School To School 1º Trimestreparaprofes

296 views
244 views

Published on

0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total views
296
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
2
Actions
Shares
0
Downloads
1
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

School To School 1º Trimestreparaprofes

  1. 1. PROXECTO SCHOOL TO SCHOOL FUNDACIÓN VICENTE FERRER PROGRAMACIÓN PARA O 1º TRIMESTRE 2009-2010 1.- CHARLA INICIAL: “A India rural e o proxecto da Fundación Vicente Ferrer” Novembro 2009: Material: Serie de 64 diapositivas con imaxes da India e guión explicativo. Este material está sendo traballado interdisciplinarmente nas áreas de Lingua Castelá, CCSS e PCPI. Alumnado de 3º E.S.O., 4º E.S.O. e PCPI. Xoves 10 e xoves 17 de decembro de 2009: O alumnado de 2º ciclo da E.S.O. impartirá a charla co título “A India rural e o proxecto da Fundación Vicente Ferrer” a o resto do alumnado do centro (Educación Infantil, Educación Primaria e 1º ciclo da E.S.O.). Taboa de distribución horaria: Xoves 10 de Decembro de 2009: Espazo Horario Impartido por Dirixido a: UUMM1 14:45 a 16:25 Alumnado 4º E.S.O. Alumnado 2º Ciclo Ed. Primaria UUMM2 14:45 a 15:35 Alumnado 3º E.S.O. Alumnado Ed. Infantil UUMM2 15:35 a 16:25 Alumnado 3º E.S.O. Alumnado 1º Ciclo Ed. Primaria Xoves 17 de Decembro de 2009: Espazo Horario Impartido por Dirixido a: UUMM1 14:45 a 16:25 Alumnado 4º E.S.O. Alumnado 1º Ciclo E.S.O. UUMM2 14:45 a 16:25 Alumnado 3º E.S.O. Alumnado 3º Ciclo Ed. Primaria 2.- ACTIVIDADES A REALIZAR A PARTIR DA CHARLA INICIAL Repartirase ao profesorado do centro a proposta de 3 actividades suxeridas pola organización do proxecto School to School (estas actividades están adecuadas ao nivel do alumnado: Eduación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria). Os/as coordinares/as de ciclo elixirán unha actividade para realizar. 3.- VISITA Á EXPOSICIÓN SOBRE A INDIA, BIBLITECA CASTELAO. Na Biblioteca Escolar está á vosa disposición una exposición sobre a India, que contén libros e material audiovisual, así como vestimentas e obxectos típicos da India. Os titores poderán levar ao seu grupo a visitar esta exposición, para contextualizar a información e fomentar aprendizaxes máis significativas.
  2. 2. PROPOSTA DE ACTIVIDADES PARA 1º CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA Actividade 1: “Dálits por un día”: Esta actividade realizarase durante unha xornada enteira. Os/as alumnos/as dividiranse en dous grupos: o grupo dos dálits, e o grupo das castas superiores. Estableceránse unhas zonas na escola (un lugar concreto dos lavabos, unha area do pasillo, unha esquina da aula...) nas que os dálits non terán acceso. Tampouco poderán achegarse ao outro grupo, xa que éstos pertencen á casta superior. Nunha sesión posterior, o alumnado expresará o que sentiron realizando a actividade, en voz alta e plasmado nun debuxo. Finalmente colgaranse todos os debuxos nun mural. Actividade 2: “Expresámonos teatralmente”: Por grupos, cada grupo escolle o que máis lle sorprendera ou gustara da charla inicial “A India rural e o proxecto da Fundación Vicente Ferrer” e o representa teatralmente, cunha documentación previa. Actividade 3: “Elaboramos un mapa da India”: Facer un mapa mural da India, con división dos estados, marcando o estado de Anantapur, onde se atopa o proxecto da Fundación Vicente Ferrer. ***
  3. 3. Material para a explicación da actividade “Dalits por un día”: Unha das características que máis chaman a atención da sociedade hindú é a súa división por castas. A orixe das castas atópase no Rig-Veda, o máis antiguo dos textos relixiosos hindús. Nel descríbense as catro castas ou varna principais: 1. Os brahmanes: sacerdotes e intelectuais. 2. Os kshátriyas: guerreiros ou reis. 3. Os vaishyas: comerciantes. 4. Os shudras: campesinos e traballadores. 5. Os dálits: intocables, os máis pobres entre os pobres. Hoxe en día existen na India infinidade de subcastas ou jatis, e o que diferencia unha casta de outra é o grao de pureza ou impureza das persoas. Varna significa “cor”, e refírese a un sistema de simbolismo de cores que reflexa a xerarquía social e as cualidades presentes en cada estrato. Deste xeito, cada casta asóciase cunha cor determinada: 1. Brahmanes: branco, cor da pureza e a claridade. 2. Kshátriyas: vermello, cor da pasión e da enerxía. 3. Vaishyas: amarelo, cor da terra. 4. Shudras: negro, cor da obscuridade e a inercia. A casta marca o estatus das persoas. Nácese, vívese e mórrese pertencendo a unha casta, e non é posible cambiar dunha casta a outra. Cada casta ten aos seus deuses, territorio, oficio, lingua, normas de parentesco, dieta, etc. Os intocables son unha quinta parte da poboación (170 millóns de persoas). Son individuos considerados impuros por nacemento. A súa posición é a máis baixa. Teñen os traballos peor considerados, como por exemplo, a incineración de cadáveres, limpeza de letrinas, etc. A partir dos anos 90 comezáronse a autodenominarse “dálits”, que significa “oprimidos”. Pola súa impureza, os dálits son repudiados e moitas veces insultados e expulsados de lugares públicos. Coa formación do estado moderno da India, quedou abolida toda discriminación basada no sistema de castas. Pero socialmente o sistema perdura nos costumes e na vida cotiá, e os dálits aínda sofren un trato discriminatorio.
  4. 4. PROPOSTA DE ACTIVIDADES PARA 2º CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA Actividade 1: “Dálits por un día”: Esta actividade realizarase durante unha xornada enteira. Os/as alumnos/as dividiranse en dous grupos: o grupo dos dálits, e o grupo das castas superiores. Estableceránse unhas zonas na escola (un lugar concreto dos lavabos, unha area do pasillo, unha esquina da aula...) nas que os dálits non terán acceso. Tampouco poderán achegarse ao outro grupo, xa que éstos pertencen á casta superior. Nunha sesión posterior, o alumnado expresará o que sentiron realizando a actividade, en voz alta e plasmado nun debuxo. Finalmente colgaranse todos os debuxos nun mural. Actividade 2: “Expresámonos teatralmente”: Por grupos, cada grupo escolle o que máis lle sorprendera ou gustara da charla inicial “A India rural e o proxecto da Fundación Vicente Ferrer” e o representa teatralmente, cunha documentación previa. Actividade 3: “Mural comparativo”: Facer un mural da India, dividido en dous partes: a India rural e a India nas grandes cidades. Elaborar a información a partires da charla inicial e a búsqueda de material adicional (revistas, fotocopias, etc) para poder ilustrar o mural. A Fundación Vicente Ferrer facilita un listado de elementos correspondentes a cada unha das partes do mural, e os alumnos/as teñen que diferencialos e buscar imaxes correspondentes. Os elementos aportados pola Fundación Vicente Ferrer poden coincidir nas dúas partes do mural, xa que algúns desdes elementos non son exclusivos das cidades ou das zonas rurais. Este feito permitirá ao alumnado distinguir as semellanzas entre as grandes cidades e as zonas rurais. Listado: 1. Vacas 2. Mercados 3. Industrias 4. Coches 5. Rickshaw 6. Auga corrente 7. Electricidade 8. Gas 9. Cines 10. Teatros 11. Restaurantes
  5. 5. Material para a explicación da actividade “Dalits por un día”: Unha das características que máis chaman a atención da sociedade hindú é a súa división por castas. A orixe das castas atópase no Rig-Veda, o máis antiguo dos textos relixiosos hindús. Nel descríbense as catro castas ou varna principais: 6. Os brahmanes: sacerdotes e intelectuais. 7. Os kshátriyas: guerreiros ou reis. 8. Os vaishyas: comerciantes. 9. Os shudras: campesinos e traballadores. 10. Os dálits: intocables, os máis pobres entre os pobres. Hoxe en día existen na India infinidade de subcastas ou jatis, e o que diferencia unha casta de outra é o grao de pureza ou impureza das persoas. Varna significa “cor”, e refírese a un sistema de simbolismo de cores que reflexa a xerarquía social e as cualidades presentes en cada estrato. Deste xeito, cada casta asóciase cunha cor determinada: 5. Brahmanes: branco, cor da pureza e a claridade. 6. Kshátriyas: vermello, cor da pasión e da enerxía. 7. Vaishyas: amarelo, cor da terra. 8. Shudras: negro, cor da obscuridade e a inercia. A casta marca o estatus das persoas. Nácese, vívese e mórrese pertencendo a unha casta, e non é posible cambiar dunha casta a outra. Cada casta ten aos seus deuses, territorio, oficio, lingua, normas de parentesco, dieta, etc. Os intocables son unha quinta parte da poboación (170 millóns de persoas). Son individuos considerados impuros por nacemento. A súa posición é a máis baixa. Teñen os traballos peor considerados, como por exemplo, a incineración de cadáveres, limpeza de letrinas, etc. A partir dos anos 90 comezáronse a autodenominarse “dálits”, que significa “oprimidos”. Pola súa impureza, os dálits son repudiados e moitas veces insultados e expulsados de lugares públicos. Coa formación do estado moderno da India, quedou abolida toda discriminación basada no sistema de castas. Pero socialmente o sistema perdura nos costumes e na vida cotiá, e os dálits aínda sofren un trato discriminatorio.
  6. 6. PROPOSTA DE ACTIVIDADES PARA 3º CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA Actividade 1: “Dálits por un día”: Esta actividade realizarase durante unha xornada enteira. Os/as alumnos/as dividiranse en dous grupos: o grupo dos dálits, e o grupo das castas superiores. Estableceránse unhas zonas na escola (un lugar concreto dos lavabos, unha area do pasillo, unha esquina da aula...) nas que os dálits non terán acceso. Tampouco poderán achegarse ao outro grupo, xa que éstos pertencen á casta superior. Nunha sesión posterior, farase un debate sobre as desigualdades sociais. Cada alumno/a expresa o que sentiu realizando a actividade. Poderán facerse preguntas uns aos outrosl, e expresar acordo ou desacordo cos compañeiros/as. Todo de forma ordeada e organizada mediante un moderador. Outro aspecto a tratar sería plantexar solucións para mellorar a situación dos dálits, e que as ideas quedaran plasmadas (documento escrito, video, etc.) Actividade 2: “Cidades da India”. Por grupos, cada un busca información e fotografías sobre unha cidade concreta da India, e unha vez elaborada esta información, cada grupo fará unha exposición oral, para comparar diferencias entre a India rural (a partir da charla inicial) e as grandes cidades (a partir da información encontrada). O profesor pode dispoñer do Power Point da charla inicial. A idea é que o alumnado poida ter unha visión global do que son as grandes cidades na India e que o comparen coa visión que, previamente, Cidades: 1. Delhi 2. Bombay 3. Calcuta 4. Bangalore.

×