Adeus a dona celia

196 views
169 views

Published on

0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total views
196
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
2
Actions
Shares
0
Downloads
0
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

Adeus a dona celia

  1. 1. ADEUS A DONA CELIA Crónica de Antonio González López Algúns enterámonos pola mañá cedo, do luns 7 de maio de 2012, outros xa o sabían.Pero a noticia é que dona Celia Amado López, a que foi profesora durante tantos anos na escola,xubílase. Todo foi moi repentino, pero fixo fotos cos seus alumnos e alumnas deste ano e conoutros alumnos da ESO. A algúns deunos clase de Matemáticas en 6.º de Primaria tan só, aoutros deulles clase durante catro anos seguidos, en Primaria, e a outros que alí acudiron nonlles deu clase, pero todos lle gardamos cariño e afecto (aínda que se pasase algo cos deberes…).Polo tanto, a esta mestra, que como outros e outras traballou durante tanto tempo na Ensinanzae nesta escola, decidimos facerlle unha entrevista (aínda que por escrito). Dona Celia e Antonio González &&&&&&&P.: Cantos anos son os que xa levas aquí?R.: Para setembro faría trinta e dous anos.P.: Cando comezaches a dar clase?R.: Era moi noviña, comecei con vinte dous anos, o día 1 de febreiro de 1975. O meu primeirodestino foi a escola de Limodre (Fene).P.: Cales son os teus mellores recordos da escola? E dos teus alumnos?R.: Teño tantos! Naquelas escolas unitarias, onde estaba toda a semana sen vir á casa. Aconvivencia coas familias era algo especial, e sendo eu unha aldeana (con moita fachenda deselo) adapteime moi ben. Neses lugares, como Fronzal (As Somozas), Envernallas (Navia deSuarna), etc. Aprendinlles a bordar ás rapazas, ía apañar a herba cos donos da casa onde euquedaba… Mesmo fun esfollar á casa dun veciño, e paseino xenial, alí, na pila de millo cosvelliños e cos novos oíndo os contos…Uf! Paréceme que xa pasou… En fin, unha eternidade.Aquí, en Monfero, sentinme moi ben tamén. Estaba no meu medio rural do que me sintoorgullosa, preto da casa, e cuns rapaces (algúns pais de novos alumnos) moi auténticos, e boa
  2. 2. xente. Aquí, neste lugar, é onde máis vivencias teño. Se penso póñome morriñenta. Tantoscompañeiros, tantos alumnos, tantas inquedanzas, tantas ilusións, algún que outro desengano…P.: Cando o pasaches mellor, antes ou despois?R.: Todas as vivencias foron boas. E hoxe, aínda que teño ben anos, disfruto da Ensinanzacomo o primeiro día. Eu aconsello a todo o mundo buscar un traballo vocacional, iso é odisfrute.P.: Como te atopas ó ter que xubilarte, triste ou contenta?R.: Non me atopo o que se di feliz. Voume contenta, porque vou disfrutar da miña familia, enespecial do meu netiño Iago, e con saúde máis ou menos boa. Ademais creo que é o momentoadecuado (ós sesenta está ben). Pero queda aí dentro algo que botarei en falta seguramente (odisfrute dos nenos coas súas boas e menos boas actitudes e aptitudes, etc.). Son demasiadosanos e se disfrutas co que fas, custa máis apartarte diso.P.: Podes contarnos algunha anécdota dos teus anos de docencia ou algunha experienciadivertida, agradable)R.: Unha que sempre recordarei, porque levei o susto máis grande da miña vida como mestra.Nunha saída de todo o colexio (cun número de alumnos salientable) a Santiago de Compostela.Xantamos na Alameda, e alí había moitos chiringuitos con lambetadas, xoguetes, etc. Hora deregreso, reconto dos nenos por curso, e fáltame un. Aínda hoxe me acordo do seu nome candocomentamos ese momento. Ah! Estaba pasmado diante dun chiringuito e non se deu conta ninde que estaba só (tiña seis ou sete anos, estaba en 1.º da antiga EXB).P.: Sabemos que, mentres que deches clase, xunto con compañeiros e compañeiras teus,fixeches moitas actividades, como excursións de fin de curso, a limpeza da ponte San Paio eoutras moitas. Que che levou a realizar estas actividades e que tal o pasaches facéndoas?R.: Neste colexio sempre se fixeron saídas, non importaba se iamos lonxe ou cerca, o horarioera o de menos. Durante catorce ou quince anos tiven como compañeiro a José Manuel López(Lodeiro), e xunto con el, fixemos intercambios escolares con nenos do Pindo (Carnota). Saídasa San Andrés de Teixido, Viveiro, Vicedo, Lugo, Meira, A Coruña, Santiago, etc. Con hora deregreso ás sete ou oito da tarde. Elaboramos para o Antroido, disfraces de bruxa, demo, indio,un dragón enorme… Parte destes materiais aínda (penso) estarán na vivenda do conserxe.Tamén participamos en “Voz Natura” co proxecto da limpeza da ponte románica de San Paio,onde os nenos foron os auténticos protagonistas. Con botas de goma, metidos no río edisfrutando dun traballo bonito, aínda que hoxe en día volve a estar cuberto de maleza. Fixemosa excursión a Maiorca (con Elvira, Pepe e Lodeiro), etc. Cada xuño había a saída á praia, cadaano a un lugar distinto. Eran estas saídas de convivencia perfectas, nunca tivemos máis quesatisfaccións. Marcha a pé ó Mosteiro, facer o magosto no monte de Gulfar levando a leña e ascastañas dende o colexio… Tantas e tantas saídas. Sobrado dos Monxes, Central do Eume esenderismo ata Caaveiro…Por último, despedirte calurosamente e darche as grazas por todos estes anos ó mesmotempo que che abrimos as portas desta escola para sempre. Gracias a vós, que triunfedes na vida coma boas persoas, que é amellor presentación ante o mundo. Ata sempre. Celia.

×