Traballo de atentados

581 views
467 views

Published on

Published in: Education, News & Politics
0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total views
581
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
5
Actions
Shares
0
Downloads
4
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

Traballo de atentados

  1. 1. INFOGRAFÍA DOS ATENTADOS 11-M, 11-S E 7-X Rocío Balsa Ángeles Capeáns Carolina Chávez Diana Mandía Marta Millán 1
  2. 2. INFOGRAFÍA DO 11-S NOS MEDIOS IMPRESOS: Así coma na infografía dixital, o 11-S supuxo un cambio importante e que revolucionou a esfera de Internet, no momento do suceso a prensa escrita toleou. Eles tamén tiñan que explicar o porque de ese gran acontecemento, tendo en conta a pouca información coa que contaban. Os medios estadounidenses contaban con todo o día 11 de setembro para elaborar eses infográficos que foran o máis precisos posibles, mentres en España había moi pouco tempo pola diferencia horaria. Non había tempo de experimentar nun primeiro momento con novos gráficos, senón que había que ir sobre seguro. Non obstante, tras analizar os infográficos publicados tralo atentado, vemos unha mistura de sensacionalismo –polas traxedias individuais que se plasmaron-, unha necesidade de explicitar as causas –amosando materiais, resistencia das torres, planos…- en un último lugar a descripción do que se escondía tras cada un dos pisos das torres. Todo o mundo sabía que se trataba de edificios nos que se asentaban distintas empresas, e os diarios atopáronse coa necesidade de debuxar o que había en cada planta. A desinformación levou a que a maioría das portadas dos xornais mundiais se referisen a meras fotografías do suceso, acompañadas de títulos como “Caos mundial”, “Catástrofe”, “Ataque”, etc. Se ben a prensa é un medio máis analítico, o shock mundial non permitiu que esta exercera a súa labor primaria. Ao seu favor, cabe destacar que co paso dos días, a prensa escrita converteuse nun dos aparatos máis potentes para explicar o porque da caída das torres e do ataque ao pentágono. La Voz de Galicia amosou o 13 de setembro detalles sobre a colisión, medidas das torres, etc, pero de forma moi sinxela. 2
  3. 3. -– 3
  4. 4. No seguinte que imos ver que é o do 16 de setembro, baixo o título “Cómo murieron 5.000 personas en el ataque contra EEUU”, amosamos que a carga informativa é maior, aínda que os infográficos seguen a ser sinxelos, liñas rectas que buscan non confundir ao espectador. Hai certos detalles que se repiten co anterior, pero buscábase amosar cronolóxicamente que sucedera. A esto dedicáraonlle dúas páxinas do xornal. Como mostra da profundización que levaron a cabo algúns xornais americanos, o New York Times, coñecido tamén pola súa complexidade e orixinalidade dos seus infográficos tanto na web como na prensa escrita, elaborou o 13 de setembre de 2001 un gráfico no que podemos ver un mapa de Lower Manhattan, onde especifican que as cifras de víctimas aínda non están claras e explican o colapso que hai na zona, así coma os edificios que resultaron dañados polo ataque. Este infográfico levou o premio de Oro na categoría de Portafolios de 4
  5. 5. cobertura posterior, co que consegui vender máis de 175.000 exemplares. Da mesma forma, o día 16, mentres La Voz publicaba o gráfico que víamos sobre a orde cronolóxica dos acontecementos, o New York Times aposta por explicar cantas personas había en cada planta das torres e que empresas estaban situadas en cada unha delas. Con distintas cores, amosaba o número de persoas. Neste caso, o infográfico resulta fácil de comprender e rico en información, xa que todos estes datos serían case imposibles de poñer nun texto sen que o lector perdese o fío. 5
  6. 6. Este día, o mesmo xornal aposta, ademais, por incluir un mapa no que se explica como se levou a cabo a labor de rescate, a través dunha fotografía de satélite. 6
  7. 7. Outro xornal que levou o premio de bronce pola súa cobertura sobre o atentado foi El Mundo. Amosamos catro dos infográficos que se publicaron nos días posteriores á traxedia e que amosan a estrutura dos avións e os movementos que fixeron para secuestrar o avión. 7
  8. 8. O New York Times publica un especial no aniversario do desastre. Trátase dunha publicación na que nos chamou a atención 8
  9. 9. principalmente un infográfico que plasmaba as traxedias individuais do atentado. - 9
  10. 10. Por outra banda, como dixemos ao principio, o obxectivo dos xornais foi explicar de forma clara por que caeron as dúas torres, amosar os materiais, o que había debaixo dos edificios, etc: Finalmente, a revista TIME levou o premio de plata de Actualidade inmediata no ano 2002 por un infográfico en 3D. Nel se situaban perfectamente os edificios que compoñían o Lower Manhattan e así buscaban amosar o dano que se producira no Financial District, xa que o atentado tivo como consecuencias a demolición de moitos edificios que se situaban arredor do World Trade Center. Ademais, neste se explican os datos de pérdidas económicas, que chegaron aos 2 billones de dolares. 10
  11. 11. 11
  12. 12. INFOGRAFÍA DO 11-M NOS MEDIOS IMPRESOS: EL PAÍS: O día 12,o día seguinte do atentado, empréganse megagráficos, infográficos a dobre páxina que intentan explicar que pasou e como, xa que os atentados non se viron en directo e a xente ten necesidade de información. Ademais, a proximidade xeográfica fai que a cantidade de detalles demandada sexa maior, xa que moitos españois (público do diario) necesitan saber como localizar ás vítimas, ou mesmo como estaba a situación da cidade de Madrid en canto a hoteis, ou medios de transporte. Por iso, vemos no infográfico que aparece unha relación dos números de teléfono que poden ser útiles para os cidadáns, facendo unha labor social. 12
  13. 13. Podemos ver tamén ese afán de exceso de explicación, aínda sen tódolos datos coñecidos. Optaron quizais mais por dar moita información, aínda que días posteriores se confirmaran novos datos, que por dar poucos datos e seguros. Así, no El País, aparece un breve resumo escrito dos atentados, debaixo do título. Logo, aparece detallado por pasos ordenados cronoloxicamente como explotaron os artefactos nas distintas estacións e trens, nun infográfico de mapa, indicando o número de falecidos de cada atentado, a hora concreta e unha explicación das explosións producidas nos distintos lugares. Despois, as páxinas se saturan cunha serie de datos adicionais, todos cos seus correspondentes gráficos. Explican a estrutura dos trens de cercanías, e a distribución na cabeza tratora dunha planta. Ademais, aparece tamén un debuxo da colocación das bombas nos trens, outro do colapso en Madrid, e unha barra, na mesma páxina, na que se indica un balance dos atentados, cunha contradición ó aparecer “Vítimas mortais”, cando logo aparece o balance dos feridos ademais dos falecidos. Na outra páxina hai outra gráfica de barras na que se intenta indicar de novo as horas dos atentados, ademais de continuar co infográfico mapa que explica en catro pasos o atentado. Vese de novo ese obxectivo de explicar todo, incluíndo a furgoneta na que se atoparon máis explosivos. Tamén hai un debuxo das mochilas empregadas, incluíndo dentro os explosivos e unha explicación dos artefactos que se explotaron en cada lugar. Tamén aparece un mapa a pequena escala co despregue sanitario, e unha explicación dos hospitais de campaña que se montaron, así como unha relación dos atendidos nos hospitais de Madrid, separando entre feridos e mortos. As fontes son todas ás que se puideran acceder, dende institucionais a testemuñas, e isto foi así en tódolos xornais. 13
  14. 14. ABC: No ABC podemos ver tamén que houbo varias contradicións con El País, e, fundamentalmente porque os dous xornais de ámbito nacional quixeron explicar toda a información que puideron. Os infográficos son máis pequenos ca os de El País, ocupando a metade das dúas páxinas. Tamén empregan un mapa de vías coas explosións por orde cronolóxica. Aparece unha contradición con El País, no que indican que o atentado da rúa Téllez sucedeu ás 07:42, mentres que no ABC aparece que sucedeu ás 07:39. Tamén aparece que na Estación de El Pozo o atentado foi un minuto antes que na de Santa Eugenia, e no El País en cambio aparece que foi no mesmo minuto. Hai un mini-mapa ademais da ampliación, e tamén se explican as explosións nos trens nun aparte cos debuxos dos vagóns. A Hai un corte lonxitudinal do vagón de cercanías, que é completamente distinto ó que aparece no do El País. Aparece un debuxo dunha das mochilas empregadas polos terroristas, a unha escala moito máis grande ca o do resto dos debuxos, e aparece que houbo doce mochilas-bomba, mentres ca no infográfico de El País, aparecía que eran trece. Como novidade, o ABC inclúe un gráfico da hipótese de preparación do atentado que manexaban as Forzas de Seguridade. 14
  15. 15. Tamén contén o xornal ABC unha explicación do efecto “túnel” das explosións, en tres pasos. El País non inclúe publicidade nas páxinas dedicadas ós atentados, o ABC si. El Mundo: En El Mundo, vemos o tratamento dos infográficos cun exceso de información, como acontecía nos outros diarios. O principal son catro mapas, que corresponden os distintos lugares onde ocorreron os atentados; ademais cos catro trens onde colocaron os artefactos explosivos debaixo. Nestes, coinciden as horas exactas coas que publica o ABC. Enriba, debaixo do título, hai un mapa máis pequeno, co percorrido da liña C2 do tren de cercanías, a que foi obxecto da masacre. Ó lado, aparece máis detallado este mapa, con breves explicacións. 15
  16. 16. Tamén El Mundo optou por publicar un debuxo das mochilas empregadas para atentar, explicando o seu contido e coincidindo, de novo, co dato publicado no ABC de que eran doce mochilas. Aparece tamén o balance de mortos e hospitalizados, de novo contraditorios cos do El País, no que establecían que os falecidos eran 192, fronte ós datos de El Mundo que din que houbera 190 defuncións. Inclúese tamén en El Mundo un debuxo da furgoneta atopada, indicando que a policía a usaría para estuda-la autoría dos atentados. Na parte inferior das páxinas publicouse un debuxo de cada un dos trens obxecto do atentado, así como das explosións producidas. Como víramos en El País, tamén El Mundo optou por non incluír publicidade nas páxinas dedicadas á explicación do atentado. La Voz de Galicia: 16
  17. 17. La Voz de Galicia segue a mesma liña ca os diarios nacionais, cun mapa do percorrido da liña de cercanías, e as ampliacións correspondentes ós catro trens que sufriron os atentados. Tamén inclúen o debuxo das mochilas explicando o seu contido en explosivos, e este xornal coincide con El País en canto ó número de mochilas (trece). Explica ademais, o obxectivo principal do atentado, a estación de Atocha, enfatizando así como a traxedia estaba planeada para causar dez veces máis de vítimas. Os horarios dos atentados, ampliados e representados enriba de catro trens a gran tamaño, non coinciden cos diarios nacionais, só no primeiro, en Atocha. Os outros varían nalgúns minutos. Como novidade aparece unha infografía do dispositivo asistencial. Esta é especialmente clara, a cor, indicando nun mapa a situación dos atentados, dos puntos de asistencia médica, e do tanatorio provisional. O que non aparece tan claro son os números que están enriba dos puntos do mapa, xa que non se especifica a que se refiren. Tamén aparecen debuxos que acompañan a datos adicionais que informan sobre os postos de evacuación dos feridos e o equipo médico avanzado. OUTROS INFOGRÁFICOS SOBRE O ATENTADO Estes infográficos explican outros aspectos do atentado, non o feito en si, senón o tratamento dos feridos, o recinto onde se levan ás vítimas, o percorrido da manifestación en Madrid, e incluso aprovéitase para facer uso de arquivo con mapas que ilustran a historia dos atentados en Madrid, gráfico que no diario El País é practicamente igual na súa versión interactiva. El Mundo publicou un infográfico moi similar. 17
  18. 18. 18
  19. 19. 19
  20. 20. 20
  21. 21. 21
  22. 22. 22
  23. 23. INFOGRAFÍA DIXITAL DO 11-M E 11-S: Introdución Gomes de Olivera indica que a infografía dixital é unha aportación informativa que se elabora nas publicacións dixitais, que poden ser de carácter lingüístico, pero tamén audiovisuais realizadas mediante unidades elementais icónicas co apoio de diversas unidades tipográficas ou auditivas. A infografía dixital e a estática comparten similitudes, ámbalas dúas teñen o obxectivo de dar información ou de complementala, pero a infografía dixital ten unhas características propias que proveñen do novo soporte que a sustenta. A interactividade e o hipertexto fan que este tipo de infografía sexa máis rica e máis próxima ao usuario. A característica da interactividade fai referencia á capacidade que ten o usuario para interactuar co gráfico, para navegar por el. A interactividade garántese grazas aos botóns de navegación que conectan coas distintas partes da infografía e que lle permiten ao lector ir accedendo a elas segundo sexan do seu interese. O hipertexto ten que ver co uso de enlaces que lle permiten ao usuario acceder dende a infografía a outras informacións que a complementan. Tanto o hipertexto como os botóns interactivos teñen que estar ben visibles e ben identificados para facilitar a lectura e a comprensión do usuario. O modo de traballar dos infografistas dixitais tamén é diferente á dos infografistas que traballan nun medio tradicional. No xornalismo tradicional o infografista xoga coa “hora de peche” como o tempo límite para ter elaborada a súa infografía. Porén, nun medio dixital non existe esa “hora de peche”, senón que a “hora de peche” é o “canto antes”. Aínda que o que non debe mudar nos hábitos dos infografistas, independentemente de que traballen para un medio tradicional ou on line, é que debe ter un contacto, a ser posible, de primeira man coa 23
  24. 24. noticia. Isto é, por exemplo se se trata dun atentado, o infografista debe acudir ao lugar do incidente para coñecer con certeza o que vai recrear máis tarde no seu infográfico. A INFOGRAFÍA INTERACTIVA DO 11-S A infografía dixital evolucionou á par da creación dos xornais e do periodismo on line. E a catástrofe do 11-S foi fundamental para que a infografía interactiva ascendera un piso, é dicir, evolucionara. Este suceso transmitido e mediatizado a tempo real en todo o mundo fixo necesario o emprego da infografía cunha finalidade distinta: aportar novos datos que complementaran as imaxes que se estaban vendo en directo, unhas imaxes que non necesitaban de recreacións ficticias. O atentado do 11-S contribuíu a que algúns cibermedios experimentaran por primeira vez con produtos multimediáticos que integraban de simultaneamente textos e hipertexto, imaxes e sons. Os infográficos de The New York Times caracterízanse porque aproveitan moi ben tódolos recursos que ofrece a web: os infográficos combinan o texto, as imaxes e o son. Neste infográfico que presentamos a continuación o usuario pode ir camiñando ao longo do infográfico grazas aos botóns que aparecen á esquerda. As imaxes en movemento apracen explicadas por texto e tamén por audio. http://www.nytimes.com/packages/khtml/2003/08/29/nyregion/200 30829_wtc_PORT_FEATURE.html?scp=8&sq=%22World+Trade+Center+ Attacks%22&st=m Os medios de comunicación multimedia ao tratar o atentado do 11-S tiveron que facer fronte a unha maneira de informar totalmente distinta. A cidadanía do mundo enteiro estaba observando en directo o impacto dos dous avións contra as Torres Xemelgas. Polo tanto os infográficos xa non tiñan que contar o qué nin o quen. Tiñan que falar do cómo, o por qué... é o caso do infográfico que mostramos a 24
  25. 25. continuación. Nel o que se intenta explicar son os danos que o choque dos avións produciron nas torres, e cómo afectou iso á hora de que os inquilinos e os traballadores que estaban no seu interior puideran saír ou non. http://www.nytimes.com/interactive/2002/09/08/magazine/2002090 8_911_TOWERS_GRAPHIC.html?scp=10&sq=%22World+Trade+Center+ Attacks%22&st=m (combina tamén,,, explica cal foi a razón pola que caeron as torres. Que danou cada avión, as escaleiras, o cadro eléctrico, as paredes, as columnas… ) Este empeño tanto por parte dos medios que querían ofrecer nova información e sobre todo por parte da cidadanía que estaba ávida de coñecer máis detalles e non quedarse só co que estaban vendo en directo provocou que crearan infográficos onde se recreaban as derradeiras conversas que as vítimas mantiveron cos servizos de emerxencia, e incluso que se recrearan esas últimas horas dos que estaban atrapados nas Torres Xemelgas. http://www.nytimes.com/packages/khtml/2002/07/07/nyregion/200 20707_wtc_FIRE_FEATURE.html?scp=12&sq=%22World+Trade+Center +Attacks%22&st=m ( explica a confusión que se produciu tralo atentado nos servizos de emerxencias, válese das testemuñas e das comunicacións por radio para recrear as últimas horas dos que estaban atrapados nas Torres Xemelgas) Neste infográfico que leva como título INSIDE THE TOWERS ofrécese información de que empresas tiñan as súas oficinas ou que cuartos estaban situados na zona de impacto. Ademais, danse os nomes e apelidos, así como se mostra a fotografía das vítimas. 25
  26. 26. http://www.nytimes.com/packages/khtml/2002/05/25/nyregion/200 20525_wtc_INSIDE_FEATURE.html?scp=14&sq=%22World+Trade+Cent er+Attacks%22&st=m En España os medios de comunicación interactivos tamén se ocuparon do 11-S e expertos infografistas comezaron a elaborar numerosos infográficos para abordar e afondar na traxedia. En primeiro lugar consideramos oportuno analizar os infográficos propostos por El Mundo, pois consideramos que son que se diferencian máis en canto a estilo dos presentados polo New York Times. El País, do cal falaremos máis adiante, segue unha liña moi similar a do xornal neoiorquino. Os gráficos de El Mundo non destacan por combinaren tódalas ferramentas que á súa disposición pon a Web. Neste que mostramos a continuación si se recorre a fotografías, pero non é o máis común. http://www.elmundo.es/elmundo/2001/graficos/septiembre/semana2 /atentados/rescate.html Cabe resaltar que hai unha diferenciación principal entre os infográficos de El Mundo e The New York Times. Nos infográficos deste último o usuario ou lector accede á información decidindo qué é o quere ver ou ler. É dicir, o infográfico está estruturado en partes, e cada parte leva o seu correspondente título. O usuario non ten que pasar por todas. Porén, en El Mundo ( como en EL PAIS) os infográficos son lineais. Cristian Werb (elpais.es) afirma que as infografías son máis claras canto máis lineais xa que a idea é facilitarlle o traballo ao lector e non abrumalo con detalles molestos. Alberto Cairo, desde elmundo.es, defende o uso e a realización de infografías non lineais. Considera que para el “funciona mucho mejor añadir accesos a cada parte del trabajo (indicando claramente “localización”, “el atentado”, “anteriores atentados”, etc.) para que el lector decida qué quiere ver, y no privarle de información porque nosotros pensemos que el pobre se va a sentir desorientado o "abrumado".” (http://infografista.blogspot.com/) 26
  27. 27. Porén, o que nós vimos con respecto ao 11-S foron unha serie de gráficos “interactivos” onde o usuario o único que tiña era que premer un botón de “avanzar” ou “retroceder” para acceder á información, e así sucesivamente ata chegar aos últimos datos ofrecidos no infográfico. http://www.elmundo.es/elmundo/2001/graficos/septiembre/semana4 /subsuelo/subsuelo.html (reconto das vítimas nada máis) http://www.elmundo.es/elmundo/2001/graficos/septiembre/semana2 /atentados/atentadocaida.html (por qué se caeron las torres?) Neste caso os infográficos si que mostran información relativamente útil. Os infografistas fuxiron de mostrar o que xa todos víramos na televisión. Neste caso no que se centran é en por que caeron as Torres ou neste último en como afectou a caída das Torres ao perímetro dos arredores. Porén, e centrándonos no seguinte gráfico, este xa non sería tan necesario nin aporta unha información que os usuarios de primeiras reclamaran: o funcionamento das caixas negras dos avións. http://www.elmundo.es/elmundo/2001/graficos/septiembre/semana2 /caja/caja_negra.html Por outra banda, cabe resaltar que o estilo dos infográficos de El Mundo é moi característico deste medio, é un signo identificador. Algo ao seu favor. Outro medio que é necesario analizar é El Pais. Neste caso os infográficos que estudamos pertencentes a este medio caracterízanse pola súa presentación lineal. O infográfico que presentamos a continuación aparece guiado por uns botóns numerados que o usuario debe ir premendo para avanzar no discurso informativo. Ben é certo que o usuario ten a posibilidade de avanzar polo infográfico sen recorrelo 27
  28. 28. nunha orde cronolóxica, pero como os botóns carecen dun título que describa a información que se vai tratar en cada apartado, vese na obriga de ir avanzando botón por botón. http://www.unav.es/malofiej/entries/15/15b/el- pais.com/plantilla17.swf Este é outro exemplo dun infográfico de El País moitísimo máis sinxelo, que de feito, case nin aporta información. http://www.elpais.com/especiales/2001/atentados_eeuu/graficos/ante s.html A INFOGRAFÍA DIXITAL DO 11-M A infografía dixital utilizada no 11-M destaca polo impacto visual que provoca no lector. Nalgúns xornais electrónicos como El País e El Mundo os infográficos son en si mesmos noticias que non requiren de texto. O gráfico convertese nunha maneira rápida, clara e sinxela de ver a información. A pesar de todo, os xornais españois non aproveitan tódolos recursos que a rede ofrece como ocorre no caso do New York Times co atentado do 11-M. Nestes atentados, o receptor carecía das imaxes do instante (ó contrario que no 11S). Polo que o plantexamento do gráfico foi diferente e buscaba que o lector se fixera unha idea rápida e clara do ocorrido. O inmediato dos cibermedios fixo que foran os medios máis consultados e por iso, os infografistas enfrontábanse ademais da falta de información á falta de tempo. A medida que se obtiñan datos, o usuarios podía velos na rede. Elmundo.es colgou ata oito versións distintas do seu infográfico ó longo do 11 de marzo. Das animacións máis completas que agora poden verse na rede destacan as de El Mundo. Están recollidas nun especial sobre o caso. El 28
  29. 29. País tivo a súa edición electrónica en aberto durante dous días nos que tamén puidemos ver animacións algo máis sinxelas pero cunha secuencia lóxica similar á de El Mundo. Aínda así, a día de hoxe pódense consultar algúns dos infográficos dese mes. Polo tanto, estamos ante infográficos que a día de hoxe están renovados e presentan datos actualizados. Ademais os infográficos non só se centraron en explicar o sucedido senón tamén trataron o tema do xuízo, as vítimas... As infografías, dende o noso punto de vista, non sempre están xustificadas xa que o gráfico sobre a identificación das vítimas en Ifema resulta demasiado macabro e co tratamento dixital faise incluso máis impactante. 29
  30. 30. Animación de El Mundo tal como pode verse na súa páxina web. Fonte: El Mundo. Animación de El País tal como pode verse na súa páxina web durante os dous días que estivo en aberto. Fonte: El País. 30
  31. 31. EL MUNDO: http://www.elmundo.es/documentos/2004/03/espana/atentados11m /graficos.html - Nun primeiro momento atopamos os que explican o sucedido mediante mapas e amosando a sucesión de explosións. - Noutro dos infográficos faise unha recopilación das informacións que se sucederon entre o día 11 e o 14. Son pequenos textos con hora e día e fotografías. - Outros dos infográficos presenta un mapa sobre o piso dos suicidas de Leganés e o número de falecidos. - O máis sentimentalista é o das vítimas do atentados. Un cadros coas fotografías das vítimas e cunha pequena descrición da súa vida ó clicar na súa fotografía. - O infográfico da bolsa bomba é estático e simplemente describe as medidas da mochila e o que contiña dentro. - Outro dos máis sensacionalistas é o de Ifema no que se expón un mapa do recinto e o recorrido que as familias teñen que facer para recoller os obxectos persoais dos familiares e recoñecelos. ABC: http://www.abc.es/informacion/juicio11M/index/atentadomadri dfla.swf Este infográfico presenta dunha maneira máis sinxela a sucesión de explosións, os vagóns onde se efectuaron e tamén a mochila. EL PAÍS: 16-02-2007-Descripción del interior de la sala donde se celebra el juicio del 11-M http://www.elpais.com/graficos/espana/Sala/Tribunal/elpgranac/200 70215elpepunac_1/Ges/ 31
  32. 32. El atentado más sangriento de España http://www.elpais.com/comunes/2004/11m/01_antentado2/index.ht ml Mapa do tren e a sucesión de explosións. http://www.elpais.com/todo-sobre/tema/matanza/11-M/122/ Neste enlace recóllense os seguintes infográficos: Estación de Alcalá de Henares: el comienzo de la pesadilla ELPAIS.es - 29-03-2004 Este infográfico representa a estacións en 3D cunha coidada elaboración. Representa a maneira na que os terroristas deixaron as bolsas bomba. Tamén se poden ver os vagóns. Los atentados terroristas más sangrientos ELPAIS.es - 12-03-2004 Unha liña cronolóxica que representa os atentados máis sangrentos que tiveron lugar en España. En cada ano amósase un pequeno texto e tamén fotografías. Las pistas que conducen a Al Qaeda ELPAIS.es - 19-03-2004 Mediante unha representación 3D repásase as pistas que conducen á policía a Al Qaeda. Dende a furgoneta coa mochila e o móbil que conduciu á tenda. As detencións policías represéntanse con figuras. Ademais tamén se segue a pista da cinta enviada a TeleMadrid. 32
  33. 33. Los diferentes autores del atentado (11 al 14 de marzo) ELPAIS.es - 16-03-2004 Mediante unha liña cronolóxica repásase a sucesión de declaracións que se producen sobre o atentado. Utilízanse fotografías e breves textos. Tanatorio improvisado en el pabellón 6 de IFEMA ELPAIS.es - 13-03-2004 Mediante un mapa recréase a translación dos cadáveres a Ifema e unha relación do persoal que atende ás familias. The Guardian http://www.guardian.co.uk/flash/0,,1167380,00.html Este infográfico céntrase en situar no mapa a cidade de Madrid e logo a liña de tren coas tres bombas ó longo do recorrido. Vai explicando a sucesión de explosións e os mortos en cada lugar. O número de mortos en vermello que se amosan danlle moito dramatismo á información. REFLEXIÓN FINAL: ACTUALIDAD-PERMANENCIA José Luis Valero afirma que a infografía interactiva moitas veces “desinforma” porque se produce a demasiada velocidade e está suxeita a actualizacións continuas, actualizacións que o lector non acostuma a ver, xa que tende a visitar só unha vez os infográficos. Con respecto a esta opinión de Valero, Alberto Cairo pregúntase “¿qué desinforma más, el actualizar el gráfico con datos nuevos cuando estos surjan, avisando al lector con una etiqueta de “nueva versión” en el enlace? ¿O, como se ve obligado a hacer el papel, publicar una vez la infografía y no poder modificarla nunca más, a pesar de que los datos que aporte sean inexactos? (No, no me vale la “fe de erratas” como argumento: conozco a 33
  34. 34. poca gente que la lea).” Cairo considera que a actualización é unha vantaxe, non un inconvinte. (http://infografista.blogspot.com/) No caso dos infográficos interactivos relativos ao 11-S e ao 11-M non atopamos erros *, iso débese posiblemente á capacidade de corrixir sobre o xa feito e publicado. A información relativa aos atentados do 11- S e do 11-M estaba sendo continuamente consultada polos cidadadáns e continuamente modificada polos xornalistas. Ámbolos dous feitos xa remataron, pertencen ao pasado e non continúan no futuro, polo que os infográficos que abordan as dúas traxedias están corrixidos e actualizados cos últimos datos. Isto contrasta por exemplo cos infográficos que versan sobre a Gripe-A, un acontecemento que aínda non rematou e cuxo interese informativo foi decaendo, probablemente polo que se está prolongando no tempo. INFOGRAFÍA DO 7-X Cando o 11 de xullo catro bombas explotan no metro e no bus urbano de Londres, o xornalismo volve a repetir, alomenos en certo modo, algunhas dinámicas que xa puxera en práctica nos dous atentados precedentes, o do 11-S en EEUU e o do 11-M en Madrid. Ao pensar nos grandes atentados do terrorismo islamita pensamos inmediatamente nestes tres, non só os que máis conmocionaron a opinión pública de Occidente senón tamén os más tratados pola prensa e, xa que logo, polos departamentos de infografía dos grandes xornais). E é que os tres sucesos teñen moitos elementos en común: afectaron a grandes capitais do mundo occidental, saldáronse cun gran número de mortes e consistiron en varios ataques consecutivos, a maioría en medios de transporte moi concorridos. É por iso que o tratamento infográfico dos atentados de Londres, a pesar de amosar algunhas diferenzas cos anteriores (é , sen lugar a dúbidas, o menos tratado dos tres), recolle moito dos seus predecesores. Sobre todo nos primeiros días sucesivos ao ataque, hai unha vontade incisiva de describir o que aconteceu: ante 34
  35. 35. o misterio, o infografista explica mediante ilustracións o que ocorreu, sitúa nun mapa a catástrofe e recolle os pormenores dos rescates. Ao comparar o número de infográficos dedicados a os sucesos de Londres nos tres xornais escollidos (dous españois, El País e El Mundo, e outro británico, The Times), sorprende a maior presenza de infografía nos primeiros. Nin tan sequera nos días inmediatamente posteriores aparecen demasiadas infografías relativas ao acontecido. Se analizamos os gráficos aparecidos na prensa escrita nos días seguintes á masacre, vemos que son fundamentalmente de carácter descritivo: hai unha vontade por explicar como é a rede de metro londinense para que o lector poida entender a magnitude dos atentados e as zonas máis afectadas. Ademais, hai que ter en conta que, aínda que Londres é unha cidade coñecida por moitos españois, non é tan próxima como no caso de Madrid; polo tanto, faise necesario explicar máis e mellor onde estaba cada bomba. Prima, como consecuencia, a localización do atentado: non hai un só infográfico que prescinda deste elemento que na maior parte dos casos será ademais o único posible, xa que os detalles do suceso vanse coñecendo pouco a pouco. A investigación policial xa está en marcha, pero os xornalistas non teñen acceso aínda ás claves que lles permiten entender como puido suceder algo así nunha cidade tan vixiada coma Londres. A este respecto, soprende a infografía de El País na que se describe o sistema de vixilancia londinense; é interesante mencionar este caso porque é un dos poucos que escapa á simple localización do acontecido. O lector probablemente se fará preguntas sobre a seguridade nas liñas do metro e un infográfico destas características sacia, polo menos en parte, a súa curiosidade. Outra das opcións diferentes ofrécese no mesmo diario semanas despois, cando un sospeitoso é abatido a tiros no metro de Londres por non deterse ante a orde da Policía. O suceso conmociona a opinión pública porque o individuo, de nacionalidade brasileira, resultou ser inocente. Na representación gráfica óptase, unha vez máis, 35
  36. 36. por situar o lugar dos feitos e, como información extra, engádese o percorrido do home até ser finalmente alcanzado polos gardas. Mais á parte deste caso, os dous grandes xornais de tirada nacional optan por comparar os suceso do día 7 co intento dun novo atentado, tamén no metro, semanas despois. O mapa é practicamente o único elemento gráfico empregado. Cando as investigacións sobre os atentados de xullo avanzan (nas semanas seguintes xa aparecen os primeiros datos, como por exemplo que os terroristas suicidas prepararon o atentado nun barrio da cidade de Leeds) o suceso volve a cobrar actualidade. Mediante a infografría, tanto El País como El Mundo tratan de facerlles recordar ós seus lectores o que aconteceu. Neste senso, o gráfico compleméntase co texto, no que se explica parte da ilustración, que por si soa aporta pouco máis que a localización do piso de Leeds onde se fabricaron as bombas. As opcións ofertadas polos dúas grandes cabeceiras nacionais son moi semellantes no tratamento e mesmo nos sucesos considerados noticiables: de feito, sorprende ver que os aspectos que se consideran bos para un infográfico son practicamente os mesmo nos dous xornais (por exemplo, as complicadas tarefas de rescate de King’s Cross, unha das estacións máis afectadas o 7 de xullo). Como o tratamento é bastante frío nos dous casos (en canto á infografía, iso sí, o texto amosa predilección polos dramas persoais, por pórlle un rostro humano á catástrofe) non se aprecian usos sensacionalistas das imaxes. A localización, como xa se dixo, é a saída máis frecuente ante unha traxedia imprevista da que se apenas se coñecen máis datos que o onde e o cando. 36

×