1. DEREITOS ESPECÍFICOS DAS VÍTIMAS DE VIOLENCIA DE XÉNERO........................... 2   1.2. COMO SE ACREDITA A SITUACIÓ...
1. DEREITOS ESPECÍFICOS DAS VÍTIMAS DE VIOLENCIA DE XÉNEROA Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protecci...
1.2. Como se acredita a situación de violencia de xénero?(Arts. 23, 26 e 27.3 da Lei Orgánica 1/2004, do 28 de decembro, d...
•   Confidencialidade dos datos das persoas usuarias.    •   Derivación das chamadas nos seguintes supostos:             o...
•   Emerxencia   •   Apoio e acollida   •   Recuperación integralA finalidade destes servizos é dar cobertura ás necesidad...
xaneiro, de Asistencia Xurídica Gratuíta; Real Decreto 996/2003, do 25 dexullo, polo que se aproba o Regulamento de Asiste...
recoñecerse o dereito cando os seus ingresos non excedan do cuádruplo doIPREM,     tendo   presentes     as   súas     cir...
Para exercer estes dereitos, as traballadoras deben acreditar a situación deviolencia de xénero, ben mediante a sentenza p...
•   Nulidade do despedimento da traballadora vítima de violencia de       xénero polo exercicio dos seus dereitos laborais...
•   Consideración como períodos de cotización efectiva do tempo de       suspensión da relación laboral polas traballadora...
esixidos e aínda que non sexan acredoras da correspondente pensión       compensatoria.       (Artigo 174.2 do Texto Refun...
21 de novembro, polo que se aproba o programa de inserción sociolaboralpara mulleres vítimas de violencia de xénero)O prog...
(Artigo 21.3 da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de Medidas deProtección Integral contra a Violencia de Xénero)As e...
13 de outubro, pola que se regula o convenio especial no sistema daSeguridade Social)   •   Dereito á redución ou readapta...
•    Carecer de rendas que, en cómputo mensual, superen o 75 por cento          do salario mínimo interprofesional vixente...
Para ser incluída no programa de renda activa de inserción e ser beneficiariadesta axuda económica, a muller vítima de vio...
convenio xudicialmente aprobado ou en resolución xudicial en procesos deseparación, divorcio, declaración de nulidade do m...
As mulleres vítimas de violencia de xénero constitúen un colectivo con dereitoa protección preferente na súa posición de d...
2.1.1. Mulleres estranxeiras que teñan a condición de familiares de cidadándun Estado membro da Unión Europea ou dun Estad...
informe do Ministerio Fiscal que indique a existencia de indicios          de violencia de xénero.       o Duración da aut...
en España no momento da denuncia: solicitude por parte da             muller estranxeira no momento en que ela solicite ao...
134 do Regulamento da Lei Orgánica 4/2000, aprobado polo Real Decreto557/2011, do 20 de abril)   •   Se, ao denunciarse un...
provisional de residencia e traballo concedida á muller               estranxeira e, no seu caso, as autorizacións provisi...
3. DEREITOS DAS VÍTIMAS DO DELITO DOS QUE TAMÉN SONTITULARES AS VÍTIMAS DE VIOLENCIA DE XÉNEROAdemais dos dereitos específ...
caso, dos seus fillos, e activa ao mesmo tempo os mecanismos de protecciónsocial establecidos a favor da vítima polas dist...
4. A suspensión do réxime de comunicacións, visitas e estancias             do pai cos fillos ou a forma en que este debe ...
Presentada a denuncia, e na súa primeira comparecencia no Xulgado, oSecretario Xudicial informará á vítima do seu dereito ...
(Art. 100 da Lei de Axuizamento Criminal)A comisión dun delito ou falta obriga a reparar os danos e prexuízoscausados. Est...
•   Debe serlle comunicada calquera resolución que poida afectar á súa       seguridade, así a orde de protección, a adopc...
Con esta mesma finalidade, o modelo de solicitude da orde de proteccióndispón que a vítima pode indicar un domicilio ou te...
inicio do proceso penal e ábrese de novo dende que recaia a resoluciónxudicial firme.TELÉFONOS DE INFORMACIÓN             ...
http://www.seigualdad.gob.es/violenciaGenero/portada/home.htm                                                             ...
Upcoming SlideShare
Loading in...5
×

Guia derechos-victimas-viogen-gallego

121

Published on

Published in: Education
0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total Views
121
On Slideshare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
0
Actions
Shares
0
Downloads
1
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

Guia derechos-victimas-viogen-gallego

  1. 1. 1. DEREITOS ESPECÍFICOS DAS VÍTIMAS DE VIOLENCIA DE XÉNERO........................... 2 1.2. COMO SE ACREDITA A SITUACIÓN DE VIOLENCIA DE XÉNERO? ........................................................ 3 1.3. DEREITO Á INFORMACIÓN................................................................................................................ 3 O dereito a recibir información está garantido a través dos seguintes medios:................ 3 1.3.1. Servizo 016 de información e de asesoramento xurídico ................................ 3 1.3.2. Web de recursos de apoio e prevención ante casos de violencia de xénero . 4 1.4. DEREITO Á ASISTENCIA SOCIAL INTEGRAL....................................................................................... 4 1.5. DEREITO Á ASISTENCIA XURÍDICA INMEDIATA E ESPECIALIZADA .................................................... 5 1.5.1. Dereito á asistencia xurídica gratuíta................................................................ 6 1.6. DEREITOS LABORAIS ....................................................................................................................... 7 1.6.1. Dereitos das traballadoras por conta allea ............................................................ 8 1.7. DEREITOS EN MATERIA DE SEGURIDADE SOCIAL............................................................................. 9 (Art. 21 da Lei Orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero) ........................................................................................ 9 1.7.1. Dereitos en materia de cotización á Seguridade Social ................................... 9 1.7.2. Dereitos en materia de prestacións da Seguridade Social ............................ 10 1.8. DEREITOS EN MATERIA DE EMPREGO E PARA A INSERCIÓN LABORAL ...................................... 11 1.8.1. Programa específico de emprego ................................................................... 11 1.8.2. Contrato para o fomento da contratación indefinida ..................................... 12 1.8.3. Contrato de interinidade para a substitución de traballadoras vítimas de violencia de xénero.................................................................................................... 12 1.8.4. Incentivos para favorecer o inicio dunha actividade por conta propia ......... 13 1.8.5. Incentivos para as empresas que contraten vítimas de violencia de xénero 13 1.9. DEREITOS DAS FUNCIONARIAS PÚBLICAS................................................................................... 13 1.10. DEREITOS ECONÓMICOS ........................................................................................................... 14 1.10.1. Axuda económica específica para mulleres vítimas de violencia de xénero con especiais dificultades para obter un emprego .................................................. 14 1.10.2. Renda activa de inserción ............................................................................. 15 1.10.3. Anticipos por non pagamento de pensións alimenticias ............................. 16 1.10.4. Prioridade no acceso a vivendas protexidas e residencias públicas para maiores ...................................................................................................................... 17 1.11. DEREITO Á ESCOLARIZACIÓN INMEDIATA ................................................................................. 182. DEREITOS DAS MULLERES ESTRANXEIRAS VÍTIMAS DE VIOLENCIA DE XÉNERO 18 2.1. SITUACIÓN DE RESIDENCIA EN ESPAÑA DAS MULLERES ESTRANXEIRAS VÍTIMAS DE VIOLENCIA DE XÉNERO .......................................................................................................................................... 18 2.2. PROTECCIÓN DAS MULLERES ESTRANXEIRAS EN SITUACIÓN IRREGULAR VÍTIMAS DE VIOLENCIA DE XÉNERO .......................................................................................................................................... 21 (ART. 31 BIS DA LEI ORGÁNICA 4/2000, DO 11 DE XANEIRO, SOBRE DEREITOS E LIBERDADES DOS ESTRANXEIROS EN ESPAÑA E A SÚA INTEGRACIÓN SOCIAL; ARTS. 131 A 134 DO REGULAMENTO DA LEI ORGÁNICA 4/2000, APROBADO POLO REAL DECRETO 557/2011, DO 20 DE ABRIL).................. 21 2.3. DEREITO DE ASILO ....................................................................................................................... 233. DEREITOS DAS VÍTIMAS DO DELITO DOS QUE TAMÉN SON TITULARES AS VÍTIMASDE VIOLENCIA DE XÉNERO .............................................................................................. 24 3.1. DEREITO A FORMULAR DENUNCIA ............................................................................................... 24 3.2. DEREITO A SOLICITAR UNHA ORDE DE PROTECCIÓN .................................................................. 24 3.3. DEREITO A SER PARTE NO PROCEDEMENTO PENAL: O OFRECEMENTO DE ACCIÓNS ................ 26 3.4. DEREITO Á RESTITUCIÓN DA COUSA, REPARACIÓN DO DANO E INDEMNIZACIÓN DO PREXUÍZO CAUSADO ............................................................................................................................................. 27 3.5. DEREITO A RECIBIR INFORMACIÓN SOBRE AS ACTUACIÓNS XUDICIAIS ..................................... 28 3.6. DEREITO Á PROTECCIÓN DA DIGNIDADE E INTIMIDADE DA VÍTIMA NO MARCO DOS PROCESOS RELACIONADOS COA VIOLENCIA DE XÉNERO ..................................................................................... 29 3.7. AXUDAS ÁS VÍTIMAS DE DELITOS ................................................................................................ 30 1
  2. 2. 1. DEREITOS ESPECÍFICOS DAS VÍTIMAS DE VIOLENCIA DE XÉNEROA Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integralcontra a violencia de xénero (B.O.E. núm. 313, de 29 de decembro de 2004)consagra e garante ás mulleres que son ou que foron vítimas de violencia dexénero, unha serie de dereitos coa finalidade de que estas poidan poñer fin árelación violenta e recuperar o seu proxecto de vida.Estes dereitos son universais, no sentido de que todas as mulleres quesufrisen algún acto de violencia de xénero os teñen garantidos, conindependencia da súa orixe, relixión ou calquera outra condición oucircunstancia persoal ou social.1.1. Quen é vítima de violencia de xénero?(Art. 1 da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, deMedidas de Protección integral contra a Violencia de Xénero)Para os efectos da Lei orgánica 1/2004, é vítima de violencia de xénero amuller que é obxecto de calquera acto de violencia física e psicolóxica,incluídas as agresións á liberdade sexual, as ameazas, as coaccións ou aprivación arbitraria de liberdade, exercido sobre ela por parte de quen sexa outeña sido o seu cónxuxe ou de quen estea ou estivese ligado a ela porrelación semellante de afectividade, aínda sen convivencia.Este tipo de violencia é a expresión máis grave da discriminación, a situaciónde desigualdade, e as relacións de poder dos homes sobre as mulleres.Ademais, a Lei orgánica 1/2004 incorpora os fillos e as fillas das mulleres aoconcepto de vítima dende a súa Exposición de Motivos e recoñécelles todaunha serie de dereitos considerados nos artigos 5, 7, 14, 19.5, 61.2, 63, 65, 66e na Disposición Adicional 17ª. 2
  3. 3. 1.2. Como se acredita a situación de violencia de xénero?(Arts. 23, 26 e 27.3 da Lei Orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de Medidasde Protección Integral contra a Violencia de Xénero)Con carácter xeral, a situación de violencia de xénero que dá lugar aorecoñecemento dos dereitos correspondentes acredítase coa sentenzacondenatoria, a orde de protección a favor da vítima e, excepcionalmente, oinforme do Ministerio Fiscal que indique a existencia de indicios de que ademandante é vítima de violencia de xénero ata que se dite e a orde deprotección.Non obstante, para o recoñecemento dalgúns dereitos, a súa normativareguladora especifica cales son os medios para acreditar a situación deviolencia de xénero.1.3. Dereito á información(Art. 18 da Lei Orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de Medidas deProtección Integral contra a Violencia de Xénero)O dereito a recibir información está garantido a través dos seguintes medios:1.3.1. Servizo 016 de información e de asesoramento xurídico • Servizo telefónico gratuíto a través dun número curto de tres díxitos: 016. • Accesible ás persoas con discapacidade auditiva e/ou da fala: a través do número 900 116 016, por medio dun teléfono móbil, unha PDA, ou un teléfono de texto (DTS). • Dispoñible as 24 horas do día, os 365 días do ano. • Universalidade: atende en castelán, catalán, galego e éuscaro. Ademais, tamén atende en inglés, alemán, árabe, búlgaro, chinés, portugués, romanés, ruso e, de luns a venres, de 8:00 a 18:00 h, noutros 42 idiomas. Deste xeito, con diferente grao de cobertura ,aténdese en total en 53 idiomas. 3
  4. 4. • Confidencialidade dos datos das persoas usuarias. • Derivación das chamadas nos seguintes supostos: o Cando se trate de chamadas referidas a situacións de emerxencia, derivarase ao teléfono 112. o Cando se trate de chamadas de información xeral sobre muller, derivarase ao Instituto da Muller. o Cando se trate de chamadas que requiran de información específica relacionada cunha Comunidade Autónoma. o As chamadas realizadas por persoas menores de idade serán derivadas ao teléfono ANAR de Axuda a Nenos e Adolescentes. Ademais poden formularse as consultas a través da páxina web do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade.1.3.2. Web de recursos de apoio e prevención ante casos de violencia dexéneroEstá dispoñible na páxina web do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais eIgualdade, na Área de Igualdade: www.seigualdad.gob.es.Permite a localización sobre mapas activos dos distintos recursos (policiais,xudiciais, información, atención e asesoramento) que as administraciónspúblicas e as entidades sociais puxeron a disposición da cidadanía e dasvítimas de violencia de xénero.1.4. Dereito á asistencia social integral(Art. 19 da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, deMedidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero)Para facer real o seu dereito á integridade física e moral, as mulleres vítimasde violencia de xénero, e os seus fillos e fillas menores, teñen dereito aservizos sociais de: • Atención 4
  5. 5. • Emerxencia • Apoio e acollida • Recuperación integralA finalidade destes servizos é dar cobertura ás necesidades derivadas dasituación de violencia, restaurar a situación na que se atopaba a vítima antesde padecela ou, polo menos, paliar os seus efectos.A través dos mesmos faise posible que as mulleres: • Reciban asesoramento sobre as actuacións que poden emprender e os seus dereitos. • Coñezan os servizos aos que poden dirixirse para solicitar asistencia material, médica, psicolóxica e social. • Accedan aos diferentes recursos de aloxamento (emerxencia, acollida temporal, centros tutelados, etc.) nos que está garantida a súa seguridade e cubertas as súas necesidades básicas. • Recuperen a súa saúde física e/ou psicolóxica. • Acaden a súa formación, inserción ou reinserción laboral, e reciban apoio psicosocial ao longo de todo o itinerario de recuperación integral coa finalidade de evitar a dobre vitimización.O dereito á asistencia social integral recoñécese tamén aos menores queviven en ámbitos familiares onde existe violencia de xénero. Os servizossociais deben contar cun número suficiente de prazas previstas para osmenores, así como estar dotados de persoal con formación específica na súaatención co fin de previr e evitar eficazmente as situacións que poidancomportar danos psíquicos e físicos a estes.1.5. Dereito á asistencia xurídica inmediata e especializada(Art. 20 da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de Medidas deProtección Integral contra a Violencia de Xénero; Lei 1/1996, do 10 de 5
  6. 6. xaneiro, de Asistencia Xurídica Gratuíta; Real Decreto 996/2003, do 25 dexullo, polo que se aproba o Regulamento de Asistencia Xurídica Gratuíta)As mulleres vítimas de violencia de xénero teñen dereito á asistencia xurídicainmediata e especializada en todos os procesos xudiciais e os procedementosadministrativos que teñan causa directa ou indirecta na violencia padecida.Esta asistencia xurídica será gratuíta cando as mulleres acrediten insuficienciade recursos para litigar.Cando as mulleres vítimas de violencia de xénero soliciten (dependenciapolicial ou xudicial) o servizo de orientación xurídica, defensa e asistencialetrada, designarase de maneira inmediata un avogado de oficio dentro daquenda especializada na defensa das mulleres vítimas de violencia de xéneroestablecida polos Colexios de Avogados nos seus respectivos ámbitos.O avogado de oficio designado informará a muller do dereito que a asiste parasolicitar o beneficio de asistencia á xustiza gratuíta e advertiralle que, de nonlle ser recoñecido con posterioridade o dereito á asistencia xurídica gratuíta,deberá aboar ao seu cargo os honorarios correspondentes; proporcionaralleasesoramento xurídico previo á presentación da denuncia e á solicitude daorde de protección, e prestaralle asistencia na formulación de ambas as dúas.Se ben a designación de avogado se realiza inmediatamente e non énecesario tramitar con carácter previo a solicitude do beneficio de xustizagratuíta, se este dereito non se solicita ou finalmente é denegado, a vítimadeberá aboar os honorarios devindicados pola intervención do avogado e doprocurador.1.5.1. Dereito á asistencia xurídica gratuítaO dereito á asistencia xurídica gratuíta recoñéceselle á muller vítima deviolencia de xénero que acredita que os seus recursos e ingresoseconómicos, computados anualmente e por unidade familiar, non superan odobre do Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples (IPREM) vixente nomomento de efectuar a solicitude. Con carácter excepcional, pode 6
  7. 7. recoñecerse o dereito cando os seus ingresos non excedan do cuádruplo doIPREM, tendo presentes as súas circunstancias familiares, obrigaseconómicas e custo do proceso.Recoñecido o dereito á asistencia xurídica gratuíta, a defensa dos interesesda vítima, en todos os procesos que sexa necesario tramitar, realízase polomesmo avogado pertencente á Quenda de Oficio Especial de Violencia deXénero establecido polos Colexios de Avogados nos seus respectivosámbitos.O dereito á asistencia xurídica gratuíta comprende as seguintes prestacións: o Asesoramento e orientación gratuítos previos ao proceso. o Defensa e representación gratuítas por avogado e procurador nos procesos xudiciais e procedementos administrativos. o Inserción gratuíta de anuncios ou edictos en xornais oficiais. o Exención do pagamento de depósitos necesarios para interpoñer recursos. o Asistencia pericial gratuíta. o Obtención gratuíta ou redución do 80% dos dereitos arancelarios dos documentos notariais.1.6. Dereitos laborais(Art. 21 da Lei Orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de Medidas deProtección Integral contra a Violencia de Xénero)O recoñecemento de dereitos laborais ás mulleres vítimas de violencia dexénero ten como finalidade evitar que, a causa da violencia que sofren,abandonen o mercado laboral. Para iso, recoñécenselles dereitos tendentes aprocurar a conciliación do traballo coa situación de violencia de xénero,garántese a súa protección se se ven obrigadas a abandonar o seu posto detraballo, ben con carácter temporal, ben con carácter definitivo, e procúrase asúa inserción laboral no caso de que non estivesen empregadas. 7
  8. 8. Para exercer estes dereitos, as traballadoras deben acreditar a situación deviolencia de xénero, ben mediante a sentenza pola que se condene o agresor,a orde de protección ou, excepcionalmente e ata que se dite a orde deprotección, mediante informe do Ministerio Fiscal que indique a existencia deindicios de que a muller é vítima de violencia de xénero.1.6.1. Dereitos das traballadoras por conta allea1(Arts. 37.7, 40.3.bis, 45.1.n, 48.6, 49.1, 52.d, 55.5.b do Texto Refundido da Leido Estatuto dos Traballadores, aprobado por Real Decreto Lexislativo 1/1995,do 24 de marzo) • Dereito á redución da xornada laboral con diminución proporcional do salario, cuxa finalidade é que a muller vítima de violencia de xénero faga efectiva a súa protección ou o seu dereito á asistencia social integral. • Dereito á reordenación do tempo de traballo, a través da adaptación do horario, da aplicación do horario flexible ou doutras formas de ordenación do tempo de traballo que se utilicen na empresa. • Dereito á mobilidade xeográfica, con reserva do posto de traballo durante os primeiros 6 meses. • Dereito á suspensión da relación laboral con reserva do posto de traballo, e cunha duración inicial que non poderá exceder de seis meses. • Dereito á extinción do contrato de traballo por decisión da traballadora, en cuxo caso esta se considerará en situación legal de desemprego polo que, en caso de reunir os demais requisitos esixidos, tería dereito a percibir a prestación por desemprego ou o subsidio por desemprego. • As ausencias ou faltas de puntualidade ao traballo motivadas pola violencia de xénero consideraranse xustificadas, cando así o determinen os servizos sociais de atención ou servizos de saúde.1 Os convenios colectivos e acordos de empresa poden contemplar melloras destes dereitos. 8
  9. 9. • Nulidade do despedimento da traballadora vítima de violencia de xénero polo exercicio dos seus dereitos laborais.1.6.2. Dereitos das traballadoras por conta propia(Art. 21.5 da Lei Orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de Medidas deProtección Integral contra a Violencia de Xénero; Lei 20/2007, do 20 de xullo,reguladora do Estatuto do Traballo Autónomo; Lei 32/2010, do 5 de agosto,pola que se establece un sistema específico de protección por cesamento deactividade dos traballadores autónomos; Real Decreto 1541/2011, do 31 deoutubro, polo que se desenvolve a Lei 32/2010, do 5 de agosto) • Dereitos da traballadora autónoma economicamente dependente: o Dereito á adaptación do horario da actividade. o Dereito á extinción da súa relación contractual. o Considerarase causa xustificada de interrupción da actividade por parte da traballadora a situación de violencia de xénero. • Atoparanse en situación legal de cese de actividade, para os efectos da protección por cese de actividade, as traballadoras autónomas que cesen no exercicio da súa actividade, de maneira temporal ou definitiva, por causa da violencia de xénero.1.7. Dereitos en materia de Seguridade Social(Art. 21 da Lei Orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de Medidas deProtección Integral contra a Violencia de Xénero)1.7.1. Dereitos en materia de cotización á Seguridade Social • Subscrición de convenio especial coa Seguridade Social por parte das traballadoras vítimas de violencia de xénero que reducisen a súa xornada laboral con diminución proporcional do salario. (Orde TAS/2865/2003, do 13 de outubro, pola que se regula o convenio especial no sistema da Seguridade Social) 9
  10. 10. • Consideración como períodos de cotización efectiva do tempo de suspensión da relación laboral polas traballadoras por conta allea, e do tempo de suspensión da obriga de cotizar polas traballadoras por conta propia que cesen na súa actividade. (Disposición adicional única do Real Decreto 1335/2005, do 11 de novembro, polo que se regulan as prestacións familiares da Seguridade Social) • Suspensión da obriga de cotizar durante un período de seis meses para as traballadoras autónomas que cesen na súa actividade para facer efectiva a súa protección ou o seu dereito á asistencia social integral.1.7.2. Dereitos en materia de prestacións da Seguridade Social • Para os efectos das prestacións por maternidade e por paternidade, consideraranse situacións asimiladas á de alta os períodos considerados como de cotización efectiva respecto das traballadoras por conta allea e por conta propia que sexan vítimas de violencia de xénero. (Real Decreto 295/2009, do 6 de marzo, polo que se regulan as prestacións económicas do sistema da Seguridade Social por maternidade, paternidade, risco durante o embarazo e risco durante a lactación natural) • Dereito á pensión de xubilación anticipada das mulleres que cesen no seu traballo por ser vítimas de violencia de xénero e reúnan os requisitos esixidos. (Artigo 161 bis.2 do Texto Refundido da Lei Xeral da Seguridade Social, aprobado por Real Decreto Lexislativo 1/1994, do 20 de xuño) • Dereito á pensión de viuvez nos supostos de separación e divorcio das mulleres vítimas de violencia de xénero que acrediten os requisitos 10
  11. 11. esixidos e aínda que non sexan acredoras da correspondente pensión compensatoria. (Artigo 174.2 do Texto Refundido da Lei Xeral da Seguridade Social, aprobado por Real Decreto Lexislativo 1/1994, do 20 de xuño) • Perda da pensión de viuvez por quen fose condenado por sentenza firme pola comisión dun delito doloso de homicidio, en calquera das súas formas, ou de lesións cando a ofendida polo delito fose a súa cónxuxe ou ex-cónxuxe, ou parella ou ex-parella de feito; e incremento, no seu caso, da pensión de orfandade dos orfos. (Disposición adicional primeira da Lei Orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero; artigo 38 do Decreto 3158/1966, do 23 de decembro, polo que se aproba o Regulamento Xeral que determina a contía das prestacións económicas do Réxime Xeral da Seguridade Social e condicións para o dereito a estas) • A efectos de ter dereito á prestación por desemprego e ao subsidio por desemprego, ademais de reunir os requisitos esixidos, considérase que a traballadora se atopa en situación legal de desemprego cando extinga ou suspenda o seu contrato de traballo de xeito voluntario como consecuencia de ser vítima de violencia de xénero. (Artigo 21.2 da Lei Orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero; artigos 208.1.1.e) e 208.1.2) e disposición adicional cuadraxésima segunda do Texto Refundido da Lei Xeral da Seguridade Social, aprobado por Real Decreto Lexislativo 1/1994, do 20 de xuño)1.8. Dereitos en materia de emprego e para a inserción laboral1.8.1. Programa específico de emprego(Artigo 22 da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de Medidas deProtección Integral contra a Violencia de Xénero; Real Decreto 1917/2008, do 11
  12. 12. 21 de novembro, polo que se aproba o programa de inserción sociolaboralpara mulleres vítimas de violencia de xénero)O programa de inserción sociolaboral para mulleres vítimas de violencia dexénero, inscritas como demandantes de emprego nos Servizos Públicos deEmprego, inclúe as seguintes medidas: • Itinerario de inserción sociolaboral, individualizado e realizado por persoal especializado. • Programa formativo específico para favorecer a inserción sociolaboral por conta allea. • Incentivos para favorecer o inicio dunha nova actividade por conta propia. • Incentivos para as empresas que contraten vítimas de violencia de xénero. • Incentivos para facilitar a mobilidade xeográfica. • Incentivos para compensar diferenzas salariais. • Convenios con empresas para facilitar a contratación de mulleres vítimas de violencia de xénero e a súa mobilidade xeográfica.1.8.2. Contrato para o fomento da contratación indefinida(Disposición adicional primeira da Lei 12/2001, de 9 de xullo, de medidasurxentes de reforma do mercado de traballo para o incremento do emprego ea mellora da súa calidade)Este contrato pode concertarse con mulleres desempregadas inscritas comodemandantes de emprego nos Servizos Públicos de Emprego que sexanvítimas de violencia de xénero.1.8.3. Contrato de interinidade para a substitución de traballadorasvítimas de violencia de xénero 12
  13. 13. (Artigo 21.3 da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de Medidas deProtección Integral contra a Violencia de Xénero)As empresas que formalicen contratos de interinidade para substituír astraballadoras vítimas de violencia de xénero que suspendesen o seu contratode traballo ou que exercitasen o seu dereito á mobilidade xeográfica ou aocambio de centro de traballo, teñen dereito a unha bonificación da cotaempresarial á Seguridade Social.1.8.4. Incentivos para favorecer o inicio dunha actividade por contapropia(Orde TAS/1622/2007, do 5 de xuño, pola que se regula a concesión desubvencións ao programa de promoción do emprego autónomo)As mulleres vítimas de violencia de xénero desempregadas e inscritas comodemandantes de emprego nos Servizos Públicos de Emprego que seestablezan como traballadoras autónomas poden ser beneficiarias dunhasubvención polo establecemento como traballadora autónoma e dunhasubvención financeira, cuxo obxecto é reducir os intereses dos préstamosdestinados a financiar os investimentos para a creación e posta en marcha daempresa.1.8.5. Incentivos para as empresas que contraten vítimas de violencia dexénero(Lei 43/2006, de 29 de decembro, para a mellora do crecemento e doemprego)As empresas que contraten mulleres vítimas de violencia de xénero teñendereito a bonificacións da cota empresarial á Seguridade Social, diferentes enfunción do carácter indefinido ou temporal do contrato asinado.1.9. Dereitos das funcionarias públicas(Artigos 24 a 26 da Lei Orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de Medidas deProtección Integral contra a Violencia de Xénero; Lei 7/2007, do 12 de abril,do Estatuto Básico do Empregado Público; Art. 21 Orde TAS/2865/2003, do 13
  14. 14. 13 de outubro, pola que se regula o convenio especial no sistema daSeguridade Social) • Dereito á redución ou readaptación da xornada, a través da adaptación do horario, da aplicación do horario flexible ou doutras formas de ordenación do tempo de traballo nos termos que a Administración estableza. • Dereito á mobilidade por violencia de xénero. • Dereito á excedencia. Durante os seis primeiros meses, a funcionaria ten dereito á reserva do posto de traballo que desempeñase, sendo computable o devandito período para os efectos de antigüidade, carreira e dereitos do réxime de Seguridade Social correspondente. • As faltas de asistencia das funcionarias vítimas de violencia de xénero, totais ou parciais, terán a consideración de xustificadas polo tempo e nas condicións en que así o determinen os servizos sociais de atención ou de saúde segundo proceda. • Subscrición de convenio especial coa Seguridade Social cando as funcionarias vítimas de violencia de xénero reduzan a súa xornada con diminución proporcional da retribución.1.10. Dereitos económicos1.10.1. Axuda económica específica para mulleres vítimas de violenciade xénero con especiais dificultades para obter un emprego(Art. 27 da Lei Orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de Medidas deProtección Integral contra a Violencia de Xénero e Real Decreto 1452/2005,do 2 de decembro. A normativa relativa ao procedemento de tramitación é aque fose aprobada ao respecto na Comunidade ou Cidade Autónoma na quese solicite a axuda)É unha axuda económica dirixida ás mulleres vítimas de violencia de xéneroque reúnan os seguintes requisitos: 14
  15. 15. • Carecer de rendas que, en cómputo mensual, superen o 75 por cento do salario mínimo interprofesional vixente, excluída a parte proporcional de dúas pagas extraordinarias. • Ter especiais dificultades para obter un emprego, dada a súa idade, falta de preparación xeral ou especializada, ou as súas circunstancias sociais, o cal se acredita mediante o informe emitido polo Servizo Público de Emprego correspondente.Esta axuda económica abóase nun único pagamento, e o seu importe,calculado en función dun número de mensualidades do subsidio pordesemprego correspondente, depende de se a muller ten ou non familiares aoseu cargo, e de se a propia muller e/ou os familiares ao seu cargo teñenrecoñecido un grao de discapacidade.Esta axuda é compatible coas previstas na Lei 35/1995, do 11 de decembro,de Axudas e Asistencia ás Vítimas de Delitos violentos e contra a LiberdadeSexual. En cambio, é incompatible con outras axudas que cumpran a mesmafinalidade, así como coa participación no programa de Renda Activa deInserción.Esta non ten en ningún caso a consideración de renda ou ingreso computablea efectos do cobramento das pensións non contributivas.1.10.2. Renda activa de inserción(Real Decreto 1369/2006, do 24 de novembro, polo que se regula o programade Renda Activa de Inserción para desempregados con especiaisnecesidades económicas e dificultade para encontrar emprego)É unha axuda económica que se lles recoñece ás persoas desempregadasincluídas no chamado "programa de renda activa de inserción", a través do calse levan a cabo actuacións encamiñadas a incrementar as oportunidades deinserción no mercado de traballo. 15
  16. 16. Para ser incluída no programa de renda activa de inserción e ser beneficiariadesta axuda económica, a muller vítima de violencia de xénero deberá cumpriros seguintes requisitos: • Acreditar a súa condición de vítima de violencia de xénero. • Estar inscrita como demandante de emprego; non obstante, non se lle esixe levar 12 meses inscrita ininterrompidamente como demandante de emprego. • Non convivir co seu agresor. • Ser menor de 65 anos, aínda que non se lle esixe ter 45 ou máis anos de idade. • Carecer de rendas propias, de calquera natureza, superiores en cómputo mensual ao 75 por cento do salario mínimo interprofesional vixente, excluída a parte proporcional de dúas pagas extraordinarias. • Pode ser beneficiaria dun novo Programa de renda activa de inserción aínda que tivese sido beneficiaria doutro programa dentro dos 365 días anteriores á data da solicitude.A contía da renda activa de inserción é do 80% do Indicador Público de Rendade Efectos Múltiples (IPREM) mensual vixente en cada momento.Ademais, inclúe unha axuda suplementaria de pagamento único se a mullerse viu obrigada a cambiar de residencia polas súas circunstancias de violenciade xénero nos 12 meses anteriores á solicitude de admisión ao programa oudurante a súa permanencia neste, de contía equivalente ao importe de tresmeses da renda activa de inserción.1.10.3. Anticipos por non pagamento de pensións alimenticias(Real Decreto 1618/2007, do 7 de decembro, sobre Organización eFuncionamento do Fondo de Garantía do Pagamento de Alimentos)A través do Fondo de Garantía do Pagamento de Alimentos garántese opagamento de alimentos recoñecidos e non pagados, establecidos en 16
  17. 17. convenio xudicialmente aprobado ou en resolución xudicial en procesos deseparación, divorcio, declaración de nulidade do matrimonio, filiación oualimentos, mediante o aboamento dunha cantidade que terá a condición deanticipo.As persoas beneficiarias dos anticipos son, con carácter xeral, os fillostitulares dun dereito de alimentos xudicialmente recoñecido e non pagado, queformen parte dunha unidade familiar cuxos recursos e ingresos económicos,computados anualmente e por todos os seus conceptos, non superen acantidade resultante de multiplicar a contía anual do Indicador Público deRenda de Efectos Múltiples (IPREM) vixente no momento da solicitude doanticipo polo coeficiente que corresponda en función do número de fillosmenores que integren a unidade familiar.As persoas beneficiarias teñen dereito ao anticipo da cantidade mensualdeterminada xudicialmente en concepto de pagamento de alimentos, co límitede 100 euros mensuais, que se poderá percibir durante un prazo máximo dedezaoito meses.No suposto de que a persoa que ostente a garda e custodia dos menores (queé quen solicita e percibe o anticipo) sexa vítima violencia de xénero,enténdese que existe unha situación de urxente necesidade para recoñeceros anticipos do Fondo, polo que se tramitará o procedemento de urxencia, queimplica que o prazo para resolver e notificar a solicitude será de dous meses.1.10.4. Prioridade no acceso a vivendas protexidas e residenciaspúblicas para maiores(Art. 28 da Lei Orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de Medidas deProtección Integral contra a Violencia de Xénero; Real Decreto 2066/2008, do12 de decembro, polo que se regula o Plan Estatal de Vivenda eRehabilitación 2009-2012) 17
  18. 18. As mulleres vítimas de violencia de xénero constitúen un colectivo con dereitoa protección preferente na súa posición de demandantes de vivenda efinanciamento acollidos a este Real Decreto.Tamén a condición de vítima de violencia de xénero é unha circunstancia queserá tida en conta pola administración pública competente para a concesióndunha praza nunha residencia pública para maiores.1.11. Dereito á escolarización inmediata(Art. 5 e disposición adicional décimo sétima da Lei Orgánica 1/2004, do 28 dedecembro, de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero)Os fillos e as fillas das vítimas de violencia de xénero que se vexan afectadospor un cambio de residencia derivada dos actos de violencia de xénero, teñendereito á súa escolarización inmediata no seu novo lugar de residencia.2. DEREITOS DAS MULLERES ESTRANXEIRAS VÍTIMAS DE VIOLENCIADE XÉNERO2.1. Situación de residencia en España das mulleres estranxeiras vítimasde violencia de xénero(Art. 17.1 da Lei Orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de Medidas deProtección Integral contra a Violencia de Xénero; Lei Orgánica 4/2000, do 11de xaneiro, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súaintegración social; Regulamento da Lei Orgánica 4/2000, aprobado polo RealDecreto 557/2011, do 20 de abril; Real Decreto 240/2007, de 16 de febreiro,sobre entrada, libre circulación e residencia en España de cidadáns dosEstados membros da Unión Europea e doutros Estados parte no Acordo sobreo Espazo Económico Europeo)A situación de residencia en España das mulleres estranxeiras vítimas deviolencia de xénero inclúe as seguintes posibilidades: 18
  19. 19. 2.1.1. Mulleres estranxeiras que teñan a condición de familiares de cidadándun Estado membro da Unión Europea ou dun Estado parte no Acordo sobreo Espazo Económico Europeo.(Art. 9.4 do Real Decreto 240/2007, de 16 de febreiro, sobre entrada, librecirculación e residencia en España de cidadáns dos Estados membros daUnión Europea e doutros Estados parte no Acordo sobre o Espazo EconómicoEuropeo)Para conservar o dereito de residencia no caso de nulidade matrimonial,divorcio ou cancelación da inscrición como parella rexistrada, a muller que nonsexa nacional dun Estado membro da Unión Europea ou dun Estado parte noAcordo sobre o Espazo Económico Europeo deberá acreditar que foi vítima deviolencia de xénero durante o matrimonio ou situación de parella rexistrada,circunstancia que se considerará acreditada de xeito provisional cando existaunha orde de protección ao seu favor ou informe do Ministerio Fiscal no quese indique a existencia de indicios de violencia de xénero, e con carácterdefinitivo cando recaia resolución xudicial da que se deduza que se producironas circunstancias alegadas.2.1.2. Mulleres estranxeiras non comunitarias: poden ser titulares dalgún dosdous tipos de autorizacións de residencia e traballo específicos por razón deviolencia de xénero seguintes: • Autorización de residencia e traballo independente das mulleres estranxeiras reagrupadas co seu cónxuxe ou parella: (Art. 19.2 da Lei orgánica 4/2000, do 11 de xaneiro, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social; Art. 59.2 do Regulamento da Lei Orgánica 4/2000, aprobado polo Real Decreto 557/2011, do 20 de abril) o Obtención da autorización unha vez ditada a favor da muller unha orde de protección ou, no seu defecto, cando exista un 19
  20. 20. informe do Ministerio Fiscal que indique a existencia de indicios de violencia de xénero. o Duración da autorización: 5 anos.• Autorización de residencia temporal e traballo por circunstancias excepcionais das mulleres estranxeiras en situación irregular: (Art. 31 bis da Lei orgánica 4/2000, do 11 de xaneiro, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social; Arts. 131 a 134 do Regulamento da Lei orgánica 4/2000, aprobado polo Real Decreto 557/2011, do 20 de abril) o Solicitude da autorización dende o momento en que se ditase a favor da muller unha orde de protección ou emitise informe do Ministerio Fiscal no que se aprecie a existencia de indicios de violencia de xénero. o Concesión da autorización cando o procedemento penal conclúa cunha sentenza condenatoria ou cunha resolución xudicial da que se deduza que a muller foi vítima de violencia de xénero, incluído o arquivo da causa por encontrarse o imputado en paradoiro descoñecido ou o sobresemento provisional por expulsión do denunciado. o Duración da autorización: 5 anos. Non obstante, no curso destes 5 anos a muller pode acceder á situación de residencia de longa duración, previa solicitude, a cuxo efecto se computará o tempo durante o que tivese sido titular dunha autorización provisional de residencia temporal e traballo. o Autorización de residencia por circunstancias excepcionais a favor dos seus fillos menores de idade ou que teñan unha discapacidade e non sexan obxectivamente capaces de prover as súas propias necesidades, ou autorización de residencia e traballo en caso de que fosen maiores de 16 anos e se atopen 20
  21. 21. en España no momento da denuncia: solicitude por parte da muller estranxeira no momento en que ela solicite ao seu favor a autorización de residencia temporal e traballo por circunstancias excepcionais, ou en calquera outro momento posterior ao longo do proceso penal. A súa concesión e a súa duración prodúcense nos mesmos termos que a autorización de residencia temporal e traballo por circunstancias excepcionais das mulleres estranxeiras en situación irregular. o A autoridade administrativa competente para outorgar esta autorización por circunstancias excepcionais concederá unha autorización provisional de residencia e traballo a favor da muller estranxeira e, no seu caso, autorizacións de residencia ou de residencia e traballo provisionais a favor dos seus fillos menores de idade ou que teñan unha discapacidade e non sexan obxectivamente capaces de prover as súas necesidades, que se atopen en España no momento da denuncia. Estas autorizacións provisionais concluirán no momento en que se conceda ou denegue definitivamente a autorización por circunstancias excepcionais.2.1.3. A autorización de residencia temporal e traballo por conta allea da quesexa titular unha muller estranxeira renovarase á súa expiración nos supostosde extinción do contrato de traballo ou suspensión da relación laboral comoconsecuencia de ser vítima de violencia de xénero.(Art. 38.6 da Lei Orgánica 4/2000, do 11 de xaneiro, sobre dereitos eliberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social)2.2. Protección das mulleres estranxeiras en situación irregular vítimasde violencia de xénero(Art. 31 bis da Lei Orgánica 4/2000, do 11 de xaneiro, sobre dereitos eliberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social; Arts. 131 a 21
  22. 22. 134 do Regulamento da Lei Orgánica 4/2000, aprobado polo Real Decreto557/2011, do 20 de abril) • Se, ao denunciarse unha situación de violencia de xénero, se puxese de manifesto a situación irregular da muller estranxeira: o Non se incoará o procedemento administrativo sancionador por atoparse irregularmente en territorio español (infracción grave). o Suspenderase o procedemento administrativo sancionador que se tivese incoado pola comisión da devandita infracción con anterioridade á denuncia ou, no seu caso, a execución das ordes de expulsión ou de devolución eventualmente acordadas. • Concluído o procedemento penal: o Cunha sentenza condenatoria ou cunha resolución xudicial da que se deduza que a muller foi vítima de violencia de xénero, incluído o arquivo da causa por encontrarse o imputado en paradoiro descoñecido ou o sobresemento provisional por expulsión do denunciado, concederase á muller estranxeira a autorización de residencia temporal e traballo por circunstancias excepcionais e, no seu caso, as autorizacións solicitadas a favor dos seus fillos menores de idade ou que teñan unha discapacidade e non sexan obxectivamente capaces de prover as súas propias necesidades. o Cunha sentenza non condenatoria ou cunha resolución da que non se poida deducir a situación de violencia de xénero, denegarase á muller estranxeira a autorización de residencia temporal e traballo por circunstancias excepcionais e, no seu caso, as autorizacións solicitadas a favor dos seus fillos menores de idade ou que teñan unha discapacidade e non sexan obxectivamente capaces de prover as súas propias necesidades. Ademais, perderá eficacia a autorización 22
  23. 23. provisional de residencia e traballo concedida á muller estranxeira e, no seu caso, as autorizacións provisionais concedidas aos seus fillos menores de idade ou que teñan unha discapacidade e non sexan obxectivamente capaces de prover as súas propias necesidades. E incoarase ou continuará o procedemento administrativo sancionador por estancia irregular en territorio español.2.3. Dereito de asilo(Lei 12/2009, do 30 de outubro, reguladora do dereito de asilo e da protecciónsubsidiaria)A condición de refuxiada recoñeceráselles ás mulleres vítimas de violencia dexénero que, debido a fundados temores de ser perseguidas por motivos depertenza a determinado grupo social, de xénero ou de orientación sexual, seatopan fóra do país da súa nacionalidade e non poden ou, a causa dosdevanditos temores, non se queren acoller á protección de tal país; ou ámuller apátrida que, carecendo de nacionalidade e atopándose fóra do paísonde antes tivese a súa residencia habitual, polos mesmos motivos non podeou, a causa dos devanditos temores, non quere regresar a el: • Para que se recoñeza o dereito de asilo é preciso que os fundados temores das mulleres que son obxecto de persecución se baseen en actos de persecución que sexan graves e revistan a forma de actos de violencia física ou psíquica, incluídos os actos de violencia sexual. • Para valorar os motivos de persecución considerarase que, en función das circunstancias imperantes no país de orixe, se inclúe no concepto de grupo social determinado un grupo baseado nunha característica común de orientación sexual ou identidade sexual. Así mesmo, en función das circunstancias imperantes no país de orixe, inclúese as persoas que foxen dos seus países de orixe debido a fundados temores de sufrir persecución por motivos de xénero. 23
  24. 24. 3. DEREITOS DAS VÍTIMAS DO DELITO DOS QUE TAMÉN SONTITULARES AS VÍTIMAS DE VIOLENCIA DE XÉNEROAdemais dos dereitos específicos que a Lei integral lles recoñece ás mulleresque sofren ou sufriron violencia de xénero, estas teñen os dereitos que as leisrecoñecen ás vítimas do delito, entre os que cabe destacar os seguintes:3.1. Dereito a formular denuncia(Arts. 259 e ss. da Lei de Axuizamento Criminal)As mulleres teñen dereito a denunciar as situacións de violencia de xénerosufridas.A través da denuncia ponse en coñecemento das autoridadescorrespondentes a comisión dun feito que pode ser constitutivo dunhainfracción penal, é dicir, dunha conduta que o Código Penal define como delitoou falta, establecendo un castigo ou pena para quen a realiza.Tras a presentación da denuncia e a súa remisión á autoridade xudicial, seesta entende que existen indicios de terse cometido un feito delitvo, iniciará ascorrespondentes actuacións penais.3.2. Dereito a solicitar unha orde de protección(Art. 62 da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protecciónintegral contra a violencia de xénero; Art. 544 ter da Lei de axuizamentocriminal)A orde de protección é unha resolución xudicial que dita o órgano xudicialcompetente nos casos nos que, existindo indicios fundados da comisión dundelito ou falta, aprecia a existencia dunha situación obxectiva de risco para avítima que require a adopción de medidas de protección durante a tramitacióndo proceso penal.A orde de protección considera nun único documento medidas preventivas denatureza penal e civil a favor da muller vítima de violencia de xénero e, no seu 24
  25. 25. caso, dos seus fillos, e activa ao mesmo tempo os mecanismos de protecciónsocial establecidos a favor da vítima polas distintas Administracións Públicas.Coa orde de protección acredítase a condición de vítima de violencia dexénero que dá lugar ao recoñecemento dos dereitos que establece a LeiOrgánica 1/2004.As medidas de protección que a autoridade xudicial pode acordar a favor damuller vítima de violencia de xénero e, no seu caso, dos seus fillos, poden serde carácter penal e civil. Entre as primeiras pode acordarse unha ou algunhadas seguintes: 1. Desaloxo do agresor do domicilio familiar. 2. Prohibición de residir en determinada poboación. 3. Prohibición de que o agresor se aproxime á vítima e/ou aos seus familiares ou outras persoas á distancia que se determine. 4. Prohibición de que o agresor se comunique coa vítima e/ou cos seus familiares ou outras persoas por calquera medio: carta, teléfono, etc. 5. Prohibición ao agresor de achegarse a determinados lugares: centro de traballo da vítima, centros escolares dos fillos, etc. 6. Omisión de datos relativos ao domicilio da vítima. 7. Protección xudicial da vítima nas oficinas xudiciais. 8. Incautación de armas e prohibición de tenza.As medidas de natureza civil que poden adoptarse son as seguintes: 1. O uso e desfrute da vivenda, o mobiliario e o enxoval familiar. 2. A atribución da garda e custodia dos fillos menores. 3. A suspensión do exercicio da patria potestade. 25
  26. 26. 4. A suspensión do réxime de comunicacións, visitas e estancias do pai cos fillos ou a forma en que este debe levarse a cabo, por exemplo, a través dun Punto de encontro. 5. A fixación dunha prestación de alimentos. 6. Calquera outra medida que sexa necesaria para apartar os menores dun perigo ou evitarlles prexuízos.A solicitude pode efectuala a propia vítima, os seus familiares máis próximos,o seu avogado, ou o Ministerio Fiscal. Sen prexuízo do deber de denuncia, osservizos sociais que coñezan a súa situación, deberán poñelos encoñecemento do órgano xudicial ou do Ministerio Fiscal para que se poidaincoar ou instar o procedemento para a adopción da orde de protección.As medidas civís deben pedirse expresamente pola vítima ou o seurepresentante legal e polo Ministerio Fiscal, cando existan fillos menores ouincapaces.É aconsellable solicitar a orde de protección no mesmo momento no que sepresenta a denuncia, aínda que tamén pode solicitarse con posterioridade.Cando non se presenta denuncia, a propia solicitude da orde de protecciónten esta consideración, en canto aos feitos e situacións de violencia relatadosnesta.O xulgado debe ditar a orde de protección no prazo máximo de 72 horasdende a súa presentación, tras unha comparecencia da vítima e o agresor. ALei establece que esta comparecencia deberá realizarse por separado,evitando así a confrontación entre ambos os dous.3.3. Dereito a ser parte no procedemento penal: o ofrecemento deaccións(Art. 109 da Lei de Axuizamento Criminal) 26
  27. 27. Presentada a denuncia, e na súa primeira comparecencia no Xulgado, oSecretario Xudicial informará á vítima do seu dereito a mostrarse parte noproceso penal.O exercicio deste dereito, que supón a intervención activa da muller vítima deviolencia de xénero no procedemento xudicial que se tramita tras a súadenuncia e o exercicio da acción penal e, se for o caso, da acción civil,realízase a través da súa comparecencia nas actuacións penais como"acusación particular"; para iso debe nomear un avogado en defensa dos seusintereses e un procurador para a súa representación.A designación destes profesionais pode realizarse por libre elección da vítimaou a través da Quenda de Oficio Especializado de Violencia de Xénero. Nesteúltimo caso, a asistencia e representación serán gratuítas se á muller se lleconcede o beneficio de xustiza gratuíta.A comparecencia e conseguinte condición de "parte" no proceso penal levaconsigo que a vítima, a través do seu avogado, pode propoñer dilixencias deproba, intervir na práctica destas, e coñecer todas as resolucións que se ditendurante a tramitación do proceso, podendo, se non está de acordo, presentaros recursos que procedan.Así mesmo, como acusación particular, a vítima poderá solicitar a condena doagresor e unha indemnización polas lesións, danos e prexuízos sufridos.O Ministerio Fiscal ten encomendada a defensa dos intereses das vítimas eprexudicados nos procesos penais. Se chega á convicción de que se cometeuun delito, dirixirá a acusación contra quen considere responsable,independentemente de que a vítima comparecese ou non no procedementopenal. Se non chega á devandita convicción, non formulará a acusación oupoderá solicitar o arquivo do procedemento, por exemplo se considera quenon existen suficientes probas dos feitos.3.4. Dereito á restitución da cousa, reparación do dano e indemnizacióndo prexuízo causado 27
  28. 28. (Art. 100 da Lei de Axuizamento Criminal)A comisión dun delito ou falta obriga a reparar os danos e prexuízoscausados. Esta responsabilidade civil comprende a restitución da cousa, areparación do dano e a indemnización de prexuízos materiais e morais.En caso de que a vítima exercese a acción civil (para esixir estaresponsabilidade civil) no proceso penal, na sentenza que se dite, e sempreque esta sexa condenatoria, ademais da pena que no seu caso se impoña aoculpable, fixarase cal é a responsabilidade civil polos danos físicos,psicolóxicos ou morais causados á vítima polo delito.Non obstante, a vítima pode reservarse o seu dereito a exercer a acción civilnun proceso distinto ante os xulgados da Orde Civil, de forma que no procesopenal non se exercitará a acción civil. Tamén pode renunciar a calquerareclamación que, neste sentido, lle puidese corresponder.3.5. Dereito a recibir información sobre as actuacións xudiciaisA vítima, aínda que non exerza o seu dereito a intervir no proceso penal, debeser informada do seu papel neste e do alcance, desenvolvemento e a marchado procedemento.A información á vítima dos seus dereitos corresponde tanto ás Forzas eCorpos de Seguridade, como ao Xulgado e ás Oficinas de Asistencia á Vítima.O contido da devandita información comprenderá: • O seu dereito a mostrarse parte no proceso penal e renunciar ou non á restitución da cousa, reparación do dano e indemnización do prexuízo causado polo feito delitivo. • A posibilidade e procedemento para solicitar as axudas que conforme á lexislación vixente poden corresponderlle. • Información sobre o estado das actuacións xudiciais, a examinar estas, así como a que se lle expidan copias e testemuños (Art. 234 da Lei Orgánica do Poder Xudicial). 28
  29. 29. • Debe serlle comunicada calquera resolución que poida afectar á súa seguridade, así a orde de protección, a adopción ou modificación doutras medidas preventivas, os autos que acordan a prisión ou liberdade provisional do imputado e a situación penitenciaria do agresor (Arts. 109, 506.3, 544 bis e ter da Lei de Axuizamento Criminal). • Ten que ser informada do lugar e data de celebración do xuízo oral (Arts. 785.3, 962 e 966 da Lei de Axuizamento Criminal). • Debe notificárselle a sentenza, tanto de instancia como, no seu caso, a que resolva o recurso de apelación. (Arts. 270 da Lei orgánica do Poder Xudicial; 789.4, 792.2, 973.2 e 976.3 da Lei de axuizamento criminal). • Debe notificárselle o sobresemento do proceso.3.6. Dereito á protección da dignidade e intimidade da vítima no marcodos procesos relacionados coa violencia de xénero(Art. 63 da Lei Orgánica 1/2204, do 28 de decembro, de Medidas deProtección Integral contra a Violencia de Xénero; Art. 232.2 Lei Orgánica doPoder Xudicial; Art. 15.5 Lei 35/1995, de Axudas e Asistencia a Vítimas deDelitos Violentos e contra a Liberdade Sexual; arts. 2.a) e 3.1 Lei Orgánica19/1994, de Protección de Testemuñas e Peritos en Causas Criminais)A Lei Integral prevé medidas específicas de protección da dignidade eintimidade da vítima.Por un lado, establécese que os datos persoais desta, dos seus descendentese das persoas que estean baixo a súa custodia, teñan carácter reservado.A reserva do novo domicilio, centro de traballo ou colexios dos fillos non sópreserva a intimidade da vítima, senón que, ademais, é un instrumentoimportante para a súa seguridade, ao evitar que estes datos poidan chegar acoñecemento do imputado. 29
  30. 30. Con esta mesma finalidade, o modelo de solicitude da orde de proteccióndispón que a vítima pode indicar un domicilio ou teléfono dunha terceirapersoa á que as Forzas e Corpos de Seguridade ou os órganos xudiciaispoderán facer chegar as comunicacións ou notificacións.Así mesmo, o Xulgado pode acordar, de oficio ou a instancia da propia vítimaou do Ministerio Fiscal, que as actuacións xudiciais non sexan públicas e queas vistas se celebren a porta pechada.3.7. Axudas ás vítimas de delitos(Lei 35/1995, do 11 de decembro, de Axudas e Asistencia ás Vítimas deDelitos Violentos e contra a Liberdade Sexual; Regulamento de axudas ásvítimas de delitos violentos e contra a liberdade sexual, aprobado por RealDecreto 738/1997, do 23 de maio)Trátase de axudas públicas en beneficio das vítimas directas e indirectas dosdelitos dolosos e violentos cometidos en España, co resultado de morte, ou delesións corporais graves, ou de danos graves na saúde física ou mental; asícomo en beneficio das vítimas dos delitos contra a liberdade sexual aínda quese perpetren sen violencia. Ademais, prevese a concesión de axudasprovisionais con anterioridade a que recaia resolución xudicial firme que poñafin ao proceso penal, sempre que quede acreditada a precaria situacióneconómica en que tivese quedado a vítima ou os seus beneficiarios.As mulleres vítimas de violencia de xénero poden ser beneficiarias destasaxudas posto que son vítimas dun delito.As persoas beneficiarias destas axudas poden selo a título de vítimasdirectas, cando sufran lesións corporais graves ou danos graves na súa saúdefísica ou mental como consecuencia directa do delito; e a título de vítimasindirectas, no caso de morte, como os fillos da persoa falecida.O prazo para solicitar estas axudas é dun ano, contado dende a data en quese produciu o feito delitivo. Non obstante, o devandito prazo interrómpese co 30
  31. 31. inicio do proceso penal e ábrese de novo dende que recaia a resoluciónxudicial firme.TELÉFONOS DE INFORMACIÓN 016Ámbito estatal Persoas con discapacidade auditiva: 900 116 016Andalucía 900 200 999Aragón 900 504 405Canarias 112Cantabria 942 214 141Castela-A Mancha 900 100 114Castela e León 900 333 888Cataluña 900 900 120Extremadura 112Galicia 900 400 273Illas Baleares 112A Rioxa 900 711 010Madrid 012Navarra 848 421 588 / 848 421 387País Vasco 900 840 111Principado de Asturias 112Rexión de Murcia 112Comunidade Valenciana 900 580 888Ceuta 900 700 099Melilla 952 699 214Máis información: nos Organismos de Igualdade das Comunidades Autónomas, noscentros de Atención á Muller autonómicos e locais, nas Oficinas de Atención ásVítimas do Delito nas sedes dos Xulgados, nos Servizos de Orientación Xurídica dosColexios de Avogados e nas diferentes organizacións de mulleres e de estranxeiros.Páxina web da Delegación do Goberno para a Violencia de Xénero: 31
  32. 32. http://www.seigualdad.gob.es/violenciaGenero/portada/home.htm 32

×