Pintura cubista
Upcoming SlideShare
Loading in...5
×
 

Pintura cubista

on

  • 4,023 views

 

Statistics

Views

Total Views
4,023
Views on SlideShare
3,953
Embed Views
70

Actions

Likes
1
Downloads
67
Comments
0

3 Embeds 70

http://www.blogoteca.com 66
http://www.slideshare.net 3
http://www.blogalego.com 1

Accessibility

Categories

Upload Details

Uploaded via as Microsoft PowerPoint

Usage Rights

© All Rights Reserved

Report content

Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
  • Full Name Full Name Comment goes here.
    Are you sure you want to
    Your message goes here
    Processing…
Post Comment
Edit your comment

Pintura cubista Pintura cubista Presentation Transcript

  • O CUBISMO PABLO RUÍZ PICASSO (1881-1973) GEORGES BRAQUE (1882-1963) JUAN GRIS (1887-1927) A data de 1907 pode tomarse como referencia para falar de cubismo. Este é o ano do encontro entre Braque e Picasso Os críticos contemporáneos foron unánimes á hora de proclamar a Picasso como líder do movemento     
  • OS CUBISTAS MÁIS DESTACADOS Pablo Picasso (1881-1973) Georges Braque (1882-1963) Juan Gris (1887-1927)
  •   " As señoritas de Aviñó" en 1907 están consideradas coma a pedra angular da arte do s. XX É unha obra mestra da arte que marca un novo punto de partida A partir de aquí Picasso elimina todo o sublime da tradición O Cubismo só é comprensible se rachamos con todo o anterior
  •  
  • DE ONDE XORDE O CUBISMO?
    • “ A xente non muda dunha xeración a outra. Por canto sabemos a través da historia, a xente é máis ou menos a desempre, ten as mesmas necesidades, desexos, virtudes, cualidades e tamén os mesmos defectos. Dunha xeración a outra non muda nada, agás o que se viu, e ó que se viu o que conforma cada xeración”.
    • Gertrude Stein
    Picasso y Braque , iniciadores do cubismo, incluíron na súa experiencia visual un novo código, alleo á nosa cultura . Tratábase da arte tribal procedente da África negra e de Oceanía ; a través del, os artistas occidentais replantexarán a representación da figura humana, do espazo e, en definitiva, de todo canto merecese a atención de ser representado
  • Retrato de Gertrude Stein Pablo Picasso Bañista , Picasso
  • “ É case tan fermosa como a Venus de Milo” “ É máis fermosa”. Este intercambio de opinións entre Picasso e un amigo pintor tivo lugar nos primeiros anos do s. XX, diante dunha escultura fetiche da arte africana
  • PABLO PICASSO REVOLUCIONOU A ARTE CONTEMPORÁNEA
    • As cousas non se ven tal e como son; o que se ven son os seus arquetipos e cada xeración ten os seus
    • Os cubistas, en efecto, crearon modelos novos que revolucionaron os enfoques tradicionais
    • Pablo Picasso (1881-1973), puede ser considerado o artista que revolucionou dun xeito máis radical a arte contemporánea . A obra decisiva nesta revolución, As señoritas de Aviñó , está influída pola arte africana, pola que o artista malagueño se sintiu impresionado
    • Orixe do termo "Cubismo": Louis Vauxcelles falou de cubos no seu comentario sobre a exposición de Braque na galería de Kahnweiler en novembro de 1908
    • Vauxcelles tamén fala de bizarreries cubiques , expresión da que deriva o nome do estilo. Despois se refiriu a algúns dos pintores dos Indépendants de 1910 que traballan baixo a influencia de Cézanne como xeómetras ignorantes, que reducen a paisaxe e o corpo humano a insípidos cubos . Dise que Matisse tamén falou de petits cubes
    • A pintura deixará de ser un reflexo da realidade
    Paisaxe P. Picasso Viaduto de L’Estaque G. Braque
  • Cómo podemos definir o cubismo? O cubismo é unha titánica reflexión intelectual e visual sobre a forma; por medio dun exercicio intelectual o artista reduce as formas da natureza a pura xeometría, presentando simultaneamente ao espectador o obxecto baixo diversos puntos de vista Malia o aspecto dalgúns dos cadros cubistas, a forma sempre foi respectada, non cruzando nunca o albor do abstracto. A simplificación das formas iniciada por Cèzanne foi levada até os seus extremos Retrato. Pablo Picasso
    • As características dunha nova linguaxe:   No Cubismo no hai nada de teórico, senón que todo son descubertas:
    • 1. Independencia e autonomía de planos, estoupido do volume: Os planos son obxecto de estudo en si propios e non en visión global do volume, de aí que este se disolva. Os grandes volumes descompóñense noutros máis pequenos . Así, queda rota tamén a liña do contorno, interrómpese o trazo lineal. Por iso se compara o resultado deste proceso co reflexo nun espello roto ou coa visión a través dun calidoscopio
    Muller con mandolina P. Picasso
    • 2. Perspectiva múltiple:
    • Vén dada polo estudo de cada plano na súa autonomía . Rómpese coa perspectiva monofocal albertiana. A pintura liberouse do xugo da tradicional visión monocular
    • Multiplícanse os ángulos de visión dun mesmo obxecto. Así se ofrece unha visión complexa do mesmo ente, que se pode presentar ao mesmo tempo de cara, de perfil ou dende calquera outro ángulo significativo
    • Os obxectos ou personaxes son representados tal e como os imaxinan, mirando dentro deles, representando simultaneamente os seus distintos aspectos e imaxinando as súas funcións
    Retrato de Picasso Juan Gris
    • 3. Desaparición de gradacións de sombra e luz: Isto vén dado pola descomposición do volume
    O portugués (O emigrante) G. Braque 4. Cor "Tono Local": A cor non aporta indicacións suplementarias. Polo xeral aplicábase por pequenos toques. Isto deuse en chamar Cor Passepartout , apto para todos os obxectos, pero que non consiste na verdadadeira cor de ningún deles
    • 5. Xeometrismo:
    • As formas xeométricas invaden as composicións. As formas observadas na natureza son traducidas en cilindros, conos, esferas e cubos . A retina capta as formas e a mente do pintor as simplifica. Cézanne xa reducira as súas composicións ás formas xeométricas, por iso exercerá tanta influencia no Cubismo
    Paisaje. Pablo Picasso
    • 6. Base filosófica:  
    • As aportacións filosóficas de Bergson son moi importantes para o Cubismo. El afirma que o observador acumula na súa memoria unha gran información sobre un obxecto do mundo visual externo. Esta é unha experiencia que constitúe a base intelectual. Os pintores cubistas volcan esta experiencia distorsionando e superpoñendo paisaxes. Non se trata de reflectir a realidade mesma, senón a idea de realidade que posúe o artista
    Harbor en Normandía G. Braque
    • EVOLUCIÓN DO CUBISMO
    •   Guillaume Apollinaire foi o principal teórico do Cubismo, escribindo Méditations esthétiques. Les peintres cubistes en 1913. Nesta obra estableceu as tipoloxías e as etapas do Cubismo: científico, órfico e instintivo . Outros especialistas referíronse ás etapas con outros nomes como fase analítica, fase hermética e fase sintética
    O guitarrista 1910 P. Picasso Instrumentos musicais P. Picasso
  • 1. No primeiro momento , partiuse da observación da realidade para proceder posteriormente á súa “destrución" Resultaba un conxunto de planos indescifrable, o que é en definitiva a obra cubista Fruteiro e pan sobre unha mesa P. Picasso, 1909
  • Acordeonista 1911 P. Picasso
    • Cara a 1910-1911 defínese o chamado cubismo analítico, o máis críptico de todos, onde forma e fondo se mesturan, confundíndose
  • Ma jolie 1911 P. Picasso
    • É este período do cubismo o coñecido coma analítico : o suxeito do cadro estrutúrase xeometricamente ao xeito de Cézanne , o problema da modulación resólvese máis que coa cor, coa luz e coa sombra
    • Esta exclusión da cor deu ás obras cubistas de Picasso e Braque deste período (1909) un aspecto escultórico que conflúe coas esculturas realizadas por Picasso neses mesmos anos
    • 2. Fase hermética:
    • Para paliar a confusión e a difícil lectura das obras analíticas , Picasso e Braque comezan a deixar pistas nas súas obras. Comezan a introducir detalles figurativos e esquematizados para estimular a comprensión. Por exemplo, as cordas ou clavixas axudan a identificar a posible existencia dun instrumento musical, ou o pomo a dunha mesa
    • Nesta etapa tamén se fixo habitual a imitación "realista" de caracteres de imprenta, letras ou cifras , que leva á comprensión de que nos atopamos ante a presenza dun xornal, dunha etiqueta dunha botella ou dun sobre. Comézase a imitar a madeira ou o mármore para suxerir, por exemplo, un violín
    Retrato de Ambroise Vollard P. Picasso, 1909
  • Natureza morta con violín G. Braque
    • Braque aportou un enfoque máis poético, creando para o cubismo un novo concepto do espazo pictórico no que as figuras de Picasso foron o complemento perfecto
  • Nú baixando unha escaleira 1912 Marcel Duchamp
  • Guitarra Juan Gris
  • Natureza morta P. Picasso Os principais temas serán os retratos e as naturezas mortas urbanas , os elementos que se dispoñen de modo caótico sobre a mesa dun café
  • Pigeon – pois P. Picasso
  • 3. Fase sintética, o collage como paso previo á escultura: Nesta fase deuse un novo paso. Xa non hai razón para imitar minuciosamente unha etiqueta ou un sobre, senón que se toma un exemplar real e se pega , é a técnica do Papier collé , inventada por Picasso e por Braque Podíanse pegar papeis noutro tipo de material, como esteira, hule, etc., no momento en que se incorporan materiais cotiáns dáse un paso máis, asistindo ao nacemento do Collage Guitarra Picasso, 1913
  • O violín G. Braque
    • Picasso é o inventor do collage (incorporación á superficie do cadro de materiais non pictóricos, recollidos do entorno cotián) e Braque do papier collé (aplicación de tiras de papel á superficie da pintura)
    • O obxecto xa non "...aparece desmembrado no cubismo sintético, senón reconstituído na súa fisonomía esencial...", con todas ou algunhas das súas partes vistas por todos os seus lados
  • Violín e pipa (Le Quotidien) G. Braque
    • Picasso abordou a forma cubista en termos tridimensionais, partindo da escultura africana e ibérica
    Arlequín P. Picasso, 1918
  • Os tres músicos P. Picasso
  • Glasse and suze. Collage. P. Picasso
  • Home con pipa 1968 P. Picasso
  • GUERNICA 1937 PABLO PICASSO
  • AS MENINAS DE VELÁZQUEZ PABLO PICASSO
  • Pesca nocturna P. Picasso
  • Nú en negro Pablo Picasso
  • Soñadores Pablo Picasso
  • Le Lavabo 1912 Juan Gris Óleo sobre lenzo, con papel e espello. Collage 51" X 35"; Collection Vicomtesse de Noailles, Paris
  • Home no café 1912 óleo sobre lenzo, 128.2 x 88 cm Philadelphia Museum of Art Juan Gris
  • Paisaxe con casas de Ceret 1913 óleo sobre lenzo 100 x 65 cm Galeria Theo, Madrid Juan Gris
  • O home do café 1914 Óleo e papel collé sobre lenzo 99 x 72 cm Acquavella Galleries, Inc., New York Juan Gris
  • A guitarra 1914 Papel collé, guache, carbón e lapis sobre óleo 65 x 46 cm; Colección privada Juan Gris
  • Violín e guitarra 1913 Óleo sobre lenzo 100 x 65.5 cm The Colin Collection, New York Juan Gris
  • Xogo de té 1914 Collage, óleo sobre lenzo, 65 x 92 cm;Kunstsammlung Nordrhein-Westfalen, Dusseldorf Juan Gris
  • A montaña "Le Canigou" 1921 Óleo sobre lenzo, 65 x 100 cm Albright-Knox Art Gallery, Buffalo, NY Juan Gris
  • Retrato de Josette Gris 1916 Óleo sobre panel 116 x 73 cm Centro Reina Sofía. Madrid Juan Gris
  • Retrato de Picasso 1912 Óleo sobre lenzo, 93.4 x 74.3 cm; Collection of Mrs. and Mrs. Leigh Block, Art Institute of Chicago Juan Gris
  • A xanela aberta 1921 Óleo sobre lenzo, 65 x 100 cm M. Meyer Collection, Zurich Juan Gris
  • O pintor na xanela 1925 Óleo sobre lenzo 100 x 81 cm The Baltimore Museum of Art, Maryland Juan Gris
  • GEORGE BRAQUE Botella e clarinete 1910-11 Óleo sobre lenzo 65 x 50 cm
  • "The Candlestick" GEORGE BRAQUE
  • Harbor en Normandía GEORGE BRAQUE
  • Violin e pipa (Le Quotidien) GEORGE BRAQUE