O noso Nadal,galego e verde
Contido- Consellos para un Nadal galego e verde                                               3   - Artigos verdes:       ...
Algúns consellos para un Nadal                                               ademais de axudar a impulsar a economía local...
Agasallos en galego                                                          -O planetas das curiosidades. Feitos pioneiro...
Algunhas suxestións de literatura para adultos:                           -Som do galpón, Em terra de ninguém-Sete palabra...
Roteiros literarios                                                                       repousan os seus restos mortais,...
Falas menos galego que un teletubbiDaria Shornikova é rusa. Ten 19 anos e aprendeu a falar galego en Petersburgo. Marga te...
A tecnoloxia, tamén en galego    Ao falar de normalización lingüística tendemos a pensar en normas relativas á ortografía ...
Poucos trebellos en galego                                                               web con información sobre o      ...
As palabras                                                                 Ao escoitar a voz da súa filla, o home tivo qu...
Orella pendella,                        Por moito que cambien os tempos                                        hai sentime...
Para os nenos e nenas ós que lles         - E a caixa?                     Sarabea                                Ou máis ...
Receitas tradicionais para o Nadal                                                                    Esta receita irá med...
Se vedes que seca podedes engadirlle máis caldo ou auga.                    Esta podemos dicir que é a parte máis complica...
MENÚ 2                                                                      Segundo prato                                 ...
Sobremesa     COMPOTA DE MAZÁ E PERA AO VIÑO TINTO                                           Receitas vexetarianas para o ...
Segundo prato                                                          SobremesaBERENXENAS RECHEAS                        ...
´ Como sobrevivir ás festas: algunhas ideas para consumir de forma critica e responsábel no Nadal Maria Carmen Fidalgo. Co...
unha tarde no parque… e tantas outras cousas que non se mercan con cartos!No caso de que realmente precises mercar algo ou...
Receitas para un Nadal sustentable? Juan Marcos Pérez Gulín | perezgulin@perezgulin.org | www.perezgulin.org Tempos de sob...
É evidente que nestas datas se disparan os consumos enerxéticos. Unha das causas son as pequenas luces con que iluminamos ...
Consumir ou devorar, velai a cuestión                   Celebración do solsticio de inverno transformada pola Igrexa en co...
As crises financeira e ecolóxica globais deberían servir como estímulo para a reflexión sobre o noso (auto)destrutivo modo...
paréceche isto certo? Rotundamente non. A denominada cooperación non é tal, non existe unha situación de igualdade previa....
Temos que cambiar o noso xeito de vivir. Non sei se estarás de acordo comigo, mais penso que os mozos hoxe en día posuímos...
bens en cuestión. Hai que lograr un equilibrio coherente e respectuoso entre o turismo e o patrimonio, aspirando a promove...
Ti debes ser o cambio que desexas ver no mundo.                                                                           ...
Cantar de               Os señores desta casa                        saberannos perdonare                                 ...
Upcoming SlideShare
Loading in...5
×

O noso nadal

560

Published on

0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total Views
560
On Slideshare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
5
Actions
Shares
0
Downloads
5
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

Transcript of "O noso nadal"

  1. 1. O noso Nadal,galego e verde
  2. 2. Contido- Consellos para un Nadal galego e verde 3 - Artigos verdes: “Como sobrevivir ás festas: algunhas ideas para consumir- Agasallos en galego 4 de forma crítica e responsábel no Nadal”, María Carmen Fidalgo, ONDG Amarante 18- Roteiros literarios 6 “Receitas para un Nadal sustentable?”, Juan Marcos Pérez Gulín 20- Artigos galego: “Consumir ou devorar, velaí a cuestión”, Xosé María García “Falas menos galego que un teletubbi”, Séchu Sende 7 Villaverde, asociación Verdegaia 22 “A tecnoloxía, tamén en galego”, Marcus Fernández “Un máis un son tres”, Adrián Serantes Tobío, proxecto Otero 8 Xanela aberta 23 “As palabras”, Paula Carballeira 10 “A importancia de conservar as nosas raíces”, Rebeca “Orella pendella, para xogar cos ditos infantís de Carreiro, asociación Amigos da Terra 25 sempre”, Kiko Fernández Mújico, Carlos Yus Respaldiza, María Campos Cabaleiro 11 - As termas de Bande, un lugar de interese 27- Receitas: -menús tradicionais 13 -menú vexetariano 16O noso Nadal, galego e verdeConsello da Xuventude de Galiciawww.cxg.orgDeseño e Maquetación: Ofireyco, S.L. Diseñador: Luis Rodríguez www.luisenrique.infoDepósito Legal: C 3980-2009
  3. 3. Algúns consellos para un Nadal ademais de axudar a impulsar a economía local, estarás axudando a frear a xeración dos gases invernadoiro que se xeran co traslado de materiais.galego e verde - Elixe consumir aqueles produtos que poidas reciclar. Achéganse as celebracións do Nadal e o consumismo increméntaseconsiderablemente (en forma de regalos, comida, decoración, etc). Pero - Cando compres obxectos para o fogar, podes optar por aqueles queneste remuíño de compras hai que facer unha pausa e preguntarse: que sexan de segunda man. Regala aquelas prendas que xa non uses ouimpacto ten este consumismo excesivo sobre o medio? Son necesarios pensa nunha nova utilidade.e imprescindibles todos os excesos que cometemos nesta época? EsteNadal consumista do século XXI fainos ser máis felices? Realmente - Sé orixinal á hora de regalar. Pensa que os mellores agasallos non teñenqueremos abandonar os nosos costumes e tradicións seculares por outras por que ser os máis caros: os obxectos ou prendas artesanais, feitas aimportadas carentes de significado para nós e que á súa vez son máis man por ti mesmo/a, son unha boa opción ecolóxica.prexudiciais para o noso contorno ambiental e cultural? - Regala o teu tempo para compartir coas persoas que aprecias: un paseoVivir un Nadal propio, autóctono é gozar das nosas festas, xunto coa xente tranquilo e relaxante pola natureza ou simplemente un café acompañadoque queremos, respectando o medio e as tradicións, porque Galicia é unha dunha conversa agradable servirannos para deixar a un lado as présas doterra hospitalaria, amigable, galega e verde grazas ás súas xentes que día a día.século tras século souberon gozar da súa terra dun xeito san e natural,respectando as súas orixes e peculiaridades. - Regala libros, música, cinema, entradas para o teatro, para un concerto... son sempre unha alternativa intelixente. Elixe produtos en lingua galega,Como lograr un consumo máis responsable co noso contorno: acertarás! - Antes de comprar calquera cousa, pensa o que necesitas, non o que - A nosa lingua necesita que a coidemos e a divulguemos. Aproveitaqueres... calquera ocasión para usala. Regala galego. - Cando compres analiza o produto, mira o sistema de etiquetaxe e intentasaber cal é a orixe do produto e de que está composto. - Infórmate sobre as repercusións na saúde que trae o consumo de certassubstancias. Prefire aqueles produtos que teñan menos conservantes eaditivos. - Escolle aqueles produtos que sexan elaborados localmente, xa que así 3
  4. 4. Agasallos en galego -O planetas das curiosidades. Feitos pioneiros da humanidade. Baía edicións 1 Regala literatura: Algunhas suxestións de literatura xuvenil: Algunhas suxestións de literatura infantil: -Colección “Así é a vida” da Editorial Galaxia, con títulos como A Max non lle gusta ler, Adoptaron a Sara ou Max quere facer amigos Ás de bolboreta, Rosa Aneiros, Xerais -Colección “Os Bolechas queren saber…” de Edicións A Nosa Terra, con títulos como Que é o lixo, Educación viaria, Como se cría un xato ou Como se fai un libro Colección “Gerónimo Stilton. Humor e aventura” da editorial Destino, con títulos como Benvidos ao castelo da rocha Faíscas, María Canosa, editorial Galaxia rañicas, O misterioso manuscrito de Nostrarratus ou Na procura da marabilla perdida -Carola, a carteira centola, Mau e Pin, Xerais -O monstro das palabras, María Reimóndez, Xerais A princesa que bocexaba a todas horas, Carmen Gil e -O contador de estrelas, Santiago Jaureguizar, Edicións Obradoiro Elena Odriozola, OQO editora -O Brindo de ouro. II A Táboa de Hospitalidade, Xesús Manuel Marcos, Xerais -Libro das M’ALICIAS, Miquel Obiols e Miguel Calatayud, editorial -Valados, Agustín Fernández Paz, Xerais Kalandraka Mil cousas poden pasar. Libro I, Jacobo Fernández Serrano, Xerais O diario vermello de Carlota, Gemma Lienas, editorial Galaxia4
  5. 5. Algunhas suxestións de literatura para adultos: -Som do galpón, Em terra de ninguém-Sete palabras, Suso de Toro, Xerais -Fanny + Alexander, Alfaias-Xentiario, Carlos G. Reigosa, Editorial Galaxia -Esquios, Éche o que hai-Sol de inverno, Rosa Aneiros, Xerais -Machina, Post-Bravu-A muller do mediodía, Julia Franck, Sotelo Blanco -Kastoma, Almas da noite-Contos completos I e II, Edgar Allan Poe, Editorial Galaxia -Guadi Galego, Benzón-Neve, Orhan Pamuk, Editorial Galaxia -Falcatruada, Descarga ao vivo, Cuba-Galiza-Areaquente, An Alfaya, Sotelo Blanco Máis información en: A regueifa plataforma: http://aregueifanetlabel.blogspot.com/-Branco, Manuel Darriba, Editorial Galaxia Ghastas pista: www.ghastaspista.com-Dime algo sucio, Diego Ameixeiras, Xerais Mega, música en Galicia: www.culturagalega.org/mega-Diario dunha noiteboa, Manuel Jacobo González Outes, Edicións Baía 3 Regala filmes en galego:-O símbolo perdido, Dan Brown, El Aleph Editores-Once máis 15, editorial Ir Indo (poesía + música) Doraemon e o reino de Kibo (infantil)-As razóns do galego. Apelo á cidadanía, Henrique Monteagudo, editorial Shin Chan, tres minutos para salvar o mundo (infantil)Galaxia Os mortos van á présa, Ángel de la Cruz (comedia)-A cociña de Larpeiros. 150 receitas de Benigno Campos, BenignoCampos, editorial Galaxia Flores tristes, Teo Abad (película-documental)2 Regala música: Os soños do mar, Daniel López (documental)-Ataque escampe, A grande evasión Historias de Galicia (serie documental)-Leite de nai, Mirando ao ceo Máis información sobre filmes en galego en:-The Homens, Cuarta potencia www.xunta.es/linguagalega/cine_en_galego 5
  6. 6. Roteiros literarios repousan os seus restos mortais, pasando por barrios como o da Cidade Vella e o da Pesacadería.. Estás a organizar unha saída coa familia ou coas amizades para estas Rutas en coche: vacacións de Nadal? Pensaches en facer algún dos moitos roteiros literarios que hai na nosa Galicia? A continuación propoñémosche algún Roteiro Rosalía de Castro dos roteiros máis interesantes, pero recorda que pescudando pola internet http://www.culturagalega.org/roteiros/paxinadetalle.php?id=6&cod_rtro=4 poderás atopar moitos máis! Esta ruta percorre o espazo vital e poético da escritora Rosalía de Castro, moi ligada ás comarcas de Santiago e Padrón. Con estas terras, Rosalía 1 Roteiro Castelao e Roteiro Sarmiento na cidade de Pontevedra. de Castro mantivo estreitos lazos vitais, que tiveron o seu reflexo nas súas O obxectivo principal destes roteiros é recuperar e difundir a memoria creacións literarias, en obras como Cantares Gallegos ou En las Orillas histórica da cidade de Pontevedra inserida no contorno xeral da historia del Sar. de Galicia e da lingua galega. Roteiro Curros Enríquez en Ourense Roteiro Sarmiento http://www.culturagalega.org/roteiros/paxinadetalle.php?id=6&cod_rtro=5 Percorre a zona vella da cidade amosando a primeira etapa da vida de O roteiro transcorre polos concellos de Celanova, Barbadás, Ourense e O Sarmiento en Pontevedra, a súa infancia e primeira mocidade. Pereiro de Aguiar. Todos eles tiveron relación coa vida e a obra do vate. Celanova viuno nacer e foi o escenario da súa primeira xuventude e a Roteiro Castelao: inspiración para algúns dos seus poemas. Barbadás acolle personaxes Percorre a zona vella e as principais rúas da Pontevedra e lugares clave nas súas composicións. A capital da provincia marca a de principios do século XX. A ruta inclúe a visita á Sala vida de Curros, nela coñece o éxito profesional e artístico, pero tamén as Castelao do Museo de Pontevedra e ao interior do adversidades e a censura. O Pereiro é o berce do Padre Feijoo, cuxa vida antigo Café Moderno (actual Fundación Caixa Galicia). porá Manuel no teatro. Máis información: http://www.pontevedra.eu/castelao-pontevedra/ruta.html Roteiro Eduardo Pondal 2 Roteiros Culturagalega.org. http://www.culturagalega.org/roteiros/paxinadetalle.php?id=6&cod_rtro=7 A páxina web www.culturagalega.org/roteiros ofréceche toda a información O roteiro pondaliano pretende ser un pequeno referente da vida e obra de que precises para que cada persoa ou grupo de persoas poidan facer os Eduardo Pondal, o Bardo de Bergantiños. Un percorrido con evocación roteiros pola súa conta. poética, que nos achegará sen dúbida a un dos grandes da nosa literatura. Este abarca sete Ruta a pé: concellos da Costa da Morte (Terra de Soneira Curros Enríquez na cidade da Coruña e Bergantiños), e finaliza no concello da Coruña, http://www.culturagalega.org/roteiros/paxinadetalle.php?id=6&cod_rtro=6 lugar onde xacen os seus restos mortais. O percorrido, apto para facer nunha xornada a pé, inclúe paradas que van desde o porto, que o viu partir cara a emigración, ata o cemiterio, no que6
  7. 7. Falas menos galego que un teletubbiDaria Shornikova é rusa. Ten 19 anos e aprendeu a falar galego en Petersburgo. Marga ten 18, vive en Vigo e di que se sente rara falando galego. Blankaé bosnia, ten 20 anos. Fala o galego que aprendeu na cidade croata de Zadar, na universidade. Marcos vive en Ferrol, ten 18, non fala galego. Mólanlle osDios ke te Crew. Tom é escocés. Fala galego. Ten 20. Coñeceu a Blanka nunha viaxe de estudos a Santiago, gustáronse e liáronse falando galego entre eles.Lucía ten 17, é da Coruña, di que non sabe falar galego. Dili é coreana. Chegou a Galiza para estudar castelán porque lle gustaba La Oreja de Van Gogh eaprendeu castelán e galego. Cando fala galego ten acento coreano, un sotaque de milleiros de quilómetros de distancia.. Mónica naceu en Pontevedra, ten20, non fala galego nunca. Alexandra Radu chegou a Vila de Cruces aos 13 anos desde Romanía. En romanés eu tamén se di eu. Axiña comezou a falar engalego. Ao final do curso xa falaba e escribía moi ben a nosa lingua. Romina ten 19 anos, é italiana, naceu ao pé do vulcano Vesubio, gústalle o submarinismo.Fala bastante ben para levar aquí só un ano. Rosa ten 19 e traballa de caixeira no súper onde Romina fai a compra. Romina fálalle galego todos os días, Rosanunca lle contesta en galego. Eva naceu en Andalucía e chegou a Galiza aos 24, aos 25 aprobou as oposicións de educación física. Hoxe dá as clases no seugalego con sotaque de Cádiz. Ten alumnos e alumnas que non falan galego porque lles dá corte. Cando Ignacio aos 16 comezou a falar as súas primeiraspalabras en galego recén chegado de Madrid algúns colegas ríronse del. Deixou de intentalo. Aínda que dous anos despois decidiu pasar do que dixera axente, e hoxe fala galego sen problemas. Eduardo Estévez chegou aos 20 e poucos de Arxentina. Primeiro aprendeu a escribir en galego e logo a falalo.Publicou varios libros de poesía na nosa lingua, que agora tamén é a súa lingua. Podes atopalo na Galipedia, a wiki galega. E a Daria Shornikova podes velaen Youtube, explicando que se lle fai estraño que haxa galeg@s que non falan galego. En Rusia non hai rus@s que non falen ruso. A Blanka e a Tom taménpodedes velos en Youtube, contando que, como non coñecen aínda moitas palabras do noso idioma, ás veces acaban inventando algunha.Ás veces parece que podería ser máis doado que o resto do mundo se botase a falar galego antes de que o fagan algúns galeg@s que semellan terlle alerxiaá nosa lingua. Cando escoito falar a Daria, a Blanka, a Tom, a Dili, a Álex, Eva, Romina ou a Eduardo pregúntome por que lle resultará máis fácil falar galegoa un estranxeiro que acaba de baixar do avión que a algúns galegos que levan aquí toda a vida. Hai galegos e galegas para quen a língua máis difícil de falarno planeta é o galego. Precisamente.Hai galegos que falan menos galego que un Telettubi. Eu, por exemplo, cando tiña 15 anos. Falan máis galego os catro telettubies xuntos nun capítulo do quefalaba eu nun mes enteiro daquela, cando tiña quince anos. Daquela comecei a facerme preguntas: Por que non podía eu falar galego coma se tal cousa?Por que tiñamos que pagar a xente nova os prexuízos lingüísticos d@s maiores? Por que se estaba desgaleguizando a miña xeración? E botáballe a culpa ásociedade, coma se fose algo contra o que non se puidese facer nada. Afortunadamente deime de conta de que iso non era normal nen irreversíbel. Non eranormal que chegase a envexar os debuxos animados xaponeses da tele porque falaban galego con toda a naturalidade que eu non tiña. E fixen o único quepodía facer. Poñerme a falar galego.Séchu Sende, escritor 7
  8. 8. A tecnoloxia, tamén en galego Ao falar de normalización lingüística tendemos a pensar en normas relativas á ortografía e á sintaxe dos textos, esquecendo que o auténtico obxectivo é facer que a nosa lingua acade un uso ordinario entre os galegos, e ao igual que hai iniciativas para promover o galego no ensino e nos medios de comunicación, nos sistemas cos que interactuamos a diario tamén resulta de interese a súa adaptación á nosa lingua, de xeito que o galego non estea limitado a relacións interpersoais, senón que tamén chegue á nosa comunicación cos trebellos tecnolóxicos e sistemas automatizados dos que facemos uso a diario. O galego na Rede Se acudimos á Internet, o número de páxinas web en galego é bastante limitado, aínda que debemos recoñecer que tamén pasa o mesmo co español, pero no caso das administracións públicas a lección parece estar aprendida, e na súa meirande parte hai opcións multilingüe, onde o galego é o seu idioma por defecto, o que contribúe a dar certa visibilidade da nosa lingua na web, ao que tamén contribúen moitas outras persoas a través das súas páxinas web persoais (principalmente blogues) e incluso contribuíndo coa tradución colaborativa ao galego da interface da plataforma de redes sociais Facebook, polo que podemos acceder a tal servizo na nosa fala, de xeito que ao comunicarnos en galego non atopamos unha imaxe castrapa na que os comentarios en galego se mesturarían cunha interface en español ou inglés como acontece noutras plataformas coma Twitter. Dende Google tamén fixeron a súa achega hai anos, e a súa páxina principal (o buscador) está traducida ao galego, pero quedan pendentes de tradución servizos coma Gmail, moi empregado na nosa comunidade, e do que podemos agardar unha pronta tradución ao galego, posto que actualmente están dispoñibles versións en catalán e éuscaro. Un grupo de voluntarios traduciron o Facebook ao galego Outras eivas que atopamos na web é que a presenza do galego nos medios de comunicación é anecdótica, de xeito que a cabeceira de prensa de referencia (La Voz de Galicia) publica textos en galego mediante un tradutor automático (o que dista moito de ser unha solución óptima), medios bilingües coma Xornal de Galicia dan prioridade ao español nos seus contidos (pese a ter un nome en galego) e nos outros medios fóra da CRTVG, a presenza do galego en radios e televisións en liña é insignificante, polo que importantes creadores de contidos están a marxinar a nosa lingua de xeito que o resto de axentes do sector deben esforzarse para que a presenza do galego sexa o suficiente como para atender á demanda dos seus falantes. Pero resulta evidente que a normalización do galego na Rede non depende só de Administracións, provedores de servizos e medios de comunicación, senón que somos os propios cidadáns os que ao relacionarnos en galego por correo electrónico, na mensaxería instantánea, nos blogs ou nas plataformas de redes sociais os que podemos crear un espazo cunha identidade propia, e ao igual que falamos o galego na nosa vida cotiá, podemos facer o mesmo cos nosos alter egos virtuais.8
  9. 9. Poucos trebellos en galego web con información sobre o tema (oteumobilengalego.com) e Os fabricantes de electrónica de consumo teñen moi marxinadas as linguas a operadora de cable R incluíse locais nos seus dispositivos, entendendo que o inglés é unha lingua franca, no seu catálogo de móbiles 4 polo que a localización das interfaces de uso de televisores, reprodutores terminais en galego, o que supón de DVD, receptores de TDT, terminais de telefonía móbil e outros trebellos unha pequena achega, que habitualmente non vai máis aló do español (en moitos casos, incluso de agardemos que inste a boa parte xeito lamentable) e incluso os fabricantes galegos esquecen en boa parte dos fabricantes a tomar medidas do seu catálogo a nosa lingua. ao respecto. R ofrece aos seus clientes 4 terminais de telefonía móbil en galego Pero distintas campañas de De todos os xeitos, neste panorama podemos ver un raio de esperanza, concienciación conseguiron calar pois ao igual que no mundo da informática podemos gozar dos sistemas nos responsables dos produtos operativos Windows XP e Vista en galego, e das distintas distribucións Blusens tamén conta con dispositivos con menús en comercializados por compañías galego, coma un dos seus receptores preparados de Linux debidamente traducidas, esta tendencia podería trasladarse para a TDT de pagamento galegas, e así podemos gozar dun aos móbiles grazas a plataformas baseadas en solucións abertas coma amplo abano de receptores de TDT Maemo ou Android, de xeito que entidades e persoas alleas aos propios coa súa interface en galego de fabricantes coma Blusens, NPG, Sanyo, fabricantes poidan ser os que contribúan coas traducións que permitan Ikusi, Engel e moitos outros, de xeito que a interacción co televisor que terminais de media/alta gama poidan actualizarse para presentar (probablemente o dispositivo de menús e aplicacións en galego. electrónica do consumo máis presente para os usuarios) da nosa lingua é un Futuro prometedor importante paso adiante, aínda que Podemos asegurar así que, grazas ao esforzo común, é posible mirar sería desexable que compañías coma con esperanza ao futuro, pois ao igual que moitos voluntarios colaboran Blusens ou Televés contemplasen tal na tradución ao galego de Facebook ou as aplicacións de Linux, podería opción en todos os seus produtos (o pasar o mesmo para moitas outras interfaces que vaian xurdindo, de xeito que aínda non é así). que mentres o galego viva na nosa sociedade, poderemos trasladar a súaMoitos receptores de TDT permiten ver en galego os seus menús en pantalla enerxía á Internet e aos trebellos e servizos dos que facemos uso, levando O teléfono móbil tamén é un a nosa fala a todos os ámbitos da nosa vida, tanto real coma virtual. dispositivo co que interactuamos con moita frecuencia, e aínda que existen terminais coa súa interface en Marcus Fernández Otero galego, atopalos é bastante complicado, de aí que creasen unha páxina http://marcus.es/ 9
  10. 10. As palabras Ao escoitar a voz da súa filla, o home tivo que parar, primeiro pola sorpresa, despois pola forza que desprendía aquela nena miúda que se lle puxo Contan que houbo un home que diante, desafiándoo. Aí foi cando o home lembrou o poder das palabras, renunciou ás palabras. Estaba farto que poden deter a furia, que poden mover o mundo, que poden cambialo de que o enganasen, de que o ferisen, todo. de que lle fixesen burla. Aquel home marchou lonxe do resto dos homes, e Contan que aquela nena fíxolle lembrar tamén ao seu pai quen era e de levou canda el a súa muller. Vivirían onde viña, como llo aprendera súa nai a ela, e que lle borrou o odio da os dous sos, sen palabras, sentindo e fronte, pero non quixo quedar con el no medio das montañas. Cando escoitando o ritmo imparable do tempo. medrou abondo, a nena que xa non era unha nena levou a súa nai a recorrer os camiños do mundo. O único que ofrecía era o que tiña, as Din que aquela parella tivo unha nena, palabras, e din que a xente pagaba por escoitar as súas historias, porque e que cando o home marchaba, a lles lembraban quen eran, de onde viñan e, sobre todo, porque lles muller, que non lles gardaba xenreira ás lembraban a música da voz das nais cando comparten os seus segredos palabras, falaba coa súa nena en voz baixa. Tamén din que nas longas nas longas noites do inverno. noites do inverno, en canto o home quedaba durmido, a muller achegábase á nena e cantáballe na orella para que non tivese medo ao sentir o asubío Paula Carballeira, contacontos do vento. Pero unha mañá choveu, choveu tanto que o home volveu á casa antes de tempo para mudar a roupa enchoupada. Alí descubriu a súa muller e a súa filla falando e cantando coa alegría de quen comparte un segredo. O home toleou ao sentirse enganado de novo, por esa muller a quen quería máis que a nada no mundo, por esa muller a quen quixera rescatar das palabras e botouse a ela ouveando coma un lobo. −Quieto! - berrou a nena – Non te achegues á miña nai!. Nin se che ocorra facerlle dano!10
  11. 11. Orella pendella, Por moito que cambien os tempos hai sentimentos como a tenrura heille de comprar un bombo e mais unha castañola. Para xogar cos dedos:para xogar cos entre pais e fillos ou a alegría de xogar cos/as amigos/as que nunca Heille de dar a meu neno Este foi ó mar e non pescou nada. Este foi ó mar e pescou unhaditos infantis de cambiarán. A tradición oral ofrécenos a posibilidade de seguir expresando cocidiño con repolo, as orellas dunha pulga, pescada. Este quedou en terra e lavouna bensempre estes sentimentos e seguir gozando cos xogos máis sinxelos. as costelas dun piollo. lavada. Este quedou en terra e fixo unha E para acariñar os pequerrechos caldeirada.A páxina www.orellapendella.org Estes días de maior convivencia nada mellor que os ditos de Mecos E este lambón, lacazán... ¡papouna,naceu hai pouco máis dun ano co familiar son os tales para pasarmos no colo: ben papada!obxectivo de difundir a literatura o tempo xogando cos máispopular infantil de Galicia para pequenos a xogos que estimulen a Para aloumiñar a man: Para abanear:que siga sendo unha ferramenta súa intelixencia, a súa memoria e aeducativa e de lecer para os/as súa fala galega. Todos lembramos Manxurriña, manxurriña, Serra comadre,galegos/as do século XXI. ditos que nos dixeron cando eramos come pan e pataquiña serra compadre nenos. Non debemos tronzar esa e se lle parece pouco, na madeiriñaNa lingua galega hai infinidade de tradición e privar os cativos de gozar un touciño e cacho doutro. do señor abade.ditos, recitados, cancións, etc. que con este marabilloso legado que Viches o gato no unto? Señor abade,acompañaron desde hai séculos as recibimos. Pun, que te apunto! vaia con “dios”,brincadeiras dos/as nenos/as ou as que a madeiriñarelacións entre os membros maiores Animámosvos a participar neste a cara: serrámoslla nós.da familia e os máis pequenos. proxecto achegándonos os ditos, recitados e cancións que coñezades Este olliño pimpilín. Para cabalgar na perna:Hoxe en día, debido ós cambios e xogando cos que aquí descubrades. Este olliño pimpilán.producidos nas formas de vida e nas Deseguido ofrecémosvos unha Este nariz narizán. Arre cabaliñoactividades de lecer dos rapaces e mostra mínima deste tesouro Esta boca pide pan. que vas trotando,rapazas, corremos o perigo de perder creado polo noso pobo, desde os Este queixo non llo dá. tres por ribaesta riqueza definitivamente. Sen ditos máis sinxelos para acariñar os Arríncate, cabalán! e tres por baixo,rexeitar as novas formas de diversión naipelos ata os trabalinguas máis ata caer do cabalo:e coñecemento que nos ofrecen as entrambilicados para poñer a proba a barriga: abaixo!últimas tecnoloxías, consideramos o enxeño e a destreza verbal dosque é posible e, mesmo, moi máis vellos. Trispilistrás, trispilistriñas,positivo para as relacións humanas o que non come non ten barriguiña.recuperar, coñecer e practicar os Para arrolar: Trispilistrás, trispilistrolas,xogos verbais dos nosos avós. Este neniño pequeño o que non come non ten barrigola. heino de mandar á escola 11
  12. 12. Para os nenos e nenas ós que lles - E a caixa? Sarabea Ou máis fácil: gusta preguntar: - Que caixa? na casa da tía Andrea - Ten tinta, Antón? - A que sobe e baixa. Pinga, pinga - Tinta Antón ten. - Tantarantán, para onde vas vella? na casa da tía Dominga - Acórdache a corda? - Tantarantán, vou para Pontevedra. Para “rezar”: Trona, trona - Acorda a corda! - Tantarantán, que vas buscar? “Por la señal” no cu da “patrona”. - Tantarantán, unha carga de sal. do papo real, En fin para xogar e aprender dunha - Tantarantán, para que é o sal? comín touciño Para poñer a proba os pulmóns: forma ben sinxela: - Tantarantán, para facer o caldo. e fíxome mal. - Tantarantán, para que é o caldo? Pouseino no prato, Catro bois Xan Perillán - Tantarantán, para “llo” dar ás vellas comeuno o gato, e catro vacas a cabalo dun can; - Tantarantán, para que son as fun atrás del soben carro o can era coxo, vellas? “con un” zapato. costa arriba; tirouno nun pozo; - Tantarantán, para sachar o millo. “Me cago no gato!” non hai home o pozo era frío, - Tantarantán, para que é o millo? Para falar cos animaliños: nesta terra tirouno nun río; - Tantarantán, para “llo” dar ás Voa, voa, xoaniña, que catro veces o río era branco, churras. que teu pai vai no muíño o diga... (ata dicir catro veces sen tirouno nun campo; - Tantarantán, para que son as e a túa nai no Porriño, coller folgos). o campo era roxo, churras? que che ha de traer tirouno nun toxo; - Tantarantán, para poñer os ovos. uns zapatiños Para exercitar a lingua e os beizos: o toxo picaba, - Tantarantán, para que son os ovos? de cu de ratiño. Xan Perillán berraba - Tantarantán, para llos dar ó crego. Unha pega merga, reborderga, e o can escapaba. - Tantarantán, para que é o crego? Caracol, col, col, gorda, rebirigorda, - Tantarantán, para dicir a misa. bota os cornos ó sol acotobelada e xorda Kiko Fernández Mujico - Tantarantán, para que é a misa? que a túa nai e o teu pai cría pegos mergos, rebordergos, Carlos Yus Respaldiza - Tantarantán, para subir ó Ceo! os botaron en Ferrol. gordos, rebirigordos, María Campos Cabaleiro acotobelados e xordos. http://www.orellapendella.org/ Para rir xuntos: Para poñerlle ao mal tempo boa Se non criase pegos mergos, cara: rebordergos, - Como te chamas? gordos, rebirigordos, - Come castañas. Chove, chove acotobelados e xordos - E de apelido? na casa do pobre. non sería unha pega merga, - Caldo cocido. Neva, neva reborderga, na casa da vella. gorda, rebirigorda, - Ola! “Xía, xía” acotobelada e xorda - Non é pote nin cazola. na casa da tía.12
  13. 13. Receitas tradicionais para o Nadal Esta receita irá medida para catro persoas: * +/- 1 kg de xarretes de porcoMENÚ 1 * 1 cebola grande * 2 cenorias grandesPrimeiro prato * 1 vasiño de viño brancoCOLIFLOR CON BACALLAU * 1 vaso de caldo de carne, de polo ou auga * aceite de oliva virxe extra É unha receita ben sinxela e non moi cara; * sal comparando prezos en distintos sitios podemos adecuarnos ao noso orzamento. Precisaremos para o adobo: * medio vaso de aceite de oliva virxe extra Precisaremos: * media cabeza de allos * unha coliflor * unhas ramiñas de pirixel * bacallau (desalgado de 24 a 48 h) * 1 folla de loureiro * 300 g de patacas * 2 cravos de olor * allos * 3 graíños de pementa negra * aceite * 1 cullerada de pemento doce * unhas areíñas de salLimparemos ben a verdura, pelaremos as patacas e cortarémolas endados, máis ou menos do tamaño das flores da verdura, para que nos Comezaremos limpando os allos para o adobo, con eles e o sal faremoscoza todo por un igual. Poñémolas a cocer coa coliflor. un puré no morteiro. A esta pasta engadirémoslle o pirixel ben picadiño, a folla de loureiro, os cravos de olor, a pementa negra, a cullerada deCando vexamos que están case feitas engadiremos o bacallau en pemento doce e o aceite. Con todo isto faremos un prebe ben ligado.anaquiños, apagaremos o lume, taparemos a pota e coa calor que tenfarase o bacallau. Untaremos con el a carne e deixarémola repousar un mínimo de tres horas, sempre dentro da neveira. Queda moi ben se a deixamos toda a noite.Á hora de servir escorreremos ben a auga da pota e botarémoslle porenriba un pouco do aceite no que friximos os allos cortados en láminas, e Faremos a carne nunha pota grande, ao estilo das nosas avoas, quea quen lle guste pode engadirlle os allos. usaban este método para asala.Segundo prato Botaremos aceite no fondo da pota, cando estea ben quente douraremos aCARNE ASADA carne por todos os lados para que sele e todos os líquidos queden dentro, así non nos sairá seca. Cando a teñamos dourada engadiremos a cebola200 g de carne por persoa; dependerá do noso orzamento a peza que e a cenoria cortadas en anacos, darémoslle unhas voltas para que collanmerquemos: tenreira, porco, boi... cor, este é o momento de engadir o viño, o caldo e todo o zume do adobo, non hai que desperdiciar nada. Baixaremos o lume ao mínimo, este é o momento de engadir o sal e de tapar a pota. Irémoslle dando voltas a medida que se vaia facendo, máis ou menos cada 15 minutos, calculade uns 75 minutos de cocción. 13
  14. 14. Se vedes que seca podedes engadirlle máis caldo ou auga. Esta podemos dicir que é a parte máis complicada do proceso, o resto dependerá da maña que nos deamos na decoración e modelado da Co líquido que nos quede faremos o prebe: coámolo das impurezas que anguía. leve e reducímolo a lume alto. Cando teñamos o caldo de azucre no seu punto engadimos a améndoa e Para acompañar esta carne podemos poñer de guarnición unhas patacas a pataca previamente esfarelada cun garfo. Mesturamos todo ben até que fritas cortadas en cadradiños, unha compota de mazá, uns champiñóns nos quede unha masa lisa e sen grumos; retiramos do lume e deixamos ou unhas alcachofas refogadas (poden ser de lata, non teñen por que ser arrefriar. Logo deixarémola repousar na neveira, tapada 24 horas. frescas), uns pementos do piquillo... O que vos apeteza. Pasado este tempo, xa podemos comezar a traballar o mazapán, deixaremos Sobremesa unha boliña á parte para adornar a cabeza. Poremos a masa enriba dun ANGUÍA DE MAZAPÁN papel de forno, que previamente salpicaremos de azucre glas. Faremos un tubo coa masa e coa axuda do azucre glas e dun rolo estiraremos para Esta receita merece moito a pena, leva un pouquiño de tempo, non moito, facer un rectángulo moi estreito e alongado. Agora poremos un pouco de e parece máis complicada do que realmente é. Cando probedes a facer cabelo de anxo por riba do mazapán, coma se preparásemos un brazo mazapán e vexades o fácil que é de manexar e o sabor que ten, non de xitano, e axudándonos co papel xuntaremos os dous lados estreitos, volveredes mercar do industrial. co recheo no medio. Agora con coidado iremos enroscando a masa; coa boliña que apartamos darémoslle forma á cabeza, como a dunha serpe Precisaremos para o mazapán: máis ou menos. Ao sacala do forno colocámola enriba da oblea. * 375 g de amándoa moída * 375 g de azucre normal Coa xema de ovo batida pintaremos a anguía e levarémola ao forno, só co * 150 g de auga gratinador, para que colla cor. * unha pataca cocida pequena * azucre glas para traballalo Tócanos o último paso: facer a Glasa Real para decorar. Para o recheo e os adornos: Batemos a clara de ovo lixeiramente e comezamos a engadirlle o azucre * un bote de conserva de cabelo de anxo glas aos poucos, batendo o conxunto fortemente, tennos que quedar a * froitas confeitadas textura da pasta de dentes. * 1 oblea redonda * 1 ovo, clara e xema por separado Se se precisa engadiriamos máis azucre. * 200 g de azucre glas, non serve o moído por nós, ten que ser industrial Cunha manga pasteleira pintaremos os ollos e a boca da anguía, e as Comezaremos preparando o mazapán, para iso poremos un cazo ao lume escamas do corpo. Quédanos por colocar as froitas confeitadas polo coa auga e o azucre para facer un caldo de azucre forte, saberemos que medio dos sucos que forma o corpo, podemos usar a glasa para pegalas. está no seu punto facendo a proba da culler: collemos un pouco do caldo de azucre nunha culler, esta precaución é para non queimarnos, mollamos Merece a pena o esforzo, xa que o resultado é espectacular. o dedo índice e xuntámolo co polgar, se ao separalos paseniñamente se forma un fío xa temos o caldo de azucre no seu punto, se non, que coza un pouco máis.14
  15. 15. MENÚ 2 Segundo prato OLLOMOL AO FORNOPrimeiro pratoSOPA DE ALLO Este é un peixe moi saboroso e moi doadiño de facer, podemos mercalo con antelación e conxelalo para que logo o peto non se nos asuste. Esta é unha receita moi habitual nos meses de frío, quenta o corpo mellor Para catro persoas precisaremos: ca ningunha outra. Pero tamén é unha receita moi tradicional do día de Nadal * quilo e medio de ollomol ou outro ou do de comezo de ano, para curar os peixe similar excesos da noite anterior. * unha cebola grandiña, do país que Que mellor que despois de durmir teñen máis sabor poucas horas e sobre todo comer máis * catro patacas do normal que meter esta sopiña na * dous tomates maduriños barriga. * catro allos * un vasiño de viño brancoPrecisaremos: * pan raiado* 1 litro de caldo, pode ser de polo, de carne ou vexetal, o que máis nos * aceite de oliva virxe extrapreste. * sal .* media cabeza de allos* 150 g de pan duro, pode ser bolo, barra... o que consumamos. Limpamos ben o peixe, tanto por dentro coma por fóra, e salgamos.* pemento doce Pelamos e cortamos as patacas e as cebolas en toros de non máis de un* aceite de oliva virxe extra dedo de grosor.* 1 ovo por persoa, neste caso catro* sal Nunha fonte de forno previamente untada con aceite poñemos unha cama de patacas e cebolas, enriba poñemos o peixe.O máis tradicional é facela nunha ola de barro, pero serviranos calquerapota, poñemos a quentar o caldo nunha pota e noutra comezamos a Ao peixe botámoslle o allo ben picadiño e o pan raiado, para que formefritir un pouco o pan, cortado en rebandas ben finiñas. Cando tome cor unha costra ben gustosa.retirámolo da pota e engadimos os allos fileteados.No momento en que estean dourados retiramos a pota do lume e Por último, só nos queda cortar os tomates polo medio, colocalos na fonte,engadímoslle unha cullerada de pemento, mesturamos ben, levamos a co corte cara a arriba, e regar o conxunto co vasiño de viño.pota outra vez ao lume e engadímoslle o caldo xa quente e o sal. Candorompa a ferver botamos o pan e deixamos que coza, só nos restarán os Ao forno prequentado a 180ºC media hora.ovos batidos xusto no momento de servir, para que callen un pouco. As patacas, as cebolas e o tomate xa son a gornición, pero tamén podemosPodemos enriquecela cuns cadradiños de xamón salteados, deberemos acompañar o prato dunha col lombarda picada moi finiña e salteada en cruprobar o sal antes de engadirllo. cuns allos. Se non nos gusta a col lombarda podemos usar repolo, verza do pais, uns grelos... a verdura que máis nos guste co mesmo procedemento. 15
  16. 16. Sobremesa COMPOTA DE MAZÁ E PERA AO VIÑO TINTO Receitas vexetarianas para o Nadal Quen non prepara na súa casa unha compota? E ben rica que está! E se a esta compota lle engadimos unhas especias, unhas froitas secas Primeiro prato e un pouco de viño convertemos un prato normal nunha sobremesa de CEBOLAS ASADAS CON QUEIXO DE CABRA categoría. Precisaremos: * medio litro de viño tinto * dúas mazás grandiñas * dúas peras grandiñas tamén * oito orellóns * unha presadiña de pasas * auga * azucre Opcional: * catro anises estrelados * dúas sementes de pementa negra Ingredientes (4 persoas): * dous cravos de olor * catro cardamomos 8 cebolas grandes 200 g de queixo de cabra Podemos usalas todas ou só algunhas dependendo do noso gusto. aceite sal Empezaremos poñendo dúas potas ao lume, nunha delas poremos a cocer pementa o viño para que reduza e perda parte do seu alcol, e na outra faremos un perexil caldo de azucre coa auga, o azucre e as especias. Cando vexamos que o viño reduciu á metade do seu tamaño engadímosllo Preparación: ao caldo de azucre, no cal introduciremos as froitas secas e a froita fresca pelada e cortada en catro anacos. Deixamos cocer o conxunto até que a Pela as cebolas e colócaas nunha bandexa para forno. Rega cun fío de froita feita estea branda pero non se desfaga. aceite de oliva cada unha das cebolas. Bótalle sal, pementa e perexil ao gusto. Un licorciño vaille moi ben para acompañar esta sobremesa. Parabéns para todos e todas nestas datas!! Introduce a fonte no forno quentado previamente a 200 graos durante 25- 30 minutos. Retira a bandexa e coloca o queixo de cabra por encima. Marta Xen Santiago Volve meter a bandexa no forno. Cando o queixo estea dourado e derretido http://cocinhapoetica.blogspot.com xa están lista para comer!16
  17. 17. Segundo prato SobremesaBERENXENAS RECHEAS TORTA DE MAZÁS E NOCESIngredientes (4 persoas): Ingredientes: 4 mazás pequenas ou 3 grandes (mellor das4 berenxenas grandes verdes ácidas)2 cabezas de allo 2 cuncas de azucre100 g de cogomelos 1 cunca de noces en anacos pequenos100 g de olivas negras 100 g de manteiga ou margarina sen sal1 pemento 4 ovos2 tomates 1 cunca de iogur natural (sen azucre)50 g de queixo roquefort 1 culleradiña de vainillaqueixo para fundir ? culleradiña de canelasal 2 cuncas de fariña (levedante, de forza)azucre 1 culleradiña de po de enfornar (Royal)aceitepementa Preparación:Preparación: Facemos un caramelo cunha cunca de azucre e acaramelamos un molde redondo de torta de aproximadamente 25 cm. de diámetro.En primeiro lugar pícanse os allos, as olivas, o pemento, o tomate e Pelamos e cortamos as mazás en anaquiños de media lúa e colocámolos enriba doos cogomelos en anaquiños. Poñemos a quentar nunha tixola unha caramelo en forma de flor ou estrela. Para este momento o caramelo xa estará duro.cullerada de aceite e botamos todo nesta. Cociñamos a lume medio. Encima das mazás esparexemos as noces e logo a manteiga cortada en anaquiñosPor outra banda, cortamos as berenxenas de forma horizontal e pequenos.baleirámolas por dentro cunha culler. Picamos a carne das berenxenase botámola na tixola. Engadimos o sal e a pementa ao gusto (e un Metemos o molde no forno suave uns 10 minutos ou ata que suavicen un pouco aspouco de azucre para quitar a acidez do tomate). Deixámolo a lume mazás e derreta a manteiga.medio durante 7-8 minutos. Mentres o molde está no forno, mesturamos noutro envase os ovos con outra cuncaNunha bandexa grande apta para o forno, colocamos as berenxenas de azucre, o iogur, a vainilla, a canela e a fariña mesturada co po Royal.baleiras e enchémolas co sofrito da tixola. Engadimos uns cachiñosde queixo roquefort e metémolo no forno, quentado previamente a 200 Sacamos as mazás do forno e cubrímolas con esta mestura. Métese no molde degraos durante 15-20 minutos. novo ao forno e enfornamos como calquera outra torta.Sacamos a bandexa e colocamos en cada unha das metadesde berenxena un pouco de queixo de fundir. Metemos outra vez a Esperaremos a que arrefríe un pouco a torta para desmoldar (media hora). Dámosllebandexa e deixámola ata que o queixo estea dourado. a volta directamente nun prato e cando retiremos o molde descubrirase unha fermosa torta cuberta de noces e mazás acarameladas en forma de flor.Sacamos a bandexa e servimos.Nota: un bo acompañamento para esta receita son patacas asadas. 17
  18. 18. ´ Como sobrevivir ás festas: algunhas ideas para consumir de forma critica e responsábel no Nadal Maria Carmen Fidalgo. Coordinadora da ONGD Amarante en Compostela Chegan as festas de Nadal –nas que hai tempo as compoñentes comercial e publicitaria acabaron por desprazar significados vencellados con aspectos relixiosos ou sociais– e atopámonos nun escenario que merece cando menos unha reflexión repousada sobre o consumo voraz que levamos a cabo durante todo o ano e, principalmente, nestas datas. Inmersas nunha crise que se presenta cunha vocación de permanencia maior do que anuncian a clase política e organismos internacionais, estamos a asistir como as expectativas de poñer freo á mudanza climática mediante un acordo ambicioso e xusto (non podemos esquecer a débeda ecolóxica contraída cos países empobrecidos) no vindeiro Cumio de Copenhagen se desinflan, a xulgar polas declaracións dalgúns dos mandatarios dos países máis influentes do planeta como Estados Unidos e China. Verdadeiramente son malas noticias para toda a humanidade, máis sobre todo para a mocidade e as xeracións futuras, que herdarán un mundo máis devastado en canto a ecosistemas e recursos naturais, no cal a desigualdade entre os países e pobos será aínda maior se non mudamos de rumbo. Por que chegamos a ese punto? Desde logo a reposta pasa por reflexionar sobre a forma en como estamos a espremer os recursos do planeta que habitamos e, por ende, sobre o noso modelo de produción e de consumo. Sobre este último aspecto queremos chamar a atención neste artigo, incidindo na necesidade de facerse preguntas sobre as causas da desigualdade entre unha beira e outra do planeta, para acto seguido repensar a nosa forma de consumir. O primeiro elemento que precisamos ter en conta á hora de consumir xira en torno á necesidade de mercar algo. Esa ten que ser a pregunta fundamental que nos fagamos antes de adquirir un produto ou servizo, pois en moitas ocasións o consumo atende a outras motivacións moi distintas da necesidade real (sentirnos aceptadas e aceptados e formar parte dun grupo, por exemplo). No caso de que a resposta sexa positiva, é importante considerar se non podemos acceder a aquilo que nos fai falta a través doutras vías: pedir prestado a unha persoa amiga, trocar, reutilizar ou mercar de segunda man son só algunhas ideas para reducir e minimizar o impacto do noso consumo, aproveitando de forma intelixente os recursos dispoñibles. Á hora de agasallar paga a pena considerar outras opcións, pensando en detalles que son únicos e exclusivos: facer nós mesmas un agasallo (podemos elaborar desde floreiros, portacandeas ou portalapis con envases, broches con refugallo –basta usar a creatividade e poñer algo de tempo e ganas–), gravar un CD con músicas que nos gustan ou que nos recordan a persoa a quen queremos agasallar, facerlle unha comida ou sobremesa saborosa, pasar18
  19. 19. unha tarde no parque… e tantas outras cousas que non se mercan con cartos!No caso de que realmente precises mercar algo ou lle queiras facer un agasallo especial a alguén, para a pensar como están feitos os produtos quevemos nos escaparates das grandes superficies e establecementos comerciais. Quen cose esta roupa? Quen cultiva o cacao a partir do que se elaboranas máis diversas lambetadas de chocolate? Onde e en que condicións o fai?Nese punto da reflexión o comercio xusto xoga un importante papel ao garantirlles un salario digno aos produtores e traballadoras de países empobrecidos,igualdade entre homes e mulleres (a igual traballo, igual salario) e respecto ao medioambiente, apostando pola agricultura ecolóxica. Tamén rexeita otraballo infantil e establece un compromiso comercial a longo prazo, pagando de forma anticipada pola produción, permitindo así que as familias poidanvivir de forma digna no período previo á entrega das colleitas e que poidan planificarse sen temor ás oscilacións do mercado.Finalmente, as cooperativas de produtores e produtoras que traballan no marco do comercio xusto invisten parte dos beneficios acadados polacomercialización en infraestruturas e servizos que benefician a toda a comunidade, como sanidade, educación, capacitación técnica, saneamento, etc.Ademais da venda de produtos, algunhas organizacións que traballan no eido do Comercio Xusto tamén realizan diversas actividades de sensibilización(como charlas, obradoiros, ciclos de cinema), difusión e campañas para cambiar as regras do comercio internacional e as condicións e produción nospaíses do Sur.Non obstante, a reflexión non remata aí. A necesidade de apostar por unha economía e un comercio solidario, a servizo das persoas e non das grandescorporacións e empresas multinacionais, debe darse tanto nos países do sur como do norte.Se miramos o noso contorno, por exemplo, vemos como os pequenos agricultores e agricultoras galegas, así como as explotacións gandeiras, sofrenunha grave crise, que ameaza o futuro non só dun sector senón tamén dunha forma de vida. Consumir produtos locais e ecolóxicos ou mercar nocomercio de proximidade son apostas polo desenvolvemento e a vida nos nosos barrios e no agroEn definitiva, trátase de que paremos a pensar que o acto de mercar tamén pode ser un acto político se o acompañamos dunha análise profunda sobre oimpacto das nosas compras. Por que modelo de produción estamos apostando cando nos decantamos por un produto? Pola produción local, respectuosaco contorno e cos dereitos das persoas? Ou pola produción a grande escala, que maximiza os beneficios á custa das condicións laborais e salariais demilleiros de traballadores e traballadoras, e que é unha das principais fontes da mudanza climática?Facernos estas preguntas e actuar en consecuencia pode ser unha das chaves para sobrevivir ás festas sen devorar o planeta e incorporando un criterioético e social ás nosas mercas. Atréveste?Fontes:www.amaranteong.orgSetem Madrid. Cómo vivir sin acabar con el planeta. Manual para jóvenes inquietos (…y adultos preocupados). Madrid, 2006.Toni Lodeiro. Consumir menos, vivir mejor. Ideas prácticas para un consumo más conciente. Txalaparta. Tafalla, 2008. 19
  20. 20. Receitas para un Nadal sustentable? Juan Marcos Pérez Gulín | perezgulin@perezgulin.org | www.perezgulin.org Tempos de sobreexcitación A medida que nos achegamos a estas datas da fin do ano, todos os nosos sentidos vense sometidos a unha enorme sobreexcitación. Os doces de Nadal axudarán a que sigamos a obviar a fame do mundo. As luces de cores xunto cos piñeiros e os abetos disfrazados apartarán a nosa vista dos tempos de crise que estamos a vivir. As músicas melódicas das panxoliñas disimularán os molestos ruídos dos vehículos na rúa. Os agarimos e apertas substitúen temporalmente os berros e as discusións. E o arrecendo das perfumerías trasládanos a unha paréntese que non ten nada que ver coa realidade que vivimos o resto do ano. Aínda que nunha moi pequena proporción, unha parte deste bombardeo ao que serán sometidos os nosos sentidos terá unha marcada compoñente ambiental. Sobre todo a través das superproducións publicitarias que farán as máis grandes empresas do país. Seguramente comezarán por apelar a un renovado espírito do Nadal relacionado coa natureza para chegar á nosa fibra sensible a través da incontestable beleza do Planeta que habitamos. Será entón cando pasen a falar abertamente do seu gran compromiso coa Terra que é o noso lar. Antes de rematar presentarannos algún neno ou nena para facer o paralelismo coas necesidade de coidar o planeta e o futuro que lles deixaremos ás nosas fillas e aos nosos fillos. Como remate, sen nos dar conta, utilizarán unha pregunta retórica como “vés con nos?”, “apúntaste?”, “quéresnos axudar?”,... e case sen nos dar conta, a culpa é nosa e estamos totalmente dispostos a que os nosos compromisos individuais de cara ao 2010 teñan un marcado carácter ambiental e de defensa do planeta. Defender nós, á Terra? Por aquí é por onde comeza o problema básico de comprensión da sustentabilidade. Estamos moi enganados se pensamos que somos quen de salvar a natureza ou o Planeta. Resulta que é a Terra quen nos dá a vida a nós, e os sistemas naturais son os que soportan directamente o noso desenvolvemento. O ecosistema Terra existe dende antes de que tan sequera nós tivésemos subido ás árbores para despois volver baixar, e seguramente existirá despois de nós... Cando baixamos das árbores, moi pouco a pouco organizámonos en familias, clans, tribos,... e evolucionamos até a sociedade actual. Para favorecer o progreso asociado ao intercambio, ao longo deste camiño de socialización comezouse a fraguar o subsistema económico. Este sufriu un crecemento espectacular coa revolución industrial que tivo a nefasta consecuencia de provocar o desligamento teórico e ficticio entre o natural e o humano. É dende esta perspectiva antropocéntrica que xorden moitos dos problemas globais e mais estratéxicos que temos que afrontar na actualidade. Nun momento dado pensamos que podiamos saír do ecosistema global para dominar a natureza e deixamos de asumir que somos a parte máis débil dun todo que funciona de forma sistémica para o seu propio regulamento e sustentabilidade. Neste contexto é preciso asumir que a sustentabilidade da que tanto se fala nestes tempos é simplemente o desexo social de prolongar a existencia da Humanidade na Terra o máximo posible. Polo tanto, non é un favor para a natureza ou para o Planeta senón unha necesidade para a nosa supervivencia como especie. E todo isto acontece no Nadal Precisamente é nestas datas, que son as que máis lonxe están da idea de sustentabilidade, cando teñen un maior calado as mensaxes de salvagardar o futuro do Planeta. A forma en que vivimos o Nadal no “occidente desenvolvido” leva incorporada a insustentabilidade na súa mesma raíz. Tratarei de exemplificar isto en dous casos moi fáciles de identificar que desvelan os paradoxos que xorden cando se perde a perspectiva dos20 obxectivos últimos que buscamos coas nosas accións.
  21. 21. É evidente que nestas datas se disparan os consumos enerxéticos. Unha das causas son as pequenas luces con que iluminamos o ceo das vilase cidades. A orixe desta iluminación está na representación da estrela de oriente que hoxe non podería guiar os Reis Magos xa que terían dificultadespara atopala no ceo, entre outros motivos, pola contaminación atmosférica da produción enerxética para acender as luces de Nadal que a tentan imitar.Ou incluso un paradoxo máis tipicamente galego como é o feito de que en certos casos do rural galego (estou a pensar mesmo na miña aldea) o que nonpermite ver as estrelas é a contaminación lumínica da propia decoración do Nadal, ou simplemente deses rueiros iluminados constantemente pero poronde non pasa ninguén en toda a noite. Respecto do ciclo de materiais na nosa sociedade, podemos falar dos grandes resultados que conseguimos entre todos aforrando bolsas deplástico durante o ano (seguramente tamén haberá un anuncio dalgunha gran superficie comercial dándonos as grazas por colaborar con eles por unfuturo mellor, ou ¿serán grazas por pagarlles as bolsas que até agora eran gratis e tiñan un peso importante nas contas de resultados?). Pois ben,facemos un grande esforzo durante todo o ano e resulta que agora empaquetamos o que xa vén empaquetado para dar unha sorpresa. Estou totalmentede acordo coa sorpresa pero, se o pensamos un pouquiño, seguramente poderiamos inventar mil e unha forma de dar sorpresas que sexan menos obviasque agochar un regalo con papel e poñelo nas mans da agasallada ou do agasallado. E no colmo dos centos de paradoxos que poderían servir como mostra con gran parte dos regalos que estaremos a facer, a República Popularde China está a facer un enorme negocio aproveitándose da maior das festas cristiás!!!Facémolo mal a propósito? Pode haber moitas explicacións posibles para estes e outros paradoxos, e igual de válida que outras (namentres non se demostre o contrario) éconsiderar que esa sobreexcitación da que falaba ao principio non sexa casual senón que estea ben orientada para converter estes días de final do anonunha catarse colectiva de consumo compulsivo na procura dun pracer directamente relacionado coa cantidade, máis sempre é mellor. Non existen receitas máxicas para a sustentabilidade Envío postais de UNICEF ou fágoas eu?, árbore natural ou de PVC?, está ben tomar piña na sobremesa?, se ilumino con LEDs poden quedaracendidos toda a noite?, é sustentable regalar un coche? Existen moitas situacións en que sería lóxico xustificar calquera resposta pero non se podeconcretar unha receita común. Toca pensar e reflexionar en cada momento e circunstancia para buscar a mellor forma de conseguir o que queremos. O problema é que estaopción resulta menos cómoda que achegarse ao departamento de regalos estándar organizados por prezos, ou que facer a receita de todos os anossen nos preguntar de onde veñen os ingredientes, ou que decorar a casa co “último grito” en luces máis todas aquelas que aínda nos funcionan de anosanteriores... En termos de planificación estratéxica, diría que deberiamos procurar unha maior coherencia interna entre os obxectivos definidos, as estratexiasdeseñadas e as accións desenvolvidas para acadar os resultados previstos do modo máis eficiente posible. En termos que nos serven para afrontar todasas decisións que temos que tomar de cara ao Nadal, basta con utilizar o sentido común para escollermos o que realmente queremos conseguir e non oque nos din que queremos conseguir. Dito dunha forma algo máis bonita e igual de eficiente, trátase de que imaxinemos o que desexamos para despois pensar cal é a mellor maneirade conseguilo e, finalmente, crear as condicións necesarias para que todo aconteza como pensamos e o que imaxinamos sexa unha realidade.Imaxina, pensa e crea. E como o movemento se demostra andando, fágovos partícipes de que con escribir estas tres palabras xuntas acabo de facer un regalo quenon vai empaquetado, non vén da China, non é moi caro, pero que a quen vai destinado vaille debuxar un sorriso que eu estou a gozar só con imaxinalo.Para o demais, MasterCard. Por un 2010 que permita un 2011 mellor. 21
  22. 22. Consumir ou devorar, velai a cuestión Celebración do solsticio de inverno transformada pola Igrexa en conmemoración do nacemento de Xesús Cristo para acabar por virar na quinta-esencia do consumismo por obra e graza do sistema capitalista en que vivimos... O Nadal está aquí de novo, aínda que talvez cunha novidade: a(s) crise(s), cada vez máis presente(s). O noso modo de vida, baseado na sobreprodución e no sobreconsumo, provoca graves impactos ambientais e sociais, locais e globais, inmediatos e demorados no tempo... devora o planeta e o futuro, por iso é insustentábel e, xa que logo, (auto)destrutivo. De aí a crise, a financeira e non só: levamos o planeta a unha crise ecolóxica global (climática, da biodiversidade, da auga, dos solos, enerxética...) e de nós depende mudar o rumbo para evitar que se continúe a agravar atinxindo extremos catastróficos. O consumo é un dos contextos onde decidirmos se continuar pola autoestrada da destrución ambiental e social ou escoller o camiño da sustentabilidade ecolóxica e a xustiza social. Consumimos en exceso, por riba das nosas necesidades e mesmo das nosas posibilidades, de forma irreflexiva, compulsiva —e xeramos residuos de modo proporcional, claro—. Facemos isto todo o ano mais en determinadas ocasións decidimos que non é abondo e multiplicamos a desfeita. Este é o caso do Nadal, que ademais adornamos con mensaxes de paz e encontro familiar. Precisamente polos valores asociados ao Nadal, esta celebración tende a combinar desbaldimento e caridade, opulencia e “boas accións”, xestos que tranquilizan consciencias mais non mudan nada: sexa en forma de esmola, telemaratón ou compra ocasional e anecdótica de produtos de comercio xusto. Doutra banda, a actual crise económica pode moderar as nosas ansias consumistas —tamén a caridade?— pero apenas como unha reacción conxuntural á espera de “mellores tempos” nos que poder volver á total despreocupación. O consumo responsábel non é un tranquilizador de (máis) consciencias nin unha nova versión do consumismo “clásico” tinxida de verde e solidario. Tal e como na asociación ecopacifista Verdegaia o entendemos, é un elemento fundamental para superarmos a crise ecolóxica global, unha ferramenta para a transformación social e mundial en termos de sustentabilidade ecolóxica, xustiza social e paz. Xa que logo, é unha actitude consciente mantida ao longo do ano, unha opción de vida froito da reflexión sobre as nosas necesidades e o modo de as cubrir. Para alén disto, o consumo responsábel non pode ficar limitado a unha actividade individual e privada, é un exercicio de cidadanía responsábel. Se realmente aspiramos a contribuír para unha mudanza de rumbo, se de verdade queremos axudar a transformar, entón o consumo responsábel débese organizar colectivamente e transcender publicamente, denunciar e construír para facer posíbel vivir sen devorar o planeta e o futuro. Por este motivo, Verdegaia botou a andar a campaña “Consomes ou Devoras?”, na que conflúen análise, sensibilización e presión/mobilización, ademais de desenvolvemento de alternativas e apoio ás xa existentes, un lugar de encontro no que xerar sinerxías para transformar.22
  23. 23. As crises financeira e ecolóxica globais deberían servir como estímulo para a reflexión sobre o noso (auto)destrutivo modo de vida. O Nadal, dadas assúas características, pode ser unha moi boa ocasión para profundar nesas reflexións e comezar a tomar decisións ao respecto. Celebremos o solsticio deinverno, o nacemento de Xesús Cristo ou simplemente que temos uns días feirados para descansar e nos xuntar coa xente que queremos, fagámolo deforma sincera e sinxela, sen desbaldir, sen devorar. Gocemos máis destes días, libres da presión consumista, sen necesidade de aparentar nin de calarremorsos, poñendo as bases para saírmos da crise, construíndo sustentabilidade ecolóxica, xustiza social e paz.Máis información:http://www.verdegaia.orghttp://www.consomesoudevoras.infoXosé Maria García VillaverdeSecretario Xeral de VerdegaiaUn máis un son tresDespois deste título preguntaraste de que vai este artigo, sigue lendo se che parece. Nestas datas de felicidade empaquetada, unha gran parte damocidade vivimos con incerteza o noso futuro, es ti un deles? Malia ser un dos primeiriños estudantes en sufrir a ESO, ben sei que un máis un non dátres. Aínda así, ese debería ser o resultado axeitado cando che intento falar de cooperación para o desenvolvemento. Que de que vai iso? Agora choexplico. Acotío, empregamos a cooperación coma un xeito de colaboración entre unha ou varias partes para obter unha mellora de calquera tipo, o froitodesa unión axuda ao desenvolvemento mutuo. En cru, cústame entendelo ata a min. Dous exemplos. No eido laboral, repartindo pizzas nunha moto paraunha cadea de restaurantes, obtés un salario medianamente axeitado a cambio do teu traballo; ambas as partes benefícianse. No persoal, fornicando conxeito, con condón, por exemplo, obterás pracer sexual de proveito. En resumidas contas, as máis das veces para poder conseguir unha mellora nas nosasvidas é necesario dar algo a cambio. Ademais disto, e para que a cooperación sexa efectiva, o trato entre as partes ten que producirse en igualdade. Claroque a teoría dista moito da práctica, non si?Se che preguntase a que asocias cooperación para o desenvolvemento no eido internacional, que responderías? Non perdas tempo a matinar e siguea ler, anda! As grandes potencias, isto é, os principais estados do denominado primeiro mundo, eses si que sabes cales son, deron en crear nos seusgobernos áreas para a cooperación, para o desenvolvemento, para axudarlles aos denominados estados do terceiro mundo, estes son os estadospobres, coa finalidade de saír do seu atraso. A principal característica é que este tipo de axuda se distribúe segundo o principio de solidariedade. Quesignifica isto? Pois que os estados ricos que lles proporcionan axuda aos pobres fano sen esperar nada a cambio. Segundo o dito no primeiro parágrafo, 23
  24. 24. paréceche isto certo? Rotundamente non. A denominada cooperación non é tal, non existe unha situación de igualdade previa. Os medios de comunicación alertan das graves desigualdades que existen no planeta sobre a concentración da riqueza en moi poucas mans e as graves necesidades que disto se deriva en poboacións pobres. Ante isto, asegúroche que calquera pretensión dun goberno ou institución privada, tamén hai empresas, de axudar ás persoas pobres é menos que unha farsa, sempre hai intereses mediante. Cales poden ser os intereses para realizar este tipo de accións? Diversos son, a maioría delas de tipo económico, pero sempre teñen o mesmo denominador común, isto é, o control dese territorio para a súa explotación ou enriquecemento. Denomínase neocolonialismo, ou novo colonialismo, e desta volta o control non é exercido por estados, senón por multinacionais que controlan eses estados e pretenden obter beneficios neses territorios subdesenvolvidos. Chegados ata este punto, e se aínda non quedaches a durmir lendo, como mínimo andarás a matinar as razóns polas que me dirixo a ti. Vou ao gran do asunto. Intentarei ser claro. O pasado mes de xullo participei xunto con outras cinco persoas nun proxecto de formación que desenvolve a ONGD galega Amarante (www.amaranteong.org) en varios países do sur. Varios eran os destinos posibles, eu fun no grupo de Marrocos a unha cidade no norte, Tánxer. Durante a nosa estancia convivimos na asociación de mulleres traballadoras na industria téxtil que cosen prendas para as industrias que venden nas cidades onde nós vivimos. É necesario mencionar que os marroquís teñen un estado que non coida dos seus intereses, poderíase dicir que sucede ao contrario, os marroquís teñen que coidar os intereses do estado pagando un alto prezo en forma de represión de liberdades e problemas sociais básicos. O control relixioso e a man dura son ferramentas habituais para ter “tranquila” a poboación mentres se produce a verdadeira cooperación para o desenvolvemento. O goberno marroquí está levando a cabo unha occidentalización senlleira permitíndolles ás multinacionais estranxeiras o control dos recursos do país a cambio de contrapartidas económicas. Só na cidade de Tánxer, as subministradoras de electricidade e auga sanitaria son multinacionais francesas, e a que recolle o lixo é española. Que quere dicir isto? Que os recursos da poboación están en mans estranxeiras e son un elemento de control e presión. E que pintan aquí os gobernos? Nada, ou case nada, na situación entre os gobernos de Marrocos e España a cooperación para desenvolvemento ten unha misión de contención dos fluxos migratorios da África subsahariana, é, por así dicilo, o que fai o traballo sucio saltándose dereitos humanos e silenciando unha situación de extrema gravidade. Os gobernos son hoxe en día vasalos das multinacionais e funcionan como actores mediáticos, para ter os cidadáns españois tranquilos e contentos e canto menos se saiba mellor. A poucos quilómetros da cidade de Tánxer están aparecendo moitas das industrias deslocalizadas que pechan en España, casualidade? Fai falla que che conte máis para que te deas conta do verdadeiro uso da axuda ao desenvolvemento que fai en realidade o goberno no noso estado. Se investigases un pouco máis, chegarías á conclusión de que se trata un problema xerado por nós mesmos. O sistema económico en que vivimos está baseado no consumo de produtos, para que isto suceda as empresas que os fabrican teñen que ofrecer novas cousas que mercar, cada vez a prezos máis baixos para que o produto sexa atractivo. Ademais disto, obter beneficios, razón pola cal moitas das empresas están pechando preto da nosa contorna e marchan a un novo polígono industrial a Marrocos, onde os custos de produción son moito máis baixos. A parte menos agradable de cando estiven aló, é cando coñeces algunha das obreiras que traballan nos talleres e falan da situación laboral que viven acotío, as condicións laborais que padecen, os inexistentes dereitos que posúen provócanche unha sensación de impotencia, de incapacidade ante a que o mellor que podes facer é escoitar e reflexionar.24
  25. 25. Temos que cambiar o noso xeito de vivir. Non sei se estarás de acordo comigo, mais penso que os mozos hoxe en día posuímos demasiadas cousas enon as sabemos valorar. A vida é demasiado rápida para pararse a pensar de onde veñen e a onde van as cousas que mercamos e tiramos cando xanon serven. Compramos continuamente produtos que non serven ren. Es consciente disto? Ata hai pouco eu non, tiven que deter a miña vida e pararmea preguntar o porqué destas cousas. Sabes como se fabrica un pantalón? Cantos pares son necesarios para a vida cotiá? Pensa e fala con outros sobreisto, existen alternativas e xeitos de vida máis sinxelos para acadar un mundo máis igualitario, responsabilízate dos teus actos e sé partícipe do cambio,intenta ver máis aló da túa realidade.Adrián Serantes TobíoParticipante do proxecto Xanela aberta ao Sur da ONGD AmaranteA importancia de conservar as nosas raices Hoxe en día é moi habitual percorrer vilas e aldeas tragadas polas silvas, vendo o abandono de terras e casas que á vez leva implícito o propioabandono da súa xente. Non nos decatamos de que estamos deixando perder parte da nosa propia existencia, forxa da nosa identidade, da nosa culturae tradición, e en definitiva o noso patrimonio. A palabra “patrimonio” vén do latín e significa todo aquilo que provén dos pais. Este constitúe o testemuño do traballo e esforzo dos/as nosos/asdevanceiros/as por dotarnos dun inxente legado, que abarca dende pazos, monumentos, obras artísticas, artes populares (cestería, olería, tecido, etc.),espazos naturais, ata símbolos, lendas, tradicións e costumes que fortalecen e reproducen a convivencia coma grupo ou comunidade chea de sentimentosde pertenza a unha terra rica e heteroxénea. Entón, por que deixalo perder no tempo? Reflexionemos e pensemos que temos unha irrenunciableresponsabilidade de valorar, protexer e manter a nosa herdanza e de ser portadores/as de cultura, así coma seguir transmitindo e impulsando tanto dentrocoma fóra da nosa terra e mantendo no tempo coas xeracións futuras para que estas poidan entender a súa propia historia. Temos que darlle importancia a apreciar toda a riqueza, moito máis lonxe dunha cómoda mirada e ir máis alá de expresións coma “non sonmáis que unha morea de edificios vellos”, “son moi bonitos, pero non sei que importancia teñen?”, “prefiro as cousas modernas, xa que están de moda efuncionan moito mellor”. As expresións da nosa herdanza están concibidas coma a alma dos pobos que conforman a nosa Galiza, e nós podemos proxectalas, mostrandoa nosa cultura, costumes, tradicións e, como non, as marabillosas paraxes que lle dan vida á nosa terra. Así, o patrimonio galego confórmase como un importante recurso cultural, social e ao mesmo tempo económico, beneficioso para odesenvolvemento da sociedade onde se asenta, sempre e cando estea integrado baixo unha política baseada nun desenvolvemento sustentable, xa queco paso do tempo xurdiu unha “industria do turismo” que moitas veces deixa de lado a conservación do patrimonio, dándolle máis importancia ao uso dos 25
  26. 26. bens en cuestión. Hai que lograr un equilibrio coherente e respectuoso entre o turismo e o patrimonio, aspirando a promover a toma de conciencia sobre a importancia de conservar e transmitir os legados dos nosos pobos. Aínda non é tarde para volvernos unha comunidade patrimonialista, onde uns dos nosos principais obxectivos sexa conservar, defender e impulsar o noso patrimonio, indagando máis en coñecementos, actividades e expresións da nosa historia, as transformacións sufridas, os costumes e o saber popular que aínda permanece nos pobos. Todo este reflexo de unión achegaranos a información básica e necesaria para comprender a situación na que nos atopamos e a importancia da súa conservación, mostrándonos ao mesmo tempo recursos prácticos e exemplos da capacidade para vivir en coherencia e harmonía co medio. Un exemplo claro de todo isto e como referente do patrimonio galego é Rebordechao, un lugar pequeno a simple vista pero moi grande histórica e culturalmente. Está situado en plena serra de San Mamede, na provincia de Ourense. Era unha das vilas máis importantes daquela zona, non só en número de habitantes, senón porque era unha vila unida, cómplice e xenerosa. A xente traballaba para sobrevivir das leiras e do gando, leiras nas que hoxe en día só hai silvas ou eucaliptos. Traballaban de forma cooperativa, sempre axudándose uns/as a outros/as. Sempre foi unha vila alegre e durante moitas décadas case autosuficiente xa que posuían forxas, muíños, fornos privados e comunais, colmeas, etc. Os/as máis novos/as quedaban abraiados/as cando escoitaban os/as avós/as contando historias antigas da vila sentíndose moi orgullosos/as dela... pero, que aconteceu? Co paso do tempo a xente maior foi morrendo e a xente nova marchou do lugar para ir vivir á cidade en busca de traballo e novas formas de vida. Hoxe en día Rebordechao segue sendo un lugar pequeno, pero aínda máis pequeno, xa que case non queda xente e a pouca que hai é moi maior. Intentan manter un pouco todo o de antes, e non queren resignarse a que a súa aldea esmoreza día a día. Agora converteuse nunha “vila museo”, onde a xente que vai de visita queda abraiada coa forma de vivir, traballar, falar e, como non, coa boa vontade dos/as habitantes que a cada persoa que por alí pasa, dinlle “que pracer dá ver xente polas rúas, a ver se vindes máis a miúdo que isto quedou un pouco morto...”. Esta vila posúe un enorme patrimonio non só cultural, ambiental, etnográfico, etc., e sobre todo humano, xa que seguen loitando por non deixar que a súa historia se perda, por non ver a súa vila comida por un montón de silvas e xestas. Intentan rehabilitar casas, recuperar labores, tradicións, costumes... pero é duro e aínda así mantéñense. A historia, como vedes, é o resultado do labor dun pobo que se enfronta no tempo aos máis diversos retos para a súa propia existencia, permanencia e reprodución. Esta historia xera unha cultura nun tempo e espazo determinado, onde á vez, a historia e a cultura xeran unha identidade, que nos cohesiona e nos une, que é a identidade cultural. Por iso sempre se dixo que un pobo, nación ou comunidade que conserva, protexe e defende a súa identidade cultural, é un pobo que coñece a súa historia, que é consciente do seu presente e que ten todo o poder de pensar, reflexionar e soñar co seu futuro. Rebeca Carreiro Amigos da Terra26
  27. 27. Ti debes ser o cambio que desexas ver no mundo. Mahatma GandhiUn lugar de interese:Termas de BandeAos pés do Río Limia, existe un fermoso e reconfortante lugar para relaxarse e gozar da natureza: as Termas de Bande. Atópanse entre Bande, Muíñose Santa Comba (Ourense) ao carón do embalse das Conchas, preto do campamento romano Aquis Querquennis. O nome aquis significa auga e o nomequerquennis procede de quercus que é o termo latino para designar o carballo. Aquis debido ás augas termais e o querquennis pola abundancia de carballos na zona. Ademais, Querquennia era o nome co que os romanos designaron esta comarca na antigüidade. Estas termas evocan tranquilidade e paz. As augas xeadas do embalse xunto coas augas termais serven como medicina natural contra o reumatismo e as enfermidades da pel, como explican os poboadores da zona. As termas naturais están dentro dun antigo balneario romano, e moitas das pozas están dentro mesmo á beira do río. Só están delimitadas por pequenos muros feitos coas propias pedras do río.Como chegar:Dende Ourense debes tomar a vía OU-540 en dirección a Bande. Debes atravesar A Manchica,Celanova e Bande en dirección a Santa Comba. Pasando Lobosandaus hai un camiño de terra quevai dar ao primeiro campamento e un pouco máis adiante están as termas. 27
  28. 28. Cantar de Os señores desta casa saberannos perdonare Chourizo, pois, longaniza, uña de porco, fociño; Déanolo, señora, se nolo ha de darNadal que somos rapazas novas ou de xamón dúas tortillas somos camiñantes e non sabemos cantare. con dous xerriños de viño. e temos que andar.Déano-lo aguinaldose no lo han de dare Dios llo pague, señora, De cantar xa nos cansamos Esta vai por despedidaque vimos de lonxe Dios queira que dun ano por probes non nos desprecien hoxe aquí non canto outrae temos que marchare. me dea vosté o aguinaldo que se algo os ricos non dan os señores desta casa coas súas benditas manos. os probes mal se remexen. de hoxe nun ano me oian outra.Moitos anos vivaa dona desta casa, Quédense con Dios, señores, Vivan e vivamos todos ¡Hoxe, día de Reis,para dar o aguinaldo hasta o ano que volvamos, que para todos Dios nos dou principio do ano,nunca foi escasa. se non nos vemos aquí saudiña, ¡cante o merlo! damas e doncellas ¡que no Ceo nos vexamos! ¡adiós ano que acabou! dádenos o aguinaldo!Moitos anos vivao dono tamén, Déanos o aguinaldo A señora ama da casatemos por noticia anque sexa pouco, ten a color da cereixaque é home de ben. un touciño enteiro ela como é boa moza e a metade doutro. sen esmola non nos deixa.Aquí hai mociñasque gastan salero Catro mancebos xuntiños Esta casa si que é casaque nos han de dare aquí xuntiños estamos, estas si que son paredeso viño do xerro. e tan cansados os catro a muller que nela está que é preciso alimentarnos. é muller entre as mulleres.Aquí hai mociñosque gastan sombreiro De moi lonxe xa viñemos Ai, señora ama da casa,que nos han de dare noite que andar aínda falta; cachee ben os petoso real enteiro. as forzas piden reparo e se non nos ha de dar cartos, mollo as gorxas e non de auga. déanos ovos ou chourizos.
  1. A particular slide catching your eye?

    Clipping is a handy way to collect important slides you want to go back to later.

×