Vigo, cidade modernista
Vigo ten un elevado número de
edificios modernistas, sendo
importante tamén o número de
edificacións doutros estilos como
poden ser o eclecticismo (
Casa de Fernando Carreras) ou o
racionalismo, que lle dan a singular
aparencia a varias zonas do centro
urbano. Así, salferindo o trazado
urbanístico de Vigo atópanse edificios
monumentais, pequenas alfaias de
autores modernistas como
Antonio Palacios Ramilo (
Teatro García Barbón e antigo
Banco de España, actual
Casa das Artes), Jenaro de la Fuente
(arquitecto do antigo Hotel Universal
nas rúas Carral/García Olloqui),
Manuel Gómez Román (antigo edificio
Simeón na Porta do Sol), Paczevich
(os números 13,15,17 da rúa Urzaiz e
os nº 15,17,19 da avenidad García
Barbón) e José Franco Montes (autor
da casa de Joaquin Perez Boullosa na
praza de Compostela número 24 e a
casa dos irmáns Suárez en Montero
Rios número 2)
O plan Palacios
Frustrado plan do
Ensanche de Vigo
Palacios intentou levar a cabo
un proxecto racionalista para
o Ensanche de Vigo, que
nunca chegou a callar na
cidade olívica. Para intentar
convencer ao pobo vigués e
ás autoridades da necesidade
do mesmo para a cidade, que
daquela comenzaba a crecer a
gran velocidade, Palacios deu
dúas conferencias no
Teatro García Barbón os días
5 e 6 de setembro de 1934.
No seu discurso expresou as
súa preocupación polo que
podería acontecer se ese
proxecto non se levaba a
cabo.
O plan Palacios
Plan estrela do que se dispuña
dunha magnífica maqueta e uns
planos detallados e precisos
desde a escala territorial até a
pormenorización do deseño das
vivendas unifamiliares, vivirá no
recordo dos cidadáns como unha
oportunidade perdida. Tratábase
dun plan aberto desenvolvido
paralelamente á costa e con
vontade ordenadora, desde
criterios artísticos, de todo o
territorio municipal e municipios
próximos. os seus aspectos máis
escuros son sen lugar a dúbida a
ampla operación de reforma
interior que expuña e que
obrigaba á demolición da práctica
totalidade do Casco Lanuxe.
O plan Palacios
O plan plantea os novos eixos
o redor dos cales crecerá a
cidade de Vigo, a vía atlántica
e a vía de cornisa. Conforme
ao criterio de Palacios, en
todo desenvolvemento de
cidade marítima, é necesario
que as obras do porto e as
obras urbanas armonizar
perfectamente, isto a de
ensamblarse e a vía atlántica
é a ligazón de ambas A maior
altura aparece a vía de
Cornisa, que cun carácter
máis territorial. A outra cota,
con outros medios e trazado,
o percorrido da nova autovía
do Val Miñor quizáis podería
responder as expectativas do
arquitecto.
O plan Palacios
As propostas, en moitos casos visionarias
do proyectista, abarcan toda a cidade cun
grao de detalle e pormenorización que lle
levan a deseñar desde o gran edificio
público até as novas vivendas de
pescadores. A título de exemplo deseña a
crópolis no Castro, co Palacio Rexional ao
que se accederá en funicular, alí tamén se
situaría un gran \"stadium\". Pensa en Samil
como nova praia urbana unha vez perdida a
oportunidade de Coia dado o seu
desenvolvemento industrial. A Guía
converterase no outeiro sacro.
O Plan Palacios é anulado en 1937 e a
cidade seguirá crecendo amparada no Plan
de Ramiro Pascual a pesar de que nunca
será aprobado.
0 comments
Post a comment