O soño de pavani
Upcoming SlideShare
Loading in...5
×
 

O soño de pavani

on

  • 328 views

 

Statistics

Views

Total Views
328
Views on SlideShare
173
Embed Views
155

Actions

Likes
0
Downloads
0
Comments
0

2 Embeds 155

http://cpivirxedacelasolidario.blogspot.com.es 154
http://cpivirxedacelasolidario.blogspot.com 1

Accessibility

Categories

Upload Details

Uploaded via as Adobe PDF

Usage Rights

© All Rights Reserved

Report content

Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
  • Full Name Full Name Comment goes here.
    Are you sure you want to
    Your message goes here
    Processing…
Post Comment
Edit your comment

O soño de pavani Document Transcript

  • 1. Obra de teatro escrita e interpretada polo alumnado de AE de 1º da ESO do CPI Virxe da Cela e dirixida por Verónica Dopico. Monfero, Xuño 2014.
  • 2.  Narrador/profesor: Sergio García Coira  Narradora: Ana Pena Freire  Pavani: Ana González Fernández  Pai de Pavani: Carlos Castro Rivas  Nai de Pavani: Raquel Suárez Antón  Yemavati: Alba Rodríguez Purriños  Pescador: José Álex Fernández Pico  Voluntario FVF: Víctor Gómez Varela  Trosky: Adrián Marcos Rivera  Alumnado CPI Virxe da Cela: tod@s
  • 3. Saúdan aos espectadores e presentan a historia.  NARRADOR 1: Ola a todos/as. Somos os alumnos/as de AE de 1º da ESO e vimos a presentarvos a historia dunha nena chamada Pavani. Sónavos de algo este nome??  NARRADOR 2: Claro que lles sona. Pavani é o nome da nena de 10 anos que vive na India e que temos apadriñada a través da FVF. Esta historia que vos imos representar non é a vida real de Pavani, simplemente a tomamos a ela como exemplo do que lles sucede a moitas nenas na India…
  • 4. Casa de Pavani. Pavani e a súa nai están traballando nas tarefas da casa. O seu pai está sentado debaixo da sombra dunha árbore. O can Trosky xoguetea polo patio..  PAI DE PAVANI: Pavani!!!! (berrando). Ven aquí, ou!!!.  PAVANI: (Deixa a tarefa e achégase ao seu pai). Que queres?  PAI DE PAVANI: Está o xantar? Teño fame. (Berrando e con malos modais).  PAVANI: Non, papá. Aínda non me deu tempo. Ademais non queda arroz suficiente. (Con voz respectuosa e desculpándose).  PAI DE PAVANI: Pois vai acabando. Con tal de que me chegue a min xa está. Se non chega para ti e a túa nai xa vos amañaredes.
  • 5.  PAVANI: (Baixa a cabeza e diríxese cara a súa nai, arrastrando os pés). Mamá, estou farta! Todo o día traballando, parecemos escravas do meu pai.  NAI DE PAVANI: (Toda ofendida). Cala, nena, non teñas tanta lingua!!! A traballar e a calar, que eu tamén tiven que obedecer ao meu pai.  PAVANI: Pero mamá…  NAI DE PAVANI: Nin pero mamá nin nada. A traballar e obedecer, que para iso somos as mulleres da casa.
  • 6.  NARRADOR 1: Como vedes, esta é unha situación moi inxusta, que lle pasa á maioría das mulleres e das nenas da India. Credes que é xusto? (Diálogo co público).  NARRADOR 2: Menos mal que Pavani pode desafogarse coa súa mellor amiga, Yemavati, á quen lle conta todos os seus problemas.
  • 7. (Pavani e Yemavati camiñan con cántaros na cabeza).  PAVANI: (Enfadada e frustrada). Estou farta do meu pai. Non fai máis que mandarme traballar e traballar. Eu non quero ser unha escrava da casa, eu teño un soño e sei que algún día o alcanzarei, sexa como sexa. Eu quero ir á escola, aprender a ler e así poder ser unha avogada o día de mañá para defender tantas causas inxustas…  YEMAVATI: (Triste e desanimada). Si, inxustizas…  PAVANI: Pero Yemavati… pódeseme dicir que é o que che pasa? Últimamente estás tan rara!!!  YEMAVATI: Ufff!! Se ti souberas… Teño unha mala noticia. O outro día os meus pais comunicáronme que ía ter que casar co ferreiro.  PAVANI: Casaaaaarrr!!! Co ferreiroooo!!!! Pero se ese vello ha de ter máis de sesenta anos…
  • 8.  YEMAVATI: Pois si, sesenta recén cumpridos… Pero acaba de enviuvar e non pide moita dote. Ademais así o meu pai poderá traballar no seu negocio e traer un xornal para a casa, que falta fai. Eu non quero casar porque teño 13 anos e quédame toda a xuventude por diante… pero comprendo que así a miña familia cambiará de situación. (Tono resignado).  PAVANI: Pero qué leria de familia!!!. Tamén temos que loitar polos nosos dereitos e a nosa liberdade. Eu fúgome e solucionado. (Toda indignada).  YEMAVATI: Si, claro, como se fose tan fácil!!!  PAVANI: Moitas veces hai que loitar por cambiar as cousas… Xa verás como todo se soluciona. Vémonos mañá na fonte.
  • 9.  NARRADOR 1: Casar con 13 anos… Imaxinádesvos o que sería casar a esa idade? Coñecedes a alguén que o fixera aquí en Galicia?  NARRADOR 2: Pois aínda que vos pareza incrible, isto é moi habitual na India. Os pais elixen o marido da súa filla.
  • 10. (Pavani chega á súa casa e atópase cunha mala noticia… Os seus pais están tomando té con Satnam, o pescador da aldea…)  PAI DE PAVANI: Pavani!!!! Espabila, que estás tardando moito e non temos todo o día.  PAVANI: Xa vou, papá. (Pavani achégase a onde están os seus pais e o pescador).  NAI DE PAVANI: Pavani, vas cumprir 13 anos e xa hai que ir pensando no teu futuro… Hoxe veunos facer unha visita Satnam, o pescador da aldea. É un home honrado e ten un oficio de ben. O teu pai mais eu pensamos que sería un bo marido para ti.
  • 11.  PAVANI: Como que casar!!! Como que marido!!! Pero se aínda nin cumprín os 13 anos, son unha nena!! Os nenos temos que ir á escola a estudar. Eu quero ser avogada o día de mañá, e se caso e teño fillos, non poderei cumprir o meu sono!!  PAI DE PAVANI: Nin estudar nin farrapos de gaita. Ti casas porque o digo eu, e punto. Non se fala mais.  PAVANI: Pero papá!!!  NAI DE PAVANI: Non lle contestes ao teu pai. Ademais, el ten razón. Eu tampouco fun á escola e eu tamén tiven que casar con 13 anos.
  • 12.  PAVANI: (Baixa a cabeza e rosmando). E dalle con eu tampouco e eu tamén… Teño ben claro que eu non vou casar tan nova, e menos con este vello. Quero estudar e o vou conseguir, sexa como sexa.  SATNAM: (Dirixíndose ao pai de Pavani). Esta cativa é moi protestona. É mellor que subas un pouco a dote. Polo menos saberá cociñar e lavar… Xa lle ensinarei eu a estar calada!!  PAVANI: Por suposto que sei cociña, lavar, e facer moitas máis cousas!! Pero non estou disposta a facelo para ti.  PAI DE PAVANI: Ti vas facer o que che mande el, para iso vai ser o teu marido. E os homes somos os que mandamos.
  • 13.  NARRADOR 1: Esta situación repítese constantemente na India. Credes que é o pai o que leva a razón? Por que? (Diálogo co público).  NARRADOR 2: Que credes que fai facer agora Pavani? Vai lograr o seu propósito?
  • 14.  (Pavani marcha chorando ao patio da súa casa. Senta debaixo da árbore e aparece Trosky, o seu can).  PAVANI: (Acariciando a Trosky). Ai, Trosky. Se ti souberas… Quérenme casar, e vou ter que ir vivir lonxe, á casa do pescador Satnam… Que vai ser da miña vida, sempre escrava do meu pai, e agora escrava dun vello que ten peor dentadura que a túa…  TROSKY: Guau, guau!!! Non te preocupes, Pavani. Guau, guau. Teño unha idea. Guau, guau. Xa verás, guau, guau, como isto ten solución, guau, guau… Auuuuuuuuuu!!!!!
  • 15. TEATRO DO OPRIMIDO: O PÚBLICO SAE A ESCEA PARA SOLUCIONAR O PROBLEMA APORTANDO IDEAS
  • 16. Alumnado de Atención Educativa (1º ESO) CPI Virxe da Cela (Monfero). Xuño 2014