Susana, te escribo desde Mallorca, no me puedo descargar tu presentación, y me ha interesado especialmente los procesos de fabricación que representas, ¿me podrías decir de dónde los sacaste? o si no es mucho abusar me lo podrías enviar a mi correo+ librerum@yahoo.es
Grazas polo comentario, Álvaro, pero baseime nunha presentación de Gabriel Laguna Mariscal, como digo na última diapositiva e non puiden poñer o enlace porque xa non a atopo na rede. De todos xeitos aínda acabo de corrixir algún erro.
HISTORIA DO LIBRO
1. SOPORTES DE ESCRITURA:
TABOÍNAS DE ARXILA
PAPIRO
PERGAMIÑO
TABOÍÑAS ROMANAS
PAPEL
2. FORMATO DOS DOCUMENTOS:
ROLO DE PAPIRO
CÓDICE DE PERGAMIÑO
3. DIFUSIÓN DO LIBRO:
CREACIÓN DE BIBLIOTECAS
4. CREACIÓN DA IMPRENTA
INCUNABLES
O LIBRO, UN OBXECTO COMÚN
5. O LIBRO DO S. XXI
6. DÍA DO LIBRO
TABOÍÑAS DE ARXILA
• Taboíña de escritura cuneiforme, • Taboíña micénica, Grecia, 1500 a.C.
Mesopotamia 3000 a C.
•Os primeiros documentos escritos fixéronse sobre arxila. O seu contido soía ser de
carácter administrativo.
•Escribíase sobre a arxila aínda fresca e se deixaban secar. Ao non cocerse, estas
“taboíñas” podían reciclarse e volverse a utilizar, cando o seu contido xa non era
necesario.
PLANTA DO PAPIRO
(CYPERUS PAPYRUS)
• Os primeiros textos literarios foron escritos
sobre papiro.
OBREROS EXIPCIOS
FABRICANDO PAPIRO
• O papiro producíase principalmente ás beiras do Nilo.
• A abundancia deste material favoreceu o
desenvolvemento da biblioteca de Alexandría
ELABORACIÓN DE UNHA FOLLA
DE PAPIRO (SCHEDA)
Resultado:
FOLLA DE PAPIRO (SCHEDA)
Fragmento da Ilíada, de Homero
• Fragmento da República de
•
Platón
O papiro construíase en tiras longas que se enrolaban en volumes
ROLO DE PAPIRO
(VOLUMEN)
• A palabra volumen, derivaba
do verbo volvo, que significaba
“enrolar, envolver” en latín.
Base de rolo
ROLOS: ABERTO E PECHADO
CAIXA PARA GARDAR ROLOS
(CAPSA)
A capacidade do papiro era
reducida, polo que unha obra con
frecuencia compúñase de varios
rolos ou volumes, que se gardaban
nunha caixa cilíndrica ou “capsa”.
MOZO CON CAPSA
ANDEIS PARA ROLOS
(SCRINIA)
LECTORES DE ROLOS
• MÉDICO
• FILÓSOFOS
TINTEIROS
(ATRAMENTARIUM)
TABOÍÑAS (TABELLAE)
• As taboíñas eran de madeira ou marfil e se recubrían con cera (ceratae).
Utilizábanse na escola ou como borrador para facer contas. Co calor do dedo
polgar a cera volvíase alisar e quedaba lista par un novo uso
• Á parte da antiga Roma, tamén se usaron na Idade Media. Algnnhas ordes
monacais, como a de S. Benito, prohibían aos monxes posuílas sen permiso
do abade.
PUNZÓN (STILUS)
• Co punzón
escribíase sobre
as taboíñas.
• Para resaltar as
letras
afumábanse as
taboíñas
SAFO CON PUNZÓN E
TABOÍÑAS
Fresco de Pompeia
PAQUIO PRÓCULO E A SÚA
ESPOSA CON TABOÍÑAS E ROLO
Fresco de Pompeia
NA ESCOLA
AVE, MAGISTER!
Relevo que documenta o uso de rolos na escola
UN NOVO MATERIAL: O PERGAMIÑO
Debido a escaseza do papiro e ao
monopolio de Exipto sobre este material,
en Pérgamo creáse un novo material a
partir da pel dos animais: o pergamiño
Este novo material é máis resistente que o
papiro e acaba substituíndoo no s. IV a.C.
APARICIÓN DO CÓDICE
• Nun principio o pergamino enrólase
como o papiro.
• Despois créase o códice, formado a
partir de cadernos cosidos
PASO DO ROLO AO CÓDICE
(S. II-IV d.C.)
• O CÓDICE FOI O PREDECESOR DO LIBRO MODERNO
O CÓDICE TRIUNFA COMO
FORMATO ECLESIÁSTICO
CÓDICE (CODEX)
• CÓDICE CALIXTINO s. XII Santiago de Compostela.
• Trátase dun manuscrito iluminado (con debuxos) que constituía unha guía
de peregrinos.
O PAPEL
• Os chineses foron os
inventores do papel,
frabicándoo a partir de
residuos vexetais
(cánabo principalmente)
xa no s.I d.C.
• A técnica segreda da
súa fabricación foi
coñecida polos árabes e
extendida polo Islam no
s. VIII
O PAPEL
Fabricación de
papel en Al-
Ándalus.
Córdoba, Casa
Andalusí
• O papel chega a europa a través dos árabes de Al-Ándalus, creándose
sobre o ano 1000 asprimeiras fábricas de papel en Córdoba.
• A partir do s. XII o papel comezou a utilizarse nos códices
CREACIÓN DE BIBLIOTECAS
• Xa existían na civilización sumeria, no 4.000 a.c.
• No seu sentido máis moderno xorden na época helenística, no s. III a.
C., no ámbito da cultura grega (nos territorios que foran conquistados
por Alexandre Magno)
• Destacan sobre todas, a biblioteca de Alexandría e a de Pérgamo
BIBLIOTECA DE ALEXANDRÍA
• Nas bibliotecas, ademais
de copiar as obras dos
autores clásicos,
facíanse estudos
superiores.
• A biblioteca de
Alexandría sufriu
numerosos incendios.
Nos s. IV e V o
cristianismo persegue
aos sabios e queima
gran cantidade de libros.
• Foi totalmente destruída
no 642 polos árabes
BIBLIOTECAS
• Os romanos construíron
bibliotecas, coma un edificio
público máis das cidades.
• Calquera cidadán tiña acceso a
elas.
• Biblioteca de Hadriano,
en Atenas
Biblioteca de Celso, en Éfeso
OS MOSTEIROS
• Co declive do imperio romano, a literatura clásica quedou en mans da
Igrexa.
• O legado literario conservouse nas bibliotecas dos mosteiros a pesares
de ser pagán, xa que pola súa gran calidade seguía considerándose
como modelo a imitar.
A IMPRENTA
• Cara o 1450 Johannes Gutenberg inventa a imprenta de
tipos móbiles
• Unha das primeira obras que se imprime é a chamada Biblia
de Gutenberg
INCUNABLES
• Biblia de Gutenberg
• Denomínanse incunables (do latín “in cuna”) aos primeiros libros
impresos, é dicir, os libros publicados entre o 1.450 e o 1.500
O LIBRO, UN OBXECTO COMÚN
• Ao longo dos séculos, a imprenta foi facendo o libro
accesible a sectores cada vez máis amplos da poboación.
• No s. XX as edicións de bolsillo popularizan o libro,
facéndoo asequible a calquera persoa.
O LIBRO NO S. XXI
• Hoxe en día temos outros formatos de libro ademais do papel,
como o dixital. Podemos descargar de internet unha gran
cantidade de obras
O LIBRO NO S. XXI
• Os e-books ou libros electrónicos necesitan dun
dispositivo (PC ou PAD) para ser lidos. A cambio
aforran espazo e proporcionan luz para a lectura.
• Acabarán suplindo ao tradicional libro de papel?
DÍA DO LIBRO
• O 23 de abril comézase a conmemorar nos anos 20 do século pasado como
día do libro, por ser coincidir a data da morte de William Shakespeare e Miguel
de Cervantes no 23 de abril de 1616.
• (En realidade non foi o mesmo día, xa que naquela época en Inglaterra rexía
aínda o calendario xuliano e a data da morte de Shakespeare era en realidade
o 5 de maio do noso, xa reformado, calendario gregoriano.)
DÍA DO LIBRO
• Neste día entrégase
en Alcalá de Henares
o premio Cervantes,
máximo galardón en
literatura castelá.
• En Catalunya
celébrase o día de
san Jordi, e é costume
regalar unha rosa e
un libro.
• Juan Marsé, novelista español,
premio Cervantes 2009
• Feito por Susana Losada, IES de Melide
(A Coruña), baseado nunha presentación
de Gabriel Laguna Mariscal
3 comments
Comments 1 - 3 of 3 previous next Post a comment