Crónica camisetas monferosolidario

758 views
759 views

Published on

0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total views
758
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
574
Actions
Shares
0
Downloads
0
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

Crónica camisetas monferosolidario

  1. 1. CAMISETAS MONFEROSOLIDARIO Que tomen nota todos aqueles/as que teorizan sobre as “iniciativas emprendedoras”. O exemplo práctico o temos aquí, na nosa propia casa, o CPI Virxe da Cela. E como protagonistas o noso propio alumnado, concretamente un grupiño de rapazas de 3º da ESO. Seguindo unha idea que nacera xa o pasado curso académico decidiron levar a cabo unha “multidisciplinar” celebración do San Valentín. Coa colaboración da profesora de ciencias Mª José Fandiño e a axuda doutros compañeiros/as da ESO, elaboraron Xabóns Solidarios no laboratorio de CCNN. Co apoio do EDLG organizaron un certame de Cartas de Amor e montaron un “chiringuito” para a venta destes xabóns con outra “mercancía”: piruletas de corazón e sobres con papel especialmente “tuneado” para escribir cartas de amor. Fixeron as súas xestións e conseguiron patrocinadores para os premios do concurso (AMPA e EDLG). Non pensedes que quedou aí a cousa, non. Sabedes o que fixeron cos máis de 150 euros recadados na venta de todos eses produtos e un empréstito do EDLG? Decidiron dar un paso adiante e facer un acertado investimento. Tomando prestado o logotipo de Monferosolidario e o lema “Se ti podes… por que non?? que previamente o alumnado de 1º da ESO creara a partir dun obradoiro da Rede de Centros Escolares Solidarios (Plan Proxecta 2013- 2014) impartido no noso cole no pasado mes de marzo, deseñaron unhas orixinais camisetas que seguro que non van pasar desapercibidas… . Nada temos que dicir da potente campaña de marketing e publicidade que están a lanzar entre a comunidade educativa… Non tedes máis que mirar estas fotografías para comprobalo. E dádevos presa e non vos durmades no loureiro se queredes mercar unha destas camisetas!!

×