Eros
Upcoming SlideShare
Loading in...5
×
 

Eros

on

  • 2,507 views

O amor no mundo antigo

O amor no mundo antigo

Statistics

Views

Total Views
2,507
Views on SlideShare
1,951
Embed Views
556

Actions

Likes
1
Downloads
55
Comments
1

17 Embeds 556

http://aspasiamelide.blogspot.com.es 504
http://aspasiamelide.blogspot.com 20
http://aspasiamelide.blogspot.de 6
http://aspasiamelide.blogspot.com.br 6
http://aspasiamelide.blogspot.pt 3
http://aspasiamelide.blogspot.co.uk 3
http://aspasiamelide.blogspot.com.ar 3
http://aspasiamelide.blogspot.fr 2
http://aspasiamelide.blogspot.it 1
http://aspasiamelide.blogspot.ch 1
http://aspasiamelide.blogspot.cz 1
http://aspasiamelide.blogspot.co.il 1
http://aspasiamelide.blogspot.co.nz 1
http://translate.googleusercontent.com 1
http://aspasiamelide.blogspot.ca 1
http://aspasiamelide.blogspot.mx 1
http://www.slideshare.net 1
More...

Accessibility

Categories

Upload Details

Uploaded via as Adobe PDF

Usage Rights

© All Rights Reserved

Report content

Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel

11 of 1

  • Full Name Full Name Comment goes here.
    Are you sure you want to
    Your message goes here
    Processing…
  • Te agradezco tu comentario.
    Tú me pareces la reina de las presentaciones.
    Están muy muy bien.
    Are you sure you want to
    Your message goes here
    Processing…
Post Comment
Edit your comment

    Eros Eros Presentation Transcript

    • EROS Nomes: Eros (grego) Cupido (Romano) Fillo de Afrodita, ou xurdido do Caos, segundo Hesíodo. É neno porque é inocente. Leva arco e frechas coas que fire Leva ás veces os ollos vendados porque é cego
    • AFRODITA Nace da espuma do mar, producida o caer nela o semen de Urano. Segundo outras versións é filla de Zeus e Dione. Deusa do amor, filla de Urano e nai de Eros Esposo: Hefesto, o ferreiro dos deuses Amantes: Ares e Adonis (entre outros) Era a única deusa que os antigos representaban espida
    • DIFERENTES TIPOS DE AMOR Cando pensamos nunha historia de amor, os primeiros protagonistas que imaxinamos soen ser un home e unha muller, ou sexa unha parella heterosexual. Na antigüidade, sobre todo en Grecia, a situación de discriminación da muller non facilitaba relacións normais home-muller, xa que esta, se era decente, non saía de casa nin falaba con homes. Os antigos gregos e romanos, xeralmente limitaban as súas relacións coas mulleres á procreación, e para o disfrute concibían diferentes tipos de relacións amorosas.
    • SAFO DE LESBOS, S. VIA.C. Parece un deus ese home que senta fronte a ti escoitándote moi preto mentres falas docemente e ris cun xeito encantador. Mais a min o corazón báteme no peito sen parar e con só mirarte un intre enmudezo, a lingua rómpeme, un lene lume acéndese baixo a pel, non vexo cos ollos, enxórdanme os oídos, asolágame a suor, un tremor sacódeme enteira, síntome máis pálida que a herba seca e paréceme que vou morrer...
    • MIMNERMO (s. VII a. C.) ¿Que vida hai ou que pracer sen a dourada Afrodita? Quixera morrer cando xa non me importe isto, nin a paixón furtiva nin o leito nin os favores doces como o mel, flores de xuventude desexadas por homes e mulleres. Despois que se abate a penosa vellez, que volve repugnante mesmo a un home fermoso, sempre lle desgastan o corazón terribles preocupacións, e non goza vendo a luz do sol, senón que se fai odioso AOs mozos, e desprezable ás mulleres. Tan dura fixeron os deuses a vellez
    • UNHA OPINIÓN... Mantemos amantes para o pracer, concubinas para que se ocupen de nós e esposas para concibir fillos lexítimos e para que se ocupen da casa. Demóstenes, s. iv a.
    • A PEDERASTIA As relacións amorosas entre un adulto (O AMANTE) e un neno (o AMADO), tiñan un carácter formativo para os antigos gregos, eran unha fase máis da educación. Hoxe en día considerámolas como un abuso de menores e están castigadas.
    • AMOR PLATÓNICO Segundo Platón, o amor ideal é o amor da alma, por riba do amor corporal: “É home vil aquel namorado vulgar, que ama máis o corpo que a alma, pois o seu amor non pode ser duradeiro, xa que ama una cousa que non dura...En cambio, o que ama unha alma fermosa é fiel toda a súa vida, pois o que ama é duradeiro”. Platón, Banquete
    • MITO DO ANDRÓXINO Había tres tipos de seres: os homes, a mulleres e o andróxino, unha mestura de ambos os dous, cunha metade de home e outra de muller. Zeus decidiu castigalos porque quixeron atacar ós deuses, polo que os cortou pola metade. Apolo encargouse de coserlles e remendarlles a pel. Cada metade botaba de menos á outra, polo que quería atoparse con ela: - As partes que procedían do andróxino buscaban a súa metade do sexo contrario e son os homes que aman a mulleres e as mulleres que aman a homes. Platón no Banquete explica as diferentes - As partes que procedían dunha muller son as mulleres tendencias sexuais : lesbianas, que aman a outras mulleres. - As partes que procedían dun home, son os homes Antigamente os homosexuais “que buscan o sexo masculino. Cando son homes tiñan forma novos aman os homes e agrádalles deitarse con eles, estes redondeada, con son os máis distinguidos e virís entre adultos e adolescentes. dúas cabezas, catro Non obran así por falta de pudor, senón porque teñen un valor brazos, catro pernas masculino e carácter viril xa que buscan ós seus semellantes” e dous órganos sexuais.
    • OUTRA FORMA DE VER AS COUSAS Para os antigos gregos e romanos, a representación do falo non tiña ningún significado obsceno. O falo era o símbolo da fertilidade e prosperidade, e a súa representación servía para apartar os malos espíritos (función apotropaica) e para atraer a boa sorte.
    • FUNCIÓN APOTROPAICA Con este príapo na porta dunha casa Pompeiana, ou esta inscripción atraíse a boa sorte e a prosperide para a os seus habitantes
    • OS SÁTIROS Xenios da natureza, metade home, metade cabra, que solen representarse con falo erecto. Representan a menudo a lascivia e Pan, o deus dos as chanzas pastores, protector dos En Roma identifícanse cos faunos, rebaños xenios selváticos, compañeiros dos pastores
    • DISTINTAS FORMAS DE ENTENDER O PUDOR Así decoraban os habitantes de Pompeia estancias privadas, baños e bordeis
    • EN OBXECTOS COTIÁNS Tintinnabula: Lucerna Campaíñas para colgar das portas (Lámpadas de aceite) nos banquetes suntuosos ou nas estancias privadas
    • CERÁMICA ERÓTICA
    • HERMES Hermes era o deus grego protector dos camiñantes. Os Hermes eran bloques de pedra cuadrangulares que se puñan nas beiras e cruces de camiños, o equivalente ós nosos cruceiros. Neles representábanse os xenitais masculinos, para apartar os malos espíritos dos camiños. No ano 415 a. C. Alcibíades, político ateniense, e varios colegas mutilaron varios hermes en Atenas nunha noite de marcha. Por esta gamberrada e algunha outra Alcibíades foi condenado ó ostracismo (exilio).
    • AS BACANAIS Eran as festas que se celebraban na antiga Roma en honor a Baco, deus do viño. O seu equivalente en Grecia eran as orxías, en honor a Dioniso, deus do viño, e a Deméter, deusa das colleitas. Dioniso ou Baco era ademais o deus da traxedia e do desenfreno, polo que nas súas festas cometíanse todo tipo de excesos.
    • HISTORIAS DE AMOR NA MITOLOXÍA: ARES AFRODITA A pobre Afrodita estaba casada co deus máis feo, Hefesto, ferreiro dos deuses a quen os romanos chamaban Vulcano. Como Hefesto estaba todo o día currando na forxa, Afrodita buscábase a vida como podía. Eran frecuentes a súas escapadas con Ares, deus da guerra, o Marte romano. Un día Helios, o sol que todo o ve, descubriunos e foillo contar ó marido. Hefesto, que era moi mañoso, decidiu vingarse construíndo unha rede finísima que colocou no seu leito para atrapalos in fraganti. Cando estaban no mellor, funcionou o invento e Ares e Afrodita quedaron suspendidos do teito dentro da rede. Hefesto chamou ós deuses e deusas para que os visen e pediu xustiza a Zeus. Pero Zeus ó ver a Afrodita espida, non foi quen de castigala.
    • AFRODITA ADONIS Afrodita namorouse de Adonis nada máis nacer este da cortiza dunha árbore, na que o transformara a súa nai Mirra. Como aínda era moi cativo, entregoullo a Perséfone, muller do deus dos infernos Hades, para que o criara. Perséfone tamén se namorou del, polo que Zeus dictaminou que o compartiran: 1/3 do ano con cada unha e o outro tercio con que quixera el; polo que Adonis pasaba con Afrodita 2/3. O estar Adonis asociado coa vexetación, este é un mito máis que explica os ciclos naturais: fai brotar as plantas cando está contento, con Afrodita, mentres que cando está con Perséfone a vexetación descansa.
    • PARIS HELENA Paris era un príncipe Troiano. Unha vez que andaba tan tranquilo polo monte Ida controlando o gando, aparecéuselle o deus Hermes encomendándolle unha difícil tarefa: xulgar as deusas Hera, Atenea e Afrodita para decidir quen era máis fermosa. As tres fixeron trampa e subornárono, pero ante a promesa de Afrodita de que tería a muller máis fermosa non puido resistir, e elixiuna A promesa cumpriuse cando foi de “Miss”. negocios a Esparta e viu alí á fermosa Helena e decidiu raptala (ela estaba encantada). O problema foi que ó marido de Helena, Menelao, non lle gustou esta manobra e convenceu ó gregos para declararlle a guerra a Troia, guerra que causou moitas desgracias.
    • DIDO ENEAS Eneas, fillo de Afrodita e Anquises, é un heroe troiano. Tal como conta Virxilio na Eneida, fuxe da destrucción de Troia porque os deuses revélanlle que vai ser o fundador dun grande imperio e ordénanlle viaxar cara occidente. Nas súas viaxes chega a Cartago, onde a raíña Dido namórase perdidamente del; pero Eneas ten unha misión máis importante e debe abandonar a Dido. A raíña, desesperada, suicídase.
    • EROS PSIQUÉ I Segundo nos conta Apuleio no Asno de Ouro, Psiqué (a alma ou mente, en grego) era a fermosísima filla dun rei. A súa fermosura era tanta, que era venerada como unha reencarnación de Venus. Pero esta mesma fermosura espantaba ós seus pretendentes, polo que seu pai para poder casala houbo de seguir a instruccións dun oráculo: ataviala como para unha voda e abandonala O terrible monstro profetizado non nunha rocha, xa que un terrible era outro que Eros (a paixón), que monstro íase apoderar dela. se namorara de Psiqué en contra Así se fixo, pero para a súa sorpresa, da vontade da súa nai Venus, Psiqué foi levada a un marabilloso polo que lle impuxo a súa amada palacio onde se lle uniu un amante a condición de non poder velo, se marido que non podía ver. non quería perder o seu amor.
    • EROS PSIQUÉ II Psiqué aturou a súa curiosidade como puido, ata que un día deron con ela as súas irmás e a convenceron para que observase ó seu amante mentres durmía. Pola noite Psiqué acendeu unha lámpada de aceite e descubriu asombrada ó seu fermoso e divino marido, pero sen querer pinchouse cunha das súas frechas, polo que quedou “ferida” de amor. Eros espertouse e fuxiu, a pesar de que amaba a Psiqué. Psique desesperada andou na súa busca, ata que os deuses se compadeceron e Venus permitiulle volver co seu fillo. Conclusión: se a mente ou razón descubre ó amor, este pérdese.
    • AMORES NA HISTORIA PERICLES ASPASIA A intelixencia e desenvoltura non eran propias das mulleres decentes, e quizás por isto se lle acusaba de “hetera” (concubina). Pericles, o gran político do s. V a. C. artífice da democracia ateniense, namorouse dela e fíxoa a súa muller (estaba divorciado dunha primeira). Pericles permitía que Aspasia estivese presente nas reunións importantes e que opinase, cousa que supuxo un grande escándalo e motivo de moitas acusacións dos seus inimigos. Pericles Aspasia chegou a saíase do normal porque non tiña amantes Atenas procedente masculinos e porque estaba namorado da súa de Mileto cando tiña muller lexítima. Plutarco sinala como curiosidade 20 anos. Era unha que a bicaba ó entrar e saír da casa. muller fermosa e moi instruída, algo pouco Desta unión naceu un fillo, Pericles, que puído común nas mulleres conseguir a cidadanía ateniense, a pesares de atenienses. ser fillo de estranxeira cando morreron os fillos do anterior matrimonio do seu pai Pericles.
    • Marco Antonio Cleopatra Cleopatra VII (69-30 a. C.) foi a última raíña de Exipto, pertencente á dinastía grega dos Ptolomeos, descendentes dun xeneral de Alexandre Magno do mesmo nome. Subiu ó trono con 17 anos xunto co seu irmán de 10. Cleopatra tiña fama de ser moi ambiciosa e irresistible ós homes. Cando Xulio César chegou a Exipto perseguindo ó seu inimigo Pompeio, non tivo moitos problemas para seducilo e así conseguir o seu apoio en problemas internos do seu reino. Cleopatra e César tiveron un fillo, Cesarión. Despois do asasinato de César en Roma, chegou a Alexandría, Marco Antonio, outro romano que andaba metido en política e necesitaba diñeiro. Aquí comezou Cleopatra, unha das máis grandes historias de amor. prisioneira de A Marco Antonio fóronselle das mans as cousas con Octavio, Cleopatra e acabou enfrontándose a Octavio (despois suicidouse Augusto). Antonio foi derrotado por Octavio na batalla tamén, de Actium (Grecia) e, crendo que Cleopatra morrera, facéndose suicidouse. morder por unha serpe velenosa.
    • HADRIANO ANTÍNOO O emperador romano Hadriano (76-138 d. C.), de orixe hispana, foi un bo home de estado. A súa política foi pacifista, intentando a integración de todas as partes do Imperio e en canto a política interior, tentou mellorar a situación dos campesiños. Pero, sobre todo, destacouse na historia de Roma por ser un home moi cultivado, amante da cultura grega e dotado dunha grande sensibilidade. Esta sensibilidade, quizás, foi a que lle fixo sufrir tanto a perda do seu amado Antínoo, afogado nas augas do Nilo. Para consolarse, Hadriano declarouno deus e erixiu estatuas e templos dedicados a el por todo o Imperio Romano.