Sen profes non hai escola secundaria
Upcoming SlideShare
Loading in...5
×
 

Like this? Share it with your network

Share

Sen profes non hai escola secundaria

on

  • 981 views

 

Statistics

Views

Total Views
981
Views on SlideShare
285
Embed Views
696

Actions

Likes
0
Downloads
0
Comments
0

12 Embeds 696

http://cpivirxedacelasolidario.blogspot.com.es 661
http://www.cpivirxedacelasolidario.blogspot.ru 10
http://cpivirxedacelasolidario.blogspot.it 10
http://translate.googleusercontent.com 3
http://cpivirxedacelasolidario.blogspot.com 3
http://cpivirxedacelasolidario.blogspot.ie 2
http://www.cpivirxedacelasolidario.blogspot.com.es 2
http://cpivirxedacelasolidario.blogspot.co.uk 1
http://cpivirxedacelasolidario.blogspot.mx 1
http://cpivirxedacelasolidario.blogspot.cz 1
http://cpivirxedacelasolidario.blogspot.com.ar 1
http://cpivirxedacelasolidario.blogspot.ch 1
More...

Accessibility

Categories

Upload Details

Uploaded via as Adobe PDF

Usage Rights

© All Rights Reserved

Report content

Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
  • Full Name Full Name Comment goes here.
    Are you sure you want to
    Your message goes here
    Processing…
Post Comment
Edit your comment

Sen profes non hai escola secundaria Document Transcript

  • 1. PROPOSTA DIDÁCTICA PARA SECUNDARIA, BACHARELATO, PERSOAS ADULTAS E EDUCACIÓN NON FORMALSEMANA DE ACCIÓNMUNDIAL POLA EDUCACIÓN22-28 de abril de 2013
  • 2. ÍNDICEIntrodución 1 Obxectivo xeral da Semana de Acción Mundial pola Educación Obxectivos xerais da proposta didáctica Consideracións xerais Para afondar...Primeiro Ciclo Educación Secundaria 5 Obxectivos e competencias Actividade 1. A aventura da educación Actividade 2. O profesorado no mundo Actividade de mobilización. Pon profes no mapaSegundo Ciclo Educación Secundaria 8 Obxectivos e competencias Actividade 1. Financiamento dunha educación para todos e todas Actividade 2. A nosa implicación para traballar por un profesorado formado e suficiente Actividade de mobilización. Pon profes no mapaBacharelato 10 Obxectivos e capacidades Actividade 1. Por un profesorado capacitado e suficiente Actividade 2. Ponencia política: “Un modelo de formación do profesorado para unha educación xusta” Actividade de mobilización. Pon profes no mapaEducación de Persoas Adultas 14 Obxectivos Actividade 1. Profesorado en escena Actividade 2. Iniciativas para o logro dunha educación de calidade Actividade de mobilización. Pon profes no mapaEducación Non Formal (12-99 anos) 16 Actividade 1. Profesoras e profesores polo mundo Actividade de mobilización. Pon profes no mapaActividade para todos os niveis. Pon profes no mapa 21Avaliación 23© Foto de portada: G.M.B. Akash Panos/ActionAid
  • 3. INTRODUCIÓN A SÓ DOUS ANOS DE 2015, A DATA FIXADA PARA LOGRAR A EDUCACIÓN © Sergi Cámara/Entreculturas PARA TODOS E TODAS, A SEMANA DE ACCIÓN MUNDIAL POLA EDUCACIÓN (SAME) CÉNTRASE ESTE ANO NO PROFESORADO E NA IMPORTANCIA DE CONTAR CON DOCENTES COA ADECUADA FORMACIÓN, MOTIVACIÓN E RECOÑECEMENTO.O número total de nenos e nenas que non asisten á escola primaria ou secundaria reduciuse de máis de 200 millóns en2000 a 132 millóns en 2010, pero as cifras seguen a ser elevadas e estancáronse desde 2008. Pero incluso para os queasisten á escola, este dereito non está garantido. Este dereito depende de que se lles proporcione unha educación de ca-lidade, que, como describe o Foro Mundial sobre a Educación no ano 2000 “inclúe aprender a coñecer, a facer, a vivirxuntos e a ser”.Ata tres cuartas partes dos nenos e nenas nos países de ingresos máis baixos non aprenderon a ler e escribir despoisde dous ou tres anos de escolaridade obrigatoria, por non falar do desenvolvemento de habilidades máis complexas. Di-versos estudos apuntan a presenza na aula de docentes ben formados como o factor máis importante na aprendizaxe.O novo informe da Campaña Mundial pola Educación (CME), Todo neno e nena necesita un/unha mestre/mestra. Mes-tras e mestres preparados para todas e todos1, sinala que fan falta 1.700.000 docentes máis para asegurar a educaciónprimaria universal para 2015. Esta é unha das razóns polas que os profesores e profesoras son o foco dos esforzos daSAME en 2013. Ben formado Falta de Motivado profesorado Ben remunerado Tratado como profesional e non como persoa que presta servizosDesde a CME queremos transmitir dúas premisas fundamentais que son necesarias para unha educación de calidadereal. A primeira delas fai referencia á necesidade de contar con profesorado motivado, ben formado, con boas con-dicións de traballo. É un dereito de nenos, nenas, mocidade e persoas adultas. A segunda refírese a que a profesióndocente e as profesoras e profesores son suxeitos fundamentais do proceso de ensinanza-aprendizaxe. Ademais,é moi importante que a profesión docente estea presente nos debates de toma de decisións sobre as políticas educativas.É necesario un profesorado formado capaz de manexar a diversidade na aula e os diferentes rangos de idade que enocasións coinciden na aula (como ocorre nos países en situación de posconflito), de manexar posibles situacións de vio-lencia ou de apoiar as nenas e fomentar a equidade.1 http://www.campaignforeducation.org/docs/reports/GCE%20ECNAT_A4_SPANISH_RGB.pdf 1
  • 4. © Lorena Andrés/Entreculturas Ademais, a profesión docente é clave á hora de ensinarlle ao alumnado a dar sentido, participar e construír un mundo baseado en valores como a paz, a democracia, a creatividade, a solidariedade, a inclusión, o compromiso co ambiente e o entendemento internacional e intercultural. A CME, desde o seu inicio no ano 1999, contribuíu a facer grandes avances no logro da educación para todas as persoas. Algúns exemplos concretos dos avances son o establecemento dun salario mínimo para o persoal docente en Brasil, a eliminación das taxas escolares en Kenia ou a posta en marcha en Mozambique do programa “Escolinhas”, que acolle nenos e nenas de 3 a 5 anos de fogares sen recursos ou afectados pola sida. Pero a pesar de ser cada vez maior a conciencia dos elevados custos sociais e educativos que derivan de non investir en educación, os esforzos realizados son insuficientes. Por iso, baixo o lema Sen profes non hai escola! Por un pro- fesorado formado e motivado, este ano a SAME quere recordarlles ás e aos gobernantes a importancia de contar co suficiente número de docentes con adecuada formación, motivación, remuneración e recoñecemento, e para esixirlles que destinen os recursos necesarios para que a Educación para Todos e Todas sexa unha realidade o antes posible. O persoal docente é un elemento fundamental do Dereito á Educación. Para iso, a través de Pon profes no mapa resumiremos en 5 palabras as ideas clave sobre a importancia do profeso- rado, recolleremos as respostas facendo unha listaxe de palabras, e veremos cales son as que aparecen máis veces. En cada aula, ou por grupos, formaremos unha nube de palabras, na que as palabras que saíron máis veces aparecerán en tamaño maior. O noso reto será ter o máximo número de nubes posibles e poñelas nun mapa. Cada nube representará unha ou un dos docentes que faltan para lograr a Educación para Todos e Todas. Con todas as que logremos, farémoslles ver aos nosos representantes políticos a importancia de investir na formación, recursos e remuneración do persoal docente nos países en desenvolvemento e de destinar os recursos necesarios para incorporar 1.700.000 profes que fan falta no mundo. A participación na SAME permitirá que nenos, nenas, mocidade e persoas adultas desenvolvan a competencia cidadá, cuxa definición fai referencia –entre outras cousas– a comprender a realidade social en que se vive, cooperar, convivir e exercer a cidadanía democrática nunha sociedade plural, así como comprometerse a contribuír á súa mellora, coñecer os valores do sistema democrático e exercer activa e responsablemente os dereitos e deberes da cidadanía. Ademais, en cada unha das actividades dirixidas aos diferentes niveis educativos no ámbito formal e non formal, faremos refe- rencia a outras competencias que contribuímos a desenvolver. A CME/SAME a todo o persoal docente e educador que elaborou as actividades agradece desta proposta didáctica e a todas as persoas que aceptan estas suxestións e as poñen en marcha co seu alumnado. Desta maneira confirman o seu compromiso coa construción dun mundo mellor e co poder transformador da educación. 2
  • 5. OBXECTIVO XERAL DA SEMANA DE ACCIÓN MUNDIAL POLA EDUCACIÓNSensibilizar a clase política e a opinión pública sobre a importancia de contar con profesorado ben formado,remunerado e motivado para alcanzar unha educación de calidade e sobre a necesidade de actuar de maneiraurxente para o cumprimento do dereito a unha educación permanente de calidade para todas as persoas. OBXECTIVOS XERAIS DA PROPOSTA DIDÁCTICA1 Coñecer a realidade na que viven millóns de nenos e nenas que non poden exercer o seu dereito á educaciónbásica por falta de profesorado e de vontade política neste ámbito.2 Valorar o dereito á educación como un dereito chave a outros dereitos, e que está recollido na DeclaraciónUniversal dos Dereitos Humanos e na Convención sobre os Dereitos do Neno como un elemento fundamental parao desenvolvemento das persoas e as comunidades.3 Asumir, como cidadanía activa, a propia responsabilidade fronte as situacións inxustas e comprender que todasas persoas podemos facer algo para cambialas e transformar esa realidade. CONSIDERACIÓNS XERAIS* As diferentes actividades están planificadas para ser realizadas tanto no ámbito formal como en espazos deeducación non formal (grupos scouts, ludotecas, actividades de tempo libre, etc.).* Os termos “profesor”, “profesora” e “docente” utilizámolos para referirnos a educadores ou educadoras,facilitadores ou facilitadoras, monitores ou monitoras, etc., tanto no ámbito formal como no non formal.* Propoñemos para cada ciclo ou grupo de idade unha actividade de “reflexión” e outra de “acción” que pode serrealizada en titorías, recreos, actividades extraescolares, etc.* As actividades propostas están pensadas para diferentes grupos de idades, pero pódense adaptar para serutilizadas con alumnado doutros niveis.* O tempo proposto para cada actividade é orientativo. Cada facilitador ou facilitadora poderá adaptalo en funcióndas características do grupo, dispoñibilidade de tempo, etc.* Deixamos en mans de cada facilitador ou facilitadora a temporalización das actividades durante os meses dexaneiro (data na que recibirán as propostas didácticas) e abril (data na que se desenvolverá a SAME en todo omundo).* Desde o PDF que encontrarás na nosa web (www.cme-espana.org) podes acceder directamente a todas asligazóns que aparecen neste material. 3
  • 6. PARA AFONDAR...Nesta proposta ofrecémosche actividades para traballar o tema. Non obstante, o dereito á educación en xeral e o pro-fesorado en particular é un tema complexo que ten relación con outros moitos temas.Se queres traballalo co teu alumnado con máis profundidade, indicámosche algúns recursos onde encontrarás actividadese materiais. Na páxina web da campaña (www.cme-espana.org) podes encontrar as propostas didácticas de SAME anteriores:2012 2011 2010 2009 2008 2007 2006Dereito Dereito á Financiamento Alfabetización Educación Dereito á Docentesa unha educación da educación de persoas e exclusión educacióneducación de mulleres novas etemperá de e nenas adultascalidade Na canle de Youtube da CME (http://www.youtube.com/user/CMEspain) podes encontrar vídeos de interese relacionados co tema. Tamén te animamos a ler os documentos e ver os vídeos seguintes sobre a importancia do profesorado.Bibliografía complementaria: Todo neno e nena necesita un mestre. Mestres preparados para todos. CME 2012. Informe de seguimento da EPT no mundo 2012. Unesco. Les enseignants et la qualité de l´éducation: suivi des besoins mondiaux d´ici 2015. Unesco 2006. Educación para todos. O imperativo da calidade. Unesco 2005. http://unesdoc.unesco.org/images/0013/001373/137334s.pdf A cuestión do profesorado: atraer, capacitar e conservar profesores eficientes. OCDE 2004. http://www.oecd.org/education/preschoolandschool/34991371.pdfPelículas que abordan o tema do profesorado: Profesor Lazhar. Philippe Falardeau. 2011 Ni uno menos. Zhang Yimou. 1999 La clase. Laurent Cantet. 2008 Profesor Holland. Stephen Herek. 1995 Ser y tener. Nicolas Philibert. 20014
  • 7. © Alboan Obxectivos 1 Comprender a importancia da educación como un elemento clave para romper o círculo da pobreza e o papel do profesorado como elemento fundamental para unha educación de calidade. 2 Asumir como cidadás e cidadáns activos a nosa responsabilidade na defensa dunha educación de calidade e comprender que todas as persoas podemos facer algo a nivel global e local. Competencias Autonomía e iniciativa persoal Social e cidadá Actividade 1. A aventura da educación Proponse elaborar entre todos e todas un mapa de ideas© Sergi Cámara/Entreculturas reflexionando ao redor do concepto educación. Para a súa elaboración suxírense as seguintes preguntas: * Que é a educación para nós? * Por que é importante a educación? * Para que serve? A partir do mapa, individualmente ou en grupo elabórase unha definición do concepto “educación”. Para completar a reflexión e enriquecer a definición elaborada compártese a definición de educación recollida na Decla- ración Universal dos Dereitos Humanos. Artigo 26 Toda persoa ten dereito á educación. A educación debe ser gratuíta, cando menos respecto da instrución elemental e fundamental. A instrución elemental será obrigatoria. A instrución técnica e profesional deberá ser xeneralizada; o acceso aos estudos superiores será igual para todas as persoas,... 5
  • 8. A educación terá por obxecto o pleno desenvolvemento da personalidade humana e o fortalecemento do respecto aos dereitos humanos e ás liberdades fundamentais; favorecerá a comprensión, a tolerancia e a amizade entre todas as nacións e todos os grupos étnicos ou relixiosos; e promoverá o desenvolvemento das actividades das Nacións Unidas para o mantemento da paz...* Como é a educación que queda definida neste artigo? Que características ten? Que obxectivos persegue?Unha educación de calidade ofrece oportunidades de pleno desenvolvemento da persoa e dos países. A maior e melloreducación existen maiores e mellores ferramentas para traballar en favor do crecemento e do desenvolvemento dospobos.* Que factores son necesarios para ter unha boa educación, unha educación de calidade?* É importante a figura da mestra ou mestre para lograr unha boa educación? Por que?Proponse ao alumnado realizar (de forma individual, por parellas ou grupos) entrevistas a un profe ou unha profe. A metadeda clase entrevistará profesionais en activo e a outra metade persoas retiradas da actividade docente para coñecer asúa experiencia docente. Interesa saber as motivacións que levaron ás persoas de cada testemuño a escoller e exerceresta profesión, así como a formación e capacitación que tiveron para desenvolver a súa tarefa. Interesa tamén coñeceros principais facilitadores e obstáculos encontrados no exercicio desta e a súa opinión sobre a importancia desta profesiónpara o desenvolvemento individual e colectivo.As entrevistas realizadas compartiranse co resto da clase, e coa axuda da profesora ou profesor salientaranse as ideasmáis relevantes, coincidencias, diferenzas xurdidas, etc., para a elaboración das conclusións.Para fortalecer a idea da necesidade do exercicio do pleno dereito a unha educación de calidade e a importanciaque nela ten a figura da mestra ou mestre proponse divulgar estas entrevistas e as súas conclusións en formatos di-versos como vídeo, radio, revista escolar, blog, web, etc.Actividade 2. O profesorado no mundo Co fin de coñecer diferentes realidades educativas pescudarase en grupos sobre algúns países do mundo, como por exemplo Togo, Indonesia, Brasil ou Paquistán.Para comezar, buscaranse datos de contexto fundamentais de cada un deles como localización, poboación, situación dopaís en relación con outros países, etc. (Pódese acceder a máis información sobre o estado da educación destes paísesno material publicado na páxina web da Campaña Mundial pola Educación).6
  • 9. © Umar Farooq/ActionAid © Ayuda en Acción Coa información recompilada tratarase de responder as seguintes preguntas: Cantos alumnos ou alumnas teñen de media por docente? Cal é o nivel de estudos das profesoras e profesores destes países? En que condicións realiza o seu traballo como profesor ou profesora? Para facilitar a reflexión conxunta, cada grupo presentará ante o resto do grupo a realidade do país estudado. Para a posta en común posterior suxírense as seguintes preguntas: * Que diferenzas se atopan na realidade da situación do profesorado de cada país? * Que cousas en común se identificaron? * Que datos chamaron máis a nosa atención? Por que? * Que condicións necesita unha profesora ou profesor para realizar ben o seu traballo? * Como podemos apoiar o labor das profes e dos profes do mundo? * Como apoiar o labor das nosas profesoras e profesores na nosa aula e no noso colexio? Con toda a información recompilada propoñerase ao alumnado deseñar unha acción que plasme as conclusións extraídas do traballo previo e sirva para sensibilizar o centro ou a comunidade sobre a importancia de apoiar a educación de calidade e o labor do profesorado. Como exemplo suxírese o seguinte un manifesto, exposición, decálogo, etc., que poida ser difundido a través da web, blogs, revistas, radio, etc. Actividade de mobilización Ver páxina 21 7
  • 10. © Georgie Scott/ActionAidObxectivos1 Descubrir a importante relación positiva entre gasto en educación, calidade da educación e calidade de vida para inverter o círculo de pobreza no mundo.2 Recoñecer accións individuais e colectivas para reivindicar o dereito á educación de calidade a nivel local e global.Competencias Social e cidadá ArtísticaActividade 1. Financiamento para unha educación para todos e todas SUECIA 6,7% Proponse ao alumnado observar e analizar os ESPAÑA 4,4% seguintes datos. Son os máis recentes dos que dispón a Unesco (2010) referentes á CHILE 3,4% porcentaxe que cada un dos seguintes países GUATEMALA 3,2% inviste en educación en relación co seu produto interior bruto (PIB). PAKISTÁN 2,9% ANGOLA 2,6%Para mellorar a comprensión da actividade, en primeiro lugar pediráselle ao alumnado que busque ou recorde o significadode PIB e Unesco. Despois, propoñeráselle que complete a información referente a estes seis países e que busque unhaserie de datos que considere significativos para recoñecer a importancia e relación entre o investimento en educacióne a calidade de vida nun país, como por exemplo renda per cápita, esperanza media de vida e seguridade cidadá, etc.Tras esa recollida de datos, realizarase unha posta en común da información e debaterase sobre os datos suxeridos.Propoñerase redactar unha conclusión escrita e razoada do traballado.Para finalizar a actividade e completar a reflexión proponse consultar o artigo seguinte que establece unha relaciónentre os triunfos na Champions League de fútbol e o número de Premios Nobel de áreas científicas en diferentes paísesde Europa, claramente relacionada coa calidade da educación existente en cada un dos países.http://www.principiamarsupia.com/2012/08/20/espana-1-premio-nobel-por-cada-6-champions/Despois da lectura proponse que o alumnado realice, con todo o reflexionado, unha breve valoración persoal por escrito,coa súa opinión e conclusións. E a partir de aquí realizar un debate co grupo que xire ao redor da importancia de investiren educación para o desenvolvemento das persoas e os pobos.8
  • 11. Actividade 2. A nosa implicación para traballar por un profesorado formado e suficiente Presentarase ao alumnado o clip do tema The Wall, do grupo Pink Floyd. Despois da súa visualización, formularanse as seguintes preguntas para ser respondidas individualmente: Cal é a idea principal da canción? Que modelo educativo se critica e cal se ofrece como alternativa desexable? Cres que a función dunha ou dun docente é ensinar/instruír ou educar? Coñeces máis cancións que falen sobre modelos de educación? Cales? Que din?Iniciativas como a Campaña Mundial pola Educación perseguen concienciar para lograr o cumprimento do dereito aunha educación de calidade para todas as persoas a nivel local e internacional. Coñeces algunha máis? Cales?Individualmente ou en grupo pediráselles citar (ou buscar, no caso de dispoñer de máis tempo) un exemplo destas epresentala ao resto de compañeiras e compañeiros a partir de preguntas como: quen son as promotoras ou promotoresda iniciativa? Que denuncian? Que obxectivos se fixan? Que estratexia usan para logralos? Nesta liña e despois de todoo reflexionado na posta en común, por grupos mixtos de 4 ou 5 persoas, propoñerase a realización dalgunha das seguintesactividades de sensibilización para difundir entre a súa comunidade:* Redacción dunha carta para presentarlles ás administracións públicas competentes (central, autonómica e/ou local)na que se xustifique por que resulta rendible investir en educación e, en concreto, na formación continua dos profesorese profesoras.* Elaboración dun slogan que resuma unha reivindicación vixente e pertinente no ámbito educativo a nivel local ouinternacional.* Elaboración dun cartel con imaxes (tipo publicidade) que demande investimento ou esforzo por parte do Estado noplano educativo e na formación das profesoras e profesores nos países empobrecidos.* Creación dun vídeo que expoña de forma crítica (reivindicativa, humorística, etc.) o dereito á educación e o deber dospoderes públicos por garantila de modo efectivo e universal, en especial facendo referencia á necesidade de investimentona escola e no profesorado.Actividade de mobilización Ver páxina 21 9
  • 12. © Marcelo Benítez/Ayuda en Acción Obxectivos 1 Reflexionar sobre a importancia do investimento público en mantemento e formación de profesorado como forma de protección do dereito universal a unha educación de calidade para todas as persoas. 2 Analizar criticamente a calidade da educación a nivel local e global utilizando diferentes indicadores e propoñer iniciativas e accións persoais e colectivas que permitan mellorar o cumprimento do dereito universal á educación para todos e todas. Capacidades Utilizar con solvencia e responsabilidade as tecnoloxías da información e a comunicación. Coñecer e valorar criticamente as realidades do mundo contemporáneo, os seus antecedentes históricos e os principais factores da súa evolución. Participar de forma solidaria no desenvolvemento e mellora do seu contorno social. Actividade 1. Por un profesorado capacitado e suficiente Con esta actividade preténdese que o alumnado de bacharelato, que xa percorreu moitos anos no sistema educativo, reflexione sobre o proceso do que forma parte e sobre a formación do profesorado, como parte fundamental dun sistema© InteRed educativo de calidade e para todos e todas. De forma individual ou en grupos, o alumnado investigará, reflexionará e responderá as actividades seguintes: Adoita ser gratificante para o alumnado e o profesorado reencontrarse cun mestre ou mestra que hai anos participou na súa educación. Esta actividade danos un bo pretexto para un encontro. Propoñemos ao alumnado que investigue como é a formación inicial (antes de empezar a traballar) e permanente (ao longo do tempo de desempeño profesional) do profesorado. Que pregunten a un docente de educación infantil, a outro de educación primaria e a un terceiro de educación secundaria ou bacharelato que lles desen clase como foi a súa formación inicial e permanente, para que lles serviu e como a mellorarían. 10
  • 13. Nalgúns países empobrecidos, e hai anos tamén en España, sobre todo en zonas rurais, unha porcentaxe de postos docentes son ocupados por persoas das comunidades sen titulación profesional pero que destacaron na súa educación secundaria. Este profesorado ocupa interinamente o posto dun docente profesional. Por que se pensa que ocorre maioritariamente en comunidades illadas? Pensan que isto pode xerar algún tipo de discriminación en relación coa poboación urbana? Que medidas se propoñen para afrontar esta situación? Proponse que o alumnado analice o caso dunha profesora de tecnoloxía e un profesor de ciencias que empezaron a traballar en 1979. Que consecuencias concretas tería para o alumnado o feito de non existir formación permanente do profesorado? Axuda Oficial ao Desenvolvemento: no cadro pódese ver, da cantidade que o Goberno español destina á axuda a outros países en educación, que cantidade se destina a formación do profesorado. En relación con outras partidas considérase escaso ou excesivo? Que consecuencias se cree que pode ter para a educación non investir suficientemente en formación do seu corpo docente? Distribución por sectores da AOD bruta total española destinada a educación entre 2007 e 2010 (millóns de euros) Media % sobre 2010 % sobre Descrición sector 2007-09 AOD bruta AOD bruta educación educación Educación, nivel non especificado 113,58 30,8% 129,74 35,7% Política educativa e xestión administrativa 56,61 15,4% 82,46 22,7% Servizos e instalacións educativos e formativos 34,61 9,4% 33,97 9,4% Formación de profesores 8,67 2,4% 4,66 1,3% Investigación educativa 13,70 3,7% 8,65 2,4% Educación básica 132,77 36,1% 130,93 36,1% Educación primaria 110,09 29,9% 112,08 30,9% Capacitación básica de persoas mozas e adultas 19,57 5,3% 13,73 3,8% Educación primeira infancia 3,11 0,8% 5,11 1,4% Educación secundaria 53,73 14,6% 48,89 13,5% Educación secundaria 7,50 2,0% 13,75 3,8% Formación profesional 46,23 12,6% 35,14 9,7% Educación pos-secundaria 68,18 18,5% 53,35 14,7% Educación universitaria 63,17 17,2% 46,42 12,8% Formación superior técnica e de dirección 5,02 1,4% 6,93 1,9% TOTAL AOD MULTILATERAL EDUCACIÓN 368,27 100,0% 362,90 100,0% Fonte: A axuda en educación a exame. Alboan, Entreculturas, Fundación ETEA 2012.Farase unha posta en común de todas as respostas e pedirase ao alumnado que, ademais de chegar a conclusiónsxerais do grupo, estas sirvan de base para algún tipo de acción.O grupo pode decidir como quere intervir, por exemploelaborando un documento para publicar no blog do centro, deseñando un cartel publicitario de sensibilización,pedindo a participación do profesorado e persoal non docente, do resto do alumnado ou as familias na actividade demobilización da SAME. 11
  • 14. Actividade 2. Ponencia política: “Un modelo de formación do profesorado para unha educación xusta” Esta actividade pretende que o alumnado coñeza e reflexione sobre algúns exemplos de formación do profesorado no mundo, empezando pola do seu contorno inmediato. A partir dese punto, primeiro en comisións e logo en conxunto, debaterase unha ponencia consensuada para a mellora da formación do profesorado, co obxectivo final dunha educación de© Alboan calidade, inclusiva, equitativa e con vocación global. * Artigo sobre a formación do profesorado en Finlandia, un país referente en educación: Preparación das ponencias http://revista.universidaddepadres.es/index.php?option=com_content& view=article&id=414&Itemid=338 O profesorado dividirá a clase en 3 ou 4 grupos * Artigo do periódico El Mundo sobre o financiamento da educación e, mixtos que traballarán, os en concreto, a da formación permanente do profesorado, nunha situación días anteriores á actividade de crise económica. central e co apoio do profesorado, os artigos http://www.elmundo.es/elmundo/2012/04/03/espana/1333453157.html cuxas ligazóns de Internet se indican a continuación. * Documento da Organización de Estados Iberoamericanos (OEI) sobre as metas educativas e indicadores de avaliación que se pretenden para a comunidade, incluído o noso país, para 2021 É un documento importante para a preparación das ponencias, non só pola meta 20 e 21 que afecta especificamente á formación inicial e permanente do profesorado, senón a todas as metas que axudan a definir como se debe formar os principais axentes para conseguilas: os docentes e as docentes. http://www.oei.es/metas2021/c4.pdf * Un breve parágrafo que resuma os obxectivos que se perseguen (5 a Redacción da 10 liñas). ponencia política * Unha sinxela descrición de quen, como e cando se elaborou e a forma A ponencia debatida e de aprobación (5 a 10 liñas). aprobada non debe ser breve e concisa e suxírese * Que ferramentas (cursos presenciais, exames periódicos ao profesorado, formación semipresencial ou teleformación, grupos de que inclúa, cando menos, traballo) se propoñen como máis eficaz e viable, valorando as diferentes os apartados seguintes. posibilidades económicas dos países ou as situacións de crise? 12
  • 15. * Que características se cre que debe ter unha profesora ou un profesor para que traballe na consecución das metas educativas 2021 para a Comunidade Iberoamericana? * Como se cre que debería ser a formación docente no seu instituto ou colexio? * Poden facer algo o alumnado, as familias ou a sociedade para contribuír a unha formación docente de calidade?© InteRed * Que papel debe desempeñar a formación do profesorado nos proxectos de cooperación ao desenvolvemento? * Que indicadores obxectivos se propoñen para avaliar os resultados da posta en práctica da ponencia dentro de 15 anos? Como se se tratase dun congreso político, o grupo escollerá 4 ou 5 ponentes que, coa axuda dunha presentación, irán expoñendo a toda a Debate e aprobación clase o contido do documento. Despois da exposición de cada da ponencia apartado, abrirase un período de debate coa posibilidade de incorporar emendas. É a parte máis importante da actividade. Terminada toda a exposición, a clase aprobará ou rexeitará a ponencia. Pódese considerar aprobada se conta coa maioría absoluta dos votos. Para incrementar o impacto sensibilizador do traballo realizado, o Conclusións alumnado pode difundir as ponencias aprobadas no seu contorno. Suxírese, por exemplo, utilizar a web ou blog do centro educativo, elaborar presentacións para levar ás titorías doutros cursos ou escribir cartas de opinión a diferentes periódicos ou foros na rede. Actividade de mobilización Ver páxina 21 13
  • 16. © AlboanObxectivos1 Reflexionar e concienciar sobre a situación da calidade da educación a través da análise do papel do profesorado como elemento decisivo no impulso do desenvolvemento persoal e colectivo, partindo da propia experiencia e da análise da realidade nacional e internacional.2 Considerar que actuacións son posibles a curto e medio prazo no ámbito global e local que fagan posible o exercicio pleno do dereito a unha educación de calidade para todas as persoas.Actividade 1. Profesorado en escenaPara formular a reflexión, propoñerase ao alumnado realizar unha escenificación na que cada membro do grupose converta en profesor ou profesora durante 3 minutos. Para iso os pasos que se deben seguir serán: Cada persoa pensará nalgún tema para presentalo aos demais. Unha vez escollido o tema, a persoa elixirá tamén a maneira de presentalo ao grupo. Para iso pensará no perfil de profesor ou profesora que deberá representar. A metade do grupo terá unha tarxeta verde e a outra unha vermella, que definirán parte do seu perfil. Os que teñan a tarxeta verde deberán representar o bo educador ou a boa educadora; os que a teñan vermella, o contrario. Realizaranse as dramatizacións para o resto do grupo. Suxírese que estas sexan rexistradas en vídeo. Despois das dramatizacións, comentarase en grupo o observado a partir de preguntas como: que sentistes?, en que rol estivestes máis cómodos?, que características se asociaron ao rol de bo e mal profesor ou profesora?, que recordos vos trouxo este exercicio? Houbo coincidencias, desacordos? Cales? Para afondar na reflexión ao redor do estado da educación a nivel nacional e internacional, proponse a lectura, análise e discusión de material de apoio (artigos, vídeos ou outro elemento de actualidade) citados na bibliografía recomendada desta unidade. Con todo o reflexionado, proponse elaborar un informe ou documento de síntese onde se recollan as principais conclusións extraídas sobre a relación entre a calidade da educación e o profesorado capacitado para o bo desenvolvemento persoal e colectivo.14
  • 17. Actividade 2. Iniciativas para o logro dunha educación de calidade Proponse ao alumnado buscar unha© Dani Villanueva/Entreculturas fotografía (revistas, periódicos, Internet, etc.) que reflicta, segundo a consideración de cada un, algunha ou algunhas das condicións que debe ter o bo exercicio da tarefa educadora con persoas adultas. Coas fotografías recollidas e os comentarios do alumnado elabórase unha presentación a partir das seguintes preguntas: Que condicións apareceron? Houbo coincidencias, desacordos? Con que aspecto ou aspectos se relacionan as condicións sinaladas: formación, contexto, recursos, relación docente-alumnado, investimento en educación, etc.? En caso de que as fotografías teñan un contexto identificado, suxírese tamén tratar de afondar na situación da educación desa realidade particular buscando a información pertinente de contexto. Completarase o proceso formulando un debate final que responda a pregunta: que actuacións son posibles para o exercicio do dereito a unha educación de calidade de todos os actores involucrados (docentes e alumnado)? Para preparalo, proponse ás alumnas ou alumnos informarse sobre campañas e iniciativas da sociedade civil (ONG) e gobernos en favor dunha educación de calidade a nivel nacional e internacional. Que aspectos priorizan? Son suficientes? Cales son os seus puntos fortes e os seus puntos débiles? Actividade de mobilización Ver páxina 21 15
  • 18. © Pablo Funes/EntreculturasActividade 1. Profesoras e profesores polo mundoObxectivos1 Fomentar o espírito crítico a través da análise da situación actual da educación e o papel dos docentes ou das docentes, tanto a escala local como global.2 Concienciar da importancia dun profesorado capacitado para impulsar o desenvolvemento das capacidades persoais e colectivas.Contidos Conceptos: dereito á educación, desigualdade, potencialidades persoais e colectivas, importancia da formación dos docentes e das docentes. Habilidades: desenvolvemento de comunicación verbal; resolución pacífica de conflitos. Actitudes: crítica ante situacións de necesidade e desigualdade, participativa e de colaboración entre os membros do equipo; busca de consenso.Duración2 horasDesenvolvemento Proponse un xogo de roles para dar a coñecer as diferentes realidades do profesorado en varios países. Tratando de poñer ás nenas e aos nenos no lugar destes profesores e profesoras, traballarase para coñecer e valorar a importancia e dificultades que estes teñen para desenvolver o seu traballo. Para iso é importante definir ben os perfís do profesorado.16
  • 19. Propóñense dúas adaptacións segundo a idade: * Adaptación 1: desde 12 ata 14 anos * Adaptación 2: a partir de 15 anosDivídense ás persoas participantes en grupos de 4-5 persoas, tantos como perfís de profesorado se elixan para xogar,podendo engadir e suprimir os que se consideren necesarios. Cada grupo escollerá e asumirá como propia a situacióndun dos perfís das profesoras ou profesores que se representan e preparará a exposición dun tema para a súa propia claseou grupo; por exemplo, a clasificación dos seres vivos para rapazada de 12 anos na primeira adaptación, ou preparar unhaclase para primaria sobre a fotosíntese, nunha aula con conflitos de violencia, para a segunda.Para iso o grupo deberá ter en conta as dificultades que se encontrará: medios materiais, realidade dos seus educandos,a súa formación...O xogo desenvólvese en 6 etapas: Cada grupo reúnese por separado para preparar a súa clase, en función das claves que mostra a súa ficha, podendo acompañar a súa posterior exposición con gráficos, debuxos, etc., segundo as posibilidades de cada realidade. Para iso consultará, co apoio da educadora ou educador, información de contexto sobre a situación da educación en cada país que deberá reflectir na súa posterior dramatización. Cada grupo elixirá un dos seus membros para que represente a profesora ou profesor que expoña a clase. O resto do grupo comportarase como o alumnado, describindo a situación que mostra a tarxeta. Pódense incorporar, adaptadas por idades, situacións que o profesorado debe resolver, como un conflito na clase, falta de asistencia de alumnado, inundacións que inhabilitan a aula habitual... Cada grupo desenvolve a súa posta en escena, mentres o resto observa e toma notas do que sucede. Cando todos os grupos deron a súa clase, ábrese un debate e coméntanse con todos os grupos prestando especial atención ás diferenzas en relación cos recursos, instalacións, preparación do profesorado... e en como estas inflúen na aprendizaxe das nenas e nenos. Avaliación final sobre a situación do profesorado e todo o aprendido. É un bo momento para, co apoio do formador ou formadora, sacar conclusións colectivas e buscar alternativas aos retos e dificultades ás que se enfronta o profesorado actualmente. Para iso é fundamental afondar na análise crítica, a explicación das realidades expostas e o descubrimento das súas causas con preguntas como: que sucedeu? Participaron? Como se sentiron? Que observaron? Conseguiron alcanzar os obxectivos propostos? Sensibilización. Para incrementar o impacto do aprendido, tratarase de recoller as solucións nun soporte gráfico e visible por todos (carteis, paneis, revistas, web, etc.) e expoñer as ideas resultantes da posta en común para difundilas posteriormente na súa comunidade. 17
  • 20. Listaxe de posibles profesoras ou profesores Son mestra de educación primaria nunha escola rural dunha vila de Santa Cruz de Tenerife (España). Estudei en Madrid a diplomatura de Educación Primaria e Noemí posteriormente seguín formándome. Gustaríame poder contar con novas tecnoloxías na aula (xogos interactivos e demais) pero non hai orzamento. Este ano ampliaron o número de alumnado por clase, polo que non podo atender as necesidades específicas de cada alumna ou alumno; e reduciron as clases de apoio para os menores de orixe inmigrante ou con problemas de aprendizaxe. Este ano por causa da crise moitos nenos e nenas tiveron problemas para conseguir os libros necesarios pero solucionámolo pedíndollelos ás editoriais ou ao alumnado de anos anteriores. A escola é rural ou unitaria, polo que alumnas e alumnos de diferentes idades están na mesma clase. Estou preocupada porque as escolas rurais están no punto de mira da Administración. Todas as nenas e nenos viven na vila, polo que están moi preto da escola. Son mestre de escola nunha aldea preto de Lokoja (Nixeria). Non puiden realizar a educación secundaria porque debía traballar na agricultura coa miña familia e tardaba máis de hora e media por traxecto andando. Aínda Kayode que non finalizara os meus estudos, conseguín o posto de profesor da escola. O soldo é baixo, pero coa nosa horta e algúns agasallos dos nenos temos bastante para vivir a miña muller, os meus fillos e mais eu. As miñas irmás non finalizaron a educación primaria porque era necesario que traballasen para sobrevivir e segundo meus pais “iso non era cousa de rapazas”. A escola é un gran cuarto onde están todos os alumnos xuntos. Estou moi contento porque acabo de recibir un vello encerado, pero non o utilizamos a miúdo porque non é doado conseguir xiz. Os nenos e nenas carecen de material escolar e o que teñen compárteno entre todos e todas. Durante a tempada de chuvias a escola inúndase e durante a seca vai moita calor, o que dificulta a continuidade das clases. Todos os nenos e nenas se portan moi ben, queren aproveitar todo o tempo porque saben que non poderán asistir moitos anos á escola. Fan moito esforzo, percorren máis dunha hora a pé e traballan antes e despois de ir á escola. É frecuente que pequenas aldeas sexan atacadas debido aos enfrontamentos entre tribos de diferentes crenzas. O meu país é un dos países con maior taxa de persoas analfabetas ou semianalfabetas do mundo e quero que isto cambie.18
  • 21. Son profesor de primaria nunha escola pública de Helsinki (Finlandia), unha cidade grande e tranquila, e culturalmente bastante homoxénea, xa que as minorías son relativamente pequenas. Tiven que pasar varias probas para poder accederHarry Skog aos estudos: exames, entrevistas, resumo dun libro, demostración de aptitudes artísticas... Os educadores e educadoras contamos cun gran prestixio en Finlandia, xa que os nenos e nenas se consideran a maior riqueza e se inviste moito en educación. A escola é grande e nova, conta con varias salas acondicionadas para actividades lúdico- educativas (teatro, música, cine…) e nas clases cóntase con material tecnolóxico para todo o alumnado, o que fai que a aprendizaxe sexa máis dinámica e entretida para as e os menores. Ata 5º curso poténciase a seguridade dos nenos e nenas en si mesmos, polo que non se utilizan ata ese momento as cualificacións numéricas. Igualmente, préstase moita atención ás relacións sociais entre eles e elas. As fins de semana as nenas e nenos adoitan acudir a teatros, museos e concertos coas súas familias. Son profesora dunha escola en Nouakchott (Mauritania). É un país musulmán, onde a relixión está moi presente na sociedade. Actualmente curso os estudos universitarios de maxisterio. Cando rematei secundaria comecei a traballar de Fátima profesora. A escola está situada nun dos barrios máis pobres da cidade. Está moi poboado debido a que tras as últimas secas moitas familias se trasladaron das vilas á cidade. Moitos nenos viven en situacións precarias, e non teñen auga potable. Algúns ou algunhas menores teñen que ir antes de que comecen as clases ao manancial a por auga corrente. A maioría do alumnado son rapaces, sobre todo os maiores, xa que en Mauritania é frecuente contraer matrimonio moi novo ou que as rapazas queden na casa para axudar a familia. Existe unha parte da sociedade que considera que a muller está por debaixo do home. Gústame cumprir os preceptos relixiosos, e cubro o cabelo co hiyab por decisión propia. A escola está nun edificio vello e sucio. As menores e os menores deben sentar no chan. Moitos carecen de material escolar. Para a lectura adoita utilizarse o Corán, xa que non dispoñemos de gran número de libros de lectura. Nacín en Lima, pero decidín ser profesor nunha pequena escola nunha vila dos Andes peruanos. Puiden finalizar os meus estudos porque meus pais tiñan unha tenda que nos permitía vivir comodamente, pero moitas compañeiras eMarcelo compañeiros tiveron que abandonar por motivos económicos. Os meus alumnos e alumnas son indíxenas, e viven da agricultura, gandería ou minería, é un traballo duro e con poucos ingresos. Moitas nenas e nenos sofren desnutrición, polo que lles ofrecemos leite e algo de comer na escola. Sei que algúns abandonarán a aldea e irán á cidade buscar unha oportunidade, aínda que a maioría terminará sobrevivindo na rúa exercendo traballos moi duros. A sociedade peruana segue moi dividida culturalmente e as persoas indixenas teñen menos oportunidades e sofren discriminación e marxinación. Considero imprescindible que os nenos e nenas teñan boa educación para que poidan defender os seus dereitos e as súas terras. A escola foi construída polas familias. 19
  • 22. Observacións para as educadoras e os educadores: * As adaptacións por idades realizaranse en función da complexidade do tema escollido para traballar a dramatización, así como a profundidade de traballo, análise e reflexión sobre cada punto tratado na posta en común, debate e conclusións finais. * Para as e os maiores de 14 proponse, sempre que se dispoña de tempo, realizar esta dinámica en dúas sesións, co obxectivo de ampliar a información que se dá sobre a situación do profesorado no mundo. Deste modo poderían achegarse máis ás realidades existentes, e o debate sería de maior riqueza. Para iso suxírense os recursos seguintes: –– Fagámolo ben. Acabar coa crise na educación das nenas. https://www.box.com/shared/xk3ts57r0q0kubudqy19 –– Os mozos e as competencias: traballar coa educación. UNESCO 2012. http://unesdoc.unesco.org/images/0021/002175/217509S.pdf –– Global education digest 2011. Comparing Education Statistics Across the World. UNESCO. http://www.uis.unesco.org/Library/Documents/global_education_digest_2011_en.pdf –– Educación en Finlandia. Embaixada de Finlandia. http://www.finlandia.es/public/default.aspx?nodeid=36870&contentlan=9&culture=es-ES * De ser posible, recorrer a persoas convidadas que, como representantes de diversas entidades oficiais e particulares, poidan expoñer os seus enfoques sobre o estado da educación nos diferentes contextos reflectidos. A partir deles, o grupo pode establecer un debate que valore a coherencia e validez das clases desenvolvidas por cada un deles.Actividade de mobilización Ver páxina 2120
  • 23. Actividade para todos os niveisObxectivos:1 Recapitular o traballado sobre a importancia do profesorado e a necesidade do cumprimento do compromiso dos países para lograr a Educación para Todos e Todas en 2015.2 Participar na actividade de mobilización mundial. Durante a Semana de Acción Mundial pola Educación (SAME) millóns de persoas en todo o mundo mobilizarémonos baixo o lema Sen profes non hai escola! Por un profesorado formado e motivado para recordar as e os gobernantes a importancia de contar co suficiente número de docentes con adecuada formación, motivación, remuneración e recoñecemento, e para esixirlles que destinen os recursos necesarios para que a Educación para Todos e Todas sexa unha realidade o antes posible. O persoal docente é un elemento fundamental para o pleno cumprimento do Dereito a unha Educación de calidade.COMO PARTICIPAR NA AULA?Con esta actividade perseguimos recapitular o traballado ao longo das propostas didácticas e unirnos á mobilizaciónque se leva a cabo en todo o mundo.O noso obxectivo será ter o máximo número de nubes posibles e poñelas nun mapa. Cada nube representará unhaou un dos docentes que faltan para lograr a Educación para Todos e Todas. Con todas as que logremos, farémoslles veraos nosos representantes políticos a importancia de investir na formación, recursos e remuneración do persoal docentenos países en desenvolvemento e de destinar os recursos necesarios para incorporar 1.700.000 profes que fan falta nomundo. 21
  • 24. Paso 1 Cada participante resumirá en 5 palabras as ideas clave que desexa salientar logo de traballar o tema.Dependendo do nivel educativo no que esteamos, as preguntas motivadoras para chegar a esas 5 palabras serán di-ferentes.Por exemplo, para alumnado de infantil a pregunta pode ser: que che gusta máis da túa profe? Como é o teu profe? (di-vertida ou divertido, boa ou bo); en primaria, que valoras máis do teu profesorado? (a súa implicación, a súa formación,a súa proximidade), e en secundaria pode ser: que profe foi máis importante para ti? Por que? Por que é importante oprofesorado?Recolleremos as respostas facendo unha listaxe de palabras e veremos cales son as que aparecen máis veces. En cada aula ou por grupos, formaremos unha nube de palabras con forma Paso 2 de docente, na que as palabras que saíron máis veces aparecerán en tamaño maior.Tamén pode facerse unha única nube coas palabras que aparecesen en todo o centro ou en todo o ciclo. As posibili-dades son múltiples e cada centro pode elixir como facer a actividade.A nube de palabras pode presentarse de dúas formas:* En papel, utilizando a silueta que vos proporcionamos no cartel e na web, na que escribiremos ou pegaremos as pa-labras que dixeron as persoas participantes, intentando que o tamaño reflicta a frecuencia coa que apareceron.Estas nubes servirannos para expoñelas na clase, poñelas no centro ou utilizalas nos actos nos que participe o centroconvocado polo equipo da campaña.* En liña, utilizando a ferramenta que para isto encontraredes na web da campaña (www.cme-espana.org). Paso 3 Chegou o momento de poñer as profes e os profes no mapa. Como o facemos?* En liña: en www.cme-espana.org podedes engadirlle ao mapa o número de siluetas que elaborásedes e unilas ás doresto de centros e persoas que participen na SAME.* En papel: elaborade un mapamundi por clase ou no centro que sinale a cantidade de docentes de educación primariaque faltan en cada país do mundo. Podedes encontrar estes datos no mapamundi interactivo sobre profesorado queelaborou a Unesco (http://www.app.collinsindicate.com/uis-atlas-teachers/es-es).Así poderedes compartir co resto do centro e da comunidade educativa as conclusións do que traballastes. A Campaña Mundial pola Educación non sería o mesmo sen a vosa implicación, como docentes e educadoras e educadores comprometidos co dereito á educación. Por iso queremos agradecervos especialmente a vosa implicación na CME e na SAME de diferentes modos (elaboración de materiais, implicación dos vosos centros...). Recordámosvos que é moi importante que saibamos cantos somos. Para iso é imprescindible que rexistredes a participación dos vosos centros en www.cme-espana.org22
  • 25. da proposta didáctica de Secundaria, Bacharelato, Persoas adultas e Educación Non Formal SEMANA DE ACCIÓN MUNDIAL POLA EDUCACIÓN 2013NOME DO CENTRO/GRUPOENDEREZO, CP, LOCALIDADECORREO ELECTRÓNICO E PERSOA DE CONTACTOQUE NIVEIS PARTICIPARON? 1º ciclo ESO 2º ciclo ESO Ciclos formativos Bacharelato Educación de Persoas Adultas Grupo de educación non formalCANTAS PERSOAS PARTICIPARON? (ALUMNADO, PARTICIPANTES, DOCENTES, FAMILIAS)DOCENTES/EDUCADORES/EDUCADORAS IMPLICADOS/ASNome Enderezo electrónico 23
  • 26. PARTICIPASTES CON ANTERIORIDADE NA SAME? EN QUE ANOS?VALORA DO 1 (NIVEL MÍNIMO) AO 5 (NIVEL MÁXIMO) A PERTINENCIA DOS OBXECTIVOS FIXADOS E AADECUACIÓN DE ACTIVIDADES PROPOSTAS PARA CADA NIVEL EDUCATIVO.Educación SecundariaPrimeiro ciclo– Obxectivos 1 2 3 4 5– Actividade 1. A aventura da educación 1 2 3 4 5– Actividade 2. O profesorado no mundo 1 2 3 4 5– Actividade de mobilización. Pon profes no mapa 1 2 3 4 5Segundo ciclo– Obxectivos 1 2 3 4 5– Actividade 1. Financiamento dunha educación para todos e todas 1 2 3 4 5– Actividade 2. A nosa implicación para traballar por un profesorado formado e suficiente 1 2 3 4 5– Actividade de mobilización. Pon profes no mapa 1 2 3 4 5Bacharelato– Obxectivos 1 2 3 4 5– Actividade 1. Por un profesorado capacitado e suficiente 1 2 3 4 5– Actividade 2. Ponencia política 1 2 3 4 5– Actividade de mobilización. Pon profes no mapa 1 2 3 4 5Educación de Persoas Adultas– Obxectivos 1 2 3 4 5– Actividade 1. Profesorado en escena 1 2 3 4 5– Actividade 2. Iniciativas para o logro dunha educación de calidade 1 2 3 4 5– Actividade de mobilización. Pon profes no mapa 1 2 3 4 5Educación Non Formal– Obxectivos 1 2 3 4 5– Actividade 1. Profesoras ou profesores polo mundo 1 2 3 4 5– Actividade de mobilización. Pon profes no mapa 1 2 3 4 5VALORA DO 1 (NIVEL MÍNIMO) AO 5 (NIVEL MÁXIMO) OS SEGUINTES ASPECTOS– Cantidade de materiais recibidos 1 2 3 4 5– Data de recepción dos materiais 1 2 3 4 5– Posibilidade de inclusión da proposta na programación do centro ou colectivo 1 2 3 4 5– Interese en traballar a SAME en vindeiros anos 1 2 3 4 5OBSERVACIÓNS, COMENTARIOS E PROPOSTAS DE MELLORA24
  • 27. Queremos coñecer a opinión do alumnado sobre a SAME e os materiais. Anímaos a entrar en www.cme-espana.org e completar o cuestionario en liña.Para a Campaña Mundial polaEducación é moi importante coñecerque persoas participaron na SAME.Por iso che pedimos que rexistres aparticipación do teu centro enwww.cme-espana.orgA vosa opinión é moi importante paraque poidamos seguir mellorando.Completa este cuestionario e:* envíao por fax ao 91 590 26 73* ou complétao directamente na web.
  • 28. * Rexistra a túa participación na SAME Entra en * Fai a túa nube de palabras e pon profes www.cme-espana.org no mapa * Completa a avaliación dos materiais didácticosA Coalición Galega da Campaña Mundial pola Educación está integrada por:Organizacións que participan na SAME a nivel estatal:Cofinancian: Deseño e ilustracións: Maribel Vázquez Traducións: Reverso