A pintura do Renacemento no s. XVI: O Greco

1,284 views
1,225 views

Published on

Tradución ao galego dunha presentación do prof. Tomás Pérez Molina, onde nos achega ás principais características da obra do Greco

Published in: Education
0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
• Be the first to comment

• Be the first to like this

No Downloads
Views
Total views
1,284
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
13
Actions
Shares
0
Downloads
26
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

A pintura do Renacemento no s. XVI: O Greco

1. 1. A PINTURA ESPAÑOLA DO RENACEMENTO DOMÉNIKOS THEOTOKÓPOULOS (Creta 1541 – Toledo, 1614) O GRECO Creta dependía naquela época de Venecia En 1560 o pintor transládase a esta cidade, atraído pola fama de Tiziano e Tintoretto
2. 2. A PINTURA MANIERISTA: CARACTERÍSTICAS XERAIS

Arbitrariedade no uso da cor:

Prefírense as cores frías (verdes, azuis, grises)

Gustan os contrastes fortes e acendidos

As proporcións altéranse segundo a vontade do pintor, na busca de novos valores expresivos

As figuras alónganse e estilízanse, adoptando siluetas filiformes

Canon anatómico alóngase (por riba de 1/10)

Sen perderen a humanidade, agora máis profunda pola expresión dos sentimentos

Predominan as composicións complexas , con figuras que adoptan posicións serpentinas e dislocadas, que potencian o desequilibrio e a inestabilidade. Gustan dos escorzos de grande intensidade

Las figuras aparecen constrinxidas por marcos estreitos, espazos pechados e angustioso, que acentúan a sensación de ansiedade

Prefírense os fondos negros que permiten resaltar as figuras, valorando os efectos lumínicos , como un claro anticipo do tenebrismo barroco

3. 3. A ollada do GRECO OS XÉNEROS
4. 4. A EVOLUCIÓN ESTILÍSTICA DO GRECO (1541-1614) Os comezos Primeiras obras en España madureza Últimas obras 1566-1576 1576-1580 1581-1605
5. 5. A dormición da Virxe antes de 1567 Témpera e ouro sobre madeira, 61,4 x 45 cm Catedral da Dormición da Virxe, Ermoupolis, Syros O GRECO, Un pintor de formación bizantina (até 1567) A tradición da ICONA RELIXIOSA marca a súa formación inicial. Características: - Rixidez propia da plástica bizantina, - Carácter abstracto das formas , que non son tomadas do natural - Cromatismo sen intervención da luz
6. 6. Bautismo de Cristo 1568 Témpera sobre madeira, 24 x 18 cm Galleria Estense, Módena Trasládase Venecia, onde aprenderá a “cor” dos mestres venecianos (1567-1570) Tiziano, Veronés e Tintoretto inflúen na utilización dun cromatismo cálido, mórbido e acendido Gusto polos escorzos atrevidos , as grandes composicións divididas en estanzas , os choques brutais de cor e o nerviosismo ondulante do debuxo Influencias de Tintoretto, que incorpora ao seu estilo
7. 7. A purificación do templo 1571-76 Óleo sobre lenzo 117 x 150 cm Institute of Arts, Minneapolis (EEUU) A estadía en Roma (1570-1575) permitiulle coñecer a obra de Rafael e de Miguel Anxo, aproximándoo ao poderoso estudo da anatomía humana e á terribilitá miguelanxiana
8. 8. A purificación do templo (o mesmo tema 25 anos despois) c. 1600 Óleo sobre lenzo 106 x 130 cm - National Gallery, Londres
9. 9. A Anunciación (Roma, c.1576)
10. 10. O soprón (Roma, 1570-1572)
11. 11. O GRECO INSTÁLASE EN ESPAÑA: PRIMEIROS TRABALLOS
12. 12. O Expolio 1577-79 Óleo sobre lenzo, 285 x 173 cm Sancristía da Catedral de Toledo A falta de oportunidades en Italia, induciu ao Greco a se instalar en España , coa intención de traballar en Madrid ao servizo da Corte Pasaran dez anos dende a súa saída de Creta e o pintor xa se formara na estética manierista
13. 13. A túnica de Xesús , vermella como o sangue , é o símbolo do calvario de Cristo, ao descender acompañado pola multitude que o insulta e escarnece Á esquerda as tres Marías, coa Virxe no centro . Á dereita o personaxe de verde está a piques de quitarlle a túnica a Cristo, de aí o nome de “ O Expolio ” Cristo, no centro dunha composición de forma romboidal , co rostro mirando o ceo O vermello da túnica destaca poderosamente sobre a multitude de figuras, nun espazo angustioso e desequilibrado, fortemente expresivo e dramático
14. 14. A Trindade (Procede do altar maior da igrexa de San Domingos o Bo, de Toledo; remataba o ático do retablo e foi o encargo que lle trouxo a Toledo) 1577 Óleo sobre lenzo, 300 x 179 cm Museo do Prado, Madrid A obra amosa unha clara influencia das formas de Miguel Anxo (Piedade Rondanini) e do cromatismo veneciano A posición serpentinata de Cristo é un claro trazo manierista, nun conxunto onde predominan as liñas crebadas, en zigzag , así como a sensación de Horror Vacui , que será xa unha dos seus sinais de identidade. As cores ácidas e incandescentes impregnan a mística atmosfera desta obra
15. 15. O martirio de San Mauricio e a lexión Tebana 1580-81 Óleo sobre lenzo, 448 x 301 cm Mosteiro de San Lourenzo, O Escorial Pintada para o rei Filipe II, coa intención de se establecer en Madrid coma pintor da Corte, non gustou ao monarca, polo que o pintor se trasladará a Toledo, onde fixará o seu obradoiro e a súa residencia até a súa morte 1614
16. 16.

Tema :

Nesta obra nárrase o martirio dun xeneral romano que se negou, xunto a súa lexión, a participar na adoración dos deuses pagáns con toda a súa lexión

Elementos claves da composición:

Os oficiais do primeiro termo

A lexión nun plano intermedio, disposta a ser decapitada

O ámbito celestial, o mundo do alén, onde se sitúan os anxos coas palmas do martirio en axitados escorzos

Cómpre estar atentos ao tratamento estilizado das figuras é a serenidade dos rostros e actitudes, expresión da espiritualidade visionaria e mística do pinto e do momento representado

A gama de cores frías e o tratamento do tema non foi apreciado polo rei, o que lle impedirá converterse en pintor da corte

17. 17. O Greco retratista
18. 18. Retrato de Xulio Clovio (Roma, 1571-1572)
19. 19. A dama do armiño (1577-1578)
20. 20. Retrato de home coa man no peito 1583-85 Óleo sobre lenzo, 81 x 66 cm Museo do Prado, Madrid O cabaleiro pertence á Orde de Santiago e chámase Xoán de Silva, Marqués de Montemayor Os seus retratos reflicten a austeridade e sobriedade da España da Contrarreforma, imbuídos dunha profunda espiritualidade e severidade cromática Son dun gran realismo e profundidade psicolóxica A luz concéntrase en dous puntos: o rostro e a man, o que subliña a intensa relixiosidade do personaxe
21. 21. Retrato de cabaleiro 1580-85 Óleo sobre lenzo, 66 x 55 cm Museo do Prado, Madrid Sobre un fondo negro destácase o rostro, que nos mira dun xeito intenso e expresivo Sobre o pescozo, a golilla branca, típica da moda da época, e a vestimenta negra , típica da nobreza española, que cobre a figura de medio corpo
22. 22. Retrato do doutor Rodrigo de la Fuente (O Médico) 1588-89 Óleo sobre lenzo 93 x 84 cm Museo do Prado, Madrid Os seus retratos amósanos homes severos, de aspecto osudo e fibroso, encarnacións da nobreza castelá, de rostros pálidos e mórbidos Son figuras estáticas e ríxidas, case hieráticas
23. 23. Frei Hortensio Félix Paravicino c. 1609 Óleo sobre lenzo, 112 x 86 cm Museum of Fine Arts, Boston (EEUU) "Creta déulle a vida e os pinceis, / Toledo mellor patria onde comeza / a lograr coa morte eternidades“ (versos dedicados ao pintor, escritos por este frade)
24. 24. Retrato de cardeal c. 1600 Óleo sobre lenzo, 171 x 108 cm Metropolitan Museum of Art, New York A calidade cromática da súa paleta loce, con gran esplendor, na púrpura espellada do cardeal O debuxo vai desaparecendo para dar paso á cor, en grandes pinceladas cada vez máis soltas
25. 25. Antonio de Covarrubias (c. 1600)
26. 26. O Cardeal Tavera (1608-1614)
27. 27. O enterro do Señor de Orgaz 1586-88 Óleo sobre lenzo, 480 x 360 cm Santo Tomé, Toledo Esta obra constitúe, sen dúbida ningunha, a obra mestra do retrato O enterro do Señor de Orgaz convértese nunha escusa para retratar aos personaxes máis importantes do Toledo de la época Contén, ademais, todos os elementos propios do seu estilo : o nivel terreal e celestial, o cromatismo acendido e contrastado, a angustia e a confusión espacial, as figuras alongadas, así como a intensa espiritualidade
28. 28. No nivel terreal, de composición horizontal, os santos Estevo e Agostiño enterran o Señor, mentres que os homes importantes de Toledo contemplan a escena O Señor de Orgaz aparece representado por medio dun profundo escorzo e vestido cunha armadura
29. 29. No nivel celestial agardan para recoller a alma do Señor, transportada polo anxo, Cristo, San Xoán, a Virxe María, Noé, Moisés, San Pedro e os Apóstolos
30. 30. O fillo do Greco, Xurxo Manuel, sinálanos no centro da escena, retratado coa mesma severidade cós adultos que asisten ao enterro
31. 31. Obsérvense os expresivos rostros de sentimento espiritual de moitos dos cabaleiros retratados, a pel cerúlea do rostro e a extraordinaria calidade do detalla na casulla de Santo Agostiño
32. 32. O GRECO, UN PINTOR RELIXIOSO
33. 33. Cristo cargando a cruz 1580 Óleo sobre lenzo, 105 x 79 cm Metropolitan Museum of Art, New York As obras de carácter religioso son, cos retratos, as máis abundantes da súa produción pictórica A clientela estaba formada, polo xeral, por cregos, aristócratas ou burgueses, desexosos de decorar as súas capelas e igrexas
34. 34. A Anunciación 1595-1600 Óleo sobre lenzo, 91 x 66,5 cm Museum of Fine Arts, Budapest (Hungría)
35. 35. A Sagrada Familia c. 1585 Óleo sobre lenzo, 106 x 87,5 cm The Hispanic Society of America, New York
36. 36. A Sagrada Familia con María Magdalena 1595-1600 Óleo sobre lenzo, 132 x 100 cm Museum of Art, Cleveland (EEUU)
37. 37. A adoración dos pastores 1596-1600 Óleo sobre lenzo, 11 x 47 cm Galleria Nazionale d'Arte Antica, Roma
38. 38. A Anunciación 1597-1600 Óleo sobre lienzo, 114 x 67 cm Museo Thyssen-Bornemisza, Madrid A forma vertical do lenzo vén dada pola disposición da composición en dous niveis (o terreal e o celestial) Adoitan organizarse por medio da figura dalgún anxo ou, coma neste caso, do Espírito Santo
39. 39. O Bautismo de Cristo 1596-1600 Óleo sobre lenzo 350 x 144 cm Museo do Prado, Madrid
40. 40. O bautismo de Cristo 1608-28 Óleo sobre lenzo, 330 x 211 cm Hospital Tavera, Toledo
41. 41. A Crucifixión 1596-1600 Óleo sobre lenzo, 312 x 169 cm Museo do Prado, Madrid
42. 42. A Crucifixión (1596-1600)
43. 43. A Resurrección de Cristo 1596-1600 Óleo sobre lenzo, 275 x 127 cm Museo do Prado, Madrid
44. 44. Pentecostés 1596-1600 Óleo sobre lenzo, 275 x 127 cm Museo do Prado, Madrid
45. 45. A Virxe da Inmaculada Concepción 1608-13 Óleo sobre lenzo, 348 x 174,5 cm Museo de Santa Cruz, Toledo
46. 46. A adoración dos pastores c. 1614 Óleo sobre lenzo, 319 x 180 cm Museo do Prado, Madrid Os efectos lumínicos anticipan xa algunhas das chaves do tenebrismo barroco O xogo de luces e contraluces, ademais das múltiples perspectivas nun mesmo cadro, aumentan a espiritualidade da escena
47. 47. San Martiño e o mendigo 1597-99 Óleo sobre lenzo, 193 x 103 cm National Gallery of Art, Washington (EEUU) Pintura do altar da Capela de San Xosé, Toledo (1597-1599) As pinturas de santos e mártires ocupan unha parte importante da súa produción
48. 48. San Francisco orando 1580 Óleo sobre lenzo, 116 x 102 cm Joslyn Art Museum, Omaha (EEUU)
49. 49. Santo André e San Francisco 1595 Óleo sobre lenzo, 167 x 113 cm Museo do Prado, Madrid
50. 50. As bágoas de San Pedro (c. 1605)
51. 51. O apóstolo Santo André 1610-14 Óleo sobre lenzo, 97 x 77 cm Museo do Greco, Toledo Apostolados: da Serie de Cristo e os Apóstolos (1610-14)
52. 52. O apóstolo San Pedro 1610-14 Óleo sobre lenzo, 97 x 77 cm Museo do Greco, Toledo
53. 53. AS ÚLTIMAS OBRAS
54. 54. Oración no horto (c. 1608)
55. 55. A Visitación (1610-1613)
56. 56. Unha vista de Toledo 1597-99 Óleo sobre lenzo, 121,3 x 108,6 cm Metropolitan Museum of Art, New York As paisaxes que pinta de Toledo remítennos a un mundo onírico de atmosferas agobiantes e dramáticas , que serán moi valoradas polos pintores simbolistas do s. XIX
57. 57. Vista e plano de Toledo c. 1610 Óleo sobre lenzo, 132 x 228 cm Museo do Greco, Toledo
58. 58. Sobre o fondo paisaxístico de Toledo nárrasenos o episodio do sacerdote troiano Laoconte, coa aparición onírica do cabalo de Troia transmutado nun cabalo real que cabalga cara á cidade de Toledo, escurecida por un ceo de treboada Os nús filiformes, o frío cromatismo, o dinamismo compositivo da escena e a palidez dos corpos subliñan a desazón e o drama do momento Laoconte 1610 Óleo sobre lenzo, 142 x 193 cm National Gallery of Art, Washington (EEUU)
59. 59. A apertura do quinto selo: a visión de San Xoán da resurrección dos mortos 1608-14 Óleo sobre lenzo, 222,3 x 193 cm Metropolitan Museum of Art, New York. A estraña modernidade desta pintura, unha das súas últimas obras, sitúanos ao pintor na liña dos grandes e inclasificables xenios da pintura