Antonio gonzález crã³nica betanzos 26 febreiro 2014

  • 301 views
Uploaded on

 

  • Full Name Full Name Comment goes here.
    Are you sure you want to
    Your message goes here
    Be the first to comment
    Be the first to like this
No Downloads

Views

Total Views
301
On Slideshare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
5

Actions

Shares
Downloads
1
Comments
0
Likes
0

Embeds 0

No embeds

Report content

Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
    No notes for slide

Transcript

  • 1. Quen me ía dicir a min que volvería de excursión cos do Xestal? “UNHA CRÓNICA PARA NON PERDER AS MAÑAS” Aínda que tanto vos dará ter conta da miña xornada o 26 de febreiro de 2014, a literatura éche así, e hai que aguantar as penas, vidas e paranoias dos que escribimos (menos mal que o meu é ocasional, de vez en cando...). Pois ben, un relato curtiño (máis longo será “Madame Bovary” se o tedes que ler os de 4º ESO para o ano en 1º Bac. ...). Debido á circunstancia de facer as cousas á última hora tiven que ir á Coruña a facer un pasaporte, tiña cita ás nove e media da mañá, e non contaba con chegar a Grego e polo tanto coller o autobús cos da miña clase (1ºC) para a excursión de E.F. do Instituto para ir practicar pádel (xa fixeramos algunha clase diso, coas palas de madeira) alí a unha nave, no polígono de Bergondo (mirade se queredes no Google Maps...). Logo ben, pois foivos así que chegado a Betanzos con meus pais decidín retrasar o meu regreso ao instituto facendo algúns recados, posto que ó non ter os libros nin o resume da clase de Filosofía listo (tiña que o ler eu) non me apetecía nada saír pola porta dos Ferreiros (*creo). Velaquí a miña salvación cando unhas caras coñecidas me saúdan dende o bus de Gilsanz e advirto a Raúl e a Manuel García, e acto seguido vexo que para o autobús na fonte de Diana Cazadora (isto por mitoloxía grega), na Praza do Campo de Betanzos. Chegado a este punto axiña considerei “ir ver qué facían”, e así foi como me unín á visita guiada polas igrexas de Betanzos: Santiago, Convento de San Francisco e igrexa de Santa María do Azogue; todo isto na boa compaña das profes e dos meus compañeiros do ano pasado, cousa que me encheu de ledicia e mesmo euforia, e así tamén foi que cando me baixei do bus nos Institutos xa subín ao da excursión ao pádel, cos compañeiros da clase de 1ºD, e logo aínda xogamos un pedazo bon, e nestes intres, ás once da noite, estou algo cansado... Tamén aproveito esta ocasión para volver mandar a crónica dunha parte da excursión para a Xesteira, aínda que falta unha crónica formal que a han facer dilixentemente os meus compañeiros e compañeiras de seguro. E máis que podería contar. Á volta da excursión, xa para coller o bus e volver á casa, vin a Rafi, a profe de Grego e Latín e excuseille a miña ausencia dicíndolle que xa tiña o pasaporte en regra e que fora visitar as igrexas brigantinas (sempre en termos cultos) cos meus compañeiros e as miñas profes de Monfero; pola súa parte, a profe de E.F. do Instituto (ou jinnasia “con jota y con dos enes”) recibiume no pádel preguntándome que qué tal o deneí (ou DNI, a gusto do consumidor). Como vedes, minuciosos os detalles da xornada, para entreter e rir un pouco se cadra, e se non, por pasar o tempo ben a gusto. A ver o que preparades polo Antroido!! E así me despido, para a xente do Xestal, 26/02/2014 - Antonio González López.