SlideShare a Scribd company logo
1 of 10
O ser humano ten cinco sentidos:
 Vista
 Oído
 Gusto
 Tacto
 Olfacto
Cada sentido reside nun órgano do corpo.
Uns sentidos están máis desenvolvidos ca
outros. Os máis desenvolvidos soen ser a
vista e o oído.
Os órganos dos sentidos son os
seguintes:
Sentido Órgano
 Vista Ollo
 Oído Oído
 Tacto Pel
 Gusto Lingua
 Olfacto Nariz
O sentido da vista permítenos coñecer as
formas, as cores, o tamaño e incluso a
distancia á que están os obxectos
(necesitamos os dous ollos).
Os órganos do sentido da vista son os
ollos. A súa función é captar a luz.
O ollo capta a información e envíaa ao
cerebro polo nervio óptico.
Para coidar a vista debemos protexer os
ollos do sol, do cloro e da sucidade
(conxuntivite: irritación dos ollos).
Os sentidos
Os ollos están protexidos polas:
pálpebras, cellas e pestanas.
A luz entra no ollo pola córnea
(membrana transparente). Pasa
a través da pupila.
A pupila está rodeada por un
anel coloreado; o iris. A
continuación está o cristalino,
que é unha lente converxente.
Na parte máis profunda está a
retina, que é a membrana na
que se forma a imaxe.
A imaxe formada na retina é
levada ao cerebro polo nervio
óptico.
O oído permítenos captar os sons. Como
temos dous oídos polo que podemos saber
en que dirección chega o son. Hai sons
agradables e sons desagradables (ruídos).
Os oídos son os órganos do sentido do oído.
Teñen unha parte externa e outra interna.
Debemos manter os oídos limpos e secos.
Hai que acudir ao médico se nos doen e
evitar os sons demasiado fortes.
A orella é a parte externa do oído. Dela sae un tubo, o conduto auditivo.
Chega ao tímpano (unha membrana moi fina que vibra cos sons). O
tímpano está unido a unha cadea de osiños que se moven cando vibra o
tímpano.
A cadea de osiños únese o caracol ( órgano que capta os sons). Os sons
levaos ao cerebro o nervio auditivo.
O sentido do olfacto, permítenos captar os
olores dalgunhas substancias. O órgano do
sentido do olfacto é o nariz. No seu interior
está a pituitaria amarela, que é a que capta
o olor.
O sentido do gusto
permítenos captar os
sabores: doce, salgado,
amargo, ácido e umamí
(carnes, queixos fortes,soia).
O principal órgano do gusto é
a lingua, que ten uns
avultamentos chamados
papilas gustativas, que
captan os sabores.
Cando comemos traballan á vez o gusto e o olfacto.
O sentido do tacto serve para
saber algunhas características
dos obxectos. Se un obxecto é
liso ou engurrado, suave ou
áspero, se está quente ou frío.
Tamén se algo toca a nosa pel
notámolo, cando sufrimos un
golpe ou unha picadura
sentimos dor. O seu órgano é
toda a pel; pero algunhas partes
son máis sensibles ca outras.

More Related Content

More from Tono Canosa (20)

32
3232
32
 
31
3131
31
 
30
3030
30
 
28
2828
28
 
27
2727
27
 
26
2626
26
 
24
2424
24
 
23
2323
23
 
22
2222
22
 
21
2121
21
 
20
2020
20
 
19
1919
19
 
18
1818
18
 
17
1717
17
 
16
1616
16
 
15
1515
15
 
14
1414
14
 
13
1313
13
 
12
1212
12
 
11
1111
11
 

Os sentidos

  • 1. O ser humano ten cinco sentidos:  Vista  Oído  Gusto  Tacto  Olfacto Cada sentido reside nun órgano do corpo. Uns sentidos están máis desenvolvidos ca outros. Os máis desenvolvidos soen ser a vista e o oído.
  • 2. Os órganos dos sentidos son os seguintes: Sentido Órgano  Vista Ollo  Oído Oído  Tacto Pel  Gusto Lingua  Olfacto Nariz
  • 3. O sentido da vista permítenos coñecer as formas, as cores, o tamaño e incluso a distancia á que están os obxectos (necesitamos os dous ollos). Os órganos do sentido da vista son os ollos. A súa función é captar a luz. O ollo capta a información e envíaa ao cerebro polo nervio óptico. Para coidar a vista debemos protexer os ollos do sol, do cloro e da sucidade (conxuntivite: irritación dos ollos).
  • 5. Os ollos están protexidos polas: pálpebras, cellas e pestanas. A luz entra no ollo pola córnea (membrana transparente). Pasa a través da pupila. A pupila está rodeada por un anel coloreado; o iris. A continuación está o cristalino, que é unha lente converxente. Na parte máis profunda está a retina, que é a membrana na que se forma a imaxe. A imaxe formada na retina é levada ao cerebro polo nervio óptico.
  • 6. O oído permítenos captar os sons. Como temos dous oídos polo que podemos saber en que dirección chega o son. Hai sons agradables e sons desagradables (ruídos). Os oídos son os órganos do sentido do oído. Teñen unha parte externa e outra interna. Debemos manter os oídos limpos e secos. Hai que acudir ao médico se nos doen e evitar os sons demasiado fortes.
  • 7. A orella é a parte externa do oído. Dela sae un tubo, o conduto auditivo. Chega ao tímpano (unha membrana moi fina que vibra cos sons). O tímpano está unido a unha cadea de osiños que se moven cando vibra o tímpano. A cadea de osiños únese o caracol ( órgano que capta os sons). Os sons levaos ao cerebro o nervio auditivo.
  • 8. O sentido do olfacto, permítenos captar os olores dalgunhas substancias. O órgano do sentido do olfacto é o nariz. No seu interior está a pituitaria amarela, que é a que capta o olor.
  • 9. O sentido do gusto permítenos captar os sabores: doce, salgado, amargo, ácido e umamí (carnes, queixos fortes,soia). O principal órgano do gusto é a lingua, que ten uns avultamentos chamados papilas gustativas, que captan os sabores. Cando comemos traballan á vez o gusto e o olfacto.
  • 10. O sentido do tacto serve para saber algunhas características dos obxectos. Se un obxecto é liso ou engurrado, suave ou áspero, se está quente ou frío. Tamén se algo toca a nosa pel notámolo, cando sufrimos un golpe ou unha picadura sentimos dor. O seu órgano é toda a pel; pero algunhas partes son máis sensibles ca outras.