A situacion actual do bretón no ensino superior e universitario

Loading...

Flash Player 9 (or above) is needed to view presentations.
We have detected that you do not have it on your computer. To install it, go here.

0 comments

Post a comment

    Post a comment
    Embed Video
    Edit your comment Cancel

    Favorites, Groups & Events

    A situacion actual do bretón no ensino superior e universitario - Presentation Transcript

    1. Robert Neal Baxter Universidade de Vigo A situación actual do bretón no ensino superior e universitario
    2. 1. A SITUACIÓN XERAL DA LINGUA
    3. Perda de terreo O territorio do bretón non parou de se reducir desde o século IX e, sobre todo, desde o XIX Tamén foi minguando o número de falantes, pasando de ser a lingua maioritaria da Baixa Bretaña ao principio do século XX a representar menos de 9% da poboación total en 1999
    4. Distribución por idades A renovación xeracional non compensa a perda anual de falantes, cifrada en 10,000 persoas por ano Hai un envellecemento acentuado da poboación britófona.
    5. Nivel de alfabetización A maioría das/os falantes son funcionalmente analfabetos en bretón Ao non saberen ler e escribir en bretón resultan impermeábeis a seren educados/as nesta lingua
    6. 2. O BRETÓN NA EDUCACIÓN BÁSICA
    7. Proporción territorial Consolidouse o ensino en bretón en todo o País, aínda que de xeito desigual
    8. Evolución da matrícula O crecemento da demanda tamén non para de aumentar en todos os sistemas bilingües
    9. Crecemento da demanda Nos últimos anos, no entanto, rexistrouse un desaceleración constante da taxa de crecemento da demanda
    10. 3. O BRETÓN NA EDUCACIÓN SUPERIOR
    11. LICENCE : 1981. Roazhon Brezhoneg ha keltieg Brest Langue et culture régionales: spécialité breton et celtique CAPES : 1985 DEUG : 1989 (suprimido en 2005)
    12. O nivel dos estudos non se reparte de xeito igual en todos os tipos de centro As dúas universidades públicas absorben a grande maioría da matrícula total Repartición da matrícula
    13. Evolución da matrícula Todos os ciclos experimentaron unha baixada na matrícula ao longo dos últimos anos Aínda que fican consolidados os estudos de filoloxía bretoa, a matrícula global está á baixa
    14. Outros estudos universitarios Optativa Roazhon2 Sant-Brieg (desde 2004) Brest An Oriant Diploma Brest: Yezhoù ha sevenadur Breizh Máster An Oriant: Ingénierie de la Formation
    15. Estudos extinguidos Diploma Karaez-Plougêr (2000-2002) $Máster An Naoned (até 2002) Formación continua Daoulamm Roazhon (1972/1975)
    16. Universidade privada Diploma Aradon Gwengamp (desde 2001) Métiers et Langue bretonne
    17. No estranxeiro
    18. A situación do bretón consolídase entre as outras “linguas rexionais”. Mais neste ámbito tamén a demanda non para de diminuír Formación do profesorado
    19. 4. CONCLUSIÓNS Tras unha perda de falantes importante e unha política agresiva, a situación mellorou moito nos últimos anos, cunha política voluntarista por parte da Région a favor da promoción da lingua. Esta política nútrese e alimenta a un tempo o actual clima favorábel cara ao bretón na sociedade en xeral. Esta melloría faise sentir no ámbito educativo, desde os niveis básicos que experimentaron e seguen a experimentar un crecemento importante, como tamén na creación e consolidación dos estudos universitarios. Mais a situación está lonxe de estar plenamente normalizada, e a perda de falantes procede a un ritmo moito maior do que a aumento de novos falantes, e o número de alumnas/os escolarizadas/os en bretón segue a ser moi minoritario no conxunto da poboación escolar, tendencia que se acentúa cada vez máis a medida que se vai achegando aos niveis superiores de educación. A pesar de a situación se ter estabilizado e consolidado, rexistra en todos os niveis educativos unha tendencia recente cara á desaceleración da taxa de crecemento, así como un estancamento nos niveis superiores.
    20. A presenza do bretón como materia de estudo ao nivel universitario está máis desenvolvida nas dúas Universidade públicas de Roazhon e Brest, mais totalmente ausente da parte do País oficialmente fóra da Région administrativa. A universidade privada ofrece un formación superior, mais de máis baixo nivel, absorbendo unha pequena porcentaxe das/os estudantes. O número total de estudantes que estudan o bretón nas diferentes universidades é esperanzador, mais enganoso, ao ser de lonxe a modalidade de materia optativa a que máis se cursa, polo que o nivel medio de competencia lingüística acadado polas/os estudantes matriculadas/os nas diferentes modalidades de bertón ofertadas nas universidades é insuficiente como para as/os capacitar para seguiren aulas impartidas en bretón. Tamén é moi desigual, e en moitas ocasións deficiente, o nivel de competencia lingüística acadada polas/os alumnas/os provenientes das escolas secundarias bilingües, incapacitadas/os na súa maioría para se desenvolveren academicamente nesta lingua a nivel universitario, moitas veces nin sequera por pasiva. Outro atranco que empece a impartición de aulas en bretón áchase na falta de docentes capacitadas/os para ensinaren e inclusivo para corrixiren traballos redactados en bretón. Por todas estas razóns, o uso do bretón dentro da Universidade vese restrinxida á propia área de Filoloxía bretoa, sen que haxa indicios de que esta situación puider mudar nin a medio nin a longo prazo.

    + snl_udcsnl_udc, 2 years ago

    custom

    344 views, 0 favs, 1 embeds more stats

    Presentación correspondente á conferencia de Robe more

    More info about this document

    © All Rights Reserved

    Go to text version

    • Total Views 344
      • 322 on SlideShare
      • 22 from embeds
    • Comments 0
    • Favorites 0
    • Downloads 3
    Most viewed embeds
    • 22 views on http://www.udc.es

    more

    All embeds
    • 22 views on http://www.udc.es

    less

    Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
    Flag as inappropriate

    Select your reason for flagging this presentation as inappropriate. If needed, use the feedback form to let us know more details.

    Cancel
    File a copyright complaint
    Having problems? Go to our helpdesk?

    Categories