquia de Entrecruces, próxima á capela de San Paio, atópase un dos espectáculos naturais máis fermosos da comarca. O abondoso caudal do río Outón precipítase dende unha altura superior aos corenta metros, formando

unha fervenza de escuma e auga. Está rodeado dunha

espesa vexetación. Tamén se poden visitar os restos

de antigos muíños e dunha central hidroeléctrica que

no pasado dáballe enerxía á Vila. Preto de alí, encóntrase o bosque de ribeira, con

ameneiros, salgueiros, freixos, estripos, abelairas

ou loureiros.

6. 6.

3) O río Allóns.

Pódese atopar no seu caudal troitas, salmóns e reos. Seguindo o seu percorrido, na parroquia de Bértoa, sitúase o Refuxio de Queo, onde se poden atopar mesas e bancadas, asadores e unha casa - refuxio. Ao seu carón está A Cheda, onde se pode visitar un antigo muíño de auga. Nos últimos anos creáronse novas áreas recreativas como a do Tarambollo, en Sofán, na que existe unha pequena piscina natural. A de Barís, en Ardaña, conta cun muíño rehabilitado e unha carballeira. Preto do núcleo urbano está o Bosque do Añón, onde a vexetación de ribeira

mestúrase cos carballos. O lugar aínda

acolle cada ano a tradicional e

concorrida romaría que se celebra

durante as festas do San Xoán. Os

parques urbanos do Anllóns e do San

Martiño, situados no centro urbán,

tamén son bañados por este río.

7. 7.

4) O arte.

Carballo conta cun interesante patrimonio artístico. Onde están presentes diversos períodos históricos, como o megalítico. Desta etapa consérvanse no municipio numerosos exemplos, como o dolmen de Pedra Moura, situado en Aldemunde. A cultura castrexa deixou un castro en cada unha das parroquias do Concello. Chaman a atención polas súas privilexiadas vistas o de Castrillón, en Lema. Posteriormente o recinto sería cristianizado coa construción da capela de Santa Irene. A arte románica está presente no presbiterio da igrexa de Santa Irene, as ménsulas da sancristía de Noicela ou as columnas da capela maior de Sísamo. O gótico apréciase aínda na bóveda da hermida de San Paio [Entrecruces]. a Idade Moderna refléxase na ponte Lubiáns. Construída no século XVII, ocupa o lugar da que en tempos dos romanos fora paso obrigado entre Brigantia e Fisterra.

8. 8.

5) Arquitectura relixiosa.

A igrexa de Rus, construída entre os séculos XVII e XVIII. De traza barroca, presenta na súa fachada trazas do neoclasicismo, rematouse no século XIX. As obras foron dirixidas por Tomás del Río, quen tamén participou na construción da catedral de Santiago de Compostela. A de Entrecruces [século XVIII], con retablos barrocos, e a de Sofán [século XVIII e fachada do XIX]. A igrexa de Oza conserva un San Breixo que se dí que é o mellor retablo barroco que se conserva no contorno. Destacan na igrexa de Ardaña os retablos barrocos e unha excelente escultura da Asunción. A de Sísamo, construída no século XVIII con fachada do XIX presenta tamén mostras do barroco. Xa do século XX datan as igrexas de Berdillo, con retablos barrocos ou a de Razo. Do mesmo período é a igrexa de Bértoa, na que poden contemplarse un Cristo gótico e unha cruz procesional do século XVIII.

9. 9.

6) Arquitectura civil.

Entre os séculos XVII e XVIII construíronse en Carballo unha serie de pazos, grazas á boa situación económica daquela época. En Artes sitúase o pazo de Vilardefrancos , un dos máis grandes da comarca de Bergantiños. A súa estructura orixinal consérvase en perfecto estado. O pazo das Pallas , en Artes, foi construído no século XVII. Nel residiu Elena Bermúdez de Castro, descendente da casa de Vilardefrancos. No escudo do pazo, recuperado hoxe como vivenda, poden apreciarse o nome das familias Bermúdez, Castro, Vilardefrancos, Pardiñas e Luaces. O pazo de Gontade , na parroquia de Ardaña. Instituído en 1596 é un dos máis antigos de Carballo. na parroquia de Razo, está tamén o pazo de Cambrelle .

10. 10.

# A festa máis importante é a de San Xoán , patrón do Concello. Os festexos, que teñen lugar na vila de Carballo, prolónganse durante varios días na semana do 24 de xuño.

# O máis coñecido son os cereais e o pan de Carballo, todo producido neste municipio. No século XVIII eran importantes as feiras de Santa María de Rus, Berdillo e San Xurxo de Artes, pola comercialización do pan cocido. Segundo a receita tradicional do pan de Carballo o trigo debe de ser transformado nos muíños da Cheda, da Ponte Rosende ou do Quinto. A fariña resultante mesturarase coa auga do Anllóns para formar unha masa que se cocía nun forno de pedra. Por outra parte, quen visite Carballo non debe marchar sen degustar un bo prato de peixe ou marisco. Os mercados da Vila ofrecen os mellores e máis frescos produtos do mar, traídos diariamente das lonxas de Malpica, Laxe, Camariñas, Caión, ou dende o pequeno porto carballés de Razo.

Festas e gastronomía.
11. 11. Feiras e mercados.

# Carballo é un cruzamento de camiños entre a Comarca de Bergantiños, a Costa da Morte, a capital da provincia -A Coruña- e a da comunidade autónoma -Santiago de Compostela-. Esta situación privilexiada fixo que este municipio se convertese nun referente comercial onde atopar todo tipo de produtos: agrícolas, gandeiros, do mar ou manufacturados.

# Os xoves e os domingos na Praza do Concello da Vila celébrase un mercado idóneo para quen desexe adquirir o pan de Carballo, as cebolas, os allos, o repolo e as nabizas ou as patacas. O mercadillo da Milagrosa ten lugar todos os domingos de feira na Avenida da Milagrosa, preto do aparcadoiro e do Parque do San Martiño. Nel podemos atopar variados productos para a venda, coma prendas de vestir e téxtil en xeral, produtos para o fogar ou maquinaria agrícola, entre outros.

# Por outro lado, no mercado municipal pódense adquirir os

productos frescos acabados de sacar da terra ou do mar.

12. 12.

Tamara García Prado

3 º C

1. A particular slide catching your eye?

Clipping is a handy way to collect important slides you want to go back to later.